18
4º eso Actividades para setembro Curso 2011-2012

ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Exercicios para alumnos coa materis pendente para setembro

Citation preview

Page 1: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

4º eso

Actividades para setembro

Curso 2011-2012

Page 2: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

Tema 1 APARTADO 1: O ANTIGO RÉXIME 1-. Explica as principais características da agricultura no Antigo réxime 2-. Actividade 2 da páxina 11 e 6 da páxina 13 3-.Explica as principais características da monarquía absoluta. Que límites tiña na práctica

o poder dos monarcas absolutos 4-. Que é un señorío?, que dereitos ou poderes podía exercer un señor no seu señorío? 5-. Que é a sociedade estamental? Cales son os grupos dominates na sociedade europea do

XVIII? Que razóns teen a burguesía para estar decontnta na europa do XVIII (ver páxina 27)

APARTADOS 2 e 3: A ILUSTRACIÓN 6-. Actividades 7 da páxina 15 e 10 da paxina 17 7-. Explica as diferencias entre a tendencia máis radical e a máis moderada da ilustración.

Que é o despotismo Ilustrado? APARTADO 4: OS PRIMEIROS BORBÓNS EN ESPAÑA 8-. Actividades 13 e 14 da páxina 19 APARTADO 6: AMÉRICA COLONIAL 9-.Explica o sistema de comercio entre entre España e as colonias americanas. Por que se

facía así? Como foi evolucionando ó longo do século XVIII? Que paísess se beneficiaron pese a isto do comercio con américa? Como?

APARTADO 7: PROPOSTAS DE CAMBIO 10-. Explica as principais propstas de Montesquieu, Rousseau e Locke. 11-. Exercicio 3 da páxina 34

Page 3: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

Tema 2 APARTADO 1: O LIBERALISMO 1.1-. Actividade 1, 2 e 3 da páxina 39 1.2-. Explicas as diferencias entre absolutismo e liberaalismo APARTADO 2: INDEPENENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU 2.1-. Explica as propostas do liberalismo que atopes nos documentos da páxina 40 e 41 APARTADO 3: A REVOLUCIÓN FRANCESA 3.1-. Le o documento e contesta ás preguntas.

1-. Que todos os impostos sexan pagados polas tres ordes, sen ningunha excepción, cada un segundo as súas posibilidades económicas.

3-. Supresión total de todas as taxas e impostos. 4-. Exención de impostos para todas as feiras e mercados e abolición de todas as peaxes.

5-. Supresión de toda clase de décimo en especie. 7-. Destrucción dos paxaros, que fan moito mal tanto no tempo da sementeira como no da colleita.

8-. Que se aplique a xustiza con máis rapidez e menos parcialidade. 10-. Abolición total das corveas, sexan da clase que sexan. Caderno de queixas dos campesiños de Guyancourt. 1789

a) ¿Que piden os campesiños de Guyancourt?, ¿Cres que o resto dos campesiños de Francia querían o mesmo?

b) ¿Quen pagaba os impostos no Antigo Réxime?. ¿Que é o décimo?. c) ¿Por que piden que se destrúan os paxaros?, ¿por que non os cazan eles?. d) ¿Quen se opoñería a estas peticións?, ¿por que?.

3.2-. Le o documento e contesta.

Art. 1 A Asemblea Nacional suprime completamente o réxime feudal e decreta que os

dereitos e deberes, tanto feudais cimo censuais (…) e a servidume persoal (…) son abolidos sen indemnización.

Art 2. O dereito exclusivo de pombais pequenos e grandes é abolido; as pombas serán encerradas en épocas fixas polas comunidades e durante ese tempo serán consideradas como caza e cada un terá o dereito de matalas sobre o terreo.

Art 4. Todas as xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización. Art. 5 Os décimos de calquera clase (…) serán abolidos.

Decreto da Asemblea Nacional. 4-VIII-1789.

Page 4: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

a) Explica en que situación se aproba este documento. b) Fíxate nos documentos anteriores: que grupo social quedou máis satisfeito coa aprobacións deste decreto? por que?.

c) A que grupo social afectou negativamente?, por que?. 3.3-. Le o documento e contesta.

Os representantes do pobo francés, constituídos en Asemblea Nacional, considerando que a ignorancia, o esquecemento e o desprezo dos dereitos do home, son as únicas causas das desgracias públicas e da corrupción dos gobernos, acordaron expoñer unha declaración solemne dos dereitos naturais, inalienables e sagrados do home (…). Art 1. Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos (…). Art 2. A fin de toda sociedade política é a conservación dos dereitos naturais e

imprescritibles do home. Estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión.

Art. 3 O principio de toda soberanía reside esencialmente na nación (…). Art 6. A lei é a expresión da vontade xeral. Todos os cidadáns teñen o dereito a

participar persoalmente, ou polos seus representantes, na súa elaboración. A lei ten que ser a mesma para todos (…).

Art. 10. Ninguén debe ser inquietado polas súas opinións, mesmo relixiosas, sempre que a súa manifestación non turbe a orde pública establecida pola lei.

Art. 11. A libre comunicación de pensamento e opinións é un dos dereitos máis preciados do home. Todo cidadán pode, pois, falar, escribir, imprimir libremente, sen prexuízo de responder do abuso desta liberdade nos casos determinados pola lei.

Art 16. Toda sociedade na que a garantía dos dereitos non estea asegurada nin a separación se poderes determinada, non ten constitución.

Declaración da Asemblea Nacional. 26-VIII- 1789. a) Que era a Asemblea Nacional? Cando se forma? Con que obxectivos? Por que ten éxito?

b) Que significa dereitos naturais e imprescritibles do home (art 2)? Que pensadores defendían a existencia destes dereitos?.

c) Que principios políticos opostos ós do Antigo Réxime recolle esta declaración?

d) Fíxate nos principios políticos do liberalismo e indica cales están recollidos nesta declaración. Indica o artigo.

e) Que grupo social ve recollidas neste documento boa parte das súas peticións?.

f) Quen se opoñería a esta declaración? por que? g) Como reaccionou o rei ante todo isto?

3.4-. Le o documento e contesta.

A Asemblea Nacional, querendo establecer a constitución francesa sobre os principios que acaba de recoñecer e declarar, derroga irrevocablemente as institucións

Page 5: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

que danaban a liberdade e a igualdade de dereitos. Dende agora non hai nobreza nin pares, nin distincións hereditarias nin ordes nin réxime feudal (…)

Titulo III Art. 2. A Nación, da que emanan todos os poderes, non os pode exercer máis que por

delegación. A Constitución francesa á representativa: os representantes son o corpo lexislativo e o rei.

Art. 3. O poder lexislativo está delegado nunha Asemblea Nacional composta de representantes temporais libremente elexidos polo pobo.

Art. 4. O goberno é monárquico: o poder executivo está delegado no rei, para ser exercido baixo a súa autoridade por ministros e outros axentes responsables.

Art. 5. O poder xudicial está delegado en xuíces elexidos temporalmente polo pobo. Capítulo I. Da Asemblea Nacional Lexislativa. Art. 2. Para ser cidadán activo é preciso ter nacido ou ter sido feito francés, ter

cumpridos os 25 anos (…), pagar unha contribución directa polo menos igual ó valor de tres xornais e presentar o correspondente recibo (…).

Constitución francesa. 30-IX-1791.

a) Que é unha constitución?. b) Como están distribuídos o poder lexislativo, executivo e xudicial?. ¿Que pensador defendeu a división de poderes?.

c) Quen elixe os membros da Asemblea Nacional?, pode votar todo o mundo?. Que significa cidadán activo? Como se chama este modelo de sufraxio?.

3.5-. Explica os principais cambios políticos que provoca a revolución francesa respecto a

monarquía absoluta. En que documentos quedan recollidos esos cambios. 3.6-. Esquema do imperio napoleónico

APARTDO 5: A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

5.1-. Esquema da revolución agraaria 5.2-. A Revolución Agraia

a) Como se logrou un incremento dos rendementos b) Explica en que consite o sistema Norfolk e que consecuencias tivo. c) En que consistiron as leis de cerramento? A quen beneficiaron e a quen perxudicron?

5.2-Esquema das características de 1º revolución Industrial

5.4-. A Primeira Revolución Industrial a) Explica en que consiste o novo sistema fabril. Cando, onde e por qu b) aparece? Que consecuencias tivo a aparición das fábricas? c) Por que a industrial te´xtil do algodón, aindustria siderometalúrxica e ferrocrril son considerados os sectores punteiros da 1º revolución Industrial

Page 6: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

d) Explica que consecuencias tivo o desenvolvemento do ferrocarril APARTADO 6: O CAPITALISMO E A SOCIEDADE DE CLASES 6.1-. Esquema das características do caapitalismo 6.2-. Explica as diferencias entre a sociedas estamental e a sociedade de clases 6.3-. Por que decimos que a burguesái era a clase dominante na nova sociedade de clases 6.4-. Describe as condicións de vida da clase obreira na Primeira revolución Industrial 6.5-. Explica as causas da explotación da clase obreira (ver presentación)

Page 7: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

TEMA 3 APARTADO 1: RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA 1.1-.Sobre que principios se baseou a Restauración? En que Congreso se Estableceron? Cando?

1.2-. En que paises triufou a revolución liberal na 1º metade do XIX APARTADO 6: NACIONALISMOS E NOVOS ESTADOS EN EUROPA 6.1-. Qué o nacionalismo? Define os diferentes tipos de nacionalismo que atopamos en

Europa no século XIX. 6.2-. Identifica estes textos coa concepción liberal, historicista ou liberal historicista de nación e xustifica s túa resposta Documento 1: Que é unha nación? Un corpo de asociados que viven baixo unha lei común e son representadoes pola mesma lexislatrura… Documento 2: Todos os que falan un mesmo idioma (…) están unidos entre si por lazos invisibles (…) e por efectos de leis naturais de orde superior formaban xa un pobo. Así a nación alemá grazas a ter un isioma e unha maneira de pensar comúns estaba unida e diferenciabase con claridade dos demais pobos de Europa

6.3-. Explica as semellanzas e diferencias entre a Unificación Italiana e a Alemana 6.4-. Que imperios controlaba a zona dos Balcáns a inicios do século XIX?, que cambios se

producen nesta zona ó longo do século? 5-. Explica brevemente os principais cambios que se producen no mapa político europeo durante o século XIX. Identifica os países sinalados cun número no mapa do final APARTADO 7-. OS INICIOS DO MEVEMENTO OBREIRO 7.1-. Le o documento da páxina 84 e contesta. a) Por que protestan as traballadoras da fábrica de tecidos? b) Por que rompen as máquinas? ¿ c) Como se chama este tipo de protesta? Onde se produciron primeira vez? Por qué alí?

Page 8: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

7.2-. Le o documento e contesta Sabido é que un gran número de obreiros intentaron mediante reunións e coalicións ilegais obter un aumento de salarios (...), fíxose preciso tomar medidas máis enérxicas (...) impoñendo ós culpables un castigo exemplar. Polo tanto decrétase que (...) todos os acordos feitos entre obreiros co fin de obter un aumento de salarios (...) ou para impedir que calquera persoa poida empregar a calquera que el pense que é axeitado para trballar na súa fábrica (...) será ilegal (...). Combinatión acts, 1800 a) Indica a idea principal do texto b) Por que cres que se prohibiron as asociacións obreiras? c) Que é un sindicato? cando nacen? que obxectivos tiñan? d) Que é unha folga? cal é o obxectivo dunha folga?

7.3-. Le o documento e contesta a) Resume o seu contido. b) Fíxate na situación que se expón no primeiro párrafo: era isto o habitual na ápoca? por que? Expón a situación na que vivía a clase obreira na época.

c) A que cres que se debe esta situación de explotación? d) Fixeron algo os obreiros para cambiala? e) Cando se legalizaron os primeiros sindicatos en España?

Señores deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando a súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos comestibles e das habitacións e máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir cada día o círculo das nosas necesidades, mandar ó taller ás nosas esposas (…), sacrificar (…) ós nosos fillos a un traballo prematuro.

O mal é gravísimo, urxe remedio, e esperámolo de vos. (…) Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: o deereito a asociarnos. Hoxe só o temos para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en diante para poder opoñernos ás desmedidas exisencias dos donos dos tallers, establecer, de acordo con eles, tarifas de salarios (…).

Petición presentada por 33.000 obreiros nas Cortes (1855 7.4-. Le o documento e contesta: a) Resume o texto b) Que obxectivos ten a AIT? c) Cando se funda? cando se disolve? por que? d) Con cal das ideoloxías do movemento obreiro relacionas mellor o documento? Xustifica a túa desposta co texto.

Queremos a abolición de todas as clases sociais e a súa conversión nunha soa de productores libres, honrados e intelixentes. (…) Queremos que os instrumentos de traballo, a terra, as minas, as

Page 9: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

fábricas (…) sexan propiedade da sociedade enteira sendo utilizadas unicamente polas colectividades obreiras (…) e no seu seo recibirá o obreiro o producto íntegro do seu traballo (…) Este é o socialismo que proclama a internacional; en economía o colectivismo; en política a (…). O colectivismo, é dicir, a propiedade común dos instrumentos de traballo, utilización dos mesmos polas colectividades obreiras que os fagan producir directamente, e propiedade individual do froito íntegro do traballo de cada quen. A (…), é dicir, a abolición dos gobernos, ou sexa, a súa conversión en simples administradores dos intereses colectivos. ¡Traballadores: saúde e xustiza social!. 7.5-. Le o documento e contesta a) Resume o texto b) Con cal das ideoloxías do movemento obreiro relacionas mellor o documento? Xustifica a túa resposta co texto?

c) A quen se refire a última frase do texto? d) Que aspectos deste documento non serían aceptables para os anarquistas? Xustifica a túa resposta co texto. Axúdate co documento da páxina 87 do libro

e) Cando se produce a ruptura entre anarquistas e marxistas? O partido socialista declara que ten por aspiracións: 1. A posesión do poder político pola clase traballadora. 2. A transformación da propiedade individual ou corporativa dos instrumentos de traballo en propiedade colectiva, social ou común. Entendemos por instrumentos de traballo a terra, as minas, os transportes, as fábricas, máquinas, (…). En suma: o ideal do Partido Socialista é unha completa emancipiación da clase traballadora; e decir, a abolición de todas as clases sociais e a súa conversión nunca sociedade de traballadores, donos do froito do seu traballo, libres a iguais, honrados e inteligentes (…)

Dono o proletariado do poder político, valerase del, non para tiranizar a unha parte da familia obreira, como equivocadamente (…) sosteñen certos elementos revolucionarios, senón para arrancar a burguesía todos os seus pivilexios e monopolios e reducir ós seus individuos á categoría de simples productores. Programa do PSOE 1888 7.6-. Fai un cadro noi que se recollan as semellanzas e as diferencias entre

anarquismo e marxismo 7.7-. Actividades 25 e 26 da páxina 85

Page 10: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012
Page 11: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

TEMA 4 APARTADO 1: ESTADO BURGUÉS E MOVEMENTOS SOCIAIS 1.1-. Podemos considerar o estado burgués (ou liberal) como plenamente democrático. Razoa

a túa resposta indicando as diferencias entre o modelo liberal e o democrático 1.2-. Que países se achegaban máis ó modelo democrático a finais do XIX 1.3-. Explica as diferencias entre a 1º e a 2º Internacional 1.4-. Contesta ó exercicios 4, 5 e 6 da páxina 101 APARTADO 2: SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL 2.1-.Expon nun esquema as características da Segunda Revolución Industrial 2.2-. Contesta ás preguntas 7 e 8 da páxina 102 2.3-. Contesta ás preguntas 10 e 11 da páxina 105 APARTADO 3: EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMO En http://www.claseshistoria.com tes un boa información sobre o colonialismo (e sobre outros moitos temas de historia contemporanea. Busca e “imperialismo” e contesta ás preguntas. 3.1-. Colorea nun mapa as princiapais colonias europeas a finais do século XIX. Qué países teñen máis colonias? 3.2-. Le a información sobre o imperio Británico

• Cal era a principal colonia Británica? Por que? • Para que tiña colonias como Hong-Kong, Xibraltar, Suez ou Singapur?

3.3-. Por qué Alemania e Italia chegan tarde á expansión colonial? 3.4-. Ofreceron algunha resistencia os pobos colonizados? con que resultados? Por que cres que foi así? Pon algún exemplo. 3.5-. As colonias se organizaron de diferentes formas: indica as diferencias entre colonia, protectorado, dominio, territorio metrolpolitano. Pon un exemplo 3.6-. Le os documentos e indica os argumentos a favor do colonialismo de cada un deles

Page 12: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

Doc 1 "La política colonial se impone en las naciones que tienen o bien superabundancia de capitales o bien excedente de productos ésta es la forma moderno actual más extendida y más fecunda (...). Desde este punto de vista, lo repito, la fundación de una colonia es la creación de un mercado (...). En el tiempo en que estamos y con la crisis que pasan todas las industrias europeas, la fundación de una colonia es la creación de una salida (...) Hay un segundo punto que debo igualmente abordar: es el lado humanitario y civilizador de la cuestión. Es preciso decir abiertamente que, en efecto, las razas superiores tienen un derecho con respecto a las razas inferiores porque existe un deber para con ellas. Las razas superiores tienen el deber de civilizar a las razas. Las razas superiores tienen el deber de civilizar a las razas inferiores. ¿Y existe alguien que pueda negar que hay más justicia, más orden material y moral en el África del Norte desde que Francia ha hecho su conquista?"

Discurso de Jules Ferry ante la Cámara, París. 1885.

Doc. 2 Estaba ayer en el East End y asistí a una reunión de parados. Escuché fuertes discusiones. No se oía mas que un grito: "pan, pan". Cuando regresé a mi casa me sentí todavía más convencido de la importancia del imperialismo (...). Para salvar a los cuarenta millones de habitantes del Reino Unido de una mortífera guerra civil, nosotros, los colonizadores, debemos conquistar nuevas tierras para instalar en ellas el excedente de nuestra población y encontrar nuevas salidas a los productos de nuestras fábricas."

Sir Cecil Rhodes. Carta al periodista Stead. 1895.

Doc 3 " Las analogías entre los negros y los monos son más grandes que entre los monos y los europeos. El negro es inferior, intelectualmente, al hombre europeo. El negro sólo puede ser humanizado y civilizado por los europeos." J. JUNT. Sesión científica de la Sociedad Antropológica de Londres 1863.

3.7-. Fixate nas causas da expansión colonial. Cales cres ti que son as dúas máis importantes? Argumenta a túa resposta 3.8-. Le o seguinte documento e contesta

• Qué consecuencias positivas tivo para o autor a colonización? • A que cres que se refire ó final cando di que a colonización “nos ha aportado aspectos culturales que, a pesar de ser extranjeros, cabe considerar como fecundos."?

• É un africano ou un europeo o que escribe o texto? • Qué aspectos negativos destaca? Cales desrtacarías ti?

"La colonización tiene su faceta positiva y su faceta negativa. Por una parte, es evidente que ha favorecido el desarrollo de un proceso natural de totalización del mundo. En ese sentido, gracias a la colonización se ha ido creando, siglo tras siglo, la civilización entendida

Page 13: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

como universal. Sin embargo, por otra parte, la explotación que implica el hecho colonial, hace de un fenómeno nefasto. En realidad, en cualquier época, la colonización ha comportado aspectos muy negativos. Basta con analizar, como ejemplo, la historia de África. (... ) Hasta mediados del siglo XIX, los árabes y europeos organizaron el comercio humano llamado «trata de negros». (... ) Se calcula que ese genocidio provocó cien millones de muertos. Yo creo que fueron doscientos millones. Se trata del genocidio más brutal de la historia. El mal causado al África negra es el terrible que jamás se haya causado a una etnia. Y, sin embargo, insisto en el hecho de que la colonización ha comportado algo positivo en sentido de que a los pueblos africanos nos ha permitido entrar en el mundo moderno. El proceso colonizador nos ha aportado aspectos culturales que, a pesar de ser extranjeros, cabe considerar como fecundos."

Page 14: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

TEMA 5 APARTADO 1: APRIMEIRA GUERRA MUNDIAL 1.1-. Indica que problemas ou tensións habían entre: Francia e Alemaña. Inglaterra e Alemaña. Rusia e Alemaña/Austria. 1.2-. Que conflicto había entre Serbia e o Imperio Austro-Húngaro? Quen apoiaba a Serbia? por que? 1.3-. Indica as causas da Guerra. Cales cres ti que foron as maís importantes? Sinala duas e argumenta a túa resposta 1.4-. Fíxate nas fases da guerra. Cal foi a que determinou o resultado fianal da contienda. Argumenta a túa resposta. 1.5-. Despois de ler a información dol libro sobre as novas formas de guerra e o seguinte documento responde ás preguntas “Muchos veteranos de esta guerra han hablado de lo que recuerdan de los heridos. Pero lo que causó una impresión tan profunda como ésta, fue otro aspecto del conflicto, menos frecuente: la presencia constante de los muertos. En otras guerras anteriores, el conflicto había durado unos pocos días, como máximo. Había tenido un comienzo y un fin, tras el cual se habían enterrado los cadáveres de ambos contendientes. Pero esta guerra era diferente: los combates duraban meses; el fuego de la artillería descuartizaba a los hombres en un instante; y la línea del frente apenas se movía. Por lo tanto, en la línea de trincheras que se extendía desde Suiza hasta el canal de la Mancha estaban esparcidos los restos de tal vez un millón de hombres. Los soldados comían junto a ellos, bromeaban a su costa y les despojaban de todo lo que tenían. (...) Los soldados tenían que seguir adelante en presencia de innumerables cadáveres, algunos conocidos, la mayoría anónimos. Los que eran enterrados a menudo volvían a aparecer durante los bombardeos y, a veces, se les volvía a sepultar para defender, literalmente, las trincheras en las que ellos mismos habían combatido. Muchos recuerdan el hedor de la descomposición y las moscas volando sobre los cadáveres en grandes cantidades, sobre todo durante los meses de verano. Todo el mundo aborrecía las ratas. Resulta difícil imaginar cómo debía de ser un lugar tan espantoso. Todavía hoy se pueden encontrar huesos humanos en los alrededores de Verdún.” J. M. Winter. La Primera Guerra Mundial. a) Qué diferencias aprecia el autor del texto entre las guerras tradicionales y la 1ª G. Mundial? b) Cales cres ti que foron as novidades máis importantes desta guerra c) En qué forma afectó psicológicamente este tipo de guerra a los combatientes?

Page 15: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

1.6-. Le o documento e contesta. Os EE.UU de América, o Imperio Británico, Francia, Italia e Xapón, potencias designadas no presente tratado como as principais potencias aliadas (…) dunha banda e Alemaña, doutra, acordaron as disposicións seguintes: Art. 42-. Prohíbese a Alemaña manter ou construír fortificacións, sexa sobre o lado esquerdo do Rin, sexa sobre o lado dereito. Art.51-. Os territorios cedidos a Alemaña en virtude da paz asinada en Versalles o 26 de febreiro do 1871 (…) son reintegrados á soberanía francesa. Art 87-. Alemaña recoñece a completa independencia de Polonia e recoñece a favor de Polonia todos os dereitos e títulos sobre os territorios a ela atribuídos. Art 119-. Alemaña renuncia en favor das principais potencias aliadas a todos os seus dereitos e títulos sobre as súas posesións de ultramar. Art 160-. Por ningún concepto o total do exército permanente alemán (…) poderá exceder de 100.000 homes. Art 173 Todo servicio militar obrigatorio será abolido en Alemaña. Art 231-. Os gobernos aliados declaran e Alemaña recoñece que Alemaña e os seus aliados son responsables, por seren os causantes, de todas as perdas e de todos os danos sufridos polos gobernos aliados e asociados e as súas nacións como consecuencia da guerra, que lles foi imposta pola agresión de Alemaña e dos seus aliados. Tratado de Versalles. 28-VI-1919.

a) Participou Alemaña na elaboración deste tratado?, foi consultada?, ¿como foi interpretado este tratado polos alemáns?

b) A que se refire o artigo 51? c) Que territorios tivo que ceder Alemaña por este tratado? d) Que outras condicións tivo que aceptar Alemaña?

1.7-. Explica os cambios que se producen no mapa de Europa como consecuencia da Primeira Guerra Mundial. Indica os países novos, os que perderon territorios e os que gañaron territorios.

1.8-.

Page 16: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

Completa os mapas

Page 17: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

APARTADO 2-. A REVOLUCIÓN RUSA 2.1-. Explica a situación política, económica e social de Rusia antes da da Revolución 2.2-.Que grupos sociais e políticos apoiaban a revolución en Febreiro do 17? Que

obxectivos tiña o novo goberno provisional? 2.3-. Que grupos sociais e políticos apoiaban a revolución bolxevique en outubro do 17?

Cales foron as primeiras medidas dos bolxeviques despois de conquistar o poder? 2.4-. Podemos considerar a era de Stalin como unha ditadura? Argumenta a túa resposta 2.5-. En que consistiu a colectivización agraia en época de Stalin? Que consecuencias tivo APARTADO 3: O FASCISMO 3.1-. Fai un esquema das princioais característcas do fascismo 3.2-. Indica as diferencias entre fascismo e democracia 3.3-. Indica as semellanzas e as diferencias entre o fascismo e o sistema soviético APARTADO 4: A CRISE DO 29 E A GRAN DEPRESIÓN 4.1-. Por qué sube o prezo das accións nos anos 20 Quen invirte na bolsa? Como? 4.2-.Que entendes por superproducción? Como chega a industria americana a unha situación

de superproducción? qué consecuencias ten? 4.3-. Que efectos tivo a caída da bolsa? 4.4-. Explica en que consistiu o NEW DEAL APARTADO 5: O NAZISMO 5.1-. Explica as peculiaridades do nazismo 5.2-. Explica os factores que favoreceron o ascenso do nazis ó poder 5.3-. Fai un esquena da polñitica dos nazis no poder (páxina 143) APARTADO 6: A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL 6.1-. Explica as circustancias que levaron a Segunda Guerra Mundial 6.2-. Indica que países están en cada bando 6.3-. Cres que e correcto chamarlle “Guerra Mundial”. Argumenta a túa resposta.

Page 18: ACTIVIDADES SETEMBRO 2012

6.4-. Cal cres ti que foron os dous momentos decisivos da guerra? 6.5-. Indica novas formas de guerra 6.6-. Indica os principais cambios que se producen no mapa europeo a finais da guerra

TEMA 6 APARTADO 2: A SEGUNDA REPÚBLICA 2.1-. Sinala 4 característcas da constitución de 1931 2.2-. Explica as principais reformas do Bienio Reformista de Segunda República. Que

grupos socias apoiaban estas reformas. Por que? 2.3-. Indica as principais caracterísitcas do Bienio de Dereitas APARTADO 4: A GUERRA CIVIL 4.1-. Explica que grupos apoiaron ó bando sublevado na Guerra Civil e explica por que o

fixeron 4.2-. Contesta as actividades 16 e 18 da páxina 169 APARTADO 5: A DITADURA FRANQUISTA 4.2-. Explica brevemente as principais características da Ditadura Franquista

TEMA 7 APARTADO 1: A BIPOLARIZACIÓN DAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS 1.1-. Fai os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 189 APARTADO 2: A GUERRA FRIA 2.1-. Actividades 4, 5 e 6 da páxina 191 APARTADO 5: DESCOLONIZACIÓN 5.1-. Actividades 19 e 20 da páxina 201