21
As actividades económicas A ACTIVIDADE ECONÓMICA

As actividades económicas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As actividades económicas

As actividades económicasA ACTIVIDADE ECONÓMICA

Page 2: As actividades económicas

Repasamos conceptos

Page 3: As actividades económicas

ACTIVIDADE ECONÓMICA: é o conxunto de actuacións realizadas polos seres humanos para organizar a produción, a distribución e o consumo de bens.

BENS: produtos cos que os seres humanos satisfacemos as nosas necesidades.Poden ser mate- riais ( alimentos, manufacturas, …) ou inmateriais (educación, xustiza, sanidade, …)

Debemos ter en conta que as necesidades dos seres humanos poden considerarse ilimitadas, mentres que os recursos son limitados.

PRODUCIÓN: é o conxunto de bens proporcionado pola actividade económica. Para obter os bens utilízanse recursos naturais e recursos humanos.

Page 4: As actividades económicas

* RECURSOS NATURAIS: proceden do medio natural.Poden ser:

biolóxicos (vexetais e animais) minerais (metais, non metais e minerais preciosos) rochas industriais (granito, arxila, calcaria, mármore, …) combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas natural) e minerais enerxéticos (uranio) O aproveitamento destes recursos orixina actividades económicas básicas: agricultura, gande- ría, pesca, explotación forestal (= sector primario), minería, produción enerxética e produ- ción industrial (= sector secundario). * RECURSOS HUMANOS: formados por: - o traballo (man de obra, traballadores) - o capital (ou bens dispoñibles para producir: instalacións, maquinaria, diñeiro) - a tecnoloxía (conxunto de coñecementos e métodos utilizados para producir)

Page 5: As actividades económicas

DISTRIBUCIÓN: consiste no traslado da produción e na súa venda no mercado. mercado.As acti- vidades vinculadas a este concepto forman parte do sector terciario.

MERCADO: ten un dobre significado, xa que pode significar o conxunto formado polos produtores que ofrecen os seus bens e os consumidores que os demandan ou pode referirse ao lugar concreto onde se realizan as operacións de compravenda.

CONSUMO: é a adquisición ou uso dos bens producidos para satisfacer as necesidades humanas.

Lembremos que: - os recursos naturais son limitados. - as necesidades humanas son ilimitadas.

Page 6: As actividades económicas

As actividades económicas agrúpanse en tres grandes sectores ou conxuntos de actividades que presentan certos trazos comúns:

sector primario: comprende as actividades económicas dedicadas a obter recursos directamente da nature- za (agricultura, gandería, explotación forestal e pesca) sector secundario: comprende as actividades económicas que permiten a transformación de materias pri- mas noutros produtos que poidan satisfacer distintas necesidades (industria, construción, produción de enerxía e, dadas as súas dimensións, orientación e estrutura, tamén se in- clúe aquí a minería)

sector terciario (ou de servizos): inclúen as actividades que non producen bens materiais pero proporcionan servizos que satisfán as necesidades das persoas ou doutros sectores produtivos .Engloba un grupo de actividades moi heteroxéneas e inmateriais: sanidade, educación, xustiza, co- mercio, transporte, ocio e turismo, información e comunicación, administración, finanzas, cultura, atención social e/ou persoal, asesoramento, etc.

Dentro deste, e na análise das economías dos países máis desenvolvidos, algúns autores diferencian o chamado SECTOR TERCIARIO SUPERIOR ou SECTOR ECONÓMICO CUATER- NARIO que estaría constituído polo conxunto de servizos caracterizados pola alta cualifica- ción dos profesionais que os levan a cabo: investigación, alta administracción e finanzas, etc.

Page 7: As actividades económicas

PRODUCIÓN: cando se fala de produción nun deteminado sector da actividade, xeralmente refí- rese ao valor absoluto dos bens ou servizos producidos.

PRODUTIVIDADE: é unha medida que relaciona un valor total cunha ou máis variables.Permite comparar situacións ou ámbitos territoriais diferentes, xa que independiza a avaliación dos valores absolutos, que non son comparables.

Page 8: As actividades económicas

PRODUTO INTERIOR BRUTO (PIB)

É o valor total dos bens e servizos producidos nun territorio durante un período de tempo (xeralmente un ano).Reflicte a riqueza ou renda xerada nese territorio.

PIB PER CÁPITA

Resulta da división do PIB dun territorio entre o número dos seus habitantes.É un valor máis eficaz, xa que permite comparar distintos ámbitos territoriais.

Se imos á páxina do INE (Instituto Nacional de Estatística) podemos achegarnos a valores actuais.

Interesa o seguinte apartado do mesmo porque nos presenta valores globais actualizados:

http://www.ine.es/ss/Satellite?L=0&c=INEPublicacion_C&cid=1259924856416&p=1254735110672&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout&param1=PYSDetalleGratuitas

Do informe filtramos a seguinte información:

Page 9: As actividades económicas

PRODUTO INTERIOR BRUTO (PIB)

11%

34%

9%

46%

Estrutura do PIB español en 1970

Agricultura e pescaIndustria e enerxíaConstruciónServizos

3%

16%

10%

72%

Estrutura do PIB español en 2010

Agricultura e pescaIndustria e enerxíaConstruciónServizos

Page 10: As actividades económicas

PRODUTO INTERIOR BRUTO (PIB)

Agricultura e pesca

Industria e en-erxía

Construción Servizos

% PIB 11 34 8.8 46.3

2.57.5

12.517.522.527.532.537.542.547.5

Estrutura do PIB español en 1970

% d

e va

lor

Agricultura e pesca

Industria e en-erxía

Construción Servizos

% do PIB 2.7 15.6 10.1 71.6

5

15

25

35

45

55

65

75

Estrutura do PIB español en 2010

Valo

r por

cent

ual

1970 20100

10

20

30

40

50

60

70

80

Agricultura e pescaIndustria e enerxíaConstruciónServizos

Page 11: As actividades económicas

VALORES DO PIB ESPAÑA

O valor total do PIB no ano 2013 foi:

(a variación -0,6% é con respecto ao ano 2012)

Os diferentes sectores participan do seguinte xeito:

Page 12: As actividades económicas

VALORES DO PIB ESPAÑA

O PIB per cápita desde 2008 a 2013 tivo os seguintes valores e evolución:

Page 13: As actividades económicas

VALORES DO PIB ESPAÑA

Por CC. AA. foi o seguinte: Levado a un mapa porcentual de coropletas:

Page 14: As actividades económicas

VALORES DO PIB ESPAÑA

Tamén se estuda e reflicte a porcentaxe de participación na xeración do mesmo de cada CC.AA. (en vermello rodeamos a porcentaxe coa que aprticipou Galicia: o 5,4% do total)

Page 15: As actividades económicas

VALORES DO PIB ESPAÑA

Que posición de PIB per cápita ten España na U.E.:no 2012, dánolo esta táboa.

Neste outro gráfico vemos a evolución do PIB de España e da UE dos 28 entre os anos 2005 e 2013:cando atopamos o peor momento da crise?

Page 16: As actividades económicas

MERCADO LABORAL

Dende o punto de vista do mercado laboral, debemos lembrar estes conceptos:

POBOACIÓN ACTIVA: está integrada polo conxunto de persoas que teñen traballo remunerado e subministran man de obra para a produción de bens (Poboación activa ocupada) ou aquelas ou-tras que non traballan pero se atopan dispoñibles para incorporarse ao proceso produtivo (Po-boación activa parada ou desocupada)

POBOACIÓN INACTIVA: a que non realiza un traballo remunerado nin está dispoñible para de-sempeñalo.Integrado por pensionistas, estudantes, rendistas, persoas adicadas ás labores do fo-ga, …

TAXA DE ACTIVIDADE: porcentaxe da poboación activa en relación co total de persoas en idade de traballar.

Taxa de actividade = Poboación activa x 100/ Poboación > 16 anos

TAXA DE PARO: porcentaxe de poboación activa desocupada respecto ao total da poboación acti- va. Taxa de paro = Poboación activa desocupada x 100/ Poboación activa

Page 17: As actividades económicas

MERCADO LABORAL

Podemos ver algúns datos referentes ao mesmo no citado informe do INE:

Datos xerais relativos ao ano 2013:

Page 18: As actividades económicas

MERCADO LABORAL

Como evolucionaron as variablesna última década:

E por sector económico:(a variación interanual é con respecto a 2012)

E por CC.AA.

E en valores porcentuais en Europa somos unha potencia

Page 19: As actividades económicas

MERCADO LABORAL

Page 20: As actividades económicas

UNHA BREVE PANORÁMICA HISTÓRICA

Ata o s. XIX, todos os paíse mantiñan un predominio do sector primario, e boa parte da súa po- boación activa dedicábase a obter alimentos e outros bens de primeira necesidade. Só entón algúns países iniciaron un proceso de industrialización (“Revolución in- dustrial”) que fixo que o sector secundario se convertese no máis importante na súa economía. Nas últimas décadas deste s.XIX, os países máis desenvolvidos mantiveron a redu- ción progresiva do sector primario e, paulatinamente, xa no s. XX, do sector secun- dario fronte a un rápido crecemento do sector terciario ou de servizos.

A comezos do s. XX, España era aínda unha sociedade rural, onde apenas 1/5 parte da súa po- boación vivía en cidades.Contaba cunha economía agraria amplamente dominante, na que 2/3 ( aprox 65%) da poboación activa traballaba no sector primario, fronte a 1/3 que se repartía a partes moi semellantes entre os sectores secundario e tercia- rio.

No período franquista, tras o abandono da política autárquica e o inicio do período “desarrollista”, iniciado co Plan de Estabilización de 1959, modifícase esa situa- ción ao acelerar o proceso de industrialización e, en paralelo, provocar un éxodo rural asociado a unha intensa desagrarización.

Por primeira vez, no censo de 1970, os ocupados no sector primario (29%) foron superados tanto polos da industria (37%) como polos do terciario (34%)

Page 21: As actividades económicas

Na actualidade, inverteuse a situación de hai un século: o sector primario só dá emprego ao 4,5% da poboación activa ocupada e xera un valor algo inferior (4%) do PIB, moi por debaixo do secundario (29% da poboación activa) e, sobre todo, do terciario (66%)

Na chamada sociedade posindustrial, as actividades agrarias non poden competir con ou- tras que xeran maior riqueza, nin tampouco cos produtos procedentes doutros paí- ses, o que aumenta a súa dependencia exterior nesta materia.

De todos os xeitos, actualmente a produción final agraria é un 30% superior á de hai un cuarto (25 anos) de século grazas ao seu maior grao de tecnificación, cun evidente aumento da produtividade.