ESPAÑA E KYOTO: UNHA CONTA PENDENTE

  • View
    236

  • Download
    3

  • Category

    Travel

Preview:

Citation preview

ESPAÑA E KYOTO: UNHA CONTA ESPAÑA E KYOTO: UNHA CONTA PENDENTEPENDENTE

PABLO ROMERO VILARCHAO (1º Bacharelato)Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009

IES Otero Pedrayo.Ourense

Profesora: Carmen Cid Manzano

O Cume de Kyoto foi unha reunión de todos os países do mundo para tratar o tema do cambio global. A principal medida que se tomou foi a de reducir as emisións de gases invernadoiro, e plasmouse nun protocolo que foi asinado por case todos os países, entre eles España.

¿Que é o protocolo de Kyoto?¿Que é o protocolo de Kyoto?É un pacto firmado polos gobernos na Conferencia da ONU sobre Cambio Climático celebrada na cidade xaponesa de Kyoto en 1997. Os firmantes comprometéronse a reducir, entre os anos 2008 e 2012, un 5,2% das emisións á atmosfera de gases invernadoiro respecto ao ano 1990. A día de hoxe, 141 nacións ratificaron o pacto, aínda que entre elas non se atopa Estados Unidos, culpable dun 25% dos gases contaminantes do mundo.

Entrada en vigorEntrada en vigorTomouse a decisión de que o Protocolo entrara en vigor 90 días despois de que o ratificaran polo menos 55 países que representaran o 55% das emisións contaminantes do planeta. Ese momento produciuse cando Rusia ratificou Kyoto (5 de novembro de 2004). Polo tanto, a entrada en vigor definitiva é o 16 de febreiro de 2005. A día de hoxe, as nacións que firmaron Kyoto emiten máis do 61,5% dos gases de todo o planeta.

Gases obxectivos de KyotoGases obxectivos de Kyoto

• Dióxido de carbono

• Metano

• Óxido nitroso

• Hidrofluocarbono

• Perfluorocarbono

• Hexafluorocarbono de xofre

España debido a que no 1997 era un país en vías de desenvolvemento, permitíuselle aumentar as emisións un 15% ata 2010. Na gráfica superior vemos como foi o reparto con relación ás emisións anteriores ao protocolo.

Que está ocorrendo con Kyoto Que está ocorrendo con Kyoto na actualidade en España?na actualidade en España?

• Tendencia ao incumprimento

• Estratexia española para cumprir Kyoto

• Plan nacional de asignación

1. Tendencia ao incumprimento:

• A política enerxética está enfocada a favorecer os intereses económicos das grandes compañías eléctricas, como ben demostra o Plan de Infraestruturas de Electricidade e Gas para 2002-2011.

• Non existe unha política coherente en canto a transportes se refire. Concretamente este sector, representa o 80% das emisións españolas.

• As medidas de aforro enerxético que se tomaron non deron resultado (entre elas a Estratexia Española de Aforro e Eficiencia Enerxética).

España incrementou as emisións de forma descontrolada, chegando ata o punto de que na actualidade nos situamos entre un 35 e un 45% por enriba do máximo permitido por Kyoto. Esta situación obsérvase claramente na seguinte gráfica:

España

Aquí vemos o compromiso adquirido por Europa e por España, e a situación do noso país tomando como referencia o ano 2002. Sete anos despois, a porcentaxe de emisións aumentou en torno a un 15%:

España, xunto a Portugal, Dinamarca e Italia, foi advertida pola UE dous anos atrás como “moi por enriba das emisións pactadas”.

2. Estratexia española para cumprir Kyoto

• As críticas e medidas propostas polos grupos ecoloxistas foron rexeitadas polos ministerios de Economía, Fomento e Facenda.

• Todas as medidas que aproben os diversos gobernos deben ter en conta a súa repercusión sobre Kyoto, e polo de agora non é así.

3. Plan nacional de asignación

• Á vista de que polo de agora non somos capaces de mellorar a situación, unha solución polémica sería o comercio de emisións. Entrou en vigor a escala mundial no ano 2008 e en España xa hai unha serie de sectores que teñen asignada unha cuota máxima (eléctrico, refinerías, cemento...). Curiosamente, o transporte non, a pesar de que é un dos sectores máis contaminante no noso país.

España

• O comercio de emisións debe basearse en que quen contamina, paga. Os sectores, empresas ou compañías que elixiron os beneficios en lugar de reducir emisións, non poden agora pedir a caridade do consumidor nin do Estado.

• O Plan de asignación deberá cumprir os seguintes obxectivos para que sexa coherente cos compromisos adquiridos por España:

1. Os dereitos asignados aos sectores máis contaminantes non poderán superar en ningún caso os acordos de 1990.

2. A acumulación de dereitos de emisión non debería permitirse no primeiro periodo de cumprimento de Kyoto.

3. É aconsellable que o Estado inclúa dentro do Plan unha reserva de dereitos de emisións para poder aplicar a novos sectores.

4. Ás instalacións que cerren, deberíaselles permitir gardar os seus dereitos de emisión para poder vendelos ou transferilos a outras empresas.

5. O Estado ten que reservar unha serie de dereitos para ter certo marxe e poder maniobrar en caso de necesidade.

Ademais do comercio de emisións, hai outros mecanismos de flexibilidade, como son:

• Mecanismo de desenvolvemento limpo (MDL)

• Mecanismo de aplicación conxunta (MAC)

• Aumentar as emisións a cambio de plantar árbores e outros vexetais.

Consiste na realización de proxectos en países en vías de desenvolvemento, que xeren un aforro de emisións adicional ao que se produciría no suposto de empregar soamente tecnoloxía convencional.

Mecanismo de desenvolvemento limpo (MDL)

As reducións de emisións de GEI mídense en toneladas de CO2 equivalente, e tradúcense en Certificados de Emisións Reducidas (CER ou RCE). Un CER equivale a unha tonelada de CO2 que se deixa de emitir á atmosfera.

Mecanismo de aplicación conxunta (MAC)

Investindo no desenvolvemento de tecnoloxías limpas que reduzan as emisións de gases efecto invernadoiro nun país industrializado ou en transición. Na práctica, os potenciais países receptores serán fundamentalmente os países de Europa Central e do Leste.

Aumentar as emisións a cambio de plantar árbores e outros vexetais.

Cumpriranse os obxectivos de Kioto?Cumpriranse os obxectivos de Kioto?

Na actualidade estamos nunha situación bastante dubidosa, isto pode deberse a:

• Causas políticas

• Causas sociais

• Causas económicas

Causas políticas

O certo é que se Estados Unidos non firma o protocolo, as esperanzas de que se cumpra Kioto son moi poucas.

Moitas esperanzas acerca do cambio global están postas no actual presidente Barak Obama, que declarou a súa intención de ratificar Kyoto e de apostar por enerxías renovables.

No noso país, a xestión medioambiental foi descoidada durante o último mandato do Partido Popular, con Xosé María Aznar á cabeza (tamén escéptico acerca do cambio global).

Na actualidade, debido á inminencia de Kyoto e a que a nosa situación é límite, o PSOE tomou unha serie de medidas para saír do apuro, pero a conclusión é que os dous grandes partidos nacionais non estiveron ao altura das circunstancias.

Unha das citas claves deste ano será a XV Conferencia Internacional sobre el Cambio Climático a celebrar en Copenhague (Dinamarca) en decembro, onde se agarda que un si de Estados Unidos sexa o punto de partida de novos tempos cara o Medio Ambiente.

Causas sociaisUn dos principais problemas, e tamén dos máis difíciles de solucionar, é que a sociedade do benestar na que vivimos na actualidade non quere darse conta de que este ritmo de vida consumista e derrochador non pode manterse por máis tempo e é necesario un cambio de mentalidade. Un dos grandes retos da política, do periodismo... será inculcar á poboación esta conciencia aforradora.

Causas económicas

Ao igual que a sociedade en xeral, as empresas tampouco están dispostas a reducir os seus beneficios polo feito de contaminar menos. Inclusive nalgúns casos, aprovéitanse do tema medioambiental para facer anuncios publicitarios relacionados co aforro e coas baixas emisións. Pero nada máis lonxe da realidade, é simple propaganda para facer crer ao consumidor que son respetuosas co medio ambiente.

Tamén é certo que a outras empresas, como por exemplo as petroleiras, non lles interesa que se fale de medio ambiente por motivos evidentes.

A CRISE ECONÓMICA UNHA GRAN OPORTUNIDADE A CRISE ECONÓMICA UNHA GRAN OPORTUNIDADE PARA CUMPRIR KIOTOPARA CUMPRIR KIOTO

Consecuencias desta situación global Consecuencias desta situación global

Se non tomamos medidas xa, estas son algunhas das consecuencias que teremos que sufrir:

• Desxeo dos polos

• Aumento das precipitacións e dos desastres naturais

• Aumento da temperatura

Aumento da temperatura

Como sabemos, o incremento da temperatura prodúcese porque cada vez son máis os raios solares que chegan á superficie da Terra e non son reflexados debido ao dióxido de carbono presente na atmosfera.

No mapa de arriba, móstrase unha previsión das temperaturas mundiais para o ano 2070.

Mapa do risco de desertización en España (canto máis oscura sexa a cor, maior risco).

Desxeo dos polos

Ata fai pouco, só se pensaba no desxeo do Polo Norte, pero o certo é que a Antártida está sufrindo exactamente o mesmo proceso. Impresionantes fotografías e vídeos mostran o desplome de grandes bloques de xeo.

www.elmundo.es/elmundo/2009/01/09/ciencia/1231532644.html

Aumento das precipitacións e dos desastres naturais

Ao mesmo tempo, serían unha consecuencia do incremento de temperatura. É posible que se produzan alteracións nas precipitacións e que se intensifique a intensidade dos fenómenos naturais.

No mapa seguinte móstrase unha previsión das precipitacións anuais para o ano 2070.

OUTRAS OUTRAS GRÁFICOS GRÁFICOS

DE DE INTERESEINTERESE

ElPeriodico.com7/12/2006

Prezo do dióxido de carbono

Arriba, os países que máis consumían en 1986, e abaixo, a predición para 2100.

FONTESFONTES

•http://erenovable.com/2007/11/15/espana-y-el-protocolo-de-kyoto-mucho-mas-lejos-de-cumplir/ •http://www.elmundo.es/elmundo/2005/02/15/ciencia/1108483965.html

•http://es.wikipedia.org/wiki/Protocolo_de_Kioto

•http://archivo.greenpeace.org/Clima/Espana.htm

•http://www.icex.es/ProtocoloKIOTO/default.htm

•http://www.lukor.com/ciencia/04122405.htm