29
SELECIÓN DE TEXTOS

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Homenaxeamos a Roberto Vidal Bolaño polo día das Letras Galegas. Por Diana Franco Sieira, Paula Fariña e Rau Muñiz García 4ºA.

Citation preview

Page 1: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

SELECIÓN

DE TEXTOS

Page 2: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

ANIMALIÑOS

VARIACIÓN II

HAI UN PARAÍSO AO FONDO

A escena volve estar baleira. Acéndese a luz.

O TIPO RARO: Variación dúas. Hai un paraíso ao fondo. Nun xardín de adosado, de traballadiño

e coidado céspede, un home e unha muller, envurullados nun tenro e cariñoso abrazo, a

piques están de alcanzar o éxtase.

Un home e unha muller abrázanse.

ELA: (Índose nun suspiro.) Aí! Aí o tes, meu amor, cento dezaseis metros de paraíso! É para nós

sos!

EL: Cento dezaseis metros, sen contar cos trinta que temos na zona común.

ELA: Sen contar con eses, claro. É tan bonito!

EL: É!

ELA: Viches que ben se deron as roseiras? Son tan fermosas! Habería que as podar antes de

que lles pasase o tempo.

EL: Mentres ti as atendas a elas, eu limparei de malas herbas o céspede.

ELA: Ten conta da ciática. Ben sabes como te pos cando che aperta.

EL: Terei.

ELA adiántase e, dunha ollada, contempla extasiada todo o xardín.

ELA: (Suspira de novo.) Ai! Sinto como se viñese de facerse realidade o máis fermoso dos meus

soños.

EL: E así é. Sempre quixeches ter un xardinciño francés coma este.

ELA: Foi a ilusión de toda unha vida de traballos e privacións.

EL: Pois aí o tes! Non é o de Versalles precisamente, pero en canto rematemos de pagar a

hipoteca, será noso.

ELA: E acabaremos algunha vez?

EL: As hipotecas acábanse de pagar cando menos o pensas.

ELA: Quedou precioso, non si? Nótase que está feito con amor.

EL: E con moi bo gusto.

Page 3: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

ELA: E con moi bo gusto, si, señor. E todo grazas a ti.

EL: Eu o que máis fixen foi seguir as túas instrucións. A creadora de tanta beleza fuches ti.

ELA: Eu e a nai natureza. Sen ela nada disto tería sido posible.

EL: Es feliz, meu caravel?

ELA: Máis do que nunca pensei que se puidese chegar a ser! (Ollando unha vez máis para o

xardín.) É tan fermoso!

EL: É! Non si?

ELA: É!

O TIPO RARO: Volven mirar para o xardín e de súpeto…

ELA ceiba un berro espantoso e bota as mans á cabeza abraiada polo que semella ver nunha

das moitas plantas do xardín.

Escurece.

VARIACIÓN VIII

A CHAMADA

A Tipa Rara: Variación oito. A Chamada. O escenario volve estar baleiro…

Escóitase o timbre dun teléfono.

A Filla: Non collas. Pode ser miña nai.

O Seu Home: Xa chamou dúas ou tres veces.

A Filla: E que? Quere que a vaiamos buscar para levala ao hospital.

O Seu Home: Tan mal se atopa?

A Filla: E eu qué sei !

O Seu Home: Ninguén chama pedindo auxilio se se encontra ben.

A Filla: Miña nai, si.

Escurece

Un punto de luz ilumina a tres tipos. Son O Tipo Raro e O Tipo e A Tipa Rara Normais. Din os

seus textos recitando ou cantando.

O Tipo Raro: Que somos?

O Tipo e A Tipa Normais: Propietarios.

Page 4: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

O Tipo Raro: Para que estamos aquí?

O Tipo e A Tipa Normais: Para adestrarnos!

O Tipo Raro: Con que sagrada misión?

O Tipo e A Tipa Normais: Para mellor gardar do noso xardín?

Escurece.

VARIACIÓN XXIX

POLOS NOSOS FILLOS

O TIPO RARO: Variación vinte e nove. Polos nosos fillos.

O PERITO: Con eles non serven os métodos tradicionais. Son caracois, collóns, non razoan.

EL : Queixámonos da imigración, da avalancha de pateiras no estreito…, pero o certo é que a

un moracho, en canto o pillas, dáslle algo de comer, méteslle un par de valiums en vea,

devólvelo á casa e acabouse o invento. Ese non volve….

O PERITO: Todo se reduce a unha elección: ou eles ou nós. Se queremos manter sans os nosos

xadíns, temos que recorrer ao que faga falla, gústenos ou non. Non hai outra elección, fóra da

de escoller que método usar.

ELA: E son tan específicos que, ás veces, nin esa elección che queda.

EL: Aquí, neste pequeno xardín, a decisión, aínda que tamén é dura, é posible. Podemos decidir

deixar morrer o xardín, por que non? Pero nunca pederiamos deixar morrer a colleita de toda

unha rexión da India, da que depende a alimentación e, polo tanto a vida de millóns de homes

e mulleres.

O PERITO: Non hai peor inimigo para a saúde dun xardín que a falsa piedade dos seus donos.

“As prantas tamén senten”. “Ese camelio foi un regalo de miña nai”….. Parvadas!

TODOS: Ese camelio está nas últimas, acabar con el é acto de piedade.

O PERITO: O benestar da humanidade pode depender deste puto xadín. Unha Praga con esta

capacidade devastadora pode nacer aquí e estenderse como unha maldición polo universo

mundo.

EL: Habería que acabar con ela!

TODOS: Habería!

ELA: Por nós e polos nosos fillos!

TODOS: Por nós e polos nosos fillos!

Escuridade.

Page 5: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Un punto de luz ilumina un grupo de tres fillos. Son O TIPO RARO e O TIPO E TIPA NORMAIS. Din

os seus textos recitando ou cantando.

O TIPO RARO: Que somos?

O TIPO E A TIPA: Propietarios!

O TIPO RARO: Para que estamos aquí?

O TIPO RARO E A TIPA NORMAIS: Para adestrarnos!

O TIPO RARO: Con que sagrada misión?

O TIPO E A TIPA NORMAIS: Para mellor gardar do noso xadín!

Escurece.

Page 6: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

ANXELIÑOS

Na comisaría de novo. TIGRE, CHARLI, LETI CHEMA, SOR ANXÉLICA e os mesmos

interrogadores imaxinarios de sempre.

TIGRE: E fíxoo. Á súa maneira, pero fíxoo.

CHARLI: Era moi seu.

LETI: Fórao sempre.

SOR ANXÉLICA: Cando se é así, non é fácil cambiar.

TIGRE: Nin hai por que. Era un virguero. Un profesional como a copa dun pino.

CHARLI: Ningún de nós quería chegar a certos extremos, pero non somos unha institución de

caridade, compréndenme? Cobramos morosos por vía extraxudicial de execución inmediata.

CHEMA: Da eficacia da nosa xestión dependen numerosas pequenas empresas.

SOR ANXÉLICA: E non poucos comerciantes respectables.

TIGRE: Xente coma nós que gana a vida honradamente.

CHEMA: Hai demasiados postos de trabalo en xogo como para andar con cachondeos, de aí

que, francamente, non entendemos a que vén todo isto. Á fin e ao cabo, só fixemos o que

había que facer!

SOR ANXÉLICA: O natural!

CHARLI: O procedente!

TIGRE: O correcto!

CHARLI: O de que houbese mortos foi unha putada do azar.

CHEMA: Unha casualidade.

TIGRE: Unha sucesión de jodidos imprevistos.

Escurece.

24

Nun lugar indeterminado da memoria. Charli adormece. En medio dunha bruma espesa, cre ver

unha muller apenas cuberta cunha saba, desdebuxándose ao lonxe. É a nai de Leti, anos antes.

A Muller: vña Charli, sempre o compartistes todo, porque non ides compartirme a min tamén?

Charli: Antes mátote.

A Muller: Eu non escollín querervos aos dous.

Page 7: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Charli: Ou el ou eu.

A Muller: Non me obrigues a tomar esa decisión, por favor.

Entra Leti, desfacendo o soño e esperta a Charli dándolle unas palmadas na cara.

Leti: Papá! Papá! Esperta!

Charli: Que?

Leti: Debías estar tendo un pesadelo. Falabas durmido.

Charli: Non era nada.

Leti: Querías verme?

Charli: Quería.

Leti: Pásache algo? Non tes boa cara.

Charli: É este jodido negocio, que non me dá máis que problemas.

Leti: Era diso do que querías falarme?

Charli: Non, non era diso, non. Sica fuches ao hospital.

Leti: Fun.

Charli: É como está?

Leti: Mal, moi mal.

Charli: Quero que saibas que non cho reprocho. Malia o que pase entre ela e eu, segue a ser

túa nai.

Leti: Deberías ir dicirlle o derradeiro adeus.

Charli: Xa llo dixen onde vai!

Leti: O tío Damián asegura que non conseguiu esquecerte nunca.

Charli: Eu a ela si.

Leti: Di que antes se empeorar así, non facía máis que preguntar se chegaras. Seica

quedarades para bailar.

Charli: Quedaramos. Pero ahora non veu.

Leti: Ti tampouco deixaches de a querer nunca, non si?

Charli: Parvadas. Esquecina en canto se foi con el.

Leti: Cada vez mentes peor, papá.

Page 8: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Escurece.

PÁX 157

Na esterqueira .Tigre, Damián e milleiros de gaibotas.

DAMIÁN: Nada está escrito e, sen embargo, un día ou outro, isto tiña que suceder….non si?

TIGRE: Ti cumpriches a túa parte do trato e nós, a nosa. Que cadaquén siga polo seu lado. É

mellor para todos.

DAMIÁN: Así de fácil?

TIGRE: E por que non?

DAMIÁN: E por que non!

Tigre: Eu só son un mandado, Damián.

DAMIÁN: Sómolos todos. Sabes o que se sente?

TIGRE: Cando?

DAMIÁN: Cando se mata a alguén por encargo.

TIGRE: Non.

DAMIÁN: Nada, o pracer do traballo ben feito, só iso. No fondo, nada diferente ao que debedes

sentir vós cando conseguides cobrarlle a un dos vosos queridos morosos.

TIGRE: Non creo que sexa o mesmo.

DAMIÁN: Ah, non? E cal é a diferenza? Cres que nos vendemos a amos distintos? Que nos

paguen por razóns mellores a uns ca a outros? Só hai un amo aínda que teña centos de rostros.

Chámase ambición, poder, diñeiro. É un trino, coma Deus, e, coma Él, está en todas as partes.

Non hai bos e malos nisto, Tigre, só victimas e verdugos. E no medio, nós, que oscilamos entre

unha condición e outra segundo o vento da fortuna nos sopre de lado ou de cara. O demais

son invencións para necios. Aínda que non sei a que vén todo isto, cando o máis que queredes

é desfacervos de min. E farédelo, claro que o faredes, eu me encargarei diso. Pero non ao voso

xeito, senón ao meu.

Escurece.

PÁX 158

SOR ANXÉLICA: (Repartindo unhas estampas). Tomade estas estampas benditas, poñédeas ao

lado do corazón e gadádevos de lle mirar aos ollos.

CHEMA: Déixate de parvadas, Anxelines!

LETI: Xa non sei que coño pinta aquí!

Page 9: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

TIGRE: Deixádea en paz! Tal como se presentan as cousas non ha sobrar a axuda de ninguén.

SOR ANXÉLICA: En canto entre, formularei as palabras retorneadas de San Xoán. É o único xeito

de se desfacer del.

Aparece DAMIÁN pola porta salmodiando con ironía.

DAMIÁN: Á unha, máis craro o sol cá lúa. Ás dúas, as taboíñas de Moisés, onde Cristo puxo os

pés para pasar de Roma a Xerusalén. Ás tres… Esas patrañas de nada lle servirán conmigo, Sor

Anxélica.

SOR ANXÉLICA: (Botando as estampas por diante). Creo en Deus Pai, creo en Deus Fillo, creo en

Deus Espíritu Santo.

DAMIÁN: Eu tamén e xa ves do que me vale! Así que pensastes que poderiades levar vós sos as

rendas do negocio?

CHEMA: E seguímolo pensando. Agora xa está en marcha.

DAMIÁN: En canto volva ás vosas mans deixará de o estar.

LETI: Procuraremos que non suceda semellante cousa.

DAMIÁN: Sucederá. É o voso sino. De verdade credes que se pode sobrevivir entre lobos sen ser

como eles? Sen ter afiadas as unllas e ensangrentados os dentes? Ningunha das cousas que

vos ensinan serven para navegar en augas tan turbulentas. Sodes demasiado escravos aínda

dos vosos escrúpulos, da vosa pequena moral de andar pola casa, de tranquilizar conciencias

absurdas fáltavos perversidade abondo como para sobrevivir entre tanto jododido perverso.

TIGRE: Iremos aprendendo.

CHEMA: A maltratar indefensos? A matar inocentes? Iso non se aprende. Decídese. E vós nunca

teredes valor para tanto. Precísanse algo máis ca esconxuros ou palabras brillantes. As

palabras son útiles para humillar aos xordos, confundir os inxenuos ou enganar oa crédulos,

pero de pouco valen para acabar os rebeldes ou para mudar o rumbo de tanto desesperado

como hai polo mundo adiante, pelexando por lle arrincar á vida o que outro lles dás e a eles

lles relea ou lles nega. Para traballos así precísanse armas máis prosaicas cás vosas. E teño para

min que vós, pobres inútiles, nin tan sequera saberíades como vos facer cun coitelo de follar

acanalada ou cunha simple pistola.

LETI: Poida que te equivoques.

Page 10: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

CRIATURAS

1

Na inmensidade dunha chaira devastada, sumida na soidade e na néboa. Sobre a maxestade

dun ceo grisallo e tenebroso recórtase penoso o esqueleto dun carballo seco. O resón dunha

vez, lonxana e distante envólveo todo nun profundo misterio.

VOZ DISTANTE: … Unha lúgubre noite de novembro o doutor Frankenstein viu coroados os

seus esforzos. Cunha ansiedade case raiana na agonía axuntou ao seu redor os instrumentos

capaces de lle infundir vida ao ser inerte que xacía diante súa. Era xa a unha da madrugada, a

chuvia petaba tristeira contra os cristais e a candea estaba a piques de consumirse cando, ao

escintileo da chama medio extinguida, viu abrirse os ollos amarelentos e apagados da

criatura…

Un lóstrego fuxidío traspasa a chaira toda e tras del escóitase un berro longo e terrible, xurdido

tal que dos profundos mesmos da terra e máis de besta informe e ignorada que de humano ou

animalia coñecida.

5

Na barra dun bar. Un home fala con alguén que non vemos. A Criatura obsérvao en silencio,

perdido entre a néboa.

O Do Bar: Encapricheime del. Podía terme encaprichado de calquera outra cousa, pero

encapricheime de aquel puto sombreiro. Acababa de fechar unha operación de primeira e

estaba na opulencia, así que os cartos eran o de menos. A verdade é que ao mariconazo aquel

sentáballe como unha coroa. Era o rei da discoteca. O sombreiro era un Panamá, auténtico, e

antollóuseme. Non sei moi ben por que. O tipo non paraba de dar voltas discoteca adiante con

máis chulería ca un piloto de Iberia. Saínlle ao paso e, polas boas –eu primeiro, polas boas

sempre-, pedinlle que mo emprestase. “Para dar un garbeo pola pista e provocar un par de

desmaios!” Díxenlle entre bromas e veras. O tipo nin se dignou a mirarme. Largoume o rollo

ese de que os sombreiros son como as mulleres, os peites ou os cepillos de dentes e que nunca

se prestan e foise como tal cousa. Pareceume normal. Ninguén presta así como así algo tan

persoal. Volvinlle insistir, case que suplicándollo, co que a minme costa, pero o tipo seguiu nas

mesmas. Ti ben sabes como son eu! Nunca acepto un non por resposta. Así que, como era de

suponer, coñecéndome, púxoseme aquí no cello, que custase o que custase, había dar unha

volta discoteca adiante con aquel puto sombreiro. Volvín onda el e, sen máis voltas, díxenlle

que mo arrendase. Polo que fose. Un par de horas soamente, nin unha máis nin unha menos.

Pero volveu pasar de min olímpicamente. E aí foi cando xa non puiden máis e tirei da carteira.

“Mesmo as mulleres, os peites e os cepillos de dentes teñen prezo!”. Díxenlle. E coa mesma

espeteille: “Así que é de suponer que tamen o teñan os sombreiros! Canto queres por el?”. E

vai o tipo e contéstame que o sentía moito, pero que era un regalo e que non estaba en venda.

Cago na tos! Aquilo fodeume! Que regalo nin que centellas? Co que eu estaba disposto a

chegar a ofrecerle, á maña seguinte, podería mercar catro ou cinco com el, e do trinque.

Como é natural, piqueime. A cousa xa transcenderá e había xente arredor, mirando, pendentes

Page 11: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

de como remataba o envite. E claro, funme medrando. Comecei a ofrecerle cartos. Ao primeiro

cifras razoables. Máis ou menos o que poderían valer dous ou tres daqueles ditosos

sombreiros. Pero o tipo, como se nada, ao seu. Arre que non estaba en venda. Como

comprenderás , púxenme frenético e lanceime, dunha para fodelodiante de toda aquela xente

que nos miraba e doutra para mostralle o que eu sostiña: que todo tiña prezo. Mesmo as

persoas. Así é que algún tería tamén aquel fodido chapeau. Quince, vinte, trinta mil pesetas

contantes e soantes, cheguei a ofrecerle. E así ata cen mil. E todo por un puto sombreiro que

non valería máis de dous mil pesos. Pero que queres? Aquela noite tiña o anteollo de lucir con

el. Pero nada, nin con esas. O tipo seguiu nas súas trece. E eu, mira ti que traballo me custaba,

nas miñas. Aí foi onde perdín os estribos e desboqueime. Tirei do talonario de cheques,

estampei a miña firma nun, púxenllo diante, e crucifiqueino… E non vai o tipo, pousa o

Panamá no chan, ponse a brincar riba del, envórcalle un cuba libre e un gin tonic e, non

contento con iso, mételle o dente ao cheque e ráchao. Botou anacos á pista, cunha chulería

que xa me gustaría para min, e díxome que fose por eles e que se era quen, o recompuxese

pegándoo con cuspe ou con merda. Fai falta ser gilipollas! Logo souben que era un “jodido

intelectualillo”, deses que xa non quedan. Un poeta, seica.

Muda a luz e o home desaparece.

PÁX 203

Na mesma chaira desolada do primeiro. Ao pé do carballo seco e co corazón aínda na man.

Abre o día.

Criatura:

Debín morrer hai moitos anos,

cando as imaxes deste mundo

se abriron por primeira vez aos meus sentidos

e percibin o saúdo cálido do verán

e o murmurio das follas

ou os trinos dos paxaros

e eran todos para min .

Cando contemplo esta mans ensanguentadas

e penso en vós

e na ciencia que a uns e a outros nos deu vida

sei que só na morte atoparei consolo,

Page 12: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

e ansío que chegue o momento

en que deixe de velas,

en que mesmo o relembro de todos vós se desvaneza.

Buscarei a estremidade mais nórdica do globo,

construirei unha pira funeraria

e redecirei a cinzas este corpo miserable,

para que os seus restos

non proporcionen luz ningunha

ao curioso e desgraciado profano

que pretenda crear outro coma min.

Non volverei ver o sol

nin as estrelas,

nin sentirei o vento acariñar a miña cara.

E desaparecerá a luz

e a sensibilidade

e o sentimento,

pero sei que atoparei a felicidade perdida

e o meu espíritu durmirá en paz

porque tamén teredes desaparecido vós.

Tira co corazón nunha papeleira e vaise só, cara ao infinito.

Un lóstrego fuxidío volve sacudir a chaira toda e escurece definitivamente.

Page 13: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

RASTROS

TEMPO 1

Dende o máis profundo do escuro chega o relembro das voces duns nenos.

VOZ NENO UN: Que pensades ser cando sexades maiores?

VOZ NENO DOUS: Calquera cousa. Xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os que menos

traballan.

VOZ NENO TRES: Eu serei explorador. Ou inventor. Ou descubridor de algo.

VOZ NENO UN: Eu o único que quero, cando sexa maior, é que non haxa nunca escola.

VOZ NENO TRES: E ti, Esther?

VOZ DE NENA: Eu?

VOZ NENO TRES: Si, ti.

VOZ DE NENA: Libre, coma os paxaros…

Un leve fiíño de luz fai xurdir da nada o rostro olleirado dunha muller a que un desleixe de anos

fai aparentar máis a idade da que de certo ten.

Páx 224

Moncho ponse a buscar entre as cintas.

Esther: Hoxe ninguén baila así. E sabedes por que?

Xan: E por que vai ser? Porque non sabemos.

Esther: ¡Non señor! Por medo. Un mambo, un bolero ou un merengue ben bailados poden ser

a orixe dunha pasión que che faga perder a cabeza. E hoxe en día ninguén quere iso.

Preferimos mantela no sitio e decidir con quen queremos xuntarnos por razón máis parvas

cada vez. É bo tipo? É guapo? Ten pelas? Mesmo a virxindade é un valor en alza ultimamente.

Que mira que manda carallo!

Moncho: Algunhas non saben o que perden.(Comeza a soar un bolero.) Atendede pipiolos! Isto

é bailar e o demais son trangalladas.

Page 14: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Abrázase a Esther e botan a bailar moi acaramelados.

Moncho: Antes un home decíalle a unha muller… Bailas?... e se ela contestaba que si, disponía

do que durase a peza para comprobar se entre os seus circulaba ou non electricidade.

Esther: Ou para lle murmurar ao oído: ¿Tes por costume ser a muller máis fermosa do baile?

Moncho: (Intentándoa bicar.) Ti tes ese costume, Esther!

Esther: (Librándose del.) Terei! Pero é outro o que quero que me queza a orella! (Achégase a

Iago, que segue lendo alleo a todo) Bailas?

Iago: Non sei bailar. Nunca se me deu nada ben.

Moncho: Non importa. Sabe ela. Ti fecha os ollos e déixate ir.

Esther: Veña! Baila conmigo.

Iago: Non quero.

Esther: Por que? ¿Quen che di que ao sentir a túa perna entre as miñas non descobres que é

ao meu lado onde estas ben e non ao lado desa bigotudacon que non fas máis que falar de

tácticas e de estratexias?

Iago: Non te metas con ela.

Esther: Non me meto. Pero non hai máis que vela. Ti mereces algo mellor.

Iago: Ela polo menos ten os pés na terra.

Esther: Pero non ten encima unhas pernas como estas. Ou ten?

Séntaselle enriba con lerchería e móstralle as pernas. El érguese bruscamente e dá con ela no

chan.

PÁX 258

MONCHO: O que non se pode evitar hai que saber soportalo.

ESTHER: Era o que me faltaba por oir! Canto ides tardar en proponerme que me meta no

Proyecto Hombre?

XAN: Intentarémolo outra vez. Todo pode ter aínda remedio.

IAGO: Eu non creo que tarde moito en saír. Nalgún momento esta historia ten que acabar.

ESTHER: E que farías ao te ver fóra? Esquecerte das razóns que te levaron aí? Son os teus soños,

non os meus, ou xa os esqueciches?

XAN: Volveremos vernos de vez en cando. E sairemos xuntos, como sempre fixemos.

Page 15: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

ESTHER: Con sombreiro ou sen el?

MONCHO: Emborracharémonos por colores e volvereiche cantar o Si yo fuera rico en inglés

macarrónico. Aínda me lembro…. Mira…..(Ponse a cantalo)

ESTHER: E Iago e eu bailaremos por fin xuntos un mambo ou un bolero.

IAGO: Aprenderei se é preciso, prométocho.

ESTHER: Sodes patéticos! Se iso é todo o que me podedes ofrecer para que me aferre á vida, é

ben pouco cousa.

MONCHO: Podo conseguirche un artigo á semana. De opinión. Para un dominical. Dez mil folios.

Poderás escribir do que queiras. Literatura, gastronomía, música, festas, actualidade…..

ESTHER: Calquera cousa mentres non me meta con quen non debo. Francamente, non creo que

Iago estea no cárcere, o meu avó morrese, para que outros coma min ganemos así a vida.

XAN: Será como se naceses de novo. Non se nace de novo todos os días.

ESTHER: Non digas estupideces! O que non se nace é de novo aos corenta anos. Aos corenta eu

xa se é alguén ou xa non se vai ser nada nunca. Comenza a costa abaixo. De aí en diante xa

todo é prórroga. E tampouco deixaría atrás tantas cousas. Algún que outro amante fuxidío.

Quince ou vinte polvos satisfactorios, tampouco máis, non creades. Unha chea de débedas que

xa non poderei pagar nunca e vós…. Como se pode ver, pouca cousa.

IAGO: Aínda non os cumpriches.

ESTHER: Acabo de o facer, por iso estou aquí!

MONCHO: Celebrarémolo xuntos! Como outras tantas veces! Veña, todos á vez! (Cantando)

Que os cumpras feliz…!

TODOS: Que os cumpras feliz! Desexámosche todos, que os cumpras feliz…

Botan a apraudir os tres.

Page 16: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

SAXO TENOR

“Era desa clase de sitios onde, se é que non che permiten cuspir no chan da

túa casa, podías ir e facelo.”

JIM THOMPSON.

Tras a néboa pegañenta e mesta daquel amencer de inverno, o solar entre casas abandonadas

en que antano estivera situado o celme mesmo do arrabalde, adivíñase máis ca nunca como o

que sempre foi: un recuncho de pouquidade e de merda esquecido ao pé mesmo da grande

cidade. A cada pouco escóitase ao lonxe o monótono fungar das sirenas erguéndose

fachendosas sobre o rebumbio rutineiro do tráfico e máis preto, alí mesmo xa, sobre as laxes

da ría, o bater duns pasos achegándose.

Dous homes dobran a esquina e adéntranse na encrucillada. Un é vellouco e cano, e o outro

está na flor da madureza. O vello portado cun frac choqueirón e provisorio, do que destaca

sobremaneira unha paxarela vermella, das de lazo, salpicada de lunares brancos, o que lle

imprime á súa figura un certo aire de louco ou de pallaso. O outro veste con coidada

informalidade e cóbrese cunha gabardina longa, das de cinto.

O TÍO SAM: Non esqueza o que acordamos. Nome completo, alcume e retrato. O meu e o dela.

Tome nota: Ramón Freire Taboada, alias “O TÍO SAM”, e Hortensia Fontes López, alias “Rita

Hayworth”. En primeira páxina e en letras ben grandes. Vai saber ese cabrón o que é bo! (No

medio da praza xa.) Mire, aquí foi onde mataron o rapaz vai para dous anos e onde onte veu

morrer ela.

O HOME DA GABARDINA: Por que di: Veu morrer? Matárona, non?

O TÍO SAM: Si, pero…eu enténdome. Como é que me dixo que se chamaba?

O HOME DA GABARDINA: Quen? A tipa esa?

O TÍO SAM: Non, ela non, vostede.

O HOME DA GABARDINA: Non llo dixen.

O TÍO SAM: Pois non o faga! Canto menos saibamos un do outro, mellor. E non era unha tipa,

era unha señora. Impórtalle que, así entre nós, lle chame Johnny?

O HOME DA GABARDINA: Por que me habería de importar?

PÁX 288

O Home Serio: Deus Santo, como é posible que a niguén se lle ocorrese aínda limpar ese

sangue?

Page 17: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

A Señora Elegante: Pedinlles eu que non o fixesen.

O Home Serio: Por que?

A Señora Elegante: Non sei.

O Home Serio: Deberías estar con todos na casa. Aquí non fas máis que torturarte.

A Señora Elegante: Intenteino, pero non podo. Vénseme encima. Alí xa non queda nada del.

Catro xoguetes, roupa, uns libros e… Hai máis do noso fillo aquí que nese corpo mutilado que

podrece na casa. Nesta praza aínda é posible respirar o seu alento, escoitar o ecoar das súas

palabras, compartir as lembranzas dos amigos ou impedir que balden con auga o seu sangue.

O Home Serio: Pero o teu sitio é aquel. A casa está chea de xente que pregunta por ti, que

quere verte e darche o pésame.

A Señora Elegante: É a iso ao que ves? A levarme?

O Home Serio: Xa sabes que non, pero…

A Señora Elegante: Non insistas. Necesito entender o que pasou. Por que o fixo? Que sentiu?

Canto sufriu? En que ou quen pensou antes de morrer? E iso só posible aquí. Onde o mataron

e onde están as persoas eas cousas que el quixo.

O Home Serio: Eso non cho devolverá vivo, Carme.

A Señora Elegante: Pero axudarame a lembralo como era.

O Home Serio: Falei co comisario. Sei que hai certas preguntas as que nunca se atopa resposta

na fría versión oficial e menos na minuciosa enumeración de feitos dun policía que,

estúpidamente, xoga máis a ser amable e compasivo que a dicir o que sabe, pero…

Disparáronlle cunha escopeta de postas do 12 a menos dun metro de distancia…, a norte

debeu ser instantánea.

A Señora Elegante: Hai tantas cousas que non entendo.

O Home Serio: Non lle deas máis voltas, Carme. Só conseguiras aumentar o teu tormento.

Antes ou despois tiña que ocorrer. O noso fillo intentou atracar, pistola en man, esa tenda e

matárono. Que máis hai que entender?

PÁX 325

O HOME DA GABARDINA: Si, claro. Eu non os quero para nada.

O TIO SAM: Por que deixou que llo contase todo? Podía facerse co sobre sen tantas voltas.

O HOME DA GABARDINA: Por curiosidade. Nunca está de máis saber por que lle encargan a un

certos traballos.

Page 18: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

O TIO SAM: Iso pode custarlle a vida, sábeo?

O HOME DA GABARDINA: Ou salvarma.

O TIO SAM: Ten présa?

O HOME DA GABARDINA: Canto antes remate todo, mellor. Non cre?

O TIO SAM: É só un momentiño. O xusto para botarlle uns grolos e empenecarme un pouco.

Vaise un mellor estando peneque, comprende? Lémbrase o mundo en colores.

O HOME DA GABARDINA: Como o de Un tranvía chamado desexo que vostede víu en América?

O TIO SAM: Si, señor.

O HOME DA GABARDINA: Esa película é en branco e negro.

O TIO SAM: Non, trabúcase.

O HOME DA GABARDINA: Vostede nunca estivo alí.

O TIO SAM: E qué? Pero en América todas as películas son en colores. Non fai falla ir alí para

sabelo.

O HOME DA GABARDINA: Fátalle moito?

O TIO SAM: Non. Eu agora colócome deseguida.

O HOME DA GABARDINA: Creríame se lle dixese que este é un dos traballos que máis sinto ter

que facer?

O TIO SAM: Se o di por min, non se preocupe. Eu aquí xa pouco tiña que rascar.

O HOME DA GABARDINA: A vida púxose moi dura, sobre todo para quen, coma min, teña muller

e fillos que manter. E en algo hai que gañar para o caldo. É tráxico, pero é así!

O TIO SAM: (Xa case peneque) Tráxico? Non me faga rir! As traxedias son cousa dos Deuses e a

toda esta candenada historia fáltalle altura para chegar a tanto. Non pasa de ser unha

desgraza. É o máis que os homes somos quen de causar.

O HOME DA GABARDINA Saca unha pistola.

O HOME DA GABARDINA: Vaime perdoar, pero é que odio os finais con mensaxe.

Page 19: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

DOENTES

IV

Baixo o gonzo dun soportal. O VINCHAS tenta arrincarlle unha melodía ao seu estraño

instrumento. Entran DON VALERIANO e CAÑETE.

DON VALERIANO: (Ao VINCHAS) ¿Con que vai agasallar a noite hoxe , insigne mestre?

O VINCHAS: Ensaio un réquiem.

DON VALERIANO: Morreu alguén que eu coñeza?

O VINCHAS: Aínda non. É moi cedo. Pero non se sorprenda se alguén cae que lle toque de

cerca. A morte é un xinete sen montura que agallopa polo universo mundo tripando o mellor

da lama de cadaquén. E non avisa. Morre un de demasiadas cousas.

DON VALERIANO: Vexo que segues coma sempre, Vinchas.

O VINHAS: Sigo, e abonda. Non é pouco. Mañá, destas horas, non todos poderán dicir o

mesmo.

DON VALERIANO: Nós, si!

O VINHCHAS: Deus o queira! Aínda que eu de vostede non botaría soberbias.

Escurece.

XXIII

A sombra do Vinchas debúxase esvaída sobre o enlousado de pedra.

O Vinchas: (Razoando co instrumento.) A noite espesa, compañeiro. A noite espesa. E a cada

pouco é máis de todos a certeza de por quen vai ir o noso réquiem.

Escurece.

PÁX 206

Dálle un tantarantán ao que acaba de falar e mándao cara á porta.

DON VALERIANO: O que viñestes facer xa está feito e a conciencia. Así que, largando!

RAPAZOTE 3: Vamos!

RAPAZOTE 2: Isto non vai quedar así, don Valeriano. Estarémolo agardando.

DON VALERIANO: Fóra de aquí antes de que vos tirotee os collóns, maricóns de merda!

Page 20: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Saen. DON VALERIANO achégase a CAÑETE, que se retorce no chan. Deixa caer a pistola e

axeónllase cabo del.

DON VALERIANO: Díxencho, non? Cagan por eles en canto ven unha pistola aputándolles. Aínda

que non funcione.

CAÑETE: Morro, don Valeriano.

Un brusco vómito de sangue cóbrelle de morte o peito.

Page 21: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

As Actas Escuras

Abre a carpeta e mira o que contén. Son unha chea de papeis soltos, escritos á présa. E un atillo

de folios lacrado, de caligrafía coidada e aliñación precisa.

CASIANO: Hai unhas notas, é… Será cabr…! É a redacción definitiva do seu ditame. Que fai

aquí?

DON MAURO: Desfaite del.

CASIANO: Nunca o mandou, non si?

DON MAURO: Nunca existiu! Quéimao! Que non quede memoria del.

ROSARITO: Queres saír do meu cuarto? Ten que durmir un pouco.

DON MAURO: Quéimao!

Sen lle facer caso ningún dos dous, CASIANO ponse a ler para si os papeis que gardaba a

carpeta. A medida que le, vai medrando ao lonxe, como traído polo soño, o troupelear dun tren

de vapor achegándose. Para cando o asubío e o renxer dos freos do tren anuncian a súa

chegada a destino, o son fíxose abouxador e unha mesta fumeira foi asolagando o cuarto todo

ata o facer desaparecer.

XVIII

MEDRAN AS PREOCUPACIÓNS

Xuntaza de cóengos inquedos, na sancristía da Catedral. Falan case a berros, mentres grolean

do viñode consagrar e rañan os proídos das lendias. Son os tres de sempre e algún máis que nin

entran nin saen do asunto.

Cóengo 1: Non paran, van dun lado para outro remexéndoo e máis semella que buscan razóns

para negar o achádego que para o confirmar.

Cóengo 2: E Ferreiro e Labín, en vez de lles poñer freo, van con eles a todas as partes

facéndollelo todo máis doado. Do lado de quen están?

Cóengo 3: Do noso, abondo o sabedes. Só seguen as instrucións da súa Eminencia.

Cóengo 1: Estiveron nas escavacións, viron os ósos e oíron os facultativos, que máis teñen que

mirar?

Page 22: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Cóengo 3: O seu ditame só é consultivo. Ha ser unha comisión vaticana a que dea por bo ou

por malo o achádego e non eles. Se o seu traballo está ben feito, o máis que fará será axudarlle

a Payá a saber con tempo cales son as dúbidas que pesan sobre este asunto.

Cóengo 1: Estanse metendo onde ninguén os chamou. Onte botaron todo o día nos arquivos,

entre os tombos, lendo e lendo capitulares. E hoxe foron ver unha ara e unha columna que

seica hai na igrexia de San Paio de Antealtares.

Cóengo 2: Saben o que fan. Esa ara e esa cripta dise que formaban parte do primeiro sepulcro

do Apóstolo. Durante séculos mesmo se creu que viñeran con el desde Xerusalén. Aínda agora

conserva unha inscrición que o acredita.

XXXI

A MORTE, QUE CHEGA

O fume do apeadeiro foi desaparecendo e tras del xorde o mesmo dormitorio de paredes núas

e inmensas no que DON MAURO agarda con serena placidez e un pouco de impaciencia, unha

morte que, agora si, xa chega. Estao atendendo un doutor e acompáñao ROSARITO, atenta e

solícita con el como sempre, des que se coñeceron. CASIANO xa leu o ditame e vén de o botar

no lume.

DON MAURO: Queimáchelo?

CASIANO: Queimei.

DON MAURO: Que fume saíu del, negro ou branco?

CASIANO: Déixese de chistes agora! Por que nunca o mandou?

DON MAURO: Era o ditame de dous tolos, ninguén lle faría máis caso do que lle fixeron eles.

CASIANO: En Roma podería que si.

DON MAURO: Quen é o inxenuo agora, Casiano? (Ao doutor.) Vai tardar moito aínda esa

condenada?

DOUTOR: Que présa ten?

DON MAURO: Abúrrome, sen facer nada!

DOUTOR: Volverei mañá cedo.

DON MAURO: Non volva, agardo non estar xa aquí.

ROSARITO: Como o encontra, doutor?

Page 23: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

DOUTOR: Avisen a quen teñan que avisar. Poida que non pase desta noite.

ROSARITO: Meu pobre. Ten dor?

DOUTOR: Non, estase quedando como un paxariño, fóra a alma.

ROSARITO: É un consolo. Pediume un pouco de sopa quente. Prestaralle?

DOUTOR: Mal xa non pode facerlle. Mátelle o antollo. (Saíndo.) Non dubiden en mandarme

recado en canto pase algo.

ROSARITO: Perda coidado. E grazas.

ROSARITO vai ao pé da cama.

PÁX 246

CÓENGO 4: Onde raio vos meterades? Levo un bo cacho buscándovos.

CÓENGO 1: Pois aquí nos tes.

CÓENGO 4: Veño de Antealtares. Pasaba por alí por casualidade e vin que había non pouco

rebumbio. Descubriron que o epígrafe da ara fora borrado. Ao parecer tamén niso está a man

de don Juan de San Clemente.

CÓENGO 3: Non sei por que, dáme a sensación de que ese home tiña as mans grandes de mais.

Escurece.

Page 24: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

DÍAS SEN GLORIA

Achégase a EL e axeónllase á súa beira. Féchalle os ollos cunha man e, coa outra, ergue o

coitelo. Antes de que a folla se afunda no peito do gallofo, unha raiola do sol, ao rozala, arrinca

dela un escintileo dourado. ELA baixa o coitelo e espétallo no corazón mesmo. Do vello non sae

nin unha queixa.

ELA: Doeu?

EL: Non.

ELA: Vaise indo?

EL: Paseniño.

ELA: Quere que lle rabene a gorxa? Morrería de contado.

EL: Deixa andar.

Logo dun silencio.

EL: Escoita. Non o sentes?

ELA: O que?

EL: O mar. Aquí raña na area doutro xeito. Tal que se chamase por alguén.

ELA: Si.

EL: Se foses quen de me agasallar un bico, gustoso me deixaría ir nel.

ELA: Nin ao pé da morte esquece a súa lerchería.

El: Agora menos ca nunca.

A rapaza dálle un bico nos beizos e o vello déixase ir nel.

Escurece.

II

PUTAS, GALLOFOS, OSOS E SANTOS

1

OSTABAT

Rúa da vila, ao pé dunha pousada. Non hai máis luz ca a dunha lúa envolta en brétema e a que

sae pola porta que vén de abrir unha pousadeira sebosa e malencarada. Turra dunha rapaza

Page 25: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

nova e de bo ver, pese á desmellora con que a malleira que está a recibir lle marcou o vestir e

máis a cara.

Pousadeira: Co teu podes facer o que queiras, pero do meu non dispón ninguén! E menos unha

puta rastreira á que nunca debín dar traballo nesta casa! Parva do nabo! Mira que cho teño

dito! Nunca lle teñas fe a ningún, son todos iguais! E vas e non só lle fías a ese cabrón senón

que te namoras del como unha parva! Veña! Achégate a Perigueux, pídelle amparo a San

Frontón e busca alguén que te leve polos atallos para lle poder dar alcance! E se queres saber

da túa filla, non veñas sen lle cobrar o que é meu.

Ela: Déixema ver.

Pousadeira: Verala cando me traias os cartos ou os collóns dese desgraciado! Xa postas, o

mesmo me ten unha cousa ca a outra!

Bótalle as catro cousas que ten a rúa e vaise, fechando a porta tras dela.

Escurece.

PÁX 292

Ao pé do lume, de anoitecida. EL quece as mans no lume mentres Ela o prepara todo

para deitarse.

EL: Era un verdadeiro peregrino. A el os cartos só o alonxarían do camiño de Deus, pero a nós

faríanos a viaxe máis levadeira.

ELA: Eran seus.

EL:E a quen lle importa iso? Os cartos son de quen os ten, sexa cal sexa a maña con que se faga

con eles.

ELA: Non quero que o prendan antes de ter rematado o traballo para o que o contratei.

EL: Serán razóns as que lle falten á xustiza para prenderme? Teño demasidadas contas

pendentes, rapaza. Unha máis nin se notaría. Pódoche facer unha pregunta?

ELA: Cal?

EL: Faríalo?

ELA: O que?

EL: Matarme, se che volvo poñer a man enriba.

ELA: Si.

EL: É bo sabelo. A durmir! Mañá temos que chegar ao alto de Cira antes de que anoiteza.

Quero ir onda o Tolo.

ELA: Esa volta atrásanos, non iremos.

Page 26: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

EL: Atende, rapaza! Nunca me boto ao camiño sen saber do seu agoiro e non has ser ti quen

me cambie.

Escurece.

Page 27: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

AGASALLO DE SOMBRAS

ESCENA III

Don Manuel Murguía, ao caladiño, remexe nos caixóns do armario onde Rosa gardara a carta.

Atópaa e lea.

Murguía: (Berrando) Dona Tareixa!

Destácase de entre as sombras a de Dona Tareixa Castro, nai de Rosalía.

Dona Tareixa: Chamabas, Manuel?

Murguía: ¡Téñolle dito máis dunha vez que repare nos papeis que a súa filla deixa expostos aos

lurpios ollos dos amigos!

Dona Tareixa: E eu sempre che contestei que iso non era cousa miña.

Murguía: Mire isto! (Mostrándolle a carta.) ¡Aquí fálase da súa intimidade matrimonial que a

ninguén lle importan!

Dona Tareixa: Estaba gardada no armario. Ninguén ten por que ir mirala.

Quítalle a carta das mans e volve gardala no caixón do armario.

Murguía: Eu teño dereito a lela!

Dona Tareixa: Iso terá que o dicir a miña filla.

Murguía: Son o seu home!

Dona Tareixa: Os homes van e veñe. As fillas son fillas sempre.

Murguía: Vai dirixida a min!

Dona Tareixa: Pero aínda non a recibiches.

Dona Tareixa sae e Murguía confúdese coas demais sombras.

ESCENA XIX

A sombra de ROSALÍA vella vai amoreando os inéditos e todos os outros papeis que MURGÍA

xuntara. Fai unha pía con eles e préndelles lume.

ROSALÍA: As lembranzas, os segredos, as palabras de amor, os medos. Volven ser o que foron.

Lume aceso. Lume que nós nunca prendemos para os outros, no que nos deixar queimar de

novo sen ter máis azos para o impedir que os de queixarnos chorosas.

ROSA: Din que vou ter sona diso.

Page 28: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

ROSALÍA: E de santa. Se aínda fose tempo para consellos, Rosa, diríache que non publicases

nada, que gardases para ti os teus versos e a túa prosa, as túas novelas e os teus dramas. Que

fosen un segredo entre o ceo, ti e mais eu. Pero xa nada ten remedio, as sombras ficarán para

sempre onda nós. Arredor de nós. Despois de nós. Facéndonos mofa.

ESCENA XIV

A escena énchese de xente vestida de gala. Os camareiros serven champaña a todos mentres

agardan a chegada de alguén importante. Un dos presentes sóbese a un alto e fala dende alí.

HOME: Señores, por favor! Un momento de silencio!

Os marmurios van acalando.

HOME: Din que a habita unha especie de xenio e que é el quen lle proporciona á súa figura esa

sorprendente esvelteza, esa graza inquietante, ese rostro axitanado que tanto nos relembra a

Salomé, a Salambó ou á Raíña de Saba. Ese aire de princesa de conto, de criatura quimérica e

lonxana. Pero nós sabemos que é ela quen actúa, quen abraza, quen nos estremece, quen

morre cada noite sobre as táboas para deleite de todos os que aínda seguimos amando o

teatro. ¡Señoras e señores, con todos vostedes, esa gran dama da escena a quen vimos render

pleitesía esta noite! Sarah Bernhardt!

Estouran os aplausos e aparece Sarah Bernhardt entre unha chuvia de flores.

Sarah: Tamén se di de min que todo o meu engado reside na pureza da miña voz, así que para

que esa pureza non se vexa lixada pola torpedade das miñas palabras, serei moi breve. Grazas

a todos por estar aquí esta noite!

Volven os aplausos e choven outra vez as flores. Rosa segue sen dar creto ao que ve e escoita.

ROSA: Onde estamos?

AGUIRRE: Na Comédie.

SARAH BERNHARDT, abríndose camiño entre a xente achégase a ela.

SARAH: Escóitaos, señora? Adóranme. ¿ Ven de ver a miña creación da raíña, en Ruy Blas? Que lle

pareceu? Teño entendido que vostede quixo ser actriz antes ca poeta? Nada hai comparable

ao engado destas aclamacións, o enfeitizo destas flores ou os galandeos deste homes. Por que

abandonou?

ROSALÍA: Carecía de dotes.

SARAH: Esas non son as referencias que eu teño.

ROSALÍA: Casei, tiven unha filla.

SARAH: ¿ E que é iso, cando o que se perde é o delirio de saberse o centro deste universo? O

obxecto de todas as miradas. A creadora dun fluxo irresistible de gloria e de diñeiro. Pénseo.

Page 29: Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Aínda é nova. E nunca é tarde. Claro que o teatro élle moi inestable e caótico! Moito máis do

que o é un matrimonio conveniente e unha casa chea de fillos e de poemas.

SARAH BERNHARDT vaise e con ela todos os asistentes ao convite.