36
TEMA DO MES Páx.2 COMARCA Páx.12 COMARCA Páx.8 Número: 82 - Ano:VIII - Setembro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 PROVINCIA Páx.22 COMARCA Páx.14 Comezo do curso escolar cun lixeiro repunte na matrícula Un técnico explica ao público no salón de plenos de Xinzo o contido do proxecto “LIFE Regenera Limia”. /P. LODEIRO Mouros e cristiáns regresan a Rairiz na Romería da Saínza 4.300 hectáreas arderon na provincia de Ourense nun mes Apertura do Punto de Atención á Infancia de Vilar de Santos Prevista unha redución do 20% na colleita da pataca Presentado un proxecto para reducir a contaminación do Limia [páx. 10] Entrevista ao atleta Rubén Diz, recoñecido polo Concello de Xinzo [p. 27]

Setembro 2013 - BXVAC

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Incendios e comezo do curso escolar, temas destacados do número de setembro de Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova. Máis da metade das 4.300 hectáreas que arderon este último mes na provincia, foron nas comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz e Celanova. O número de setembro do periódico Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova presta unha especial atención ao balance da vaga de incendios deste agosto-setembro na nosa provincia, con máis de 4.300 hectáreas queimadas. Recollemos tamén as declaracións da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, no Parlamento, onde compareceu para explicar o dispositivo contra incendios deste verán.

Citation preview

Page 1: Setembro 2013 - BXVAC

TEMA DO MES Páx.2 COMARCA Páx.12COMARCA Páx.8

Número: 82 - Ano:VIII - Setembro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

PROVINCIA Páx.22COMARCA Páx.14

Comezo do curso escolar cun lixeiro repunte na matrícula

Un técnico explica ao público no salón de plenos de Xinzo o contido do proxecto “LIFE Regenera Limia”. /P. LODEIRO

Mouros e cristiáns regresan a Rairiz na Romería da Saínza

4.300 hectáreas arderon na provincia de Ourense nun mes

Apertura do Punto de Atención á Infancia de Vilar de Santos

Prevista unha redución do 20% na colleita da pataca

Presentado un proxecto para reducir a contaminación do Limia

[páx. 10]

Entrevista ao atleta Rubén Diz,

recoñecido polo Concello de Xinzo [p. 27]

Page 2: Setembro 2013 - BXVAC

� BARRIOSSetembro de �013

TEMA DO MES

O concello máis afectado pola lapas foi o de Cualedro, no que arderon -en diversos incendios- máis de 2.300 hectáreas das parroquias de Xironda, Vilela, Lucenza e Montes. /P.LODEIRO.

Redacción

As altas temperaturas rexistradas en Ourense nes-te mes de agosto, engadidas á ausencia de choiva, fixe-ron que un ano máis a nosa provincia estea a ser devo-rada polas lapas. Só no úl-timo mes arderon preto de 4.300 hectáreas.

A vaga de incendios ini-ciouse o 11 de agosto can-do o concello de Larouco comezou a arder, foi o pri-meiro de ata 31 lumes -que superaron as �0 hectáreas queimadas- que tiveron lu-gar ao longo da xeografía ourensá en 30 días.

De entre todos estes incen-dios o que, ata o de agora, tivo unha maior envergadu-ra foron os que afectaron ao concello de Cualedro, que arrasou con �.359 hectáreas das parroquias de Xironda, Vilela, Lucenza e Montes.

Así mesmo, os lumes de Larouco (con preto de 500 hectáreas queimadas), Vi-lamarín (�50 hectáreas), A Mezquita (160), Velle (1�7) e Chandrexa de Queixa e Monterrei-Vilardevós (100 hectáreas cada un) foron outros dos incendios máis graves dos sufridos ata o momento nos nosos mon-tes.

Nivel 1Xunto aos lumes de Cua-

ledro, Cudeiro e Monterrei-Vilardevós, que tiveron lu-gar a mediados de agosto, nos últimos días a Conse-llería de Medio Rural viuse obrigada a activar o nivel 1 de alerta durante uns 50 minutos do 3 de setembro no incendio rexistrado no concello de San Amaro, pola proximidade das la-pas ás aldeas do Marco e Varille, nas que os veciños intentaron facerlle fronte ás lapas coas súas manguei-ras domésticas. Finalmente este lume quedou extingui-do ao día seguinte.

Case 3.000 hectáreas

4.300 hectáreas ardidas en Ourense nun mes4 Máis de �.800 foron nas comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz e Celanova.

queimadas en Monterrei, A Limia, Allariz e Cela-nova

Nas comarcas de Mon-terrei, A Limia, Allariz e Celanova arderon neste último mes �.871 hectá-reas, afectando sobre todo aos concellos de Cualedro, Xinzo, Vilardevós, Mon-terrei, Padrenda, Baños de Molgas, Verea e A Bola.

A Xunta de Galicia tivo que intervir nesta zona en alomenos 15 lumes (con máis de �0 hectáreas quei-madas) distintos.

Denuncias dos briga-distas

E mentras Ourense ardía, os brigadistas facían públi-cas as carencias do seu sec-tor. O comité de empresa do SPDCIF (Servizo públi-co de defensa contra Incen-dios forestais) cualificou de “piruleta envenenada” a decisión da Consellería do Medio Rural e do Mar de cubrir 15 prazas vacantes na provincia, cando son 60 as vacantes totais existen-tes, fronte a unha plantilla total de �70 traballadores, denunciaron. Así mesmo, tamén criticaron o feito de que no dispositivo contra incendios participen “chi-ringuitos” como SEAGA ou TRAGSA ou empresas privadas como NATU-TECNIA (brigadas heli-transportadas). “Nós sem-pre vimos demandando un mando único, que todo

o persoal ten que ser do propio servizo, non pode haber catro ou cinco em-presas porque iso produce discriminación”, apuntaba Óscar Rodríguez, traballa-dor do SPDCIF e membro do comité.

Datos estatais

Ao contrario do que está a acontecer en Galicia, no ba-lance feito no conxunto do noso país sobre o número de lumes rexistrados e a super-ficie afectada polos mesmos os datos son algo máis posi-tivos. Dende o 1 de xaneiro ao 1 de setembro de �013

�.599 lumes, dos cales máis do 77% quedaron na cate-goría de conatos (menos dunha hectárea de superfi-cie), e a superficie afectada foi de máis de 10.780 hec-táreas. No tocante ao mes de agosto, Quintana sinalou que houbo un total de 1.161 lumes, dos cales preto do 76% quedaron en conatos, e que afectaron a unha su-perficie de 7.603 hectáreas.

Eficacia e coordinaciónSegundo Quintana, estas

cifras amosan a eficiencia do dispositivo de loita con-tra os lumes forestais, que está a lograr que a maioría dos lumes se apaguen no mesmo día.

Así mesmo, a titular de Medio Rural e do Mar agradeceu o comportamen-to e colaboración da cida-danía, tanto dos que cola-boran na propia extinción dos lumes coma os que alertan a través do teléfono gratuíto 085.

A conselleira do Me-dio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou este 10 de setembro no Pleno da Cámara que “a día de hoxe a ninguén nesta so-ciedade se lle escapa que o monte arde porque se lle prende lume”. Quintana compareceu -a petición propia- para informar da evolución dos incendios forestais acaecidos en Ga-licia no mes de agosto.

Na súa comparecencia, Rosa Quintana explicou que resulta cando menos chamativo que a partir do ocaso –cando os medios aéreos non poden traba-llar– se rexistre un eleva-do número de lumes. Isto, sumado aos lumes prendi-dos en días de forte ven-to a favor dos núcleos de poboación, evidencian o carácter homicida de quen prende.

A conselleira relatou que, no que vai de ano, se rexistraron un total de

tiveron lugar en España un total de 1.875 incendios forestais maiores a unha hectárea, fronte aos 4.635

de promedio da última dé-cada; véndose afectada este ano unha superficie total de 37.830 hectáreas, tres veces menos que as 106.73� hec-táreas anuais de media do último decenio.

Pola súa banda, o número de grandes incendios (que afectaron a máis de 500 hec-táreas) foi neste �013 de 11, moi inferior á media desta década, de 37 incendios. E tamén descendeu a media da porcentaxe de superfi-cie afectada en relación á extensión de toda España. En �013 ardeu un 0,137%, fronte ao 0,387 % rexistrado de media.

Agora as autoridades encárganse de buscar aos responsbles de todos estes lumes. En Ourense, no que vai de ano, as forzas de se-guridade detiveron e impu-taron 36 persoas como pre-suntos autores de incendios forestais.

Plan de valorización do monte

Así mesmo Rosa Quinta-na avanzou na Cámara que o seu departamento está a traballar no deseño e posta en marcha do Plan de Valo-rización do Monte Galego, co que activar todas as po-tencialidades do noso mon-te, co obxectivo de reducir os incendios.

Sinalou que a inversión-deste Plan ascenderá a 3�,8 millóns de euros, podendo chegar ata os 37,7 millóns logo de incorporar fondos europeos. Así mesmo, ex-plicou que se desenvolve-rán actuacións en máis de 150 zonas e 4.600 hectá-reas de monte de Galicia, e xerarán máis de 38.500 xornais de traballo.

4 Rosa Quintana: “A día de hoxe a ninguén nesta sociedade se lle escapa que o monte arde porque se lle prende lume”

Os brigadistas denunciaron 60 postos vacantes na provincia na tempada de maior risco de incendios

En España este 2013 producíronse menos lumes que a media da última década e afectaron a unha menor superficie

Rosa Quintana comparecendo no Parlamento.

Page 3: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

3VERÍN E COMARCA

A Escola de Familia acollerá varias iniciativas durante o curso divididas en función das idades dos rapaces que participen nelas, como Kero-Kolo, Kero-Kedar ou actividades para mozos

Redacción

O edificio municipal do Lavadoiro de Verín con-verterase proximamente na sede a Escola de Familia Municipal. O inmoble, si-tuado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lava-doiro, recupera o seu es-pírito educativo, coa nova posta en marcha da Escola de Familia Municipal, un espazo de uso integral para todas as modalidades de fa-milias e os seus membros.

Acollerá ao longo do cur-

A Escola de Familia de Verín terá a súa sede no edificio municipal do Lavadoiro4 Converterase nun espazo de uso integral para todas as modalidades de familias e os seus membros. As súas actividades comezarán no mes de outubro.

so varias iniciativas dividi-das en función das idades dos rapaces que participen nelas.

A Escola de Familia im-pulsará varias iniciativas que darán comezo coa ape-tura do edificio para tal fin o � de outubro.

Escola de Familia Mu-nicipal

A Escola de Familia será pois, un lugar de encontro, de formación e de intercam-bio de ideas, experiencias e actividades para todos os

verineses, que incremente a sensibilización cidadá. Está promovida polo departa-mento de Servizos Sociais da Casa da Xuventude do Concello de Verín, dende unha formulación integral que une as distintas esferas da educación: familia, esco-la e sociedade. Enfocarase ao desenvolvemento, entre os participantes, de activi-dades nas que a solidarieda-de, o esforzo, a aprendizaxe continua, o desexo de saber, a creatividade, o espíritu crítico, a asunción de riscos

e a aceptación de erros, en-tre outras cuestións, estean presentes.

Comezará o � de ou-tubro cunha xornada en colaboración coa Univer-sidad Nacional de Educa-ción a Distancia (UNED): “Coaching. Linguaxe non verbal e análise”, impartida por Elena Garrido Villari-no, da Escola Europea de Líderes.

Kero-KoloDesde a Escola impulsa-

rase o programa Kero-Kolo dirixido a pais e nais con fillos de dous a tres anos de idade creando un espazo encamiñado a relacionarse entre eles. Kero-Kolo terá lugar os martes pola mañá -durante todo o curso esco-lar- na aula de psicomotri-cidade do Pavillón Muni-cipal de Deportes de Verín. En definitiva, todos os que participen compartirán ex-periencias cotiás no que será a antesala de entrada ao centro educativo.

Kero-KedarO 16 de outubro dará

comezo a actividade Kero-Kedar. Está será a continui-dade do Kero kolo, é dicir, para nenos entre 3 e 4 anos.

4 Máis informaciónPara máis información dos programas do departa-

mento de Educación Familiar do Concello de Verín os interesados poden dirixirse ao Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal situado na Casa da Xuventude (avenida de Portugal, 11), no teléfono 988 414776 ou no correo electrónico: [email protected].

Desde o departamento de Educación Familiar do Con-cello de Verín invitan aos veciños de Verín que fagan chegar de xeito voluntario fotos do antigo Lavadoiro, que serán seleccionadas para a ambientación das ins-talacións.Edificio que será a sede da Escola de Familia e que comezará a funcionar para o mes de

outubro./Borys Martínez.

Xogos e aprendizaxe mestu-raranse nesta iniciativa que terá lugar na Escola de Fa-mila os mércores de 17.30 a 18.30h. A inscrición debe realizarse durante o mes de setembro no departamento de Educación Familiar.

Moito máisA Escola de Familia ten

moito máis que ofrecer. Para a liña xuvenil do novo curso �013/�014 seguirase a traballar en actividades coa mocidade para evitar o fracaso e abandono es-

colar, a través do programa de Redución do Abandono Escolar 2013 financiado pola Consellería de Cultu-ra, Educación e Ordenación Universitaria, MECD e Fondo Social Europeo.

Tamén se impulsará a creación, a través de UNI-CEF, do Consello Escolar Municipal, para mellorar a calidade de vida dos meno-res do termo municipal de Verín. Será un espazo que facilite a coordinación en-tre as institucións e os me-nores.

Page 4: Setembro 2013 - BXVAC

4 BARRIOSSetembro de �013

VERÍN E COMARCA

Cesar Nunes é o director xerente da empresa radica-da en Verín Bluetek Water Treatment, especialistas en equipos semiprofesionais para o xardín e, sobre todo, en sistemas novidosos e pun-tos de reciclado de auga.

Nunes sempre foi unha persoa moi inquieta, sem-pre coa idea de crear con todo o que chegaba ás súas mans, de pensar como podía fabricalo ou darlle outros usos. “Bluetek deseña o seu revolucionario sistema de reciclado partindo dunha premisa moi sinxela, non ten sentido utilizar a auga potable para a limpeza do inodoro.”, explica o xerente de Bluetek.

“O seu sistema de reci-claxe permite a reutilización da auga que pasa polo la-vabo e sométea a un eficaz proceso de filtrado e desin-

fección. Recolle a auga que flúe polo desaugadoiro do lavabo do cuarto de baño, a limpa e a pasa a un tanque de almacenamento para a súa reutilización no inodo-ro”, describe Nunes.

Crean en Verín un novidoso sistema de reciclado de augaComercialízao a empresa Bluetek

Fabricado por Bluetek, o sistema de tratamento de augas emprega a última tec-noloxía e foi deseñado utili-zando un proceso interno de limpeza e desinfección na reciclaxe que proporciona

un rendemento excepcio-nalmente alto.

Bluetek Water Treatment ten a súa sede na avenida Luis Espada, �1, de Verín.

[+ info en www.yoaho-rroagua.com]

César Nunes, xerente de Bluetek Water Treatment.

P.L.

As uvas da Denomina-ción de Orixe Monterrei seguirán nas viñas un par de semanas máis. Este ano, a colleita volverá retrasarse,e polo menos, non comezará ata a sema-na do �3 de setembro. O motivo? As baixas tempe-raturas da primavera, que fixeron que a brotación se retrasara bastante, explica o director técnico do Con-sello Regulador da DO, Luis Miguel.

Con todo, a calidade fi-tosanitaria da uva é “moi boa” ao non ter chovi-do nos últimos meses. A cantidade que se prevé vendimar será similar ao ano anterior, ao redor dos �,7 millóns de quilos de

Retrásase a vendima na DO Monterrei4 As previsións son comezar a recoller a uva a partir da semana do �3 de setembro.

uva, “salvo nalgunhas zonas afectadas polas xeadas”, que será menor.

A duración da vendima dependerá das condicións metereolóxicas que se pre-senten nas vindeiras sema-nas.

Viñas na D.O. Monterrei./ARQUIVO.

Page 5: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

5VERÍN E COMARCA

Campamento do Invernadeiro 2013 Durante seis días de agosto, unha expedición de corenta

nenos verineses participou nunha nova edición do campa-mento do Invernadeiro, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín.

Os menores, con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, participaron en actividades socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, e percorreron rutas de sendei-rismo por distintas zonas do Parque Natural do Invernadei-ro.

O obxectivo deste campamento, que volverá repetirse no vindeiro ano, é que os nenos reciban unha educación am-biental e ecolóxica, impulsar neles o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, que aprendan a coñecer a importancia da reciclaxe e a convivir entre eles.

Máis de 30.000 persoas visitan a Eurocidade na primeira edición da festa dos pobos “Aquae Flaviae”

Este mes de agosto a Eurocidade realizou a primeira edición da festa dos pobos e mer-cado romano “Aquae Flaviae” (o nome romano da vila de Chaves). Foron tres días, do �3 ao �5 de agosto, de retorno ao pasado, nunha festa popular chea de cor e animación, que invitou ao visitante a unha viaxe polo tempo ata a época romana. Unha iniciativa que su-perou todas as expectativas da organización, xa que se estima que máis de 30.000 persoas pasaron pola Alameda de Trajano e do Tabolado de Chaves durante as tres xornadas.

Foron diversos os momentos relevantes desta recreación histórica do período romano, entre eles os baños termais romanos, un espectáculo de malabarismo de lume sobre a ‘Lenda das Dúas Chaves’, unha cerimonia fúnebre dun gladiador no río Támega, un casa-mento imperial e actividades de rúa. Participaron máis de mil figurantes e 78 expositores diferentes. Tendo en conta o éxito desta primeira edición da Festa dos Pobos, realizada en dúas linguas, portugués e castelán, a organización pretende repetir a experiencia e converter esta iniciativa nun evento de referencia.

4IMAXES DO MES

Foto de familia do campamento do Invernadeiro, xa toda unha tradición en Verín./CdV.

Unha das cerimonias romanas que se recrearon en Chaves./EUROCIDADE.

Page 6: Setembro 2013 - BXVAC

6 BARRIOSSetembro de �013

EN BREVE

VERÍN E COMARCA

4 Centro do día en Cualedro

A Consellería de Tra-ballo e Benestar investirá preto de dous millóns de euros para a construción e equipamento de cinco centros de día, catro deles na provincia de Ourense, entre eles o de Cualedro.

O Consello da Xunta do 5 de setembro autorizou os cinco acordos, que se inscriben no convenio de colaboración subscrito entre a Xunta e o Estado para a execución de ac-cións en zonas rurais. Para Cualedro contarase cun convenio ata �015 para a creación de �4 novas pra-zas, cun investimento de 7�0.000 euros.

4 Charla en Portas Abertas

O Centro de Desen-volvemento Rural Portas Abertas ofrece un curso de “Sistemas de infoma-ción xeográfica” entre o �3 de setembro e o 17 de outubro. Financiada polo Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, a forma-ción ten unha duración de 40 horas e impartirase no centro co que conta Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 en Verín.

Inclúese neste curso unha charla a cargo de Ro-dolfo Núñez de las Cuevas sobre “SIX e cartografía. Bases do desenvolvemen-to económico”. A cita é o �4 de setembro ás 19:30 horas no mesmo centro, e no caso de que a demanda do público fora moi gran-de, trasladaríase á Casa de Cultura de Verín. Rodol-fo Núñez foi enxeñeiro e director do Instituto Xeo-gráfico Nacional; investi-gador principal en proxec-tos realizados coa Nasa e pioneiro na aplicación e desenvolvemento da te-ledetección espacial con fins cartográficos.

A charla está aberta a todos os interesados, que deben inscribirse no 988 417 �3� ou en [email protected].

Un obradoiro de memoria para persoas maiores organizado polo Concello de Verín.

Redacción

Para celebrar o Día Mundial do Alzheimer o vindeiro �1 de setembro, a área de Persoas Maio-res de Servizos Sociais do Concello de Verín promo-ve unha semana cultural e deportiva destinada a visi-bilizar esta enfermidade.

Do 14 ao �1 de setem-bro, os Servizos Sociais organizaron unha serie de actividades culturais e de-portivas destinadas a toda a poboación do municipio, así como aos familiares e coidadores das persoas afectadas polo Alzheimer, unha enfermidade progre-siva que afecta a aproxi-madamente �� millóns de persoas en todo o mundo, e que é unha das principais causas de mortalidade en-tre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.

ActividadesA primeira actividade

prevista será a exposi-ción fotográfica ‘Desve-los sinxelos’ na Casa do Escudo de Verín. A súa inauguración terá lugar o 14 de setembro, ás 1� ho-ras, e poderá visitarse ata o �1 de setembro de 17 a �0.30 horas. Está destina-da ao público en xeral e os obxectivos da mesma son rememorar épocas pasa-das, facer unha comparati-va temporal da sociedade e dotar de identidade so-cial aos maiores.

Nas xornadas do 16 e 17 de setembro, de 18 a 19.30 horas, nas instalacións deportivas municipais desenvolveranse torneos de cachibol para persoas maiores e familia, co fin de promover a actividade física entre os nosos maio-res, concienciar dos bene-ficios do deporte, mellorar

a valoración persoal e a au-toestima.

O mércores 18 de setem-bro, de 11.30 a 13 horas, terá lugar un obradoiro de esti-mulación cognitiva-autoes-tima na Casa da Xuventude de Verín. Vai destinado a coidadores formais e infor-mais, e busca estrear os coi-dadores no desenvolvemen-to de actividades cognitivas cos seus pacientes, traballar coa mente a través da mo-tricidade-psicomotricidade, sensibilizar da importancia que ten o mundo emocional no coidado, resolver e pre-vir esquecementos cotiáns a través dos exercicios pro-postos.

Ao día seguinte, 19 de setembro, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá ás 19 horas o espa-zo interxeracional ‘Conta-contos’, destinado a rapaces e persoas maiores. O mesmo está enfocado a fomentar ta-refas cognitivas de atención e concentración na lectura de contos populares, favo-recer a participación noutras actividades da comunidade e sensibilizar aos partici-pantes na enfermidade do Alzheimer.

Na xornada do �0 de set-

embro, na Casa da Xuventu-de de Verín, impartirase un obradoiro de arteterapia, de 18 a 19.30 horas. Neste caso está destinado a maiores, fa-milia e coidadores, co fin de fomentar a participación in-terpersoal entre avós e netos e participar de xeito activo na elaboración de produtos artesanais.

E ao día seguinte, sábado �1, a Casa da Cultura será o escenario da mesa redonda “Peregrinar cara a un reto social”. Terá lugar de 11 a 14 horas para o público en xeral, co fin de informar so-bre aspectos da enfermidade dende disintas ópticas profe-sionais e sensibilizar sobre as pautas de prevención e intervención actuais.

Nesa mesma xornada, pero ás 16.30 horas, celebrarase a ‘I Andaina polo Alzheimer’, con saída dende o Pavillón Municipal de Deportes de Verín. A mesma, que conta-rá cun acto conmemorativo á súa finalización, tamén está destinada ao público

en xeral e busca promover a actividade física, cola-borar en xogos populares, rememorar tempos lúdicos pasados e xerar unha iden-tidade propia.

22% da poboación, maiores de 65 anos

A poboación maior de 65 anos ascende en Verín a un total de 3.404 habitan-tes, o que supón o ��,96% da poboación total. Dende a implantación da Lei de Dependencia e Autono-mía Persoal, a área de Per-soas Maiores de Servizos Sociais tramitou arredor duns 800 expedientes, o que amosa a existencia dun amplo colectivo de persoas dependentes, con necesidade de asistencia ou apoio para a realización das actividades básicas da vida diaria, sen escapar da realidade do Alzheimer, posiblemente como conse-cuencia do envellecemento da poboación e do aumen-to da esperanza de vida.

Actividades culturais e deportivas conmemorarán o Día do Alzheimer4 Do 14 ao �1 de setembro, programa organizado pola área de Persoas Maiores dos Servizos Sociais de Verín.

O programa de actos inclúe cachibol, obradoiros de estimulación cignitiva e arteterapia, contacontos, mesas redondas e unha andaina

Obradoiro de emprendemento rural en VerínRedacción

A asociación A Cova da Terra organiza en Verín os días 18 e 19 de setembro un obradoiro de empren-demento rural sustentable.

A asociación A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, organi-zan este obradoiro dentro do programa: “De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio”. O obxectivo deste proxec-to é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económi-ca, social e medioambien-tal, cooperación e sobera-nía alimentaria.

Este obradoiro é un dos nove que se están a celebrar por todo o país durante os meses de xu-llo, setembro e outubro. O proxecto pasou xa por lugares como Vilalba, Chantada, Redondela, O Barco e A Estrada, onde a mocidade puido descubrir as oportunidades de em-prendemento económico, éticas e socialmente res-ponsables, que ofrece o noso rural.

Actividade gratuítaO obradoiro celebrara-

se na Casa da Xuventude, con horario de 16 a �1 ho-ras, os días 18 e 19 de se-tembro. É unha actividade de balde, grazas á colabo-ración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta. As prazas son limi-tadas e é necesaria inscri-ción previa.

[+ info en http://deaquixus-toeecoloxico.blogspot.com.

es/]O obxectivo do obradoiro é achegar á mocidade as oportunidades do rural

Page 7: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

7VERÍN E COMARCA

Os menores participa-ron nunha gymkana de obstáculos, recibiron unha explicación participativa sobre o consumo do peixe, moluscos, crustáceos e mariscos, e aprenderon a elaborar diversas receitas de bocadillos con conser-vas, que finalmente degus-taron.

A ludoteca de verán funcionou desde o 25 de xuño ata o 6 de setembro

Un cento de menores participaron este verán na ludoteca municipal 4 A iniciativa axudou a moitas familias a conciliar a vida labo-ral e familiar durante o tempo vacacional dos cativos.

Participantes ludoteca de verán, durante a actividade “Ponlle as pilas ao teu bocata”./BORYS MARTÍNEZ.

Redacción

Máis dun cento de meno-res de entre 3 e 10 anos de Verín despedíronse o pasado venres da ludoteca de verán, participando nas actividades da campaña de reciclaxe “Separemos ben, reciclare-mos mellor”.

Ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto, os ca-tivos verineses gozaron do seu tempo libre con obra-doiros, animación á lectura, contacontos, xogos, activi-dades na piscina ou cine in-fantil. Ao tempo que eles se

entretiñan, aos seus proxe-nitores facilitábaselle conci-liar as súas vidas laborais e familiares.

Os usuarios da ludoteca de verán dedicaron a última xornada da mesma á parti-cipar nas propostas organi-zadas ao redor da campaña ambiental “Separemos ben, reciclaremos mellor”, orga-nizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Monitores especializados explicáron-lles a través dunha furgone-ta adaptada as claves para implicarse no sistema de

reciclaxe. As explicacións reforzáronse coa distribu-ción de material divulgativo e merchandising específico, e cunha carpa que albergaba o xogo xigante da reciclaxe.

“Ponlle as pilas ao teu bocata”

Apenas dous días antes, o complexo deportivo da Granxa acolleu a campaña “Ponlle as pilas ao teu boca-ta”, organizada pola Xunta de Galicia, e á que o Con-cello de Verín se adheriu co obxecto de fomentar os há-bitos saudables.

Hoxe en día as ofertas de actividades deportivas e físicas son moi amplas e variadas. Actividades con todo tipo de música, moni-tores, espazos, materiais. É unha loita por atopar o produto máis innovador, a clase máis creativa, para usuarios que, cada vez máis, foxen das clases máis tradicionais.

En Saudeter facemos fincapé noutros aspectos que rodean este tipo de clases, desta maneira con-seguimos un produto moi completo, onde o cliente goza de numerosos servi-zos. Un todo nun.

En que se basea o noso método?

- Monitores: Contamos con numerosos profesio-nais da actividade física, animación, educación in-fantil e das clases colec-tivas, que desde a empresa fomentamos e axudamos á súa formación continua con formacións internas, reunións técnicas, con-veccións.

- Rotación: Debido ás especializacións que po-súen os nosos monitores. Cada certo período de tempo, rotamos o conti-do das actividades. Desta maneira os usuarios go-zan dunha maior oferta, variada en canto a meto-

doloxías, completa e máis eficaz. O que permite com-bater rutinas, ao ampliar motivacións.

- Nutrición: Cuantificar o teu punto de partida con gráficos, porcentaxes, ilus-tracións e/ou valores. Isto aumenta o estímulo e mar-ca obxectivos concretos, tanxibles. A nosa nutricio-nista avalía a alimentación dos usuarios, efectúa con-trois de peso, crea dietas, realiza valoracións da evo-lución do exercicio/hábitos alimentarios no teu corpo.

- Educación: É a clave da motivación. Coñecer o teu problema, a solución e o percorrido para conseguilo. Este ano, ademais introduci-mos de forma experimental clases segundo patoloxías: EPOC, problemas articula-res, diabetes e obesidade. Contidos desenvolvidos e supervisados por clínica CENTRO(K)ORAZÓN.

Este servizo completo axuda a combater a mono-tonía, e dótao de estímulos e diversión, proporcionan-do ao noso corpo grandes cantidades de motivación e evitando o estancamento, a vagancia e os desequili-brios.

Borja Quintas, licenciado en Actividade Física e De-

porte, e Xestión de activida-des deportivas e de calidade

Método SaudeterAs clases colectivas en Saudeter baséan-se en catro alicerces: profesionalidade, escola de nutrición, rotación e educación

Page 8: Setembro 2013 - BXVAC

8 BARRIOSSetembro de �013

XINZO E COMARCA

Prevista unha redución do 20% na colleita de pataca4 A calidade será boa.

Redacción

A asociación ADEGAL de empresarios, gandeiros e agricultores da Limia es-treou con bo resultado as súas actividades divulgati-vas e formativas. O pasado 6 de setembro tiñan lugar na Casa da Cultura de Xinzo as I Xornadas “Para impulsar a Limia” con éxito rotundo de asistencia.

O público que enchía a sala escoitou con atención as disertacións de catro po-ñentes sobre temas como o sector gandeiro na Limia, a evolución socioeconómica da Lagoa de Antela e im-portancia da Zona de Acti-vidade Agraria Prioritaria, ou como afectará á comarca a reforma da PAC. Parti-ciparon o director xeral de Coren, Emilio Rial, o xefe

A xornada organizada por ADEGAL desbordou o aforo da Casa da Cultura de Xinzo./M.REJO.

As I Xornadas “Para impulsar a Limia” pechan con gran éxito4 Adegal reuniu en Xinzo a numeroso público para escoitar as explicacións de expertos en gan-deiría, agricultura e politicas europeas.

Abordaron a xes-tión de regadíos, o tratamento dos residuos e o acon-dicionamento de pistas

de investigación da Área de Produción Agroalimentaria, Medio Ambiente e Territo-rio da Fundación CETECA, Lucio García, o ex director dos programas televisivos Agro e Labranza, Anxo Váz-quez, e a directora do Fondo Galego de Garantía Agraria da Xunta, Patricia Ulloa.

Valoración “positiva”“A valoración que face-

mos é moi positiva, chega-mos a moita xente, demos-trouse que temos un gran apoio”, apuntaba a voceira de ADEGAL, Laura Rodrí-guez, tralo acto.

Rodríguez apuntaba á im-portancia de conxugar no mesmo acto “diversas ideas políticas” e resaltaba que na asociación “somos apolíti-cos, temos unha liña de tra-ballo seria e ambiciosa, con

rigor”.Dos contidos aborda-

dos polos expertos, como a xestión de regadíos, o tratamento dos residuos, ou o acondicionamento de pistas, a voceira de ADE-GAL tiraba a idea de que “as cousas se están facen-do ben na Limia pero hai cousas que se poden me-llorar”, como o feito de dar a coñecer máis a comarca, investigar novos posibles cultivos ou posibilidades de transformar na Limia os produtos que se producen na comarca.

Na Limia seméntanse 3.270 hectáreas de pataca, das cales 400 son da IXP Pataca de Galicia

A variedade kennebec é das que máis se cultivan na Limia, e está controlada pola Indi-cación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia. /ARQUIVO.

P.L.

A colleita de pataca na Limia reducirá a súa pro-dución este ano entre un 10 e un �0% con respecto ao ano anterior, dependen-do de se o cultivo foi en regadío ou en secano. Ao redor de cen millóns de quilos de tubérculos é a previsión que estiman ob-ter os agricultores limiáns, segundo datos facilitados na Oficina Agraria Co-marcal de Xinzo.

A baixada da produción débese, a xuízo de Gui-llermo Budiño, xefe da Oficina Agraria, á ola de calor da primeira quince-na de xullo, que impediu

que a pataca seguira cre-cendo, cando nese punto de maduración o tubércu-lo demanda temperaturas máis suaves. Non serán, por tanto, exemplares de calibre grande, pero a ca-lidade non se resentirá. “A calidade é moi boa, xa que se deron menos tratamentos fitosanitarios porque non houbo mildeu, salvo peque-nos focos en zona de rega-dío”, explica Budiño. Hai que recordar que este verán apenas choveu, tan só �� li-tros en xullo e nin gota de auga en todo agosto, apunta o experto.

Malia o retraso na semen-teira do tubérculo en prima-vera, xa comezan a verse no campo os tractores dos agricultores para recoller a súa produción, sobre todo a que se destina a consumo directo. A partir do día �0 está previsto que a recollei-ta se estenda ás patacas des-tinadas a almacenamento.

Agria e kennebec voltarán ser as variedades máis pro-ducidas, seguidas de lonxe por outras como stenter ou desirée.

Máis de 3.000 hectáreasA comarca da Limia é a

principal produtora de pa-taca de Galicia, con 3.�70 hectáreas sementadas este ano. Delas 400 producen kennebec, variedade am-parada pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia, da que se estima este ano recoller 14 millóns de quilos, sinala Luis Saa, director técnico do Consello Regulador da IXP.

No seu conxunto, o sec-tor pataqueiro da Limia dá traballo de maneira directa a 494 agricultores, dos que só 79 están rexistrados na IXP. A cifra aumenta ata os 907 produtores se se inclúe xente que non se dedica en exclusiva ao campo.

Page 9: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

9PUBLICIDADE

Page 10: Setembro 2013 - BXVAC

10 BARRIOSSetembro de �013 XINZO E COMARCA

O proxecto pro-moverá 23 accións para reducir a contaminación de orixe gandeiro no río Limia

Administracións públicas e sector privado colaboran na redución da contaminación das augas do río Limia4 A través do proxecto “LIFE Regenera Limia”, cun orzamento total de preto de dous millóns de euros.Paula Lodeiro

Por primeira vez, ad-ministracións públicas e empresas privadas coordí-nanse para reducir a conta-minación na conca do río Limia. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) lidera o proxecto “LIFE Regenera Limia”, no que tamén participan a Di-rección Xeral de Conserva-ción da Natureza da Conse-llería de Medio Ambiente, a Deputación de Ourense e as empresas Coren, Gas Natural e Ecolagunas, e que foi presentado candidato ao Programa LIFE �013, que se encarga de cofinan-ciar iniciativas que contri-búan ao desenvolvemento sustentable de comarcas e territorios. O orzamento global do proxecto supera os �,� millóns de euros, dos cales, de ser aprobado, a UE financiaría o 50%.

A comarca de maior concentración de granxas

O obxectivo de “LIFE Regenera Limia” é reducir a contaminación de orixe gandeiro do río Limia, si-tuado nunha das comarcas de maior concentración de granxas de porcino e avíco-las de toda Galicia. Detalla-do en �3 accións, trátase, en resumo, de mellorar a xes-

tión medioambiental nos te-rreos agrarios e optimizar o uso de fertilizantes, ademais de investigar alternativas á xestión de puríns e reducir a contaminación por nutrintes nas augas, acompañado dun apartado de formación e in-formación ao cidadán.

No acto de presentación desta candidatura estiveron presentes o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Ma-rín, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o alcalde de Xinzo, Anto-nio Pérez; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; e os alcaldes dos concellos de Bande, Vilar de Barrio, Porqueira, Sandiás, Lobeira, Sarreaus, Xunqueira de Am-bía, Trasmirás, Vilar de San-tos e Muiños, entre outras autoridades.

Papel dos colectivos da comarca

Na súa intervención, o presidente da CHMS, Fran-cisco Marín, fixo unha men-ción especial “ao importante papel que terán na execución do proxecto todos os colecti-vos locais da comarca, como son as comunidades de re-gadores, os agricultores, os cooperativistas gandeiros, as comunidades de mon-tesveciñais as asociacións ambientais e os veciños”. “Este proxecto é con eles e para eles” engadiu Martín, que ademais valorou o feito

de que o proxecto fose de-finido e acordado de forma conxunta polo sector priva-do agrogandeiro e polas ad-ministracións implicadas.

“Unha colaboración públi-co-privada que permitirá fa-cer compatibles os diferentes intereses en xogo como son a subministración de auga de calidade e a conservación e mellora dos ecosistemas ligados aos cursos fluviais coas actividades agrícolas e gandeiras da zona”, ex-plicou. Na mesma idea, de compatibilizar conservación do medio ambiente con des-envolvemento económico, incidiu o delegado do Go-berno, Samuel Juárez.

Por certo que o proxecto aínda non foi aprobado; ma-lia iso, Juárez expresou que conta co respaldo do execu-tivo central e que ten “toda a seguridade de que se vai aprobar”.

Autoridades presentes en Xinzo na presentación do proxecto “LIFE Regenera Limia”. /P.LODEIRO.

O “LIFE Regenera Li-mia” é un proxecto inno-vador que integra medidas tanto preventivas como de rexeneración para redu-cir a presenza de nutrin-tes, fundamentalmente de orixe agrogandeira, nun sistema fluvial altamente modificado como é o do río Limia. O programa de traballo, que se quere pór en marcha no segundo se-mestre do próximo ano, terá unha duración de tres anos.

O proxecto persegue, en primeiro lugar, a optimiza-ción do uso de fertilizan-tes a través dun sistema de control integrado de condicións edafolóxicas, é dicir, trátase de mellorar os resultados económicos, minimizando os riscos ambientais. E, en segundo lugar, o desenvolvemento de solucións alternativas para a xestión dos residuos gandeiros, reducindo o seu impacto no ambiente e apostando por humidais artificiais como forma na-tural de depuración.

Ademais, busca a re-cuperación ambiental das canles modificadas e a rexeneración e reconexión de sistemas lagunares que contribúan á redución de

nutrintes na auga e a eutro-fización. Por último, aposta pola sensibilización do sec-tor agropecuario a través de campañas de información, ofrecendo ferramentas que faciliten un menor impacto da actividade polo uso de fertilizantes e abonos, e pola implicación de todas as par-tes interesadas.

Sistema de control de fertilizantes e abonos

Dentro do proxecto “LIFE Regenera Limia”, a Deputa-ción de Ourense encargarase de implementar na Limia, a través do Centro de Desen-volvemento Agrogandeiro, un sistema de control inte-grado de xestión de ferti-lizantes e abonos en solos agrarios, que se levará a cabo en dez parcelas piloto e se poderá ampliar poste-riormente ao resto de explo-tacións agrarias.

Ademais, a Deputación de Ourense elaborará un mapa de solos e cederá unha parcela de 6.000 metros ca-drados para investigar sobre o tratamento de puríns.

Consellería de Medio Ambiente

Pola súa banda, a par-ticipación da Xunta neste programa será a través da

Dirección Xeral da Con-servación da Natureza, que traballará na mellora da ca-lidade da auga e recupera-ción da superficie húmida e o leito orixinal na zona do LIC Veiga de Ponteli-ñares, e nun proxecto pi-loto no Canal da Lagoa de Antela, para a restauración de charcas areeiras de anti-gas explotacións mineiras e a súa integración no ciclo hidrolóxico do canal.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas, Agustín Her-nández, salientou a impor-tancia de iniciativas como o “LIFE Regenera Limia”, que implican a capacidade de conxugar axeitadamen-te o desenvolvemento eco-nómico de sectores clave, como o agrogandeiro, co coidado e o respecto polo medio natural. Asegurou que este proxecto demos-trará que é posible unha mellor xestión ambiental dos terreos agrarios, no que respecta aos fertilizan-tes, a través dun Sistema de Control Integrado de xestión dos mesmos; eo desenvolvendo un trata-mento de augas residuais procedentes de xurros de porcino mediante humi-dais artificiais.

4 Desde o tratamento de puríns mediante humedais artificiais ata a recuperación de charcas das areeiras

Page 11: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

11XINZO E COMARCA

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS) vén de remitir a Amigos da Terra a resolu-ción dun expediente san-cionador por verquidos no río Limia.

A Confederación san-ciona á empresa Gallega de Residuos Ganaderos por verquidos ao río Limia no concello de Sarreaus,

de puríns e residuos líqui-dos con alto contido en ma-teria orgánica. O expediente impón a dita empresa unha multa por importe de 6010 euros.

Sancións da CHMS por verquidos ao Limia4 Á empresa Gallega de Resi-duos Ganaderos.

Redacción

Ata o 15 de setembro mantén aberto a Xunta de Galicia o período de caza do réxime especial de pas-pallás, pombo torcaz, e rula común nos tecores da antiga Lagoa de Antela.

Trátase dunha modali-dade tamén coñecida como “media veda”, que só exis-te na provincia ourensá. Os nove tecores nos que está permitido esta actividade cinexética, os sábados e domingos, son: Rairiz de Veiga, Alto Limia, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía , Sandiás, Trasmi-ras, Carreiro Ladrón, Por-queira e Vilar de Barrio.

Segundo se recolle nas condicións establecidas na orde anual de caza do �6 de xuño de �013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, neste ámbito po-derase cazar nas modalida-des de caza en man e ao sal-to con escopeta e cans. Cada cuadrilla autorizada contará cun máximo de 4 cazadores, permitíndose un total de 15 por xornada, cun tope de capturas por cazador e día de 10 exemplares de paspa-llás, 5 de pombo torcaz e 5 de rula común.

O horario para practicar esta actividade será o com-prendido entre ás 8 e as �1 horas, cunha interrupción de 1� a 17 horas.

Aberta a “media veda” nos tecores da antiga Lagoa4 Ata o 15 de setembro.

A fisioterapeuta Marta Sobrado ten experiencia en centros sanitarios, clínicas privadas e agora traballa ta-mén en Multiclínica Xinzo S.L., que estrea locais nas galerías comerciais Caste-lao de Xinzo.

Os servizos que presta son tratamento nos seguin-

tes campos: traumatoloxía, lesións deportivas, coidados fisiorespiratorios, neurore-habilitación e atención fi-siooncolóxica, indicada es-pecialmente para pacientes que acaban de superar certos tipos de cancro.

Oferta tamén servizos de fisioterapia a domicilio e

Marta Sobrado presta os seus servizos de fisioterapia en Multiclínica Xinzo

proporciona o servizo de fi-sioestética, ideal para com-batir a celulite.

Para concertar cita previa é necesario chamar ao telé-fono 988 680 144.

A fisioterapeauta Marta Sobrado estreara gabinete propio na Multiclínica Xinzo.

Oferta tamén servizos de fisioterapia a

domicilio

Río Limia./ARQUIVO.

Page 12: Setembro 2013 - BXVAC

1� BARRIOSSetembro de �013

XINZO E COMARCA

Primeiro paso para a ampliación do parque empresarial de Xinzo 4 Mediante un convenio firmado con Xestur.Redacción

O Concello de Xinzo de Limia e Xestur firma-ron un convenio para que se execute a primeira fase da ampliación do parque empresarial da localidade ourensá.

O Concello é o propieta-rio da totalidade dos terreos (ocupan preto de 75.000 metros cadrados) nos que terá lugar esa primeira fase, polo que o propio concello quería axilizar tal ampliación, unha vez que a modificación puntual do proxecto sectorial do par-que empresarial permite a súa ampliación por fases. Dita modificación puntual do proxecto sectorial foi aprobada polo Consello da Xunta no pasado mes de

outubro de �01�.Segundo o convenio asi-

nado entre Xestur e o Con-cello, este executará pola súa conta o proxecto de obras do polígono 1 da ampliación do parque empresarial e pos-teriormente encargarase da súa xestión, como propieta-rio único do mesmo. Tamén no convenio establécese que o concello sufragará a parte que lle corresponda dos gas-tos soportados por Xestur no desenvolvemento do parque empresarial. Esta compen-sación efectuarase coa redu-ción da cesión obrigatoria e gratuíta de solo, correspon-dente ao 10 por cento do aproveitamento urbanístico, nas ampliacións do parque empresarial que execute Xestur.

Fase 1A fase 1 da ampliación

do polígono empresarial de Xinzo de Limia que exe-cutará o Concello ten unha superficie total de 74.658 metros cadrados, dos que 59.987 son de uso indus-trial.

Catro fases máisPero non se quedará nun-

ha única fase esta amplia-ción, senón que haberá catro máis.

A modificación puntual do proxecto sectorial prevé outras catro fases para a am-pliación do parque empresa-rial limiao, que en total su-man máis de medio millón (6�1.�0�) metros cadrados, dos que 44�.36� son de uso industrial.

Mouros e cristiáns na Saínza4 A romaría de Rairiz de Veiga terá lugar os días �0, �1 e �� de setembro.Redacción

Os días �0, �1 e �� de se-tembro celébrase en Rairiz de Veiga unha nova edi-ción da Romaría da Saínza na que, como cada ano, o prato forte é a batalla entre mouros e cristiáns.

As actividades comezarán o venres �0 de setembro. A mediodía anunciarase me-diante bombas de palenque o inicio das festas. Durante toda a tarde (desde as cinco) todo aquel que queira pode-rá gozar dos xogos popula-res que terán lugar no cam-po da festa. O primeiro día rematará coa actuación da orquestra Salsa Rosa, que comezarán a tocar ás �3.30 horas.

Despois dunha noite de troula, o sábado �1 come-zarán os eventos pola tarde - noite. Así, ás oito da tarde celebrarase, no campo do castelo, a segunda edición

do “meu primeir combate de mouros e cristiáns”. A primeira edición tivo tanto éxito que desde a organiza-ción non dubidaron en re-petilo este ano para os máis cativos. A partir das nove da noite xa comezan os bailes coas orquestras; Samba e Costa Oeste amenizarán a noite do sábado. Ás �3.30 horas os mouros asaltarán o castelo. E rematará a xor-nada cos fogos artificiais no campo do Castelo (00.30h) e novamente coas actuacións de Samba e Costa Oeste.

Prato forteXa para o domingo ��

queda o prato forte. Ás 9 descargarán as bombas de palenque; ás 10 a banda de Xinzo fará un pasarrúas; ás 1�, a tradicional pro-cesión desde a igrexa ata o castelo; ás 1�.30 misa solemne no campo da ba-talla e a unha do mediodía, o combate entre mouros e cristiáns.

Como remate de festa, actuará a charanga Xituma e Batuke (15.30h) e máis tarde (18h) as orquestras Panorama e La Oca.

Combate entre mouros e cristiáns./ARQUIVO

Page 13: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

13XINZO E COMARCA

Javier Gómez está ao frente da clínica dental Multiclínica Xinzo S.L., “a clínica naranxa”, e ten máis de �0 anos de experiencia no eido.

En Multiclínica Xinzo S.L. son especialistas en implantes, endodoncias, próteses, etc.. Mención es-pecial que os implantes son sen apenas cirurxía e sen dor.

No seu novo local tamén dispoñen de servizo de fisio-terapia, podoloxía, logope-dia e, próximamente, terán pilates.

Contan, ademais, con la-boratorio de proteses dentais propio.

Están ao lado da Acade-mia Castelao e a Perruquería “La niña de los peines”, no interior das galerías comer-ciais Castelao, locais 8 e 9.

Multiclínica Xinzo trasládase ás galerías comerciais Castelao

O seu horario é de luns a venres de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a �0:00 horas. Para concertar cita previa é ne-cesario chamar ao teléfono 988 680 144.

O odontólogo Javier Gómez diante da entrada da súa clínica dental en Xinzo.

Son especialistas en implantes, sen

apenas ciruxía e sen dor, endodoncias e

próteses

Rubén Diz recibe o recoñecemento da corporación de Xinzo./RAMSÉS.

Redacción

O Concello de Xinzo de Limia concedeu expe-diente de honra ao atleta local Rubén Diz Díaz, en recoñecemento aos méri-tos deportivos acadados na súa traxectoria. O atleta recibiu unha placa conme-morativa no pleno muni-cipal do �9 de agosto, na mesma sesión na que o

Entrada de Xinzo pola avenida de Ourense./P.LODEIRO.

Pintado pendente na avenida de OurenseSegue pendente en Xinzo o pintado da sinalización viaria

na estrada N-5�5 na entrada de vila, tralas obras de mellora do pavimento realizadas en agosto.

Recoñecemento do pleno de Xinzo ao atleta Rubén Diz4 Na mesma sesión aprobáronse por segunda vez os orzamentos.

grupo de goberno popular volveu aprobar, en solitario, os orzamentos de �013.

Unha alegación ao do-cumento pola ausencia de varios informes presentada polo PSOE obrigou a le-var o documento de novo a aprobación plenaria, desta volta con debate. As con-tas reflexan uns ingresos de 7.719.�09 euros e uns gastos de 7.355.000 euros.

Page 14: Setembro 2013 - BXVAC

14 BARRIOSSetembro de �013

XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

Redacción

As Corcerizas, o alber-gue xuvenil de Vilar de Barrio que xestiona desde fai unha década a asocia-ción Amigos da Terra, opta ao premio que ofrece ‘Hostelling International’ para os proxectos dirixi-dos a mellorar o patri-monio natural mediante a redución de emisións de carbono. A Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, anunciou que levará a cabo unha cam-paña de apoio á nomina-ción das Corcerizas a este galardón, que está dotado con 30.000 euros.

As Corcerizas foi selec-cionado pola Red de Al-begues Xuvenís do Injuve para representar a España neste concurso entre os �54 albergues que coordi-na este organismo. Tamén accederon como finalistas deste premio os proxectos

doutros 15 países, entre os que se atopan Canadá, Bra-sil, China, EEUU ou Aus-tralia.

A Dirección Xeral de Xu-ventude e Voluntariado di-namizará, a través dos seus máis de 13.000 seguidores dos perfís das redes sociais, o voto en Internet para o proxecto galego. Ademais, Xuventude tamén realizará, entre os votantes, un sorteo de cinco lotes de catro pra-zas cada un para pasar unha estadía de fin de semana no propio albergue das Corce-rizas no que poden partici-par os usuarios do Carné Xove.

O prazo para depositar o voto, ben a través das webs da Dirección Xeral, de Ami-gos da Terra ou da Rede de Albergues Xuvenís, finali-zará o 30 de setembro.

Uso de enerxías renova-bles

No caso do albergue das Corcerizas, toda a produ-ción enerxética provén ex-

As Corcerizas, nominada a un premio internacional 4 O albergue de Vilar de Barrio opta a un ga-lardón dirixido á redución das emisións de car-bono.

clusivamente de enerxías renovables, podendo fun-cionar ao marxe da rede eléctrica convencional, conformando o que se coñece como unha “illa enerxética”.

Para conseguir ser unha illa enerxética tamén en inverno, nesta instalación deseñaron un proxecto para instalar un aeroxene-rador eólico que permita eliminar combustibles fósiles, a construción dun muro radiante de barro cru como sistema de radiación e a implantación dun pro-grama dirixido a centros escolares con alternativas para afrontar o cambio climático, demostrando a viabilidade dunha pegada de carbono mínima.

O presidente de Amigos da Terra, Xosé Santos, o delegado territorial da Xunta en Ouren-se, Rogelio Martínez, a directora das Corcerizas, Analía Moares, o director xeral de Xu-ventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, no Espazo Xove de Ourense, onde se presentou esta nominación./RAMSÉS.

O premio de Hostelling Internacional” está dotado con 30.000 euros

4 Horario de inverno na Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade de Allariz funciona xa con horario de inverno: abre os xoves e venres de 19 a �1 horas e os sábados de 19 a �� horas. Os festivos per-manecerá pechada.

A Casa da Mocidade é punto de encontro para os mozos e mozas de entre 13 e 35 anos, quen poden xo-gar ao futbolín, billar, ping pong e consolas de última xeración, amais de partici-par en actividades forma-tivas organizadas durante o ano.

A Casa, de 600 metros cadrados, dispón dunha sala de usos múltiples, unha sala de audiovisuais, un telecentro con �0 or-denadores e un local de ensaio, integrado na Rede Galega de Locais de En-saio, na que as agrupacións musicais máis mozas po-den ensaiar e mesmo gra-var as súas maquetas.[+ info no 988 680 434 ou en

[email protected]]

4 Transporte escolar

Co comezo das clases este mércores 11 de setem-bro comeza a rodar o trans-porte escolar en Allariz.

O Concello informa aos seus veciños que se preci-san facer uso deste servizo municipal poden infor-marse e anotarse na Es-tación de Autobuses, ben no teléfono 988 440 508 ou na dirección de correo electrónico [email protected].

4 Escola da Banda de Música de Allariz

A área de Cultura do Concello de Allariz abre o prazo, ata o �3 de setem-bro, para inscribirse no curso �013/14 na Escola da Banda de Música de Allariz.

A escola impartirá cla-ses semanais nas moda-lidades de linguaxe mu-sical, iniciación e frauta, clarinete, saxofón, trom-peta, trombón, bombardi-no, tuba, percusión e ban-da infantil.

[ + info na Casa da Cultura ou no teléfono 617 65� 047]

Redacción

Vilar de Santos abrirá o seu Punto de Atención á In-fancia (PAI) a final de mes de setembro na antiga es-cola unitaria da localidade. O Concello mantén aberto ata o día 13 o prazo de ma-trícula para os menores de entre 0 e 3 anos que quei-ran utilizar este servizo. Tamén acaba de publicar o concurso para seleccionar dous traballadores para o persoal do PAI.

O Punto de Atención á Infancia será un servizo público de funcionamen-to diúrno, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, con �0 prazas. Autorizado pola Xunta, permanecerá aberto de luns a venres.

O PAI vén reforzar toda a dotación de infraestruturas e equipamentos públicos de Vilar de Santos para facer fronte ás novas demandas e permitirá poñer á disposi-ción das familias con nenos entre os 0-3 anos, nestes momentos 17 na localida-de, un espazo de atención educativo para contribuír tanto ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas como á corresponsabilida-

EN BREVE

de e á conciliación da vida laboral e familiar. Neste sen-tido, apunta un comunicado do Concello, “o novo PAI sen dúbida tamén permitirá seguir freando o descenso demográfico, xerar atractivo para persoas que queiran es-tablecerse en Vilar de Santos e fixar poboación”.

Os proxenitores intere-sados nunha praza no PAI para os seus cativos deben presentar a solicitude na oficina de Servizos Sociais ou Rexistro do Concello de Vilar de Santos, ata este venres 13 de setembro.

De xeito paralelo, o Con-cello acaba de publicar as bases da contratación de dous traballadores para atendan este novo servizo: un como persoal de atención á infancia a xornada com-pleta e outro como persoal de apoio, tamén a xornada completa. As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello no prazo de cinco días naturais.

Aberta a matrícula para o Punto de Atención á Infancia de Vilar de Santos4 O servizo comezará a fun-cionar

Terá 20 prazas para menores de 0 a 3 anos, atendidos por 2 traballadores

O Punto de Atención á Infancia ubicarase na antiga es-cola unitaria de Vilar de Santos./Cd.VILAR DE SANTOS.

Page 15: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

15

Redacción

Un exemplar dunha espe-cie pouco común en Gali-cia, o voitre negro, voa xa desde o pasado �1 de agos-to polos montes da Serra de San Mamede. A ave fora atopada o 4 de agosto por uns axentes medioambien-tais, na Serra do Faro, en-tre os concellos de Melón, Avión, Cañiza e Covel. Tras decatarse da febleza do seu estado de debilidade aguda xeneralizada; foi remitida ao Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio, en Maceda, onde se desenvol-veu un programa para a súa recuperación.

Proceso de recupera-ción

Unha vez alí, o voitre foi atendido polos servi-zos veterinarios adscritos ao centro, e ese mesmo día xa quedou ingresado nas instalacións destinadas á UVI (unidade de vixianza intensiva). Ao día seguinte xa podía manter o equili-brio e a coordinación moto-ra. O martes día 6 o voitre experimentou unha notable mellora, e xa podía comer con normalidade, pero ma-nifestaba reaccións bruscas e de estres ante a presenza de persoas.

Pouco a pouco, o voitre

negro foi experimentan-do estadios de mellora ata chegar a pensar na súa in-minente alta, situación que se acadou unha vez com-probada a seguridade para a ave.

Grazas ás actividades le-

Liberado na Serra de San Mamede un voitre negro 4 O exemplar pasou polo Centro de Recupera-ción de Fauna do Rodicio.

Un responsable do Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio co exemplar de voitre negro./RAMSÉS.

ALLARIZ E COMARCA

Redacción Máis de 3.000 persoas

visitaron desde a súa re-apertura en xuño o Mu-seo Galego do Xoguete de Allariz. Unhas cifras que dobran as rexistradas nos meses de xuño, xullo e agosto do ano anterior (1.53�), e que amosan o interese espertado entre alaricanos e visitantes trala remodelación deste espazo museístico levada a cabo o pasado xuño.

A reforma foi deseñada, realizada e cofinanciada por un grupo de cinco em-presas da vila agrupadas na Asociación Interruris. Este novedoso sistema de colaboración preten-día servir de escaparate e promoción ás empresas agrupadas na asociación, que a miúdo desenvolven proxectos como este para

os seus clientes. Nesta oca-sión, a idea era que o es-pazo resultante fose tamén xestionado por eles.

Para Interruris é moi im-portante demostrar, neste tempos de crise, que con pouco se pode facer moi-to, e que non sempre é ne-cesario dispor de grandes orzamentos para facer os pequenos museos espazos máis atractivos e sobre todo máis rendibles.

O Museo do Xoguete de Allariz conseguiu duplicar o número de visitantes, so-bre todo entre os maiores de 30 anos e isto foi posi-ble “grazas a un cambio de orientación nas liñas de comunicación do museo, xa que a miúdo, o gran público

O Museo do Xoguete duplica o número de visitantes con respecto ao verán de 20124 A súa remodelación espertou gran interese, o que fixo posible que se superase os 3.000 visi-tantes nos meses de xuño, xullo e agosto.

Mostra dos xoguetes que se poden contemplar no museo.

pensa que un museo do xo-guete é só para nenos, cousa que neste caso non é certa, xa que nesta colección os xoguetes van de 1910 a 1970 e por tanto quen máis gozan aquí son os que fo-ron nenos nesas épocas e os nenos acompañados de pais ou avós que lles desco-bren o seu mundo infantil”, explican desde Interruris. Insistir nisto a través das redes sociais fixo posible que un número importante de nados entre 1940 e 1970 achegáranse ao museo.

Trala renovación, aumentaron as visitas de maiores de 30 anos

vadas a cabo polo persoal da Xunta, a ave pasou dun-ha fatiga, deshidratación e desnutrición, entre outras afeccións; a unha recupe-ración total que lle permi-tiu volver a incorporase ao seu hábitat natural.

O voitre negro emprende o seu voo./RAMSÉS.

Na colección hai xoguetes de 1910 a 1970.

Page 16: Setembro 2013 - BXVAC

16 BARRIOSSetembro de �013

Redacción

A Asociación ANDREA impartirá este mes de se-tembro dous novos cursos de terapia asistida con ani-mais.

Por unha banda, o �0 de setembro ANDREA realiza-rá un Obradoiro de Terapia Asistida con Animais para Persoas con Discapacida-de no Hospital Cristal de Ourense, en colaboración co Servizo Galego de Saú-de. Un curso subvencionado que introducirá aos parti-cipantes nos beneficios e a metodoloxía das terapias asistidas con animais.

Manexdo de asnosAdemais, os días �0, �1

e �� de setembro, a aso-ciación impartirá un novo

curso de formación espe-cializado de Coñecemento, Manexo e Comunicación cos asnos para actividades terapéuticas, educativas, de ocio e medioambientais. Esta formación vai dirixi-da a profesionais interesa-dos en traballar con burros desde o ámbito terapéuti-

A asociación ANDREA imparte novos cursos de terapia asistida con animais4 A partir do �0 de setembro.

Un burro que ten a asociación para o aluguer para paseos no Festival de Xardíns de Allariz./P.LODEIRO.

co, educativo, de ocio ou medioambiental así como a propietarios de asnos e a todas as personas amantes dos animais e da natureza.

Son 13 horas de forma-ción que se desenvolverán no centro que ANDREA ten na localidade zamora-na de Santa Croya de Tera.

ALLARIZ E COMARCA

Redacción

A Fundación Ramón González Ferreiro organi-za para este outono diver-sos cursos presenciais de costura e de elaboración de mermeladas e conser-vas nas súas instalacións do lugar de Paciños, en Allariz.

O primeiro deles é un obradoiro de patronaxe e confección para nenos, que dará comezo o 16 de set-embro e se impartirá todos os luns de 10 a 13 horas ata completar as 4� horas de formación. O seguin-te curso é de patronaxe e confección a nivel básico para adultos. Este dará co-mezo o 18 de setembro e

impartirase os mércores de 18.30 a �1.30 horas.

Ambas actividades teñen un custo de 75 euros por alumno, que se poden abo-nar en dúas mensualidades.

Conservas e mermeladasA Fundación tamén or-

ganiza, os días 18 e 19 de setembro, un curso de mer-meladas e conservas. En ho-rario de 18 a �1 horas e cun custe de �0 euros, as per-soas participantes que quei-ran sacar partido á colleita de verán e comer produtos naturais durante todo o ano así como adquirir receitas novas, aprenderán métodos de conservación dos produ-tos de horta: conservas de verduras, hortalizas, froita,

A Fundación González Ferreiro oferta cinco cursos para este outono4 De costura e elaboración de conservas, entre setembro e novembro.

marmeladas, marrón glacé ou xalea, entre outros.

Elaboración de bolsosOs outros dous cursos que

organiza esta Fundación se-rán de patronaxe de bolsos, con 15 horas de duración cada un deles. O primeiro comezará o � de outubro e o segundo o 6 de novembro, e teñen un custo de 40 euros por participante.

Para recibir información destes obradoiros ou inscri-birse os interesados deben dirixirse ao 988 43 61 8� ou a [email protected].

A formación terá lugar na súa sede de Paciños

Page 17: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

17

Redacción

Co inicio da tempada sil-vestre de cogomelos deste ano, o 1 de outubro, abrirá en Celanova a Sala Micoló-xica e Tapería de Cogomelos “plan c”, un local hostaleiro e cultural de características únicas no país.

O proxecto pretende man-ter viva a tradición micoló-xica de Celanova, e recoller nun espazo físico a historia relacionada co mundo dos cogomelos, documentación, cartelería, libros, fotografías, diapositivas, exemplares se-cos, en conserva, curiosida-des... A vila de San Rosendo acolle unhas das Xornadas Micolóxicas máis lonxe-vas de Galicia chegando no �013 á �8ª edición. Amais, existen varias publicacións sobre a riqueza micolóxica local editadas dende os anos

noventa e a zona conta cun-ha explotación de cultivo de cogomelos. Detrás des-ta iniciativa está Alejandro Mínguez, autor de distintos manuais sobre a materia, e quen ademais ten impartido conferencias sobre cogome-los en Galicia, Euskadi e Portugal.

O local vai dirixido tanto á veciñanza de Celanova como aos afeccionados á micoloxía. Existe a posibili-dade de saídas tuteladas para a recollida de cogomelos sil-vestres e visita á explotación de cultivo, incluso recoller os cogomelos e despois con-sumilos no establecemento.

Local de usos múltiplesO novo local, que conta

con 300 metros cadrados, está situado na céntrica avenida de San Rosendo. Contará cunha tapería espe-

cializada en produtos típicos de Celanova e cogomelos; unha sala polivalente para conferencias e exposicións, un arquivo con libros en ma-teria agraria e micolóxica e un pequeno laboratorio. Un local diferente, luminoso e amplo, que ofrecerá unha oferta hostaleira única, onde se poderán degustar tapas con cogomelos e mercar

produtos de calidade da zona. Ademais acollerá ac-tos culturais puntuais, ceas temáticas e catas de viños.

Promoven en Celanova unha salade exposicións micolóxica4 Funcionará tamén como tapería de cogomelos.

CELANOVA E COMARCA

Zona de mesas da tapería “plan c”, en Celanova./A.M.

Os 300m2 de local repártense entre tapería, sala de conferencias, arquivo e laboratorio

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS), está a desen-volver desde agosto os traballos de reparación da pasarela de pedra coñeci-da como “As Poldras do Varela” que une os munici-pios de Cartelle e Celano-va. Os danos producíronse durante o temporal de in-tensas choivas do primeiro semestre do ano, que impe-diu a utilización deste pol-drado sobre o río Arnoia. O camiño quedou interrompi-do debido ao derrubamento de varias pedras froito das crecidas do río.

Esta pasarela forma par-te dunha das rutas incluídas no Programa de Camiños Naturais de España, que recompilou o Ministerio

de Agricultura e Medio Ambiente, e que son moi utilizadas por sendeiristas, ciclistas e turistas en xeral.

Petición da alcadesa de Cartelle

Tendo en conta as difi-cultades económicas dos pequenos concellos, o presi-dente da CHMS, Francisco Marín, atendeu a solicitude da alcaldesa de Cartelle, Mª Carmen Leyte, que lle pediu a colaboración do organismo de conca na reparación des-ta pasarela de pedra que une os núcleos da Ulfe e Freixo, pertencentes aos concellos de Cartelle e Celanova, res-pectivamente.

Nesta zona estaba tamén proxectada unha actuación de roza selectiva e retirada de arrastres e maleza provo-cados polas crecidas do río.

A CHMS repara a pasarela “As Poldras do Varela” 4 Une Celanova e Cartelle.

Page 18: Setembro 2013 - BXVAC

18 BARRIOSSetembro de �013

CELANOVA E COMARCA

Redacción O conselleiro de Me-

dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a alcalde-sa de Cartelle, María del Carmen Leyte Coello, asi-naron un convenio de co-laboración para a renova-ción das infraestruturas na travesía do núcleo rural de Outomuro, en Cartelle, un treito da estrada OU-404 (Celanova – Barral).

A Consellería de Me-dio Ambiente achegará o 100% do investimento, que se eleva a case 110.000 euros, e que se emprega-rá en mellorar a rede de abastecemento, coa subs-titución das tubaxes de abastecemento de PVC por outras de polietileno de alta densidade.

Na rede de saneamento, substituiranse as actuais tubaxes de formigón cen-trifugado con xuntas de morteiro –que presentan

un estado de degradación con constantes roturas, fugas, verquidos contami-nantes e malos cheiros- por outras novas de PVC com-pacto con xunta de campá totalmente estancas.

Tamén se fará a preinsta-lación para o soterramento de cableado aéreo, coa co-locación dos tubos de PVC corrugado específicos para unha futura canalización soterrada dos cableados aéreos da instalación eléc-trica, iluminación pública e telefonía. Deste xeito, eví-tase unha posterior rotura do pavimento.

Os traballos rematarán coa reposición de pavimen-tos rotos pola execución das gabias e substitución de bocas de rego e chaves de paso para acometidas.

Detalles técnicosA execución desta obra

implicará a colocación de máis de �.000 metros de canalizacións, así como a

instalación de 10 pozos de rexistro de formigón para enlazar a rede de sa-neamento, catro arquetas para as chaves de corte e bocas de rego e contra in-cendios.

En relación coas obri-gas, o departamento que dirixe Agustín Hernández encargarase de contratar, executar, dirixir, controlar e recibir as obras; men-tres que o Concello de Cartelle deberá redactar o documento técnico de de-finición da obra, obter os permisos, licencias e auto-rizacións, poñer a disposi-ción da Xunta os terreos libres de cargas e asumir a explotación e conserva-ción das obras.

O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e a alcaldesa de Cartelle, María del Carmen Leyte Coello, asinaron un convenio de colaboración para a renovación das infraestruturas na travesía do núcleo rural de Outomuro.

Medio Ambiente destina cen mil euros á renovación da travesía de Outomuro4 Cambiaranse as infraestruturas de saneamen-to e abastecemento.

Substituiranse as tubaxes de abastecemento de PVC por outras de polietileno de alta densidade

4 O “Educamóbil” visita A Bola

O vehículo “Educamó-bil” volverá visitar o Con-cello de A Bola. Todos os rapaces de entre 4 e 11 anos que o desexen pode-ranse achegar e gozar dun intre de lecer e de xogos informáticos totalmente gratis o venres 11 de ou-tubro. O autobús estará instalado d 16:30 a �0:00 horas no aparcadoiro do Concello.

O proxecto “Educamó-bil” é unha alternativa á ocupación do tempo de ocio e de lecer a través do xogo, a lectura, a música e as novas tecnoloxías. Todas estas actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con or-denadores, música, xogos supervisado por personal cualificado.

4 Recollida de voluminosos

O Concello da Bola in-forma a todos os veciños do municipio de que a re-collida dos voluminosos farase todos os primeiros luns de cada mes.

Para poder realizar reti-radas é necesario chamar previamente ás oficinas do Concello, nos números 988 451 �93 ou 988 553 0�3.

4 Obradoiro para mozos

O �7 de setembro impar-tirase na Bola un obradoiro sobre programas e axudas para mozos. O obradoiro vai dirixido a mozos do Concello de entre 16 e 30 anos que desexen recibir unha información actua-lizada sobre todos os pro-gramas e axudas, trámites, documentación e prazos para a súa solicitude.

Impartirase o venres �7 de setembro no local social sito no baixo do Concello, en horario de 18 a �0 ho-ras. A formación está in-cluída no programa Activa �013 da Dirección Xeral de Xuventude e Volunta-riado e os participantes recibirán un diploma pola súa asistencia.

Os interesados deben anotarse nas oficinas do Concello ou chamando ao 988 451 �93 de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

EN BREVE

Redacción

O BNG de Celanova que-re que o Concello arranxe o parque infantil das Triguei-rizas e por iso reclámalle ao grupo de goberno que tramite a orde da demanda que o Concello tramite a Orde da Xunta de Galicia que subvenciona o arranxo destas infraestruturas con fondos europeos FEDER.

Atendendo a solicitude de moitos proxenitores da vila que levan aos seus ra-paces a este parque infantil, o Bloque presentara unha moción que fora conver-tida en rogo por parte do Concello de Celanova en xaneiro deste ano, onde solicitaban “o necesario arranxo deste espazo, tanto da mellora na dotación do mobiliario como da propia seguridade dos mesmos”.

O BNG demanda ao al-calde de Celanova que pro-ceda “de maneira urxente e prioritaria” á solicitude destas axudas e prepare o proxecto de reparación e acondicionamento do par-que infantíl, tendo en conta as indicacións contempla-

das na normativa europea de seguridade.

O Bloque propón a subs-titución de instalacións anti-gas e obsoletas e a reparación do chan das zonas de xogo, e polo tanto a instalación de superficies absorbedoras de impactos. Tamén considera que é precisa a inspección periódica por especialistas das instalacións e que se leven a cabo as tarefas de conservación necesarias. A sinalización por idades das zonas e elementos de xogo, a colocación de paneis con información sobre servizo de emerxencias, e servizo municipal responsable das instalacións, a instalación de valados de protección das zonas de xogos e de elementos de disuasión para que non accedan animais á zona de xogo das crianzas, así como o cumprimento da normativa de accesibilidade completan as peticións dos nacionalistas.

O BNG quere que o Concello arranxe o parque das Trigueirizas4 Pídelle ao Goberno local que aproveite unha subvención do FEDER.

Un rincón do parque das Trigueirizas de Celanova./P.L.

Reclaman que se substitúan as instalacións antigas e obsoletas

Page 19: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

19CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

As irmás Carolina e Rosa-lía Piñeiro puxeron en mar-cha o blog “Double Mode” en marzo de �01� coa idea de combinar moda e foto-grafía. Comparten gustos e roupa, e pensaron que pre-cisamente o seu se diferen-ciaría dos demais blogs de moda (que adoitan ter un único autor) por mostrar os estilos de dúas persoas dis-tintas. “Double Mode” é a porta de entrada ao armario e ás inquedas mentes destas dúas celanovesas.

Unha xornalista e outra deseñadora gráfica, como vos surxe a idea de crear un blog de moda?

Carolina e Rosalía (C e R): “O tema da moda sem-pre nos gustou ás dúas, e temos a sorte de que com-partimos moita roupa. E iso dache moito pé para xogar con ela e darnos ideas entre nós. En xeral temos gustos

moi semellantes, gústannos os mesmos grupos musicais, as mesmas películas.... e o mesmo acontece coa roupa. Complementámonos moi ben. Ademais, ás dúas nos gusta a fotografía. Entón decidimos crear “Double Mode” para canalizar estas dúas afeccións. E empezou como un hobby, pero vas vendo as fotos e iso fai que desexes ir mellorando a ca-lidade, tanto do modelo que levas posto como da imaxe, e buscando esa mellora foi medrando o blog.

Así mesmo, tamén nos conduciu a que agora nos esteamos a plantexar bus-car o noso futuro laboral no mundo da imaxe, non exclu-sivamente da moda, pero si da fotografía, o deseño grá-fico e Internet”.

Tendes unha sección chamada “Your Style”, que podemos atopar nela?

C e R: “Agora comezamos a fotografiar a xente da rúa e plasmar outros estilos. Pri-meiro publicamos o estilo de xente que coñecemos. Plas-mamos o seu xeito de vestir en imaxes de xeito concerta-do e consentido, pero trátase do seu estilo real, como o

verá calquera vestido pola rúa. Pero últimamente ta-mén fomos facendo fotos a xente descoñecida, que nos chama a atención. Temos entrevistado a persoas coas que non compartimos o xei-to de vestir, pero que vemos que teñen algo chamativo e distinto. Porque hoxe é moi difícil atopar a diferenza, xa que moitas veces se merca nas grandes tendas de roupa, pero a chave está en como xogues coas prendas. Iso é o que nos facemos, xogamos coa roupa para marcar a di-ferenza”.

Hai dous apartados no blog, un correspondente aos “looks” de Carolina e outro dos de Rosalía. Que diferenza o voso estilo?

Carolina: “Igual a di-ferenza é que eu son algo máis atrevida á hora de fa-cer combinacións, e Rosalía é máis clásica. Ademais, creo que a mesma prenda a lucimos de diferente xeito, penso que ela lle da un to-que máis elegante a todo o que pon”.

Agora tamén publica-des no blog tutoriais de peinados.

C e R: “Si. Parece que agora o que se busca é fa-celo todo un mesmo, por iso decidimos publicar os nosos peinados. Non se trata de nada elaborado, que nós non

sabemos diso, senón que amosamos os trucos sinxe-los que nós empregamos a diario para saír do paso. O noso obxectivo é ir diversifi-cando os contidos, para que non sexa algo monótono. É que sempre nos está traba-llando a cabeza (rin)”.

Á hora de crear o blog inspirádesvos en alguén?

C e R: “A mellor fonte de inspiración é a propia rúa, o problema é que hoxe é complicado ver variedade, aínda que o certo é que de-pende moito de cómo adap-tes ti unha prenda. Pero si que temos como referencia o blog “Style Scrapbook”, dunha mexicana que vive en Amsterdam. Gústanos porque a súa fotografía foi medrando, e tamén porque se ve como xoga cunha mes-ma prenda, vendo diferentes opcións para poñela, porque na vida diaria é así. Ademais ves que é alguén que goza co que fai, porque moitas outras persoas adicadas ao mundo da moda só buscan facerse famosas”.

Como reaccionou a xen-te que vos coñece ao ver o blog?

C e R: “Sobre todo co-méntannos a fotografía. Hai xente que nos di que lle en-canta o que levamos posto e outra á que non lle gusta nada, pero preferimos que nolo comenten, que sexan sinceiros. De todos os xei-tos, a maioría dinos que en conxunto lles gusta moito o blog. E para nós, con que haxa un día que lle poida-mos axudar a alguén coas nosas ideas xa é unha satis-facción”.

Gustaríavos que hoube-ra a posibilidade de que o voso futuro laboral estive-se vencellado ao mundo da moda? Quizais como “per-sonal shopper”?

C e R: “Tirar pola foto-grafía de moda non nos im-portaría, pero como asesoras de imaxe non nos vemos, pensamos que non somos ninguén para decirlle a outra persoa como debe ou non vestir. Pero ao mellor como estilistas para unha revista, para unha sesión de fotos si.

Algunha vez nos ten pasa-do que nos piden que lle fa-gamos unha foto ou que nos preguntan sobre o cinto máis axeitado para un vestido e,

ENTREVISTA A CAROLINA E ROSALÍA PIÑEIRO, AUTORAS DO BLOG “DOUBLE MODE”

“Nós xogamos coa roupa para marcar a diferenza”4 O blog “Double Mode”, de Carolina e Rosalía Piñeiro, naceu co fin de mesturar as dúas paixóns das súas creadoras: a moda e a fotografía.

aínda que non nos sentimos con licencia suficiente para dar este tipo de recomenda-cións, facémolo encantadas porque é todo un alago, por-que iso indica que é que lles gusta o que facemos”.

No voso blog a informa-ción aparece en español e inglés, buscades que teña carácter internacional?

C e R: “Escribindo só en español non chegas a un amplo abano de xente. Pode que ti escribas para tres ve-ciños, pero iso mesmo que o escribes poden estalo vendo dende a outra punta do mun-do e o que queremos é que calquera persoa que acceda ao noso blog o entenda”.

Por último, podedes darnos as chaves do que se levará este outono?

C e R: “Voltan os 90, o estilo “grunge” e estamos encantadas (rin). Imos a ir todos moi cómodas, lévanse as prendas floxas, as botas, deportivas, etc. Pero de to-dos os xeitos hoxe lévase todo o que queiras, calquera prenda que te poñas lévase. E ó final, o fermoso deste xogo é que poidas combinar o último do último cunha prenda que tiñas no armario fai tempo. O que queiras po-ñer enriba lévase”.

[Consulta o seu blog en www.doblemode.com]

Rosalía (á esquerda) é deseñadora gráfica e Carolina (á dereita), xornalista. Coa experiencia que lles está a aportar o blog “Double Mode” están pensando en encamiñar o seu futuro laboral cara o mundo da fotografía.

Carolina e Rosalía mostran no seu blog o seu xeito de en-tender a moda, baseado no xogo coas prendas./S.N.

“Temos como referencia o blog Style Scrapbook, porque a autora goza co que fai”

“Os tutoriais de peinados non inclúen creacións moi elaboradas, mostramos trucos sinxelos que nós empregamos a diario para saír do paso”

Page 20: Setembro 2013 - BXVAC

�0 BARRIOSSetembro de �013

CELANOVA E COMARCA

Redacción

O vicepresidente da Xun-ta, Alfonso Rueda, visitou o 4 de setembro o parque mu-nicipal de bombeiros de Ce-lanova, onde explicou que o parque vén de integrarse na rede galega de emerxencias que cubre todo o territorio galego.

Rueda, na súa interven-ción, incidiu na importan-cia da colaboración e co-operación entre concellos, deputacións e Xunta para dar unha mellor resposta ás emerxencias, o que redunda nunha mellor atención aos cidadáns. O sistema busca a distribución máis racional e eficiente de medios por todo o territorio, cunha resposta ante as emerxencias profe-sional e estable, �4 horas ao día e 365 días ao ano e coa

súa continuidade asegura-da, algo que non pasaba cos Grumir.

O vicepresidente da Xun-ta destacou que coa integra-

O parque de bombeiros de Celanova intégrase na rede galega de emerxencias4 Dá servizo aos concellos de Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea, Pontedeva e A Bola.

ción do parque de bombeiros de Celanova na nova rede de emerxencias, o parque de dita vila verase reforzado cunha partida de 1�5.000

euros anuais procedentes da Xunta e da Deputación de Ourense, o que lle per-mitirá realizar melloras e garantir a prestación do servizo máis alá do ám-bito municipal. O parque da servizo aos concellos de Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Ra-mirás, Verea, Pontedeva e A Bola.

Alfonso Rueda quixo felicitar o labor levado a cabo polos servizos de extinción de incendios da provincia e recordou que a detención dos incendia-rios é unha das principais prioridades da Policía Au-tonómica.

Plantilla do parque de bombeiros de Celanova. /RAMSÉS.

O vicepresidente da Xunta visitou o parque de bombeiros de Celanova./RAMSÉS.

O parque recibirá 125.000 euros anuais para prestar o servizo máis alá do ámbito municipal

Redacción

O Concello de Bande contará cunha ponte con maior seguridade viaria despois da execución das obras de ampliación do pontón sobre o cauce de Rego de Lamas. A mellora busca incrementar a esta-bilidade da ponte e selar fisuras localizadas na es-trutura.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas adxudicou á empresa Rafer as obras de ampliación da ponte sobre o cauce de Rego de Lamas, no Concello de Bande. Esta infraestrutu-ra é un pontón localizado no punto quilométrico �7+360 da estrada Xinzo-Bande (OU-301), que se encadra dentro da Rede Secundaria da Xunta de Galicia. Tralas obras, o pontón contará con dous metros máis na sección da calzada da ponte, pasando a ter unha sección de 7,40 metros polos 5,40m. que ten a día de hoxe.

PrazosO prazo de execución

desta actuación é de catro meses (é o que se estable-ce no prego de contrata-ción) e a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) prevé un investimento de

A Xunta de Galicia ampliará o pontón sobre o cauce de Rego de Lamas4 A Consellería de Medio Am-biente prevé un investimento de case 135.000 euros.

case 135.000 euros.

EstabilidadeAo mesmo tempo, reali-

zaranse as obras necesarias para incrementar a estabili-dade do pontón, así como para selar as fisuras locali-zadas e reparar os fallos in-ventariados, que, aínda que non afectan á estabilidade da ponte é conveniente re-parar. Para elo, procedera-se á limpeza do paramento do muro e ao adosado dun novo muro de cachotaría.

En relación coas unidades de obra, será necesario mo-bilizar 750 m� de fresado, case 180 m3 de formigón e estender 30 toneladas de mestura bituminosa quente, así como mobilizar máis de �30 m3 en material de es-cavación.

BeneficiariosEsta obra terá a uns 5000

veciños da zona como be-neficiarios da mesma. Veci-ños dos concellos de Bande, Porqueira e Muíños serán os máximos beneficiarios desta obra, amais do turisrtas que acudan á zona.

O pontón esta situado no punto quilométrico 27+360 da estrada Xinzo - Bande (OU - 301)

Page 21: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

�1PUBLICIDADE

Page 22: Setembro 2013 - BXVAC

�� BARRIOSSetembro de �013

PROVINCIA

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, abriron o curso das escolas infantís na da Farixa, Ouren-se./P.LODEIRO.

Redacción

A Deputación de Ouren-se retoma unha iniciativa dos anos 90 para que a Ribeira Sacra sexa decla-rada “Patrimonio da Hu-manidade”. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, entende que “a singularidade e excepcio-nalidade turística e pai-saxística deste espazo xeo-gráfico entre as provincias de Ourense e Lugo” fan que este xeodestino mere-za “ser recoñecido con tan singular distinción”.

Para iso, Baltar convo-cou a alcaldes e represen-tantes dos oito concellos ourensáns que forman parte da Ribeira Sacra: A Peroxa, A Teixeira, Cas-tro Caldelas, Esgos, Mon-tederramo, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e

Xunqueira de Espadañedo. O presidente provincial anuncioulles que no pleno de setembro a corporación provincial debaterá unha moción do Grupo Popular na que se pide impulsar a candidatura da Ribeira Sacra para a súa declara-ción como patrimonio da Humanidade, e solicítase á Xunta de Galicia que poña en marcha o procedemento correspondente para forma-lizar a candidatura.

A moción tamén instará ao Goberno de España para que, unha vez elaborada a candidatura, promova a dita declaración diante do Comité do Patrimonio da Humanidade da Unesco, e remitirase aos concellos deste territorio e á Deputa-ción de Lugo o acordo ple-nario para que se sumen á iniciativa.

O curso escolar comeza cunlixeiro repunte na matrícula4 19.118 estudantes de Infantil e Primaria comezan este mérco-res as clases en 114 centros educativos da provincia.

Os máis madrugadores á hora de incorporarense ás aulas foron os máis pe-quenos, os 886 nenos e ne-nas de 0 a 3 anos que están matriculados este curso na rede autonómica A Galiña Azul, á que pertencen �5 centros infantís na provin-cia.

Son as escolas infantís que se emprazan, entre

outros, nos concellos da Bola, A Merca, Allariz, Car-telle, Oímbra, Xinzo de Li-mia e Xunqueira de Ambía. A Consellería de Traballo e Benestar prevé incrementar a oferta pública durante a presente lexislatura, con ca-tro novas escolas en Ouren-se, que suporán a creación de �58 novas prazas. Dúas delas estarán ubicadas nos

nos concellos de Xinzo e de Verín.

Ademais da Rede A Galiña Azul, a oferta de prazas sostidas con fon-dos públicos inclúe tamén escolas municipais, de iniciativa social e cheque infantil, conformando unha oferta global de máis de 19.000 prazas en toda Galicia.

4 Os máis pequenos, os máis madrugadores

P.L.

Menos alumnos de Infan-til e máis de Primaria, cun saldo global de 6� estudan-tes máis que o curso ante-rior. É o resumo das cifras de matriculación do novo curso escolar que comeza este mércores 11 de setem-bro en 114 centros educati-vos da provincia.

En total, 19.118 escola-res das etapas de Infantil e Primaria voltarán ás aulas esta semana, 6� máis que os que o facían o curso an-terior. Con todo, a lixeira suba de matrícula débese só ao incremento nos cur-sos de Primaria, 77 alum-nos máis que o ano pasado (de 1�.680 a 1�.757), pois en Infantil prodúcese unha redución de 15 alumnos (de 6.376 a 6.361).

Baixa a matrícula nos privados

Outra cifra significativa nas variacións de matrícu-las dun curso a outro é á que atende ao tipo de cen-tro -público, privado e con-certo- no que estudan os ra-paces ourensáns. Nas dúas etapas de Infantil e Prima-ria caen as matriculacións nos colexios concertados e privados, con 44 matrículas menos que en �01�-�013.

Tamén caen os estudantes de nacionalidade estranxei-ra, que son 49 menos que hai un ano.

Servizos complementa-rios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Conse-llería de Educación.

Os estudantes de Secun-daria, Bacharelato, FP e en-sinanzas especiais agarda-rán ata o día 16 para voltar ás clases.

A Deputación impulsa a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade4 Presentará unha moción para pedir aos Gobernos autonómico e central que promovan a súa de-claración diante da Unesco.

Redacción

A Xunta Directiva Pro-vincial do Partido Popular de Ourense vén de fixar a convocatoria de sete no-vos congresos locais. No mes de outubro celebra-ranse en Allariz (día 4), Quintela de Leirado (día 5), Castrelo do Val (día 11), Xunqueira de Espa-dañedo (día 18), Cualedro (día �4), Nogueira de Ra-muín (día �5) e Baños de

Molgas (día 31). Tamén se abordou na re-

unión da Xunta Directiva Provincial a convocatoria dos congresos que quedaran pendientes no mes de xullo –anulados polo loito oficial decretado tralo accidente fe-rroviario de Santiago-, que son os de Coles, Celanova e Trives. Previsiblemente terán lugar este mesmo mes de setembro, á espera de concretar as datas exactas nos próximos días.

Fixadas as datas de celebración de sete congresos locais do PP4 Serán en outubro os de Allariz, Quintela de Leirado, Castrelo do Val, Xunqueira de Espadañedo, Cualedro, Nogueira de Ramuín e Baños de Molgas.

Este curso aumentou a matrícula nos centros públicos e baixou nos privados

4 CCOO denuncia que o curso comeza con 70 profesores menos en Primaria e Secundaria

O responsable de Educación do sindicato CCOO en Ourense, Alex Portela, denunciou que este ano haberá 70 profe-sores menos nos centros de educación Primaria e Secundaria da provincia, sobra unha cifra total que non alcanzará os 3.000. Portela fixo estas decla-racións nunha rolda de prensa previa ao inicio do curso, na que tamén des-tacou a boa noticia que supón o repunte da matrí-cula.

Malia o descenso na matriculación de alum-nos de tres anos, que atribuíu á baixada da na-talidade por mor da crise, este dato “compénsase co incremento en Infantil

Alex Portela, responsable de Educación de CCOO Ourense./P.LODEIRO.

e Primaria; hai máis alum-nos no ensino público que nunca”, subliña Portela. Ao sindicalista tamén lle pare-ce positivo o “incremento significativo” de alumnado na escola pública fronte á caída que rexistran os co-lexios privados e concer-tados; “quero pensar que seguimos tendo unha rede de centros e de profesorado moi ben preparado”, afir-mou.

Para CCOO, a parte ne-gativa do inicio do curso �013-�014 é, por un lado, a supresión de 70 prazas de profesores en toda Ourense, a maioría por xubilación; e polo outro, o peche de tres aulas (dúas delas nos co-lexios de Celanova e Carte-lle) e de dúas escolas uni-

tarias. Portela alerta ademais

do aumento da afinidade en Secundaria, que obri-ga a profesores a impartir materias das que non son especialistas; e da introdu-ción do cobro do comedor aos alumnos transportados en función da súa renda.

Page 23: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

�3DEPORTES

Redacción

Lucas Escaneo (Tria-tlón Morrazo) e Silvia Veira (Arcade Inforhouse) proclamáronse gañadores do XXIV Triatlón Vila de Allariz, que se celebrou o 17 de agosto coa partici-pación de 150 deportistas. Coma todos os anos esta proba contou cun gran seguimento por parte dun numeroso público que animou aos participantes ao longo de todo o perco-rrido.

Na proba masculina, Lucas Escaneo partía como un dos favoritos e cumpriu os prognósticos ao chegar no primeiro lu-gar á meta cun tempo de

1:14:04. A segunda posi-ción foi para Miguel Ángel Varela (BikeEstrada Triat-lón) a máis de 50 segundos (1:14:59), mentres que ter-ceiro foi José Luis Dorado (Mar de Vigo) cun tempo de 1:16:13.

Tampouco houbo sorpre-sas na categoría feminina ao proclamarse vencedora Silvia Veira (Arcade In-forhouse) cun tempo de 1:�5:34. Silvia foi moi su-perior e chegou con máis de tres minutos de distan-cia sobre a segunda clasi-ficada, Almudena Vázquez (Mar de Vigo, 1:�8:4�). O terceiro posto foi para Mar Villar (Tríatlon Morrazo) cun tempo de 1:�8:50. Na categoría de clubs, triunfos

para Motobike Pontevedra (categoría feminina) e Tría-tlón Morrazo (masculina).

A proba disputouse sobre as distancias de 750 metros de natación, �4 quilómetros de bicicleta e 5.500 metros de carreira a pé. A recollida de dorsais, saída e meta tivo lugar na Alameda de Allariz

Lucas Escaneo e Silvia Veira, vencedores no XXIV Triatlón Vila de Allariz4 Numeroso público animou aos 150 partici-pantes da proba.

Lucas Escaneo chegou á meta cun tempo de 1:14:04 e Veira completou a proba en 1:25:34

O Tratlón de Allariz conta cunha gran participación.

e a proba disputouse nunhas paraxes espectacularmente fermosas.

Próxima ediciónEste ano celebrouse a

XXIV edición da proba e a organización está estudando a posibilidade de facer en �014 unha proba relevante a nivel estatal para celebrar as vodas de prata do Vila de Allariz.

Redacción

A Eurocidade Chaves-Ve-rín organiza o domingo �� de setembro a VII Andaina popular, conxuntamente co XVIII Paseo Raiano do Centro Social, Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia. É unha iniciativa conxunta de Chaves e de Verín para unir lazos e con-memorar o Día Europeo sen automóbiles.

A andaina-paseo cubrirá a Ruta dos Muíños, 15 qui-lómetros de percorrido de dificultade moderada, con paso por tres poboacións e cinco muíños.

TransportePara achegarse á locali-

dade lusa de Vilarelho da Raia (lugar onde comeza-

Andaina e paseo pola ruta do Muíños4 Chegan á súa sétima e déci-mo oitava edición, respectiva-mente.

rá a andaina), un autobús sairá desde o Centro de Cultural de Chaves ás 8.15 horas (hora portu-guesa) e outro da praza do Concello de Verín ás 9.15 horas (hora española).

InscriciónsAs inscricións poden

realizarse ata o 19 de se-tembro en Chaves, en Vi-larelho da Raia, na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo), no gabinete da Eurocidade no Concello de Verín e en Multisport Verín. O custo de partici-pación é de 7 euros -ou 5 euros para os posuidores da Tarxeta do Eurocida-dán- e inclúe transporte, auga, reforzo alimentario, pequeno almorzo e dispo-ñibilidade de balnearios.

Page 24: Setembro 2013 - BXVAC

�4 BARRIOSSetembro de �013

DEPORTES

Celanova acolle a Supercopa de fútbol salaRedacción

O vindeiro sábado 14 de setembro no pavillón municipal de Celanova celébrase a Supercopa de fútbol sala en categorías masculina e feminina. Ne-las enfrontaranse os cam-pións da Liga Provincial cos campións da Copa Deputación.

Ás 18 horas disputarase a final feminina entre o Cartelle e o Celanova. A partir das 19.30 horas, tur-no para o Concello da Vei-ga contra o Bar En Xogo / Karlaska.

Portas abertas na piscina climatizada de VerínRedacción

Do 16 ao �0 de outubro as instalacións da Pisci-na Climatizada de Verín ofertarán unha ‘Semana de Portas Abertas’ na sala aeróbica, programada pola área de Xuventude, Depor-te e Festexos do Concello de Verín.

Todos os interesados en coñecer o funcionamento da instalación municipal poden visitala nesa semana para recibir información. Tamén se poderá participar nas distintas actividades que se programan durante todo o curso, de xeito gra-tuito durante esa semana. Así, poderán coñecer “in situ” as diferentes activi-dades e participar nelas. Para este curso as activi-dades máis novidosas son: wellness, zumba, pilates, aquagym, spinning, body balance, urban, aerobic, acrosport, GAP, aerotono, ioga e bailes de salón.

Para saber máis desta iniciativa poineira na pis-cina de Verín debe solici-tarse na propia instalación deportiva.

O Celanova FSF, campión da Copa Deputación./AR-QUIVO.

Redaccióm

Na fin de semana do 17 e 18 de agosto, no complexo deportivo de A Granxa, tivo lugar a celebración do Maratón de Fútbol Sala Sub �0 de Verín. O equipo dos Chirricongos fíxose coa competición, tras ga-ñar na final por 0 a 3 ao Saudeter Esencias FS.

Na primeira xornada, a de grupos, saíron os equi-pos que lograron a clasifi-cación para os cuartos de final, na que os resultados foron os seguintes: Saude-ter Esencias FS 3-� Vodka Junior FS; Solfamidas FS 8-0 Florderei FS; Chirri-congos 9-4 Ferramentas FS e Café Ivori FS �-1 Drückeberger FS.

Chirricongos, gañador do Maratón Fútbol Sala de Verín4 En categoría Sub �0.

Semifinais e finalNas semifinais enfrontá-

ronse o Saudeter Esencias, que venceu 4-3 ao Solfa-midas, e Café Ivori, que perdeu contra o Chirricon-gos por 1-4.

Xa na final o Chirricon-gos foi superior ao Saude-ter Esencias vencéndoo por cero goles a tres (0-3).

En terceira posición re-matou o Solfamidas ao derrotar ao Café Ivori por cinco goles a dous.

Deste xeito, o primeiro clasificado (Chirricongos) levouse un premio de 500 euros e un trofeo; o segun-do (Saudeter Esencias) ga-ñou �00 euros e trofeo; e o terceiro clasificado (Sol-famidas) levouse 70 euros máis trofeo.

Os Chirricongos, campións do maratón de fútbol sala.

R.T.

O Club Ourense Balon-cesto xoga os dous primei-ros encontros de pretem-pada en terras ourensás; concretamente en Verín e Celanova.

O primeiro dos encon-tros -Verín- disputouse o pasado sábado 7 de setem-bro, no complexo deporti-vo da Granxa. O rival é un vello coñecido en partidos destas datas e contrincan-te na Liga, o Breogán de Lugo.

O partido estivo moi igualado propiciando in-cluso ter que disputar unha prórroga que se levou o cadro lucense por 80-83. E iso que o COB xogaba sen os pívots Jonathan Kale e Aziz N´Diaye; mentres que Morentín tan só leva-ba dous adestramentos cos seus novos compañeiros.

Durante a primeita me-tade do encontro a alter-nancia no electrónico foi a nota dominante. Por parte cobista, Iván Raya (que está no equipo só para reforzalo durante os

O Club Ourense Baloncesto visita Verín e Celanova4 Nos dous primeiros encontros amigables da pretempada.

adestramentos) e Iván Gar-cía mantiñan na partido ao COB; por parte do Breogán, Diouf e Tyrus McGee mar-caban a diferenza. Ao des-canso: 33-33.

Na reanudación, o Breogán impuxo o seu fí-sico e logrou unha renda durante o terceiro cuarto de sete puntos (36-43) que quedaría en máis cinco ao final do mesmo (51-56).

No último cuarto, os ourensáns chegaron a ir perdendo de 10 puntos (5�-6�), pero grazas a inspira-ción de Rivero, Huertas e Edu Martínez (este con dúas triplas consecutivas) fixeron que o COB puxé-rase por diante no último minuto (68-67). Ata o fi-nal, McGee adiantaría aos lucenses e Riley Luettge-rodt con dous tiros libres devolvía o empate e con se

disputaría a prórroga.O tempo extra foi dema-

siado para o curto banco do COB, que sucumbiufi-nalmente por 80-83.

A pesar da derrota as sensacións foron moi boas e todos os xogadores tive-ron minutos de calidade, destacando os 18 puntos e o �1 de valoración de Riley, ou os 15 puntos de Huertas.

CelanovaPara este mércores

11 de setembro, o Club Ourense Baloncesto terá o seu segundo test desta tempada. O rival será o Leyma Coruña (tamén rival na Liga), co que se verá as caras no pavillón municipal de Celanova a partir das �0.30 horas.

Para o encontro o téc-nico Gonzalo García de Vitoria espera poder contar co pívot Jonathan Kale, mentres que habe-rá que agardar un pouco máis para que aterrice en Ourense Aziz N´Diaye, que aínda ten problemas co visado.

Kale estará en Celanova.

Redacción

O pasado sábado ce-lebrouse en Vilanova de Arousa (Pontevedra) a úl-tima regata de piragüismo para as categorías alevín e benxamín. Disputada en ka-yaks individuais sobre unha

Paula Segura, terceira en Vilanova de Arousa4 En categoría alevín.

distancia de 1.500 metros, e na cal estaban inscritos 501 deportistas (31� nenos e 189 nenas) de toda a xeo-grafía galega.

Por clubs, o Fluvial de Allariz rematou na no-vena posición. E o outro club ourensán participante

(Avión) finalizou na posi-ción número ��.

Campionato ProvincialO domingo 18 de agosto

celebrouse no río Arnoia ao seu paso por Allariz o Campionato Provincial de piragüismo en todas as

categorías, proba ademais puntuable para a Copa De-putación.

O campionato celebrouse en embarcacións indivi-duais sobre unha distancia de 1.000 metros para os alevíns e benxamíns; de �.000 metros os infantís e de 4.000 o resto de catego-rías (cadete, júnior, sénior e veterano).

En total, inscribíronse 179 deportistas proceden-tes de toda a provincia de Ourense. O percorrido da proba consistiu nun circuíto desde a zona da Alameda no edificio A Fabrica até a ponte romana.

Na clasificación por clubs, quedou primeiro o Fluvial de Allariz, seguido do Fluvial O Barco, Avión, S.C. Fon-tefría de Muíños e Escola Municipal Ourensá. Por ca-tegorías, en sénior venceron Pedro Andrés García e Mó-nica Piñeiro, ambos do Flu-vial Avión; en júnior, Ser-gio Ruiz e Teresa Pomar, do Fluvial O Barco; en vetera-nos, Francisco Vázquez, do Fluvial O Barco; en cadete, Adrián Prada e Marta Pa-

radelo, tamén do Fluvial O Barco. Na categoría infantil A gañou Santiago Álvarez do Fluvial Allariz e Eva Piay do Fluvial O Barco, mentres que en infantil B quedaron primeiros Andrés Tamayo, de Avión, e Noemí Fernández, do Barco. Os mellores benxamíns foron Javier Rodríguez, do club de Allariz, e Ánxela Bru-quet, do Avión. Finalmente, en alevín A gañaron Óliver Rodríguez, do Barco, e Sara Vide, de Allariz, e en alevín B, os irmáns Agustín e Pau-la Segura Prado, os dous do club local Fluvial Allariz.

Campionato galego in-dividual

O 17 de agosto celebrouse en Narón o Campionato Galego de piragüismo nas categorías alevín e benxa-mín, disputado en kayaks individuais sobre unha dis-tancia de 1.500 metros.

Nesta proba déronse cita un total de 66� deportis-tas. Entre os representantes ourensáns destacaron as actuacións de Paula Segura (do Fluvial Allariz) e Oli-ver Rodríguez (do Barco de Valdeorras), que se fixeron cos terceiros postos da ca-tegoría alevín.Os integrantes do Club Fluvial Allariz que se desprazaron ata Vilanova de Arousa.

Paula Segura, terceira clasificada en Vilanova de Arousa.

Page 25: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

�5DEPORTES

Celanova acolle a Supercopa de fútbol salaRedacción

O vindeiro sábado 14 de setembro no pavillón municipal de Celanova celébrase a Supercopa de fútbol sala en categorías masculina e feminina. Ne-las enfrontaranse os cam-pións da Liga Provincial cos campións da Copa Deputación.

Ás 18 horas disputarase a final feminina entre o Cartelle e o Celanova. A partir das 19.30 horas, tur-no para o Concello da Vei-ga contra o Bar En Xogo / Karlaska.

Portas abertas na piscina climatizada de VerínRedacción

Do 16 ao �0 de outubro as instalacións da Pisci-na Climatizada de Verín ofertarán unha ‘Semana de Portas Abertas’ na sala aeróbica, programada pola área de Xuventude, Depor-te e Festexos do Concello de Verín.

Todos os interesados en coñecer o funcionamento da instalación municipal poden visitala nesa semana para recibir información. Tamén se poderá participar nas distintas actividades que se programan durante todo o curso, de xeito gra-tuito durante esa semana. Así, poderán coñecer “in situ” as diferentes activi-dades e participar nelas. Para este curso as activi-dades máis novidosas son: wellness, zumba, pilates, aquagym, spinning, body balance, urban, aerobic, acrosport, GAP, aerotono, ioga e bailes de salón.

Para saber máis desta iniciativa poineira na pis-cina de Verín debe solici-tarse na propia instalación deportiva.

O Celanova FSF, campión da Copa Deputación./AR-QUIVO.

Redaccióm

Na fin de semana do 17 e 18 de agosto, no complexo deportivo de A Granxa, tivo lugar a celebración do Maratón de Fútbol Sala Sub �0 de Verín. O equipo dos Chirricongos fíxose coa competición, tras ga-ñar na final por 0 a 3 ao Saudeter Esencias FS.

Na primeira xornada, a de grupos, saíron os equi-pos que lograron a clasifi-cación para os cuartos de final, na que os resultados foron os seguintes: Saude-ter Esencias FS 3-� Vodka Junior FS; Solfamidas FS 8-0 Florderei FS; Chirri-congos 9-4 Ferramentas FS e Café Ivori FS �-1 Drückeberger FS.

Chirricongos, gañador do Maratón Fútbol Sala de Verín4 En categoría Sub �0.

Semifinais e finalNas semifinais enfrontá-

ronse o Saudeter Esencias, que venceu 4-3 ao Solfa-midas, e Café Ivori, que perdeu contra o Chirricon-gos por 1-4.

Xa na final o Chirricon-gos foi superior ao Saude-ter Esencias vencéndoo por cero goles a tres (0-3).

En terceira posición re-matou o Solfamidas ao derrotar ao Café Ivori por cinco goles a dous.

Deste xeito, o primeiro clasificado (Chirricongos) levouse un premio de 500 euros e un trofeo; o segun-do (Saudeter Esencias) ga-ñou �00 euros e trofeo; e o terceiro clasificado (Sol-famidas) levouse 70 euros máis trofeo.

Os Chirricongos, campións do maratón de fútbol sala.

R.T.

O Club Ourense Balon-cesto xoga os dous primei-ros encontros de pretem-pada en terras ourensás; concretamente en Verín e Celanova.

O primeiro dos encon-tros -Verín- disputouse o pasado sábado 7 de setem-bro, no complexo deporti-vo da Granxa. O rival é un vello coñecido en partidos destas datas e contrincan-te na Liga, o Breogán de Lugo.

O partido estivo moi igualado propiciando in-cluso ter que disputar unha prórroga que se levou o cadro lucense por 80-83. E iso que o COB xogaba sen os pívots Jonathan Kale e Aziz N´Diaye; mentres que Morentín tan só leva-ba dous adestramentos cos seus novos compañeiros.

Durante a primeita me-tade do encontro a alter-nancia no electrónico foi a nota dominante. Por parte cobista, Iván Raya (que está no equipo só para reforzalo durante os

O Club Ourense Baloncesto visita Verín e Celanova4 Nos dous primeiros encontros amigables da pretempada.

adestramentos) e Iván Gar-cía mantiñan na partido ao COB; por parte do Breogán, Diouf e Tyrus McGee mar-caban a diferenza. Ao des-canso: 33-33.

Na reanudación, o Breogán impuxo o seu fí-sico e logrou unha renda durante o terceiro cuarto de sete puntos (36-43) que quedaría en máis cinco ao final do mesmo (51-56).

No último cuarto, os ourensáns chegaron a ir perdendo de 10 puntos (5�-6�), pero grazas a inspira-ción de Rivero, Huertas e Edu Martínez (este con dúas triplas consecutivas) fixeron que o COB puxé-rase por diante no último minuto (68-67). Ata o fi-nal, McGee adiantaría aos lucenses e Riley Luettge-rodt con dous tiros libres devolvía o empate e con se

disputaría a prórroga.O tempo extra foi dema-

siado para o curto banco do COB, que sucumbiufi-nalmente por 80-83.

A pesar da derrota as sensacións foron moi boas e todos os xogadores tive-ron minutos de calidade, destacando os 18 puntos e o �1 de valoración de Riley, ou os 15 puntos de Huertas.

CelanovaPara este mércores

11 de setembro, o Club Ourense Baloncesto terá o seu segundo test desta tempada. O rival será o Leyma Coruña (tamén rival na Liga), co que se verá as caras no pavillón municipal de Celanova a partir das �0.30 horas.

Para o encontro o téc-nico Gonzalo García de Vitoria espera poder contar co pívot Jonathan Kale, mentres que habe-rá que agardar un pouco máis para que aterrice en Ourense Aziz N´Diaye, que aínda ten problemas co visado.

Kale estará en Celanova.

Redacción

O pasado sábado ce-lebrouse en Vilanova de Arousa (Pontevedra) a úl-tima regata de piragüismo para as categorías alevín e benxamín. Disputada en ka-yaks individuais sobre unha

Paula Segura, terceira en Vilanova de Arousa4 En categoría alevín.

distancia de 1.500 metros, e na cal estaban inscritos 501 deportistas (31� nenos e 189 nenas) de toda a xeo-grafía galega.

Por clubs, o Fluvial de Allariz rematou na no-vena posición. E o outro club ourensán participante

(Avión) finalizou na posi-ción número ��.

Campionato ProvincialO domingo 18 de agosto

celebrouse no río Arnoia ao seu paso por Allariz o Campionato Provincial de piragüismo en todas as

categorías, proba ademais puntuable para a Copa De-putación.

O campionato celebrouse en embarcacións indivi-duais sobre unha distancia de 1.000 metros para os alevíns e benxamíns; de �.000 metros os infantís e de 4.000 o resto de catego-rías (cadete, júnior, sénior e veterano).

En total, inscribíronse 179 deportistas proceden-tes de toda a provincia de Ourense. O percorrido da proba consistiu nun circuíto desde a zona da Alameda no edificio A Fabrica até a ponte romana.

Na clasificación por clubs, quedou primeiro o Fluvial de Allariz, seguido do Fluvial O Barco, Avión, S.C. Fon-tefría de Muíños e Escola Municipal Ourensá. Por ca-tegorías, en sénior venceron Pedro Andrés García e Mó-nica Piñeiro, ambos do Flu-vial Avión; en júnior, Ser-gio Ruiz e Teresa Pomar, do Fluvial O Barco; en vetera-nos, Francisco Vázquez, do Fluvial O Barco; en cadete, Adrián Prada e Marta Pa-

radelo, tamén do Fluvial O Barco. Na categoría infantil A gañou Santiago Álvarez do Fluvial Allariz e Eva Piay do Fluvial O Barco, mentres que en infantil B quedaron primeiros Andrés Tamayo, de Avión, e Noemí Fernández, do Barco. Os mellores benxamíns foron Javier Rodríguez, do club de Allariz, e Ánxela Bru-quet, do Avión. Finalmente, en alevín A gañaron Óliver Rodríguez, do Barco, e Sara Vide, de Allariz, e en alevín B, os irmáns Agustín e Pau-la Segura Prado, os dous do club local Fluvial Allariz.

Campionato galego in-dividual

O 17 de agosto celebrouse en Narón o Campionato Galego de piragüismo nas categorías alevín e benxa-mín, disputado en kayaks individuais sobre unha dis-tancia de 1.500 metros.

Nesta proba déronse cita un total de 66� deportis-tas. Entre os representantes ourensáns destacaron as actuacións de Paula Segura (do Fluvial Allariz) e Oli-ver Rodríguez (do Barco de Valdeorras), que se fixeron cos terceiros postos da ca-tegoría alevín.Os integrantes do Club Fluvial Allariz que se desprazaron ata Vilanova de Arousa.

Paula Segura, terceira clasificada en Vilanova de Arousa.

Page 26: Setembro 2013 - BXVAC

�6 BARRIOSSetembro de �013

DEPORTES

Redacción

O domingo 1 de setem-bro os integrantes da Esco-la JA Hermida de Maceda acudiron ao Mini BTT do Cambre (A Coruña).

Nesta cita na que par-ticiparon 150 rapaces de toda Galicia, realizou unha gran actuación a es-cola ourensá.

Xusto o mesmo día no que Hermida (ciclista que pon nome a escola) se facía coa medalla de bronce nos campionatos do mundo de BTT XC en Sudáfrica, os xóvenes macedáns realiza-ban unha gran actuación, logrando tres vitorias e seis podios nesta proba.

Iván Feijóo vencía en infantís (este ano suma vitorias en todas as súas participacións). E, pola súa banda, Aida González facía o propio en alevíns e Breogán Diz era o vence-dor en principiantes.

Tamén cabe salientar a terceira posición de Noela Saa en alevís, a mesma terceira posición de Martín González en principiantes e o segundo posto de Hugo González en prebenxamín.

IX Mini BTT MacedaO sábado 17 de agosto

celebrouse en Maceda a novena edición da Mini

BTT

Tres vitorias da Escola JA Hermida de Maceda no Mini BTT de Cambre4 Correron a cargo de Iván Feijóo, Aida Gonzá-lez e Breogán Diz.

BTT de dita localidade ourensá.

O evento foi organizado pola Escola JA Hermida e recibiu preto de �00 nenos de toda Galicia. As catego-rías participantes compren-dían desde principiantes a infantís. A canteira galega deleitou ao numeroso públi-co que se achegou para pre-senciar a proba.

En canto á participación dos ciclistas locais, Iván Feijóo alzouse coa vitoria en infantil e Aida González fixo o propio na de alevín. Breogán Diz e Martín Gon-zález foron segundo e ter-ceiro, respectivamente, en principiantes. Noela Saa foi terceira en alevíns e Hugo

González, quinto en pre-benxamíns.

Mini BTT NigránO �3 de agosto celebrouse

en Nigrán unha proba de mini BTT do calendario ga-lego.

A actuación da Escola JA Hermida de Celanova con-tou coas vitorias de Iván Feijóo en infantís e Aida González en alevís, amais dos podios de Breogán Diz e Martín González en prin-cipiantes e de Noela Saa en alevíns.

Breogán Diz (centro) e Martín González (dereita), primeiro e terceiro en Cambre.

Aida González -esquerda- e Noela Saa -dereita-, no podio de Cambre. Primeira e terceira, respectivamente.

Redacción

O domingo 8 de setem-bro tivo lugar a I KDD Roadbook ‘Val de Monte-rrei’, organizada por socios do Club Ciclista Verín, coa colaboración do Concello de Verín. O vencedor da proba, na que participaron 14 ciclistas, foi o portugués Luis Daniel, do club Team BTT Chaves.

A proba consistiu nun-ha ruta de orientación na que se entregou un ‘Road-book’, no que se describía con símbolos as instrucións coas que os participantes deberon guiarse para reali-zar o percorrido, con puntos de contro intermedios que validaban a correcta reali-zación do percorrido.

A ruta constaba de 40 quilómetros en dificultade

Luis Daniel vence na I KDD Roadbook ‘Val de Monterrei’4 Celebrada o pasado 8 de setembro.

media-baixa, e discorreu íntegramente polo Val de Monterrei.

A máis de seis minutos do primeiro clasificado rema-

tou o ciclista do Bicicletas Chinquena Javier Álvaro; e a máis de 10 entraría en terceira posición Luis Al-berto (Os Tumbaxestas).

Un participante nun control da KDD./ CC VERÍN.

Redacción

O vindeiro domingo 15 de setembro terá lugar a IX Maratón BTT ‘Rota do Presunto’, organizada polo BTT Club de Chaves e en-marcada dentro do proxecto de cooperación transfron-teiriza da Eurocidade Cha-ves-Verín.

Os participantes (que o ano pasado superaron o millar) poderán escoller un dos dous percorridos -mara-tón e medio maratón-, con distancias aproximadas de

A “Rota do Presunto” atravesará camiños e serras entre Chaves, Oimbra e Verín4 Esta proba de BTT chega a súa novena edición.

80 e 50 quilómetros respec-tivamente. Nestes percorri-dos os participantes atrave-sarán camiños e serras entre Chaves, Oimbra e Verín.

AcompañantesPara os acompañantes

tamén foron incluídos pola organización actividades, como a posibilidade de fa-cer un paseo guiado de �5 quilómetros.

InscriciónsAs inscricións para parti-

cipar nesta proba deportiva

deben realizarse na web do club http://www.bttclu-bedechaves.net/bttprovas/formulario.php ata as �3 horas do 13 de setembro.

O sábado 14 de setem-bro terá lugar a entrega de documentación e dor-sal, apertura das especia-lidades gastronómicas e sorteo de cinco xamóns; mentres que o domingo 15 de setembro está previsto seguir coa entrega de do-cumentación e dorsal, así como a concentración e saída oficial da IX Mara-tón Rota do Presunto (10 horas). Despois haberá un almorzo para os parti-cipantes e acompañantes que se anotaran.

Cartela da proba de BTT “Rota do Presunto”.

A “Rota do Presunto” terá lugar o domingo 15 de setembro con saída en Chaves

A Escola JA Hermida acumula numerosos éxitos nesta tempada

Page 27: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

�7DEPORTES

“A miña evolución como atleta foi un proceso progresivo, a base de adestramento e esforzo”

Rubén Diz realizou unha gran actuación no Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense 2013./RAMSÉS

S.N./R.T.

Comezou no atletismo fai �0 anos, con só 14, e neste tempo o seu currículo de-portivo foise enchendo de éxitos; algúns deles foron a obtención do bronce na-cional e o sétimo posto de Europa da categoría sub-�3 en 10.000 metros, ou facer-se en �01� co Campionato galego de 10.000 en pista. O limián Rubén Diz Díaz é, sen dúbida, corredor de fon-do, pero defínese como “un atleta por enriba de todo”. Na actualidade voltou á competición oficial, logo duns anos de descanso, e compaxínao coa súa face-

ta de adestrador de rapa-ces, algo que lle fai seguir profundizando día a día no deporte que ama e que vive con paixón, o que é para el o seu deporte rei.

Como foron os teus ini-cios no atletismo?

Rubén Diz: “Comecei con 14 anos, grazas a un compañeiro de Xinzo. Eu estaba canso do fútbol e buscaba algo diferente.

Fun a varias competi-cións escolares, aínda que sen destacar particularmen-te”.

E como foi a túa evolu-ción como atleta?

R.D.: “Foi un proceso progresivo. Todo o que conseguín foi a base de ades-tramento e esforzo. Por exemplo, o primei-ro ano quedei entre os 10 mellores de Galicia da miña categoría, ao seguinte fíxenme con algunha meda-lla, despois clasifiqueime para algún campionato de España e así sucesivamen-te. Incluso algún ano me estanquei, algo que é moi

común no mundo do depor-te, pero seguín progresando ata conseguir un dos meus maiores logros, quedar séti-mo en Europa en categoría sub-�3”.

Despois de competir du-rante moitos anos decidi-ches parar unha tempada e, de novo, fai dous anos volviches á competición. Con que obxectivo o fixe-ches?

R.D.: “Só pensei en vol-ver a gozar do meu deporte. Eu son corredor de fondo, pero son atleta por enri-ba de todo, e o único que busco agora é gozar deste deporte. Non teño en men-te ningún obxectivo claro, vou preparando carreiras a curto plazo, de feito agora estoume preparando para dúas probas de acá a dec-embro. A primeira é unha á que lle teño maior cariño porque foi na que me estre-nei, a pedestre de Santiago; e outra é a San Martiño, que ao ser de Ourense ta-mén me apetece moito”.

Agora combinas a túa faceta de atleta coa de adestrador, en que ámbito te atopas máis cómodo?

R.D.: “Sempre pensei que o meu era só ser atleta, pero estame gustando moi-to ades-trar, porque estou tocando outras especialida-

des, algo impensable como deportista. Agora adestro a rapaces que practican xa-velina ou salto, e así fanme investigar e aprender cada día sobre este deporte. Des-te xeito é como adestrar a 15 deportistas diferentes, porque cada disciplina ten as súas esixencias e parti-culariedades”.

Como ves ao atletismo en termos xerais?

R.D.: “En canto ás ca-rreiras populares, nas que hai gran participación, pa-rece que está de moda e iso é fantástico. E isto acon-tece non só en Galicia, se non tamén fóra. Por exem-plo, en New York rematan 45.000 persoas un maratón e moitas delas sen adestrar demasiado; e eu en cambio nunca fixen ningunha. Trá-tase dun deporte que engan-cha, o corpo pídeche máis.

Nembargantes, o atletis-mo en pista non atravesa un bo momento. Os rapa-ces teñen moitas modalida-des entre as que escoller e en cambio non se animan. Quizais non sabemos ven-

dernos como debemos. Hai que eliminar o concepto de que é un deporte moi duro.

Ademais, no caso de Ourense as cousas non se están facendo ben, tal e como indica que atletas como Alfonso Palomanes e máis eu esteamos no club Ximnástica de Pontevedra e Alex Fernández estea no New Balance Team de Vigo. Iso indica que algo falla”.

Tes algunha asignatu-ra pendente como atleta antes de quitar as zapati-llas?

R.D.: “Espero non quitar as zapatillas nunca, agardo correr toda a miña vida. A día de hoxe adestro todos os días da semana e cando non dea seguido ese ritmo baixareino e adaptareime, pero seguirei correndo. En atletismo o nivel márcalo ti. Eu sempre fun unha persoa moi esixente e competitiva e considero que aínda me queda moito por facer. Qui-zais un maratón é o que me falta, porque é unha compe-tición que polas miñas con-

dicións físicas se me adapta como anel ao dedo, e gus-taríame facela. Ao mellor despois dos retos que me teño marcado ata decembro falarei co meu adestrador e prepararei un maratón de cara á primavera”.

Como recibiches o re-coñecemento que vén de facerche o Concello de Xinzo?

R.D.: “Con alegría. Está claro que se pode ser críti-co, e como cidadáns temos o deber de selo. A realidade é que en Xinzo os que nos dedicamos ao atletismo non tivemos moita axuda, nin dunha cor política nin doutra. Pero agora hai que recoñecer que están inten-tando botarnos unha man, axudarnos co material e as instalacións, e esa é a liña que deben seguir.

E cando che fan un reco-ñecemento deste tipo no teu pobo, e eu sempre estiven moi orgulloso de ser de Xin-zo, é toda unha alegría. Pero sobre todo por quen máis me alegrei con isto foi, sen dúbida, polos meus pais”.

Que lle dirías aos rapa-ces que pensan en come-zar no mundo do atletis-mo e que teñen dúbidas?

R.D.: “Eu diríalles que se senten curiosidade polo atletismo que se quiten os prexuízos. Que non pensen que só é correr; poden sal-tar, lanzar...o que máis lles guste. Ademais a formación que recibes en atletismo po-des compaxinala con outros deportes. Pero que se quiten o medo de que é un depor-te moi duro. É un deporte bonito que cando engancha faino de verdade”.

Lixeiro e veloz na pista, e sinceiro e cercano fóra dela, así é Rubén Diz, un dos at-letas ourensáns de referen-cia. Un limián de corazón e un orgulloso amante do at-letismo, que leva o nome de Ourense polo mundo a base de esforzo e sacrificio.

ENTREVISTA AO ATLETA RUBéN DIz

“Espero non quitar as zapatillas nunca”4 O atleta limián Rubén Diz vén de recibir o recoñecemento do Concello de Xinzo pola súa extensa traxectoria deportiva.

No pleno do 29 de agosto o Concello de Xinzo entregoulle a Diz unha placa conmemo-rativa da súa extensa carreira deportiva, ademais de facerlle un expediente de honra. O alteta alégrase deste recoñecemento, principalmente, polos seus pais./R.T.

“Sempre pensei que o meu era só ser atleta, pero estame gustando moito adestrar aos rapaces porque estou tocando outras especialidades do atletismo. Investigo e aprendo día a día”

Cando decidiu voltar á competición fai 2 anos, Rubén Diz tiña claro cal era o único seu obxectivo: “só pensei en volver a gozar do meu deporte”

Page 28: Setembro 2013 - BXVAC

�8 BARRIOSSetembro de �013

P. Lodeiro

Polo seu compromiso desde a súa fundación en 1998 co noso idioma, a nosa cultura e a nosa terra, o gru-po “R” recibiu este domin-go 9 de setembro o premio “Celanova Casa dos Poe-tas”. Por primeira vez nos seus �9 anos de historia, o galardón que concede a Fundación Curros Enríquez premia a unha empresa e non a unha persoa.

O conselleiro delegado de “R”, Arturo Dopico, foi o encargado de recoller o premio, que recibiu de mans da presidenta do Par-lamento, Pilar Rojo, e do alcalde de Celanova, José Luis Ferro, nun acto que tivo lugar no Auditorio Il-duara. Dopico destacou a honra que supón para el e a súa empresa ser a primeira entidade non cultural que

recibe o “Casa dos Poetas” e sinalou que o compromi-so de “R” co galego é unha aposta “permanente e in-cuestionable”.

Pouco antes, o alcalde, José Luis Ferro, xustifi-cara a concesión do que é “un dos galardóns culturais máis valorados de Galicia” a este grupo empresarial, por representar “os valores que consideramos teñen que ver coa universalidade da nosa lingua e da nosa cultura porque da súa man a nosa lingua e a nosa cul-tura teñen espazo propio en ámbitos tan difíciles de aca-dar coma os da telefonía, a comunicación audiovisual e a propia Rede”.

Mañá de actos institu-cionais

A xornada de entrega do “Celanova Casa dos Poetas” comezara ás 11 da mañá na

casa consistorial, onde tanto a presidenta do Parlamento como o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, asinaron no libro de honra do Con-

R” recibe o premio “Celanova Casa dos Poetas” 4 Por primeira vez nos seus �9 anos de historia, o galardón concedeuse a unha empresa e non a unha persoa.

cello. Logo, a comitiva, formada, entre outras au-toridades, polo conselleiro de Cultura e Educación, e o presidente da Deputación Provincial, trasladouse ata o monumento de Celso Emi-lio Ferreiro, onde tivo lugar unha ofrenda floral con mo-tivo do seu 34º cabodano, así como un pequeno recital de poemas de Celso Emilio e Curros Enríquez. O acto estivo amenizado polo gru-po de gaitas do Concello de Celanova.

Unha vez rematada a homenaxe, os asistentes trasladáronse ao Auditorio Municipal de Celanova en cortexo cívico acompaña-do polo grupo de gaitas do Concello de Celanova, onde se celebrou a entrega do premio. Como vén sen-do habitual o premiado re-cibiu unha medalla de prata coa imaxe da fachada da casa e as letras “C” (Cela-nova, Casa, Celso, Curros e Castor Elices) da autoría

de Acisclo Manzano e un gravado realizado neste caso polo artista celanovés Baldo Ramos, e asinou no libro de honra da Funda-ción, pasando xa a formar parte desta entidade como Patrón.

Clausurou a entrega do “Casa dos Poetas” Pilar Rojo. A presidenta do Par-lamento de Galicia salien-tou que o feito de que por primeira vez o premio re-caera nunha empresa cer-tifica non só os méritos da sociedade galardoada, se-nón tamén “o camiño sen retorno polo que a nor-malización da cultura e a lingua de Galicia transita desde hai décadas”.

O conselleiro delegado de “R”, Arturo Dopico”, recibe de mans da presidenta do Par-lamento galego, Pilar Rojo, e do alcalde de Celanova, José Luis Ferro, o gravado e a medalla de prata do premio “Celanova Casa dos Poetas”. /PAULA LODEIRO.

Previo ao acto no Auditorio Ilduara, celebrouse unha ofrenda floral fronte ao busto de Celso Emilio Ferreiro. /PAULA LODEIRO

Dopico destacou que o compromiso de “R” co galego é unha aposta “permanente e incuestionable”

OCIO E CULTURA

2º concurso de fotografías do Bosque MáxicoRedacción

O grupo de desenvolve-mento rural O Vieiro Le-boreiro, das comarcas de Celanova e Baixa Limia, organiza o segundo con-curso de fotografía e de-buxo O Bosque Máxico.

Ata o 31 de decembro todos aqueles que o de-sexen poderán participar enviando ou ben as súas fotografías dixitais (de unha a tres por tema), que non foran premiadas noutros concursos, ou ben os seus debuxos, en tama-ño A3.

O contido, tanto de fotografías coma de de-buxos, debe estar relacio-nados cos temas propostos polos 39 patrocinadores, como árbores centenarias, ríos, flora, fauna camiños, gastronomía ou paisaxes do Bosque Máxico, entre outros. Amais dos pre-mios concedidos polos patrocinadores, como es-tancias de fin de semana, ceas en restaurantes ou lotes de produtos, o autor do mellor debuxo creará o cartel para o concurso do vindeiro ano.

Fallo do xuradoO xurado estará com-

posto por persoas de reco-ñecido prestixio no campo das artes plásticas e un membro de cada entidade patrocinadora, e o seu fa-llo coñecerase o 6 de xa-neiro de �014.

Todas as obras premia-das serán expostas na web do Bosque Máxico e for-marán parte dunha exposi-ción que percorrerá salas e concellos do territorio do Bosque Máxico.

[Bases completas en www.obosquemaxico.com]

Page 29: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

�9OCIO E CULTURA

Boa acollida para o mercado “Arte de Man” e o Encontro de Cestería 4 O Concello de Allariz decidiu xuntar as dúas citas na mesma data para aumentar o atractivo turístico da vila

Stand do artista local Pedro Fernández, que realizou unha demostración do seu traballo en pedra na tarde do domingo 8 de setembro. /PAULA LODEIRO.

P. Lodeiro

Compaxinar na mesma data a celebración do XI Mercado de artesanía “Arte de Man” e do IV Encon-tro de Cestería parece que foi un acerto, a xulgar pola afluencia de visitantes á vila alaricana na xornada do domingo 8 de setembro. Os departamentos de Pro-moción Económica e Cul-tura do Concello de Allariz acordaron este ano xuntar na mesma xornada os dous eventos, co obxectivo de aumentar o atractivo turísti-co da localidade.

O bo tempo tamén acom-pañou para quen se quixo achegar este pasado domin-go ben á capital alaricana ben ao núcleo de Santa Ma-riña de Augas Santas. Na

primeira ubicación, as pra-zas de Arriba e de Abaixo aloxaron os stands de �4

artesáns, 16 deles locais. Creacións en coiro (co pro-pio Museo do Coiro repre-

Amais de venda, houbo demostracións de varios oficios artesanais

sentado), cerámica, pedra, madeira ou esmaltes, pos-tos de gravados e pintura,

de produtos téxtil, ou do xabón natural elaborado en Allariz animaron a mercar aos que se achegaron ata o mercado. Demostracións do traballo en pedra e de ar-tesanía con papel reciclado completaron o programa de “Arte de man”.

En Santa Mariña de Au-gas Santas, o segundo nú-cleo turístico do municipio, desenvolveuse o IV Encon-tro de Cesteiros. Unha vi-sita guíada na véspera, con paradas nas escavacións de Armea, o Forno da Santa e a Escola de Cestería, abriu a programación, que incluiu o domingo un obradoiro infantil de cestería, postos de cesteiros que elaboran cestos de palla, madeira ou vimbio de maneira profe-sional e dos alumnos da Es-cola de Cestería, música, e unha degustación de carne de boi.

4 Multiplicar o calendario de eventos

Na presentación de “Arte de Man” e o Encon-tro de Cestería, a conce-lleira de Promoción Eco-nómica, Cristina Cid, a de Cultura, Teresa Devesa, e a técnica municipal, Cruz García, destacaron a estra-texia do concello alaricano de multiplicar o calendario de eventos para afrontar a situación de crise econó-mica. “Necesitamos suplir con máis visitantes esa caída do consumo, por iso o número de persoas que visitaron Allariz este ve-rán aumentou”, apuntaba Cristina Cid, que se refería a dúas novidades da vila, novo Museo da Moda e o renovado Museo do Xo-guete, como dous novos polos de atracción de visi-tantes; “están funcionando moi ben”.

As cifras totais de tu-ristas daranse unha vez remate a tempada estival, pouco despois do 15 de setembro.

Page 30: Setembro 2013 - BXVAC

30 BARRIOSSetembro de �013

AXENDA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Por que envellecemos?

1º. Desidratación das células. Beber auga non é suficiente.

�º Oxidación das mo-léculas, provocada polos radicais libres.

Os átomos (moléculas integrais) coñecidos por “radicais libres” son pro-ducidos polo organismo como consecuencia do seu metabolismo normal. Mais, ás veces, o orga-nismo produce en exceso, sendo prexudicial para a saúde. E por que? Os fac-tores son o fume de ciga-rro e a exposición excesi-va a raios ultravioletas.

Eses radicais poden oxi-dar e damnificar o ADN, permitindo a aparición de doenzas (cancro, hiper-tensión, etc). Por iso, hai que combatelas, inxerin-do os “antioxidantes”, que son nutrintes protectores como o ferro, cobre, mag-nesio, selenio, vitamina A, C, E e betacaroteno. Cando o colesterol é oxi-dado polos radicais libres, causa danos nas arterias, provocando doenzas car-díacas.

Minerais rexuvenece-dores:

1) Selenio: peixe, ma-risco, alimentos integrais, xermen de trigo e levadu-ra de cervexa.

�) Zinc: cereais, legu-mes, froitos secos, peixe e soia.

3) Magnesio: cereais in-tegrais, espinacas, froitos secos e té.

Antioxidantes:Axudan a manternos

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Monterrei, vendima con lapas

Monterrei, que ben soa, no fondo do val, un nome con maxia latente, con forza innata da herdanza dos antergos.

Queren matar Monte-rrei. O verde manto das cepas, coas uvas doura-das, preto do punto exacto para lograr o froito dun traballo duro, longo e in-certo.

Hai unha década, os lumes aniquilaron o cora-zón de Monterrei, un val sufrido, farto de soportar golpes traidores que non o deixan despegar da máis amarga ruina económica que estamos a sufrir. Os violentos, enfermos cró-nicos do fume e das lapas, atacan de novo.

Agora, podemos esque-cer por un intre a fatalida-de dun delito ecolóxico amparado inconsciente-mente por parte da socie-dade. Somos encubridores da realidade, deixémonos de tanta hipocresía e de-mos “caña” aos malnaci-dos que de forma covar-de e traidora, encenden a chisqueiro, e abren de par en par, as portas do infer-no. A cabicha prendida e o vidro escachado no piñei-ral non son os culpables do que estamos a vivir. Aquí, o home prende no corazón do bosque, coma

Exposicións- Ata setembro - Expo-

sición “Paisaxes galegos” de Emilio Soto Bouzas - Casa da Cultura de Xinzo

- Do 14 ao �1 de setem-bro- “Desvelos sinxelos” - Casa do Escudo de Verín

Cine - 13 de setembro - “A

hierro muere” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

Festas e feiras- �0, �1 e �� de setembro

- Romaría da Saínza en Rairiz de Veiga- 11 e �3 de setembro -

Feira en Verín- 14 e �7 de setembro -

Feira en Xinzo- Todos os xoves - Feira

en Celanova- Todos os sábados á

mañá - Mercado da Bios-fera na Praza de Abastos de AllarizDeportes- 11 de setembro - COB

- Leyma Coruña - �0:30 h. - Pavillón de Celanova- 14 de setembro - Super-

copa de fútbol sala - 18 h.-Pavillón de Celanova 15 de setembro - IX Rota

do Presunto - Chaves- 15 de setembro - Verín -

Allariz - 17:30 h. - Estadio José Arjiz de Verín- 15 de setembro - Sporting

de Celanova - Taboadela - Estadio San Rosendo de Celanova- �� de setembro - Allariz

- Velle - Campo de fútbol de Allariz- �� de setembro - Mon-

terrei - Barbantes - Campo de fútbol de Monterrei- �� de setembro - Ante-

la - Barbadás - Campo da Moreira de Xinzo

www.mundourense.com

4AXENDA

o ciruxán que curta na pel sen anestesia.

Desolador o panorama nos concellos veciños de Cualedro, Monterrei e Vi-lardevós. Os pobos teñen na man a solución. Alí está o “demo” e todos coñecen a súa faciana, mais a cultura do lume arruga aos máis va-lentes, e o silencio outorga impunidade os culpables.

No mesmo intre de escri-bir estas letras, chamoume o meu amigo, e díxome, que ten o corazón encollido por mor dun lume na ladei-ra do Gargalo, o pé do Cas-telo. A súa vida é o viño, e o traballo de anos pode de-saparecer en segundos, está intranquilo, coa voz entre-cortada a punto de chorar. Tratei de tranquilizalo, e rezei, para que as lapas non colleran o camiño da viña máis querida.

Falamos un anaco, e acordeime de Omar Sosa, músico cubano que coas mans no piano, plasmou as súas sensacións, sobre un dos seus viños, de aquí, de Monterrei. Non sei polo que, foiseme o maxín cara a aquel acontecemento que xurdiu en Barcelona, e que a ti, tanta vergoña che dá publicar. Aquel día, sen temor a ninguén, subiches ao estrado, e recitaches o que che saiu da alma lim-

pa, pensaches en todos os compañeiros que traballan aquí, as terras do futuro, falaches en voz alta, cei-be, e diches renda solta aos sentimentos…

”Son de Monterrei, unha comarca esquecida polos seus propios veciños, a vida colocoume en moitos sitios, mais eu necesito sentir a terra nas mans...sempre estiven seguro nas miñas fincas, e ao levantar a cachola, a mirada pér-deseme no pasado, cando vexo o meu pai e a miña nai imaxinando o meu fu-turo, e como non, co apoio e comprensión infinita da miña dona”. Estas ver-bas profundas, reflexan a sinxela maneira de amar un traballo, un pobo, e a familia. Omar Sosa, o cubano, tocou a melodía con forza, con raza, como o Támega, potente, e as lapas fóronse alonxando dos terruños queridos, desapareceron nun ances-tral acto máxico, e a mú-sica voltounos á calma e ao sosego.

Coma unha broma ma-cabra, que o destino nos quixo gastar, na terra da auga, o lume mallou ao seu antoxo, mais sen dú-bida, o viño voltará brotar en Monterrei, e de novo recollerás o premio do esforzo, en silencio, sen publicidade, coma a ti che gusta, mais, iso si, desta vez, estará presente o fer-moso sorriso de María.

Miguel A. Prieto “Chita”

mozos.Froitas, verduras, hortali-

zas frescas son substancias antioxidantes, que prolon-gan a vida e rexuvenecen.

Allo, cebola, laranxas, li-móns, froitos secos, amoro-dos, coliflor, brócoli, col de Bruxelas, moras, arandos, framboesas e grosellas, inu-tilizan os radicais libres que lesionan o organismo.

A polución e o tabaco au-mentan os radicais libres no noso corpo; existen nutrin-tes con función antioxidan-te como a vitamina A, E, C e os betacarotenos (están na froita, legumes, cereais completos, viño tinto, acei-te e té).

a) Vitamina E: aceite, froitos secos e sementes.

b) Vitamina A: cenoiras, pementos e tomate.

c) Vitamina C: cítricos, kiwis, salsa, pementos e amorodos.

d) Selenio: peixe, maris-co, xermen de trigo e leve-dura de cervexa.

e) Zinc: cereais integrais, froitos secos, té e espina-cas.

f) Magnesio: cereais in-tegrais, froitos secos té e espinacas.

O revestrol (existente na pel das uvas negras e no viño tinto) atrasa o envelle-cemento e prevén o Alzhei-mer.

João Damião

“Alí está o ‘demo’ e todos coñecen a súa faciana, mais a cultura do lume arruga aos máis valentes e o silencio outorga impunidade aos culpables”

“Os ‘antioxidantes’ son nutrintes protectores”

Page 31: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

31CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 - OU 186-�006 - OU 77-�01�. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz

Nº8� / 18- Ano: VIII - Setembro �013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Mon-talvo de 1 e � cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Vendo apartamento de � habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 4�� 497. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 9� 58 73.En Sanxenxo alúgase aparta-mento equipado con praza de garaxe opcional, tel. 986 7� 10 56 ou 617 50 5� �4Alúgase apartamento en Vigo amoblado, tel. 637 00 59 10Alúgase apartamento amo-blado en casco antigo de Ourense por ��0 euros, tel. 637 00 59 10Alúgase dúplex na Valenzá,r/Areal, 350 euros ao mes. Tel. 609 57 �1 14Alúganse dúas naves de 4�� e 454 m�, xuntas ou separadas no polígono de Pereiro de Aguiar: Parcela nº 15.. Tel. 639 67 74 3�Alugo apartamento amobla-do con garaxe e trasteiro no Couto, Ourense, tel 606 569 ��8Alugo en 1ª planta, zona S. Francisco, Ourense � dormi-torios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Cale-facción Gas Natural. Telf: 988 �35 876.Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087.Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) re-formado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 7�.000 euros. Tel: 6�98�8647.Alúgase piso preto da univer-sidade (Ourense), compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 �4 69 �6Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), ��, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888.Vendo finca urbanizable de 1.500 m� en Amoeiro, bo pre-zo. Tel. 610 54 48 54.Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m� pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 �1 14.Vendo finca edificable para dúas casas a 1� km de Ourense e 5 minutos da autovía de Ce-lanova, bo prezo, tel. 617 9�5 873

VENDASVéndese leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.Véndese colcha de veludo, apeiros de labranza antigos de madeira, sofá 3+�, e caldeira de gas cidade, tel. 637 00 59 10Vendo augardente de herbas de máis de 15 anos. 10 euros botella de ¾. Tfno 6�7 6�8 139.Vendo ordenador de mesa DELL. 100 euros. Tel. 6�7 6�8 139.Vendo produtos de cosméti-ca (colombianos) e bisutería de Yambal. Tel: 634 654 985.Véndese berce, bañeira de bebe, cadeira de paseo con plástico, por 400 euros. Tel: 696 18 11 73Vendo mesa de comedor para oito persoas e seis cadeiras. Todo por 300 euros. Tel: 696 18 11 73Vendo libros de texto 5º e 6º primaria, 1º e 3º eso, 5 euros. Tel. 676 9�8 138Véndese colección de mini copas do Real Madrid.3� co-pas, 30 euros. Tel. 647 �7� 198Vendo llantas de Citroen Saxo, tel. 610 54 48 54Compro revistas fútbol Mar-ca e Don Balón, tel: 667 890 �93Vendo mobles de segun-da man: � librerías, mesa de mármore de comedor, 6 sillas, mesa de cento, lámpadas de pé e teito, taquillóns rústicos, � quentadores de auga, � si-llóns de mimbre, � sillóns de pel, mesa de xardín e 6 sillas. Tel. 677 0� 37 36 e 988 �4 89 67 (Ángel)Vendo cinco llantas de Peu-geot �05 GTi, bo prezo. Tel. 610 54 48 54

EMPREGO

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

Fanse portes e mudanzas. Tel. 630 5�1 448.Chica responsable ofrécese para o coidado de nenos ou traballar unhas horas. Tel. 647 �6 74 86Desbrózanse fincas con trac-tor e a man. Ségase herba con segadora.Tel. 630 5�1 448.Ofrécese señor para acompa-ñante: para casa, súper, paseo, varias xestións, etc. Tel: 636 3�9 5�4.

Page 32: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

Page 33: Setembro 2013 - BXVAC

Número: 82- Ano:VIII - Setembro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.24VERÍN Páx.4 COMARCA Páx.6 PROVINCIA Páx.22

4.300 hectáreas arderon na provincia de Ourense nun mes

Os Chirricongos vencen No maratón de FS de Verín

Retrásase a vendima na Denominación de Orixe de Monterrei

Comezo do curso escolar cun lixeiro repunte na matrícula

Actos da semana do Alzheimer en Verín do 14 ao 21 de setembro

O antigo Lavadoiro de Verín convertirase na Escola de Familia a partir de outubro./BORYS MARTÍNEZ.

[páx.3]

“Ponlle as pilas ao teu bocata“ na ludoteca de verán

[páx. 7]

A Escola de Familia abre as súas portas en outubro

Page 34: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013

Page 35: Setembro 2013 - BXVAC

Número: 18 - Ano: VIII - Setembro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

COMARCA Páx.15TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.24

Liberado un voitre negro na Serra de San Mamede

O parque de bombeiros de Celanova, na Rede Galega de emerxencias

COMARCA Páx.22

O COB enfróntase ao Coruña o mércores 11 en Celanova

COMARCA Páx.20

Gran afluencia de asistentes ao mercado “Arte de Man” e no encontro de cestería de Allariz./P.LODEIRO.

Arturo Dopico, do grupo R, recibe o premio da man da presi-denta do Parlamento de Galicia./P. LODEIRO.

Entrevista a Carolina e Rosalía Piñeiro, autoras do

blog “Double Mode”

Premio “Celanova Casa dos Poetas”

[páx.29]

4.300 hectáreas arderon na provincia de Ourense nun mes

Comezo do curso escolar cun lixeiro repunte na matrícula

Artesanía e cestería en Allariz

[páx.28]

[páx. 19]

Page 36: Setembro 2013 - BXVAC

BARRIOSSetembro de �013