77

Revista Argalladas 2015/ 2016

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Revista Argalladas 2015/ 2016
Page 2: Revista Argalladas 2015/ 2016

EDITORIAL

Nestes catro anos que estiven no centro tiven experiencias moi boas, aínda que outras veces paseino mal por algunhas materias. Recordo moi bos momentos cos meus compañeiros. O que máis vou botar de menos será non poder estar aquí para ter preto os bocadillos de baicon que nos fai Pili, aínda que vou seguir vindo para facerlle algunha que outra visita. Hai materias que me dificultaron o curso, sobre todo estes dous últimos anos, como as matemáticas, pero o bo de todo isto é que levamos unha boa base que nos vai servir moito no futuro. O resumo destes catro anos é que todos os profesores me axudaron moito. Eu o que máis recordo destes catro anos son aquelas clases dos primeiros cursos da ESO nas que tiñamos que estar divididos en dous grupos. Daquela non me gustaba esta situación porque cría que eramos demasiada xente, pero este último ano a verdade é que o botei de menos. Voume ir deste centro coa seguridade de ter moi bo nivel en todas as materias. Os dous anos que nos quedan de instituto serán moito máis sinxelos grazas ao esforzo que fixemos neste centro.

Os catro anos nos que estudei neste centro axudáronme moito, non só a mellorar no ámbito académico, senón tamén para formarme como persoa. Aprendín o que realmente era poñerse a traballar, que debía saber valerme por min mesma e que ía ter que afrontar moitas complicacións durante os futuros anos de estudo, pero que nada é imposible. Non foi sempre fácil, pero prefiro quedarme coas cousas boas que me levo e estou segura de que botarei moito de menos, en xeral, o día a día, pero sobre todo as persoas que se gañaron o meu afecto e que acaban sendo importantes, porque son as que deixan marca.

Os meus catro anos no IES Castro da Uz foron en xeral agradables, pero (como en todo) houbo altibaixos. Todos os profesores me axudaron, xa que pensaban que era unha rapaza con moita cabeza e que podía aprender moito. Ao principio era unha vantaxe contar con tanta confianza por parte dos profesores, pero a medida que foi pasando o tempo algúns deles comezaron a esixir máis do que deberían, presionándome demasiado e facendo que repercutise negativamente nos meus estudos. A pesar destas cousiñas negativas, estou contenta de ter pasado por este centro e de ter estes compañeiros, xa que se non o fixera non sería a persoa que son, e espero que alá a onde vaia siga índome así de ben coma nestes anos.

Alberte Ledo Pita, Alba Requeijo Cendán, María Román Pico, Luis López Melero,4º ESO

O ALUMNADO DE 1º ESO PRESÉNTASE ANTE TODOS E TODAS

Page 3: Revista Argalladas 2015/ 2016

Como van ser moitos os anos que pasaremos xuntos, queremos contarvos algunhas cousas. Primeiro comezaremos por dicirvos como lembramos a nosa entrada no centro.

O día 15 de setembro do 2015 comezamos a nosa nova etapa no IES Castro da Uz.Foi unha entrada agradable, xa que nos trataron moi ben e recibimos moito agarimo dos compañeiros.O cambio de primaria a secundaria foi bastante drástico pero para ben. Para nós, todo era novo, unha nova experiencia; os mestres, os compañeiros, as aulas... todo o instituto en xeral.A adaptación foi moi rápida xa que o noso titor, Santiago, é xenial e moi divertido. Recordamos cando nos dixo por primeira vez que, ser tan poucos ía ser bo, e así foi. Temos que admitir que, para ser unha clase de tan poucos alumnos, non é fácil soportarnos, porque algúns, ás veces falamos un pouco demais.No primeiro trimestre tivemos unha actividade moi particular, o maratón de cine, que nos serviu para estreitar a nosa amizade cos outros alumnos. Aínda que non viñemos todos, pasámolo moi ben.No comezo do segundo trimestre xa estabamos acostumados ao instituto, que aínda que nos levou tempo, pouco a pouco fómolo conseguindo. Polo entroido déronnos unhas pequenas vacacións, nas que non nos deu tempo a moito, aínda que o pasamos moi ben.Xa no terceiro trimestre, que acaba de comezar, ocorreu o máis apaixonante de todo o curso, a viaxe a Sevilla. Fómonos o dia 21 de abril ó saír do colexio e volvemos o 24 á hora de comer. Alí, pasámolo moi ben, e visitamos moitos lugares, como a Giralda ou a Torre de Oro. Tamén paseamos en barco polo río Guadalquivir. Para algúns compañeiros foi máis apaixonante que para outros porque era a primeira vez que viaxaban en avión. Foron uns días moi divertidos A pesar de todo, este curso foi moi divertido e interesante, tanto no bo coma no malo. Esperamos que o próximo sexa igual ou mellor.

Javier Fernández

Cando cheguei ao centro era un día que lucía un sol espléndido. A verdade é que me sentín un pouco triste porque deixara a Fraga, pero tamén feliz porque ía comezar unha nova etapa na miña vida. Os profesores foron moi agradables con nós e acolléronnos moi ben, ao igual cós alumnos. Agora que xa levo aquí bastante tempo aprendín a facer cousas novas e coñecer a novas persoas. Do centro, a verdade, é que me gusta todo: ás árbores celtas, os compañeiros e compañeiras, o club de lectura... Espero seguir aquí moitos anos máis.

Lucía Ramudo

O día 15 de setembro era un día chuvioso, iso xa dicía malas cousas... Cousas como a vergoña, a dificultade das materias, comparadas coas do colexio de primaria, etc. Pero vou comezar coa orde cronolóxica: no primeiro trimestre invadíame a vergonza. Todas as materias eran máis difíciles cás do ano pasado, naturalmente. Pero aínda que fora así, aprobei todo con boas notas. No segundo trimestre, que comezou despois do Nadal e do día de reis, xa non tiña vergoña porque xa falaba con todas as persoas que coñecera. Tamén me acostumei ás materias, e por iso mellorei nas notas. Agora, no terceiro trimestre, xa non teño ningún problema, estou feliz e seguirei así ata o fin dos tempos.

Xoel Carballeira

O primeiro día que pisei o instituto foi especial, porque sentía que estaba comezando unha nova etapa moi importante na miña vida. A verdade é que tiña moitas ganas de comezar, pero deume moita pena deixar o meu antigo colexio, a todos os profesores, eses recunchos que me traían tantos recordos..., os meus compañeiros de toda unha vida... No primeiro momento que entrei ao centro xa me sentín a gusto, como se tivera a sensación de seguridade e tranquilidade que a todos nos gusta ter. Os compañeiros tratárannos e guiáronnos moi ben. O certo é que estou moi agradecida a todos por axudarnos en todo o que necesitamos. Os profesores son un encanto, transmitíronnos moita seguridade e axudáronnos a adaptarnos rapidamente. Agora que xa levo aquí case nove meses de estudo, de amizade e de confianza sei que os cambios son máxicos.

Antía Pico

O 15 de setembro cheguei ao IES Castro da Uz moi ilusionada e contenta. Ao entrar no instituto sabía que era un gran cambio, pero con axuda de todos os alumnos sentín que estaba integrada e xa con

Page 4: Revista Argalladas 2015/ 2016

novos amigos. Eles e elas axudábannos, por exemplo: a encontrar as clases ou a incorporarnos un pouco máis na vida do centro. Ao longo do curso estaba contenta, pero canto máis tempo pasa, máis cansa estou, aínda que este instituto: encántame!

Jessica Leira

A primeira impresión que tiven ao ver o instituto foi como cando de bebé che sacan o chupete. Foi unha impresión rara, pero emocionante por probar cousas novas e sorprendentes, por ter que estar nun sitio diferente e descoñecido. Para min foi moi distinto nas materias, porque na escola dábannos todas as materias un mesmo profesor, agás relixión, educación física, música, plástica e inglés. Aquí un profesor dáche cada materia. As cousas cambiaron moito porque cando ía á escola tiña que erguerme ás oito e media e no instituto teño que entrar a esa hora. Teño tamén clase polas tardes, pero no colexio non as tiña. As materias son máis complexas no instituto cá en primaria. Levo aquí moito tempo e xa aprendín moitas cousas na ESO e aínda non rematei o curso. Cando remate vou ter moitas cousas que contarlles á familia.

Aldara Pérez

O meu primeiro día no Castro da Uz quedará para sempre nos meus recordos. Eu estaba moi nerviosa e con medo. Levaba xa moito tempo imaxinando como sería o centro e por fin estaba a velo e a vivilo. Despois de coñecer os profesores pasáronseme os nervios e esa mañá, cando saín do instituto, xa quería volver de novo.

Sabela Rodríguez

O primeiro día de instituto foi por mediados de setembro. Recordo que era un día chuvioso. Eu tiña moita ilusión por saber como eran os novos profesores e por saber como era unha mañá no Castro da Uz.Agora, para min, todas as mañás son normais, pero fai oito meses non o fora, xa que esa mañá comezaba unha nova etapa na miña vida.

Sara Basoa

O meu primeiro día foi moi raro, pero especial para min. Non comecei cos outros compañeiros, xa que eu entrei no mes de xaneiro. Era un día que ía moito frío e non paraba de chover. Os meus pais acompañáronme ata dentro do centro. O director levoume a clase e coñecín os meus novos compañeiros e o meu titor. Despois desa clase coñecín a mestra de galego. Eu xamais falei en galego, pero, agora, con esa mestra sei facer moitas cousas con el. Logo veu o primeiro recreo e foi moi forte e divertido. Presentáronme un montón de xente e agora lévome moi ben coa gran maioría. As seguintes clases foron educación física e francés, e logo volveu o recreo. Despois entretívenme nas clases de mates e lengua. Ao final da mañá toda a xente marchaba en bus para a casa. Foi un gran día o 7-1- 2016.

David Hernández Agora ímosvos contar algo máis de nós para que nos coñezades un pouquiño máis.

Encántame Abraham Mateo porque é unha persoa marabillosa, e grazas a el aprendemos a bailar e a cantar. Grazas a el os nenos enfermiños teñen forzas para seguir adiante. O día 25 de agosto de 1998 inventouse o neno máis fermoso do mundo, sen el non habería tanta alegría no mundo, tanta esperanza, tanta forza e tanta humildade. Sen el, o mundo non sería mundo. Pero sen as cores tampouco. Grazas a elas podemos ver as cousas de maneiras distintas. Grazas a elas distinguimos as cousas. Sen elas non habería esa alegría ou esa tristeza. Sen elas un cadro, un debuxo, unha pintada non serían cousas tan vivas e tan bonitas.Sen elas unha árbore non sería frondosa e marabillosa. Sen elas as persoas non teriamos esa alegría. Sen elas non habería o arco da vella. Sen elas non existiría ese ceo tan azuliño, sen elas eu non viviría. A miña árbore celta é o amieiro, a árbore do bo gusto. ( Lucía)

A miña comida favorita é o filete de polo. O seu olor é moi refrescante e agradable e ten un sabor fascinante, se lle botas unha gotiña de aceite de oliva.

Page 5: Revista Argalladas 2015/ 2016

O día máis feliz e importante da miña vida foi o 28 de decembro cando vin o meu maior ídolo. Deume un abrazo que foi tan longo como o río Miño e un bico máis bonito cá primavera. Tiven a sensación de estar nas nubes con esa persoa tan agradable e alegre que me fixo tan feliz. A miña árbore celta é o cedro e, cando o vin, compúxenlle este poema:

Tan pequeniño coma unha rosa, tan verde coma un lagarto,tan libre coma unha bolboreta,tan áspero coma un esparadrapo,tan afiado coma unha agulla,tan inquieto coma unha nena pequeniña,tan feliz coma un paxaroe tan quietiño coma unha folliña. ( Antía)

O mellor día da miña vida foi en Ares. Ese día estaban comigo Sara e Antía. Fomos á praia, alugamos unha canoa, xogamos na auga azul coma o ceo, tomamos o sol, merendamos e fomos á piscina. Pola noite paseamos pola beira do mar e máis tarde vimos unha película. A miña árbore celta é o ciprés que indica fidelidade. Diante del pensei e escribinlle este poema:

O ciprés verde e altoénchete de alegríacoma se che fixeran cóxegas.No amencer do ceo alaranxado,e tan brillante coma o sol,vese máis fermoso cá lúa. Na noite dorme.E dorme así,tan belo coma o arco da vella. ( Jessica)

O momento máis feliz da miña vida foi cando naceu o meu primo. Estaba máis feliz ca un neno pequeniño comendo caramelos. Aquel momento foi máis especial do que pensaba. El era o neno máis fermoso entre todos. Era tan alto coma unha póla dunha árbore. Agora é menos revoltoso do que imaxinaba, pero corre polo campeiro tan rápido coma un guepardo e é máis doce cós pasteis. É o mellor primo do mundo. A miña árbore celta é a nogueira que simboliza a paixón e ten a cor azul de aliada. Así lle escribín cando a vin: A nogueira é paixón,tan pequena coma un caramelo,pero tan forte coma os latexos do corazón. O azul é a súa cor,azul profundo de emocións,azul tranquilo, azul sereno,azul real e verdadeiro. Baixo a nogueira de pólas estendidas encóntrome eu alí protexida. Tamén me gusta debuxar. Aquí vos deixo unha mostra. (Sara) O mellor recordo da miña vida: Á metade da rúa víase un descampado. Ao final dese solar aparecía a fachada dunha casa de pedra, limpa e aseada, coa delicadeza de detalles coma as cortinas das ventás, a hedra que cubría a parede e os testos diante dunha esvelta porta. Detrás daquela casa contemplábase unha horta e un gran hórreo. O terreo estaba cheo de numerosos cultivos arroupados por altas plantacións de millo. Nun extremo, dándolle a sombra dun muro de pedra, encontrábase un gran limoeiro, cargado de boísimos limóns. As súas pólas pesaban tanto que ata había algunha que caía ao chan, xusto a piques de esmagar as preciosas lavandas que a miña avoa cultivaba, para logo, con elas, perfumar toda a casa. Oíanse os cantos dos paxariños e as risas de cando a miña nai e os seus irmáns xogaban de pequenos. Ao entrar na casa escoitábase a miña bisavoa palillando, aquel son que facían as pezas de madeira cando

Page 6: Revista Argalladas 2015/ 2016

chocaban unhas contra outras. O mellor de toda a casa era a ventá que había no tellado da habitación principal. Dende alí víanse as estrelas da noite e a auga cristalina da praia dos Muíños. A miña árbore celta é o olmo e a el dediqueille este poema:

O olmo Un olmo vello, vello polos anos, desgastado polo vento,polas choivas de abril e maio.Que casca máis fina!, dille o reiseñor ,fina como as miñas plumas,amarelas coma o limón.Que pólas tan fermosas!Tan fermosas coma o mar,ou coma as andoriñas marchando do seu fogar. (Sabela)

O momento máis feliz da miña vida foi a viaxe que fixen a Madrid. Cando fun era máis pequeno que agora. Madrid tiña un zoo, que era tan grande coma a Warner. Fun a ese zoo coa miña familia, incluíndo á miña irmá, que era daquela un bebé. O animal máis pequeno era un rato. Ese rato era menos valente que o elefante que tiña ao lado. Ese elefante era o máis grande do zoo, chamábase Trompi, e era o meu mamífero favorito. A miña árbore celta é o castiñeiro e a el fíxenlle este poema: O castiñeiro ésinónimo de honestidade,fucsia é a súa cor máis amablee é a máis fermosa de todo o parque.É unha árbore agradabletan alta como Xaviere menos pequena que Xoel.Esta árbore pode crecermentres ti estás a correr. (Xoel)

O mar transmíteme paz e tranquilidade. É como ulir o olor dun bebé ou como estar co meu curmán. O seu olor é salgado, pero á vez refrescante e doce. Cando me baño no mar sinto que estou libre, que estou completamente soa no mundo e no universo. É unha sensación tan marabillosa coma ulir unha flor. A miña árbore celta é o álamo:Álamo verdadeiro e forte,a Eduardo Pondal está dedicado.Árbore esvelta e alta,coas ramas nacendo dende abaixo.Follas verdes brillantes e amarelas.Álamo forte e seguro,delicado e fráxil.Es a miña árbore. ( Aldara)OPINIÓNS

A CRISE DOS REFUXIADOS SIRIOSA día de hoxe, Europa e todos os demais continentes están directamente vinculados cos acontecementos de Siria. Nesta situación, moitas familias atópanse desprotexidas e precisan da axuda doutros países. España e os países veciños están a amosar unha actitude de rexeitamento fronte á acollida destas persoas.Desde comezos deste ano, o tema dos refuxiados cobrou moita importancia nos xornais, na radio, nos telexornais, etc. A maior parte das noticias relacionadas con isto están vinculadas coa pasividade que amosa a Unión Europea fronte este problema. Un claro exemplo é o acordo asinado entre a Unión Europea e Turquía. As cifras de refuxiados acollidos no noso país son vergonzosas e irrelevantes, así como tamén o son as persoas dispostas a prestar a súa axuda con alimentos, roupa de abrigo e outros bens de primeira necesidade, pois unicamente 18 sirios recibiron asilo en España.

Page 7: Revista Argalladas 2015/ 2016

Nesta situación non se trata de ser caritativo senón de acoller a miles de persoas que, no contexto bélico no que está a vivir o seu país, precisan a seguridade de contar cun fogar. É por isto que neste momento non lle podemos dar as costas a todos estes seres humanos que precisan da nosa axuda agora.Polo tanto, se todos deixáramos de mostrar unha actitude egoísta ante a devandita situación, moitas familias poderían asegurar a súa supervivencia e comezar unha nova vida.

Cristina Otero, 2º BAC

O tema dos refuxiados é un dos debates máis candentes actualmente a nivel internacional.Con motivo da guerra de Siria, moitas persoas foxen do seu país, e nós, os de Occidente, negámoslle o paso; decisión que o noso propio goberno adoptou sen consulta previa de ningún tipo.En primeiro lugar, debemos diferenciar claramente os motivos deste conflito da problemática relacionada coa inmigración, dúas cuestións que poden parecer similares e que poden conducir a erro. Pero trátase de problemas totalmente diferentes e, polo tanto, esixen un tratamento distinto.Persoalmente dita decisión mencionada con anterioridade, paréceme totalmente inhumana. Poñemos escusas e barreiras estúpidas para non axudar a persoas que están a escapar da morte. Ao fin e ao cabo, cerrándolles as portas, estamos sendo participes dun xenocidio. Os gobernos occidentais aférranse a argumentos relacionados fundamentalmente co incremento do gasto social que supoña para nós a permanencia da poboación refuxiada no vello continente, razoamento que ao meu parecer resulta totalmente incoherente, xa que, como mencionaba con anterioridade, estas persoas non veñen para conseguir axudas sociais, senón para escapar da morte.Como conclusión, considero que as medidas acatadas non son as correctas. Creo que entre todos debemos chegar a un acordo para intentar solucionar este problema, cerrar os ollos e mirar para outro lugar non é a solución.Humanidade é o que nos fai falta, e non escusas de fundamento económico.

María Allegue, 2º Bac.

ACOSO ESCOLARSen dúbida atopámonos nunha etapa na que o “bullying” aumentou considerablemente.O acoso escolar cada vez é máis frecuente e vese agravado máis aínda pola utilización das novas tecnoloxías.Os nenos e nenas de hoxe teñen a maioría acceso ás novas tecnoloxías, como consecuencia disto vemos que, debido a súa mala utilización, o acoso escolar, ademais de realizarse na escola, chega ata as casas.Antes bastaba con cambiar ao neno de colexio para evitar ese acoso, pero agora o bullying continúa fóra da escola.Os estudos realizados amosan que a maior parte das vítimas non manifestan aos seus pais que están sufrindo acoso.Tamén é certo que os nenos obteñen o teléfono con moi pouca idade, os cales non teñen unha capacidade de xestión xa que aínda son moi inocentes.Como conclusión, opino que as novas tecnoloxías agravan o acoso escolar, o cal debe ser paralizado nas aulas para evitar que continúe posteriormente, pero iso hoxe en día é moi complicado.

Raquel Béjar, 2ºBAC Unha das máis recentes polémicas vividas no noso país é a que causou Pablo Iglesias hai uns días ao asegurar publicamente que se sentía atacado por un xornal.É obvio que, aínda que os medios de comunicación deberían ser obxectivos, cada vez teñen una ideoloxía máis marcada. Isto reflíctese sobre todo nas portadas, onde podemos observar como se dá importancia a determinadas noticias e nin sequera se nomea outras, xa que prexudican a un partido ou individuo afín.Esta falta de obxectividade está amparada, segundo moitos profesionais pola liberdade de prensa. Pero, non deberían contar os cidadáns cun medio no que poder confiar, sabendo con seguridade que todas as noticias serán completamente neutrais? Desta forma os lectores non estarían influídos e poderían formar a súa propia opinión dos acontecementos.Para expresar una ideoloxía, case todos os medios de comunicación contan con apartados onde se pode expresar a opinión propia, como vemos nos xornais, polo que as noticias non deberían ser utilizadas con ese fin.

Ana Baamonde, 2ºBAC

Page 8: Revista Argalladas 2015/ 2016

O Parlamento británico vén de rexeitar a emenda para acoller 3000 nenos sirios e iraquís refuxiados. Estes nenos xa se atopan en Europa, mais sen pais, sós e asustados. Os conservadores que votaron en contra, xustifícanse en que favorecería as mafias.Aínda que xa non sexa de interese mediático, os enfrontamentos continúan en Siria e, con eles, o número de refuxiados que escapan da guerra. Como a axuda da UE é mínima, moitos sirios recorren ás mafias para poder fuxir dese inferno. Non os culpo. Soamente buscan unha vida mellor e os conservadores están equivocados dicindo que acoller estes nenos fomentará a actividade mafiosa. É todo o contrario: se desde un inicio Europa respondera á chamada de auxilio dos sirios refuxiados, estes non se verían obrigados a recorrer ás mafias para cruzar as fronteiras. Ademais, incluso se de verdade favorecera as nomeadas asociación ilegais, a vida de xente inocente entre os que se atopan miles de nenos debería primar sobre calquera preocupación económica ou preocupación pola actividade ilegal.Situacións especiais coma esta requiren de medidas extraordinarias. O parlamento británico non semella ter empatía suficiente coma para abandonar o egoísmo e socorrer a estes miles de nenos asustados, famentos e sen familia. Xa tiveron que vivir una terrible experiencia; deberiamos ser comprensivos e ofrecerlles o máis parecido a un fogar.

Natalia Fraga, 2ºBAC

O pasado día 21 de Abril, en Minnesota, faleceu un dos artistas musicais máis recoñecidos do noso tempo, Prince Rogeus Nelson. O cantante compositor e multiinstrumentalista de pop, funk e outros xéneros, nado no mesmo estado americano no que foi atopado o seu cadáver, aprendeu a tocar o piano pola súa conta, repetindo de oído sintonías da televisión. Cando os seus pais decidiran divorciarse el tiña sete anos.A morte do músico foi un feito que afectou a moitos e tamén os sorprendeu. Iso débese a que, sen ter en conta unha aterraxe de emerxencia que tivo que levar a cabo o piloto do seu avión uns días atrás porque o artista necesitaba asistencia médica, Prince non amosaba ningunha enfermidade moi grave, tan só unha gripe que xa levaba bastante tempo sufrindo, pero que non o detivo na súa actuación do 14 de abril.Porén, polo que actualmente podemos saber sobre a morte do americano, non foi a gripe a causante da perdida mundial. Polo que parece, o músico levaba sen durmir e traballando unhas 154 horas, feito que podía deberse ó exceso de analxésicos que o artista empregaba polo problema de cadeira que tiña. Esa confesión, aportada polo seu cuñado, eliminou a idea dun suicidio, que moitos tomaban como posible causa, xa que existían rumores de que Prince intentara suicidarse cando perdeu o seu fillo pouco despois de este nacer.Actualmente, as autoridades seguen a investigar as causas da morte, e moitos fanáticos da música de Prince néganse a pensar na posibilidade de que o seu ídolo, quen xa sufrira abondo coa perda do seu fillo e do seu nome artístico por culpa da Warner Bross, tomara drogas e, por acción destas, sufrira esta sobredose, que lamentablemente o levara á morte e a sufrir esas horas sen poder durmir.

Adrián Ramos, 2ºBAC

Ultimamente nas noticias podemos ver que o problema de corrupción é o tema máis actual, debido á rechamante participación de diversos cargos públicos e famosos deportistas ou directores de cine. Cada día, cando ó mediodía poño as noticias, aparecen máis e máis nomes coñecidos nos famosos papeis de Panamá. Como cidadá esta situación indígname, ao ver como as persoas que máis teñen aínda son capaces de ter a pouca cara de defraudar e intentar esconder grandes patrimonios, mentres na rúa hai xente que non ten nin onde durmir e incluso ten que buscar comida no lixo para poder sobrevivir. Obviamente considero que todos os defraudadores son culpables e, sinceramente, que vaian ao cárcere a min no me preocupa, porque encima teñen privilexios. O que terían que facer é devolver todos eses cartos e así melloraría a calidade de vida de todos os cidadáns. De entre toda esa panda de defraudadores, os que máis me cabrean son os políticos. Paréceme incrible que un posto creado para defender o pobo por encima de todo como é o de presidente do goberno e ministros, se denigre desta maneira por culpa de xente que o único que busca é un beneficio propio. Para min a política é unha ciencia incrible, capaz de elaborar moitas cousas e capaz de axudar os cidadáns e dóeme que catro aproveitados denigren esta profesión ata o punto de facernos odiar a política, e encima teñan a cara de, mentres eles defraudan, ver como acaban cun país ao que lle custou moito esforzo estar onde está. Mentres eles se enriquecen non dubidan en botarnos a culpa aos traballadores e a fritirnos a impostos e reducións de salarios. Na miña opinión é necesario un lavado completo da política, pero a isto únese unha pregunta que non ten fácil resposta, sería alguén capaz de chegar ó poder e que este non o corrompa? Non se sabe, pero

Page 9: Revista Argalladas 2015/ 2016

debemos arriscarnos, xa que esta situación de que uns se forren mentres outros morren de fame, non pode seguir así.

Carmen González, 2º BAC

LOS EMBRIONES CRECEN EN EL ESPACIO

“Un equipo chino demuestra por primera vez, en un modelo de muestras de ratones puestas en órbita, que la reproducción en estas condiciones puede ser posible” Tema típico onde os haxa, a exploración do universo é unha das actividades que máis fascinou o ser humano desde os seus inicios, e a cal se pode levar a cabo cada vez dunha maneira máis exacta (grazas á mellora dos instrumentos e procedementos). Pero a raíz disto trátase de facer fincapé e investigar cada vez máis sobre a posibilidade do ser humano de emigrar a outros planetas.Aínda que esta cuestión nos pareza máis ben “de cine”, é un feito que é posible que a Terra se converta nun lugar inhóspito, imposible para a vida tal e como a coñecemos, antes do concertado, afectando así á supervivencia do seu humano; isto provoca unha busca de solución a este dilema, dentro das cales entra, pois, a busca doutro (ou outros) planetas onde si se poida manter a vida tal e como a coñecemos. Porén, a ciencia aínda non deu con tal planeta. Non obstante, á hora de pensar neste tema, vennos á mente outro factor que o caracteriza, como sería o modo de viaxe e o tempo do mesmo. A raíz disto aparece o tema tratado na noticia en cuestión: a posibilidade de supervivencia do ser humano no espazo. Pois, se non conseguiramos sobrevivir en dita viaxe, de pouco nos ía servir facela, xa que concibimos previamente que “sería demasiado longa”.Especificamente, o informe revela que, tras un experimento chinés, certamente pode ter lugar a reprodución no espazo, e o cal dá lugar a diferentes interpretacións por intelectuais coma Peter Leung (investigador da Academia Canadense de Ciencias para a Saúde), que opina que terá un impacto fundamental na bioloxía reprodutiva e suporá enormes beneficios potenciais para a saúde humana; ou David Elad (Universidade de Tel Aviv), o cal entende que o experimento permitirá unha comprensión profunda dos factores biolóxicos da reprodución temperá. Porén o factor máis loxicamente deducible é a posibilidade de supervivencia do ser humano fóra da Terra en caso de evacuación desta, e o cal si proporciona unha información moi valiosa á ciencia contemporánea e, en xeral, ó ser humano como especie.

Xairo Calvo, 2º BAC.

DESPEGA A REVOLUCIÓN DOS DRONS CONTROLADOS POLA MENTE.

O mundo da aviación de drons leva en auxe dende hai escasos anos, xa que estes vehículos aéreos non tripulados comezaron a aplicarse a moitos terreos, aproximadamente dende comezos do 2014. Algúns destes campos son a agricultura, xa sexa para control de pragas ou xestionar os cultivos; as emerxencias, axudan a salvar persoas que quedan illadas en zonas de difícil acceso ou os envíos de empresas como Amazon, que xa os utiliza para determinadas entregas. O último complemento que se lles engadiu a estes vehículos foi o control mediante a mente, isto pode parecer un avance sen interese practico, só un logro meramente científico, pero non é así, senón que permite o acceso a estes dispositivos á totalidade da xente, xa que ata agora para conducir un dron cumpría ter un carné que o autorizara.O funcionamento destes vehículos comprobouse nunha carreira na universidade de Florida, onde se elaborou o proxecto. A proba foi un éxito rotundo e pronto serán comercializados.Na miña opinión, estes aparatos poden supoñer toda unha revolución e facer a nosa vida moito máis fácil o día de mañá, e xunto a outros inventos recentes un dos campos de investigación onde máis queda por descubrir, no sentido de buscarlles máis aplicacións e facer máis patentes.

Álvaro Rodríguez, 2ºBAC

O TERREMOTO DE ECUADOR

Fai cuestión de semanas un gran terremoto de aproximadamente uns oito graos afectou a zona de Ecuador, e as consecuencias foron catastróficas, causando grandes estragos nas súas estruturas que apenas estaban preparadas para afrontar tal tremor. A cifra de mortos e feridos ascendeu aos 655 e 800

Page 10: Revista Argalladas 2015/ 2016

respectivamente, unha cifra que segue en aumento co paso dos días. Os equipos de busca e rescate están a pleno rendemento, loitando para encontrar calquera desaparecido, vivo ou morto, entre o entullo.Este sismo é o mais forte dende o terremoto de Colombia de 1979. As súas ondas sísmicas chegaron ás zonas mas sureñas de Colombia e as súas réplicas aínda afectan aos habitantes de Ecuador que dormen nas rúas por medo a que lles caia algún edificio encima.Pero isto non é todo, o presidente de Ecuador, Rafael Correa, con finalidade de recadar fondos para as zonas mais afectadas aumentou os impostos do IVA en dous puntos durante un ano enteiro, ademais de retirar un día de salario a aquelas persoas que gañen máis de mil dólares ó mes. Non só os ecuatorianos intentan reconstruír este desastre, senón que hai moitas organizacións, entre estas españolas, que aportan comida e refuxio a moitos cidadáns ecuatorianos. Porén, estas axudas non son suficientes.Non obstante, cabe destacar que non todo rematou. Hai posibilidades de que o sismo provoque un gran tsunami que volva sacudir toda a cidade, e por iso, moitos cidadáns, entre estes pescadores, dormen ao pé do mar por se atopan algunha anomalía para fuxir do perigo.Na miña opinión considero que este sismo é una das maiores catástrofes xeolóxicas nos últimos anos e compároo co terremoto e o tsunami de Fukushima, noticia a cal me conmoveu moito. Eu creo que todos debemos axudar os ecuatorianos, ben de forma económica ou con man de obra. Este país estaba pasando por una mala racha económica e a traxedia acabou con calquera posibilidade de saír adiante para converterse nun país desenvolvido.Para concluír, gustaríame dicir que non só a axuda económica é suficiente xa que debemos ser solidarios, en concreto, aqueles países que dispoñan de suficientes recursos, sobre todo non ignorar estas situacións como desgraciadamente facemos cos refuxiados.

Raúl Tojeiro, 2ºBAC

Tensión debido ao mísil que Corea do Norte lanzou dende un submarinoA pasada semana, Corea do Sur experimentou o lanzamento dun mísil de medio alcance por parte de Corea do Norte, que leva tempo perfeccionando a súa capacidade nuclear, poñendo especial interese en poder lanzar este tipo de arma dende submarinos.Algunhas fontes de Corea do Sur din que o mísil caeu ao mar de Xapón despois dun par de minutos de voo nos que percorreu preto de trinta quilómetros. Este disparo forma parte das probas de armamento que o réxime norcoreano leva realizando durante as últimas semanas como parte dos preparativos para o próximo congreso do Partido dos Traballadores de Corea, que se realizará a comezos de mes de maio. Corea do Norte ten sancións que vetan as probas nucleares e de mísiles balísticos, pero xa intentaron un lanzamento similar o ano pasado. Distribuíronse imaxes dun mísil saíndo da auga, aínda que afirmaron que estas eran falsas. Certamente, o que Corea do Norte está a facer está mal. É necesario que o resto dos países colaboren para poñerlle freo a estas accións, pois a este ritmo podería estalar a 3ºguerra mundial.

Brais Pico, 2ºBAC

A realidade semella ser un videoxogo; lévanse a cabo feitos atroces, existen situacións insotibles, asasinatos terroríficos… Porén carecen da importancia e atención que necesitan ou resultan distantes, incluso fictícios aos nosos días. Ilusos de nós, se pensamos que estaremos sempre do mesmo lado da pantalla. Se lemos calquera xornal ou vemos as noticias na televisión resulta doado atopar situacións realmente dramáticas. De feito, os seus protagonistas semellan vivir ( ou máis ben, sobrevivir) noutras realidades. Obviamos así a existencia dun único mundo. Un mundo onde convivimos todos e un mundo que nos somete, por igual, á incerteza do futuro. Deste xeito, aínda que agora gocemos dunha vida “ acomodada”, ninguén nos pode asegurar a contuinuidade perpetua desta. Ademais acustúmase a dicir que a historia é cíclica: a miseria, a caristía, as guerras, a violencia… sempre están presentes. Quizais mudan de lugar ao longo do tempo, pero (tristemente) parecen inevitables. Un exemplo disto é a realidadce actual de Siria. Dita comunidade era a rexión oriental máis avanzada, existía unha plena tolerancia relixiosa, tiña as maiores taxas de escolarización… Na actualidade redúcese a violencia, cinzas e millóns de persoas que intentan refuxiarse noutros países. Situación que parece irreal na nosa realidade, é aquí o momento de destacar a nosa mala memoria. Os nosos avós viviron o horror dunha guerra civil e unha cruenta posguerra. Eles foron os refuxiados hai unhas cantas décadas. A realidade que constitúe o noso mundo, somos nós. É dicir, a Historia é única, foron os nosos pais e avós, somos nós ou serán os nosos fillos. De feito, quizais, este presente converterase nunha realidade utópica nun futuro.

Antía Durán, 2ºBAC

Page 11: Revista Argalladas 2015/ 2016

QUEN PUIDERA NON FACELO

Dilema moral sería o cualificativo que o noso profesor de filosofía poñería a esta situación, a situación de Andrea, unha rapaza de doce anos hospitalizada no clínico de Santiago. Que facer? Esta nena pasou toda a súa vida hospitalizada por culpa dunha enfermidade xenética irreversible. Hai poucos días esta enfermidade chegou ó seu fin, e cando este tipo de enfermidade remata por absorber por completo o paciente, este acaba o seu tránsito pola autopista da vida. Andrea está vivindo porque unha máquina está termando da súa vida artificialmente. A consecuencia disto, os seus pais, como titores legais, decidiron pedir ó hospital, onde a súa filla está ingresada, que a desconectasen desa máquina e así acabar coa súa agonía. Para min non é nada raro, nin moito menos unha atrocidade, que estes pais queiran deixar de ver á súa filla nesa situación, que non a queiran ver sufrindo. Está cerebralmente morta, ela non sente, ela non vive realmente. Estes pais non queren ver á súa filla sufrir, queren que acabe o seu ciclo da vida recibindo unha morte digna.É evidente que non o fan por egoísmo propio, nin moito menos. Non creo que ningún pai desexe ver como a persoa que máis quere no mundo morre, porque un pai sempre quere o mellor para o seu fillo.

Xan Paz, 2ºESO

UN ANXO CHAMADO, ANDREA

Érase unha vez, nun presente moi inhumano, unha neniña chamada Andrea. A vida de Andrea -apagouse- e unha terrible máquina segue forzando o seu corpo a manterse aceso. Os seus pais queren deixar ir o seu pequeno anxo porque saben que o reloxo xa non marca as horas para ela e en toda a súa alma reina a dor. Necesitan seguir adiante. Andrea merece unha morte digna, pero o estado non quere deixala saír desa gaiola na que a teñen coma a un experimento. Non parece de conto? Non parece algo surrealista? Asumamos a realidade, permitámoslles aos pais de Andrea dicirlle un adeus co corazón.

Cristina Souto, 2ºESOSOLIDARIOS CON TODOS E CON TODO

Uns días antes do Nadal un grupo de argalleir@s, aproveitando o diñeiro recadado coa revista Argalladas, feita por nós o ano anterior, fomos ao Eroski comprar alimentos para que as persoas máis necesitadas da nosa vila pasaran un bo Nadal.Nesta compra tan especial, compramos alimentos moi variados dende os propios do Nadal, coma o turrón,os mazapáns, ata os máis básicos, coma leite,cereais,conservas...Tamén nos divertimos moito, xa que tiñamos que aplicar as nosas mellores matemáticas para ir botando contas despois de ir collendo os diversos alimentos, e para a nosa sorpresa, as contas déronnos EXACTAS, o que demostrou a nosa capacidade matemática.E finalmente a concellería de servizos sociais da vila veu recoller todos os alimentos ao centro para repartilos entre as persoas máis necesitadas da nosa vila. Pero non só nos divertimos, tamén quedamos satisfeitos de poder realizar esta gran labor solidaria.

Representantes d@s argalleir@s na compra solidaria.

Vicente,Xavi e Xan, 2ºESOEXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL

Page 12: Revista Argalladas 2015/ 2016

O día 4 de Maio na Canle IV houbo unha exhibición solidaria da garda civil para recoller alimentos e material escolar para os nenos e as nenas refuxiad@s sirios.A convocatoria comezou cunha exhibición de cans. Os tres primeiros eran moi obedientes; a seguinte detectaba droga, un neno colocou unha maleta e a cadela en canto a localizou púxose tola! Comezou a roela e rabuñala ata que sacou un pano. Despois, outro can detectaba explosivos, outra voluntaria colocou unha caixa con explosivos e cando o can a viu quedou sentado ao seu carón. Por último, outro can logrou atopar entre varias caixas unha muller ferida, os gardas axudárona a saír da caixa e trasladárona nunha padiola. Asegurárona ben e subírona ao alto dunha grúa, para baixala fixeron unha tirolina pola que a descenderon ata chegar ao chan. Cando rematou esta parte un garda ensinounos unha gran exposición na que había diferentes vehículos do corpo de seguridade do estado, postos de identificación de droga, balística … un milleiro de aparatos e transportes para os diferentes desprazamentos e intervencións que teñen que facer. Comezamos coas motos nas que patrullan e subiron varias persoas, despois fomos ao helicóptero, fixemos unha cola de horas, na que a TVG sacou algún plano noso. Cando subimos ao helicóptero algún deu un golpe na cabeza, pero foi moi divertido! Ensináronnos como se tiñan que poñer os cascos, como falaban entre eles e moitas máis cousas. Por último, algúns fomos aos coches patrulla nos que se escoitaba chamar aos “Kompitruenos” a berros polos altofalantes e outros foron ao furgón que conducía Juan.Todos e todas levamos algúns alimentos para que os enviaran aos nenos e ás nenas refuxiados sirios.

Borja Pita, 2ºESOCONTOS PARA A PAZ

Algúns argalleir@s das letras formamos parte do grupo de contacontos, “Argalleir@s pola Paz”, que se formou hai catro anos. Se comezamos coa idea de achegarlles aos máis pequeniños a necesidade de conseguir que neste mundo a Paz sexa a que reine en todos os continentes, agora, cremos que, imos ter que ampliar o noso repertorio, como vos daredes conta ao rematar de ler este artigo. Este curso fomos contar unhas historias cunha mensaxe especial, con motivo do día da paz aos nenos e nenas de educación infantil do CEIP A Fraga nas Pontes. Estabamos cun chisco de nervios por mor de que foi a nosa primeira actuación ante un público tan difícil. Aínda así, intentamos facelo o mellor posible, e que os nenos e nenas pasaran un bo rato. Pese ao noso esforzo, non quedamos moi contentos co resultado da nosa primeira posta en escena.

Antes de comezar a actuación co noso público Sofía e Elvira nun momento da actuación Despedíndonos

A experiencia vivida serviunos para mellorar o que xa sabiamos e así comezamos a ensaiar, ensaiar e ensaiar. E vaia se pagou a pena este tempo, porque a seguinte actuación foi un éxito total!A nosa seguinte actuación, foi no CEIP Menéndez Pelayo, en Lugo. Nesta ocasión os nervios disipáronse e, tanto nós coma os nenos, pasamos un rato moi divertido. Comezamos contándolles de onde veñen os contos e Sheila, Carla, Cris, Álvaro G., Alberte, Sara, Andrea e Alba conseguiron que os espectadores quedasen abraiados. Logo tiveron que participar moito con nós, xa que Sara conseguiu que nadaran con ela e puxeran nomes ao seu golfiño, Álvaro S. que riran ata máis non poder coa súa fochanca, Icía descubriulles que “fueguito” era cada un deles, axudaron ao vento e o o sol ( Cris e Carla) a saber quen era máis importante, convertéronse en buscadores con Álvaro S., Dani e Álvaro G., descubriron nomes moi tristes con Alba, quixeron comer algunha galleta con Alberte e Alba, Andrea contoulles como era a paz perfecta e para rematar Alba fixo que os nenos e nenas remaran coa paz. E todo isto coa música que Sofía e Elvira poñían a cada conto e que escoitaban moi atentos os nenos e nenas.

Page 13: Revista Argalladas 2015/ 2016

O noso próximo destino será o colexio “Andaina” en Culleredo. Aí estaremos o día 9 de xuño e agardamos que os nenas e nenos pasen un rato agradable con nós.

Icía Basanta, 2ºESO

DÍA 25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

@s argalleir@s das letras e todo o alumnado do centro está concienciado para poñer fin a todo tipo de violencia. Así o reflectiu Cristina no seu debuxo. E baseándonos nos poemas de Carlos Negro realizamos esta selección para amosar o noso compromiso ante esta indigna situación que viven as mulleres. A que sabe o amor? A porta sen casa.A vento do norte. A cabo do mundo.A luz de tormenta.A planta carnívora.A zume de zucre. A laña nos labios A cuarto escuro.A mar de fondo.A eclipse de lúa.A pupa no dedo.A luns sen clase.A día sen hora.A tempo perdido.

1.- A MARÍA E POR TODAS AS MARÍAS, ESTAMOS AQUÍ : “maría” maría ten alma peitos e trenza de apachee sete fillos e un home e a casa e o agromaría xoga a vida coas cartas marcadasun mandil de ferrovarices azuisa tele rosa(femíneos destinos)maría son a tribo das fortes sen rivala raza das rosas altivas de corcoestoas que cosen roupa clandestina para as fábricasas que limpan o colexio a oficina e o despachoas que maquillan a cara contra os puños do homeCARLOS NEGRO2.- XA QUE berramos E ESIXIMOS QUE: Nunca me pintes costuras nos labios.

Page 14: Revista Argalladas 2015/ 2016

PORQUE RESPONDEMOS ASÍ A UN CUESTIONARIO: Mordes as unllas ou lévalas á última?As unllas úsoas para rabuñar a pel dos peluches.

Prefires barra de labios ou brillo?Prefiro óxido na lingua, cuspe e dinamita.

Cal é a túa pose favorita?A posición dunha percha no armario.

Estás apuntada a clases de dance?Estou apuntada a unha danza de contradicións.Gústanche os gatiños como mascotas?Escollo o negro da pel da pantera.

Canto tempo pasas fronte aos espellos?Procuro esquivalos para que non me devoren.

Cal é o teu mellor truco de belleza?Dubidar, non sentirme evax fina y segura.

Como imaxinas un chico dez?Case tan perdido coma min, pero sen tetas.

Es feliz?Non che me pasa pola cabeza ser un parrulo no estanque.

3.- PORQUE SOMOS AS MULLERES DO FUTURO E QUEREMOS QUE A VIOLENCIA DE XÉNERO REMATE XA, REAFIRMÁMONOS NESTA “Declaración de independencia”

Nin con toda a maxia de Harry Potter,nin con todo o encanto de Justin Bieber, conseguirás que lle siga outra vez o xogoa un pibe que só bota cuspe pola boca.Porque xa non creo nas reverenciasdos príncipes que non lavan a lingua. Porque só confío nos labios dos cegos,nas palabras que non mancan por dentro.

6.-E ARGUMENTAR

“5 RAZÓNS POLA QUE CORTARÍA CONTIGO”Se me fechas as portas que non existen. Se me envolves en papel de agasallo. Se me tocas como un mando a distancia. Se me negas moito máis de tres veces. Se me dis que son o aire que respiras.

7.-PORQUE TEMOS TRUCOS DESDE PEQUENAS

“TRUCOS DE AUTODEFENSA PERSOAL” Cando se cruza comigo no patioe percibo a baba dos seus ollospousados como lesmas nos meus peitosgustaríame ser salvaxe e libre

4.-PORQUE SABEMOS O QUE NON NOS GUSTA

“VERDADE, BICO OU ATREVEMENTO” Pediume un bico.

-sóubome a lixivia-Intentou tocarme.

- ortigaba cos dedos-Díxenlle a verdade.

- mellor que pares--

5.-PORQUE SABEMOS DICIR:

“Non teño ganas de ti”Fai favor, vai liscando.Provócasme inapetencia. Vas a saco pola vida,con ese xeito de andarque arrasa con todo,hormonas, piercinge camiseta axustada.Mais cando falas,convérteste en sapo,reduces as palabrasa sílabas descosidas.E a min, meu little boy,ponme a mil esa bocacunha curva tan suave,mais non me abondase detrás deses labiosnon ofreces máis nadaque tres ou catro frasestan falsas como as pelisde malotes supercachas

Page 15: Revista Argalladas 2015/ 2016

como Beyoncé cando canta e bailae dun golpe violento de cadeira

- Shake it up, baby, shake it up-mandalo lonxe da miña vista,a un lugar perdido da galaxiaonde o desexo non cheire a sanguenin deixe na pel un rastro visguentoque non sae nin con sales de bañonin co estropallo verde dos cacharros. 8.-PORQUE SOMOS FORTES E SINCERAS

“SECCIÓN DE CONXELADOS” Cando dis amor métome no frigorífico.A carón do peixe e da masa para pizzas.Xusto debaixo das croquetas do domingo.A ver se así, en frío, comprendes dunha vezo significado de respectar as distancias,a negación que transmite un NON nos meus labios:rotunda como un stop ou un semáforo en vermello.

9.-E NON ATURAMOS A FALTA DE LIBERDADE

“FÓRA DE CONTROL”

A quen chamo, como visto, onde andabas metida...

En canto valoras, my boy, este corte de mangas!

10.- E NON QUEREMOS VIVIR SITUACIÓNS ASÍ

“Princesa (contra) Disney”Cuspo os chícharosagochados no colchóncomo se fosen balas.Arrinco o vestido de seda.Íspome e pego un berroque escacha as porcelanas.O cabelo longo semella atadura.(As tesoiras fanme menos escrava).Fuxo da torre.Da mazá envelenadada obediencia.Fendo os ferrollos.Pelo curto,lingua solta, .Respiro fondo, corro descalza.Comezo a alancarcara a esa gándaramáis alá dos espellos.(Vaime volvendo a vozque perdín en palacio).

11.-NIN TER QUE SEGUIR NINGÚN TRATAMENTO, AÍNDA QUE SEXA“TRATAMENTO DE BELEZA” Xa está.Xa pasou.Corto contigo.Despréndome de células mortas.

4.-PORQUE SABEMOS O QUE NON NOS GUSTA

“VERDADE, BICO OU ATREVEMENTO” Pediume un bico.

-sóubome a lixivia-Intentou tocarme.

- ortigaba cos dedos-Díxenlle a verdade.

- mellor que pares--

5.-PORQUE SABEMOS DICIR:

“Non teño ganas de ti”Fai favor, vai liscando.Provócasme inapetencia. Vas a saco pola vida,con ese xeito de andarque arrasa con todo,hormonas, piercinge camiseta axustada.Mais cando falas,convérteste en sapo,reduces as palabrasa sílabas descosidas.E a min, meu little boy,ponme a mil esa bocacunha curva tan suave,mais non me abondase detrás deses labiosnon ofreces máis nadaque tres ou catro frasestan falsas como as pelisde malotes supercachas

Page 16: Revista Argalladas 2015/ 2016

Doume unha masaxe de autoestima.Aplico ao corazón cremas hidratantes.E reciclo as bágoas como auga para as plantas.

12.-PORQUE ESTAMOS SEGURAS DE COMO SOMOS E, TAMÉN, DO QUE NON QUEREMOS E DE A QUEN NON QUEREMOS:

“ZAPATO DE CRISTAL ( VERSIÓN 3D)Non, non estou disposta para outro encantamento.Aínda que te me poñas triste e de xeonllos.As miñas dedas non teñen prezo de mercado.Non vou tronzalas por un lindo baile en palacio.E antes calzo unhas zocas que zapatos de voda.E antes arrinco os beizos que darchos de balde.E antes...

( e nin fomos perdices nin comemos felices)

13.-E POR SE NON QUEDA CLARO DEIXAMOS UN

POST-IT

Fai favor, pecha a portaao saíres.Vou mutarde novo, e non queroestraños ao axexo.(Grazas)

E CHAMAMOS AO 016

“Nunca deixarei que me pinten costuras nos labios.”

Sabela Rodríguez Cristina Souto

Argalleiros e argalleiras das letras

Page 17: Revista Argalladas 2015/ 2016

Sabela Rodríguez, 1ºESO

SENTIMOS

Un infinito ao teu lado por sempre.

amor eterno.

Page 18: Revista Argalladas 2015/ 2016

SAMAÍN, NON HALLOWEEN

Halloween. Esta palabra é a que adoitamos empregar co fin de designar a festa que se celebra o 1 de novembro. Aquela na que todas as persoas se disfrazan por diversión, van pola rúa ata as casas pedindo doces co famoso dito: “ truco ou trato”. Mais, esta tradición non é orixinaria de Estados Unidos nin moito menos. Halloween, en realidade, é a versión americana da celebración celta chamada Samaín, a cal era o día máis importante do ano para esta cultura, xa que se celebraba o fin da colleita. A palabra Samaín significa “ fin do verán” en gaélico antigo ( lingua celta da que proveñen os idiomas celtas modernos, como o irlandés). Simbolicamente, a noite de Samaín representa a eternidade. Mais, sobre todo, na súa esencia, o samaín era unha celebración agrícola na que se facía balance da subministración dos alimentos que deixara a colleita, mais das provisións dispoñibles para pasar o inverno. Polo tanto, foron os irlandeses que emigraron a EEUU os que portaron esta tradición. Esta celebración consistía en honrar os devanceiros de cada familia e espantar os espíritos. Os celtas disfrazábanse coas peles dos animais para que os malos espíritos non lles recoñecesen como persoas. Por outra parte, as cabazas, símbolo por excelencia do Halloween, tamén teñen significado celta, aínda que a súa chegada a dita festa sufriu diversos cambios. Na súas orixes, os celtas facían uso das caveiras con candeas dentro co obxectivo de espantar os espíritos. Posteriormente, pasaron a ser nabos colgados, xa sen candeas. E, ao final, pasaron a ser as cabazas actuais. Polo tanto, a miña conclusión, é que debería saberse máis a fondo todo este pasado, que fai de noso esas tradicións e coñecer máis a nosa esencia.

ICÍA PÉREZ LÓPEZ, 4ºESO

O que hoxe en día coñecemos por Halloween provén da cultura celta, feito celebrado, polo menos, fai 3000 anos. Esta celebración era principalmente a comuñón dos espíritos, o día no que as almas dos mortos volvían ás súas casas co fin de visitar os seus familiares que aínda estaban vivos e tamén para aproveitar a obter algún alimento, a cal chamábase Samhain. Nela baleirábanse nabos nos que metían unhas candeas. Agora o que se acostuma é facelo cunha cabaza. O que hoxe en día se celebra é o Halloween, unha adaptación da nosa cultura á dos Estados Unidos. Este feito fixo perder popularidade ao Samhain, facendo que os máis novos da casa non saiban de onde vén en realidade a causa desta celebración, que levaban a cabo os nosos antepasados, nin o sentido que ten celebralo. Os nenos pequenos, hoxe en día, o único que entenden por este feito é que teñen que disfrazarse de seres sobrenaturais que provoquen medo e tocar nas portas dicindo “ truco ou trato”, para que esas persoas os inviten a uns doces. En cambio, no Samhain, as persoas quedaban nas casas con vestidos fúnebres para non chamar a atención dos espíritos, xa que nas noites os trasnos e as fadas facían bromas aos homes que, incluso, podían chegar a ser perigosas. A miña opinión é que a nosa cultura acabarase perdendo polas modificacións e adaptacións doutros lugares do mundo e chegará un momento que ata a nosa lingua, os nosos costumes e a maioría das cousas que nos diferencian doutros lugares serán nulas. Debemos pensar no que realmente queremos nós, os galegos, para o futuro da nosa familia e das características que nos diferencian.

CINTIA PÉREZ SILVÉN, 4ºESO

Os antigos pobos celtas, chegando o final de outubro, celebraban unha festa para conmemorar a fin da colleita, bautizada coa palabra gaélica “ Samhaín”. Etimoloxicamente significa “ o fin do verán”. Esta festa representaba o momento en que os antigos celtas almacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais. Os celtas crían que as ánimas dos defuntos acostumaban a visitar o mundo dos mortais nesa noite. A mediados do século XVIII, os emigrantes irlandeses chegan a Norteamérica, e con eles a súa cultura, o seu folclore e tamén o seu Samaín. Aínda que a festa sofre unha forte represión por parte das autoridades de Nova Inglaterra, a finais do século XIX os Estados Unidos reciben unha nova chegada de emigrantes de orixe celta. Entón, a festa irlandesa mestúrase con crenzas indias, introducíndose así tradicións como a de Jack O´Lantern, a confección de disfraces ou a realización de bailes tradicionais.

Page 19: Revista Argalladas 2015/ 2016

Como Samaín era unha festa pagá, a Igrexa estaba en contra dela. Por isto, trasladou a festividade de Todos os Santos do 13 de maio ao 1 de novembro, dándolle o nome á noite anterior de “All Hallow`s Eve” ( véspera de Todos os Santos), que foi adoptando diferentes formas ata chegar a converterse no actual Halloween. As razóns polas que se debería usar a palabra Samaín e non a inglesa Halloween, son moi variadas. Samaín é a palabra orixinal para a festividade, e a que lle puxeron os seus creadores, polo que a considero máis correcta. Ademais ten orixe gaélica, polo que se relaciona máis con Galicia, xa que os celtas foron quen a habitaron durante séculos. Se na súa orixe foi unha festa pagá, non se debería mesturar coa festividade relixiosa. Finalmente penso que usando unha palabra de orixe gaélica axudaremos a enriquecer a nosa lingua.

ALBA REQUEIJO CENDÁN, 4ºESO

A palabra Samaín é unha adaptación do vocábulo irlandés “Samhaín “e significa “ fin do verán”. É, ademais, unha festividade de orixe celta que se celebra na noite do 31 de outubro e marcaba o comezo dun novo ano celta. Pero, nos últimos anos, a palabra que triunfou para denominar esta festividade foi Halloween, un termo de orixe inglesa que significa “ Día de todos os Santos”. Eu penso que a palabra que se debería empregar en Galicia é Samaín, porque, para empezar, é a propia que xa hai aquí para referirse a esta celebración e, existindo xa unha en galego, non vexo a necesidade de usar este tipo de estranxeirismo. Ademais, paréceme importante conservar a nosa lingua, co noso propio vocabulario e non usar préstamos innecesarios. Tampouco se celebra do mesmo modo esta festa aquí que noutros lugares, nin é o mesmo o Samaín que o Halloween. No Samaín, os rapaces acostumaban esconderse en camiños con cabazas, previamente baleiradas e con candeas dentro, algúns incluso se disfrazaban de pantasmas, bruxas ou vampiros, e asustaban a xente que por alí pasaba. Ás veces facían tamén colares con castañas para manter lonxe os malos espíritos. Pero en Halloween, o costume é disfrazarse de seres monstruosos para causar terror e ir de porta en porta dicindo “Truco ou trato”. Deste xeito comprobamos perfectamente que, aínda que as dúas celebracións están dedicadas aos mortos, non teñen nada que ver. Polo tanto, despois de indagar un pouco sobre esta festividade, nas nosas tradicións e no significado e na etimoloxía da palabra Samaín, penso que é a máis correcta para nomear esta celebración e que debería usarse en toda Galicia e demais territorios con antepasados celtas.

MARÍA ROMÁN PICO, 4ºESO

Os celtas celebraban co samaín o paso do ano, é dicir o final do verán e o final das colleitas. Esta antiga festividade celta do samaín foi descrita, tamén, como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, do 31 de outubro ao 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Así, a xente reuníase cos seus antepasados mortos. O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas. Outras fontes din que a chegada das ánimas era un potencial perigo, do que se defendían colocando sobre muros as caveiras dos seus inimigos para que as ánimas non se achegasen aos castros nin as casas. Tiñan por costume baleirar nabos para poñerlles dentro candeas. Esta tradición irlandesa puido ter sido exportada aos Estados Unidos nas migracións do século XIX e comezos do XX e continuada na festa que hoxe coñecemos como Halloween, celebración semellante a un entroido na que os nabos substituíronse por cabazas. Na década dos 90 comezou a celebrarse esta festa en Galicia co nome de samaín ou coas súas variantes celtas ( samain, samhain), que proceden do gaélico irlándes ( SAMHAIN), aínda que hoxe en día están sendo desprazadas polo termo halloween. Pero o que permanece nalgúns lugares da nosa xeografía é coller cabazas e facer con elas caras aterradoras na véspera do Día de Defuntos ou cabazas iluminadas para colocar sobre os valados ou nas encrucilladas para asustar os camiñantes, tradicións que nos remontan ás orixes desta celebración celta.

MARIO VÉREZ RODRÍGUEZ, 4ºESOUnha vez que investigamos no pasado desta festa e coñecemos máis as súas orixes, non quedaba máis que seguir gozando do día do Samaín no centro.

Esta festa coincidiu co magosto do centro así que todos e todas gozamos conxuntamente desta celebración. Fixemos concurso de cabazas, de textos informativos, de anuncios que fomentaban esta

Page 20: Revista Argalladas 2015/ 2016

celebración e de poemas, con palabras elixidas previamente por nós, sobre o que nos transmitía esta celebración. Aquí tedes os resultados:

Carmen (2ºESO) foi a gañadora do concurso de cabazas.

O anuncio gañador foi o de Cristina e Noa de 2ºESO coa súa “cabaza esculfurida”

Nos poemas compostos coas palabras elixidas entre todos e todas resultou gañador o realizado por Ana, alumna de 4º ESO ( dende aquí mandámosche mil bicos).

“Imos medrando como medra o medo,o medo á morteque florece na noite. Nunha noite misteriosagozamos co medo, doces ou arrepíos,que prefires?Castañas quentes facemos,cabazas decoramos,pois a orixinalidade buscamos.Todo isto nunha noite intrigante de outono,adornada de numerosas follas,follas que se esvaecen das súas ramasComo se esvaece a inocencia co paso do tempo. “

E así celebramos o Samaín e o magosto. Ata o ano.

Alba Requeijo, 4ºESOVIVIMOS O ENTROIDO

Un ano máis dispuxémonos a gozar desta festa. Desta vez o tema elixido era Obras de arte, unha idea moi creativa. A celebración comezou cunha degustación de freixós e orellas que a ANPA nos ofreceu, estaban boísimos! Os nenos e nenas de 4º da ESO tamén puxeron doces á venta para a excusión de fin de curso. A continuación, os alumnos de 3º da ESO bailaron a canción “Treasure”. A todos nos encantou, fixérono de marabilla !!!!

Page 21: Revista Argalladas 2015/ 2016

Máis tarde, dirixímonos ao salón de actos onde comezou o concurso de disfraces e regueifas presentado por Carmen e Noelia de 2º de BAC. Da música encargouse Borja Pita e o xurado estaba formado por profesores. Os gañadores do concurso de disfraces foron “O museo,” protagonizado polos alumnos de 2º B cunha interpretación fabulosa e “O cómic Lichestein” polos nosos compañeiros de plástica de 4º. Aínda que tamén participaron máis alumnos cuns disfraces moi orixinais.

No concurso de regueifas só saíron a cantalas os máis valentes e decididos, xa que os demais agardaban sentadiños nas cadeiras para intentar pasar inadvertidos. Os gañadores foron:

1º PREMIO foi para Mario e Diego de 4ºESO

Eu estou moi motivadoe calar non vou calar,pero como diría CheloDiego mira, vaite deitar.

Será mellor que te sentes,que te poñas a escoitar,ti tan só es un choquitoe eu voute merendar.

Isto xa vou acabarporque te estou arrasandoe non te quero humillarnin que quedes como un parvo.

Mario ti es un flipadomáis fantasma que o Caspereu sonche un gran maestroe ti es un bo desastre.

Ao rematar bailamos un montón: A Macarena, Os tambores…E todos o pasamos xenial!

Jessica, Aldara, Sara e Sabela, 1ºESO

V MARATÓN DE CINE DOS ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS

Na noite do 5 de novembro celebramos o V maratón de cine dos "Argalleiros e Argalleiras das letras" no noso salón de actos.Despois de dispoñer o salón de actos do centro para este acto asentámonos e comezamos a nosa velada cineasta co filme de Yo soy Sam, unha historia conmovedora sobre Sam, o protagonista que padece unha deficiencia mental e que emprende unha incansable loita pola tutela da súa filla.A segunda película foi El hombre que plantaba árboles , unha historia sobre un pastor que recollía landras en terras de ninguén e plantábaas nunha terra apropiada para crear un bosque. Co paso dos anos uns señores crían que o bosque crecera maxicamente, pero fora grazas ao pastor. Despois de ver esta película, Rubén, o dono do +Tika+, tróuxonos unhas pizzas para cear.Logo continuamos o noso maratón coa película Corazón de tinta. Pai e filla viven unha espectacular aventura intentando rescatar a súa nai, que desapareceu nun conto ao ser raptada por un personaxe que sacara o seu marido grazas ao don que ten de ler en voz alta.

2º PREMIO recaeu nas alumnas de 3ºESO, Carmen, Icía e Uxía. Chega o tempo dos exames,empezamos a tremere comeza o noso estréscon Chelo é mellor correr.

Chelo éche moi boíñaaínda que ás veces encenda,pero é a mellor profesoranon lle temas ás reprimendas.

Podes dicirme o que queiras,pero isto éche ben duroentre sinónimas e parónimasisto paréceche un zulo.

Duro será para tipara min é moi doadoentre risas e aplausostodos poderemos logralo.

Pero vaia mentireirose ti tamén as pasas canutasna clase de lingua galeganon se arman máis que bullas.

Se empezaras a estudarnon as pasarías tan malporque na clase de Chelonon che é todo traballar.

Page 22: Revista Argalladas 2015/ 2016

O noso seguinte filme foi Crash. Trata sobre unha serie de conflitos (raciais, de parella, machistas...) que entrelazan a todos os personaxes desta historia.Deseguido vimos León e Olvido , unha triste historia sobre dous irmáns xemelgos, un con síndrome de Down, que viven xuntos nunha cidade de Galicia. Olvido ten que cargar con toda a responsabilidade do fogar e séntese incapaz de levar adiante esta situación polo que en moitas ocasións pensa en asasinar o seu irmán.A nosa última película foi El origen del planeta de los simios. Will Rodman, un científico que intenta curarlle o alzheimer a seu pai, experimenta nun laboratorio cos simios. O chimpancé co que practica vólvese moi intelixente e os seus compañeiros de traballo quéreno sacrificar. Will ao ouvir a noticia acólleo na súa casa e críao coma un fillo, pero ao crecer ten que abandonalo nun refuxio para simios onde o animal monta una rebelión e foxe cos seus compañeiros.Ao rematar ás proxeccións recollemos o salón de actos e tomamos un rico almorzo na cafetaría do centro. O peor de todo foi que á mañá seguinte tivemos que ir a clase e aguantar o sono despois dunha noite en vela. Como somos argalleir@s iso foi fácil, aínda que pedimos desculpas a todos e todas os profesores por non estar ao cento por cento de rendemento ese día.

Foi unha experiencia moi agradable que serviu para unirnos máis e aprender moitas cousas todos xuntos. Os libros sempre traen algo bo.

Uxía, Icía e Aaron, 2ºESO

DÍA DO LIBRO (SEVILLA)

Levabamos toda a maña agardando o momento de que ás 14.30h chegara o noso bus ao centro. Por fin chegou a hora! Marchabamos cara a Santiago, onde colleriamos o avión para Sevilla. Chegamos cerca das 15.45h ao aeroporto. Alí as nosas profesoras repartíronnos os nosos respectivos billetes para subir ao avión. Unha vez que todos tiñamos a nosa tarxeta de embarque dispuxémonos a pasar o control, no que a algún que outro tiveron que facerlle a proba antidrogas. Cando rematamos o control dirixímonos cara ao avión coas nosas maletas. Unha vez que estabamos todos listos para partir e nos nosos respectivos asentos, o avión despegou. Arredor das 19h aterramos en Sevilla e moi ansiosos dirixímonos cara a terminal a esperar polas maletas que algúns tiveran que facturar porque non collían nas cabinas do avión. Despois dunha longa espera conseguimos as nosas desexadas maletas e andamos cara ao bus que nos levaría ao noso hotel “Torre de los Guzmanes”. Despois de media hora, por fin!, chegamos ao esperado hotel, o cal quedaba “moi moi preto” do centro. Unha vez alí repartíronnos as nosas habitacións e, para a nosa sorpresa, estaban todas no mesmo corredor e por se non fora pouco todas tiñan terraza! Cando xa todos estabamos organizados, as nosas profesoras mandáronnos baixar á recepción do hotel para organizar a cea. Decidimos utilizar o servizo a domicilio das pizzerías, xa que o hotel estaba “tan preto do centro da cidade” que decidimos non ir visitala e quedar todos xuntos. A fame

Page 23: Revista Argalladas 2015/ 2016

apertaba e as pizzas non chegaban... Algúns optamos por ir ao bar do noso hotel a picar algo e outros por ir ás súas habitacións a pasar o tempo mentres esperabamos. Despois dunha hora, por fin chegaran as nosas pizzas! Para que puideramos cear tranquilamente os encargados do hotel ofrecéronnos o comedor da parte superior. Unha vez rematado todo, recollemos o comedor e fomos cara ás nosas habitacións para poder descansar da dura viaxe.Ao día seguinte levantámonos ás 8.30 para gozar dun marabilloso almorzo. Ao rematar dirixímonos ás nosas habitacións para lavar os dentes e prepararnos para saír, pero, como non, Belru sempre ía “dando o cante” e Chelo mandoulle que se cambiase de roupa, xa que ía moi “provocativa” para entrar na catedral. Ás 9.30 estaba o bus esperándonos na porta do hotel para trasladarnos ao centro de Sevilla, posto que estaba moi preto. Unha vez no centro visitamos a famosa “Torre del Oro” e descubrimos o porqué do seu nome. Logo fomos ata a Catedral mentres paseabamos polas peculiares rúas de Sevilla. Tras a inmensa fila dunha hora de espera – e iso que tiñamos as entradas reservadas-, por fin conseguimos entrar na famosa catedral. Alí visitamos ata o ultimo recuncho desta, grazas a Efi. Un dos mellores momentos foi a subida á Giralda, destinada só para aquelas persoas que estaban capacitadas fisicamente, xa que tivemos que subir 34 pisos e 17 escaleiras. Ata houbo quen a subiu dúas veces, xa que as vistas dende alí arriba eran impresionantemente fermosas!!

Despois de visitar tantos monumentos a fame empezou a apertar

e as nosas profesoras deixáronnos un tempo libre para xantar e descansar para así seguir visitando a cidade pola tarde. Dividímonos en grupos de 8 e cada un decidiu a onde quería ir comer: uns ao “Burguer King”, outros ao “McDonalds”, aos bares...Ás 16h reunímonos todos na praza onde Chelo nos dixera. Unha vez todos xuntos dirixímonos cara a Praza de España, mentres que algunhas das maiores decidiron esperar a longa cola para poder visitar os marabillosos “Xardíns do Alcázar”. Unha vez chegamos á praza visitámola, puidemos ver un “lago” onde había unhas barquiñas para poder ter outra visión dela. Ao redor da praza podías encontrar como unha especie de banquiños no que en cada un aparecía representada unha provincia de España, aos que Chelo lles sacou varias fotos. Unha vez rematada a visita andamos cara ao parque de María Luisa, no que leríamos ao día seguinte. Cando os maiores remataron de visitar os xardíns reuníronse con nós, e deixáronnos tempo libre para poder cear e descansar os pés do duro dia que tiveramos. Ás 22.30 quedaramos con Chelo no punto de encontro, para poder coller o bus ás 23h e poder volver ao hotel. Unha vez no hotel cada un dirixiuse cara á súa habitación, ata o día seguinte.

Descansando antes de entrar na Praza de España Un paseo en barca

Page 24: Revista Argalladas 2015/ 2016

Á mañá seguinte levantámonos ansiosos posto que era o día, o noso día, o día dos argalleiros e das argalleiras. Chegou o bus sobre as 9.30h e dirixímonos cara ao parque de María Luisa, onde íamos ler o libro deste ano: Unha árbore, un adeus de Marina Mayoral. Lemos durante tres horas, coa calor apertando, aínda que as profesoras elixiron un lugar moi fermoso e cunha sombra perfecta para soportar o sol do mediodía de Sevilla. Pero non foi como os demais anos, xa que ao ir en avión non puidemos levar os paneis para escribir as nosas palabras elixidas. Desta vez tiñamos que ir anotándoas nun caderno, pero xa o tiñamos todo preparado: nada máis chegar ao instituto sería o primeiro traballo que fariamos.

Lendo no Parque Anotando as palabra elixida Palabras e poema

Cando rematamos a lectura e compuxemos o poema titulado “ A horta da vida” deixáronnos tempo para comer tranquilamente. Pola tarde fixemos un “cruceiro” polo Guadalquivir e dirixímonos ao barrio de Triana. Estaba rematando a nosa estancia en Sevilla e aproveitamos o noso tempo libre para visitala por última vez. Algúns quedamos en Triana, e outros decidiron volver á zona de Sevilla que xa coñeciamos. Chegaba á hora de volver ao hotel e todos e todas estabamos puntuais ( non como o día anterior) no punto de encontro.

Xa de volta no instituto tocaba continuar o traballo: había que escribir as palabras elixidas, o poema, pensar na ilustración… Carlota e Celia encargáronse de trazar as liñas no papel no que Uxía escribiría o poema. Mario pensou na ilustración e fixo o debuxo que continuaron tantas e tantas mans durante moitos recreos: Cristina Souto., Alba Rivera, Alba R., Sofía, Xoel P., Sara Basoa e Sabela Rodríguez e Cintia Pérez. Tod@s @s argalleir@s das letras agradecemos o traballo de todas estas mans, en especial a Sabela e Cintia que sen gozar da viaxe souberon inmiscirse no traballo que nos move a todos e a todas. Grazas por un traballo tan ben rematado. Deixámosvos co poema que compuxemos este ano coas palabras elixidas da lectura e coa ilustración. Agora o noso traballo colgará das paredes do centro para lembrar este día do libro en Sevilla.

A HORTA DA VIDA

Árbore durmidapaxaros cansosnoite escurahorizontes descoñecidosinverno eterno. Anos depresivos. Mazás brillantes e vermellasríos rápidos e caudalosos.

Dons máxicos que evitaban os erros. Raíces enclaustradasna horta da vida. Valente cabaleiroconquistador de éxitos, de amizade desinteresadae de xornais escritos

Page 25: Revista Argalladas 2015/ 2016

con preciosa palabra. Choraban as follase a fada velabapara evitar as desgrazascos ollos abertos. Mundo novoregos transparentese un pai creadorde todo o vivo.

Con

agarimoos artistas inventaban novas coresencerrando o demoentre as rexas do cárcere. Froita saborosa,doce lembranzada que namorarse.Medos vencidosxuventude eterna sentimento sincero.Vila evocadatolos recordosesquecida vinganza.Fillos da naturezaúnica respostapara esta familia. Segundo pensamento,segunda vida:graciosa oportunidade. Bico inesperado e desexadona canseira da vida.Futuro inmediato:a monxa enclaustradasalta o valadoco magnolio luminoso e perfecto.Argalleiros e argalleiras das letrascoa colaboración da convidada Candela González. Día do libro, 23 de abril 2016 Sevilla

Page 26: Revista Argalladas 2015/ 2016

O OUTRO DÍA DO LIBRO EN SEVILLA A viaxe a Sevilla está chea de anécdotas. Agora contaremos algunhas delas:No aeroporto de Santiago o control fíxose ameno, para uns máis que para outros: Sofía debía de ter ganas de festa e optou por pasar “droga”, pero a proba deu negativo. Ao “Gorras” cacheárono por levar moedas no peto, vaia despiste!Viaxando con Ryanair hai que ser espelidos. Se non facturas non deixes que che quiten a maleta para metela en bodega. Só así evitarás esperar na cinta para poder recuperala. Fíxate sempre en todo! Nas habitacións do hotel aprendemos a poñer os tapóns na ducha para evitar visitas inesperadas como as das nosas amigas as formigas ou cascudas... Ao día seguinte, pola mañá, respectando “pacientemente” a fila para visitar a Catedral, Chelo emocionouse moito e alá foron todos os nosos carnés de identidade ao chan. Todos os presentes riron con nós. Antes de entrar o garda de seguridade botoulle un piropo a Lidia porque levaba unha bufanda do Betis e díxonos que se fora do Sevilla… Juan falou cuns Coreanos e tivo unha “pelexa” con franceses por estar “excité”.Na Plaza de España, unha xitana leulle a man “inesperadamente” a “Belru” e non lle quedou máis remedio que pagarlle con “billetes”. A partires de aí Belru ía todo o rato pegada a Efi. Aproveitamos para montar en barca e ir a velocidade de cruceiro: metro/hora. Juan facendo amigos Antonio

e o seu romeu Andrea e a súa historia Paseo en barcaVisita o Starbucks se queres aforrar. Sofía e Noa foron catro veces porque sempre esquecían gardar o vaso. Alí houbo confusións con case todos os nomes, pero ao final “Gloria”, “Lucía”, “Carmele”, “Shayla”, “Noñu” e “Andrew”

recibiron os seus Starbucks.Pola noite os “Kompitruenos” retaron a unhas sevillanas que ían “pasadas de voltas” xogando a: “ pedra, papel ou tesoira”. O premio foi inesquecible xa que lle mostraron os seus senos.Borja comprou unhas castañolas e ían aprendendo a tocalas molestando a tod@s @s Argalleir@s. Viva Sevilla e Olé!Volta ao hotel. Algúns (Mario) puxéronse en modo karaoke, e “deleitáronnos” a todos coas súas melodiosas voces. Na habitación 112 gozaron dun relaxante baño con xabóns que foran “pedidos amablemente” a todas as habitacións.O seguinte día, pola tarde, montamos nun barco e algunhas nenas de segundo e primeiro levantáronse dos seus asentos e foron lanzando bicos aos mozos guapos, que os recibían encantados e aínda os devolvían máis ledos. Ao baixar fomos cara ao barrio de Triana e bailamos cunhas mulleres que ían de despedida de solteira.Despois de ter que esperar por algunhas persoas para poder coller o bus a noite anterior, desta vez todos fomos moi puntuais, xa que ese tempo de espera todos xuntos era fantástico. Tamén cantamos e falamos con chicos sevillanos na beirarrúa, fronte a Plaza de Toros. Xa no hotel, todos estabamos moi cansos, e caemos mortos de sono na cama aos dez minutos de chegar, salvo algúns nenos que decidiron facer festa, coa que Chelo, Efi e Cristina non estaban moi de acordo.Ao día seguinte pola mañá, collemos o autobús moi moi preto e dirixímonos ao aeroporto, con varias horas de antelación, que fixeron falta para solucionar algúns despistes con teléfonos móbiles... Como hai algúns que non aprenderon a lección, quixeron colar droga e explosivos (Alicia) no avión. Santi case consegue unha bonita viaxe á comisaría, xa que a primeira proba deu positivo. Carmen levaba obxectos estraños na maleta (pasta de dentes e galletas).

Ás dúas do mediodía xa estabamos nas Pontes, con moitas ganas de durmir, xa que ao día seguinte tiñamos clase. Grazas a todos @s Argalleir@s, Chelo, Efi e Cris puideron gozar dunhas noites moi pacíficas e relaxantes.Grazas a todos e a todas os que fixestes deste día un día marabilloso. Grazas Efi, Candela e a todos a todos. O ano que vén vémonos. Andrea Montero, Andrea Bellas, Sara Cerezuela e argalleir@sEXCURSIÓN ARCO IFEMA

O pasado mes de febreiro, os alumnos de 4ºESO de plástica e as alumnas de historia da arte de 2º BAC, realizamos unha excursión a

Madrid. A viaxe durou tres días, nos que visitamos moitos lugares e vimos numerosas obras de arte.

Page 27: Revista Argalladas 2015/ 2016

O primeiro día só puidemos aproveitar a tarde porque pola mañá estivemos no traxecto cara a Madrid, xa que sairamos ás 6 da mañá. Despois de comer visitamos o templo de Debod, un templo de restos arqueolóxicos exipcios. A continuación dirixímonos cara ao Matadoiro de Madrid, unhas amplas instalacións que, aínda que agora son empregadas para expoñer obras de arte, antigamente era un matadoiro de verdade que sufriu un incendio no seu interior.Pola noite gozamos dun tempo libre para pasear, coñecer un pouco a cidade e cear.O segundo día, pola mañá, fomos ao museo do Prado, só tiñamos unha hora para velo e non nos daba tempo para velo todo, necesitaríase o día enteiro. Pola tarde visitamos o Reina Sofía. En ambos os dous centrámonos en certas obras que nos repartimos para expoñer.Pola noite asistimos a unha improvisación cómica no teatro de Malasaña, a cal foi moi divertida e graciosa xa que o público podía ser partícipe.

(Na porta de museo do Prado)

O último día, aproveitamos a mañá achegándonos a Arco Ifema, onde percorremos moitos corredores, os cales parecían un labirinto. Alí, puidemos coñecer diferentes tipos de obras actuais e contemporáneas, das cales descoñeciamos os seus autores. Unha destas modernas obras, foi a dun home espido metido dentro da súa propia escultura formada por palés de diferentes cores. Finalmente, abandonamos esta exposición ás 4 da tarde, dispoñéndonos a regresar a Galicia.

(A obra que nos impresionou en arco)

Engadir que esta experiencia foi inesquecible, e non cremos que ninguén volvese descontento de Madrid.

María Román, Cintia Pérez,Icía Pérez, 4ºESO

OURENSE: TRASALBA, TERMAS E LOS MENECHMOS

O día 13 de abril achegámonos ata a cidade de Ourense para aproveitala ao máximo.Comezamos coa visita á casa de Otero Pedrayo en Trasalba. Estas son as palabras que escribín, en nome de todos e todas os meus compañeiros para enviar á páxina web da fundación Otero Pedrayo.Bos días!Moitas grazas pola túa axuda na nosa visita ao Pazo de Trasalba, a cal nos resultou moi entretida, xa que estudaramos a Otero Pedrayo recentemente e estabamos interesados por coñecer un pouquiño máis

Page 28: Revista Argalladas 2015/ 2016

deste escritor. Chamounos a atención a cantidade de libros que había naqueles estantes, o ben conservado que estaba o interior da casa, e por suposto, o seu tamaño. Tamén nos gustou moito a paisaxe que a arrodeaba, xa que inspiraba unha sensación de tranquilidade incrible. Pareceunos un fogar moi acolledor, o cal nos fixo recordar algunhas das pasadas clases de literatura nas que liamos fragmentos dalgunha das obras de Otero Pedrayo. Imaxinamos que manter un lugar tan grande en boas condicións non debe ser tarefa fácil, polo que vos animamos a continuar con tal difícil traballo. Todos os alumnos do IES Castro da Uz desexamos que este lugar tan marabilloso continúe admitindo visitas de alumnos coma nós. Alba Requeijo, 4ºESO

A piques de entrar Observando con atención o mapa de Fontán

Rematada a visita dirixímonos cara ás termas de Outariz. Unha vez alí, @s alumn@s de 3º da ESO, algúns e algunhas compañeir@s de 4º e as nenas de 2º de BAC decidimos ir ás termas que había que pagar, e os demais foron ás públicas. Nós, os de 3º -e cremos que todos en xeral-, só temos que dicir que quedamos moi contentos da nosa elección e que a volveriamos repetir sen ningunha dúbida. Unha vez rematada a nosa experiencia nas termas, subimos ao bus que nos levou ata o centro de Ourense. Ao chegar, as nosas profesoras leváronnos ata as Burgas e vimos a piscina termal (que estaba pechada); posteriormente leváronnos á praza do Ferro, onde nos deixaron un tempo libre para poder comer e visitar un pouco máis a cidade. Os alumnos de 3º achegámonos ata varias tendas nas que algúns compramos prendas de roupa. Unha vez rematado o tempo acudimos ata o punto onde Chelo nos mandou. Dirixímonos cara ao auditorio municipal (que era impresionante) a ver a representación da comedia Los Menechmos de Plauto. Despois de esperar un ratiño entramos e sentamos nas nosas respectivas butacas á espera de que comezara a obra, mentres os responsables do auditorio puxéronnos “musicote”.As 17,20h comezaba a obra, que tod@s pensabamos que ía ser moi aburrida e por riba “en latín”! Pero non, encantounos a tod@s e quedamos abraiad@s. Nunca na vida riramos tanto! Ao finalizar a obra, apaixonados, fomos sacarnos unhas cantas fotos cos actores e actrices do Grupo Noite Bohemia da Coruña. Finalmente saímos do auditorio e dirixímonos ata o bus, que nos levaría de volta para casa. Paramos 20min en Chantada para estirar as pernas e ir ao baño, pero Andrea aproveitounos para demostrarlles os seus dotes futbolísticos a uns nenos que había nunha praza. Deseguido subimos ao bus e dirixímonos cara ás Pontes. Foi unha experiencia inesquecible! Grazas Efigenia.

Pablo, Andrés e Andrea M. 3ºESORUTA GUIADA POLAS PONTES “EXPERIENCIA INDUSTRIAL”O xoves 12 de maio os alumnos de 1º e 2ªde ESO do IES Castro da Uz realizamos unha ruta guiada pola nosa vila. Partimos do instituto cara ao lago, onde comezaría o noso camiño. Alí explicáronnos un pouco a historia da mina que foi descuberta en 1790, preto da revolución francesa. Nestes anos de Ilustración, José Cornide Saavedra demostrou que alí había carbón. Na súa explotación empregouse o “método alemán”, un método continuo de explotación. Aínda que agora non é usada como explotación mineira pola Xunta, aínda é recoñecida como tal. Camiñamos polo carril bici ata a central térmica de ciclo combinado. Esta central comezou a súa actividade no 2008. Nútrese de gas natural que vén

Page 29: Revista Argalladas 2015/ 2016

dende Reganosa, Mugardos. Dende alí observamos a maquinaria usada para a extracción de carbón na antiga mina. Seguimos ata a central térmica polo mesmo camiño, esta é capaz de producir enerxía para unha cidade como Barcelona, en total o 5% da enerxía producida en España. Continuamos o noso camiño ata a vila, o casco vello da cidade, na que destacan a igrexa de Santa María, o cemiterio vello e a Ponte Medieval. Percorremos o casco urbano ata o Poboado das veigas, unha das primeiras cidades xardín de España e incluso de Europa, asemellándose moito ás Company- towns inglesas, ás Abertensiedlungen alemás ou ás Cités Ouvriéres en Francia. Este foi construído por ENCASO entre os anos 1946 e 1962 e conta con 230 vivendas con capacidade para un total de 1.500 habitantes a cal servía de aloxamento para os traballadores da empresa. As vivendas estaban situadas e construídas dun modo xerárquico de vivendas ordenadas segundo a importancia laboral. Rematamos dicindo que hai dúas rutas ou itinerarios que podedes facer. O Itinerario 1 – que foi o noso- é unha ruta circular curta, sinxela na que se mestura paisaxe industrial e urbano. O itinerario 2 é a ruta longa, na que se combina paisaxe urbano, industrial e natureza.

Xan, Xavi, Vicente e Santi, 2ºESODO CEBREIRO A TRIACASTELA Este curso o noso profesor Soto levounos a percorrer outro tramo do Camiño de Santiago. O percorrido comprendía as seguintes localidades xeográficas: Cebreiro – Triacastela, cun total de 20.5 km.Un autobús trasladounos ata o primeiro lugar mencionado, xunto cos compañeiros e compañeiras de 4ºESO do IES Monte Caxado, mentres que un segundo autobús dirixíase ao mesmo punto cos restantes cursos da ESO do noso propio centro, o IES Castro da Uz.Unha vez descendemos do bus iniciamos a marcha cara a Triacastela. Estaba previsto percorrer os primeiros 12 km previamente ao xantar, aínda que ao alcanzar – aproximadamente- o noveno quilómetro, e despois de ascender unha gran costa cunha elevada pendente, descansamos lixeiramente para repoñer forzas.Santiago, o noso profe de bioloxía, aproveitou para compartir e contrastar coñecementos relacionados coa flora do lugar, e algún dato extraoficial da cardioloxía humana. No medio do camiño tivemos algún incidente, xa que unha gran parte do grupo quedou atrás porque se nos cruzaron unhas vacas e tivemos que deixalas pasar.Ao rematar os restantes 3km xantamos durante aproximadamente media hora en Fonfria e retomamos a marcha. Faltaban sobre 9 -9.5 km para finalizar, e, a pesar de que a segunda metade da camiñada nos resultou máis ardua, debido en gran parte ás continuas, incesantes e duras costas abaixo, colmamos o noso obxectivo principal: finalizar o camiño sen maiores atrancos que algunhas queimaduras e maniotas.

Como peregrinos Descansando da subida InformándonosOS ALUMNOS DO IES CASTRO DA UZ ASISTIMOS Á FRANCOFONÍAO pasado 10 de maio os alumnos de todos os cursos da ESO do IES Castro da Uz asistimos ao festival da Francofonía que se celebrou na nosa vila. Ata aquí desprazáronse alumnos de todos os cursos e de nove centros máis: un da nosa vila e oito doutros lugares de Galicia: O Porriño, Vilanova de Arousa, Neda, Bueu…Os alumnos doutros centros chegaban o luns pola tarde e nós (coma bos anfitrións que somos) fomos recibilos ao parque da vila. Aínda que ao principio tiñamos un pouco de vergoña, conseguimos superala e presentarnos aos demais rapaces, que resultaron ser moi simpáticos. Ensinámoslles algúns recunchos das Pontes e algún dos nosos lugares favoritos para que fosen cear e coller forzas para a noite que nos agardaba.Unha vez que todos rematamos de cear reunímonos no polideportivo municipal para seguir coñecendo xente e “durmir” alí (aínda que non durmimos nada, como era de esperar). Estabamos pasándoo moi ben, ata que a policía nos veu chamar a atención, xa que os veciños non lograban durmir polo ruído que faciamos. As profesoras intentaron que nos metésemos nos sacos de durmir e gardásemos silencio, pero é imposible que tanta xente estea en silencio á vez, e entre uns que berraban e outros que aplaudían só conseguiron conciliar o sono aqueles máis durmiñóns.

Marcelo Blanco, 4ºESO

Marcelo Blanco, 4ºESO

Page 30: Revista Argalladas 2015/ 2016

Á mañá seguinte espertamos moi cedo, polo que tivemos tempo de sobra para vestirnos, recoller e limpar todo o que mancharamos. En canto rematamos fomos almorzar a un bar próximo e coller forzas para dar o mellor de nós no festival. Cando todo o mundo almorzara desprazámonos ata o lago en autobús, moi nerviosos pola tarefa que nos agardaba.O festival comezou, pero tivemos un inconveniente, xa que moitos dos nosos compañeiros se comezaron a atopar mal. Algúns decidiron marchar, mentres que os máis valentes conseguiron recuperarse coa axuda dos coidados de Chelo. Os primeiros en actuar fomos os alumnos de 4º da ESO, que o fixemos de marabilla, a pesar do mal son que tiñan instalado. Pouco a pouco foron pasando as actuacións e chegou a quenda de 3º e 2º da ESO, as cales nos encantaron e nos fixeron gozar moito, e cremos que a nosa profe Mª José tamén.

4ºESO 3ºESO 2ºESO

Todos saímos do lago un pouco decepcionados, non pola nosa actuación, senón pola desorganización coa que se preparara o evento, xa que os alumnos que remataran de cantar marchaban deixando os seus compañeiros sós sobre o escenario. En canto rematou o festival fomos comer á fraga cos rapaces dos demais institutos, pero todo o mundo estaba “á súa bóla” e cando os últimos

chegabamos ao lugar xa os primeiros remataran de xantar. A maioría dos alumnos das Pontes xa marcharan para á casa e outros moitos fixémolo despois de comer, tras despedirnos dos nosos novos amigos. En resumo, foi unha experiencia “agridulce”. Cremos que hai moitas cousas que mellorar na organización, pero estamos moi felices porque fixemos moitos amigos e gozamos ensaiando e cantando as nosas cancións en francés coa nosa profe, Mª José.

Alba Requeijo Cendán, 4ºESOFALAMOS CON ICÍA, A NOSA PROFE DE MATEMÁTICAS

Bos días, Icía! Ti es unha das profesoras de matemáticas do IES Castro da Uz, levas varios anos traballando aquí e por iso queriamos facerche esta entrevista, para coñecerte mellor. -Paréceche ben se comezamos?-Comenzamos.-Acabamos de dicir que levas aquí varios anos, cantos anos para ser exactos levas no noso centro? -Este é o meu cuarto ano no voso centro, no noso centro. - Gustaríache cambiar de instituto ou seguir dando clase aquí?-Gustaríame seguir dando clase aquí se estivera máis cerca da miña casa. Pero… se podo acercarme un pouquiño máis no me importaría tampouco.-Por que decidiches estudar matemáticas?-Bueno dende… aproximadamente segundo de BUP tiña claro xa que quería estudar matemáticas. Porque me gustaba dar clase, me gustaba ensinar, aínda que tamén contemplaba outras opción como, por exemplo, arquitectura, enxeñería de camiños … Pero o de ser funcionaria sempre me tirou.-Gustouche a universidade onde estudaches? -Si, gustoume. Era un pouco estilo fábrica, aínda que agora millorou, pero si, estiven a gusto na facultade.

Page 31: Revista Argalladas 2015/ 2016

-E por que elixiches ese lugar?-Era o único sitio de Galicia no que existía a posibilidade de estudar Matemáticas- Sabemos que moitas veces é moi difícil escoller o que queres ser de maior, ti en que te inspiraches para decidir ser profesora?-Bueno, miña madriña era mestra e miña nai sempre quixo selo aínda que non tivo a posibilidade de estudar. Sempre me dixeron que era unha boa opción, había moitas vacacións … e gústame ensinar os demais o que eu sei, e poder contribuír a que eles aprendan , non sei… ser parte do aprendizaxe dunha persoa , da evolución. Eso, eso principalmente.-As nosas familias poden ser un pouco críticas á hora de dicirlles a que nos queremos dedicar, sobre todo gustaríanos saber que che dixo a túa cando lle comentaches que ías estudar matemáticas.-A verdade é que me apoiaban nas miñas decisións, sempre me dixeron que elexira o que me gustara. E o que si que me dicían é que elexira o que elexira intentara ser a mellor, e fíxenlles caso, aínda que non foi así, pero bueno…-Recentemente saíu a LOMCE, como xa saberás. Que opinas desta lei? -Non me gusta, xa directamente. Non me gustan as revalidas, non me gustan os cambios que fixeron… e non quero decir que a anterior fora boa, sempre hai algo que mellorar, pero dende logo a mellora, o cambio que se fixo, para min, non foi a mellor opción. Puxéronvos máis trabas para continuar estudando, e creo que o que deberiamos de conseguir, a nivel país, era un gran pacto educativo entre as forzas políticas para non ir cambiando continuamente en cada lexislatura de lei… e non sei se algún día poderá ser factible, pero dende logo é o que me gustaría.

Agora que sabemos un pouquiño máis do teu traballo, gustaríanos achegarnos a ti a través dunhas preguntas:-Que estudarías se non puideras estudar matemáticas?-Arquitectura ou enxeñería de camiños.-Todos temos algo que nos gusta facer no noso tempo libre para desconectar, aprender cousas novas... Tes algunha afección? E algo que che gustaría aprender?-Si, gustaríame aprender música. Xa empecei coa guitarra pero deixeino, porque son pouco constante. Me gusta moito a pintura e... eran afeccións? Encántame ler, gústame pasear, ir de viaxe, ir á praia, bueno… o que lle gusta a todo o mundo…-É moi importante para a vida o que estudes, e gustaríanos saber que che gustaría que estudaran os teus fillos? -O meu fillo maior quere estudar matemáticas, e o pequeno creo que quere ser pintor, ou algo así.

-Para rematar, xa sabemos que che gusta moito darnos clase, pero o día que te xubiles, tes algunha idea do que queres facer? -Descansar.

-Que serías se foses un: -Libro, que libro serías?-Unha novela negra, que me encanta.-Unha canción?-Esto xa é máis comprometido… La cosa más bella de Eros Ramazzotti.- Unha película?-Unha película … Una mente maravillosa.-Unha cor?-Vermella.E se puideses pedir un desexo, cal pedirías?-A paz.Xa acabamos coa entrevista. Moitísimas grazas polo teu tempo e pola túa colaboración, Icía!-De nada, un saúdo a Radio Ras!

Page 32: Revista Argalladas 2015/ 2016

Sara, Andrea B. Lidia, 3ºESO

ENTREVISTA A LUCÍA RAMUDO, GAÑADORA DE “PEQUENOS XIGANTES”

Temos aquí a nosa compañeira Lucía, que gañou o programa da Televisión Galega “Pequenos Fenómenos” e ademais cantou na nosa vila varias veces. Bos días Lucía, imos comezar coa entrevista, paréceche?-Sí.-Cal foi a túa inspiración para comezar a cantar?-Pois que me gustaba moito, e así empecei.-Gustaríache dedicarte á música ou só a ves coma unha afección?-Gustaríame, si.-Sabemos que cantaches máis veces en público na nosa vila. Cal foi a experiencia que che gustou máis?-Mmm, gustáronme todas a verdade.-Ao cantar en público sempre se sente moita vergoña, conseguiches superala ao longo do programa e das túas actuacións?-Aínda teño unha pouca.-Gustouche a experiencia en Pequenos Fenómenos?-Si, gustoume moito.-Cando soubeches do concurso e por que decidiches apuntarte?-A min chamáronme, por se quería ir, e eu dixen que si.-As cancións que cantaches no programa elixíchelas ti? -Si, elixinas eu.-Por que fixeches esa elección?-Porque me gustaban moito e sentíame cómoda con elas.-Por que sendo Abraham Mateo o teu ídolo, non cantaches algunha das súas cancións? -Porque son moi difíciles.-Que che pareceu o presentador?-Moi bo.-Imaxinábaste así a televisión?-Non, pensaba que ía ser un pouco máis grande.E por último sobre este tema, con quen che gustaría facer un dúo?-Mmm, dáme igual.Agora cambiamos o contido das preguntas. Este é o teu primeiro ano no noso instituto, que che parece? -Gústame moito.Que é o que máis che gusta? -Ximnasia.E o que menos?-Matemáticas.Para rematar imos facerche unhas preguntas que deberás responder brevemente:-Se foses un libro cal serías?-Mmm, non sei, gústanme moitos.-E unha película?-Titánic.

-Unha canción?-La Gozadera.-Un instrumento?-Unha guitarra.-Un deporte?-Ximnasia rítmica.-Un olor?-O olor dunha rosa.Aquí remata a entrevista, Lucía. Esperamos que che gustara e que sigas deleitándonos coa túa fermosa voz. Moitas grazas e ata a próxima! -Chao! Andrea Montero e Sara Cerezuela, 3ºESO

Page 33: Revista Argalladas 2015/ 2016

ENTREVISTA Á DRA. CASTRO

Bos días Dra. Castro! Somos estudantes do IES Castro da Uz. Xa sabemos dos longos anos de experiencia traballando de médico e estamos informados de que desempeña o seu labor no PAC de Vilalba, e tamén que está estudando un máster ECE en Barcelona. Imos comezar a entrevista.- Que a levou a estudar medicina?-Pois non tiña moi claro o que quería estudar. Eu quería facer algo de laboratorio, en principio ía estudar farmacia, pero finalmente dixéronme que era mellor estudar medicina e non me arrepinto desa decisión.- Resúltalle difícil compaxinar os estudos co traballo e coa vida persoal? Como o consegue?-Teño un horario que me permite facer isto. Teño un horario moi bo e teño moita axuda por parte da miña familia. Consígoo grazas ao apoio da familia, das avoas que quedan cos cativos pequenos cando teño que ir a Barcelona, cando teño garda e ao meu marido se non, non podería facer isto.- Pódenos explicar o seu horario laboral?-Eu agora mesmo estou nun PAC en Vilalba que é un punto de atención continuada e teño unha garda cada catro días. As gardas son cada dezasete horas. Entro ás tres da tarde ata as oito da mañá do día seguinte, cando é por semana. Cando son domingos e festivos son de vinte e catro horas, de oito da mañá ata as oito da mañá do día seguinte e se non teño garda descanso.- Por que decidiches estudar un máster?-Porque me gustan moitísimo as emerxencias e é unha forma de prepararme, de manterme activa e coñecer outras formas de traballar. É moi enriquecedor.- Que lle pasou ao enfermo máis grave que tivo que atender?-Pois así que me lembre agora, os máis graves foron as paradas cardíacas que tiven que atender e ter que facer reanimaciónDeixamos atrás o traballo e pasaremos aos temas persoais.-Practica algún deporte? Cal?-Pois si, normalmente vou correr. É o que máis me gusta. Sérveme sobre todo para desestresarme do traballo e dos cativos.- De que equipo é? Por que?Do Barça de toda a vida - De pequena que lle gustaría ser de maior?- De pequena tiven moito tempo a idea de que quería ser policía.- Se tivese fillos que querería que foran de maior?-Gustaríame que estudasen o que lles fixera felices, o que si non me gustaría é que fosen nin cura nin político.Xa para ir rematando imos coas últimas preguntas. -Se fose un libro, cal sería?- La casa de los espiritusE se foses unha película cal serías?-Billie Eliot- Que lle pareceu a entrevista?-Moi ben, moi acolledora. Grazas por vir.Con esta pregunta rematamos a entrevista. Moitas grazas por regalarnos o seu tempo.

Pablo, Andrés, Antonio e Iago, 3ºESO

ENTREVISTA A ALBERTO LOZANO PETEIRA, ENXEÑEIRO DE TELECOMUNICACIÓNS

Boas tardes Alberto,! Somos alumnas do IES Castro da Uz e queremos facerche una entrevista sobre o teu traballo.-Estudaches algunha carreira ? onde ? Cal foi a materia na que máis aprendiches ?-Si, estudei periodismo en Madrid. A materia coa que máis aprendín foi “ divulgación da información científica e tecnoloxía” no meu cuarto ano de carreira, pero a que máis me gustou e na que me sentín máis cómodo estudando foi periodismo de sociedade e cultura.

Page 34: Revista Argalladas 2015/ 2016

-Que te motivou para chegar a elixir esta profesión ?-De pequeno sempre fun un neno ao que lle encantaba ler o xornal, escoitar a radio e, como non, ver a televisión. Cando meu pai ía pola mañá comprar o xornal eu sempre ía con el , e, nada máis o mercabamos, eu era o primeiro en lelo, encantábame. Pasaban os anos e cada vez ía tendo máis interese polo periodismo, ata que decidín estudalo, aínda que agora, a parte de traballar no xornal, estea na radio .-Sabemos que escribes no xornal e algunhas veces tamén vas á radio. Que medio prefires? Por que?Prefiro o xornal debido a que nel pódome expresar mellor e podo escribir o que penso, aínda que a radio tamén me gusta. -De todas as noticias que deches, cal foi a que máis te sorprendeu ?-Das noticias que levo, tanto na radio coma no xornal, a que máis me impactou e que me deixou marca foi o 11M. Acórdome que tiñamos todo preparado para comezar, cando nos chega a noticia de que houbera unha forte explosión na estación de Atocha, . Xustamente na hora punta da mañá, cando a xente ía traballar e ás universidades. Puxeran unhas mochilas bomba en diversos trens que causaron milleiros de mortes e feridos. Foi un ataque dos máis grandes en Europa por aqueles tempos. Esta noticia afectoume, xa que eses trens foron o meu medio de transporte diario e aínda hoxe imaxino que me puido coller no medio.-A que idade comezaches a traballar? Como foi o teu primeiro día?-Comecei aos 24 anos. O primeiro día ía moi nervioso e con medo a cometer erros, porque non coñecía moi ben ao que me enfrontaba.-Pensaches algún día en abandonar o teu oficio para dedicarte a algo distinto? Cal sería o motivo principal?-Nunca, porque sempre foi a miña ilusión e soñei desde moi xoven con este traballo. Cada día gústame máis, porque todos os días son distintos e aprendo moito coa xente coa que me relaciono.-Cambiando de tema … Tes algunha afección? O teu traballo déixache tempo para realizala?Afeccións teño moitas, pero gústame moito correr e xogar ao fútbol. Moito tempo non teño, pero sempre intento buscalo para practicalas, porque creo que unha persoa sempre ten que ter tempo para facer cousas que lle gustan e desconectarse un pouco do traballo.Moitas grazas por facernos un sitio e prestarnos un pouco do teu tempo , xa que sabemos que andas moi apurado.

Andrea Montero, Leticia Alonso, Silvia Balseiro, 3ºESO

Para ir rematando con este tema, Diego e Alberte ( 4ºESO) imos resumirvos outras das entrevista realizadas ao longo deste curso. Lembrámosvos que podedes escoitalas ao completo neste enderezo: http://argalladas.blogspot.com.es/2016/03/entrevistas-en-radio-ras.html.

ENTREVISTA A Mª JOSÉ, PROFESORA DE FRANCÉS

Os compañeiros e compañeiras de 1ºESO falaron con Mª José, profesora de francés de noso centro. Para comezar comentou que de pequena era moi estudosa, pero á vez mandona. Naceu en Francia e ten un irmán e unha irmá. Escolleu estudar francés porque sempre lle interesou e, ao vivir en Francia, foi unha fácil elección. De todas formas, se non escollese francés dixo que elixiría historia xa que era unha materia que tamén lle gustaba moito. Comentounos que leva 4 anos traballando aquí e que lle gusta moito pola tranquilidade que hai nas clases. Por último respondeu á pregunta sobre o curso no que prefire para dar clase, e recoñeceu que os de 4ºESO eran moi traballadores e era fácil dar clase e traballar con eles.

ENTREVISTA A MIGUEL ALVARIÑO, O MELLOR DEPORTISTA EN TIRO CON ARCO

Os nosos compañeiros Daniel e Felipe ( 3ºESO) entrevistaron o campión do mundo de tiro con arco. Miguel naceu nunha vila preto das Pontes e estudou neste centro, aínda que non rematou os seus estudos aquí. Contounos como empezou a practicar este deporte e como foi mellorando e

Page 35: Revista Argalladas 2015/ 2016

avanzando na súa carreira profesional. Practicaba tiro con arco como un hobby e acabou sendo un deporte esencial para el.Preguntámoslle se é difícil compaxinar os estudos co adestramento e os campionatos; se os premios que está recibindo cambiaron a súa vida... e desexámoslle moita sorte para os Xogos de Río, ao que el nos respondeu que aínda non estaba todo decidido, xa que había moito camiño por andar. Como nós sabemos que vai estar alí, despedímonos desexándolle moita sorte ao campión pontés.

ENTREVISTA A HELENA VILLAR JANEIRO E XESÚS RÁBADE PAREDES

Aínda que a visita destes dous escritores colleunos por sorpresa, Alba Requeijo e Andrea Montero realizáronlle unha entrevista despois de pasear con eles pola Alameda Literaria das Árbores celtas. Non podía ser menos, logo de ler as palabras que nos enviara Helena por correo electrónico: Prezadas amigas e amigos: O próximo venres estarei nas Pontes convidada para participar nun recital de poesía do Grupo Poético Alalá. Teño vellos lazos de cariño con esa vila e agora unha razón marabillosa para volver: visitar a miña abraira e o IES ao que non puiden acudir no seu día por razóns de saúde da miña filla felizmente superadas.

De ser posible, gustaríame saudarvos e facer entrega dun pequeno agasallo de libros para que queden na vosa biblioteca. Agradeceríavos que me comuniquedes a vosa disponibilidade e a hora á que vos cumpriría ese pequeno encontro.

Ao longo da entrevista falárannos da paisaxe, das plantas, das árbores, da poesía e do compromiso dos poetas, da sociedade, da liberdade e da hipocrisía da sociedade actual, xa que nos contou que ese mesmo día un xornal censurara un artigo seu. Helena e Xesús animáronnos a seguir traballando como ata agora, xa que dixeron que era un luxo manter unha conversa a este nivel con alumnos e alumnas da nosa idade. Rematamos a entrevista coma sempre: preguntas curtas, respostas breves. - Se foses un poema, cal serías? Helena respondeu que sería “Negra sombra”, de Rosalía. Xesús un poema lírico. - Se foses un libro, cal serías? Helena dixo que sería Follas Novas e Xesús Na noite estrelecida.- Se foses unha canción, cal serías? Helena dixo que sería “a misa de Requiem”, de Mozart e Xesús sería unha peza de Bach.- Se foses un instrumento? Helena sería un violonchelo e Xesús un piano. - Se foses un sentido? Helena elixiu o olfacto e Xesús o tacto. - Se foses un animal? Helena, reiseñor. Xesús, un paxaro. - Se foses unha paisaxe? Helena viviría nos Ancares e Xesús nun val. - Se foses unha palabra? Helena: eternidade. Xesús: cerdeira- Se foses un desexo? Helena: XUSTIZA SOCIAL. Xesús: CULTURA CRÍTICA. Logo de dedicarnos os seus libros, despedimos a nosa “abraira” e o noso “olmo” co desexo de volvernos ver pronto.

ESTIVEMOS CON JORGE MIRAO día 18 de marzo o licenciado e doutor en Física pola Universidade de Santiago Jorge Mira visitounos no noso centro para falarnos sobre o que vemos cando miramos ao ceo. Para comezar a falar deste tema fíxonos reflexionar cunha pequena pero complicada cuestión: “A que altura está o ceo?”A partir disto foi desenvolvendo a conferencia con temas relacionados coa física e astronomía. Tratou outros temas interesantes, como por exemplo o que podían chegar a causar os buratos negros ou como aparecera a denominación de Big Bang.

Page 36: Revista Argalladas 2015/ 2016

Contounos varias anécdotas, pero a que máis nos sorprendeu foi que estivo celebrando o aniversario de Stephen Hawking na casa deste, xunto con moitos outros físicos moi importantes da actualidade. Ao final da conferencia varios alumnos formuláronlle algunhas preguntas moi interesantes que el respondeu sen ningún tipo de problema. A pregunta que máis nos sorprendeu, e ao propio Jorge Mira tamén, foi unha que realizou un excompañeiro deste centro que non quixo perderse esta charla.Esta visita foi a que máis gustou no centro de todas as que tivemos, porque acercou temas comúns para nós e de gran interese científico.

Diego Orejas Lourés, Alberte Ledo Pita, 4ºESOA BIBLIOTECA DO IES CASTRO DA UZ ENTRA NUNHA NOVA ETAPA

Ao comezo deste curso decidimos que a biblioteca precisaba dunha renovación no seu funcionamento, para que todos nos puidésemos sentir cómodos alí e puidésemos estudar ou realizar calquera tipo de traballo. Tamén pensamos que había detalles que non a facían agradable, como as tristes caixas das persianas, e que mereciamos estar nun lugar máis alegre e confortable. Como nós somos como somos, dende comezos de curso puxémonos mans á obra para facer da biblioteca o noso lugar favorito do instituto.

Comezamos por facer un expurgo. Aínda que nos gustaría gardar todo, é imposible, así que decidimos retirar aqueles libros máis velliños e incorporar algúns novos á nosa colección. Como o espazo do que dispoñemos non é moito, mercamos unhas librarías que situamos no corredor próximo, nas que colocamos os anuarios e outro material que non era demasiado demandado por nós e así deixar máis espazo.

Antes Agora Nun momento do expurgo

Tamén quixemos deseñar un novo logotipo. Organizouse un concurso para a selección da nova imaxe que representaría á nosa biblioteca. Moitos dos alumnos do centro presentamos un debuxo feito por nós ao concurso e un xurado formado por algúns dos nosos profesores fixo unha preselección dos que máis lles gustaban. O que non sabiamos era que este xurado ía ser tan indeciso! O curso está case rematado e aínda non se decantaron por ningún logo, pero esperemos que para o curso que vén xa tomara unha decisión.

Cando se achegaba o Nadal os alumnos de 4º da ESO estabamos pensando xunto con Cristina, a profesora de plástica, unha maneira de decorar o instituto. Lembrámonos que na biblioteca e nas aulas había moitos libros de texto que estaban ocupando espazo e que xa

non servían e, despois de darlle moitas voltas, ocorréusenos unha forma de reciclalos e así fixemos con eles unha árbore de Nadal. Pensabamos que ía ser unha tarefa sinxela, colocar os libros un pouco ordenadiños e xa está, pero non. Ai, canto traballo nos deu!

Page 37: Revista Argalladas 2015/ 2016

Ao final, despois de moitas horas traballando, quedounos unha árbore preciosa e, o que é aínda mellor, a un prezo de cero euros.

Para mellorar o aspecto da biblioteca Mario, alumno de 4ºESO, e Cristina, de 2ºESO, pintaron o lateral da libraría da entrada coa palabra “biblioteca”. Aínda que o resultado non foi óptimo, xa que a técnica que utilizaron era un pouco complicada, agradecémoslles moito o seu traballo e esperamos que sigan colaborando de tan boa gana. Grazas rapaces! Tamén cubrimos as caixas das persianas cos mapas que nos enviaron dende o Plan Proxecta (que son preciosos) e seguimos reorganizando os libros da biblioteca, xa que son moitos os que tivemos que recolocar.

Organizando e colocando

Para manter a orde na biblioteca preparamos un horario de quendas de garda. En cada recreo dous de nós encargámonos de que na biblioteca reine a paz e a tranquilidade para que todos poidamos estudar, ler ou traballar sen nada, nin ninguén nos moleste. Ata agora todos os alumnos cumprimos a quenda sen ningún problema, esperemos que sigamos así!Tamén contamos coa colaboración do profesorado de informática que botou a andar todos os ordenadores e a impresora da biblioteca para que así poidamos realizar e finalizar os nosos traballos.

Agora a biblioteca é un lugar máis alegre, no que podemos pasar os recreos traballando sen ningún tipo de problema e ao que podemos acudir se precisamos a internet ou un libro. Aínda así, seguiremos traballando o próximo curso para seguir facendo da biblioteca un lugar mellor. Todos e todas estades convidados a pasar pola biblioteca e observar o noso traballo, estou segura de que vos encantará ese lugar! E se vos achegades no segundo recreo do luns ou no primeiro do venres poderedes compartir as lecturas que os clubs de lectura do centro realizamos.

Lembrarvos que dende este curso a nosa biblioteca ten o recoñecemento de “ Biblioteca solidaria”, xa que tod@s @s argalleir@s das letras comprometémonos a cumprir o contrato que asinamos para axudar en todas as tarefas e na súa dinamización. ( Con Elena de “xefa” foi moi doado.)E como somos solidarios con todo e con todos e todas, non esquezades que a natureza é algo que nos move, de aí que a Alameda Literaria estea tan ben coidadiña.

Alba Requeijo Cendán, 4º ESO

Page 38: Revista Argalladas 2015/ 2016

A ALAMEDA LITERARIA DAS ÁRBORES CELTAS SEGUE MEDRANDO

Tras a inauguración da Alameda no curso pasado, @s Argalleir@s das letras non pararamos o traballo e quixemos continualo realizando distintas actividades para promovela e seguir dándoa a coñecer. O noso primeiro obxectivo foi compartir este espazo con todos e todas, polo que tocaba comezar. Dende o instituto escribímoslles aos responsables da ONCE –da delegación da Coruña- para pedirlles a súa axuda neste proxecto, xa que necesitabamos que transcribisen a Braille os textos que se atopan nas táboas de cada árbore, para que así as persoas cegas poidan tamén acceder a esta información. A súa resposta non se fixo esperar e o seu traballo, aínda menos, xa que pouco despois enviáronnos ao centro un libriño con toda a información en Braille e indicáronnos o xeito de realizar as placas identificadoras para colocalas nas táboas.

Unha mostra do libro que tedes á vosa disposición na biblioteca e argalleir@s agradecendo a colaboración á ONCE.

Tras recibir a transcrición, comezamos a pedir presupostos para coñecer o custe que supoñía colocar as placas e a pensar en como colocalas ao lado de cada árbore. Asemade seguiamos traballando, xa que conseguir uns códigos QR, para que os visitantes, a través do móbil, puidesen acceder ás voces e música que acompañou a cada árbore o día da inauguración, era o noso segundo obxectivo. Ese día tan especial, ben merecía o esforzo.Nas fotos vedes os códigos QR e as placas en metacrilato coa información popular e científica das 21 árbores celtas da nosa alameda agardando que mellore o tempo para colocalos.

Unha vez que todo estea rematado teremos que comprobar se a accesibilidade é a adecuada para as persoas cegas, por iso, e para agradecerlles a súa colaboración, contamos convidar a representantes da ONCE das diferentes provincias galegas e a outros máis.

Todo ía como pensabamos e agora tocaba comezar o noso seguinte obxectivo: realizar a antoloxía literaria de poemas galegos nos que as 21 árbores celtas tivesen presenza. Comezamos no tempo destinado aos clubs de lectura, pero este non chegaba a nada, así que houbo que ler e ler e ler. Foi un traballo moi duro, xa que moitas árbores, como o tileiro, a sorbeira, a faia... non eran fáciles de atopar. A faia non é que se nos resistise só literariamente, xa que tamén o fai bioloxicamente. Xa sabedes que este curso tivemos que plantala por quinta vez. Como estamos acostumados a facer fronte ás adversidades, pensamos: se non atopamos poemas, compoñémolos nós. E así foi. Se a faia se resiste a prender, volvémola plantar por quinta vez.

Page 39: Revista Argalladas 2015/ 2016

E así foi: lecturas, selección, composición de poemas e haikus para non deixar algunhas árbores sen representación literaria tivo como resultado a Antoloxía poética das árbores celtas, que xa podedes ler se vos achegades á biblioteca do centro. E faia plantada por quinta e última vez, xa que as ganas que puxeron os nosos compañeiros e compañeiras de 2º e 4ºESO e a nosa profe Elena ( por ser novatos neste traballo), xunto coas recomendacións de profes como Santiago, Suso e Chelo farán que, desta vez, a faia medre forte e sa.

Facendo o buraco con tempo Orgullosos do traballo realizado.

No medio do camiño, tivemos unha visita moi especial, Helena Villar Janeiro, a nosa abeleira, e o seu home Xesús Rábade ( olmo), xa que, como non puideran vir á inauguración da Alameda, decidiron pasarse polo centro para ver as súas árbores e coñecer o noso traballo. Concedéronnos unha entrevista na que nos contaron a súa relación coas árbores e outras moitas cousas que podedes escoitar no blog dos Argalleiros e argalleiras das letras. Durante esta visita, Helena soubo da nosa impotencia á hora de atopar poemas de certas árbores e quixo axudarnos. Comprometeuse a cedernos uns poemas seus para que os incluísemos na nosa antoloxía. Así o fixo e nós agradecémosllo ao momento enviándolle un correo.

Coa súa abraira Xesús ao lado do olmo Nun momento da entrevista

A pesar de que nosoutras non estamos matriculadas xa neste centro, seguimos participando nos clubs de lectura e traballando como dúas argalleiras máis. Estamos contentas vendo como os nosos compañeiros continúan o traballo que nós fixemos o ano pasado, que foi unha continuación tamén do que ao longo dos anos outr@s argalleir@s comezaran e continuaran. Só así se pode conseguir o que nós conseguimos. Para o curso que vén a Alameda Literaria das árbores celtas seguirá medrando grazas aos coidados d@s argalleir@s das letras, que estarán dispostos a comezar novos proxectos e continuar cos xa iniciados.

Celia Castro e Carlota Candelas, Argalleiras das letras

ANTOLOXÍA POÉTICA DAS ÁRBORES CELTAS

Un ano máis, @s argalleiros e argalleiras das letras, seguimos argallando. Desta vez tocou ler, aínda máis, xa que tiñamos como obxectivo atopar poemas galegos nos que aparecesen as vinte e unha árbore celtas da nosa Alameda Literaria. Non vos queremos contar a nosa desesperación ao ver que algunhas se resistían a aparecer... Nada mellor que deixarvos co

Page 40: Revista Argalladas 2015/ 2016

prólogo e así ides imaxinando como puidemos conseguir publicar o noso novo libro. Lembrámosvos que xa o podes consultar na biblioteca do centro.

INTRODUCIÓNQuerido lector e amigo:Tes entre as túas mans a última das nosas creacións, a Antoloxía Poética das Árbores Celtas, froito de moito traballo, esforzo e dedicación. Dende comezos de curso @s argalleir@s das letras sabiamos o que nos viña enriba, unha tarefa realmente complicada e relacionada co amor que temos cara á natureza e cara ás nosas árbores. O noso traballo consistiu en mergullarnos nos libros de poesía galega en busca de poemas nos que aparezan as nosas vinte e unha árbores celtas. Algunhas das árbores celtas, como o carballo, o piñeiro, o castiñeiro, aparecen en miles de poemas: dende a literatura medieval, pasando polo Rexurdimento e chegando á nosa literatura actual. Pola contra, a presenza doutras, coma a nogueira, o abeto, o pradairo é moi reducida. É por iso atoparás a antoloxía descompensada, desequilibrada, desigual. Así como hai árbores que aparecen nunha cantidade moi pequena de poemas, tamén as hai que non contan con ningún verso (ou polo menos nós non o atopamos), como é o caso do tileiro. Para solucionar estes problemiñas os argalleiros e argalleiras recorremos a iso que nunca nos abandona: a nosa imaxinación. Botando man desta ferramenta compuxemos algúns poemas nos que aparecen esas árbores, que non teñen tanta presenza na literatura galega como merecen. Como verás a Antoloxía Poética das Árbores Celtas está introducida por un poema especial, dedicado a ” case” todas ás árbores. Este poema pertence á nosa amiga Helena Villar Janeiro, que, ante a nosa desesperación, decidiu botarnos unha man e compartiu con nós o poema que abre o libro e achegounos outro do abeto, que era das árbores que nos estaban dando problemas. Moitas grazas, Abeleira!As ilustracións que atoparedes ao longo do libro pertencen a dúas das nosas creacións anteriores: O libro dos nomes e das árbores e O sono das árbores celtas. @s argalleir@s das letras que as debuxaron tamén merecen o noso agradecemento.Intentamos ordenar os poemas desta antoloxía por orde cronolóxica, aínda que cometemos excepcións. Decatarédesvos que os poemas de Manuel María introducen os demais, e xa imaxinaredes o motivo. Atopamos nas obras de Manuel María centos de poemas relacionados coas árbores, e xa que nos serviu de moita axuda na nosa tarefa, e que o día das Letras Galegas deste ano 2016 está dedicado a el, decidimos outorgarlle un protagonismo especial no noso libro.Esperemos que vos deleitedes nos poemas que tanto nos custou seleccionar e despedímonos lembrándovos que o noso traballo será continuado ao longo dos anos. Pregámosvos que se alguén de vós atopa algún poema das árbores que se nos resisten nolo acheguedes.

Unha aperta e feliz lectura!

Alba Requeijo Cendán, Argalleira das letras IES Castro

da UzAs Pontes,

maio de 2016

Grazas a Sabela e a Xoel (1ºESO)

polo traballo á hora de deseñar a portada, e a todos e a todas os argalleiros e argalleiras das letras.

MANUEL MARÍA, AUTOR HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO ANO 2016.

Page 41: Revista Argalladas 2015/ 2016

Se todos os anos traballamos para lembrar a obra e a persoa do autor ou autora elixido ou elixida para representar o Día das Letras Galegas, este curso non foi menos. Comezamos dende o inicio e así puidemos: poñerlles voz aos poemas de Os sonos na gaiola e Terra Chá; Mario Vérez tivo tempo para realizar este retrato do autor, o alumnado de 2ºESO puido argallar este pasapalabra e todo o alumnado traballou nas temáticas deste autor identificando poemas que as representaran. E, como non, relacionamos este autor coa nosa Antoloxía poética das árbores celtas, porque a natureza, a paisaxe, os animais... en fin, todo o que a conforma, están moi presentes en moitas das súas obras.

Para presentarvos a este autor nada mellor que empregar as súas palabras que deixou escritas na contraportada da súa obra, As rúas do vento ceibe – versos pra nenos-, alá polo ano 1988.

“ Nacín en Outeiro de Rei da Terra Chá o 6 de outono de 1929. Residín en Lugo e agora en Monforte de Lemos, dende hai máis de 30 anos. Mais vivín sempre en Outeiro de Rei e na Terra Chá. Teño publicados trinta e tantos libros de versos, algunhos volumes de narrativa e de teatro e moreas de artigos. Son un gran falador e un infatigable cansacamiños. A literatura infantil que teño escrita é un homenaxe ó neno que fun e que aínda son”.

Preguntarédesvos o motivo de elixir esta obra, non si? Pois o motivo foi que atopamos na biblioteca do centro un tesouro, xa que buscando descubrimos este libro dedicado por Manuel María cando nos viñera visitar hai moito tempo (aínda non nos chamabamos IES Castro da Uz).

Aquí vola deixamos:

Compartimos a cita por se a imaxe non ten a calidade que debera:

“Pró I.F.P das Pontes: As ruas do vento ceibe ( versos pra nenos)pra que as solten ao ar contaminado da vila a ver si o purifican.

Manuel MaríaMaio, 90.

Como xa comentamos, centrámonos na obra poética do autor para relacionala coa

Antoloxía poética das árbores celtas e, neste traballo, démonos conta que tratou moitas temáticas: paisaxista, intimista, reivindicativa ( coa lingua, co mundo, coa sociedade...), amorosa e que tamén tiña unha fonda preocupación relixiosa. Compartimos dous poemas para que coñezades un pouco máis a este autor: A falaO idioma é a chavecoa que abrimos o mundo:o salouco máis feble,o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,o coitelo da dor,o murmurio do vento,

a palabra de amor.

O idioma é o tempo,é a voz dos avóse ese breve ronselque deixaremos nós.

O idioma é un herdo,patrimonio do pobo,

Page 42: Revista Argalladas 2015/ 2016

maxicamente vello,eternamente novo.

O idioma é a patria,a esencia máis nosa,a creación comúnmeirande e poderosa.

O idioma é a forzaque nos xungue e sostén.¡Se perdemos a falanon seremos ninguén!

O idioma é o amor,o latexo, a verdade,a fonte da que agromaa máis forte irmandade.

Renunciar ao idiomaé ser mudo e morrer.¡Precisamos a linguase queremos vencer!As rúas do vento ceibe

Canción para cantar todos os días

Hai que defender o idioma como sexa:con rabia, con furor, a metrallazos.Hai que defender a fala en loita rexacon tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleós, intransixentescos que teñen vocación de señoritos,cos porcos desertores repelentes,cos cabras, cos castrós e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,cos que intentan borrar a nosa fala.Temos que loitar cos desleigadosque desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,unhas cantas galiñas desplumadas.Os nosos inimigos saben benque as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, povo comun,vencello que nos xungue e ten en pé,herencia secular de cada un,fogar no que arde acesa a nosa fe.

Hai que loitar, pois coa deserción,cos parvos ignorantes burras quentes.Hai que afirmar a fala con tesón,Defendela con uñas e con dentes.

Hai que darlle ao pobo a súa voz pura.Quen nos quer sen fala, quer matarnos.¡Hai que defender a fala con mao durapois precisamos da fala para salvarnos!Canciós do lusco ao fusco

E achegámosvos o poema que el lle dedicou a súa Terra CháA Terra Chá somentes é:un povo aquí, outro acolá,

mil arbres, monte raso,un ceo chumbo e tráxico

no que andan as aves a voar.O resto é soedá.

Page 43: Revista Argalladas 2015/ 2016

E a interpretación que Sabela ( 1ºESO) fixo del.

A Terra Chá

Un centenar de ríos e regatos percorren esta comarca. Grandes e macizos bidueiros, salgueiros, castiñeiros e piñeiros arrodean amplas lagoas, coma a de Cospeito e outras máis, onde habitan cantidade de animaliños, tanto miúdos coma grandes. Nestas lagoas descansan os parrulos que, cando chega o momento, alzan o vo e percorren o ceo empedrado xunto cos buxatos. Extensas parcelas dedicadas a que pazan as vacas para que estas produzan un apetitoso leite branquiño coma a neve e dun sabor que en ningún outro lugar atoparás.

Elvira, Sheila, Andrea R., Carla, Laura e Santiago ( 2ºESO) realizaron este xogo de “pasapalabra” para poñer a proba os vosos coñecementos sobre o autor:

Comeza polo A: Provincia galega na que morre o autor. Comeza por B: Peza de teatro con temática popular e reivindicativa. Comeza por C: Río que descorre pola vila na que traballou o poeta. Comeza polo D: Termo contrario a ruralización e que indica unha temática tratada polo autor en numerosas obras, como Terra Chá para amosar o seu amor por esta terra e evitar a súa despoboación. Comeza por E:Movemento poético de posguerra iniciado coa publicación da súa obra, Muiñeiro de brétemas. Comeza por F:Carreira que quixo estudar o autor, pero non puido porque o convenceron para que fixese Dereito. Contén o G: Árbore celta que protexe a este autor. Comeza por H: Planta de talo tenro á que lle dedicou tres poemas en Terra Chá. Contén o I: Deste río escribía Manuel María que “ é vello e é tristeiro”.Comeza por L: Esta era a profesión dos seus pais. Comeza por M:Título da obra poética que inicia unha escola poética na posguerra. Comeza por N:Apelido dun poeta amigo co que pasaba tempadas no Courel. Contén o Ñ: Apelido dunha poetisa amiga coa que pasaba tempadas no Courel. Contén o O: Lugar onde nace o poeta Manuel María.

Page 44: Revista Argalladas 2015/ 2016

Comeza por P: A esta construción situada en Gaioso dedicoulle un poema o poeta.Contén o Q: Apelido do escritor mindoniense co que participaba Manuel María nas conversas no Méndez Núñez. Contén o R: Publicación relacionada coas Irmandades da Fala e na que publicou o autor. Comeza por S: Adxectivo que identifica o tipo de socialrealimo cultivado polo poeta. Contén o T: Nome da dona do autor. Contén o U: Plataforma na que participou o poeta con motivo do desastre do afundimento do petroleiro Prestige. Contén o V: Poemario publicado en Bos Aires no ano 1954. Comeza polo X: Editorial que funda no ano 1952. Comeza polo Z:Calzado de madeira ao que lle dedica un poema en Terra Chá.

DESPEDÍMONOS con este poema de Compendio de orballos e incertezas

Proverbio da violenciaA violencia só agroma nas letrinas, dos pozos mourísimos do odio,dos cancros do resentimentoe mala leite.

A violenciadestrúe e asasina. Precisa semprexenreira, brutalidade e sanguepara estender os seus pasosterríbeis polo mundo, a súa cegaexistencia: pranto e morte.¿Quen saberá a sinrazón da violencia,nai da destrucción e da inxustiza?¿Por que estraño destino a palabraV-I-O-L-E-N-C-I-A, tan voraz, feroz e destructivase semella a violeta, viola e violín?

O ALUMNADO DE 2ºESO POÑEMOS A PROBA O TEU LÉXICO GALEGO.

Só tes que emparellar as palabras que aparecen en letra grosa nas dúas primeiras columnas cos sinónimos das outras dúas columnas. Ánimo que é doado.

Ledicia Esterco

Anel Feixe

AturuxoZuro

FaraónicoVestixio

SOLUCIÓNS: A: A Coruña B: Barriga Verde.C: Cabe. D: Desruralización E: Escola da Tebra. F: Filosofía e letras. G: Salgueiro H: Herba I: Miño L: labregos M: Muiñeiro de brétemas N: Novoneyra Ñ: Mariño O: Outeiro de Rei P: Penas de Rodas. Q:Cunqueiro R: A nosa terra S: satírico T: Saleta U: Nunca Máis V: Advento X: Xistral Z: Zocas.

Page 45: Revista Argalladas 2015/ 2016

FanancoEnxesarChoricarPrimordialResentimentoEstrarEsparexerRabuxaPropensoMatogueiraHispalenseCometerComenenciaCombaterEstouroInspirarHaberObservarOrdenadorTelevisiónCorInformeAbadeNoxoGraciosoBoServizalVastoOpulentoFagáceas DiatribaDiádocoMedorentoTráxicoDifícilDiálogoSabidoEmporiocinascoCigotoCavorcoCatolicónFulgorFuxitivoBicoDiáfanoPesadoMedoña

EsnogaduraCarpirPenlaFacaOrellánEspeluxarRapeteiroPetulanteBaleiroVentáAbouxarCartapacioÚlceraLunáticoLampoPrefacioRecantoPutativoChintófanoNocelloXugularTiaraElencoOllo de boiXornalLibroEstoxoPuchaPelotaCasaBuracoAgarimo

PrófugoResplandorÓsculoCupulíferas

FelicidadeChistosoCariñoDesguedellarseArgolaBarrancoFuradoVivendaCuitoColorBalónGorraRemedioBrazadaDiarioNovelaAgrúoEmbriónFundaRabeloMigallaVentáCartafolChismeDiademaSuntuosoCidadeFilípicaPegadaDegolarCatálogoPanascoEnxordecerNoeloEscaiolarCoñecidoFalsoNifrarFundamentalConversaRecunchoTransparenteRancorEstrumarLimiarLambidoComplicadoEspallar

TraballosoAluadoChagaBuxánXanelaRebinxeCatastróficoMámoaTendenteMatoLuxaciónIncorrerSevillanoMedrosoRabuñarPríncipeAltivoIntereseCullerNavallaLoitarRicoExtensoPeixe lúaMariñeiroEstalidoInhalarComputadoraÓptimoOcorrerBaixadoCuraDocumentoContemplarAscoTelevisor

O ALUMNADO DE 1ºESO POÑEMOS A PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE A ORIXE DO LÉXICO GALEGO:

Completa o seguinte xogo achegando as respostas ás definicións. Dámosche outra pista: son palabras que pertencen ao superestrato.

1.- Substancia alimenticia soluble de sabor doce que se extrae da remolacha, da cana doutras plantas.

Page 46: Revista Argalladas 2015/ 2016

2.- Praia de Vigo que se caracteriza por ter moita xente visitándoa.

3.- Nome propio xermano de tres sílabas.

4.- Berro forte que expresa xeralmente dor ou medo.

5.- Alimento de cor laranxa.

E agora trata de completar este xogo empregando palabras pertencentes ao substrato da lingua galega.

1.-Froito da amorodeira.De cor encarnada formado pola agrupación de grans pequenos.2.-Parroquia do concello de Fene.3.-Relativo ou pertencente a Galicia, aos seus habitantes ou a súa lingua.4.-Conxunto de cousas colocadas desordenadamente.5.-Cavidade ou abertura feita en calquera superficie.6.-Chaquetón de moito abrigo feito de coiro ou tea grosa.

Sara, Xoel, Javier, Jessica, Aldara, Antía, Lucía, Sabela e David

deixámosvos coas respostas:

1 : Substancia alimenticia solubre de sabor doce que se extrae da remolacha, da cana doutras plantas.2 : Praia de Vigo que se caracteriza por ter moita xente visitándoa. 3 : Nome propio xermano de tres sílabas.4: Berro forte que expresa xeneralmente dor ou medo.5.- Alimento de cor laranxa.

Page 47: Revista Argalladas 2015/ 2016

RESOLVE O ENCRUCILLADO DE XAN, XAVI, ADELA E SOFÍA (2ºESO)1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

Horizontal:1. Planta herbácea rubideira da familia das cannabáceas, con follas lobuladas e dentadas e flores amareladas ordenadas en espiga. Orificio situado na parte final do recto.2. 6ºP do IP do verbo anestesiar.3. Que non ten as calidades que debería ter, que non é de boa calidade (feminino). Sensación percibida polo oído ao recibir as ondas producidas pola vibración dun corpo e fenómeno físico que dá orixe a esta sensación. Cinco en números romanos4. Prefixo que expresa unha cantidade de dous. Deus exipcio que representa o Sol. 3ªP do IPr do verbo subir.5. Un en números romanos. Terceira vogal. Oso sen consoante. Acción e efecto de arar.6. 3ªP do IPr do verbo dourar. Animal anfibio da orde dos anuros do que existen varias especies. Primeira vogal.7. Artigo definido, feminino, singular. Novena letra do alfabeto grego. Figura sen vogais.8. Sistema rudimentario de signos da notación musical. Ao revés, exclamación que se emprega para saudar. 9. Satélite da Terra. Xefe en inglés. Décimo

novena letra do alfabeto.10. Abreviatura de ibídem. 2ªP do IPr do verbo ir. Camiño dentro dunha poboación.Vertical:1. Participio feminino do verbo lamber. Símbolo do litio.2. Nome propio. Artigo determinado, masculino, singular. Establecemento público propio dos países anglosaxóns onde se serven bebidas alcohólicas.3. Membrana externa que cobre o corpo do home, dos animais vertebrados e moitos invertebrados. Nome propio típico do norte.4. Verbo da primeira conxugación que empeza por “U”. Planta da familia das liliáceas, de follas carnosas con espiñas nos bordos ( sen consoante). Terceira letra do abecedario pola cola.5. Lata sen vogais. Contracción da preposición e o artigo masculino singular. Instrumento musical de vento metal.6. 2ªP do IPr do verbo oír.4ªP do IPr do verbo orar.7. Siglas para pedir axuda. Primeira vogal. Pronome persoal átono de 6ªpersoa que funciona como CD. 8. Nome propio feminino que contén o nome “Noa”. Sexta letra do abecedario. Abreviatura de señor. 9. Adverbio de negación “castelanismo”. Peza de roupa interior feminina. Quinta vogal.10. 3ªP do IPr do verbo ouvear. Instrumento musical de arco, propio da idade media, con cordas lixeiramente dispostas en abano.

LOGO DO ESFORZO, Javi achégavos UNHA RECOMPENSA: - Por que os españois non entran na cociña?- - Porque unha vez que entraron había un recipiente que dicía sal.

- Por que os galegos sentan na última fila cando van ver unha película cómica? - - Porque o que ri último, ri mellor.- Vai un alemán conducindo por Londres e pon a radio, cando xusto emitían as novas, e

escoita:- - Atención, comunicáselles aos automobilistas que hai un tolo conducindo en sentido

contrario. Teñan coidado!E o alemán di: - Como que un? Milleiros!

-Porque se usan botas brancas na neve?-Para non deixar marca

-Cal é a diferenza entre unha árbore e un borracho?-Que a árbore comeza no chan e remata na copa, e o borracho comeza na copa e remata no chan. RIMA RIMANDO O TEMA FOMOS ASIMILANDOAtrevédevos a xogar coas rimas, ampliar o vocabulario e poñer a proba os vosos dotes creativos.

1

2

3

4

5 6

7

8

9

10

Page 48: Revista Argalladas 2015/ 2016

Con estas palabras esdrúxulas ( cínico, químico, físico, místico, rítmico, mítico, lírico, vírico e típico) elixidas entre todos e todas compuxemos en tempo récord este poema.

Un poema líricoescrito por un cínico,

que traballa de químico,porque non puido ser físico.El é un home moi pacíficoe amante de todo o típico,

que odia todo o míticoporque é un místico

e ten un problema víricopara poder escribir un poema rítmico.

E con ( realidade, verdade, piedade, falsidade, idade, bondade, maldade, calidade e necesidade) estoutro.

Na fermosa realidadetodo era verdade

e non había ningunha falsidade,e tampouco necesidade

de tanta maldade.As persoas con calidade

debuxan coa súa bondadenúmeros coa súa idade

para que o mal sempre teña piedade.

Achegámonos a tradición e inventamos estes refráns. En xuño vén o barullo.En agosto non facemos magosto.En decembro conxela o río Ebro.Antía

Se non pensas non tes recompensa.David

Marzo ventoso e abril chuviososacan a maio florido e fermoso. No que agosto madura, en setembro asegura.Sol de xaneiro, sempre anda detrás do salgueiro. Sara

En xaneiro todo é verdadeiro.Xuño brillante, ano abundante.En xaneiro xea moito e chegando a marzo calma un pouco.Lucía

Para agosto, calor e magosto.Polo mes de febreiro, amor no mundo enteiro.No mes de Nadal garda a calor para o verán.Aldara

En febreiro o amor será levadeiro.En xuño o cole rematarás, pero en setembro volverás.Jessica

ADIVIÑA AS NOSAS ADIVIÑAS

Laura O., Alicia, Icía, Aarón, Xoel e Uxía de 2ºESO A poñen a proba o teu enxeño:

1.- Ten catro patas, moitas cores,

varias razas e asusta ratos.

Un día de vento, mil estrelas no firmamento.En xaneiro bufanda, abrigo e sombreiro.Un día nubrado fan dous soleados.Sabela

No mes de xuño, máis frío que en xullo. No mes de abril é outono en Brasil.O primeiro de novembro, os defuntos lembro.No mes de agosto, por suposto que non hai magosto.Xoel

En marzo sácase o cuarzo.En xuño, mazás a puños.En xaneiro neve no Cebreiro. Javier

Page 49: Revista Argalladas 2015/ 2016

2.- Nesta estación moito nevará, botas e paraugas terás que usar para frío non pasar.

3.- Na escola pódelas atopar sobre elas escribirás e moitos exames farás.

4.- Son redonda, non aparezo na Lúa pero si no Sol. Quen son?

5.- Moitas cores pode ter, con el unha morea de cousas poderás facer, e se os usas ben lembrarás todo o que les.

6.- Na primavera nazo, fago máis bonitos os campos, ata podo axudar a namorar a uns cantos.

7.- Coa miña materia prima poderás facer carpintería

e mobles que durarán toda a vida.

8.- Pódela falar e con ela tamén saborear.

9.- Podo ser de tea, podo ser de madeira pero sexa do que sexa gardo todo o que metas.

10.- Se me atopas boa sorte terás, vermella e negra pódesme atopar e se non me cantas non poderei voar.

11.- Todo o ano me ansiarás, e cando chegue moi ben o pasarás, pero a túa felicidade pouco durará.

12.- Moito vas aprender e coñecer se o meu amigo es.

E Sabela, Antía e Javi de 1ºESO, tamén:

13.- Pode ser branco como a neve, rosa, amarelo, azul ou verde. Cólleo polo pau ou te mancharáse ao remataros dedos pegados terás.

14.- Con moitas etapas como os libros, con máis aventuras cás películas,e con menos paradas cós trens, que é?

15.- Son un número e non minto. Teño forma de cadeira,aínda que non teña que ser de madeira.

SOLUCIÓNS: 1. Gato. 2. Inverno. 3. Mesas. 4. A letra o. 5. Rotulador. 6. Flor. 7. Árbore. 8. Lingua. 9. Estoxo. 10. Xoaniña. 11. Verán. 12. Libro. 13. Algodón de azucre. 14.A vida. 15. O número catro.

Page 50: Revista Argalladas 2015/ 2016