2
o sorriso da muralla Boletín da biblioteca do IES Xoán Montes Número 2 febreiro 2010 Libros para alumn@s que non aman as matemáticas Rúa Montevideo s/n. 27001 Lugo [email protected] http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com o sorriso da muralla Na biblioteca tés un buzón agardando as túas suxestións, pro- postas, recomenda- cións... UTILÍZAO! Como no boletín anterior, presentamos catro libros que teñen que ver coas matemáticas. De cada libro ofrecemos unha breve síntese e, a continuación, en cor destacada, un enigma que resolver O protagonista, o sobriño do tío Petros, está fascinado pola figura do seu tío, un enigmático ancián considerado a ovella negra da familia. O tío Petros foi un brillante matemático na súa mocidade, mais agora vive afastado de todo, interesado só no xadrez. O sobriño desexa tamén convertirse en matemático e o tío, para poñelo a proba, propoñeralle un problema para resolver nun verán. É fácil comprobar que todo número par superior a dous se pode escribir como suma de dous números primos: 2=1+1 4=2+2 6=3+3 ...pero quen é capaz de facer a demostración?

O sorriso da muralla nº 2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

número 2 do boletín de información bibliográfica da biblioteca do IES Xoán Montes de Lugo febreiro 2010

Citation preview

Page 1: O sorriso da muralla nº 2

o sorrisoda muralla

Boletín da biblioteca doIES Xoán Montes

Número 2febreiro 2010

Libros para alumn@s que non aman as matemáticas

Rúa Montevideo s/n. 27001 [email protected]

http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com

o sorriso da muralla

Na biblioteca tés unbuzón agardando astúas suxestións, pro-postas, recomenda-cións... UTILÍZAO!

Como no boletín anterior, presentamos catro libros que teñen que ver coas matemáticas.De cada libro ofrecemos unha breve síntese e, a continuación, en cor destacada, un enigma que resolverO protagonista, o sobriño do tío Petros,

está fascinado pola figura do seu tío, un enigmático ancián considerado a ovella negra da familia. O tío Petros foi un brillante matemático na súa mocidade, mais agora vive afastado de todo, interesado só no xadrez. O sobriño desexa tamén convertirse en matemático e o tío, para poñelo a proba, propoñeralle un problema para resolver nun verán. É fácil comprobar que todo número par superior a dous se pode escribir como suma de dous números primos: 2=1+1 4=2+2 6=3+3 ...pero quen é capaz de facer a demostración?

Page 2: O sorriso da muralla nº 2

Ao protagonista, Mijail Mavroleos, espértano unha mañá co anuncio da morte do seu mellor amigo Stefanos. Ambos homes coñecéranse nun congreso en París a comezos do século XX. Cos anos volveron a Grecia, o seu país de orixe, e os seus camiños seguen unidos pola amizade, a paixón pola ciencia e as súas relacións coas mulleres.O inspector de policía que trata de esclarecer o crime encontrarase cun quebracabezas no que se misturan problemas matemáticos que levan séculos sen resolver, relacións sentimentais, un mafioso e o pacto de silenzo que fixeron na antiga Grecia os pitagóricos. Seguro que sabes calcular a diagonal dun cadrado de lado 1 m. pero realmente sabes canto mide?

Un libreiro, en París, recibe unha carta dun antigo amigo ao que non ve desde hai moitos anos na que lle anuncia o envío da súa completa biblioteca de libros de matemáticas desde Manaos, Brasil. Ao mesmo tempo, un neno que vive con el chega á casa cun loro rescatado das mans duns matóns que queren facerse con él. Así comeza unha entretida historia detectivesca na que se misturan sabiamente historias sobre as diversas épocas das matemáticas. Coñeces a forma de sumar os primeiros cen números naturais sen ir un por un? Que son os números amigos e cales son os tres problemas clásicos da Antigüidade?

Dous matemáticos, un estudante e un afamado profesor, investigan unha serie de crimes sucedidos en Oxford. A característica principal destes crimes é a súa levidade xa que poderían pasar desapercibidos como mortes naturais. Xunto aos asasinados aparecerán unha serie de símbolos que o profesor e o alumno deberán descifrar para achegarse á verdade. Como se pode empezar unha investigación na que a única pista é un círculo nunha nota?