71
BI LLARDA CEIP. de Monforte ( Colexio Novo) Xuño 2013 Roberto Vidal Bolaño: LETRAS GALEGAS 2013

Billarda 2013

  • Upload
    j-casas

  • View
    243

  • Download
    7

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Billarda 2013

BILLARDA CEIP. de Monforte ( Colexio Novo) Xuño 2013

Roberto Vidal Bolaño: LETRAS GALEGAS 2013

Page 2: Billarda 2013

BILLARDA

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 2

Equipo de Normalización e Dinamiza-

ción Lingüística

Aquí estamos de novo! Un ano máis a Billarda volve para recoller parte do noso traballo e lembrar que o curso está rematando...

Nesta nova edición, igual ca nas anteriores, toda a comunidade educativa do CEIP de Monforte (familias, alumnado e profesorado) colaborou para que esta Billarda puidera saír adiante, xa que se non é co traballo de todas e todos, a nosa revista non tería sentido!

Así que, moitas grazas polo voso saber facer e por querer compartilo!

ANPA............................................3

LETRAS GALEGAS....................4

GRANDES ARTISTAS............11

DO YOU SPEAK ENGLISH?..27

MONFORTE...............................31

ACONTECEU.............................36

INVESTIGANDO...........44

FALAMOS CON..............52

TEMOS VOZ....................54

BOS CONSELLOS..........57

DIVERTÍNDONOS........62

HOMENAXE A................71

Page 3: Billarda 2013

BILLARDA ANPA

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 3

ANPA A LAGOA

A ANPA A Lagoa do CEIP de Monforte é unha asociación de nais e pais sen ánimo de lucro. Esta asociación permite un contacto moito máis estreito entre as familias que formamos parte do Colexio Novo.

Estes anos gozamos de moitas actividades: xadrez, pesca, bujincan, informáti-ca, baile moderno, aprendendo a xogar, danza galega, patinaxe, natación, fútbol sa-la, debuxo, inglés, ... nas que participou un gran número de alumnos e alumnas.

Esta asociación de nais e pais, coma calquera outra, cumpre moitas máis fun-cións que a organización de actividades a distintos niveis, sendo o seu obxectivo principal servir de portavoz das familias, tanto no centro, como con outras admi-nistracións públicas, xa sexa para protestar por algo que consideramos inxusto, xa para dar os parabéns a quen corresponda pola súa labor.

A candidatura desta ANPA remata este curso, así que vos animamos a formar parte deste gratificante proxecto para os vindeiros dous anos.

ANPA A Lagoa do Colexio Novo de Monforte Rúa Emilia Casas Baamonde s/n 27400 Monforte de Lemos E-mail: [email protected] Tlf: 627 136 642

Page 4: Billarda 2013

BILLARDA LETRAS GALEGAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 4

A dedicatoria do Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño supón unha oportunidade para coñe-cer e acentuar a importancia dunha figura con gran relevancia no mundo do teatro galego como director, dra-maturgo, escenógrafo, actor, técnico de iluminación, membro de xurados teatrais, conferenciante, crítico es-pecializado, participante en numerosos encontros e coloquios, pioneiro no uso das máscaras e dos grandes moni-fates, profesor de cursos sobre iluminación, investigador e mesmo dinamizador cultural.

Achegamento biográfico e traxectoria profesional

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e será nesta mesma cidade onde principia os seus primeiros estudos na Escola da Troia. Con 12 anos comeza a traballar de aprendiz e escri-bente e é así como coñece xente de toda índole e que recollerá máis tarde nas súas obras. A súa primeira achega ao teatro foi con 15 anos onde representou unha obra que apenas duraba dous minutos. Mais a súa primeira vocación foi o cine, así estaba moi interesado nas revistas de cine e era socio dalgún dos cineclubs que había en Santiago.

Realiza estudos de Graduado Social e preparou o acceso á Escola Oficial de Cine de Madrid pero a institución foi pechada nese ano por decisión do goberno franquista.

Aínda así o seu labor como actor, guionista e director non se viu mermado. Entra no mundo do teatro pola grande admiración que profe-sa nas representacións de Autos Sacramentais vistas na Praza da Quintana. En 1968 créase en Santiago o Equi-po Lupa, fundado por Euloxio Ruibal. Roberto Vidal Bolaño axudaba na dirección e levaban a cabo tanto o labor cinematográfico como o teatral. Nos anos 73-80 forma parte do denominado Grupo Abrente. Hai que ter en conta que o autor homenaxeado este ano no Día das Letras vén marcado polo seu compromiso estético e ideo-lóxico co galeguismo no ámbito do nacionalismo (que procedía da súa inmersión nos ámbitos do cine e do teatro galegos) e en diferentes intervencións (charlas, entrevistas) deixou clara a súa aposta por un teatro galego, feito en Galicia, por galegos e en galego, lingua que el defendeu e usou sempre de forma exclusiva.

A súa traxectoria profesional que abrangue arredor de trinta anos tardou en ser recoñecida ou frutí-fera xa que, o seu máximo esplendor comeza na década dos 90 a partir da creación do Teatro do Aquí (1992). É nesta década cando comezan a aparecer distincións e recoñecementos en forma de traducións dalgunhas das súas obras e premios tanto dentro como fóra de Galicia. Fronte a isto, na década anterior, estivo máis ou me-

nos afastado do teatro e dedicouse a facer vídeos comerciais, dobraxe e participou co-mo actor en obras teatrais como, Liberdade Bremana de Rainer W. Fassbinder e de co-director en Salomé de Óscar Wilde. Non deixou de traballar a pesar do seu estado e, xa enfermo, escribía, atendía aos compromisos, preparaba guións para a serie Un mundo de historias, dirixía a re-presentación do CDG, Laudamuco, señor de ningures, xunto con Antonio Simón. Moitos dos proxectos que intentaba levar a cabo non os viu realizados e deixou-nos máis ou menos avanzados pero non re-matados como os espectáculos teatrais ins-

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Page 5: Billarda 2013

BILLARDA LETRAS GALEGAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 5

pirados no cantante Pucho Boedo, no episodio dos Mártires de Carral, na Bella Otero, a dirección da obra de Euloxio Ruibal, O cabodano, que se puxo en escena en decembro do 2002. Logo dunha entrega total ao teatro morre o 11 de setembro do 2002 e será o Salón Teatro de Santiago de Compostela o escenario da súa derradeira representación onde estarán presentes os autores princi-pais e secundarios (amigos e xentes da farándula) que formaron parte ao longo da súa vida na súa traxectoria profesional e persoal. Despois de dez anos da súa morte, este ano 2013 serve para homenaxear a un autor que pese a estar sempre afastado dos ámbitos oficiais da cultura, foi proposto pola RAG como Académico Corresponden-te o mesmo ano do seu pasamento, co cal a votación non se celebrara e será nomeado posteriormente Académico desta institución. O cine e o teatro na vida de Roberto Vidal Bolaño O teatro e o cine foron dous campos que sempre estiveron aparellados no labor levado a cabo polo autor, actor e director. A súa formación técnica abrangue todos os elementos da cultura popular galega e do teatro de vangarda, desde as celebracións do Entroido ata o máis sofisticado xogo do teatro dentro do teatro, pasando polos tradicio-

nais bonecos e chegando á integración na súa obra de todos os medios audiovisuais e técnicos da nosa época. Xa co Grupo Lupa (1968) estivo vinculado ao mundo audiovisual como xefe de produción e dirección de

curtas e mediametraxes. Isto levouno a ser tamén guionista de series como: Un mundo de historias ou Morosos varios; e como realizador de varios anuncios publicitarios e vídeos industriais sobre guións propios e alleos, ademais de espectáculos teatrais como: Monstros, Río Bravo de Chévere e Moleques de Ollomol, Sigrid era só unha moneca rota e Cabaret alén de Teatro da Lúa ou A rúa das balconadas de Monecreques de Kukas.

Participou doutras actividades e traballos relacionados co audiovisual e foi dobrador e actor de varias series de televisión (Los Pazos de Ulloa, Brigada Central, Mareas vivas, O camiño de Santiago ou Un mundo de historias), curtametraxes, Amor serrano; longametraxes, Sempre Xonxa, A noiva medianoite e A lingua das bolboretas.

Tamén algunhas das súas obras teatrais foron adaptadas ao cinema como é o caso de Doentes. Producida por Filmanova e Zir-coZine conta a historia dunha noite trepidante, na que acontecen un montón de sorpresas e se descobren verdades inconfesables. A historia de Valeriano e Cañete, é a de dous perdedores, dous personaxes marcados que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos 50. O inesperado desman-telamento do Hospital Real por orde de Franco para transformalo nun hotel de luxo enche as rúas de Santiago de enfermos, pere-grinos perpetuos e pobres. Unha noite de apracible vagabundeo convértese nunha carreira pola supervivencia de dous estraños amigados pola dor, que non podendo cambiar o mundo, loitan, polo menos, por chegar a velo, outra vez, pola mañá.

Como se pode observar, o traballo levado a cabo polo autor homenaxeado foi moito e diverso, non obstante, un feito a nivel cultural en 1973, a Feira de Teatro de Ribadavia, celebrada nas datas inmediatas ao Día das Letras Galegas, foi fundamental para o devir teatral das décadas posteriores e marcará a traxectoria vital e profesional de RVB. Esta feira levaba parello un concurso

Page 6: Billarda 2013

BILLARDA LETRAS GALEGAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 6

de obras teatrais en galego. As dúas propostas foron impulsadas pola Asociación Cultural Abrente (1973-80) e aos encontros concorreron os máis destacados autores e grupos do panorama teatral galego moderno. Nesta propia mostra xorde a coñecida Xeración ou Grupo Abrente, da que forman parte ademais de Roberto Vidal Bolaño outras figuras relevantes do teatro galego moderno.

Xosé María Dobarro Paz e Luciano Rodríguez Gómez din no artigo Otero Pedrayo, Vidal Bolaño e o teatro que: "é nos anos 70, cando se pode falar con propiedade dun novo renacer da arte dramática en Galicia, volveu manifestarse a preocupación pola procura dun proxecto teatral, dunha nova estética que xa se producira no tempo das Irmandades. Desa preocupación, fortemente ideoloxizada, participou activamente Roberto Vidal Bo-laño".

Este novo grupo de autores, nacidos no ámbito desta Feira, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Tres eran as liñas de orientación temática perfiladas na Mostra de Ribadavia de 1974:

- Realismo costumista -Teatro popular e de axitación -Teatro de investigación e vangarda É de aquí destas tres liñas de onde xorde o que se coñece

como Novo Teatro Galego, como alternativa ao que se viña facen-do desde 1965. O profesor Manuel F. Vieites no seu estudo Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-1995) diferenza tres eta-pas no desenvolvemento deste novo teatro:

-Fase de creación, formada por un teatro independente (1965-1978).

-Fase de desenvolvemento, na que o teatro se volve profe-sional (1978- 1984).

-Fase do teatro institucional, onde se regulariza o teatro (1984 ata a actualidade). A participación de RVB neste tipo de teatro remóntase a inicios de 1984.

Roberto Vidal Bolaño formou e participou activamente no desenvolvemento deste Novo Teatro Galego. Así, en 1975 fundou e dirixiu a compañía Teatro Antroido (desde 1974 representou varias pezas teatrais que tiñan como obxectivo primeiro a defensa contra a opresión franquista e a exaltación da liberdade, desembocando máis tarde nunha variedade teatral do dirty-realism, recurso que se viu reflectido na súa peza teatral Saxo Tenor, que foi considerada un dos mellores logros do autor. En 1980 funda Teatro Estaribel (pouco dura porque un ano despois recuperará o nome de Teatro Antroido). Finalmente, funda Teatro do Aquí (1992) que desaparece en marzo do 2005 coa representación da obra, A ópera de a patacón dirixida por Marcos Orsi. Os problemas económicos levan, parece ser, a que a viúva do autor, Belén Quintáns, abandone a compañía. O propio teatro galego avanza o mesmo camiño có noso creador, é por tanto unha peza fundamental neste traxecto. Así, en 1975 cando crea o Teatro Antroido desenvolve unha intere-sante actividade como director e transformará a xente e o tea-tro en profesionais. O escritor dramático viuse en moitas ocasións influenciado polos diversos ámbitos que constitúen a produción teatral xa que for-maba parte da dirección, produción, iluminación, representación...

Page 7: Billarda 2013

BILLARDA LETRAS GALEGAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 7

é por iso que moitos dos seus textos están cheos de apunta-mentos de propostas concretas para a representación escéni-ca con autores e espazos concretos.

Para rematar, con respecto a estes dous campos cine-teatro, que non poden desligarse, hai que mencionar que a súa produción constitúe unha das máis sólidas e orixinais propos-tas do teatro galego contemporáneo, como o testemuñan a crítica e os premios, aínda que non toda a súa obra chegou a ser publicada ou éo hoxe en día grazas a autores como Camilo Franco, Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño ou a coor-dinación de Xosé Manuel Fernández Castro en seis volumes da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño de editorial Positivas.

Obras

Roberto Vidal Bolaño foi un home integral de teatro. Alén das obras escritas, do seu traballo como director teatral e como actor, deixou un feixe de textos nos que reivindica a necesidade da profesionaliza-ción do teatro galego. Vexamos as súas palabras a través do Manifesto da compañía de Teatro do Aquí:

“Un teatro do hoxe e do aquí. Un teatro con fe abondo en si mesmo e na sociedade na que nace e á que serve, como para ser quen de saír ó encontro de poéticas propias, capaces de traducir en termos de universalidade o particular, de reafirma-las capaci-dades potenciais da nosa cultura e dos nosos creadores para se incorporar por méritos propios á dramaturxia e ó teatro universais.

Un teatro que contribúa a lle restituír ós cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espellar, co que poidan sentirse identificados e ó que cheguen a ter como propio.

Un teatro que, ademais desa forma de expresión e comunicación á que ningunha cultura que se queira viva pode substraerse, se aspira a preservar e revitalizar aqueles sinais da súa identidade que a fan existir como tal, sexa un produto artístico de elabora-ción industrial, capaz de xerar riqueza e de idonizar a explotación racional dos nosos recursos humanos, económicos e infraestrutu-rais. Ese teatro hoxe máis que nunca, ten que estar aquí, entre nós, ó noso alcance, só hai que saír e buscalo.”

As súas reflexións tamén criticaron o sistema teatral galego, que el cualificaba de “viciado e clientelar” por apoiar os seus propios intereses e non concibir un proxecto global no que tivesen cabida todas as compañías e no que fose posible avanzar cara a un obxectivo específico, un teatro firme e de calidade.

Clasificación temática

Aínda que xa se fixo referencia a distintas obras e ao momento vital en que foron concibidas, pódese achegar unha clasificación máis polo miúdo do conxunto da súa obra tendo en conta diferentes críticos litera-rios. Á hora de facer a clasificación imos deixar de lado aquelas pezas breves escritas para guión ou cómic e os textos adaptados por el, tanto como director para o traballo coa súa com-pañía partindo de pezas xa escritas para teatro, como as adaptacións que fixo partindo de textos que foran escritos noutro código narrativo.

Na edición da obra As actas escuras publicada polo CDG faise unha distribución da temática das obras de RVB da seguinte maneira:

-Textos propiamente dirixidos a un público infantil -Teatro feito para ser representado na rúa -Resto das obras

Textos propiamente dirixidos a un público infantil Estes textos están dirixidos a un público principalmente infantil, pe-

ro tal e como expresou Agustín Lorenzo López, poden ser vistas por un pú-blico máis amplo: "Roberto Vidal Bolaño defenderá a necesidade de crea-ción de espectáculos para todos os públicos pois os rapaces son acompaña-dos ao teatro por adultos e hai que fuxir de propostas pedagóxicas". A

Page 8: Billarda 2013

BILLARDA LETRAS GALEGAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 8

mesma opinión é compartida por Luca de Tena, autor que expre-sará o seguinte: “Vidal escolle un teatro para rapaces que chisca-ba o ollo aos nenos grandes”. Para Xosé María Fernández Castro, serían pezas propiamente infantís as seguintes:

• Romance dos figos de ouro: é un texto novo que nace a partir dun texto existente na obra Ruada das papas e o unto. O protagonista é un cego que toca o violín que nos conta os feitos que acontecen nun teatro de monicreques nos que os protagonis-tas son un demo, un tuno, un monstro, un catedrático, unhas mu-lleres, un nacionalista, un admirador da Bella Otero, a propia Be-lla Otero, un cabalo e un fidalgo.

• Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequecho ao meirande xigantón: a peza, ambientada nun “tempo que aínda non pasou”, aborda a partir das visións da meiga Xáxara o tema do despotismo caciquil e da per-da da identidade como pobo.

• Toupourroutou da lúa e do sol: a obra achega unha cosmo-gonía galega que reúne elementos diversos. A deusa Lúa e o deus Sol non se divirten demasiado, de xeito que deciden pelexar e a cousa remata en prantos e enfados. A peza remata cunha arenga sobre a importancia de contar as historias que nos chegan do pasado porque é un legado mítico de noso que nos define como pobo.

Teatro feito para ser representado na rúa

É un teatro que xoga coa posibilidade de ser visto por todos os públicos: • Ruada das papas e do unto: a peza pretende achegarse a formas perdidas de teatro tradicional que se

representaba na rúa. • Entroido na rúa I e II: é unha obra que entronca directamente coa tradición do Entroido en Galicia.

O resto das obras Manuel Quintáns deixounos unha clasificación en tres grupos: • Primeiro grupo: pezas nas que ex-plora no mundo mítico galaico, cun achegamento ao mundo tradicional. Nesta categoría inclúe as obras: Laudamuco, señor de ningures, La-daíñas pola morte do Meco, Baila-dela da morte ditosa, Memoria de mortos e ausentes. • Segundo grupo: obras de carácter histórico: Agasallo de sombras, Dí-as sen gloria e As actas escuras. • Terceiro grupo: obras nas que se achega ao espazo físico e psicolóxi-co galego do presente actual. Son obras como Saxo tenor, ¡Anxeliños!, Doentes, Rastros. Non obstante, Inma López Silva,

Page 9: Billarda 2013

BILLARDA LETRAS GALEGAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 9

entre outros, prefire unha clasificación cronolóxica situando o Agasallo de sombras do ano 1984 como a peza coa que Roberto Vidal Bolaño inicia a súa etapa de madurez. Polo tanto teriamos dúas etapas dentro da creación do autor:

- Obras iniciais: son obras en que aposta pola fábula. Cómpre destacar a súa ambientación nun tempo im-preciso: Laudamuco, señor de ningures, Ladaíñas pola morte do Meco, Bailadela da morte ditosa, Memoria de mortos e ausentes, xunto coas obras de carácter infantil ou obras de rúa.

- Obras de madurez: clasificadas en: • Obras monologadas ou soliloquios: Cochos, Caprice des dieux, Sen ir máis lonxe.

• Obras de ambientación histórica: Agasallo de sombras, Días sen gloria, As actas escuras, Doentes, Mar revolto e A burla do galo. • Obras ambientadas no tempo presente: Saxo tenor, Rastros, In-tegral, ¡Anxeliños!, Criaturas e Animaliños.

Page 10: Billarda 2013

BILLARDA LETRAS GALEGAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 10

Page 11: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 11

Aproveitando o día da familia traba-llouse conxuntamente en relixión e en alternativa cómo axudar na casa. Cada neno e nena fixo un debuxo de cómo colabora nas tarefas da casa.

Infantil 5A

Page 12: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 12

Infantil 5A

Page 13: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 13

Page 14: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 14

Infantil 5B

Page 15: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 15

Infantil 5B

Page 16: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 16

Infantil 5B

Page 17: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 17

Page 18: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 18

Infantil 4

Page 19: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 19

Infantil 4

Page 20: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 20

Infantil 4

Page 21: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 21

Uxía Castro de la Fuente

Page 22: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 22

Page 23: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 23

Infantil 3

Page 24: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 24

Este ano o día das Letras Galegas esta dedicado a Roberto Vidal Bolaño. A profe ensinounos varios vídeos dos traballos de este escritor que fixeron outros colexios e tamén da súa vida e obras.

Tamén limos un anaco dunha obra titulada

“Animaliños”, e levamos para casa un marcapáxinas moi simpático que coloreamos todos.

Gael, Rico, Pablo e Jorge Fixemos varios murais na clase cos materiais que temos, papeis, pinturas, acuarelas, tizas… Empezamos facendo un mural do outono con uvas e millos de plastilina. Foi o primeiro e pasámolo moi ben!

Page 25: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 25

Logo fixemos o mural do Nadal, con to-das as figuras do Belén, cada un dedi-couse a una cousa… Despois, aproveitando que estabamos traballando o espazo en coñecemento do medio, fixe-mos un mural e un libro dos planetas.

Logo veu outro tema que nos en-canta a

todos os nenos e nenas, “os animais”, cada un eliximos un e de- corámolo. Mirade o resul- tado!

Page 26: Billarda 2013

BILLARDA GRANDES ARTISTAS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 26

Materiais - Papel celofán - Unha cartolina negra - Pegamento - Tesoiras - Un cúter - Unha plantilla, co debuxo dunha flor Como facelo 1-.Corta co cúter, na plantilla deixando solo os bordes da flor 2-.Fai o mesmo na cartolina guiándote pola plantila 3-.Recorta o papel celofán ca forma dos ocos que deixaches na plantilla 3-.Pégaos na parte traseira cartolina Ariana, 6ºB

Page 27: Billarda 2013

BILLARDA DO YOU SPEAK ENGLISH?

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 27

A fun curtain for the classroom What do we want to make? Look at the mobile and describe what you see. You are going to make something simi-lar. What do we need? Look carefully at the materials you will need to make a mobile. You will need: - Cut outs - Felt-tip pens. - Scissors. - Wool needle. - Coloured threads. - Glue. - A wooden bar. How are we going to make it? Look carefully at the starfish, the fish, bubbles, the octopus, the sea horse. 1- Decorate the animals and the bubbles in your own way using felt tip pens. 2- Cut them out 3- Thread using a wool needle. 4- Fold each figure and glue. 5- Tie to the wooden bar Look at our fun curtain for our classroom!

Unha cortina divertida para a aula Que queremos facer? Botádelle unha ollada ao móbil e describide o que vedes. Ides facer algo similar.

Que necesitamos? Ollade coidadosamente os ma-teriais que necesitaredes para facer un móbil. Necesitaremos: - Uns recortables - Rotuladores - Tesoiras. - Agulla de la. - Fíos de cores. - Pegamento. - Unha barra de madeira.

Como imos facelo? Ollade coidadosamente a estrela de mar, o peixe, as burbullas, o polbo, e o cabalo de mar. 1-Decorade os animais e as burbullas ao voso gusto, utilizade rotuladores. 2- Recortádeos. 3– Enfiádeos utilizando unha agulla de la. 4- Encartar cada figura e pegalas. 5- Atalas á barra de madeira Ollade a nosa divertida cortina para a aula!

Page 28: Billarda 2013

BILLARDA DO YOU SPEAK ENGLISH?

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 28

Tea Time What do we want to make? An orange juice, a cup of tea, a sandwich and a fruit smoothie.

What do we need? You will need: - oranges - bread - a knife - plate - a juicer - butter - water - cheese - tea - tomatoes - milk - lettuces - lemons - ham - sugar - milk - a kettle - a banana - a cup - an apple - a tea spoon - strawberries How to make an orange juice You will need: oranges, a knife, a juicer. 1- Roll the oranges or squeeze them in the palm of your hand. By doing this, you will get the juices moving around and the oran-ge will give more juice. 2- Next, cut the oranges in halves. 3- Put the half of the orange face down on the juicer and rotate the orange half by hand to get the juice out. How to make a cup of tea You will need: water, tea, milk or lemon, su-gar. 1- Pour cold water into the kettle.

A hora do Té Que queremos facer? Un zume de laranxa, unha taza de té, un boca-dillo e un batido de froitas.

Que necesitamos? Necesitaremos: - laranxas - pan - un coitelo - un prato - un espremedor - manteiga - auga - queixo - té - tomates - leite - leituga - limóns - xamón - azucre - leite - un fervedor - un plátano - unha taza - unha mazás - unha culleriña - uns amorodos Como facer un zume de laranxa Necesitaremos: laranxas, un coitelo, un espre-medor. 1- Faremos rodar as laranxas ou apertámolas na palma da man. Facendo isto, a laranxa dará máis zume. 2- Logo, cortámolas en dúas metades. 3- Poñemos una metade da laranxa cara abaixo no espremedor, xiramos a laranxa coa man para sacar o zume. Como facer unha taza de té Necesitaremos: auga, té, leite ou limón, azu-cre. 1- Vertemos auga fría no fervedor.

Page 29: Billarda 2013

BILLARDA DO YOU SPEAK ENGLISH?

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 29

2- Boil the water in the kettle. 3- Take a cup. 4- Put one tea bag in the cup. 5- Pour hot water into the cup and brew for two minu-tes. 6– Stir. 7- Take away the teabag. 8- Pour cold milk into the cup. 9- Add sugar. 10- Stir. 11- Drink your cup of tea. How to make a sandwich You will need: bread, plate, butter, cheese, tomatoes, lettuces, ham. 1– Decide what type of filling you would li-ke, then place two slices of bread on the plate. 2- Take two slices of bread and butter each of them on one side only. 3- Use the knife to spread butter on one side of both slices of bread. 4- Put your filling on one slice of bread, butter side up. You may choose two fillings. 5- Place the other piece of bread, butter side down, on top of the filling. 6- Now cut your sandwich carefully with a knife. Cut the sandwich into four squares or four triangles. 7- Now sit down and enjoy your sandwich. Eat and enjoy your sandwiches while they are fresh. 8- Finally, clear away the things you have been using.

2- Fervemos a auga no fervedor. 3- Collemos unha taza.

4- Poñemos unha bolsa de té na taza. 5- Vertemos a auga quente na taza e deixámolo repousar durante dous minutos. 6– Remexemos. 7- Quitamos a bolsa de té. 8- Vertemos o leite frío na taza.

9- Engadímoslle o azucre. 10– Remexémolo. 11- Bebemos o té. Como facer un bocadillo Necesitaremos: pan, prato, manteiga, queixo, tomates, leituga, xamón. 1- Decidimos que tipo de recheo nos gustaría para o noso bocadillo. Logo poñemos dúas re-bandas de pan nun prato. 2- Collemos dúas rebandas de pan e untámolas coa manteiga nun lado soamente. 3- Usamos o coitelo para estender a manteiga. 4- Poñemos o recheo (queixo, xamón, leituga, tomate, pepino) nun dos anacos de pan. 5- Collemo o outro anaco de pan, untamos coa manteiga o lado de abaixo, o que cubre o re-cheo. 6- Agora cortamos o bocadillo coidadosamen-te cun coitelo. Cortámolo pola metade en ca-tro triángulos. 7- Agora disfrutamos o bocadillo mentres está fresco. 8- Finalmente, recollemos as cousas que esti-vemos a utilizar.

Page 30: Billarda 2013

BILLARDA DO YOU SPEAK ENGLISH?

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 30

How to make a fruit smoothie You will need: milk,a banana, an apple, strawberries, a blender. 1-Wash the strawberries. 2-Peel the apple and the banana. 3-Cut up the apple, the banana and straw-berries. 4-Put the fruit into the blender. 5-Pour in the milk. 6-Mix the fruit and the milk. 7-Pour it into a glass. 8-Drink your fruit smoothie.

Como facer un batido de froitas Necesitaremos: leite, un plátano, unha mazá, amorodos e unha licuadora. 1– Lavamos os amorodos. 2- Pelamos o plátano, e a mazá. 3- Cortamos a mazá, o plátano e os amorodos en anacos pequenos. 4- Poñemos a froita na licuadora. 5- Vertemos o leite. 6- Mesturamos a froita e o leite. 7- Botámolo nun vaso. 8- Bebemos o batido de froita

Page 31: Billarda 2013

BILLARDA MONFORTE

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 31

Page 32: Billarda 2013

BILLARDA MONFORTE

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 32

Page 33: Billarda 2013

BILLARDA MONFORTE

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 33

Page 34: Billarda 2013

BILLARDA MONFORTE

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 34

Page 35: Billarda 2013

BILLARDA MONFORTE

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 35

Page 36: Billarda 2013

BILLARDA ACONTECEU

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 36

Viaxe fin de curso de 6º O vindeiro luns 27 de maio, sairemos cara a Madrid para realizar a nosa excursión de fin de curso. Comezaremos coa aventura en Amazonia, Cercedilla e a continuación un Tour do Bernabeu. Aloxarémonos nun Camping, creo que será divertido!

O 28, martes, despois do almorzo visitaremos o Parque de Neve (frío, frío!); pola noite acu-diremos ao musical “El rey León”, supoño que disfrutaremos moitísimo.

O mércores 29, temos programada unha visita guiada por Faunia, xantaremos no parque. Pola tarde visitaremos o Museo do Prado, faremos unha ruta didáctica sobre o tema “O cor-po humano”.

O xoves 30, despois de almorzar , visitaremos o Parque Warner Bros, ata que sexa a hora de volver cara a Monforte, chegaremos de madrugada e cearemos en ruta. Esperamos pasalo moi ben e vivir experiencias inolvidables. Marc, Dani, Iago

Page 37: Billarda 2013

BILLARDA ACONTECEU

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 37

EXCURSIÓN FIN DE CURSO. Sairemos de Monforte de Lemos o vindeiro 28 de maio pola noite a Madrid e volveremos o 31 de maio. Cando cheguemos iremos a Cercedilla e iremos ao parque de aventura ama-zonia e comeremos alí. Nós cremos que vai ser moi divertido!. Nese mesmo día iremos visitar o Santiago Bernabeu esperamos ver algún xogador do Real Madrid C.F. Ao día seguinte almorzaremos no camping e despois iremos á Warner cre-mos que vai ser o máis divertido de todo; temos moitas ganaas de subir nas atraccións de auga. Almorzaremos no parque e durmiremos no camping. O mércores iremos a Faunia comeremos alí, veremos crocodilos, quenllas, etc. Temos ilusión por ver as quenllas! Almorzaremos alí. O Museo do Prado e o Musical do Rei León aínda non sabemos cando os ve-remos. Nós cremos que vai ser divertido. O último día almorzaremos no camping e pola mañá iremos ao Parque de neve de Madrid, vai ser moi divertido!. Pola tarde irémonos de volta, que pena!! :(. DANIEL,ÁLVARO E ÁLEX

Nós Alex, Daniel e Álvaro, opinamos que a excursión estivo xenial. No parque Amazonia, pasámolo xenial aínda que daba moito vértigo. O Bernabeu é espectacular, moderno, grande! Os bungalous estaban xenial, gustáronnos a todos e eran moi acolledores. A comida estaba ben, aínda que moi repetitiva e algunhas cousas gustaban mais que ou-tras. o normal vaia!. O Snow Zone estivo tamén moi ben, a comida no Mc Donald´s foi un pouco escasa. Gustou-nos moito o paseo polo Centro Comercial. O paseo por Madrid vendo a Cibeles e Neptuno, dirección ao Rei León, tamén nos encan-tou. Ao día seguinte fomos a Faunia pero a comida fracasou pero o resto da visita estivo moi ben. Á tarde fomos ao Museo do Prado, que puido estar mellor. O último día daba pena abandonar os bungalous, pasamos todo o día na Warner onde o pa-samos xenial!

Page 38: Billarda 2013

BILLARDA ACONTECEU

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 38

O pasado día 26 de abril de 2013, o alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria do C.E.I.P.

de Monforte saímos do colexio en autobús de excursión ao Marroxo (Monforte de Lemos) para ver as instalacións que o Servicio de Protección contra Incendios ten nese lugar. 1º.- Benvida:

Primeiramente, o xefe das instalacións do Marroxo deunos a benvida a todos para, seguidamente, impartir unha breve charla sobre en que consistía o seu traballo da loita co-ntra o lume, tamén comentou que había escasos días tiveron que saír a apagar un incendio na zona… A continuación dividiunos en catro grupos para facer máis sinxela a organización da visita e as explicacións pertinentes. Os grupos coincidían co alumnado que constitúen as respectivas clases, quedando es-tablecidos do seguinte xeito:

Cada grupo ía a un lugar de interese determinado mentres outro grupo visitaba outra

zona diferente ao mesmo tempo. A nós correspondeunos visitar as instalacións na orde que a continuación se relaciona:

O Xefe das instalacións do Marroxo dános a benvida e distribúe os grupos de traballo. 2º.- Ferramentas utilizadas no seu traballo:

Acto seguido, un traballador explicounos o nome e a función das diversas ferramentas

GRUPO NÚMERO: CURSO ESCOLAR:

1 1º A

2 1º B

3 2º A

4 2º B

2º A

Page 39: Billarda 2013

BILLARDA ACONTECEU

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 39

que se utilizan para apagar o lume. Lembramos o nome do batelume, da motoserra e da des-brozadora. Tamén nos falou dos contralumes, que son lumes que se acenden en sitios moi con-cretos para intentar apagar outros lumes máis grandes; e de moitas cousas máis.

As explicacións foron en todo momento claras e amenas 3º.- Indumentaria do traballo:

A continuación fomos ao interior dunha caseta onde outro traballador nos explicou cada parte do vestiario que utilizan cando teñen que saír apagar o lume: casco, anteollos, lu-vas, etc. Tamén nos deixou tocar e colocarnos estes artículos. Despois falamos todos a tra-vés dun Walkie-Talkie que teñen para comunicarse entre eles cando están realizando o seu traballo.

Vimos diverso material que se necesita para traballar en boas condicións nas tarefas de extinción do lume. 4º.- Descanso:

Seguidamente, os catro grupos fixemos un descanso de media hora para comer os ali-mentos que levabamos da nosa casa: bebidas, bocadillos, golosinas, etc.

Page 40: Billarda 2013

BILLARDA ACONTECEU

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 40

A concentración é un factor moi importante neste tipo de actividades. 5º.- Torre de Control:

Unha vez rematado o tempo de lecer, seguimos visitando as instalacións que nos que-daban por ver. O seguinte punto de interese foi a Torre de Control. Alí, na parte baixa, vimos diferentes aparellos e uns maniquís coa indumentaria antiga que usaban tempo atrás os tra-balladores da loita contra o lume. Logo, subimos ata a cima por unha escada curva e cando chegamos arriba a vixiante explicounos cal era o seu cometido, e deixounos ver a paisaxe cuns prismáticos que tiña para a observación de posible fume que indicase a presencia do lu-me. Desde alí vimos Monforte perfectamente.

A vixiante da Torre de Control é a encargada de alertar no caso de detectar algún indicio de lume na zona. 6º.- Helicóptero: A última parte da nosa visita foi a que máis esperabamos: a subida ao interior do heli-cóptero. Primeiramente sentamos todos nos asentos e puxemos uns cascos insonorizados destinados a que o ruido do motor non moleste nos oídos. A continuación, fixemos preguntas sobre as curiosidades que tiñamos respecto ao helicóptero e, finalmente, fomos en grupos de dous ao interior da cabina donde a piloto nos explicaba distintas funcións do instrumental do cadro de mandos.

Page 41: Billarda 2013

BILLARDA ACONTECEU

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 41

Como podedes observar o cadro de mandos dun helicóptero é moi simple. Calquera pode pilotalo!

Unha vez rematada a nosa visita ao Marroxo, instalámonos no autobús e regresamos ao colexio para a hora do xantar. O alumnado da clase de 2º A: Daniel, Adrián, Omar, Alejandro, Sara, Sheila, Joel, Leire, Fernando, Uxía, Martina, Alba, Diego, Zeltia e Selenia

Page 42: Billarda 2013

BILLARDA ACONTECEU

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 42

Biblioforte PLAMBE 2012-13

Este ano a nosa Biblioteca entrou a formar parte do PLAMBE o que nos permitiu reali-zar importantes cambios tanto en infraestruturas como en organización pois supuxo un incre-mento no presuposto e en horario.

A día de hoxe dispoñemos de 62 postos de lectura, un recuncho de lectura informal, unha zona para infantil, 8 ordenadores de nova incorporación e con conexión a internet, unha importante colección de fondos tanto de literatura infantil como de libros de información e obras de referencia, un expositor xigante para os traballos do alumnado, etc. É moito o que nos queda por facer, pero grazas a colaboración de toda a comunidade educativa, puidéronse realizar bastantes actividades de animación á lectura: o conto do venres, contos disparata-dos, etc. As normas de organización e funcionamento da nosa biblioteca recóllense no seguinte tríptico:

Page 43: Billarda 2013

BILLARDA ACONTECEU

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 43

Tamén temos unha sección para pais e nais, na que funciona o servizo de préstamo. Agardá-mosvos no vindeiro curso!!!

Page 44: Billarda 2013

BILLARDA INVESTIGANDO

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 44

- 1 de maio, día internacional da clase traballadora. - 5 de maio, día da nai. - 8 de maio, día mundial da cruz vermella. - 9 de maio, día da comunidade europea. - 15 de maio, día da familia. - 31 de maio , día mundial sen tabaco.

Día internacional da clase traballadora Este día fixose na honra duns traballadores dunha fábrica téxtil que se manifestaron polas malas condicións de traballo. Os seus xefes encerráronos na fábrica e predéronlle lume.

Día da nai

É un día de festa que se celebra en honra da nai en numerosos países en datas diferentes segundo a tradición cultural de cada país xa que a súa orixe é diferente, aínda que podería estar relacionado co culto á nai da an-tiga Grecia. Celébrase na honra da virxe María.

Día mundial da Cruz Vermella A Cruz Vermella é una institución de carác-ter humanitario para: o fomento da Paz, re-

paración de danos (catástrofes, epidemias, etc), colaboración de programas de atención a colectivos marxinados, aliviar su-frimentos en casos de guerras, violencia, etc. A Cruz Vermella creouse o 9 de febreiro de 1863. A Cruz Ver-mella é coñecida nalgúns países como Media Lúa Vermella.

Día da Comunidade Europea O Día de Europa é un día para celebrar a paz, a estabili-dade e a cidadanía europea. A intención era incentivar a cooperación entre os países europeos, asolados polas gue-rras mundiais na metade do século XX, para fomentar a solidaridade entre os estados que cren na paz. O 9 de maio de 1950 un ministro francés pediu a Francia, Alemaña e outros países que se unisen para crear unha producción común de carbón e aceiro, a través dunha nova organización europea.

Page 45: Billarda 2013

BILLARDA INVESTIGANDO

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 45

Día da familia O 20 de setembro de 1993 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas na resolución 47/237 decidiu que o 15 de maio de cada ano se cele-bre o día internacional da familia. En 1998 na resolución 44/82 a Asamble Xeral proclamou o ano 1995 como Ano Internacional da Familia.

Día Mundial sen tabaco Celébrase en todo o mundo o día 31 de maio de cada ano. Ten o propósito de fomentar un período de 24 horas de abstinencia de todas as formas de consu-mo de tabaco. O seu obxectivo é sinalar os riscos que supón o consumo do tabaco.

Adrián, Joel e Víctor 6ºB

Page 46: Billarda 2013

BILLARDA INVESTIGANDO

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 46

Page 47: Billarda 2013

BILLARDA INVESTIGANDO

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 47

Page 48: Billarda 2013

BILLARDA INVESTIGANDO

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 48

Page 49: Billarda 2013

BILLARDA INVESTIGANDO

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 49

Page 50: Billarda 2013

BILLARDA INVESTIGANDO

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 50

Page 51: Billarda 2013

BILLARDA INVESTIGANDO

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 51

RECEITA PARA FACER XEL 125 ml de aceite de xirasol ecolóxico. 25 gr de sosa. 1 l de agua. 1/2 cucharadiña de sal.

Page 52: Billarda 2013

BILLARDA FALAMOS CON

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 52

ENTREVISTA A BLANCA -Gústache traballar con nenos como Adrián? Si por suposto, dende moi nova tiven claro que me gustaría dedicarme á educación e en con-creto á educación de nenos e nenas con dificultades, xa que me fai moi feliz axudarlles. -Que pensas sobre Adrián? Penso que é un neno moi intelixente, moi cariñoso e moi traballador. Ten moita forza de bon-tade e ganas de superación persoal o que lle permite asimilar todas as aprendizaxes que se lle propoñan. Tanto a comunidade educativa como a sociedade en xeral temos que apoiar a súa evolución e a súa inserción. - Que cousas lle ensinas a Adrián? Actividades de autonomía persoal (comer, ir ao baño), actividades sociais (saudar ou despe-dirse); a nivel de coidadora axudalo nas tarefas que por si so non podería facer. ENTREVISTA A CARMEN SOMOZA - Que tipo de cousas lle ensinas a Adrián? Facemos actividades de respiración, exercicios oro-faciais, eu tamén lle fago masaxes fa-ciais, utilizamos sistemas aumentativos de comunicación e tamén traballo psicomotricidade(exercicios de equilibrio, exercicios coas mans e pés, actividades para fortalecer os abdomi-nais, costas, colo, ...) - En que progresou Adrián dende que chegou? Progresou moito a nivel motórico, académico e a nivel de comprensión. - Poderá valerse por si mesmo? Eu penso que no futuro vai valerse por si mesmo sobre todo a nivel motórico e expresivo. Ho-xe en día cos medios de comunicación que hai poderase comunicar facilmente.

Page 53: Billarda 2013

BILLARDA FALAMOS CON

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 53

-Ti crees que é un neno intelixente? Si, é un neno intelixente e con moito futuro. - Estiveches con máis nenos á parte de Adrián? Si, noutros colexios. - Cres que pode chegar a facer algo no futuro? Eu creo que pode ter unha carreira universitaria. ENTREVISTA A ELVIRA -Que lle ensinas a Adrián? Ensínolle a escribir, os números e que se comunique con pictogramas. -Como é Adrián? É moi alegre, obediente, ten bo carácter e mostra interese por aprender. -Despois de tantos anos con Adrián como mellorou? Moito, está aprendendo a andar, a mostrar interese polas cousas. -Como te sentes ao poder axudar a nenos con problemas? Moi satisfeita dos progresos que mostra e gústame moito ensinarlle. -Dános a túa opinión sobre a campaña da axuda a Adrián. Foi algo moi importante que me fixo ver a bondade da xente para axudalo. -Que crees que pode chegar a facer no futuro? Eu creo que pode chegar moi lonxe pero é moi pequeno para sabelo. Sara, Nicole e Claudia.

Page 54: Billarda 2013

BILLARDA TEMOS VOZ

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 54

Page 55: Billarda 2013

BILLARDA TEMOS VOZ

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 55

Page 56: Billarda 2013

BILLARDA TEMOS VOZ

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 56

Page 57: Billarda 2013

BILLARDA BOS CONSELLOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 57

Page 58: Billarda 2013

BILLARDA BOS CONSELLOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 58

Page 59: Billarda 2013

BILLARDA BOS CONSELLOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 59

Page 60: Billarda 2013

BILLARDA BOS CONSELLOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 60

nos empregar nós esa palabra errónea. Hai que falarlle de forma axeitada, con frases sinxelas pero correctas e nunca usar unha linguaxe infantilizada.

-Cando se lle pidan cousas hai que nomear-llas coa palabra exacta, nada de “eso”, “traste”, ”cacharro”…

-Lerlle contos é importante para a súa com-prensión verbal, para aumentar o seu vocabu-lario e para afeccionalo a lectura. É recomen-dable contarlle ou lerlle todos os días un con-to, repetíndoos de vez en cando par favore-cer a súa memoria e para que anticipe os fei-tos dos mesmos.

-Facer exercicios que fortalezan a muscu-latura da cara e da boca de xeito lúdico (soprar papeis, velas, etc; facer pompas de xabón, beber con palliña, facer muecas…; mastigar (menos purés e menos biberón), contribuirá a unha axeitada pronunciación.

-Hai que ensinarlle a sonarse ben e acostu-malo a facelo todas as veces que o precise. Se respira pola boca ou ronca, debería ir ao otorrino.

-Hai que evitar hábitos de succión: chupete, biberón, chupar o dedo, o lapis…

-Se ten caries ou mala colocación dos den-tes, debería ir ao dentista.

-Cando teña otite hai que tratarlla ata o final e se son frecuentes sería conveniente facerlle un estudo de audición.

A linguaxe é unha facultade que non se desenvolve por si soa. Nenos e nenas deben aprender a falar de xeito natural, na medida en que interactúan co contorno social. Tampouco debemos esquecer que un bo desenvolvemento da linguaxe é fundamental para o éxito escolar. Así que por todo isto pasamos a facer algunhas suxestións para mellorar a calidade das respos-tas no ámbito da linguaxe do noso alumnado.

-É moi importante que a nena ou neno teña ganas de falar, que comprobe que precisamos escoitalo, que non nos adiantemos a darlle as cousas ata que as pida verbalmente.

-Hai que aproveitar no contorno calquera si-tuación para falar (no baño, nomear as partes do corpo; ao vestilo nomear a roupa; ao co-mer…). Ten que adquirir a linguaxe vendo co-usas, tocando cousas, falando. Hai que provocar situacións de diálogo, darlle ocasión para que conte o que fixo, o que pensa…Ten que ampliar o seu vocabulario continuamente.

-Hai que ensinarlle pouco a pouco, sen esixirlle que pronuncie ben, felicitalo por ter imitado calquera palabra, xa que así sentirá seguridade para seguir aprendendo palabras novas.

-É importante que imite a pronunciación co-rrecta das palabras pero sen corrixir nin insis-tir, xa que se sentirá confundido, porase ner-vioso e pode diminuír as súas iniciativas comuni-cativas.

-Cando pronuncia mal unha palabra, hai que darlle un bo modelo repetíndolla, pero sen esixirlle a súa realización. Debe entender que pronunciou mal, pero hai que darlle tempo para que a articule ben.

-Hai que ser pacientes, deixarlle que acabe as palabras e oracións e evitar calquer comentario ou expresión facial desaprobatoria.

-Nunca hai que rirlle a gracia que pode facer porque pronuncie mal unha palabra, e moito me-

Aula de Audición e Linguaxe A linguaxe de nenos e nenas

Page 61: Billarda 2013

BILLARDA BOS CONSELLOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 61

rimos empregar o termo educación emocional xa que é unha capacidade que se aprende e que ten por finalidade aumentar o benestar persoal e social. As habilidades que pon en xogo a edu-cación emocional poden agruparse en catro blo-ques: 1) A conciencia da propia persoa: é a capaci-

dade de recoñecer un sentimento no mes-mo momento que aparece. A expresión vo-luntaria de diferentes emocións, a súa dra-matización é unha forma de aprendelas.

2) A autorregulación: consiste en aprender a controlar as nosas emocións, non se trata de reprimilas, xa que teñen unha función, senón de equilibralas. A capacidade do au-tocontrol é unha habilidade de vida funda-mental e adquírese como resultado da ac-ción mediadora das demais persoas.

3) A motivación: é a forza do optimismo, im-prescindible para acadar metas importan-tes. Neste eido é moi importante a percep-ción que temos da nosa propia persoa (autoestima) e a imaxe que as outras per-soas teñen de nós.

4) A empatía: é a capacidade de captar os estados emocionais das outras persoas e reaccionar de forma axeitada, tanto a nivel cognitivo como afectivo.

Está demostrado que o cociente de in-telixencia medido tradicionalmente aumentou na poboación xeral, mentres que o coeficiente emocional diminúe a gran velocidade e, con el, aumenta a falta de empatía, a intolerancia, a exclusión, ... Por todo isto, temos que loitar para que o noso alumnado teña: unha actitude positiva, que recoñeza os seus propios sentimentos e emocións, que se sinta capaz de expresar senti-mentos e emocións así como de controlalos, que sexa empático, capaz de tomar decisións apro-piadas, con motivación e ilusións, cunha autoes-tima axeitada, con valores que dean sentido á súa vida e sendo quen de superar as dificulta-des e frustracións. Xa que logo, apostamos por unha for-mación integral que inclúa o desenvolvemento dos aspectos emocionais e de relación interper-soal, porque os aspectos emocionais están ínti-mamente vinculados co rendemento académico e o benestar persoal.

A resposta a esta pregunta é doada: NON. É a mestura axeitada destes dous conceptos o que fai posible acadar persoas máis completas e felices. Por eso cremos que a educación, entendida como formación integral das persoas dentro e fóra do ámbito escolar, debe atender tanto aos aspectos cognitivos (adquisición de conceptos) como aos sentimentos e emocións. Tradicionalmente a escola centrouse en aspectos cognitivos, priorizando as aprendizaxes científicas e técnicas, deixando de lado o coñece-mento das persoas; non se “parou” a reflexionar sobre os sentimentos e as emocións. As aporta-cións científicas actuais destacan a vinculación entre as emocións e o pensamento como base de toda actividade humana, tal e como recolle o In-forme Delors (UNESCO, 1998), que afirma que a edu-cación emocional é un complemento indispensable no desenvolvemento cognitivo e unha ferramenta fundamental de prevención, xa que moitos pro-blemas teñen a súa orixe no ámbito emocional. Este informe fundamenta a educación do século XXI en catro pilares: aprender a coñecer e aprender a aprender para aproveitar as posibili-dades que ofrece a educación ao longo de toda a vida; aprender a facer para capacitar á persoa para afrontar moitas e diversas situacións; aprender a ser, para obrar con autonomía, xuízo e responsabilidade persoal, e aprender a convi-vir, a traballar en proxectos comúns e a xestionar os conflitos. Escoitamos e comentamos con moita fre-cuencia que o alumnado non está motivado e que hai moitos problemas de comportamento nas au-las, responsabilizando disto á nosa sociedade, aos cambios constantes e rápidos que se producen nela, á influencia dos medios de comunicación, a situacións familiares diversas, ... E a base de moi-tas situacións, mal chamadas de conflito, están na escasa educación emocional. A teoría das intelixencias múltiples de Gardner (1993), popularizada por Goleman, des-cribe, entre outras a intelixencia intrapersoal e a interpersoal, que configuran a intelixencia emo-cional, que é a capacidade de controlar e regular os sentimentos da propia persoa e das demais e utilizalos como guía de pensamento e de acción; esta capacidade está na base das experiencias de solución dos problemas significativos para a per-soa e para a especie. Dende o punto de vista educativo, prefe-

Departamento de Orientación

É preciso escoller entre “saber” e “sentir”?

Page 62: Billarda 2013

BILLARDA DIVERTÍNDONOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 62

COCIÑA Polbo a feira Ingredientes 1 quilo de polbo. 2 patacas. Auga. Aceite de oliva. Sal. Sal en escamas. Pemento doce. Preparación Pela as patacas e colócaas para cociñar nunha pota con auga fervendo e un pouco de sal. Escórreas, córtaas en láminas e resérvaas. Mergulla o polbo tres veces nunha pota grande de auga fervendo (colócao dentro e fóra da auga, agarrado pola cabeza, ata que se encolla). Logo mergúllao definitivamente e co-cíñao 30 minutos. Déixao temperar e córtao en anacos coa axuda dunha tesoira. Resérvao. Para servir, coloca na base dun disco de madeira as láminas de pataca e sobre elas os anacos de polbo. Adereza cun pouco de aceite e espolvorexa con pemento e sal... Divírtete! Para facer a carne máis suave o polbo debe conxelarse por 24 horas para perforar as súas fibras musculares. Desconxelalo unhas horas antes de cociñar. Torta de Santiago Ingredientes Para a masa: Para o recheo: 1 ovo. 4 ovos. 125 g de azucre. 250 g de azucre. 150 g de fariña ( aproximadamente). 250 g de améndoas moídas. 1 culleriña de canela. Rachadura de limón. Canela.

Azucre gras Preparación Para facer a masa, amasar o ovo cunha culler de sopa de auga, azucre e canela. Engadir a fariña aos poucos ata que non admita máis. Reservar. Para o recheo, bata os ovos co azucre e as ras-pas de limón. Cando comeza a escuma, engadir as amén-doas e canela. Estira a masa e forra un molde untado con acei-

Page 63: Billarda 2013

BILLARDA DIVERTÍNDONOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 63

te ou manteiga. Enche a masa co recheo e leva ao forno a 180 graos ata quedar cocido e leve-mente dourada (25-30 minutos). Espolborexa o bolo con azucre de confeiteiro, deixa arrefriar e sirve. Consello: É moi común atopar unha imaxe da Cruz de Santiago na parte superior do bolo. Para iso, debuxa nun papel a Cruz, córtaa e pona encima do bolo. Espolborexa o bolo con azucre de confeiteiro e retira o modelo de Cruz de Santiago. O cocido de Lalín Ingredientes Para 6-8 persoas: 1/2 de cabeza de porco. 500 g de lacón curado. 700 g de espiñazo salgado. 350 g de costela salgada. 1 rabo salgado. 1 fociño salgado. 2 orellas salgadas. 2 unllas salgadas. 2 linguas salgadas. 1/2 quilos de galiña. 350 g de faldra de tenreira. 100 g de unto. 4 chourizos de Lalín. 3 chourizos de cebola. 500 g de garavanzos. 350 g de fabas grandes. 1 1/2 quilogramos de patacas. 1 quilo de grelos. Auga. Sal. Preparación Catro días antes de cociñar, coloca o xamón en auga fría para ser desalgado. Inter-cambia a auga cada 24 horas. Dous días antes, coidadosamente lava o porco enteiro (columna vertebral, costelas, cabeza, rabo, fociño, orellas e uñas) e pono a desalgar e hidratar ben en auga fría, cambiando a auga cada 24 horas. Un día antes, pon a remollo as fabas e os garavan-zos, cada un no seu recipiente. O día de cociñar, coloca no lume unha pota con auga fría e un anaco de graxa. Pon o xamón a cociñar e á vez incorpora a cabeza e o resto da carne de porco. Deixa cociñar por 2 horas e vai sacando a escuma durante ese tempo para eliminar as impurezas. Pon outra ola no lume, tamén con auga fría e outro anaco de graxa, engade a carne bo-vina e de polo e deixa cociñar aproximadamente por unha hora e media. Pon un pouco de sal. Coa parte do caldo no que foi cocido o porco e cociña as fabas e os garavanzos. Deixa cociñar por unha hora. Elimina a graxa cunha cuncha. Feito por: Lydia Alvarez ----- Saray Body

Page 64: Billarda 2013

BILLARDA DIVERTÍNDONOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 64

Page 65: Billarda 2013

BILLARDA DIVERTÍNDONOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 65

XOGAMOS COA MÚSICA

Serás quen de descubrir os instrumentos agochados nesta máquina? Quedarache máis visto-sa se os pintas de cores.

Este encrucillado é ben sinxelo pero hai un instru-mento de corda fretada que leva o seu segundo nome ( VIOLA DE …. )

Busca as seis diferenzas

Page 66: Billarda 2013

BILLARDA DIVERTÍNDONOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 66

PARTITURA PARA FRAUTA

Page 67: Billarda 2013

BILLARDA DIVERTÍNDONOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 67

Busca os nomes dos seguintes ANIMAIS: BOLBORETA CAN COELLO EGUA ESQUIO FURON PORCO TEIXO TOURO VACALOURA VAGALUME XABARIL

Busca os nomes dos seguintes PEIXES: ANGUIA BACALLAO FANECA LINGUADO MEROL OLLOMOL PEIXEESPADA PESCADA XARDA XOUBA XURELO

Busca os nomes das seguintes ÁRBORES: CARBALLO EUCALIPTO AMIEIRO FAIA FREIXO SALGUEIRO PIÑEIRO PIORNO MACEIRA SANGUIÑO SOBREIRA

Page 68: Billarda 2013

BILLARDA DIVERTÍNDONOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 68

Page 69: Billarda 2013

BILLARDA DIVERTÍNDONOS

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 69

Debuxa o camiño empezando polo 6 e acabando no 600, contan-do de 6 en 6. 1 2 3 4 5 6 7

HORIZONTAIS VERTICAIS

Rodea con círculos todos os números que atopes.

Fai un debuxo simétrico a carón deste.

Completa os cadros cos números que faltan. Fíxate que cada número serve para dúas operacións.

Page 70: Billarda 2013

BILLARDA

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 70

Page 71: Billarda 2013

BILLARDA

CEIP de Monforte (Colexio Novo) 71