25
Historia da Historia da normativización: a normativización: a construción da variedade construción da variedade estándar. Interferencias estándar. Interferencias e desviacións da norma. e desviacións da norma.

Tema2 09

  • Upload
    xenevra

  • View
    572

  • Download
    1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tema2 09

Historia da Historia da

normativización: a normativización: a

construción da variedade construción da variedade

estándar. Interferencias estándar. Interferencias

e desviacións da norma.e desviacións da norma.

Page 2: Tema2 09

Na terminoloxía lingüística hispánica

circulan desde o ano 1977 (Vallverdú) os

termos normalizaciónnormalización e

normativaciónnormativación.

O primeiro refírese á "extensión social da

lingua"; o segundo á "escolla e formulación

da norma".

Page 3: Tema2 09

En sentido estricto a planificación lingüística en Galicia é moi recente, e

non porque non houbese planificadores senón porque as propostas

individuais carecían da socialización necesaria.

Con todo, iniciativas e camiños cara á constitución "espontánea" dun

estándar literario galego hainas desde o comezo mesmo da renacencia

literaria galega, hai máis de 150 anos.

Page 4: Tema2 09

A falta de normalización motivou que este movemento

espontáneo fose moi lento e que aínda non estivese

concluído cando a finais da década de 1970 Galicia

recupera parte dos seus dereitos, e entre eles, tamén en

parte, os lingüísticos. A falta de alfabetización e outros

medios de socialización da lingua fixeron máis lenta aínda a

aparición dun estándar coloquial, supradialectal e depurado.

Page 5: Tema2 09

A mediados do século XIX, aínda que xa con

antecedentes importantes entre os ilustrados do séc. XVIII

(Fr. Martín Sarmiento 1695-1772), e con algúns

"precursores" máis inmediatos, prodúcese un

Rexurdimento. Dura ata principios deste século e é

impulsado tamén aquí por elites aculturadas na outra

lingua, que non estaban de acordo co tipo de nación que

lles inculcaban e lograron, por saber ou por reflexión,

identificarse co máis esencial da súa terra

Page 6: Tema2 09

Un feito destacable nesta época é a fundación

dunha Academia (1905), longamente desexada

por moitos, que ansiaban un código que acabase

coa anarquía lingüística.

A situación subalterna en que vivira o galego

durante séculos creara entre os falantes a mala

conciencia de que falaban incorrectamente

o seu propio idioma

Page 7: Tema2 09

Fóra destas elites a presencia do galego en ambientes que non fosen o

rural ou suburbano, era escaso.

Por outro lado, paradoxalmente os renacentistas escribían nunha

lingua que era falada maioritariamente por analfabetos,

lingüisticamente tan alienados coma os mesmos que renunciaran a

falala. Aqueles renacentistas tiñan logo que cumprir tamén a misión de

concienciar a unha poboación que infravaloraba a súa propia lingua.

Page 8: Tema2 09

É só despois de 1916, coa fundación das Irmandades da fala,

unha liga parecida á Liga Gaélica de Irlanda (1893), cando comeza a

saír o galego fóra dos lindeiros do literario.

Daquela comeza a dar os primeiros pasos para o proselitismo político.

Escríbense en galego os primeiros ensaios e as primeiras obras de

carácter científico de tipo local.

É tamén nesta época cando comeza a haber publicacións periódicas

(A Nosa Terra) de alcance máis ambicioso cás do século pasado.

Page 9: Tema2 09

Nos 15 anos anteriores á guerra civil española aparece unha importante

xeración de escritores, artistas, científicos e políticos. Por primeira vez un

grupo unido de competentísimos intelectuais pon Galicia no foco dos seus

intereses como creadores, investigadores e políticos.

A esta xeración, coñecida co nome da revista que os agrupaba, Nós,

debemos hoxe o mellor que deu Galicia no camino da súa recuperación.

Os homes desta xeración propóñense europeizar Galicia tanto nas ideas

estéticas como na ciencia.

Desde a perspectiva lingüística é unha etapa importantísima da historia do

galego posto que se dá un gran progreso na súa elaboración, a saber:

• modernización terminolóxica e

• desenvolvemento estilístico

Page 10: Tema2 09

O labor desta xeración e o da posterior (a do grupo para-

universitario do Seminario de Estudos Galegos, mozos

aínda cando comezou a guerra), foi frustrado polo triunfo

de Franco, que anulou completamente o galeguismo,

reducindo os seus homes ó exilio ou ó silencio.

Page 11: Tema2 09

A recuperación posterior ó franquismo comezou ó principio dos 50.

Despois do ingreso de España na UNESCO as medidas represivas

contra o galego atenuáronse. Isto permitiu que algúns galeguistas

sobreviventes da guerra acometesen a empresa de transmitirlle á xente

nova o ideario do vello galeguismo, fundado principalmente na

defensa idiomática e outras tarefas de carácter

cultural.

Page 12: Tema2 09

Nos anos 60 madurece a primeira xeración de galegos que non viviu o

trauma da guerra civil. Florece o asociacionismo cultural e comeza

outra vez a organización do galeguismo a través dos partidos políticos.

Debemos engadir un feito de notable interese: a creación dunha

sección de estudios filolóxicos na Universidade de

Santiago no ano 1963, da que proceden case tódolos que na

actualidade participan na modernización do galego, calquera que sexa

o seu punto de vista.

Page 13: Tema2 09

Neste marco que acabamos de trazar

insérese a cuestión da codificación lingüística.

Page 14: Tema2 09

As formas elaboradas do estándar chégase porque, por unha parte,

hai unha tendencia espontánea a saír do particularismo xeográfico

integrándose nunha entidade común superior; e por outra, pola acción

reformadora dos expertos e pola acción exemplarizante dalgúns

creadores singulares.

Isto ocorre de modo inevitable no momento en que se fai o esforzo,

por pequeno que sexa, de poñer unha lingua por escrito.

Page 15: Tema2 09

Cando os escritores do XIX comezan a utilizar o galego,

descoñecedores da valiosísima literatura medieval, cren que

son eles os primeiros en usar literariamente a nosa lingua.

Vense na obriga de fixar unha lingua literaria, coa súa

correspondente ortografía.

Este proceso de elaboración dun modelo lingüístico consta de

tres etapas:► dialectalismo.► interdialectalismo.► supradialectalismo.

Page 16: Tema2 09

Todos estes tanteos individuais na procura dunha norma sobreviviron sen

freo nin controversia ata a década de 1970. A partir de aquela o galego

comezou a ser materia de ensino.

Máis ou menos polas mesmas datas (finais dos Setenta) abríronselle ó

galego as posibilidades de ser lingua da administración ó pasar a ser lingua

cooficial. É dicir, vólvese unha lingua con misións novas. Entón estaba claro

que para a normalización (status planning) do galego a anarquía normativa,

ou a multiplicidade de normas, era un obstáculo moi notable.

Realmente é inconcebible unha normalización se non hai unha

norma única.

Page 17: Tema2 09

Hai dúas posturas con respecto á codificación do galego:

a dos que defenden que o galego é unha lingua en si e

a dos que consideran que o galego é unha variedade

dialectal do portugués.

Posturas:

Page 18: Tema2 09

Ningunha proposta ortográfica triunfou nin deu lugar sequera a querelas

que repercutisen máis aló de pequenos cenáculos. O problema das

contraccións ao/ó, a acentuación, a apostrofación, a guionización, a

representación de [ò], ou [h] son discutidas polemicamente en tódalas

normativas.

No plano da gramática a converxencia espontánea cara a formas

unificadas foi máis lenta e a penas se deron disputas por escollas

morfolóxicas como se deran polas escollas gráficas.

Page 19: Tema2 09

Os partidarios de cada opción formularon

lingüisticamente as súas propostas en

gramáticas e normas ortográficas e

morfolóxicas.

Page 20: Tema2 09

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego,

propostas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 1982,

adoptadas despois como oficiais polo goberno galego. Como criterio principal

tenderon a busca-la pureza idiomática, limpando o galego de trazos alienantes

(préstamos innecesarios do castelán) e procurando non caer nos abusos propios

da hiperidentificación.

Page 21: Tema2 09
Page 22: Tema2 09

Interferencias e Interferencias e

desviacións da desviacións da

norma.norma.

Page 23: Tema2 09

No camiño da rehabilitación do idioma, da súa

normalización para todos os ámbitos da vida cotiá do país, o galego

topou cunha serie de atrancos derivados da parcial

castelanización do léxico, da reducción da lingua a ámbitos rurais e

coloquiais, e da diversidade de formas existentes no galego falado.

Page 24: Tema2 09

neste camiño da rehabilitación do léxico

houbo e hai interferenciasinterferencias e

inconvenientes xerados polo propio idioma ou

provocados polo contacto con idiomas alleos.

Page 25: Tema2 09

interferencias

internas externas

arcaísmos vulgarismos hipergaleguismos castelanismo lusismo