PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os...

Preview:

Citation preview

PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014

M u s

e

O d

e P o

n t

e v

e d

r a

G a

b i

n e

t

e D

i d á c

t i

c

o

1. Percorridos xerais: (Para todos os niveis de EP, ESO e BACHARELATO)

Visitas guiadas nas que se percorren varias das nosas coleccións para que os alumnos e alumnas teñan unha primeira toma

de contacto co Museo. Estas visitas, segundo o nivel, poden ir acompañadas de fichas didácticas, coas que se pretende

unha maior autonomía do alumno e a dinamización do itinerario.

• Descubre o Museo 1. Os edificios da Praza da Leña. “O primeiro Museo”: Pintura dos ss. XV-XVIII, pratería

internacional, acibechería compostelá e salas navais.

• Descubre o Museo 2. O Edificio Sarmiento. “Da Prehistoria á Revolución Industrial”: Prehistoria, Arte Antiga, Arte

Medieval e Sargadelos.

• Descubre o Museo 3. Sexto Edificio. “Do gótico á contemporaneidade”: retablo de Belvís (s. XIV), a Xeración Doente,

Manuel Quiroga, Castelao, os Renovadores, a Abstracción.

• Descubre o Museo 4. As Ruínas de San Domingos*. “Historia e coleccións”: Historia do convento, arquitectura

gótica, colección de laudas e sepulcros e colección de heráldica.

*Debido ao peche temporal das Ruínas de San Domingos, esta actividade non se pode realizar nestes momentos.

2. Visitas temáticas:

Aínda que as coleccións do Museo son moi variadas, catro son os temas principais sobre os que xiran as

nosas actividades:

•Prehistoria e Historia Antiga

• Idade Media

•Artes plásticas

•Salas navais

As diferentes modalidades de visita temática que vos ofertamos para este curso escolar preséntanse

organizadas por niveis e, á súa vez, por temas.

SALAS NAVAIS

As historias de Nuno e Viki (2º ciclo)

Visita dinamizada onde se combina un conta contos e un percorrido polas salas navais. Os protagonistas son un

pirata viquingo, Viki, e un capitán de fragata, Nuno. Con eles traballaranse conceptos como: a paz, a amizade, o

respecto, a hospitalidade… ademais de facer unha achega distinta e lúdica ós fondos navais do Museo e á

cociña tradicional galega, lugar de xuntanza dos dous amigos.

PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA

Da pedra á moeda (2º ciclo)

Visita ás salas de arqueoloxía que pretende o contacto directo cos

restos da Prehistoria e a Historia Antiga. Trabállanse aspectos

como o paso do tempo, a evolución dos materiais, a creatividade

humana, o mundo funerario ou a vida doméstica.

Heráldica e cabaleiros* (6º de E.P.)

Aproximación ó mundo da heráldica e ó seu uso como distintivo das liñaxes

a través da colección de escudos labrados expostos nas ruínas de San

Domingos, empregando como recurso dinamizador unha ficha didáctica.

* Debido ó peche temporal das ruínas de San Domingos, esta actividade non

se pode realizar nestes momentos.

IDADE MEDIA

Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo)

Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha

obra pictórica, traballando conceptos sinxelos como a cor, a

luz, o tamaño, as figuras ou a temática.

Axudantes de Catalogación (3º ciclo)

Actividade de achega ó mundo da pintura que pretende unha

reflexión sobre o devir das obras de arte, o seu pasado e o seu

presente. A través dunha selección de obras renacentistas e barrocas, das que os rapaces buscan pequenos fragmentos, trabállase coas historias que

ocultan algún aspecto compositivo e o xénero.

ARTES PLÁSTICAS

Un rei no Museo (1º ciclo)

Percorrido polos edificios do Museo da Praza da Leña na

que os rapaces, ademais dunha toma de contacto co

Museo, aproximaranse ó retrato cortesán a través

dunha pequena dramatización.

As salas navais do Museo

Visita guiada polas salas navais do Museo,

traballando aspectos como: a Pontevedra

mariñeira, as invasións viquingas e sarracenas, a

nao Santa María e o descubrimento de América,

Méndez Núñez e a fragata Numancia e os

aparellos de pesca e marisqueo.

SALAS NAVAIS

PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA

Galicia: do Paleolítico á Romanización

Actividade na que se pretende unha achega ó mundo da Prehistoria traballando nas salas de Arqueoloxía. Consiste nunha visita guiada polos

educadores do Museo que comeza nas vitrinas dedicadas á Idade de Pedra, para seguir cos inicios da metalurxia, a Idade do Bronce, a Idade

do Ferro (cultura castrexa) e a Romanización.

Trabállanse aspectos como o paso do tempo, a evolución dos materiais, a creatividade humana, o mundo funerario, a agricultura, a gandería, o

adorno persoal, a vida doméstica ou a división do traballo.

O mundo galaicorromano: aras, estelas e miliarios

Visita guiada ás salas dedicadas ó mundo galaico-romano, partindo do fenómeno castrexo para continuar coa súa evolución en contacto xa co

mundo romano. A visita complétase cunha proxección multimedia sobre a epigrafía romana.

IDADE MEDIA

Os fondos medievais no Sarmiento

Percorrido comentado polos fondos medievais expostos no edificio Sarmiento desde a Alta Idade Media, partindo da Cultura Visigótica do século VI, ata a Baixa Idade Media. Traballarase elementos dos estilos

prerrománico, románico e gótico.

As ruínas de San Domingos*

Ficha didáctica na que se profunda na historia do antigo convento dominico,

na súa arquitectura gótica, e nas súas coleccións de laudas, sepulcros, escudos e restos escultóricos e arquitectónicos.

* Debido ó peche temporal das ruínas de San Domingos, esta actividade non

se pode realizar nestes momentos.

Castelao no Museo de Pontevedra Actividade con ficha didáctica na que os alumnos

se aproximan á figura do polifacético artista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Permite un

percorrido dende as súas primeiras obras ata as últimas producións durante o exilio. Algunhas

das facetas que se traballan son: Castelao caricaturista, pintor, ilustrador e escritor.

O significado das imaxes

Visita con material didáctico na que se traballa, a través da colección de pintura

renacentista e barroca, o tema da codificación das imaxes na pintura, é dicir, a súa

representación simbólica e o seu significado.

Coméntanse conceptos como: iconografía, xéneros, arte sacra, retablo, atributos,

abstracción e figuración.

Os Renovadores da Arte Galega

Visita guiada pola historia recente das vangardas da arte galega, partindo do

grupo coñecido como Os Novos ou Renovadores, dos que o Museo posúe

unha representación significativa.

Analizaranse tanto aspectos xerais do grupo como persoais de cada artista, así como a súa repercusión na historia da

arte galega e nas xeracións futuras. Autores destacados: Maside, Colmeiro,

Torres, Laxeiro, Souto e Eiroa.

ARTES PLÁSTICAS

As salas navais do Museo

Percorrido comentado polas salas navais nas que se tratan

temas vinculados co mundo do mar: as incursións viquingas e

sarracenas, o antigo porto de Pontevedra, a nao Santa María e

o descubrimento de América, a batalla de Rande, Méndez

Núñez e a fragata Numancia.

SALAS NAVAIS

INFORMACIÓN E RESERVAS

www.museo.depo.es

gabinetedidactico.museo@depo.es

Tfno.: 986 804 100 ext. 42413

de luns a venres de 8.30 a 14.30 h.

PARA FACER A RESERVA

Nome do centro

Nº de alumnos e nivel escolar

Data e hora preferente

Modalidade de visita

ATENCIÓN Ó DOCENTE

Ademais do programa aquí recollido,

asesoramos ó profesorado sobre a

posibilidade de adaptar os recursos do

Museo ós programas curriculares.