8
Presentación da unidade O centro de interese da unidade, desde o cal se promove a moti- vación do alumnado, é «a necesidade de descubrir e desenvolver a propia espiritualidade». A motivación inicial da unidade desen- vólvese de forma específica nos dous seguintes apartados: Para situarnos. Ofrece curiosidades sobre a importancia da re- lixión e un debate inicial sobre o tema. Experiencias humanas e cristiás. Presenta o conto «O paxaro da alma» e actividades que desenvolven no alumnado a súa capaci- dade para descubrir e experimentar a súa dimensión espiritual. Obradoiro das intelixencias múltiples Este obradoiro é unha aplicación á clase de Relixión, da teoría das intelixencias múltiples e da educación en valores. Comprende tres apartados independentes: A miña intelixencia espiritual. Por medio de «A espiritualidade e da persoa na Biblia» promóvese a reflexión e o desenvolvemento da dimensión espiritual do alumnado. A miña intelixencia emocional. Propón actividades para o descu- brimento e a interiorización de «O sentimento espiritual». Os meus valores humanos e cristiáns. Céntrase en «Os valores das dimensións persoais». Recursos e materiais didácticos Para a actualización do profesorado de Relixión – Gómez Villalba, Isabel: Educar la inteligencia espiritual. Recursos para la clase de Religión. Khaf, Madrid, 2014. Libro específico para o profesorado de Relixión Católica cunha fundamentación sobre a intelixencia espiritual e actividades para a súa aplicación nas clases de Relixión. – García Helder, Gerardo: Mandalas cristianos. Palabra Ediciones, México, 2014. Explicación de mandalas cristiáns e a súa simboloxía relixiosa en relación cos tres pasos ou idades da vida espiritual. – Küstenmacher, Marión e Werner: Mandalas. Energía y fuerza a través de los mandalas. Obelisco, Barcelona, 2012. Obra cunha parte teórica e 85 mandalas para ser completados. Para motivar e fomentar a lectura no alumnado – Snunit, Mijal: El pájaro del alma. FCE, México, 2015. Conto sobre a importancia de escoitar a nosa alma e o noso inte- rior para descubrir sentimentos e poder elixir os mellores. – Domene, Francisco: Relatos de la Biblia. Anaya, Madrid, 2015. Adaptación de historias da Biblia a unha linguaxe actual e moti- vadora para a clase de Relixión e o alumnado de Secundaria. Para aprender e investigar desde Internet http://blog.anayainfantilyjuvenil.es/wp1/?tag=animacion-a-la-lectura Blog de animación á lectura da editorial Anaya. Ofrece numero- sos recursos, coleccións de libros e estratexias para fomentar a lectura desde o centro educativo e a clase de Relixión. http://reflejosdeluz.es/ Web católica que ofrece recursos para a clase de Relixión e a pas- toral escolar: vídeos, oracións, cancións, dinámicas de grupos... 1 Deus, persoa e relixión 32 Esquema da unidade corpo, intelixencia, afectividade, individualidade, sociabilidade, espiritualidade ser corporal e espiritual cun valor absoluto e cunha dignidade única igual de importantes está formada por e convértena nun estas dimensións son un ser relixioso a Biblia relato «Abraham e o sacrificio de Isaac» a fe de Abraham e os valores das dimensións humanas como narra por exemplo no que ensina é unha orixe divina é unha criatura de Deus, libre e intelixente, creada por El á súa imaxe e semellanza fe en Xesucristo e o sacramento do Bautismo convértese en fillo de Deus ten porque e pola A PERSOA PARA O CRISTIANISMO os demais seres da Creación sobre

Libro anaya 2º eso

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Libro anaya 2º eso

Presentación da unidade

O centro de interese da unidade, desde o cal se promove a moti-vación do alumnado, é «a necesidade de descubrir e desenvolver a propia espiritualidade». A motivación inicial da unidade desen-vólvese de forma específica nos dous seguintes apartados:

Para situarnos. Ofrece curiosidades sobre a importancia da re-lixión e un debate inicial sobre o tema.

Experiencias humanas e cristiás. Presenta o conto «O paxaro da alma» e actividades que desenvolven no alumnado a súa capaci-dade para descubrir e experimentar a súa dimensión espiritual.

Obradoiro das intelixencias múltiples

Este obradoiro é unha aplicación á clase de Relixión, da teoría das intelixencias múltiples e da educación en valores. Comprende tres apartados independentes:

– A miña intelixencia espiritual. Por medio de «A espiritualidade e da persoa na Biblia» promóvese a reflexión e o desenvolvemento da dimensión espiritual do alumnado.

– A miña intelixencia emocional. Propón actividades para o descu-brimento e a interiorización de «O sentimento espiritual».

– Os meus valores humanos e cristiáns. Céntrase en «Os valores das dimensións persoais».

Recursos e materiais didácticos

Para a actualización do profesorado de Relixión

– Gómez Villalba, Isabel: Educar la inteligencia espiritual. Recursos para la clase de Religión. Khaf, Madrid, 2014.

Libro específico para o profesorado de Relixión Católica cunha fundamentación sobre a intelixencia espiritual e actividades para a súa aplicación nas clases de Relixión.

– García Helder, Gerardo: Mandalas cristianos. Palabra Ediciones, México, 2014.

Explicación de mandalas cristiáns e a súa simboloxía relixiosa en relación cos tres pasos ou idades da vida espiritual.

– Küstenmacher, Marión e Werner: Mandalas. Energía y fuerza a través de los mandalas. Obelisco, Barcelona, 2012.

Obra cunha parte teórica e 85 mandalas para ser completados.

Para motivar e fomentar a lectura no alumnado

– Snunit, Mijal: El pájaro del alma. FCE, México, 2015.

Conto sobre a importancia de escoitar a nosa alma e o noso inte-rior para descubrir sentimentos e poder elixir os mellores.

– Domene, Francisco: Relatos de la Biblia. Anaya, Madrid, 2015.

Adaptación de historias da Biblia a unha linguaxe actual e moti-vadora para a clase de Relixión e o alumnado de Secundaria.

Para aprender e investigar desde Internet

– http://blog.anayainfantilyjuvenil.es/wp1/?tag=animacion-a-la-lectura

Blog de animación á lectura da editorial Anaya. Ofrece numero-sos recursos, coleccións de libros e estratexias para fomentar a lectura desde o centro educativo e a clase de Relixión.

– http://reflejosdeluz.es/

Web católica que ofrece recursos para a clase de Relixión e a pas-toral escolar: vídeos, oracións, cancións, dinámicas de grupos...

1 Deus, persoa e relixión

32

Esquema da unidade

corpo, intelixencia, afectividade, individualidade, sociabilidade, espiritualidade

ser corporal e espiritual cun valor absoluto e cunha dignidade única

igual de importantes

está formada por

e convértena nun

estas dimensións son

un ser relixioso

a Biblia

relato «Abraham e o sacrificio de Isaac»

a fe de Abraham e os valores das dimensións humanas

como narra

por exemplo no

que ensina

é

unha orixe divina

é unha criatura de Deus, libre e intelixente, creada por El á súa imaxe e semellanza

fe en Xesucristo e o sacramento do Bautismo

convértese en fillo de Deus

ten

porque

e

pola

A PERSOA PARA O CRISTIANISMO

os demais seres da Creación

sobre

Page 2: Libro anaya 2º eso

8 9

ReflexionamosPara situarnos ❚ Etimoloxía de relixión. «A palabra “relixión” vén do latín religio, for-mada co prefixo re- (indica intensidade), o verbo ligare (ligar ou amarrar) e o sufixo –ión (acción e efecto). Entón “relixión” significa-ría algo así como acción e efecto de ligar fortemente (con Deus)». (http://etimologias.dechile.net/?religio.n).

❚ Importancia da relixión. «Seis de cada dez habitantes do pla-neta cren que a relixión é positiva para a sociedade. Dinamar-ca e España, dous dos países con peor opinión sobre o impacto do relixioso. (…) Unha enquisa realizada o ano pasado en 65 paí-ses, entre eles Arxentina, que abrangueu 66 806 persoas (...), revela que a relixión continúa sendo para a maioría da xente en case todo o mundo importante e positiva para a sociedade». (http://www.periodistadigital.com/religion, 22 de abril de 2014).

❚ Os cristiáns son os máis felices en Twitter. Este é o resultado da investigación realizada en 2013 pola Universidade de Illinois (Esta-dos Unidos) sobre dous millóns de tuits. Jesse Preston, unha das investigadoras, explica o porqué: «As comunidades relixiosas son moi sociais. O só feito de pertenza conecta unhas persoas a outras, e talvez é esta a conexión que pode facer máis feliz a xente». (Zenit.org: Roma, 23 de xullo de 2013).

❚ Gran concentración católica. En 2013 produciuse en Brasil a maior concentración humana con motivo da Xornada Mundial da Xuven-tude. Á misa de clausura co Papa Francisco asistiron 3,7 millóns de católicos, principalmente católicos que viñan de todo o mundo. Na oración da noite, participaron preto de 3,5 millóns de mozos na praia de Copacabana. (Zenit.org: Río de Xaneiro, 31 de xullo de 2013).

Dialogamos1 Que feito che resulta máis curioso? Por que?

2 Que opinas dos mozos católicos que aparecen nesta fotografía da Xornada Mundial da Xuventude?

3 Que opinas sobre a orixe divina do ser humano? Por que?

4 Para que serve actualmente a relixión?

1Deus, persoa e relixión ComezamosO sentido relixioso do ser humano

A persoa humana é unha criatura de Deus, li-bre e intelixente. Foi creada por El á súa imaxe e semellanza, e é o ser máis complexo de toda a Creación pola súa diversidade de necesida-des e dimensións orixinais: o seu corpo, a súa intelixencia, afectividade, individualidade, so-ciabilidade e espiritualidade.

Estas dimensións diferénciano dos demais seres vivos. Ademais, pola súa dimensión espiritual e orixe divina, a persoa ten un sentido relixioso da súa existencia, do mundo, do universo...

Este sentido relixioso lévao a preguntarse sobre o sentido último da súa vida: de onde veño? Onde irei despois da morte? Onde po-derei atopar a felicidade completa e a salva-ción eterna? Faino buscar a Deus e querer re-lacionarse con El. Convérteo nun ser relixioso. E lévao a integrarse nunha relixión para rela-cionarse e unirse ao seu Creador.

Por todo iso, é importante coñecer as carac-terísticas do ser humano en relación con Deus e coa relixión.

•Por que o ser humano ten un sentido reli-xioso?

•Que título lle poñerías a esta imaxe? Por que?

Nesta unidade vas estudar

O ser humano, Deus e a relixión

O relato bíblico «Abraham e o sacrificio de Isaac».

Os valores das dimensións humanas.

A persoa e a súa relación con Deus, e coas relixións.

33

Orientacións metodolóxicas

•Na primeira sesión presentarémoslle ao noso alumnado o novo libro de Relixión que traballarán durante o curso. Explicaremos devagar os obxectivos de cada apartado, o xeito de traballalos e as actividades que inclúen.

•Debemos habituar o alumnado á metodoloxía do libro. Para iso é conveniente:

a) Comezar todas as clases cun breve resumo do tratado na anterior.

b) Rematar cada clase preguntándolles a varios alumnos e alumnas sobre a dificultade dos contidos, e pedíndolles unha valoración sobre o grao de motivación e interese que lles suscitaron.

c) Manter ao longo do curso os grupos que se formen para presentar e traballar cada un dos apartados da unidade.

•A dobre páxina inicial de cada unidade didáctica presenta e introduce o tema e tamén permite a avaliación diagnóstica inicial.

•O apartado «Comezamos» aproxima o tema mediante un breve texto e unha imaxe motivadora e introdutoria, ao mesmo tempo.

•Os apartados «Comezamos» e «Reflexionamos» teñen como obxectivos:

a) Comprobar o grao de competencias, coñecementos e actitudes previas do alumnado sobre esta unidade.

b) Achegarlle ao alumnado ideas e preguntas iniciais sobre os principais contidos da unidade.

c) Ofrecer un instrumento para realizar o diagnóstico inicial do alumnado sobre a unidade que comezan.

•No apartado «Nesta unidade vas estudar» ofrécese un breve esquema dos contidos, do relato bíblico e dos valores da unidade.

SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES

Comezamos

•Estas cuestións e a imaxe axúdannos a establecer un diálogo inicial.

Dialogamos

1 Resposta aberta. Por exemplo: chama a atención o elevado número de mozos que participaron nunha xornada de oración na praia de Copacabana, durante a Xornada Mundial da Xuventude de 2013: pre-to de 3,5 millóns.

2 Resposta aberta. Por exemplo: ás veces cremos que os sentimentos relixiosos non están presentes en moitos mozos, pero a imaxe demos-tra que gran parte deles teñen un forte desexo de atoparse con Deus por medio de Cristo, e que a forza destes desexos lles axuda a supe-rar as dificultades para atoparse con outros mozos católicos e co Papa.

3 Resposta aberta. Por exemplo: pola súa dimensión espiritual e po-la súa orixe divina, a persoa ten un sentido relixioso da súa existen-cia, do mundo, do universo... Isto lévao a preguntarse sobre o sen-tido último da súa vida, a buscar a Deus e a querer relacionarse con El.

4 Resposta aberta. Por exemplo: a relixión ofrece a salvación completa, alén da morte; achega un sentido último á vida que axuda a ser máis feliz con Deus, cos demais e cun mesmo; desenvolve a cultura e a moral das persoas e dos pobos, e ensínanos a medrar como persoas completas e a ser bos cidadáns.

ACTIVIDADES TIC (Reforzo e ampliación)•Visionar o vídeo seguinte sobre grupos de crentes non-católicos que

hai en España: xudeus, musulmáns, hindús, budistas...: «Los otros creyentes - comando actualidad» (https://www.youtube.com/watch?v=55qNAEd11vo)

Page 3: Libro anaya 2º eso

34

1UNIDADE

10 11

Experiencias humanas e cristiásA persoa está formada por diferentes dimensións ou aspectos fun-damentais: o corpo, a intelixencia, a afectividade, a individualidade, a sociabilidade e a espiritualidade.

O seguinte conto ensina a importancia de desenvolver a dimensión espiritual: escoitar e coidar a propia alma para ser máis feliz con Deus, cos demais, consigo mesmo e coa natureza.

1.1 Conto: «O paxaro da alma»No máis fondo do corpo habita a alma. Ninguén a viu nunca, pero sabemos que existe e que vive no noso interior. Dentro da alma, no seu centro, está, de pé sobre unha soa pata, un paxaro: o paxaro da alma.

El sente todo o que nós sentimos. Cando alguén nos fere, percorre o noso corpo con fortes dores. Cando alguén nos quere, salta de alegría no noso interior. Cando alguén nos chama polo noso nome, pon atención á voz, para descubrir que clase de chamada é esa. Cando alguén se enfada connosco, queda silencioso e triste. E can-do alguén nos abraza, faille tanto ben que medra ata encher o noso corpo.

O paxaro da alma está feito de moitos caixóns. Cada un está pechado por unha chave especial. E soamente el pode abrilos coa súa outra pata.

El ten caixóns para todo o que sentimos: Un caixón para cada senti-mento! Un caixón para a alegría e un caixón para a tristura. Un para a envexa e outro para a esperanza. Un para a decepción e outro para o desespero. Un para a paciencia e outro para a impaciencia. Un caixón para o odio e outro para o enfado. Un para a preguiza, outro para o noso baleiro e outro para os segredos máis ocultos.

E hai máis caixóns. Cada persoa pode engadir todos os que queira. Tamén, pode elixir e dicir que chaves xirar, e que caixóns abrir. Pero, ás veces, é o paxaro quen decide. Por exemplo, cando a persoa que-re calar e lle ordena abrir o caixón do silencio; pero o paxaro abre o caixón da voz, e a persoa fala sen parar.

Cada persoa é diferente polo paxaro da alma que leva dentro. Un paxaro abre cada mañá o caixón da alegría, e a alegría esparéxese polo corpo, e a persoa séntese feliz. Outro paxaro, en cambio, abre o caixón do enfado, e a persoa séntese enfadada.

Un paxaro que se sente mal abre caixóns desagradables. Un paxaro que se sente ben elixe caixóns agradables. Por iso, hai que coidalo e escoitalo atentamente. El chámanos. Desexa ser o noso amigo. Pero poucas veces o escoitamos e vivimos coma se non existise.

Hai quen se fai amigo do paxaro. Hai quen o coida e o escoita a miú-do. Hai quen rara vez o escoita. Hai quen nin sequera cre que exista. Por iso, se queremos atopar a verdadeira felicidade, é conveniente, no silencio da noite, escoitar o paxaro da alma que habita no noso interior.

(Tradución de El pájaro del alma, de Mijal Snunit. FCE, México, 1993).

1

1 Que é a alma? E o «paxaro da alma»? Onde vive?

2 Por que é importante escoitar e ser amigo do «paxaro da alma»?

3 Que frase ou parte do conto che gusta máis? Por que?

4 Que che ensina este conto?

5 Prepara un debate seguindo estes pasos:

a) Escribe, nun papel e de forma anónima, un bo sentimento para ser feliz. E noutro papel, un sentimento negativo.

b) Deposita cada papel nunha caixa diferente.

c) Cando estean dentro os papeis de todos os compañeiros, elixe un bo e outro malo, e leos en voz alta.

6    Despois de ler todos os papeis, partici-pa no debate contestando as preguntas:

a) Cales son os tres mellores sentimentos que debemos desenvolver para ser felices? E ca-les debemos evitar? Por que?

b) Que podemos facer para ser amigos do noso «paxaro da alma» e falar con el?

7 Busca na internet xogos sobre o Espí-rito Santo e descubre os dons que nos regala para fortalecer a nosa alma e vida interior.

8 Realiza na web de Anaya a actividade do apartado «Comezamos a reflexionar» desta unidade.

Comprende, pensa, investiga...

• A espiritualidade é a dimensión non corporal e interior do ser humano. É a súa alma. Compon-se de conciencia, fe, imaxina-ción, relixiosidade, meditación, oración, experiencias de Deus...

• A palabra alma significa aire, alento, vento e espírito. Na Bi-blia, representa o máis íntimo e valioso da persoa. Para a Igrexa, a alma espiritual é a dimensión espiritual. É inmortal, sobrevive ao corpo e, na resurrección final, unirase ao corpo glorioso ou es-piritual de cada ser humano. «A alma é o que fai a cada home ser home: o seu principio vital espi-ritual, o máis íntimo do seu ser. A alma é a causa de que o corpo material sexa un corpo humano vivo. Pola alma, o home é o ser que pode dicir “Eu” e existe ante Deus como individuo inconfun-dible. (…) A alma humana é crea-da directamente por Deus e non “producida” polos pais». (YOU-CAT. Catecismo Novo da Igrexa Católica, 2011, núm. 62-63).

Vocabulario

Orientacións metodolóxicas•Traballaremos este apartado cunha metodoloxía participativa e grupal,

seguindo os pasos que se expoñen deseguido.

•Elixiremos dous ou tres alumnos e alumnas que formarán a comisión de «Experiencias humanas e cristiás». A súa tarefa será a de presentar este apartado implicando a outros compañeiros e compañeiras durante o seu desenvolvemento: deben invitalos a ler e comentar a introdución e o conto, propoñerlles que comenten a imaxe, que lean en voz alta o voca-bulario, etc.

•O profesorado explicará en que consiste este apartado e os seus obxec-tivos: pártese da base antropolóxica dunha experiencia relacionada co tema da unidade para motivar a aprendizaxe e lograr que os contidos se comprendan e se poidan aplicar máis doadamente á vida persoal e cotiá dos alumnos e das alumnas.

•O alumnado lerá en voz alta e de forma rotativa a introdución e o conto. Despois, de forma individual, realizará as actividades propostas.

•Para realizar a avaliación final, nos dous ou tres minutos últimos desta sesión, preguntarémoslles a varios alumnos e alumnas: para que che ser-viu esta clase? Que conclusión extraíches do lido e traballado nas activi-dades? Que che pareceu máis positivo? Hai algo que che parecese ne-gativo? Por que?

SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES1 Respostas orientativas:

– A alma é o principio vital espiritual da persoa, o máis íntimo e valioso do seu ser.

– O «paxaro da alma» está relacionado coa nosa interioridade. Impúlsanos a ser unha determinada persoa e a actuar dun xeito con-creto. Encóntrase dentro da alma, no seu centro, de pé sobre unha soa pata.

2 Resposta orientativa: escoitar o «paxaro da alma» e facernos amigos del abre caixóns agradables que nos conducen a atopar a verdadeira felicidade.

3 Resposta persoal. Por exemplo: cada persoa pode engadirlle ao «pa-xaro da alma» todos os caixóns que queira. Tamén pode elixir e dicir-lle que chaves xirar, e que caixóns abrir. Porque, desde a nosa liberda-de, nós podemos tomar as decisións que nos parezan mellores.

4 Resposta persoal. Por exemplo: este conto invítanos a reflexionar so-bre os nosos sentimentos. Describe a relación que se establece entre o ser humano e a súa alma.

5 Para a realización desta actividade serán necesarias dúas caixas, pre-feriblemente decoradas, nas que se depositarán as notas anónimas con dous tipos de sentimentos: positivos e negativos. A comisión «Experiencias humanas e cristiás» será a encargada de dinamizar es-ta actividade de grupo. Cada alumno e cada alumna irá lendo unha resposta de cada caixa e un membro da comisión anotaraas no en-cerado.

6 Despois de ler todas as notas, participarase no debate respondendo as preguntas.

7 «Os sete dons do Espírito Santo son: sabedoría, intelixencia, consello, fortaleza, ciencia, piedade e temor de Deus» (Catecismo da Igrexa Católica, núm. 1831).

8 Actividade «Comezamos a reflexionar» na web de Anaya.

ACTIVIDADES TIC (Reforzo e ampliación)•Participar no xogo seguinte sobre o «Espíritu Santo» e descubrir os seus

dons para fortalecer a nosa alma e a nosa vida interior: http://www.capi-llacatolica.org/Juegos.html#Espiritu_Santo

•Visionar e comentar o vídeo «El pájaro del alma», en http://www.youtu-be.com/watch?v=IXyg-vCttw0

•Escoitar a canción «El pájaro del alma», en http://cuentoscantados.blogspot.com.es/2012/05/el-pajaro-del-alma-cancion.html

Page 4: Libro anaya 2º eso

35

1UNIDADE

12 13

Deus, persoa e relixión Actualmente, a dimensión do ser humano que máis se valora é a cor-poral: o culto do corpo, o consumismo, o egoísmo e o pracer inmedia-to. E dáselle pouca importancia ao desenvolvemento da dimensión espiritual (a alma, a vida interior, etc.). Por iso, moitas persoas deshu-manízanse e viven coma se non tivesen alma ou non fosen criaturas de Deus. E outras rexeitan a orixe divina do ser humano.

2.1 A persoa foi creada a imaxe de Deus O ser humano é creado por Deus, libre e intelixente e á súa imaxe e semellanza. Por iso é unha criatura cunha orixe divina e a única que pode coñecer e amar o seu Creador. Esta condición e esta ori-xe danlle unha dignidade única e unha posición privilexiada na Crea-ción, que o fai diferente dos animais e de todos os demais seres vivos.

«O home é o cumio da Creación, porque Deus o creou á súa imaxe. (…) O home debe honrar o Creador nas criaturas e tratalas con coi-dado e responsabilidade. Os homes, os animais e as plantas teñen o mesmo Creador, que por amor os chamou á existencia. Por iso o amor polos animais é profundamente humano. (…) A diferenza dos seres inanimados, das plantas e dos animais, o home é unha persoa dotada de espírito. Esta característica vincúlao máis a Deus ca ás demais criaturas visibles». (YOUCAT. Catecismo Novo da Igrexa Ca-tólica, 2011, núm. 56, 57 e 58).

2.2 A persoa é un ser relixiosoNo ser humano existe un desexo profundo de buscar e atopar a Deus para unirse a El e vivir eternamente. A esta capacidade humana de relacionarse con Deus chámaselle relixiosidade.

A relixiosidade é o aspecto máis profundo da dimensión espiritual. Para chegar a ser unha persoa verdadeiramente relixiosa, cómpre desenvolver a propia espiritualidade. A fe en Deus e as relixións de-mostran que a persoa é un ser relixioso.

2.3 A persoa e as relixiónsAs relixións son expresións sociais para relacionarse con Deus. Dan-lle un sentido último á vida; axudan a ser máis feliz con Deus, cos demais, cun mesmo e co medio; ofrecen a salvación e a vida eterna; ensinan a ser mellor persoa e cidadán; desenvolven a cultura, a mo-ral, os valores, as virtudes, etc.

O cristianismo é a relixión máis persoal porque se conversa con Deus Pais, Xesucristo e María, de ti a ti.

2.4 A persoa para o cristianismoO cristianismo interpreta de forma completa o ser humano: todas as súas dimensións son igual de boas e importantes. Por iso, axuda a que cada persoa desenvolva completamente todas as súas dimen-sións e así sexa máis feliz, libre, intelixente e solidaria. A fe cristiá en-sina estas verdades sobre o ser humano: ❚ A persoa foi creada por Deus á súa imaxe e semellanza (Xén 1, 27). Cada persoa é única e irrepetible.

❚ A persoa é un ser corporal e espiritual. O espírito e o corpo forman unha completa unidade: «O home é unha unidade de corpo e alma». (Catecismo da Igrexa Católica, 1999, núm. 382).

❚ A persoa é un ser relixioso. Soamente o ser humano pode coñecer e amar a Deus. O seu fin último é vivir eternamente con Deus en completa unión e felicidade.

❚ A persoa convértese en fillo de Deus pola fe en Xesucristo (Xn 1, 12) e polo sacramento do Bautismo.

❚ Cada persoa, pola súa orixe divina e pola súa identidade única, po-súe un valor absoluto e unha dignidade única.

Para o cristianismo, cada ser humano posúe un valor absoluto e unha dignidade única e persoal.

2

1   En parella, preparade a presentación dun dos apartados:

a) Escribide un breve resumo.

b) Lédeo e explicádello á clase.

2 Contesta e dialoga con argumentos:

a) Cres que a persoa foi creada por Deus e ten unha orixe divina? Por que?

b) Que diferenzas existen entre o ser humano e os animais? Teñen a mesma dignidade? Por que?

3 Busca na internet pensamentos relacio-nados co termo «persoa». Selecciona unha frase e explícalla á clase.

4 Realiza na web de Anaya a actividade in-teractiva desta unidade.

A relixión é diálogo

«A relixión, diálogo entre Deus e o home. (…) A relixión é, pola súa propia natureza, unha relación en-tre Deus e o home. (…) A Historia da Salvación narra precisamente este longo e variado diálogo, que parte de Deus e establece co home unha múltiple e admirable conver-sa». (Beato Papa Paulo VI (1897-1978): Eclesiam suam —Camiños que a Igrexa católica debe seguir na actualidade para cumprir a súa misión—, 1964, núm. 64).

Sabías que…?

Comprende, pensa, investiga...

Orientacións metodolóxicas

•Un procedemento didáctico axeitado para abordar esta dobre páxina de contidos pode ser a creación de comisións rotatorias de dous ou tres alumnos e alumnas que se encarguen de presentar e ler os seus apartados. O profesorado explicará e aclarará todas as dúbidas que vaian xurdindo.

•Nas actividades podemos apreciar distintos modelos:

a) Actividades de comprensión dos contidos. Adoitan ser actividades de resposta obxectiva.

b) Actividades de aplicación dos contidos á vida persoal e relixiosa. Este tipo de actividades leva o alumnado a interiorizar os contidos e a emitir unha resposta valorativa que supón o desenvolvemento de actitudes relixiosas e cristiás e do compromiso persoal.

c) Actividades en clave de TIC. Estas actividades, que se desenvolverán na aula TIC ou con ordenadores portátiles, permiten que o noso alumnado interactúe cos recursos tecnolóxicos. O traballo en parella neste tipo de actividades pode resultar interesante, sobre todo se a dotación de equipamentos TIC é insuficiente. Ao formar as parellas, indicarase que ambos os dous membros respecten as quendas de participación e manexo do ordenador. Así, desenvolverán ao mesmo tempo as competencias sociais e cívicas e a dixital.

SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES

1 Resposta resultante do traballo en parella. É conveniente crear un bo clima de traballo para que o rendemento sexa óptimo. Cada parella lerá o apartado asignado e preguntaralle ao profesor ou á profesora os conceptos e as palabras que non entenda. Subliñará as ideas prin-cipais e resumirá o contido. Logo explicarao na clase, tendo en conta as normas básicas de exposición oral, e atenderá as dúbidas que xur-dan entre os seus compañeiros e compañeiras.

2 Respostas persoais desde os contidos estudados. Por exemplo:

a) O ser humano foi creado por Deus, libre e intelixente, e á súa imaxe e semellanza. É unha criatura cunha orixe divina. Isto verifícase en que é a única que pode coñecer e amar o seu Creador.

b) O ser humano posúe unha dignidade única e unha posición privilexiada na Creación, que a fai diferente dos animais e de todos os demais seres vivos, xa que está dotada de espírito.

3 Resposta interactiva de elección persoal. Por exemplo:

«Cada un de nós ten moitos límites persoais, pero, cando nos poñemos ao servizo dos demais, multiplicámonos, e moitas deficiencias desaparecen» (P Aderico Dolzani).

Se nos examinamos, decatámonos de que non somos seres perfectos; é dicir, tomamos conciencia das nosas capacidades e limitacións persoais. Pero cando nos poñemos en acción, entregándonos aos demais como Xesús nos ensina, as nosas carencias convértense en ganancias.

4 Actividade interactiva na web de Anaya dixital.

ACTIVIDADES TIC (Reforzo e ampliación)•Entrar na web http://www.pensamientos.org/, no índice xeral, e facer clic

no termo «persona». Despois, seleccionar unha frase e explicarlla á clase.

Anotacións..............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

Page 5: Libro anaya 2º eso

36

1UNIDADE

14 15

3 A Biblia e as miñas competencias: A fe de AbrahamO seguinte relato bíblico atópase no Antigo Testamento, no libro da Xénese, cuxa redacción final é do século v a. C.

Narra como Deus Pai, Creador, misericordioso e providente da Biblia proba a fe relixiosa de Abraham, primeiro patriarca de Israel.

3.1 Abraham e o sacrificio de Isaac (Xén 22, 1-13)«Deus puxo á proba a Abraham. Díxolle: “Abraham!”. El respondeu: “Aquí estou”. Deus mandoulle: “Colle o teu fillo único, o que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ao país de Moriah. Alí ofrecerasmo en ho-locausto nun dos montes que eu che indicarei”.

»Abraham ergueuse cedo, aparellou o burro e levou consigo dous criados e o seu fillo Isaac; cortou leña para o holocausto e encami-ñouse ao lugar que lle indicara Deus. Ao terceiro día ergueu Abra-ham os ollos e divisou o sitio desde lonxe. Abraham díxolles aos seus criados: “Quedade aquí co burro; eu co rapaz irei ata alá para orar, e despois volveremos onda vós”. Abraham tomou a leña para o holo-causto, cargoulla ao seu fillo Isaac, e el levaba o lume e o coitelo. Os dous camiñaban xuntos.

»Isaac díxolle a Abraham, seu pai: “Meu Pai!”. El respondeu: “Que que-res, fillo?”. O rapaz díxolle: “Temos lume e leña, pero onde está o año para o holocausto?”. Abraham contestoulle: “Deus proverá o año para o holocausto, meu fillo”. E seguiron camiñando xuntos.

»Cando chegaron ao sitio que lle dixera Deus, Abraham levantou alí o altar e puxo enriba del a leña, logo atou o seu fillo Isaac e púxoo sobre o altar, enriba da leña. Entón Abraham alongou a man e aga-rrou o coitelo para sacrificar o seu fillo. Pero o anxo do Señor berrou-lle desde o ceo: “Abraham, Abraham!”. El contestou: “Aquí estou”. O anxo ordenoulle: “Non poñas a man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora comprobei que temes a Deus (...)”.

»Abraham ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou mal del e ofreceuno en holocausto no posto do seu fillo».

3.2 Quen son os protagonistas ❚ Abraham. É un personaxe histórico (1800-1750 a. C.). Naceu en Meso-potamia. Era o patriarca dunha tribo de pastores nómades. Deus re-velóuselle e prometeulle unha nova terra, Canaán (actual Israel). Abra-ham obedeceuno e marchou a Canaán, onde naceu o seu fillo Isaac.

❚ Isaac. Era fillo de Abraham e Sara. Naceu coa axuda de Deus cando eran xa anciáns. Casou con Rebeca e tivo dous fillos xemelgos: Esaú e Xacob.

3.3 Para interpretar correctamente o relato Naquela época, existía o costume de sacrificar o primeiro fillo ante os falsos deuses.

Abraham confiou en Deus e decidiu cumprir a súa vontade. Pero can-do impediu a morte do seu fillo, Abraham descubriu que Deus non quere sacrificios humanos como os falsos deuses, porque El ama a fe e a vida das persoas; descubriu un Deus que é amor e amigo da vida, que quere que as persoas o amen e se amen.

3.4 Que nos ensina para a vida diaria O relato ensina o valor da fe en Deus para dar un sentido positivo, mesmo ás situacións tan extremas coma as que viviu Abraham. Ta-mén, a importancia de falar con Deus e cumprir a súa vontade, e así vivir unha vida plena e feliz, como a de Abraham (Xén 24 e 25, 7).

1 Completa no teu caderno a ficha do re-lato bíblico:

a) Título e libro da Biblia en que se atopa.

b) Argumento.

c) Datos dos protagonistas.

d) Interpretación dos feitos.

e) Ensinanza para a vida actual.

2    Expresar. Observa a imaxe deste apar-tado e imaxina que es Abraham: que cres que pensaría cando Deus lle pediu sacrificar o seu fillo? Que sentiría? Que lle diría a Deus ao final da proba?

3   En parella, buscade na internet recursos nunha Biblia e comprobade a vosa cultura bí-blica.

Comprende, pensa, investiga...

• A fe relixiosa é a relación de confianza do ser humano coa divindade. Para o cristián é a chamada de Deus e a resposta confiada que lle dá o crente. É un diálogo e unha relación de amor entre o Deus cristián e a persoa.

Vocabulario

Escena de Abraham e o sacrificio de Isaac nunha igrexa de Cracovia.

Orientacións metodolóxicas•Nesta primeira unidade didáctica, dedicaremos un tempo a presentar o

apartado «A Biblia e as miñas competencias». O seu obxectivo é traballar un relato sagrado que complemente os contidos e desenvolva a cultura bíblica.

•O título deste apartado resume a idea principal do relato e as súas ensinanzas. A introdución axuda a comprender o texto situándoo no tempo e indicando en que libro da Biblia podemos lelo. Ademais, achega as primeiras bases históricas, claves para interpretalo, etc.

•O relato bíblico deste apartado, xa sexa literal ou adaptado, introduce o alumnado na lectura dos textos bíblicos.

•O apartado «Quen son os protagonistas» ofrece datos básicos sobre os personaxes do relato. «Para interpretar correctamente o relato» permite afondar nas claves necesarias para comprender o texto. «Que nos ensina para a vida diaria» presenta sentenzas actuais que se desprenden do relato e que se poden aplicar para mellorar a vida persoal e social.

SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES1 a) Abraham e o sacrificio de Isaac. Encóntrase no libro da Xénese,

pertencente ao Antigo Testamento.

b) O relato presenta o patriarca Abraham no momento en que en-tende que debe sacrificar o seu fillo Isaac. Deus faralle ver a im-portancia que ten a vida humana, presentándose como o Deus da vida.

c) Os protagonistas son Abraham e Isaac. Abraham é un personaxe histórico; naceu en Mesopotamia contra 1800-1750 a. C. Era o pa-triarca dunha tribo de pastores nómades. Deus revelóuselle, pediu-lle que abandonará Mesopotamia e prometeulle unha nova terra. Abraham obedeceuno e marchou a Canaán. Coa axuda de Deus, cando el e a súa esposa eran xa anciáns, tiveron o seu fillo Isaac. Este casou con Rebeca e tiveron dous fillos xemelgos: Esaú e Xacob.

d) Naquela época, existía o costume de sacrificar o primeiro fillo ante os falsos deuses. Abraham confiou en Deus e cumpriu a súa vonta-de. Cando Deus impediu a morte do seu fillo, descubriu que El non quere sacrificios humanos como os falsos deuses, senón que ama a fe e a vida das persoas.

e) Ensina o valor da fe en Deus para darlle un sentido positivo a situa-cións tan extremas como as que viviu Abraham. Tamén, a importan-cia de falar con Deus e cumprir a súa vontade, e así vivir unha vida plena e feliz.

2 Resposta subxectiva. Por exemplo: o sentimento de Abraham sería como o de calquera pai que sabe que vai perder o seu fillo: unha an-gustia e unha pena enormes, e tamén rabia polo que Deus lle estaba pedinda. Seguro que non entendía o que Deus pretendía con ese sa-crificio, pero confiou na súa vontade porque sabía que llo pedía por algunha razón que escapaba ao seu entendemento. Cando compren-deu que Deus o estaba sometendo a unha proba para coñecer a súa confianza, pero que non desexa a morte do seu fillo, Abraham mani-festoulle o seu agradecemento.

3 O alumnado pode buscar na web o «Juego de las estrellas» e partici-par nel. É un xogo interactivo de 26 preguntas bíblicas para dous xo-gadores.

ACTIVIDADES TIC (Reforzo e ampliación)•Participar, en parella, no «Juego de las estrellas» (http://recursos.cnice.

mec.es/bibliainfantil/) e comprobar a cultura bíblica.

•Consultar a web http://www.sobicain.org/cont01.asp?cap=178 e locali-zar os lugares que se nomean en Xénese 22.

Anotacións............................................................................................................................................................................

Page 6: Libro anaya 2º eso

37

A miña intelixencia espiritual

Obradoiro de intelixencias múltiples

1616

A espiritualidade e a persoa na Biblia A Biblia expresa simbolicamente as dimensións fundamentais do ser humano por medio do seu corazón, da súa lingua e das súas mans.

Explica e comprende

1 En parella, lede e explicádevos mutuamente o se-guinte texto:

«O corazón representa a alma, o espiritual, a inteli-xencia, os sentimentos e os pensamentos. A lingua (boca e labios) simboliza falar, a comunicación e a sociabilidade. As mans expresan as actividades, as tarefas e os compromisos».

Investiga e aplícalle á túa vida

2 Investigar. En parella, buscade as ci-tas nunha Biblia impresa ou en liña (http://www.vatican.va/archive/ESL0506/_INDEX.HTM) e con-testade as preguntas:

a) Eclo 17, 6-7: Que recibiron de Deus os seres hu-manos?

b) Prov 4, 24-25: Que partes do corpo nomea?

c) Mt 6, 22-23: Que parte do corpo nomea?

d) Mc 4, 9: Que órgano do corpo nomea?

e) Eclo 5, 12-13: Que di sobre a lingua e a boca?

f) 1 Xn 1, 1: Con que partes do corpo dan testemu-ño sobre Xesucristo os apóstolos?

g) Prov 4, 26-27: Que órgano do corpo pon como exemplo?

h) Prov 6, 16-19: Que seis cousas non lle gustan a Deus?

Expresa a túa espiritualidade

3 Que vos ensinaron estes textos bíblicos?

4 Le e completa os seguintes bos propósitos para fortalecer a túa dimensión espiritual:

Vou encher o meu corazón de fe e amor a Xesús. Vou dicir palabras de agradecemento e amizade.Vou empregar as miñas mans para abrazar e axudar. Vou encher o meu corazón de... Vou dicir palabras de... Vou empregar as miñas mans para...

A miña intelixencia emocional

1UNIDADE

aprenderemprender

Crea e expresa os teus sentimentos espirituais

1717

O sentimento espiritual O sentimento espiritual pertence á dimensión espiri-tual do ser humano. É sentir a necesidade de coñe-cer as cuestións transcendentes, inmateriais ou reli-xiosas. É vivenciar, buscar e valorar a vida interior, a alma, o máis profundo e misterioso da vida.

Comprende e analiza mandalas

1 En parella, buscade información sobre os mandalas e contestade: que son? Para que serven?

2 Le e observa as figuras, as formas e as cores de cada mandala.

Nos mandalas orientais, no centro, represéntase a divindade. Por exemplo, Visnú, deus do hinduísmo. Realízanse como pinturas ou na area para simboli-zar o pasaxeiro da vida.

Nos mandalas cristiáns, no centro, represéntase a Deus Pai, Cristo, o Espírito Santo, a Virxe María, santos ou personaxes da Biblia. Un exemplo son os rosetóns (vidreiras circulares dos templos).

3   Espertade os vosos sentimentos buscando e visionando un vídeo sobre mandalas.

4 Repartide as funcións para crear un mandala que exprese os vosos sentimentos máis profundos. Primeiro buscade na internet algúns exemplos e consultade o significado que teñen as cores e as formas nos mandalas.

5 Presentade e explicade o significado do voso mandala e o sentimento que tivestes mentres o realizabades.

TRANQUILIDADE

PAZ AMOR

FE

Orientacións metodolóxicas•Este apartado leva implícito o manexo da Biblia como instrumento

eficaz para descubrir a Palabra de Deus. As citas seleccionadas permitiranlle ao alumnado valorar a importancia das dimensións do ser humano.

SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES (páxina 16)1 As parellas lerán e explicaranse os conceptos.

2 a) Recibiron lingua, ollos e oídos, o poder de discernir e un corazón para pensar. Deus encheunos de saber e entendemento, e amo-soulles o ben e o mal.

b) A boca e os labios (para evitar palabras perversas e a malicia) e ollos (que miren de fronte).

c) O ollo, para expresar que a ollo san corresponde corpo iluminado; e a ollo enfermo, corpo en tebras.

d) Os oídos.

e) «Se sabes, respóndelle ao teu próximo; pola contra, queda calado. As palabras traen gloria ou deshonra, e a lingua do home pode provocar a súa caída» (Eclo 5, 12-13).

f) Dan testemuño sobre o que viron, oíron, contemplaron e tocaron.

g) Fala dos pés para expresar a firmeza no camiño.

h) Os ollos fachendosos, a lingua mentireira, as mans que derraman sangue inocente, os corazóns malignos, os pés que corren cara ao mal, a falsa testemuña que mente e sementa discordia.

3 Resposta persoal. Por exemplo: os textos ensinan valores como a im-portancia de discernir entre o ben e o mal; o uso de palabras apropia-das en cada momento; ter bos propósitos...

4 Resposta persoal. Por exemplo: Vou encher o meu corazón... de bos sentimentos. Vou dicir palabras... veraces e que non ofendan. Vou empregar as miñas mans para... realizar proxectos solidarios.

Orientacións metodolóxicas•A ensinanza relixiosa achega coñecementos de arte e cultura e o seu

sentido. Iso inspira un xeito de ver a vida e de expresala desde a achega cristiá. Ademais, contribúe á valoración e á conservación do patrimonio cultural.

•Nesta actividade o alumnado vai utilizar recursos da expresión artística para realizar creacións propias.

•A web http://www.turincondeluz.com/2013/08/mandalas-significado-de-las-formas-y.html ofrece unha explicación moi suxestiva sobre a cor e as formas de mandalas para inspirar a creación dun propio.

•Todos os mandalas creados pola clase se poden reunir nun gran mural.

SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES (páxina 17)

1 Os mandalas son imaxes xeométricas de tipo relixioso. Os mandalas cristiáns son obras de arte que achegan o Deus cristián.

2 Actividade de lectura e observación.

3 Observación dun vídeo.

4 Creación plástica dun mandala.

5 Explicación do traballo realizado.

ACTIVIDADES TIC (Reforzo e ampliación)

•Ver o seguinte vídeo para espertar os sentimentos: https://www.youtube.com/watch?v=b2vsspAqoJ4

•Crear un mandala que exprese os sentimentos máis profundos, consultando exemplos e o significado que teñen as súas cores e as súas formas na web http://www.turincondeluz.com/2013/08/mandalas-significado-de-las-formas-y.html

Page 7: Libro anaya 2º eso

38

Os meus valores humanos e cristiáns Aprendín

Sobre a relixión e o ser humano1 Completa escribindo no teu caderno o nú-

mero e a palabra correspondente.

A persoa para o cristianismo

é con estas dimensións

un ser relixioso cunha orixe (1) ...

o corpo, a (7) ..., a afectividade,

a individualidade, a sociabilidade

porque e

é unha criatura de (2) ..., libre e intelixente a (8) ...

que foi que o converten

(3) … por Deus á súa imaxe e semellanza nun ser (9) ... e espiritual

e convértese en cun

(4) … de Deus valor absoluto e cunha (10) ... única

pola sobre

fe en (5) ... e polo sacramento do (6) ...

os demais seres da Creación

Sobre o relato bíblico2 En que parte da Biblia e en que libro se narra o

relato de Abraham e Isaac?

3 Que ensina este relato bíblico?

Sobre os valores das dimensións persoais4 Escribe tres valores relacionados coa di-

mensión espiritual.

5 Elixe un dos valores anteriores e argumenta para que serve hoxe.

6 Explica a que lle axuda ao cristián practicar os va-lores e as virtudes de Xesús de Nazaret.

Realiza na web de Anaya a autoavaliación desta unidade.

Os valores das dimensións persoaisAs persoas desenvolven unhas dimensións máis ca outras, dependen-do dos seus valores e virtudes máis importantes.

Le e comprende

1 Realiza este cuestionario seguindo as instrucións:

Prepara as túas respostas2 Puntúa os valores de cada dimensión segun-

do a importancia que teñen para ti, utilizando esta clave numérica (procura ser obxectivo e sincero):

0 = Nada importante

1 = Pouco importante

2 = Bastante importante

3 = Importante

4 = Moi importante

3 Escribe nunha folla á parte a puntuación de cada valor. Suma o total de cada dimensión.

4 Ordena as dimensións de maior a menor puntua-ción obtida. Despois, contesta as preguntas:

a) Que dimensión puntuaches máis? E cal menos?

b) Estás satisfeito con estes resultados?

c) Que dimensión e que valor debes desenvolver máis para seres unha persoa integral?

d) Que conclusión ou ensinanzas extraes sobre ti despois de analizares os resultados obtidos?

DIMENSIÓNS E VALORES DA PERSOA

A. Corpo:

1. Comida e bebida

2. Durmir e descansar

3. Sexualidade

4. Hixiene persoal

5. Xogo e deporte

Puntuación total: …

B. Intelixencia:

6. Razoar e pensar

7. Ler

8. Reflexionar

9. Estudar e aprender

10. Sabedoría

Puntuación total: …

C. Afectividade:

11. Amor e agarimo

12. Sentimentos

13. Namoramento

14. Bicar e abrazar

15. Alegría

Puntuación total: …

D. Individualidade:

16. Liberdade

17. Independencia

18. Creatividade

19. Conciencia moral

20. Personalidade

Puntuación total: …

E. Sociabilidade:

21. Amigos

22. Familia

23. Festas

24. Diálogo e respecto

25. Boa convivencia

Puntuación total: …

F. Espiritualidade:

26. Deus

27. Oración

28. Fe

29. Relixión

30. Vida interior

Puntuación total …

(Adaptación e tradución do cuestionario de Enrique Gervilla: Valoración de los elementos estructurales de la persona humana. CCS, Madrid, 1992, páx. 100-101).

18 1919

21UNIDADE

Orientacións metodolóxicas•Este cuestionario ten como finalidade que o noso alumnado reflexione

sobre as dimensións do ser humano e que descubra cales son as máis importantes para el.

•Non é un instrumento para xulgar. O importante é analizar a propia per-sonalidade e tomar conciencia do desenvolvemento dos aspectos máis descoñecidos. Para alcanzar este obxectivo, é fundamental que a súa realización sexa individual, e que non se compartan os resultados. Por iso son importantes as seguintes consideracións:

a) Realizarase de forma individual e cada alumno e alumna puntuarase a si mesmo segundo a clave proposta.

b) Cada alumno ou cada alumna escribirá as súas respostas nun papel á parte. Sumará o total de cada apartado e o global do cuestionario.

c) Deseguido, valorará os resultados obtidos. Terase en conta que un-ha maior ou unha menor puntuación non significa mellor ou peor va-loración sobre si mesmo. Cada persoa ten o seu propio desenvolve-mento. O importante é reflexionar e crecer día a día como persoa.

d) A clase valorará o cuestionario nun debate. Nun ambiente de parti-cipación e de respecto ás intervencións, os alumnos e as alumnas comentarán, de xeito voluntario, que dimensión ou que aspectos lles chamaron máis a atención.

Anotacións..............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

Orientacións metodolóxicas

•O apartado «Aprendín» pretende facer un repaso dos contidos da uni-dade. Para tal fin empréganse múltiples tipos de actividades, como completar frases, mapas conceptuais, seleccionar a resposta correcta, elaborar resumos, etc.

SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES (páxina 19)1 1 – divina; 2 – Deus; 3 – creada; 4 – fillo; 5 – Xesucristo; 6 – Bautismo;

7 – intelixencia; 8 – espiritualidade; 9 – corporal; 10 – dignidade.

2 No Antigo Testamento, no libro da Xénese, capítulo 22.

3 O relato ensina o valor da fe en Deus para darlle un sentido positivo á vida, a pesar das condicións adversas. Tamén ensina a importancia de falar con Deus e de cumprir a súa vontade.

4 Resposta aberta. Por exemplo: a oración, a fe, a relixión.

5 Resposta persoal. Por exemplo: mediante a oración tomamos con-ciencia de Deus. Descubrimos que podemos contar con El aínda que non o vexamos, porque nos escoita e nos responde por medio de si-tuacións, de acontecementos, de persoas... Falamos con Deus para darlle grazas por tantas cousas que nos regala; tamén para pedirlle polos demais e por nós mesmos.

6 Resposta persoal. Por exemplo: practicar os valores e as virtudes de Xesús axuda o cristián a atopar sentido á súa vida, a ser máis feliz e a facer felices os demais, a atopar a felicidade e a salvación completa...

Anotacións..................................................................................................................................................................................................................................................................

Page 8: Libro anaya 2º eso

Anotacións