77

Vidal bolaño

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Vidal bolaño

SEGUINDO ORASTRO DEROBERTOVIDALBOLAÑO

Page 2: Vidal bolaño

Caderno didáctico

Roberto Vidal Bolaño

Letras Galegas 201 3

Page 3: Vidal bolaño

Edita:IES. María Casares. Equipo de Normalización e Dinamización LingüísticaConcello de Oleiros. Servizo de Normalización Lingüística

Texto:Marisa Díaz CouceFernando Díaz-Castroverde GómezSabela Echevarria FrancoRaquel Guimarei TaiboCarmela Moure Lema

Coordinadora:Pepe Taboada Pérez

Deseño gráfico e maquetación:Manuel Álvarez Parada

Page 4: Vidal bolaño

“Un teatro do hoxe e do aquí. Un teatro con fe abondo en si mesmo e na sociedade na que nace e á que serve, comopara ser quen de saír ó encontro de poéticas propias, capaces de traducir en termos de universalidade o particular,de reafirma‐las capacidades potenciais da nosa cultura e dos nosos creadores para se incorporar por méritos propiosá dramaturxia e ó teatro universais.Un teatro que contribúa a lle restituír ós cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espellar, co que poidansentirse identificados e ó que cheguen a ter como propio.Un teatro que, ademais desa forma de expresión e comunicación á que ningunha cultura que se queira viva podesubstraerse, se aspira a preservar e revitalizar aqueles sinais da súa identidade que a fan existir como tal, sexa unproduto artístico de elaboración industrial, capaz de xerar riqueza e de idonizar a explotación racional dos nososrecursos humanos, económicos e infraestruturais.Ese teatro hoxe máis que nunca, ten que estar aquí, entre nós, ó noso alcance, só hai que saír e buscalo.”

Manifesto da compañía Teatro do Aquí.

1

Page 5: Vidal bolaño

Semblanza

201 3. Roberto Vidal Bolaño: o ano do cometa.

Castelao traballando na súa obra "Os vellos non deben de namorarse"

Vista Alegre (Compostela) e 1 950 son o lugar e data

sinalados para o nacemento de Roberto.

A data, 1 950, é o ano do estigma, o ocaso do cometa.

Nese mesmísimo ano, o día 7 de xaneiro ás 23 horas,

morre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, na quinta

provincia, Bos Aires, exil iado e desconsolado. E alí

mesmo, tan lonxe da patria, no cemiterio da Chacarita foi

enterrado. Unha data, pois, que marca.

E o lugar? Vista Alegre. Un barrio, en tempos arrabalde

de Compostela: casoupas pequenas, ruelas estreitas,

fondas de estudantes, os últimos prados e lameiros que

foxen do balbordo da cidade e a néboa omnipresente. E

aló, no fondo do cadro e con eco: as torres da catedral!

Vista Alegre: un marco, un atrezzo, un sfumato.

2

Page 6: Vidal bolaño

De Vista Alegre a Compostela: a carreiriña dun can. E tomar Compostela, invadir a cidade impertérrita desde os

humildísimos recantos de Conxo, Salgueiriños, de San Lázaro ou Vista Alegre!

Para esa entrada cómpre cerimonia, Roberto. Hai que actuar, que non che é o mesmo vivir no extrarradio e vestir

modestos galóns que pisar pedra milenaria de sotana e cabalo. En Compostela, a estrea.

Roberto Vidal Bolaño foi un farsante. Un mentireiro. Un comediante. Un creador de universos alternativos, de pompas

de xabrón nun tempo gris e balorento.

O rapaz de Vista Alegre tivo de sempre una teima co audiovisual, co cinema e soñou, algún día quizais, cun Cinema

Nacional propio e autónomo, de noso. Cunha luz de identidade.

Navegaba, cinéfi lo, no ronsel, entre outros, do admirado John Ford (palabras maiores!) e, se cadra, do seu The quietman (O home tranquilo). A película na que Sean Thorton regresaba, náufrago, á súa aldea natal de Inesfree, en

Irlanda, procurando as raíces e as palabras dos camiños e procurando tamén á belísima Mari Kate Danaher (Maureen

O´Hara). Aquela escenografía do regreso, do contorno e do camino tamén percorre a obra de Roberto.

3

Page 7: Vidal bolaño

O tempo de Vidal Bolaño

A nenez

1950­1962 Roberto vive no barrio compostelán de Vista Alegre onde realiza os seus primeiros estudos e aosdoce anos, comeza a traballar como administrativo nunha empresa de recambios de coches. Empeza ainteresarse pola literatura e o cinema.

1 957 trae un alento de esperanza para o un continente asolado

por dúas guerras mundiais, Europa: seis países, entre os que

está incluída a derrotada Alemaña, fundan o Mercado Común

Europeo, o primeiro paso para camiñar cara á unidade. E

mentres o vello continente celebra a superación das rival idades,

as dúas superpotencias trasladan ao espazo a súa loita pola

supremacía mundial: a Unión Soviética deixa abraiado ao mundo

cando nunha mostra de poderío impensable lanzan en outubro o

Spútnik, o primeiro satél ite artificial , e en novembro colocan en

órbita a cadela Laika, o primeiro ser vivo que sae da atmosfera

terrestre. Son os primeiros pasos da chamada “carreira

espacial”, onde a URSS parte con vantaxe. Satélite Spútnik4

Page 8: Vidal bolaño

No 61 o mundo parece precipitarse cara á destrución total: constrúese en Alemaña o muro de Berlín, e chega á

presidencia dos EEUU un xove J.F Kennedy que pretende reafirmar o poderío estadounidense e apoiará unha

invasión de Cuba na Baía de Cochinos. Isto levará ao mundo ao borde do enfrontamento nuclear cando ordena poñer

un cerco arredor da il la e atacar aos buques soviéticos que intenten forzar o bloqueo. Resolta a crise, dúas noticias

volven dar un alento de esperanza nun mundo mellor: Kennedy propón un teléfono directo co Kremlin para evitar

chegar a un extremo semellante e créase Amnistía Internacional, co obxectivo de vixiar o cumprimento dos Dereitos

Humanos.

En España, Franco intenta que o seu réxime sobreviva á

súa morte e en maio de 1 958 promulga a Ley de los

Principios Fundamentales del Movimiento para

institucionalizar o réxime ditatorial . O cine é a principal

distracción da poboación, 63057 salas forman unha rede

que chega aos puntos máis pequenos do país. Comezan

a facerse cines de arte e ensaio e, timidamente, asoma

un novo cine español.

Entre os artistas máis admirados desta época está

Humphrey Bogart e a nacente estrela francesa Brigitte

Bardot. En 1 960 Hitchcock estrea Psicose e en 1 962

morre Marilyn Monroe. Mentres, catro mozos

descoñecidos de Liverpool chamados Os Beatles chegan

por primeira vez ao máis alto das l istas de éxitos coa

canción “Love me do”.5

Page 9: Vidal bolaño

A adolescencia e mocidade

1963­1970 Tempo de estudo e traballo, primeiros contactos co teatro e intento de matricularse na EscolaOficial de Cine de Madrid, que pechara pouco antes de que puidera matricularse.

Galicia ve a creación de dous partidos: UPG de Bautista Álvarez e PSG de Beiras, que artel larán a oposición

galeguista e democrática. Economicamente continúa sendo terra de emigrantes, agora a Venezuela e Europa. Fenosa

asolaga os vales galegos coas súas grandes centrais hidroeléctricas, orixinando protestas campesiñas e aparecen

intentos por deixar de ser só fonte de recursos e man de obra para coller o tren da industrial ización: a Citroen en Vigo,

Pescanova, os estaleiros de Ferrol e Vigo e en Ourense Coren que comeza a modernizar a produción agraria galega.

A cultura e a sociedade van espertando aos poucos:

no 63 institucionalízase o Día das Letras Galegas

para homenaxear as persoas que loitaron a prol da

nosa lingua, créase no 65 a primeira cátedra de

lingua e literatura galega na Universidade de Santiago

a cargo de Ricardo Carballo Calero, aparece

Edicións do Castro da man de Isaac Díaz Pardo e

xorden por toda a xeografía do país asociacións

culturais: O Facho, O Galo, Abrente. . .

Encoro de Castrelo de Miño antes e despois do seuasolagamento. Fotos de Foto Chao e Enrique Rodríguez

6

Page 10: Vidal bolaño

Mentres, en España o goberno debátese entre os intentos por modernizar o réxime e a represión da cada vez maior

oposición política e social. No 69 as protestas estudantís obrigan a declarar o estado de excepción en todo o país. A

tensión social acada niveis descoñecidos. Ao ano seguinte Franco nomea a Juan Carlos o seu sucesor, co título de rei.

París maio do 68. Foto de Cartier Bressons

Os ecos que nos chegan de fóra retratan

tamén un mundo en tensión: no 63 Martin

Luther King logra emocionar a unha

multitude de máis de 200.000 persoas co

seu discurso “Teño un soño”, a favor da

xustiza, a igualdade de razas e a loita

pacífica polos dereitos civís. Ao mesmo

tempo na Sudáfrica do apartheid e a

segregación racial outro defensor das

mesmas causas, Nelson Mandela, pagará

cunha longuísima condena no cárcere a

súa loita pola igualdade.

Nese mesmo ano o mundo conmóvese co

asasinato do presidente Kennedy e os

soviéticos colocan a primeira muller no

espazo, Valentina Tereshkova, e seguen en

cabeza da carreira espacial.

7

Page 11: Vidal bolaño

Europa contempla abraiada o que acontece en Francia en maio

de 1 968: París é tomada polos estudantes que levantan

barricadas reclamando cambios educativos e sociais. A protesta

transcende cando 1 0 mil lóns de traballadores os apoian parando

o país e convertendo o Maio do 68 nunha bandeira da xuventude

que quere cambiar a sociedade con lemas como “sexamosrealistas, pidamos o imposible”. Mentres, tres meses máis tarde,no bloque social ista a URSS destroza outro soño cando os seus

tanques invaden Checoslovaquia e rematan coa chamada

“Primavera de Praga”, a esperanza dun social ismo en liberdade.

En xullo do ano 69 a humanidade marabíl lase contemplado como

Neil Armstrong , astronauta do Apolo 11 dá “un pequeno pasopara o home, pero un gran paso para a humanidade” pisando

a Lúa . É a fin da carreira espacial que gaña EEUU e sume ao

bloque soviético nunha profunda depresión anímica e económica

da que non se recuperará.

Mentres, en África, a fame de Biafra chama á conciencia do

mundo.

No 65 EEUU envía as primeiras tropas a Vietnam, unha guerra que sacudirá a conciencia dos norteamericanos. E no

67 Israel comezará a súa interminable guerra contra os árabes atacando por sorpresa a xordanos, exipcios e sírios: é a

“Guerra dos Seis Días”.

8

Page 12: Vidal bolaño

Tempo de mil i e inicio da vida adulta 1 971 -1 980

Do 71­73 mili en Ceuta. Tempo de achegamento á culturapopular galega, ao mundo do cine co Equipo Lupa e ao doteatro que explorará en todas as súas facetas: lector,creador de grupos, director, autor, actor... queintensificará, despois do seu despedimento do banco noque traballaba. No 1975 pon en marcha o Teatro Antroidoque duraría ata ben entrados os oitenta. Con el gaña opremio Abrente en Ribadavia coa obra Laudamuco, señorde ningures e repite premio con Bailadela da morte ditosano 1980, no mesmo certame. É polo 78 cando Vidal Bolañocomezou co seu teimudo empeño de profesionalizar oteatro galego.No 73 Franco nomea presidente do goberno a Carrero Blanco, que seis meses máis tarde será asasinado na

Operación Ogro por membros de ETA. Neste ambiente crispado todos os ollos se volven aos nosos veciños

portugueses que no 74 coa “Revolución dos caraveis” poñen fin á súa ditadura.

25 de abril en Portugal

No eido da cultura, neste tempo Inglaterra marca as tendencias internacionais: na música os Beatles, os Roll ing

Stones, Doors. . . , na moda, a deseñadora Mary Quant que crea a minisaia, no cine Kubrick estrea 2001 Unha odisea

do espazo. . .Unha loucura de color e l iberdade, amor l ibre e psicodelia invádeo todo.

9

Page 13: Vidal bolaño

Pero España aínda terá que agardar ata novembro do 75, coa morte de Franco e o nomeamento de Juan Carlos

como rei, para que comece o proceso que chamamos a transición e acadar así a normalidade democrática. A partir

deste ano os acontecementos precipítanse: en xul lo do 76 Adolfo Suárez é nomeado presidente do goberno, en

agosto outórgase unha ampla amnistía…

Pero non todos estaban polo cambio, os grupos da ultradereita franquista, altos mandos do exército e os cargos

vencellados ao Movemento Nacional móvense para reverter a situación. Os comezos do 77 sorpréndennos cunha

mostra das súas intencións: un grupo de avogados laboral istas é asasinado no seu despacho da rúa Atocha, en

Madrid. Aínda así os acontecementos parecen imparables: en abri l legalízase o Partido Comunista e en xuño

convócanse eleccións que gaña Adolfo Suárez co seu partido a UCD. En setembro un mil lón de persoas maniféstanse

pacificamente en Barcelona para pedir a autonomía. España pouco a pouco vai recuperando aos exil iados como o

poeta Alberti , Dolores Ibarruri… En decembro do 78 apróbase a Constitución.

Tampouco Galicia é allea a este tempo de axitación universitaria, agraria e obreira. No 72, e no medio dunha grande

actividade sindical realízanse folgas xerais en Vigo e Ferrol, os núcleos industriais galegos. A de Ferrol remata coa

morte de dous obreiros do estaleiro Bazán, Amador e Daniel.

Despois de tres anos artel lando plataformas nas que van converxendo as principias forzas políticas, no 77 constitúese

a Xunta preautonómica presidida por Antonio Rosón co obxectivo de obter a autonomía para Galicia. Teremos que

agardar ata decembro do 80 para que o Estatuto de Autonomía sexa aprobado en referendo.

Tamén nesta época coñeceremos o pesadelo da contaminación cando o petroleiro Urquiola derrama 1 0.800 toneladas

de petróleo ao pé da Torre de Hércules.

1 0

Page 14: Vidal bolaño

Mentres tanto no mundo unha nova revolución inimaxinable estase xestando, e os primeiros síntomas aparecen en

1 975: dous norteamericanos- Paul Allen e un xove Bil ly Gates, de 1 9 anos- fundan Microsoft, a empresa que fará

posible que a informática entre nas nosas vidas. E no ano 76 morre Mao Zedong, o ditador da China, que tras da súa

morte, e sen abandonar oficialmente o comunismo, comeza a marcha cara ao capital ismo e á conversión na maior

potencia económica do mundo.

Familia numerosa na España dos anos 70

No eido cultural a década déixanos: no 73, a

morte do pintor Picaso en Francia; no 77 a de

Elvis Presley, o home que co seu movemento de

cadeiras fixo do rock música de masas e no 80

Alfred Hitchcock, o cineasta que fixo estremecer

de medo ao mundo con películas como Psicose

ou Os paxaros. Pero a noticia que de verdade

conmoveu ao mundo xove ese ano foi o

asasinato de John Lennon.

11

Page 15: Vidal bolaño

Período de madurez 1 981 - 1 991

Dedícase de cheo ao teatro, tanto como dramaturgo, directorou actor. É a etapa de maior actividade como escritor, e cara aofinal da mesma comeza a adentrarse no mundo do audiovisual,que sempre lle chamou. . Con algunhas discrepancias dosector teatral, a Xunta de Galicia pon en marcha o CentroDramático Galego co que Vidal Bolaño colaboraría en máisdunha ocasión.Con Caprice des Dieux aparece cun novo elementocaracterizador: ao seu sombreiro engade o nariz de pallaso, etamén cunha nova modalidade teatral, o monólogo, que oconsolidaría nunha das súas facetas máis salientable: a deactor.Serán tamén monólogos, Sen ir máis lonxe, xa mencionado, eOs Papalagui as súas últimas interpretacións.No 1991 funda un novo grupo, Teatro do Aquí, que aportaráestabilidade pero suporá un gran esforzo como escritor,director e actor para poder estrear anualmente unha nova obraadaptada ao elenco de actores e posibilidades materiais dasque dispuña a compañía.

Cartel do mundial de fútbol de 1982 celebrado enEspaña. O cartel é de Miró

1 2

Page 16: Vidal bolaño

En Galicia no 81 celébranse as primeiras eleccións autonómicas e iranse poñendo as bases da autonomía. Créanse

tamén uns anos despois, no 84, a Radio e a Televisión pública galega e o Centro Dramático galego.

En 1 989 Manuel Fraga, ao fronte dun refundado Partido Popular, acada unha axustada maioría absoluta que inaugura

un longo mandato e converte a Galicia nun feudo da dereita: catro maiorías absolutas consecutivas.

Os 90 viron nesta terra o desenvolvemento de sectores como o téxti l (Inditex, Adolfo Domínguez, Roberto Verino,

Florentino. . . ), o vitivinícola (denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras) e a

consolidación da automoción. Galicia converteuse tamén nunha das principais produtoras de enerxía eólica. Pero o

campo galego está ferido de morte e a ninguén parece preocupar o acentuado peche das pequenas explotacións

agrogandeiras que ocupaban ao 41% da poboación, e que baixa ata o1 7 % . É o comezo da fin da Galicia rural que

coñecemos nos últimos séculos.

España comeza o ano 81 dun xeito inquietante: en xaneiro Suárez presenta a súa dimisión como presidente do

Goberno e o 23 de febreiro o coronel Tejero asalta o Congreso dos deputados. Vívese un día de confusión, con

tanques nas rúas de Valencia e no que calquera cousa podía pasar. Só a intervención televisiva do rei á noite parece

garantir o fracaso do golpe de estado.

Xuño do 83 trae un cambio de goberno: un Felipe González de 40 anos arrasa nas eleccións, comezando un longo

mandato con catro vitorias electorais seguidas. O que será o seu vicepresidente, Alfonso Guerra, resume a intención

duns social istas que chegaron ao poder co lema do cambio: España cambiaría tanto que non a ía coñecer “ni la madreque la parió”.

1 3

Page 17: Vidal bolaño

Nas rúas un ambiente de optimismo trae unha explosión de vital idade xuvenil , son os anos da Movida madri leña, de

Pedro Almodóvar e da modernidade. Unha nova xeración toma o mando con moito traballo por diante: hai que crear as

institucións democráticas dun país e recuperar o tempo perdido con respecto a Europa, na que España entra en 1 985

coa sinatura do tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea. Galicia terá que pagar a incorporación co

peche dos seus estaleiros, a redución do sector leiteiro ao que se lle impoñen cotas máximas de produción, e a

marxinación da frota pesqueira. No 86 España incorporase á OTAN.

O mundo, nesta década camiña cara á

desaparición dos bloques, co afundimento da

URSS. No 86 o cometa Halley visítanos de novo,

e para non defraudar da súa tradición de

anunciador de desgrazas, en abri l ocorre o maior

accidente nunha central nuclear, o desastre de

Chernobyl: 31 mortos, máis de 1 5.000 persoas

evacuadas, e un goteiro de enfermidades

dexenerativas nos anos seguintes.

En Europa os degoiros de liberdade son

imparables: en novembro cae o muro de Berlín,

símbolo da guerra fría, que mantivo a cidade

dividida durante 28 anos, lográndose ao ano

seguinte a reunificación alemá tras 45 anos de

división.Firma do tratado de adhesión á Comunidade EconómicaEuropea, 1985. Foto de Efe/ Manuel Hernández

1 4

Page 18: Vidal bolaño

Etapa final e morte 1 992- 2002

Grazas á TVG Roberto Vidal Bolaño vai virando cara ao audivisual no que realiza actividades como guionista eautor, sen deixar a súa teima de crear un teatro profesional estable en Galicia. Nesta década aparecen novasobras e colleita novos premios consolidándoo como un dos “homes de teatro” máis sólido da nosa literatura.A finais dos 90, no medio da tendencia xeral a representar comedias, o autor bríndanos un drama xeracionalcrúo e conmovedor, Rastros, que se adapta ás premisas de : pouco elenco, pouco decorado e moitainterpretación actoral. Premisas estas que marcarían a case toda a “xente do teatro” dos últimos corenta anosda nosa historia inmediata.

Agosto do 91 fará tremer ao mundo novamente co intento de

golpe de estado para parar os cambios na URSS. O golpe

fracasa, e entre as consecuencias está a fin do comunismo, a

disolución da Unión Soviética e o nacemento da Federación

Rusa. Remata 1 991 co inicio doutra guerra en Europa: a

desintegración da Iugoslavia comunista dá paso á loita polo

territorio e a independencia dos grupos étnicos e rel ixiosos que a

compoñían: é a Guerra dos Balcáns, que para conseguir a

l impeza étnica deixará matanzas como Sarajevo ou Srebrenika

que pensabamos inimaxinables na avanzada Europa

Fermín Cacho gaña os 1500 m nas olimpiadas deBarcelona

1 5

Page 19: Vidal bolaño

1 992 é o ano do salto de España á primeira l iña internacional: en abri l ábrese ao público a Expo de Sevil la, e en xullo

unha renovada e moderna Barcelona inaugura os Xogos Olímpicos de máis éxito para o deporte español- 1 3 medallas

de ouro e 8 de prata-. España está no cimo do seu prestixio internacional, pero o PSOE está en decadencia,

acurralado polos escándalos e polo desgaste de dezaseis anos de goberno. En marzo de 1 996 Xosé Mª Aznar gaña

moi axustadamente as eleccións.

No 95 de novo outro golpe para os intereses pesqueiros galegos, que ven como a que fora unha das frotas máis

potentes do mundo vai sendo expulsada dos máis importantes caladoiros: estoupa a chamada Guerra do fletán con

Canadá.

Os acontecementos sociais e políticos desta época ábrense cunha curiosidade histórica: en 1 992, 359 anos despois

de condenalo e obrigalo a retractarse, a Igrexa recoñece que Gali leo tiña razón: a Terra xira arredor do sol, e non ao

contrario. No 93 a Comunidade Económica Europea cambia de nome, pasa a ser a Unión Europea e parece querer

acelerarse a unión política e económica. O 94 estremécenos con outra guerra en África: 1 00.000 mortos en Ruanda, na

guerra entre as dúas etnias que compoñen o país; pero tamén de África nos chega o acceso de Nelson Mandela á

presidencia de Sudáfrica. Quizais sexa posible a convivencia entre negros e brancos nese continente. Un xigantesco

iceberg despréndese no 95 da Antártida e acende todas as alarmas sobre as consecuencias dun cambio cl imático

tantas veces negado polos intereses económicos dalgúns estados poderosos. E aínda que pareza mentira, é neste ano

cando Mississippi asina a XI I I emenda constitucional e queda abolida a escravitude en todo o territorio USA.

En febreiro do 97 científicos escoceses abren unha porta inquedante e esperanzadora: clonan por primeira vez a un

ser vivo, a ovella Dolly. En setembro de 1 998 fúndase en USA Google, o motor de búsqueda en Internet máis usado.

1 6

Page 20: Vidal bolaño

Entrados xa no século XXI , no 2001

un acontecemento vai cambiar as

prioridades internacionais da loita

antiterrorista: o grupo Al-Qaeda,

l iderado por Osama Bin Laden, nun

atentado usando avións comerciais

secuestrados, derriba as Torres

Xemelgas. Aparece na escena

internacional o terrorismo yihadista

que traerá nos seguintes anos a

vinganza de EEUU que para

comezar, nese mesmo ano, en

outubro, invade Afganistán acusando

ao goberno tal ibán de ocultar a Bin

Laden.

E en xaneiro de 2002 entra en vigor

en doce países de Europa o euro,

moeda común.

Atentado nas Torres Xemelgas o 11 de setembro de 2001

1 7

Page 21: Vidal bolaño

O teatro no século XX

Roberto Vidal Bolaño nace xusto no medio do século XX, cando en España estaba consolidada a ditadura de Franco e

se comezaba a saír do túnel da posguerra.

En Europa sufríranse dúas guerras mundiais que levaran a lindes insospeitados a crueldade do ser humano e fixeran

tambalearse todos os ideais altruístas que puideran existir.

O século XX desenvolveuse de xeito vertixinoso en todos os ámbitos: político, científico, tecnolóxico. . . e as artes,

como era de esperar, serán reflexo dos avatares históricos e seguirán o seu camiño co mesmo ritmo frenético.

Para poder comprender as diferentes manifestacións nas artes en xeral e no teatro en particular, teremos que marcar

unhas etapas e estas inevitablemente nos veñen impostas polos confl itos bélicos: haberá un antes e un despois da 1 ª

e 2ª guerra mundial, un antes e un despois da guerra civi l española.

1 8

Page 22: Vidal bolaño

O teatro anterior á Segunda Guerra Mundial.

O teatro é un xénero l iterario que precisa de actores, escenario

e público para comunicar o seu sentido completo. É directo,

inmediato, interactivo, pero estas condicións esixen certos

condicionamentos.

- Uns locais axeitados.

- Un público receptivo.

A principios de século eses espazos son a maioría de

propiedade privada e, polo tanto, prima neles un obxectivo

comercial e un público con posibi l idades económicas.

Paralelamente a isto aparecen círculos intelectuais máis avanzados que se decantan por propostas vangardistas.

Coexisten, xa que logo, dúas formas de entender o teatro: unha comercial e conservadora e outra innovadora. Esta

segunda ofrece un novo produto caracterizado pola carga social, as rompedoras propostas técnicas e formais e as

novas formas de expresión que non entren en competencia co cinematógrafo, que acaba de aparecer e acapara a

atención dos espectadores.

1 9

Page 23: Vidal bolaño

A renovación realista

Gran parte destas innovacións teatrais foron aportadas polo Realismo

e Natural ismo e inciden máis no terreo da representación das obras

que nos textos l iterarios.

É fundamental o labor do director de escena que intervén

directamente en como debe ser a montaxe e a interpretación

dramática.

Moitos foron os autores que participaron nestes cambios, tanto antes

das grandes guerras coma despois delas.

Nós imos salientar neste período anterior á segunda gran guerra a

dous deles, claves e pioneiros nos cambios que transformarían a

representación e o traballo actoral tal e como aínda hoxe o

entendemos.

André Antoine (1 858-1 943), director francés e fundador do Teatro Libre de París. Na súa pequena sala

representáronse obras que non atoparon sitio nos importantes teatros parisinos como, por exemplo, as de Ibsen,

Strinberg, Zola, etc20

Page 24: Vidal bolaño

A importancia de Antoine non reside tanto no risco ideolóxico das súas montaxes coma na forma na que as obras son

representadas.

As características máis sal ientables son:

Constantin Stanislavski (1 863-1 938) funda en Moscú o Teatro da Arte, con intencións similares.

O traballo do director ruso céntrase sobre todo no método de interpretación, máis que na escenografía. Interesa a

realidade interior de cada personaxe e para isto, os actores deben identificarse plenamente con eles, sentindo o

mesmo ca eles e compartindo sufrimentos e alegrías.

Seguen este camiño autores coma Pirandello, O’Neil l , Bernard Shaw e John Boyton Priestley.

Bernard Shaw compón obras dominadas polo debate de ideas e a crítica aos convencionalismos e hipocrisía da

sociedade inglesa do seu tempo. A máis coñecida, Pigmalión.

Na obra A ferida do tempo de John Boyton Priestley atopamos un orixinal tratamento do tempo, saltos cronolóxicos,

frustracións persoais e sociais do ser humano e a creación dunha atmosfera chea de misterio e patetismo.

• Dá a mesma importancia ao traballo de todos os actores e non só ao principal.

• El imina o retoricismo e xesticulación anterior co fin de crear personaxes que se presenten como seres

humanos reais e non como intérpretes.

• Os actores deambulan polo escenario como se o fixeran por lugares auténticos, dan a espalda ao público, saen

do seu campo de visión, rompen, en definitiva, o convencionalismo tradicional de estar cara ao público en todo

momento.

• Introduce obxectos reais no decorado que substitúen as teas e paneis pintados do teatro anterior.

21

Page 25: Vidal bolaño

O vangardismo no teatro

Importantes innovacións virán da man dos movementos de

vangarda que, como sabemos, se suceden de forma vertixinosa

nos primeiros anos do século XX. No 1 896 o escritor Alfred Jarry

estrea a súa provocadora obra Ubú rei, iniciándose así un camiño

de renovación que culminará nos anos vinte co Dadaísmo e o

Surrealismo do que mencionaremos especialmente o traballo de

Antonin Artaud creador do chamado teatro da crueldade.

O espallamento do comunismo fóra de Rusia, o ascenso dos fascismos en numerosas nacións europeas, a crise

económica do 1 929 e o clima de preguerra que se respira provocan que moitos dramaturgos se interesen por unha

sociedade problemática a punto de estoupar.

Nesta tendencia de teatro político comprometido resulta imprescindible mencionar a Bertolt Brecht. No seu texto

Madre Coraxe e os seus fillos, o autor presenta un mundo no que os grupos sociais se atopan enfrontados polos seus

intereses ao mesmo tempo que expresa o seu pacifismo no mesmo momento que comeza a Segunda Guerra Mundial.

Roberto Vidal Bolaño faría unha versión l ibre baseada nunha das obras deste autor: A ópera de a patacón

Bertolt Brecht

22

Page 26: Vidal bolaño

O teatro posterior á Segunda Guerra Mundial.

O teatro do absurdo.

Nace en Paris na década dos 50, grazas a autores que, sen ser

franceses, el ixen o francés como lingua literaria: Eugène Ionesco,

Samuel Beckett. Outro autor destacado desta tendencia é o

español Fernando Arrabal.

Estes autores parten de características dramáticas anteriores

como a preocupación existencial, a exploración do ilóxico ou a

intención provocadora. A súa aportación novidosa é a de

combinalos e presentalos como resposta a unha situación

irracional, que supera a ficción máis hiperbólica. Ofrécenlle ao

espectador nin máis nin menos que o absurdo mundo de

posguerra.

Para estes autores o mundo é irracional e absurdo. A presenza da

morte, a falta de sentido da existencia humana, a soidade e a

incomunicación marcan a uns personaxes que no escenario falan

por falar, viven o presente con fruición, manteñen conversacións

ilóxicas xa que non existe ningún obxectivo vital futuro.

Portada de Samuel Beckett, el últimomodernista de Anthony Cronin

23

Page 27: Vidal bolaño

Polo que se refire á concepción escénica, sal ienta a ausencia de trama, as estruturas circulares e a súa linguaxe, que

se afasta do convencional mediante acumulación de frases inconexas.

Como claro exemplo do devandito temos a obra Esperando a Godot de Samuel Beckett.

O teatro existencial e comprometido.

Outros dramaturgos desta época decántanse pola expresión do

sufrimento existencial uti l izando formas dramáticas máis tradicionais.

Jean Paul Sartre e Albert Camus comparten a intención de facer un

teatro no que o debate sobre as ideas se impoña sobre a acción. O

sentido da existencia humana e a reflexión sobre a liberdade serán

os núcleos temáticos das súas obras.

Aínda que os dous escritores comparten a mesma idea do que debe

ser o teatro non coinciden na postura que debe adoptar o artista

fronte á cuestión social.

Sartre ten unha fe cega no compromiso social do escritor: Asmoscas. A porta pechada.En Camus o tema recorrente nos seus textos é o debate sobre se

paga a pena vivir: Calígula. Estado de sitio.

Albert Camus

24

Page 28: Vidal bolaño

Do outro lado do Atlántico chéganos o realismo norteamericano

de posguerra cunha forte carga de denuncia da sociedade

contemporánea. Os autores máis representativos son Tennesee

Wil l ians, coas súas obras Un tranvía chamado desexo e A gatasobre o tellado de zinc quente, e Arthur Mil ler, que incorpora ouso do flash back, a redución ao mínimo do argumento e a

ruptura do espazo escénico tradicional, o que lle permite mostrar

accións paralelas. O problema da frustración como

consecuencia dunha vida baleira e sen obxectivos e a denuncia

política contra a intolerancia ideolóxica e social serán os temas

fundamentais das obras de Mil ler: Morte dun viaxante e Asbruxas de Salem.

A comezos da década dos sesenta, en Gran Bretaña danse a

coñecer os Xoves irados, un grupo de dramaturgos marcados

pola desesperanza e o desengano ante unha sociedade que

non se adapta ás ilusións depositadas nela. Mencionaremos

como representantes a John Osborne (Mirando cara atrás conira, obra que dá nome ao grupo), Harold Pinter e Tom Stoppard.

Outros autores europeos importantes son o alemán Peter Weiss,

que estrea Marat- Sade no 1 964, e o ital iano Darío Fo, do que

salientamos Morte accidental dun anarquista. Arthur Miller. Foto Henri Dauman25

Page 29: Vidal bolaño

O teatro experimental.

Na década dos sesenta a vangarda teatral se despraza de Europa a Estados Unidos. Nova York convértese no centro

dende onde se irradian a todo o mundo as propostas máis innovadoras e rompedoras.

Por “teatro experimental” entendemos un conxunto de tendencias que teñen en común as seguintes características:

• Primacía do espectáculo total sobre o texto l iterario, mediante a explotación de códigos extral ingüísticos.

• Incorporación de elementos que proveñen doutros espectáculos, como o circo, o cabaret, o cine, os mitins

políticos.

• Desaparición da chamada “cuarta parede”, para rachar coa tradicional separación entre escenario e sala e

provocar así a participación do espectador.

• Achegamento do teatro a outros públicos mediante a saída dos espectáculos das salas convencionais.

• Concepción da obra como creación colectiva do autor, director de escena, actores e público.

• O teatro l iterario desaparece para ser substituído pola improvisación e a participación activa do público.

• Aparecen montaxes provocadoras e agresivas.

• Segue sendo fundamental o traballo do actor.

26

Page 30: Vidal bolaño

A xeito de conclusión e recollendo a

nosa propia experiencia, diremos que

nas últimas décadas do século XX a

arte teatral aposta polo actor

polifacético que non só interpreta un

texto; tamén improvisa, fai mimo, canta,

baila, real iza exercicios ximnásticos. . .

Polo que se refire á escenografía,

uti l iza recursos audiovisuais, teatro de

sombras (Teatro Negro de Praga),

monicreques e proxeccións de todo tipo

para acadar espectaculares efectos de

luz e son.

O teatro tamén sae á rúa e monta

arti luxios de todo tipo, ben lúdicos (Els

Comediants), ben provocadores (La

Fura dels Baus) e, como non, segue

denunciando as lacras da sociedade do

momento (Els Joglars).

Sempre haberá teatro, porque precisamos desta experiencia directa, inmediata, interactiva, espello do que sucede na

rúa, na casa, na sociedade, no máis fondo do ser humano.

27

Page 31: Vidal bolaño

Breve repaso pola historia recente do movemento teatral en Galicia

Manuel Lourenzo. El correo Gallego

A Mostra de Ribadavia é quizá a que teña máis sona pero non é nin moito menos a única. Outros exemplos poden ser

a de Vigo, A Coruña, Lugo, Cariño, Fene. . . Tanto nas capitais coma nos pobos máis pequechos, xorden grupos

culturais promovidos dende os centros de ensino, mesmo dende as institucións. Os ensinantes desprazábanse a

outros lugares da Península para formarse en diferentes discipl inas artísticas. As asociacións traían xente moi

preparada para impartir cursiños e para as “Escolas de vran”. De aí saían diferentes agrupacións fotográficas, de cine,

grupos de teatro, títeres.

Nos últimos 50 anos Galicia recolleu e asimilou todos os movementos culturais dos que acabamos de falar. Ao mellor

con menos medios materiais, con máis dificultades pero, visto con algo de perspectiva, podemos afirmar que neses

anos se xestaron multitude de agrupacións culturais que desenvolveron numerosas actividades artísticas. Nos últimos

40 anos acadouse en Galicia un ambiente cultural que no momento presente coidamos ten perigo de fuxir como auga

nunha peneira.

Entre a década dos 60 e 70 xorden por exemplo: o Grupo de Teatro

O Facho de Manuel Lourenzo, en Vigo o Teatro Popular Galego,

Aula Teatral do Liceo de Betanzos (1 968), As Burgas en Ourense

(1 969), A. T. Valle-Inclán de Lugo (1 970), Histrión 70 (Ourense), . . .

Paralelamente, Ricardo Carvalho Calero puña en marcha a práctica

do teatro escolar no Colexio Fingoi en Lugo. De certo en Galiza

estábase a vivir por aquel entón un clima máis que favorable para a

normalización do teatro galego, o cal se prolongará e consolidará

nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia.

28

Page 32: Vidal bolaño

Non podemos pretender aquí o tratamento en profundidade da dramaturxia galega das últimas décadas. Lembraremos

ese ambiente bulidor, eses homes e mulleres que, solventando todo tipo de atrancos, dedicaron gran parte do seu

tempo e a súa vida a promover e a transmitir a riqueza cultural do noso país ou, como dicía Vidal Bolaño, “do Aquí “.

Compañías como Ditea, Antroido, Tespis, Matari le, Chévere e moitos máis percorrían o mapa de Galicia de certame

en certame co fin de mostrar as súas obras e sen afán lucrativo ningún. Sabemos xa que foi Vidal Bolaño quen loitou e

acadou profesionalizar grupos e actores, que ata ese momento reservaban todo o seu tempo de lecer para realizar

unha actividade nunca suficientemente valorada.

Aparecen tamén grupos de titiriteiros que dignificaron esta faceta teatral que se consideraba unicamente dirixida a

público infanti l e que, moitas das veces, seguía a premisa de “todo vale” cando sabemos que xustamente o público

infanti l é moi rigoroso e esixente. Eles acadaron ampliar o público e dar un nivel, tanto técnico como interpretativo que

non tiña nada que envexar a compañías foráneas. Os monicreques de Kukas, O grupo Cachirulo, Viravolta e Tanxarina

de Redondela serían un mínimo exemplo disto. Como sucede cos grupos de teatro, os titiriteiros tiveron e aínda teñen

festivais en diferentes localidades galegas, sal ientaremos O festival Internacional de Títeres de Redondela que segue

celebrándose todos os anos no mes de maio.

En canto aos numerosos grupos escolares que traballaron ao longo destas décadas mencionaremos o grupo Sardiña,

máis tarde Parrocha, formado por alumnos do departamento de latín e grego do instituto Elviña e A Sardiñeira da

Coruña e que hoxe en día seguen participando anualmente no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo co nome de

Phoenix.

29

Page 33: Vidal bolaño

Rastros: Aproximación á súa lectura e comentario

Rastros, subtitulada Desgracia en catro tempos e unha presada de recordos, foi estreada polo TEATRO DO AQUÍ

en Vilagarcía de Arousa no ano 1 998. É unha obra ambientada no presente e caracterízase por ter pouco elenco,

pouco decorado e moita interpretación actoral. O debate de ideas dos catro personaxes, que se aman, odian, discuten

e se reconcil ian, imponse sobre a acción. O que importa son as reflexións destes seres humanos sobre a liberdade, o

sentido da existencia, os seus recordos… ou sexa, a VIDA.

Título: Comeza a obra coa definición do termo que lle dá título. Este é un recurso literario empregado por outros

autores.

- Que escritor de novela negra, tamén galego, comeza cada capítulo das súas novelas coa definición dunha palabra

que se considera clave nese capítulo?

- Cando un autor l le pon título a unha obra é por algún motivo. Pode ser mesmo que teñas un libro escrito e aínda non

sabes que título l le has poñer. Total, un crebacabezas. Roberto Vidal Bolaño chamoulle Rastros.

- Por que escollería ese título?

- Se tiveses que procurar outro alternativo, cal sería e por que?30

Page 34: Vidal bolaño

Tempo 1Dende o máis profundo do escuro chega o relembro das voces duns nenos.

Voz neno un: Que pensades ser cando sexades maiores?Voz neno dous: Calquera cousa. Xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os que menos traballan.Voz neno tres: Eu serei explorador. Ou inventor. Ou descubridor de algo.Voz neno un: Eu o único que quero cando sexa maior, é que non haxa nunca escola.Voz neno tres: ¿E ti, Esther?Voz de nena: ¿Eu?Voz de neno tres: Si, ti .Voz de nena: Libre, coma os paxaros…

Argumento: Esta desgracia en catro tempos está cronoloxicamente desordenada e pechada nunha estrutura circular, oTEMPO 1 e o TEMPO 4 que é o mesmo diálogo dos catro personaxes sendo nenos, os seus soños de futuro. Un

exercicio para entender mellor a obra sería ordenala cronoloxicamente e aquí vai un posible esquema argumental

ordenado, pero podería haber outros.

Posible esquema argumental ordenado cronoloxicamente

31

Page 35: Vidal bolaño

Un leve fiíño de luz fai xurdir da nada os rostro olleiroso dunha muller á que un desleixe de anos fai aparentar máisidade da que de certo ten.

• Os soños de catro nenos (p.9)

• O bico de “torni l lo”, coma os de cine, que Esther dá a Iago, ao que sempre amou (p.21 )

• O baile, Iago négase a bailar con ela e baila con Moncho (p.31 -34)

• O velorio da avoa no mesmo sobrado onde despois vive Esther (p.42-43)

• Inauguración do sobrado, fanse unha foto xuntos (p.45-50)

• Atentados, artefactos explosivos, disparos e mortos (p.83) non se escenifica.

• Detención e encerro de Iago (p.78) non se escenifica.

• Esther mobil iza a xente para conseguir a l iberdade de Iago (p.80)

• A manifestación. Van os tres e levan unha pancarta que pide “l iberdade independentistas” (p.80-82)

• O embarazo. Moncho non quere ter ese neno (p.74)

• A voda de Esther con Xan, embarazada de Moncho (p.64-68)

• O aborto (alusións na p.71 -73)

• Fracaso do matrimonio. Xan quere tirar o televisor pola ventá (p.69)

• Agresión de Esther a Xan coas tesouras

32

Page 36: Vidal bolaño

• O transtorno de Esther, os seus escritos paranoicos (p.69-73)

• As visitas ao cárcere para ver a Iago (p.35-40; 84-87, nesta dil le que é a última).

• Drogadicción de Esther, non se escenifica. Intúese que hai alcohol e heroína. Comeza a beber despois do

aborto, móstrase cambaleante ao andar, bébeda, e fai referencia a unha xeringa usada.

• Petición de diñeiro a Moncho, ten débedas e está moi asustada (p.56-58)

• Monólogo de Esther (p.1 2)

• Intento de suicidio, non se escenifica. O sobrado cheo de sangue, sirenas da policía, walki-talkies, informativos

na tele o unha radio que nos informan de que aconteceu unha desgraza.

• A espera dos tres amigos ao desenlace mentres Esther está na UVI (p.1 3)

• Esther aparece en escena en camisón, o goteiro do hospital e os pulsos envoltos en vendas (p.24-29) (89-93)

• Reencontro cos amigos e recordos dunha vida en común.

• Esther acaba por botalos e dil les que non os quere volver a ver.

• Petición de Esther a Wil l iam Holden: rógalle que a próxima vez non lle fal le (p.94)

• Os soños de catro nenos. (p.95).

33

Page 37: Vidal bolaño

Tempo 4

Dende a negrura volve chegar o relembro das voces de aqueles nenos.

Voz neno un: Que pensades ser cando sexades maiores?Voz neno dous: Calquera cousa. Xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os que menos traballan.Voz neno tres: Eu serei explorador. Ou inventor. Ou descubridor de algo.Voz neno un: Eu o único que quero cando sexa maior, é que non haxa nunca escola.Voz neno tres: ¿E ti, Esther?Voz de nena: ¿Eu?Voz de neno tres: Si, ti .Voz de nena: Libre, coma os paxaros.

CAE O PANO

34

Page 38: Vidal bolaño

Temas: Hai múltiples e complexos temas principais e secundarios na obra que aparecen á simple vista deste esquema,pero imos tratar un recurrente na dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño: O cine.

Paixón cinematográfica

Para a xeración de Vidal Bolaño, afeita ao branco e negro cultural e ao triste celuloide do NODO, a única pasaxe ao

mundo dos soños era o cine. O cine americano é un pasaporte á l iberdade, á aventura…a saír da escuridade, polo

tanto está moi presente na súa obra.

35

Page 39: Vidal bolaño

Referencias ao cine en Rastros:

A influencia do cine en Esther.

-Nas relacións amorosas.

Na escena do bico que Esther pide a Iago, replícal le deste xeito

ante o tímido beixo do mozo: “¿Iso é o que ti entendes por unbico? Deberas ir máis ao cine. ¡Veña, dáme un coma Deusmanda! ¡De tornillo! (p.20-21 )

Esther (a Iago, no cárcere, antes de se deitaren): “Non me digasen que película o vin pero rodéame cos teus brazos e dime queme queres aínda que sexa mentira”. (p.40)

O personaxe de Esther, arredor de quen xira esta obra, ten os mesmos gustos e preferencias que o seu autor pola

cinematografía americana. Chega a dicir nun momento: “Queirámolo ou non o cine americano está aí, influíndo nasnosas vidas. Ás veces máis do que un pensa.E nas cousas máis insospeitadas” (p.20)

36

Page 40: Vidal bolaño

Secuencia da película Johnny Guitar de Nicholas Ray (1 954) á que se alude.

Moncho dil le nun momento: “Prendácheste de min por…Si yo fuera rico y Michael Yorck en Cabaret”(p.74)

Johnny: A cantos homes olvidaches?Vienna: A tantos como mulleres lembras ti .Johnny: Non marches!Vienna: Non me movín.Johnny: Dime algo agradable.Vienna: Claro. Que queres que che diga?Johnny: Mínteme. Dime que me esperaches todos estes anos.Vienna: Espereite todos estes anos.Johnny: Dime que morrerías se non viñese.Vienna: Morrería se ti non viñeses.Johnny: Dime que aínda me queres como eu te quero.Vienna: Aínda te quero como ti me queres.Johnny: Grazas (bebe). Moitas grazas.

37

Page 41: Vidal bolaño

-Cando reflexiona sobre a morte, maniféstase de novo a influencia do cine.

Esther: ¿Pensas algunha vez na morte?Iago: Non, nunca penso en isoEsther: Imposible. Todos o facemos en algún momento queirámolo ou non.(…)Cando pensas na túa propiamorte, pensas sempre nunha morte ideal,digna, agradable. Ouseña, nas mortes que viches nas películas.(p.22)

A continuación encende o vídeo e ven o

fragmento no que Wil l ian Holden sacrifica a súa

egua na película Dos hombres contra el Oeste,de Blake Edwards,1 971 .

Esther: Posto que algún día hei morrer é asícomo me gustaría que fose.Como esa egua.Unha morte, rápida,limpa, sen dor. E irme domundo levando comigo a lembranza duns olloscheos de piedade, coma eses.(p.22-23)Ao final da obra, unha vez que queda soa, Esther

encende o vídeo e entrando no mundo ficticio da

película, di l le ao seu protagonista favorito: “Apróxima vez non me falles, Willian Holden”(p.93)38

Page 42: Vidal bolaño

Referencias a actores e actrices na obra:

-Cando están no cárcereIago: Escribiume Mario hai uns días. Dicía que na concentración do mes pasado había unha chea de xente.Esther: Cincuenta, contados. Se iso é unha chea de xente, eu son Kin Basinguer ou Jesica Lange. Tedes que saír deaquí. (p.85)

-Cando xan quere tirar o televisor pola ventáSoa o “Bye Bye Baby” na voz de Marilyn Monroe… Están poñendo Los caballeros las prefieren rubias.(Howard Hawks,1 953). Esther, dende a porta, tenta impedirllo a berros. (p.69)

-Metáfora cinéfila(…) E escribir do seu puño e letra “fin da película” (Esther, falando sobre o suicidio) (p.89)

-Ao encontrar a cinta de vídeo, os tres mozos discuten sobre cine:A mellor película de wil l ian Holden:

-El puente sobre el río Kwai, de David Lean, 1 957, a preferida de Xan.-Sunsset Bulebard, de Bil ly Wilder, 1 950, e Grupo salvaje, de Sam Pechkinpah, 1 969, as que máis valora Moncho.

39

Page 43: Vidal bolaño

Referencias que están presentes na vida de Moncho:

-Experiencia nos medios audiovisuais:

dobrou a John Wayne nunha película

emitida pola TVG (p.1 9)

-Para namorar a Esther cantaba en inglés

macarrónico Si yo fuera rico, canción da

película El violinista en el tejado, de

Norman Jewison, 1 971 . (p.74)

-Levaba a Esther a berrar na praza da

Quintana como fai Michael York con Liza

Minnell i debaixo dunha ponte do tren na

película Cabaret, de Bob Fosse, 1 972.

(p.74)

40

Page 44: Vidal bolaño

Propostas de traballo:

-Sobre o cine

-Sobre outros temas posibles dentro do argumento

Ademais do tema do cine, encontramos outros moitos a tratar: A droga, por exemplo, e como complemento para areflexión propoñemos o visionado da película Heroína, de Gerardo Herrero, 2005, e a lectura do libro Futuroimperfecto, de Xulia Alonso ed.Galaxia.

41

• Busca dúas películas máis na fi lmografía de Wil l ian Holden.

• En que películas interveñen as tres actrices americanas que se mencionan na obra? Busca polo menos tres.

Que cres que teñen en común estas tres mulleres moi coñecidas para os cinéfi los?

O tema da dobraxe das películas é un tema moi querido por Vidal Bolaño, case sempre os seus personaxes se

manifestan en contra: “Botaríana na galega. Hai dobraxes que convidan a suicidarse” (p.1 5).• Por que cres que deixa o título das numerosas películas americanas que aparecen na obra en

castelán, sen traducir ao galego? Por que Wll ian Holden fala en castelán?

• Facede un debate sobre as repercusións que tanto individual como socialmente ten a drogadicción.

Page 45: Vidal bolaño

Portugal está moi presente nalgúns Tempos da obra. Menciónanse aspectos da súa gastronomía, música, cultura,

sucesos históricos.

42

Outros temas interesantes serían: O amor, o desamor, o suicidio, o dereito a unha morte digna, o aborto, aliberdade…

• Engade ti algúns temas presentes na obra que che parezan interesantes.

• Búscaos e trata de explicar por que son importantes para os protagonistas.

• Sigue o rastro da información que se dá na obra de acontecementos históricos e infórmate desa revolución

portuguesa que Moncho di que estragaron os propios portugueses.

• Por que está preso Iago en Alcalá Meco? Sigue as pegadas desas manifestacións, atentados, mortos… Que

información tes sobre o Exército Guerri lheiro do Povo Galego Ceive que se menciona na obra? (p.81 )

Hai tres obxectos que funcionan como elemento caracterizador de tres personaxes: O zapato que perde Esther, o

farrapo portugués de Iago e o sombreiro tamén portugués de aba ancha de Xan.

• Busca os vestixios destes tres obxectos que volven aparecer en diferentes momentos da obra.

Page 46: Vidal bolaño

-Sobre os personaxes.Chamamos parlamento a cada unha das intervencións das personaxes na obra. Os parlamentos teñen importancia

cuantitativa e cualitativa. Dicimos que o parlamento máis importante cuantitativamente correspóndelle á personaxe que

maior número de parlamentos (entradas) ten na obra, mentres que cualitativamente que lle pertence á personaxe que

ten os parlamentos (ou entradas) máis longos, maior número de liñas en total na obra.

• Conta en dez ou quince liñas a vida de Esther.

• Sigue o rastro do soño dun dos nenos a través da obra

e caracteriza este personaxe Cres que a vida o achegou

ao seu soño?

• Sabendo isto:

- Quen é a personaxe cuantitativamente máis importante

de Rastros?

- E cualitativamente?

43

Page 47: Vidal bolaño

Ás veces nas obras de teatro aparecen personaxes pero tamén grupos pouco definidos ou mesmo voces, que reciben

o nome de comparsas e teñen un valor simbólico ou expresan pensamentos, soños, desexos. Son, dalgún xeito, a voz

da conciencia. En Rastros tamén ocorre.

44

• Sabendo isto:

- Que voces aparecen en Rastros?

- Que función cres que teñen as voces no conxunto da obra?

- Sobre o escenario.

• En que momentos vemos no escenario á vez fragmentos do pasado dos personaxes e do presente? Como

cambia do tempo real ao tempo dramático dos recordos?

• Que recursos escenográficos se uti l izan para reflectir os saltos temporais na representación da obra?

• Explica brevemente os catro TEMPOS e a uti l ización da técnica do flash back.

Page 48: Vidal bolaño

Obradoiros

A vida é puro teatro.

E velaí o eixo estruturador de todo teatreiro: o diálogo. Iso si, ben o sabes, acompañado dunha serie de adubíos

xestuais que sempre axudan: cara de fatiga, ol los de concentración, l ibro aberto entre as mans. . .

A seguir, para que te profesionalices un pouco máis (non vaia ser), propómosche unha serie de prácticas coas que

mellorar o teu oficio:

Dixécheslle a teus pais a hora exacta á que chegaches o sábado? E

que os deberes da semana estaban feitos e que o cuarto quedaba

recoll ido? Contáchesl le ao teu profe que nunca antes prepararas un

exame como aquel e que estiveras case sen durmir? Preguntáronche

se te conectaras esta tarde e respostaches que apenas o fixeras tres

ou catro minutos?

Meu amigo, es un profesional do TEATRO. Un comediante. Sen te

decatar, probablemente estiveches botando man dunha chea de

instrumentos e estratexias que se desenvolven a cotío no mundo do

teatro. E empregaches unha argumentación bri l lante, a pesar das

interrogacións e trampas que che foron poñendo polo camiño. Un

diálogo no que, por agora, saíches vencedor.

45

Page 49: Vidal bolaño

Comprimindo espazos: Neste exercicio inventamos seis ou sete movementos entre unha parede e outra (un paseo,estamos limpando, recollemos algunhas cousas, facemos a cama. . . ) Pero hai unha dificultade engadida, o espazo

vaise estreitando progresivamente ata límites insospeitados e, conseguintemente, a túa coreografía debe comprimirse!

Imaxinación corporal: Imos reproducir en grupos as

seguintes accións, pero sen que nada diso estea en

realidade ocorrendo:

A) Xogamos un partido de tenis a cámara lenta, incluíndo a

celebración de cada tanto. Os teus compañeiros farán de

público e moverán a cabeza conforme a pelota viaxa dun a

outro campo.

B) Tentamos abrir un paraugas no medio dun vendaval con

treboada. Precisamos nesta improvisación un conxunto de

efectos sonoros (vento, tronos. . . ) que outro compañeiro/a

arremedará.

C) Estamos no deserto de Sonora e o noso obxectivo é

capturar esa serpe velenosa que se nos achega. Ollo cos

teus movementos, xógaste a vida e un descoido. . .

46

Page 50: Vidal bolaño

Traballamos o diálogo:

A) Construímos un texto dialogado no que

obrigatoriamente haxa que seguir a orde alfabética e

cada intervención deberá comezar pola letra que lle

corresponda. Se tal, facemos primeiro un sorteo para

establecer cal á letra de partida. Supoñamos que

sexa a letra B. Aí vai un exemplo que podes

continuar:

Ben, imos dispoñer a cea.Canto tempo hai que marcharon? Que hora será?Deben ser xa as oito.É posible. O tempo pasa voando.

Fará frío fóra?Gatos na rúa non se ven. Iso quere dicir que calornon vai. . .

B) Neste segundo modelo, cada participante leva

unha letra asignada coa que deberá comezar e

rematar o seu parlamento. Por exemplo, o primeiro

participante a letra S, o segundo X e o terceiro L:Sempre que chego tarde pechas a Sala.Xa, xa. . . Por que non viñeches o Xoves?Lamento tardar, é este o cine Londres?Si .Xustamente.Lin que hoxe era a estrea da maldición do home Lobo. . .

47

Page 51: Vidal bolaño

48

C) Agora, e para ir rematando, a cada un dos participantes se lle asigna un número

exacto de palabras coas que deberá construír o seu parlamento. Supoñamos que Pedro

ten dúas palabras, Xan catro e Arturo seis:

Pedro: Que tal?Arturo: Pois xa ves, resistindo o temporal.Pedro: Ti, Xan?Xan: Eu deféndome como podo.Arturo: Sempre fuches aplicado na defensa persoal.Pedro: É certo.Xan: Deféndome, pero non ataco. . .

Page 52: Vidal bolaño

Hai moitísimas variantes máis: crear un texto dialogado só empregando interrogacións pero conseguindo que exista

unha acción en progreso a partir desas preguntas, introducir en cada parlamento alternativamente a letra dunha

canción. . .

Practica, que se non o fas, saberemos o teu horario exacto, os deberes que non fixeches, se o cuarto quedou ou non

arrombado. . .

Ai! A vida é puro TEATRO!

49

Page 53: Vidal bolaño

Outras propostas.

Comentarios sobre textos.

Le atentamente os textos e logo realiza individualmente ou en

grupo as cuestións propostas.

50

MULLER: Hoxe remata o ano , ¿non si?.HOME: E ti halo rematar con ben, se Deus quere.MULLER: Xa sabes que eu nunca crin nesas cousas pero. . . cando nena, teño oído que o día de hoxe

acoden ao cemiterio as ánimas dos que van morrer no ano que comeza.

HOME: ¡ Parvadas de vellos!MULLER: Quizais. Pero. . . gustaríame saber se é certo ou non. Lévame alí. Lévame ó cemiterio.HOME: ¡Non sexas nena!MULLER: ¡Quero saber se estou ou non entre eles! .HOME: Estaralo se saes aí fóra co frío que vai.MULLER: Din que acoden na mesma orde na que han ir morrendo. E que saen

Page 54: Vidal bolaño

De alí coa data escrita no peito (Tencionando erguerse). ¡Quero saber se aínda hei aturar moito tempo esta dor!

(Bailadela da morte ditosa . Editorial Sotelo Blanco px 23)

51

Neste texto a muller desexa ir ao cemiterio para ver se ela está entre as persoas que han morrer no próximo ano.

En Galicia existen moitas procesións e romarías relacionadas coa morte e coa curación de enfermidades, a

continuación tes que relacionar cada lugar coa procesión ou romaría que neles se realiza:

Santa Marta de Ribarteme ( As Neves- Pontevedra)

Pobra do Caramiñal ( A Coruña)

Santo André de Teixido ( A Coruña)

A Lama ( Pontevedra)

Lalín (Pontevedra)

Romaría do Cristo de Xende

Procesión das mortal las

Os animais son as almas dos defuntos

Romaría dos cadaleitos

Romaría do corpiño

1 .

Page 55: Vidal bolaño

MULLER: Se vou morrer quero sabelo. E se mentres ese díanon chega hei padecer o que agora. . . .

HOME: Non contes comigo para iso.MULLER: ¿Por que non? ¿Queres seguir véndome sufrir

así?

HOME: Estás moi cansa. Deita.MULLER: Non quero sufrir máis inuti lmente, Antón. Non

quero. ¿Matarasme?

(Bailadela da morte ditosa. Editorial Sotelo Blanco px 24-25)

CHARLI: (Colléndolle a man agarimosamente). Deus Santo,Carme, como te teñen. Alguén debeu ter acabado antes

con esta merda.

Axeónllase cabo dela e vai retirándolle un a un tódolos tubos que a manteñen viva. Mentres o fai vai chegando talque de lonxe, como nun fermoso soño, o relembro daquel New York, New York que quedaron de bailar xuntos.Charli colle a almofada e apértalla contra a cara para ver de alixeirar aquel trance. Cando todo remata, a músicasoa clara e limpa. Ela, milagrosamente, ergue da cama maxestosa, máis viva do que nunca estivera, vaise onda ele tal como quedaran, bailan xuntos. Cando a música remata e o baile cesa, Charli cóllea no colo e devólvea aoseu leito de morte. Féchalle os ollos cun bico e deixa que vaia escurecendo paseniñamente.(¡Anxeliños! Comedia satánica. Editorial TrisTram ( px 371))52

Page 56: Vidal bolaño

1 . Nestes dous textos fálase da “eutanasia”. Busca no dicionario a etimoloxía e o significado desta palabra.

2. Por que cres que o HOME non quere cumprir o desexo da MULLER?

3. Que opinión che merece o que fixo Charl i?

4. Localiza cinco palabras derivadas e indica a palabra base da que proceden.

CHEMA: ¿Que asasino?TIGRE: O da película que puñan na autonómica.

CHEMA: Non sei como soportades as películas en galego.TIGRE: ¡Home, mellor están en español! Pero sendo boas. . .( ¡Anxeliños! Comedia Diabólica. Editorial TrisTram. Px 359)

1 . Como di este fragmento é moi frecuente que na TVG e na TVE as películas se dobren. Expón as túas razóns a

favor ou en contra da dobraxe das películas.

2. Localiza todos os verbos do texto e analízaos.

TIGRE: A vida é así, Xefe, e ás veces condénanos a algúns a facer o que nunca fariamos se puidéramos escoller e faceroutra cousa. . . En rel idade os responsables da maioría das desgracias que nos aqueixan non somos nós, senón o

destino, a orde das cousas, Deus. . .

(¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 372)

TIGRE: Non Charl i , non o esquecín. Certas cousas non se esquecen nunca pero si algo conseguín aprender de ti é que,se un se enfrenta a elas, acaban superándose. Anque, como sempre, os mestres ensinades cousas que vós nunca

practicades.

(¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 356)53

Page 57: Vidal bolaño

1 . Sinala un sinónimo de cada unha das seguintes palabras: escoller, aqueixan, destino,esquecín, nunca.

2. Sinala un antónimo para cada unha das seguintes palabras: vida, responsables, orde, nunca, acaban.

1 . No texto dise que as sentenzas de morte non existen na actual idade en España. Investiga ata cando a pena de

morte estivo vixente en España e cales foron os últimos condenados a morte.

2. Chema di “A violencia non é desprezable en si mesma, depende de con qué fin se aplique”. Consideras que

esta afirmación é certa? Argumenta a túa opinion, a favor ou en contra, nun pequeno texto.

3. Sinala dúas palabras, como mínimo, da mesma famil ia léxica das seguintes: fin, xuíces, morte, amigo, medir.

54

CHEMA: A violencia non é desprezable en si mesma, depende de con qué fin se aplique. ¿Son desprezables os xuícespor dictar sentencias de morte?

TIGRE: Aquí xa non temos diso, Chema.CHEMA: ¿Sono os mil itares por botar bombas ou os cregos por poñer penitencias? . . . A violencia, querido amigo, haique a medir non en relación ao suxeito ou suxeitos sobre os que se exerce, senón en relación a todos aqueles outros

aos que ao exercela se axuda a que non a padezan.

(¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 384-385)

Page 58: Vidal bolaño

Creación de monólogos. Diálogos e conversas entre varios personaxes.

Ofrecemos unha pequena mostra que sirva de modelo para que realicedes os vosos propios textos.

Roberto Vidal Bolaño era un magnífico monologuista. Este texto pertence á obra titulada Os Papalagui do autor Erich

Scheurmann e foi unha das súas últimas interpretacións.

Papalagui significa “Home branco estranxeiro, e segundo o xefe samoano Tuiavii de Tiavea, os papalaguis pensamose comportámonos do seguinte xeito:

Sobre as casas.O Papalagui mora, como un crustáceo, dentro dunha cuncha. Vive entre

pedras, como a escolopendra. Ten pedras en todo o seu redor, por baixo

e por riba. A súa cabana aseméllase a un baúl de pedra posto de pé: un

baúl cheo de cubículos e buracos.

Éntrase e sáese da cuncha só por un sitio e sempre é o mesmo. O

Papalagui chámalle a ese sitio “entrada” cando entra na cabana, e

“saída” cando sae, malia que as dúas son exactamente o mesmo. Hai

unha gran batente de madeira que temos que empurrar con moita forza

antes de podermos entrar na cabana. Pero iso só é o comezo: estamos

obrigados a empurrar unhas cantas máis antes de sentírmonos

realmente dentro da cabana.55

Page 59: Vidal bolaño

Sobre os cartos.Quen só toca diñeiro cae no seu feitizo e quen gusta moito del ten que servilo e consagralo toda a vida. Amemos os

nosos hábitos, que din que é digno de desprezo quen algo esixe pola hospital idade que ofrece ou quen reclama unha

recompensa por cada froita que dá. Respectemos as nosas normas, que non permiten que un posúa moito e outr

nada, ou que un posúa moito máis ca outro.

As máquinasTodos eses miragres teñen un punto fraco, oculto nalgunha parte. Non hai máquina que non necesite un coidador.

Todas elas conteñen unha secreta maldición. Pois se é verdade que a potente man da máquina é capaz de facer todo

o posible, tamén é verdade que devora o amor que existe en todo obxecto saído das nosas propias mans. De que me

serviría a min unha canoa fabricada por unha máquina? A máquina é un ser sen vida, frío, incapaz de falar do seu

traballo,de sorrir cando o terminou e de levarl lo a seu pai ou a súa nai, para tamén eles se alegraren. Como podería eu

gustar da miña canoa como gusto se unha máquina puidese reconstruíla en calquera momento? A gran maldición que

a máquina encerra é que o Papalagui xa non ama nada, a máquina pode reconstruílo todo de contado. Para que a

máquina obre eses milagros sen vida nin calor, ten el que darl le o seu sangue.

O cineOs lugares onde se simula a vida! Non é doado describi los de forma que quededes cunha noción clara do sitio ao que

o Branco lle chama cine. En todas as vilas europeas existe ese sitio misterioso que as persoas adoran, onde mesmo

os nenos poden soñar.56

Page 60: Vidal bolaño

Pero nin con iso aquelas persoas na parede deixan de ser unha apariencia de ser humanos. Se a xente as quixese

tocar, axiña vería que iso é imposible, que son feitas de luz, a penas. Están alí para l le mostrar ao Papalagui as súas

propias dores e alegrías, as súas loucuras e debil idades. Pode así o Papalagui ver de moi cerca as máis bonitas

mulleres e os máis bonitos homes. Aínda que sexan mudos, pode ver bri l lar os seus ollos, e os seus xestos. Eles

parecen ollalo e falar con el.

Este segundo texto pertence á obra Criaturas de Roberto Vidal BolañoNa barra dun bar. Un home fala con alguén que non vemos. A CRIATURA obsérvao en silencio, perdidoentre a néboa.O DO BAR: Encapricheime del. Podía terme encaprichado de calquera outra cousa, pero encapricheimedaquel puto sombreiro... A verdade é que ao mariconazo aquel sentáballe como unha coroa... Osombreiro era un Panamá, auténtico, e antollóuseme. Non sei moi ben por que. O tipo non paraba de darvoltas discoteca adiante con máis chulería ca un piloto de Iberia. Saínlle ao paso e, polas boas – euprimeiro, polas boas sempre‐, pedinlle que mo emprestase. “Para dar un garbeo pola pista e provocar unpar de desmaios!”. Díxenlle entre bromas e veras. O tipo nin se dignou a mirarme . Largoume o rollo esede que os sombreiros son como as mulleres, os peites ou os cepillos de dentes e que nuncan se prestan efoise como se tal cousa. Pareceume normal. Ninguén presta así como así algo tan persoal. Volvinlleinsistir, case que suplicándollo, co que a min me costa, pero o tipo seguiu nas mesmas. Ti ben sabes comoson eu! Nunca acepto un non por resposta. Así que, como era de supoñer, coñecéndome, púxoseme aquíno cello, que custase o que custase, había dar unha volta discoteca adiante con aquel puto sombreiro.

57

Page 61: Vidal bolaño

Volvín onda el e, sen máis voltas díxenlle que mo arredase. Polo que fose. Un par de horas soamente, ninunha máis nin unha menos. Pero volveu pasar de min olimpicamente. E aí foi cando xa non puiden máis etirei de carteira. “Mesmo as mulleres, os peites e os cepillos de dentes teñen prezo!”. Díxenlle. E coamesma espeteille: “Así que é de supoñer que tamén o teñan os sombreiros! Canto queres por el?”. E vai otipo e contéstame que o sentía moito, pero que era un regalo e que non estaba en venda. Cago na tos!Aquilo fodeume! Que regalo nin que centellas? Co que eu estaba disposto a chegar a ofrecerlle, á mañáseguinte, podería mercar catro ou cinco como el, e do trinque. Como é natural, piqueime. A cousa xatranscendera e había xente arredor, mirando, pendentes de como remataba o envite. E claro, funmemedrando. Comecei a ofrecerlle cartos. Ao primeiro cifras razoable. Máis ou menos o que poderían valerdous ou tres daqueles ditosos sombreiros. Pero o tipo, como se nada, ao seu. Arre que non estaba envenda. Como comprenderás, púxenme frenético e lanceime, dunha para fodelo diante de toda aquela xeneque nos miraba e doutra para demostrarlle o que eu sostiña: que todo tiña prezo. Mesmo as persoas. Así éque algún tería tamén aquel fodido chapeau.Quince, vinte, trinta mil pesetas contantes e soantes, chegueia ofrecerlle. E así ata cen mil. E todo por un puto sombreiro que non valería nin dous mil pesos. Pero quequeres? Aquela noite tiña o antollo de lucir con el. Pero nada, nin con esas. O tipo seguiu nas súas trece. Eeu, mira ti que traballo me custaba, nas miñas. Aí foi onde perdín os estribos e desboqueime. Tirei detalonario de cheques, estampei a miña firma nun, púxenllo diante, e crucifiqueino... Pon a cifra quequeiras! E puxese a que puxese, aquela noite, pagaríalla. E non vai o tipo, pousa o Panamá no chan, ponsea brincar riba del, envórcalle un cuba libre e un gin tonic e, non contento con iso, mételle o dente aocheque e ráchao. Botou os anacos á pista, cunha chulería que xa me gustaría para min, e díxome que fosepor eles e que se era quen, o recompuxese pegándoo con cuspe ou con merda. Fai falta ser gilipollas! Logosouben que era un “jodido intelectualillo”, deses que xa non quedan. Un poeta, seica.

58

Page 62: Vidal bolaño

Partindo destes modelos, escribe ti un monólogo. Ten en conta que será como unha conversa contigo mesmo, como

unha reflexión en alto sobre temas que te preocupan ou inquedan especialmente. Por exemplo:

59

• Consecuencias de prescindir das redes sociais durante a fin de semana por mor dun

castigo.

• Preparativos para asistir a un concerto do teu grupo preferido.

• Expectativas ante unha primeira cita.

• Reflexións o día anterior á Selectividade.

• Preparación dunha viaxe que non che apetece realizar.

• Estou demasiado delgado/a, que fago?

Page 63: Vidal bolaño

Intentemos agora algún diálogo ou conversa entre dúas persoas.

60

• Un médico e un paciente satisfeito.

• Dous amigos que se atopan na cola dun concerto.

• Un motorista e un policía de tráfico.

• Unha telefonista dunha compañía telefónica e un cliente que non ten móbil .

• Dous pacientes na sala de espera dun dentista.

• Un profesor e un alumno. O profesor púxolle un 6 e o alumno quere que o suspenda argumentando as razóns

da súa peculiar petición.

• Tres empresarios reúnense nun restaurante de luxo en abri l do 201 3.

• Catro persoas quedan nunha estrada il lada co coche avariado. Sucede no ano 1 985, non teñen teléfono móbil .

• Un trobador e dous xograres atópanse nunha praza no século XI I .

• Unha famil ia toma as uvas na cea famil iar do fin do ano 1 943.

• Un camareiro, o cociñeiro xefe dun restaurante e un cliente descontento.

• Xúntanse tres amigos despois das vacacións de verán. Unha quedou no paro, outro casou, outro viaxou por

Europa.

Por último intentemos crear varios personaxes. Procura pensar antes como son cada un deles para que as súas

reaccións estean de acordo coa súa personalidade.

Page 64: Vidal bolaño

61

Ten en conta o protagonismo que poden chegar a ter os obxectos para a caracterizacións dos personaxes. Pensa en

Charlot. Pensa no sombreiro do texto que puxemos como modelo de monólogo e a importancia dramática que adquire

en Esther, unha das protagonistas de Rastros, a pérdida do zapato.

Como xogo teatral podedes poñer nunha mesa diferentes tipos de chapeus e logo tratar de crear os personaxes aos

que lles acaia mellor cada un deles:

Sombreiro de Sherlock Holmes, Charlot, Humphrey Bogart, Fred Astaire, Django. . .

Moitos outros obxectos poden ter gran

poder evocador, ser o punto de partida

para crear un personaxe. Baseándote

nesta idea, busca ti algunha prenda a

partir da cal poidas revivir unha

lembranza, dar vida a un amigo, un

famil iar, ou mesmo crear unha nova

historia.

Page 65: Vidal bolaño

Os que traballaron no teatro ou foron titiriteiros nalgún momento da súa vida, saben o gratificante que pode chegar a

ser.

Por unha banda o teatro é pura observación do mundo que nos rodea. Deter a nosa ollada no comportamento das

persoas, mirar os confl itos cotiáns coma se dun cadro se tratase, afastándose, agudizando o teu sentido crítico, o teu

sentido do humor, aporta unha visión nova da vida e da sociedade máis fonda e enriquecedora. Sen dúbida, pode

axudar a superar moitos problemas persoais que, en certas etapas da nosa vida, paral iza a nosa capacidade de

reacción, a nosa capacidade de superación.

O traballo teatral é amplísimo e abrangue múltiples facetas. O traballo actoral: preparación da voz, expresión corporal,

dominio da concentración mental e relaxación, capacidade de improvisasión, dominio da expresión, etc. ; o traballo

escenográfico: a montaxe escénica, a luz e o son; o traballo como director de escena: acadar sintonía entre os

protagonistas, conseguir aproveitar todas as súas capacidades. Se falamos de títeres, a realización e manexo dos

monicreques.

A xente de teatro sabe ademais que o máis importante non é a representación en si, senón o traballo previo a ela. O

caos dos primeiros ensaios, o entusiasmo cando as cousas comezan a saír ben. Sobre todo a relación que se

establece entre os participantes que observan como os seus atrancos e as súas alegrías van creando un produto

propio e inesquecible.

Cando comece a función saben que, pase o que pase a partir dese momento o verdadeiramente importante foi o

camiño percorrido.62

A modo de conclusión

Page 66: Vidal bolaño

Glosario

ACOUTACIÓN:

Cada unha das notas que se poñen na obra teatral, advertindo e explicando todo o relativo á acción ou movemento

dos personaxes e ao servizo da escena.

ACTO:

Cada unha das partes principais en que se poden dividir as obras escénicas.

APARTE:

Palabras que na representación escénica di calquera dos personaxes da obra representada, como falando para si ou

con aquel ou aqueles a quen se dirixe e supoñendo que non o oen os demais.

APUNTADOR/ORA:

Persoa que nos ensaios teatrais apunta aos actores a letra dos seus papeis até que a aprenden, e que nas

representacións, oculto pola cuncha ou noutro lugar do escenario, vixía para dar a letra ao intérprete que a esqueza.

ATREZZO:

Conxunto de obxectos e materiais que se empregan nun escenario teatral ou cinematográ!co.

BASTIDOR:

Armazón de listóns ou madeiros, sobre o cal se estende e fixa un lenzo ou papel pintado, e especialmente cada un dos

que, dando fronte ao público, se poñen a ambos lados do escenario e forman parte da decoración teatral. “Entre

bastidores”. loc. adv. coloq. para referirse á organización interior das representacións teatrais e aos ditos e ocorrencias

particulares dos actores e demais xente relacionada coa arte escénica.63

Page 67: Vidal bolaño

DECORADO:

Conxunto de elementos co que se crea un lugar ou un ambiente nun escenario, un estudo o de gravación, etc.

DIÁLOGO:

1 . Conversa entre dous ou máis persoas, que alternativamente manifestan as súas ideas ou afectos.

2. Obra l iteraria, en prosa ou en verso, en que se finxe unha conversa ou controversia entre dous ou máis personaxes.

DIRECTOR/ORA DE ESCENA:

Persoa que dispón todo o relativo á representación das obras teatrais, propiedade da escena, caracterización e

movemento dos actores, etc.

DRAMATURGO:

Autor de obras dramáticas.

ENSAIO:

Acción e efecto de ensaiar. “Ensaio xeral”: Representación completa dunha obra dramática ou musical antes de

presentala ao público.

ENTREACTO:

Nunha representación dramática, intermedio (espazo de tempo durante o cal se interrompe a representación).

ESCENA:

1 . Sitio ou parte do teatro en que se representa ou executa a obra dramática ou calquera outro espectáculo teatral.

Comprende o espazo en que se sitúa o lugar da acción á vista do público.

2. Aquilo que se representa no escenario. Mutación, cambio de escena.

64

Page 68: Vidal bolaño

3. Cada unha das partes en que se divide o acto da obra dramática, e en que están presentes uns mesmos

personaxes.

ESCENARIO:

Parte do teatro construída e disposta de maneira conveniente para que nela se poidan colocar o decorado e

representar as obras dramáticas ou calquera outro espectáculo teatral.

ESCENOGRAFÍA:

Arte de proxectar ou realizar decoracións escénicas. Conxunto de decorados na representación escénica.

ESPAZO:

Unidade do teatro. Lugar onde se desenvolve a acción.

MÍMICA:

1 . Pertencente ou relativo ao mimo e á representación das súas fábulas.

2. Pertencente ou relativo á mímica. Linguaxe mímica. Signos mímicos.

3. Expresión de pensamentos, sentimentos ou accións por medio de xestos ou ademáns.

PANO:

Lenzo grande que se pon no escenario dun teatro de modo que se poida baixar e subir.

PERSONAXE:

Cada un dos seres humanos, sobrenaturais, simbólicos, etc. , que interveñen nunha obra l iteraria, teatral ou

cinematográfica.

65

Page 69: Vidal bolaño

POSTA EN ESCENA:

Montaxe e realización escénica dun texto teatral ou dun guión cinematográfico.

PROSCENIO:

1 . Parte do escenario máis inmediata ao público, que vén sendo a que media entre o bordo deste e a primeira orde de

bastidores.

2. No antigo teatro grego e latino, lugar entre a escena e a orquestra, máis baixo que a primeira e máis alto que a

segunda, no cal estaba o taboado en que representaban os actores.

TEATRO:

1 . Edificio ou sitio destinado á representación de obras dramáticas ou a outros espectáculos públicos propios da

escena.

2. Sitio ou lugar en que se realiza unha acción ante espectadores ou participantes.

3. Escenario ou escena.

4. Literatura dramática.

5. Arte de compoñer obras dramáticas ou de representalas.

TEMPO:

Unidade do teatro. Xunto á acción e o lugar.

66

Page 70: Vidal bolaño

Un actor debe traballar toda a súa vida, cultivar a súa mente, desenvolver o seu talento sistematicamente, ampliar asúa personalidade; nunca debe desesperar, nin esquecer este propósito fundamental: amar a súa arte con todas assúas forzas e amala sen egoísmo.

Constantin Stanislavski

67

Page 71: Vidal bolaño

68

Page 72: Vidal bolaño

Escolma da obra de Roberto Vidal Bolaño.

• Laudamuco, señor de Ningures (1 976, Pico Sacro)• Bailadela da morte ditosa (1 980, 1 992, Sotelo Blanco)

• Agasallo de sombras (1 992, El Correo Gallego)• Cochos (1 992, Sotelo Blanco)• Días sen gloria (1 992, Deputación da Coruña)

• Saxo tenor (1 993, Xerais)• As actas escuras (1 994).• Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1 996, AS-PG)• Doentes (1 998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes).• A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1 998, Xerais)• Rastros (1 998, Positivas)• O día que os chífanos deixaron de zoar.• A burla do galo (2000, Xunta de Galicia)• Mar revolto (2001 , Xunta de Galicia) Integral (2003, Embora)

Teatro

69

Page 73: Vidal bolaño

70

Ano Título Papel Notas1 987 Novo de Parmuíde Telefi lme. Director

1 989 Os outros feirantes Serie de televisión

1 989 Sempre Xonxa D. Xosé Luís Filme

1 990 Morosos Director

1 991 O resplandor da morte Curtametraxe

1 991 Memorias dun parado Curtametraxe

1 992 Un café de ollos verdes Telefi lme

1 997 A noiva de medianoite Pedro Filme

1 999 A lingua das boloboretas Boal Filme

Amor Serrano Amadeo Curtametraxe

2000 Un mundo de historias Serie de televisión. Tamén

guionista

1 999

Audiovisual

Page 74: Vidal bolaño

Premios e recoñecementos

71

Placa de rúa adicada en Santiago.

• Abrente (1 976), con Laudamuco señor de Ningures.

• O Facho (1 977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou trocar en rato pequeno

o meirande xigantón.

• Abrente (1 978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes).

• O Facho (1 979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto.

• Abrente (1 980), con Bailadela da Morte Ditosa.

• Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1 983-1 984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís

Méndez Ferrín.

• Premio Álvaro Cunqueiro.

• Premio Xacobeo (1 992).

• Premios Rafael Dieste 1 992 e 1 997 da Deputación da Coruña.

• Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1 998, 1 999, 2001 e 2003). [1 2]

• Premio Eixo Atlántico.

• Premio Maruxa Vil lanueva (2001 ) do concello de Padrón.[1 3]

• Premios Max de Teatro (2001 ) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra Criaturas).

• Rúas en Santiago de Compostela e Peri l lo, Oleiros, levan o seu nome.

• O auditorio de Gondomar leva o seu nome.[Cómpre referencia]

Page 75: Vidal bolaño

72

• Día das Letras Galegas 201 3.

Rolda de prensa na RAG

Méndez Ferrín anuncia que Vidal Bolaño será o homenaxeado en 201 3; Euloxio Ruibal e Margarita Ledo explican os

motivos.

Page 76: Vidal bolaño

Bibl iografía consultada.

Ligazóns externas

73

Franco, Camilo. (201 2). Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño. Biblos Clube de Lectores.Historia visual del siglo XX. El país AguilarErich Scheurmann, Os Papalagui , Edicións Positivas.Vidal Bolaño, Roberto, Rastros, Edicións Positivas.Vidal Bolaño, Roberto, Roberto Vidal Bolaño Obras completas, Edicións Positivas.http: //www.hechoshistoricos.es

http: //robertovidalbolano.org

http: //gl .wikipedia.org/wiki/Historia_de_Galicia

http: //gl .wikipedia.org/wiki/Roberto_Vidal_Bolaño

• Asociación Roberto Vidal Bolaño

• Real Academia Galega, Figuras homenaxeadas.

• Biografía na BVG

• Ficha no soportal do audiovisual galego.

• Ficha en Galegos. info

• http: //www.youtube.com/watch?v=JL7hIasgWP0

Page 77: Vidal bolaño