21
I RIA A FONSO C ARRASCO N º2

Traballo de tic's

  • Upload
    irnun

  • View
    172

  • Download
    3

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Traballo de tic's

I R I A AF O N S O C A R R A S C O N º2

1º BAC - A

Page 2: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

2

ÍNDICE

Tecnoloxías da Información e da Comunicación..................................................................................................3

Evolución das TIC’s..............................................................................................................................................3

Telecomunicacións, Intelixencia Artificial e tecnoloxía multimedia.....................................................................5

Telecomunicacións..........................................................................................................................................5

Intelixencia Artificial........................................................................................................................................7

Tecnoloxía multimedia....................................................................................................................................9

Internet e a globalización..................................................................................................................................12

A web 2.o. Acións sociais das TIC’s....................................................................................................................13

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

EVOLUCIÓN DAS TIC’S

Iria Afonso Carrasco

Page 3: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

3

A comunicación é a transmisión de información dunha persoa a outra, proceso no que

necesitamos un emisor, un medio para transmitir a mensaxe e un receptor. As primeiras

comunicacións a longas distancias fixéronse sempre por sistemas de símbolos (bandeiras, fume…)

ou ben usando o correo, que non era en tempo real.

Cando o home puido sustituir o sinal sonoro ou visual por un sinal eléctrico naceu a era das

telecomunicacións.

En 1819 Hans C. Oersted demostrou que unha corrente eléctrica era capaz de desviar unha

agulla imantada (electromagnetismo), o que foi o

primeiro paso cara a emisión de secuencias de

pulsos curtos e longos no telégrafo (1837),

primeiro sistema de comunicación

eléctrico en tempo real e polo tanto o

primeiro paso cara as tecnoloxías

modernas da comunicación.

Dende a súa creación por Alfred Vail e

Samuel Morse, a ciencia continuou

avanzando ata o nacemento da

comunicación sen fios. Guillermo

Marconi realiza a primeira transmisión inalámbrica de radiotelegrafía en Inglaterra en 1895.

Outro gran avance foi o descubrimento do transistor (1947), dispositivo usado para amplificar,

conmutar, oscilar, rectificar ou modular os sinais electrónicos. O transistor é o compoñente principal

de toda a electrónica moderna e permitiu o desenvolvemento da informática.

Nos circuítos analóxicos os transistores úsanse como amplificadores, exemplos son os

amplificadores de audio, as fontes de alimentación estabilizadas e os amplificadores de frecuencia.

Nos circuítos dixitais o transistor utilízase como un interruptor eléctrico moi rápido, e a

organización sistemática dos transistores permite que funcionen como portos lóxicos, memorias tipo

RAM e microprocesadores.

O transistor bipolar inventárono nos Laboratorios Bell dos Estados Unidos e a primeira utilización

práctica e popular deste dispositivo foi na fabricación de aparellos de radio AM/FM polo que

impropiamente pasaron a recibir o nome de transistores.

Iria Afonso Carrasco

Page 4: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

4

No 1999 Aparece a primeira versión (release 99) do Sistema Universal da Tecnoloxía da

Información e da Comunicación TICs, cada vez con máis presencia nas actividades humanas.

Por último, a dixitalización é a que está revolucinando as comunicación actuais.

Isto sería un resumo moi escueto da historia das telecomunicacións, pero tampouco podemos

olvidar outros grandes descubrimentos que están recollidos na seguinte táboa:

1866 Conséguese tender con éxito o primeiro cable submarino entre Europa e América.

1887 O alemán Heinrich Hertz demostrou a existencia dun tipo de ondas capaces de transmitir

enerxía.

1924 John Logie Baird, físico escocés, desenvolveu un sistema de televisión baseado nun tubo de neón

que varía o brillo en función do sinal eléctrico que recibe do emisor.

1935 Constrúese en Inglaterra o primeiro sistema útil de radar.

1947 Invéntase o transistor nos laboratorios Bell, que substitúe as válvulas de baleiro.

1953 En Estados Unidos adóptase o sistema NTSC para TV en color.

1957 Comeza a era espacial co lanzamento do primeiro satélite espacial Sputnik, en Rusia.

1961 A NASA, en Estados Unidos, lanza o Telstar I para comunicación vía satélite.

1962 O láser (nova utilización da luz) invéntase nos laboratorios Bell.

1966 Proponse utilizar a fibra óptica, aínda que non é ata 10 anos máis tarde cando se fan as

primeiras instalacións comerciais.

1969 En España adoptase o sistema PAL de televisión en color (TVE).

1979 Aparece a primeira xeración de sistemas de comunicacións móbiles.

1981 Aparece o Ordenador Persoal (PC) de IBM.

1982 As redes locais (Ethernet) comezan a utilizarse nas empresas.

Iria Afonso Carrasco

Page 5: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

5

1992 Primeira páxina web publicada en Internet.

2000 Comenza a TDT e radio dixital (DAB).

Na actualidade pódese establecer unha comunicación desde calquera parte do mundo, e incluso

desde fóra do planeta Terra en tempo real tanto de son, imaxe ou datos.

TELECOMUNICACIÓNS , INTELIXENCIA ARTIFICIAL E

TECNOLOXÍA MULTIMEDIA

A ciencia evolucionou moito os últimos anos, creando novos métodos de comunicación e incluso

intentando crear máquinas que se asemellen o máis posible aos humanos. É o exemplo da

Inteligencia Artificial. Nos seguintes apartados faise referencia ás novidades científicas referentes ao

tema:

TELECOMUNICACIÓNS

Chámase telecomunicación á técnica de transmitir unha

mensaxe desde un punto a outro, normalmente de forma

bidireccional. Provén do grego tele, que significa distancia.

Por tanto, o termo telecomunicación cubre todas as formas

de comunicación a distancia, incluíndo radio, telegrafía,

televisión, telefonía, transmisión de datos e interconexión de

ordenadores.

A primeira definición aprobada do termo foi:

Iria Afonso Carrasco

Page 6: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

6

Telecomunicación é toda transmisión, emisión ou recepción, de signos, sinais,

escritos, imaxes, sons ou informacións de calquera natureza por fío,

radioelectricidade, medios ópticos ou outros sistemas electromagnéticos.

Os elementos que integran un sistema de telecomunicación son: un transmisor, unha liña ou

medio de transmisión e posiblemente, imposto polo medio, unha canle e finalmente un receptor.

A telecomunicación pode ser punto a punto, punto a multipunto ou teledifusión, que é unha forma

particular de punto a multipunto que funciona soamente desde o transmisor aos receptores, sendo a

súa versión máis popular a radiodifusión.

A función dos enxeñeiros de

telecomunicación é analizar as

propiedades físicas da liña ou medio

de comunicación e as propiedades

estatísticas da mensaxe a fin de

deseñar os mecanismos de

codificación e descodificación máis

apropiados.

Cando os sistemas están deseñados

para comunicar a través dos órganos

sensoriais humanos (principalmente

vista e oído), débense ter en conta

as características psicolóxicas e fisiolóxicas de percepción humana. Isto ten importantes

implicacións económicas e o enxeñeiro investigará que defectos poden ser tolerados no sinal sen

que afecten excesivamente á visión ou audición.

Posibles imperfeccións nunha canle de comunicación son: ruído impulsivo, ruído térmico, tempo de

propagación, función de transferencia de canle non linear, caídas súbitas do sinal (microcortes),

limitacións no ancho de banda e reflexións de sinal (eco). Moitos dos modernos sistemas de

telecomunicación obteñen vantaxe de algunhas destas imperfeccións para, finalmente, mellorar a

calidade de transmisión da canle.

Os modernos sistemas de comunicación fan amplo uso da sincronización temporal. Ata a recente

aparición do uso da telefonía sobre IP, a maior parte dos sistemas de comunicación estaban

sincronizados a reloxos atómicos ou a reloxos secundarios sincronizados á hora atómica

internacional, obtida na maioría dos casos vía GPS.

Iria Afonso Carrasco

Page 7: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

7

Xa non fai falla establecer ligazóns físicos entre dous puntos para transmitir a información dun

punto a outro. Vivimos nun mundo cada vez máis pequeno no que os feitos ocorridos nun sitio,

ocorren á mesma vez en todo o mundo. Estamos a entrar nunha nova clase de sociedade na que a

información é predominante, na que o coñecemento é poder.

INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por

humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se

usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales

sistemas.

Pode decirse que a intelixencia artificial é unha das áreas máis

fascinantes e con máis retos das ciencias da computación, na

súa área de ciencias cognoscitivas. Naceu como mero

estudo filosófico e razonístico da intelixencia

humana, mesturada coa inquietude do home

por imitar a natureza circundante (como voar

e nadar), ata inclusive querer imitarse a si

mesmo. En resumo, a Intelixencia Artificial

procura imitar a intelixencia humana.

Obviamente non o logrou aínda, ao menos

non completamente.

En 1987 Martin Fischles e Oscar Firschein

describiron os atributos dun axente

intelixente. Ao intentar describir cun maior

ámbito (non só a comunicación) os atributos

dun axente intelixente, a IA estendeuse a

moitas áreas que crearon ramas de

investigación enormes e diferenciadas.

Considérase “intelixente” a aquela máquina

que:

1. Ten actitudes mentais tales como crenzas e intencións

Iria Afonso Carrasco

Page 8: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

8

2. Ten a capacidade de obter coñecemento, é dicir, aprender.

3. Pode resolver problemas, incluso descompondo problemas complexos noutros máis simples.

4. Entende. Posue a capacidade de crearlle senso, se é posible, a ideas ambiguas ou

contraditorias.

5. Planifica, predí consecuencias, avalía alternativas (como nos xogos de xadrez)

6. Coñece os límites do seu propias habilidades e coñecementos.

7. Pode distinguir a pesar das similitude das situacións.

8. Pode ser orixinal, creando incluso novos conceptos ou ideas, e ata utilizando analoxías.

9. Pode xeneralizar.

10. Pode percibir e modelar o mundo exterior.

11. Pode entender e utilizar a linguaxe e os seus símbolos.

Podemos entón dicir que a IA inclúe características humanas tales como a

aprendizaxe, a adaptación, o razoamento, a

autocorrección, o melloramento

implícito, e a percepción modelar do

mundo. Así, podemos falar xa non só

dun obxectivo, senón de moitos

dependendo do punto de vista ou

utilidade que poida atoparse á IA.

A Proba de Turing ou Test de Turing é

o procedemento desenvolvido polo

matemático inglés Alan Turing para identificar a existencia de intelixencia nunha máquina.

Fundaméntase en que, se unha máquina se comportase en todos os aspectos como intelixente,

entón debe selo.

Iria Afonso Carrasco

Page 9: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

9

A proba consiste nun desafío. A máquina debe facerse pasar por humano nunha conversación cun

home a través dunha comunicación de estilo chat. O suxeito non será avisado de que o outro

interlocutor é unha máquina. Para que o test teña éxito, o humano non deberá percatarse disto.

Consiste nunha serie de preguntas que fai un interrogador a outro humano e a unha máquina. O

interrogador debe dicir quen é o humano e quen a máquina. Se non é capaz de decidirse,

consideraríase esa máquina intelixente.

Existe unha versión modificada do test de Touring proposta por John Searle e popularizada por

Roger Penrose, chamada sala chinesa. Aínda que se trata dun problema con enormes propostas

filosóficas, esta nova proposta non achega nada ó problema.

A Sala Chinesa é un experimento mental, mediante o que se procura rebater a validez da proba de

Turing.

Suponse unha sala completamente illada do exterior, agás por algún tipo de dispositivo (un oco

para follas de papel, por exemplo) polo que se poden facer entrar e saír textos escritos en chinés.

Suponse tamén que nesa sala hai unha persoa que non sabe chinés, pero que está equipada

cunha serie de manuais que lle indican as regras que relacionan os caracteres chineses (algo

parecido a "Se entran tal e tal caracteres, escribe tal e tal outros").

Deste xeito, a persoa que manipula eses textos é capaz de responder a calquera texto en chinés

que se lle introduza, e facer crer a un observador exterior que entende o chinés.

De acordo aos creadores do experimento, os defensores da intelixencia artificial deben admitir

que, ou ben a sala comprende o idioma chinés, ou ben o pasar a proba de Turing non é proba

suficiente de intelixencia.

TECNOLOXÍA MULTIMEDIA

O concepto de multimedia é tan

antiga como a comunicación humana.

Nunha conversa normal falamos (son),

Iria Afonso Carrasco

Page 10: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

10

escribimos (texto), vemos noso compañeiro (vídeo) e realizamos accións con xestos e movementos

da man (animación).

Actualmente, o termo multimedia úsase para referirse a calquera obxecto ou sistema que utiliza

varios medios de expresión (físico ou dixital) para presentar ou comunicar información. Os medios

de comunicación poden ser variados, de texto e imaxes para animación, vídeo, son, etc Tamén se

poden cualificar como un soporte para medios electrónicos (ou outros medios) para almacenar e

presentar contido multimedia.

Falamos de multimedia interactiva cando o usuario ten control completo sobre a presentación do

contido, sobre o que queren ver e cando, ao contrario dun modo lineal, no que é forzado a ver o

contido nunha orde predeterminada.

A hipermedia pode ser considerada como unha forma especial de multimedia interactiva usada

estruturas de navegación máis complexa que aumentan o control sobre os fluxos de información. O

termo "hiper" significa "navegación", de aí o concepto de "hipertexto" (navegación entre os textos) e

"hipermedia" (navegación entre medios).

Cando un programa de ordenador, un documento ou presentación están combinados

correctamente, mellora moito a atención, comprensión e aprendizaxe, como un pouco máis preto da

forma normal en que os humanos se comunican, cando usamos varios sentidos para comprender o

mesmo obxecto e o que nos di sobre iso.

As presentacións multimedia pódense ver no escenario, deseñadas, transmitidas ou reproducidas

localmente nun dispositivo cun media player. A transmisión pode ser unha presentación multimedia

en vivo ou gravado. As transmisións poden usar o analóxico e tecnoloxía dixital.

Os xogos multimedia e as simulacións poden usarse en ambientes físicos con efectos especiais,

multi-usuario en rede ou localmente cun computador sen acceso a unha rede, un sistema de xogo

de vídeo ou un simulador.

Os varios formatos multimedia analóxica ou dixital teñen por obxecto mellorar a experiencia do

usuario, por exemplo, para a comunicación de información máis fácil e máis rápido.

Aumentar os niveis de interactividade é posible

grazas a combinación de diferentes formas de

contido. A multimedia en liña é cada vez máis

posible facendo unha tecnoloxía orientada a

obxectos e orientados a datos, permitindo a

existencia de aplicacións con innovacións no nivel

de colaboración e personalización de diferentes

formas de contido. Os exemplos van desde a

Iria Afonso Carrasco

Page 11: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

11

galerías de fotos que combinan imaxes e texto actualizado polo usuario, con simulacións cuxos

eventos, ilustracións, animacións ou vídeos poden ser modificados para cambiar a "experiencia".

Ademais de ver e escoitar, existen novos avances como a tecnoloxía Haptic, que permite sentir

obxectos virtuais. Tecnoloxías emerxentes que implican a ilusión de sabor e cheiro tamén poden

mellorar a experiencia multimedia.

Os medios de comunicación teñen a súa utilización en diversas áreas, incluíndo artes, educación,

entretemento, enxeñería, medicina, matemáticas, empresas e investigación científica. En educación,

a multimedia é usada para producir cursos de informática e formación (popularmente coñecido

como TICs) e libros de referencia, como enciclopedias e almanaques.

O sistema de mensaxes multimedia ou MMS, é unha aplicación que permite enviar e recibir

mensaxes multimedia que conteñen contido relacionado. MMS é unha característica común da

maioría dos teléfonos móbiles.

Algúns xogos de vídeo tamén usan recursos multimedia. Os usos dos medios de comunicación

permiten aos usuarios a participar activamente (multimedia interactiva) no canto de sentar usando

so os chamados receptores pasivos de información.

Tipos de información multimedia

• Texto: plano, plano, lineal e hipertexto.

• Gráficos: usado para representar debuxos, planos, debuxos

de liña ...

• Imaxes: os documentos están compostas de pixeles. A

copia pode ser xerada polo ambiente (dixitalización,

fotografía dixital) e tenden a ser arquivos moi

voluminosos.

• Animación: presentación dunha serie de gráficos

por segundo xerada no espectador a sensación de

movemento.

• Vídeo: Presentación dun número de imaxes por segundo, creando no espectador a sensación de

movemento. Pode ser sintetizada ou capturados.

• Son: pode ser a música fala, ou outros sons.

A multimdia ten afectado todas as áreas do noso traballo, onde inclúe a transferencia de

información, por exemplo, nas presentacións executivas usando Power Point, en conversas entre

ordenadores utilizando webcams e micrófonos e, finalmente, enriquecido en mensaxes entre os

teléfonos móbiles (MMS "Multimedia Messaging System").

Iria Afonso Carrasco

Page 12: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

12

INTERNET E A GLOBALIZACIÓN

A globalización é un dos máis antigos "inventos" do mundo. Os seres humanos xuntos para xerar

máis coñecemento e arte, e recollendo os recursos necesarios para explotar o que está ó alcance

ou comprensión do home. Este proceso tivo orixe na civilización occidental que se espallou o mundo

nas últimas décadas da Idade Contemporánea (segunda metade XX), recibiu un gran impulso coa

caída do comunismo eo fin da Guerra Fría, e continúa no século XXI.

A dinámica básica permanece: o movemento de mercadorías, mover persoas, ideas en movemento

e cambio culturas. A diferenza agora é a velocidade ea extensión destas mudanzas. Grazas á radio,

televisión e vídeo, esta nova cultura global atinxe a case todos, incluídos os case mil millóns de

analfabetos no mundo. Pero a chegada destes medios foi un choque para a globalización, o mundo,

hoxe temos a arma máis poderosa de comunicación: internet. E, a televisión levou 13 anos para ter

50 millóns de usuarios; Internet, so 5.

Iria Afonso Carrasco

Page 13: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

13

A chegada de Internet, como fora la máquina de vapor a finales do s. XVIII, supuxo unha gran

revolución na vida e cultura de todos aqueles aos que lles tocou vivir este tramo da historia.

Internet culmina unha etapa de investigacións, descubrimentos e gran avance cultural en todas as

áreas, dando lugar a unha nova era, a era dixital. A revolución dixital permitiu que por un mesmo

canal poidamos enviar texto, imaxe e sonido á velocidade da luz e a calquera parte do mundo. E,

sobre todo despois destes últimos anos de popularización, internet permitiu acabar finalmente coas

numerosas barreiras de comunicación. Isto supuxo que se iguale a cultura dos distintos paises

confluíndo cara unha cultura común.

Como consecuencia desta revolución, o periodista perdeu o monopolio da información, hoxe todo o

mundo informa, toda institución, empresarial, cultural o política, ten o seu propio medio de

información. Hoxe en día, na era de Internet, cada un de nós pode transformarse nun vehículo de

información.

En realidade non hai nada que represente máis o sentimento da globalización contemporánea que,

cando viaxando polo ciberespazo. A globalización proposta por Internet é ampla e envolvente. Os

intercambios e os recursos moitas veces fan crer que o mundo é un só. Pero estes recursos non

deben estar limitados a produtos e información, pero debe transcender esas superficial e facer

realmente unha referencia ao intercambio cultural.

Podemos imaxinar que a web, coa súa capacidade de atravesar a superficie da Terra case nun

pechar de ollos, é un poder de ter en conta. Ademais, coa posibilidade que ofrece para informar

libremente de todo o que queremos podería ser unha poderosa ferramenta para encher a Terra con

ideas, pensamentos, emocións e sentimentos que enriquecen os nosos criterios, expresións e

xuízos facendo da ser humano unha sociedade caracterizada pola pluralidade e unidade que nos

distingue como especie e está incluída na nosa propia condición humana.

A WEB 2.O. ACIÓNS SOCIAIS DAS TIC’S.

O termo Web 2.0 está asociado con aplicacións web que facilitan a forma de compartir información, deseño centrado no usuario e colaboración na World Wide Web.

Exemplos de Web 2.0 son as comunidades web, servizos web, aplicacións web, servizos de hospedaxe, vídeos, wikis, bitácoras, aulas virtuais e redes sociais.

Antes da aparición das tecnoloxías web 2.0 existían páxinas estáticas con programas que non eran actualizados con frecuencia. O éxito dos deste sistema é a posibilidade de xestión do contido dinámico creado en tempo real con actualizacións dende as bases de datos. De calquera xeito, a

Iria Afonso Carrasco

Page 14: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

14

posibilidade de recibir visitas e a estética visual foron considerados como factores importantes.

Os sitios web 2.0 actuan como punto de reunión web para usuarios dependentes de sitios web tradicionais.

VALORACIÓN CRÍTICA DAS POSIBILIDADES E RISCOS DAS

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

As tecnoloxías da información e comunicación teñen, día tras día, a maior

presenza en todos os aspectos da vida profesional e persoal, que ofrece un novo

espazo para a innovación en áreas como industria, administración de servizos de

saúde, comercio e educación. A taxa de innovación está en constante

crecemento e con el os cambios, as ameazas e as oportunidades

de experimentar o espazo social no que os individuos operan.

Iria Afonso Carrasco

Page 15: Traballo de tic's

Tecnoloxías da Información e da Comunicación 1º BAC

15

A actual tendencia apunta a unha nova distribución sectorial do traballo. Dentro de 15 anos,

espérase en países desenvolvidos traballos na información e coidados para as persoas ocupan 80%

da forza de traballo. A produción de bens alimentarios e de consumo representan só o 20%

restante.

A evolución imposta por unha tecnoloxía tamén pode reducir drasticamente as horas de traballo na

conta total de utilidade. Así, a relocalización de tempo de traballo e de lecer da sociedade pode

aumentar os servizos para as persoas.

Estas actividades de servizos están baseados en mecanismos de intercambio de información e

relacións entre persoas que, á súa vez é asistida pola tecnoloxía da información e comunicacións.

Estamos ante unha nova era onde a información e os servizos teñen que adquirir novas tecnoloxías

que han transformalo los, creando novos postos de traballo e cambiar radicalmente os existentes.

Por máis de 20 anos, as empresas están implicadas nun proceso constante de dixitalización, que

implica a incorporación de ordenadores e tecnoloxía dixital. Con todo, na actualidade, a maior

novidade é a velocidade do proceso e como se afecta a nosa forma de operar e realizar estratexias

de negocio.

CONCLUSIÓNS

Unha das opinións respecto aos riscos éticos que supón Internet é que o autor ten a

responsabilidade, pero tamén aqueles atraídos pola súa chamada que amplian o seu efecto

visitándoa. En calquera caso, supónse que a prioridade hoxe é só que a web segue sendo en gran

parte un espazo global, de contido aberto, plural e libre aínda que poida parecer doloroso a

individuos, grupos, nacións ou grupos relixiosos: ninguén forza a ninguén a visitar o que non é

desexado.

O desenvolvemento das TIC transforma proporcionan formas poderosas de vida e traballo e

actividade profesional. Con todo, non hai conciencia suficiente para práctica en tratar con estes

cambios, tanto no sentido de tomar ou a urxencia dos mesmos.

Só unha postura pro-activa permitirá o uso do espazo de novas tecnoloxías. Neste sentido, esixe

unha reforma nos criterios de formación, un investimento en tecnoloxía e unha reforma lexislativa

específica.

Iria Afonso Carrasco