1
RÚBRICA DE AVALIACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN ORAL CON PRESENTACIÓN Relatora/or e tema: Nota 4 3 2 1 PUNTOS Actitude e comportamento A súa actitude era segura e positiva e mantivo sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada e manexou o seu corpo con soltura. Fala co público, só le o documento cando é necesario. Completou o tempo da exposición. A súa actitude era positiva aínda que un pouco insegura e mantivo sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada sempre aínda que o seu corpo denotaba nerviosismo. Fala co público, só le o documento cando é necesario. Non completou o tempo da exposición pero aproximouse. A súa actitude era moi insegura aínda que conseguiu manter sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada a meirande parte do tempo. Fala co público pero le o documento máis do necesario. Sobroulle máis dun 10% do tempo ou perdeu tempo na exposición. A súa actitude non era positiva. A meirande parte do tempo non mantivo o contacto visual co público. A súa postura corporal era inadecuada para unha situación formal. Non fala co público, dedícase a ler o que está escrito. Sobroulle moito tempo. Lingua empregada O seu discurso foi fluído e natural. Empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico- semántico. A súa lingua careceu de incorreccións de ningún tipo. O volume de voz e a vocalización facilitaban a comprensión. O seu discurso foi fluído e natural. Empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico- semántico. A súa lingua incluíu algunhas incorreccións de menor importancia. Podíase entender ben aínda que o volume de voz era un pouco baixo. O seu discurso foi pouco fluído e natural. Empregou un rexistro que non sempre foi culto. A súa lingua incluíu bastantes incorreccións. O volume ou a vocalización facían difícil a comprensión do discurso. O seu discurso non foi nin fluído nin natural. Non empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico- semántico. A súa lingua incluíu moitas incorreccións. Non se podía entender porque nin o volume nin a vocalización eran correctos. Calidade da explicación Explicou ben o tema afondado nel e amosando dominio da materia. Saudou, presentouse e despediuse con corrección. Realizou unha valoración correcta do seu tema. Explicou ben o tema aínda que non afondou moito na materia de estudo. Saudou, presentouse e despediuse con corrección. Realizou unha valoración correcta do tema. Explicou o tema con dominio desigual das diferentes partes. Saudou, presentouse e despediuse. Realizou unha valoración pobre do seu tema. Non explicou ben o tema nin amosaba dominio da materia. Esqueceu saúdo, presentación e/ou despedida. Non realizou unha valoración do seu tema. Contido da presentación Engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas. A lingua empregada é correcta en todos os seus planos. Engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas. A lingua empregada inclúe algunhas incorreccións. Non engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas en xeral. A lingua empregada inclúe bastantes incorreccións. Non engade información ao dito ou non é pertinente. As diapositivas non manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación en xeral non están ben referenciadas. A lingua inclúe moitas incorreccións. Aspectos formais da presentación É visualmente atractiva. A relación entre texto e imaxe é a correcta. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Vense correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos. Visualmente non resulta moi atractiva. A relación entre texto e imaxe é a correcta. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Vense correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos. Visualmente non é demasiado atractiva. Presenza excesiva de texto. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Non se ven correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos. Visualmente non é nada atractiva. A relación entre texto e imaxe é incorrecta. Non existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Non se ven correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada non contén todos os seus elementos. A Profa, 2006 (reelaboración dun conxunto de materiais previos doutras profesoras e profesores)

Rúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentación

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Rúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentación

RÚBRICA DE AVALIACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN ORAL CON PRESENTACIÓN

Relatora/or e tema:

Nota

4 3 2 1 PUNTOS

Actitude e comportamento

A súa actitude era segura e positiva e mantivo sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada e manexou o seu corpo con soltura. Fala co público, só le o documento cando é necesario. Completou o tempo da exposición.

A súa actitude era positiva aínda que un pouco insegura e mantivo sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada sempre aínda que o seu corpo denotaba nerviosismo. Fala co público, só le o documento cando é necesario. Non completou o tempo da exposición pero aproximouse.

A súa actitude era moi insegura aínda que conseguiu manter sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada a meirande parte do tempo. Fala co público pero le o documento máis do necesario. Sobroulle máis dun 10% do tempo ou perdeu tempo na exposición.

A súa actitude non era positiva. A meirande parte do tempo non mantivo o contacto visual co público. A súa postura corporal era inadecuada para unha situación formal. Non fala co público, dedícase a ler o que está escrito. Sobroulle moito tempo.

Lingua empregada

O seu discurso foi fluído e natural. Empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico-semántico. A súa lingua careceu de incorreccións de ningún tipo. O volume de voz e a vocalización facilitaban a comprensión.

O seu discurso foi fluído e natural. Empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico-semántico. A súa lingua incluíu algunhas incorreccións de menor importancia. Podíase entender ben aínda que o volume de voz era un pouco baixo.

O seu discurso foi pouco fluído e natural. Empregou un rexistro que non sempre foi culto. A súa lingua incluíu bastantes incorreccións. O volume ou a vocalización facían difícil a comprensión do discurso.

O seu discurso non foi nin fluído nin natural. Non empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico-semántico. A súa lingua incluíu moitas incorreccións. Non se podía entender porque nin o volume nin a vocalización eran correctos.

Calidade da explicación

Explicou ben o tema afondado nel e amosando dominio da materia. Saudou, presentouse e despediuse con corrección. Realizou unha valoración correcta do seu tema.

Explicou ben o tema aínda que non afondou moito na materia de estudo. Saudou, presentouse e despediuse con corrección. Realizou unha valoración correcta do tema.

Explicou o tema con dominio desigual das diferentes partes. Saudou, presentouse e despediuse. Realizou unha valoración pobre do seu tema.

Non explicou ben o tema nin amosaba dominio da materia. Esqueceu saúdo, presentación e/ou despedida. Non realizou unha valoración do seu tema.

Contido da presentación

Engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas. A lingua empregada é correcta en todos os seus planos.

Engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas. A lingua empregada inclúe algunhas incorreccións.

Non engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas en xeral. A lingua empregada inclúe bastantes incorreccións.

Non engade información ao dito ou non é pertinente. As diapositivas non manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación en xeral non están ben referenciadas. A lingua inclúe moitas incorreccións.

Aspectos formais da presentación

É visualmente atractiva. A relación entre texto e imaxe é a correcta. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Vense correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos.

Visualmente non resulta moi atractiva. A relación entre texto e imaxe é a correcta. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Vense correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos.

Visualmente non é demasiado atractiva. Presenza excesiva de texto. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Non se ven correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos.

Visualmente non é nada atractiva. A relación entre texto e imaxe é incorrecta. Non existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Non se ven correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada non contén todos os seus elementos.

A Profa, 2006 (reelaboración dun conxunto de materiais previos doutras profesoras e profesores)