4
CIUG G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 20082009 1 Textos propostos polo Grupo de Traballo para a preparación das PAAU PLATÓN Texto1 PLATÓN; República libro IV, 427e 435c - Creo que se a nosa cidade foi fundada correctamente, será completamente boa. - Forzoso que así sexa. - É claro, entón, que é sabia, valente, prudente e xusta. - Sen dúbida. - Se, entón, encontramos na cidade algunha desas cousas, ¿o que reste será o que non teñamos encontrado? - ¿Que se non? - Se de catro cousas calquera no asunto que fose- buscásemos unha soa e cando, en primeiro lugar, recoñecésemos esa, sería suficiente para nós. Pola contra, se en primeiro lugar recoñecésemos as outras tres, con isto mesmo xa recoñeceriamos a que buscamos, posto que é evidente que non sería outra cousa que a que aínda quedase. - O que dis é correcto. - Así pois, e respecto daquelas calidades, xa que tamén son catro, ¿debemos indagar do mesmo modo?. - É evidente que si. - Paréceme que o que se ve claro primeiramente é a sabedoría; aínda que no tocante a ela vese algo estraño. -¿Que é iso? - En realidade, sabia paréceme a cidade sobre a que tratamos, pois é prudente, ¿non? - Si. - E isto mesmo, a prudencia é evidente que é un coñecemento, pois non se obra prudentemente por ignorancia, senón por coñecemento. - É evidente. - Pero na cidade hai múltiples e diversas clases de coñecemento. - ¿Como non? - Nese caso, ¿hai que considerar a cidade sabia e prudente polo coñecemento dos seus carpinteiros? De ningunha maneira, por ese coñecemento soamente será hábil en carpintería. - Tampouco ha de ser chamada sabia a cidade polo coñecemento relativo aos mobles de madeira, se delibera sobre como facelos o mellor posible. -Non, por certo. -Nin polo coñecemento relativo aos obxectos que se fan con bronce, nin por ningún outro semellante. -De ningunha maneira. -Nin é sabia polo coñecemento relativo á produción de froitos, senón que é hábil en agricultura. -Parécemo a mín. -Entón, ¿hai na cidade que acabamos de fundar algún tipo de coñecemento nalgúns cidadáns, polo que non se delibere sobre algunha cousa da cidade, senón sobre esta na súa totalidade e sobre a maneira de manter as mellores relacións consigo mesma e coas demais cidades?. - Certamente, si hai. - ¿Cal é e en quen está presente?. - Esta é a vixilancia e está naqueles gobernantes aos que chamamos gardiáns perfectos. - E en relación con ese coñecemento, ¿que dirás da cidade?. - Que é prudente e verdadeiramente sabia. - ¿E cres que na nosa cidade abondarán máis os traballadores do bronce ou estes verdadeiros gardiáns? - Moitos máis traballadores do bronce.

Platon 08-09-t1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Platon 08-09-t1

CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009

1

Textos propostos polo Grupo de Traballo para a preparación das PAAU

PLATÓN –Texto1 PLATÓN; República libro IV, 427e—435c

- Creo que se a nosa cidade foi fundada correctamente, será completamente boa.

- Forzoso que así sexa.

- É claro, entón, que é sabia, valente, prudente e xusta.

- Sen dúbida.

- Se, entón, encontramos na cidade algunha desas cousas, ¿o que reste será o que non teñamos

encontrado?

- ¿Que se non?

- Se de catro cousas calquera –no asunto que fose- buscásemos unha soa e cando, en primeiro lugar,

recoñecésemos esa, sería suficiente para nós. Pola contra, se en primeiro lugar recoñecésemos as

outras tres, con isto mesmo xa recoñeceriamos a que buscamos, posto que é evidente que non sería

outra cousa que a que aínda quedase.

- O que dis é correcto.

- Así pois, e respecto daquelas calidades, xa que tamén son catro, ¿debemos indagar do mesmo

modo?.

- É evidente que si.

- Paréceme que o que se ve claro primeiramente é a sabedoría; aínda que no tocante a ela vese algo

estraño.

-¿Que é iso?

- En realidade, sabia paréceme a cidade sobre a que tratamos, pois é prudente, ¿non?

- Si.

- E isto mesmo, a prudencia é evidente que é un coñecemento, pois non se obra prudentemente por

ignorancia, senón por coñecemento.

- É evidente.

- Pero na cidade hai múltiples e diversas clases de coñecemento.

- ¿Como non?

- Nese caso, ¿hai que considerar a cidade sabia e prudente polo coñecemento dos seus carpinteiros?

–De ningunha maneira, por ese coñecemento soamente será hábil en carpintería.

- Tampouco ha de ser chamada sabia a cidade polo coñecemento relativo aos mobles de madeira, se

delibera sobre como facelos o mellor posible.

-Non, por certo.

-Nin polo coñecemento relativo aos obxectos que se fan con bronce, nin por ningún outro

semellante.

-De ningunha maneira.

-Nin é sabia polo coñecemento relativo á produción de froitos, senón que é hábil en agricultura.

-Parécemo a mín.

-Entón, ¿hai na cidade que acabamos de fundar algún tipo de coñecemento nalgúns cidadáns, polo

que non se delibere sobre algunha cousa da cidade, senón sobre esta na súa totalidade e sobre a

maneira de manter as mellores relacións consigo mesma e coas demais cidades?.

- Certamente, si hai.

- ¿Cal é e en quen está presente?.

- Esta é a vixilancia e está naqueles gobernantes aos que chamamos gardiáns perfectos.

- E en relación con ese coñecemento, ¿que dirás da cidade?.

- Que é prudente e verdadeiramente sabia.

- ¿E cres que na nosa cidade abondarán máis os traballadores do bronce ou estes verdadeiros

gardiáns?

- Moitos máis traballadores do bronce.

Page 2: Platon 08-09-t1

CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009

2

- ¿E non serán estes gardiáns moitos menos que todos aqueloutros que reciben o nome consonte aos

coñecementos que posúen.

- Moitos menos.

- En consecuencia, polo grupo humano máis pequeno e a parte de si mesmo na que está ese

coñecemento, que preside e goberna, unha cidade fundada consonte á natureza será sabia na súa

totalidade. E é este, segundo parece, o grupo máis pequeno por natureza ao que lle corresponde a

participación deste coñecemento que é o único que debe ser chamado co nome de sabedoría.

- Dis a verdade.

- Non sei de que maneira temos descuberto unha das catro calidades e en que lugar da cidade se

asenta.

- E paréceme que se ten descuberto satisfactoriamente.

-Pero a valentía mesma e a parte da cidade na que reside, pola que a cidade debe ser chamada

valente, non é moi difícil de percibir.

-¿De que modo?

-¿Podería alguén dicir que a cidade e covarde ou valente se non dirixise a mirada á parte dela que

combate e vai á guerra para a súa defensa?.

-Ninguén, se mira a outra parte.

-Pois creo que os demais cidadáns que a habitan, sexan covardes ou valentes non son responsables

de que a cidade teña unha ou a outra calidade.

-Iso creo eu.

-Por tanto, a cidade é valente na parte de si mesma grazas á cal ten a posibilidade de conservar a

opinión acerca das cousas temibles, que teñen que ser sempre as mesmas e tal e como o lexislador

dispuxo na súa educación.. ¿Non chamas a isto valentía? (...)

-Pois ben, restan dúas cousas na cidade que temos aínda que observar, a moderación e a outra, pola

que estamos investigando todo, a xustiza.

-Sen dúbida.

-¿Como poderiamos encontrar a xustiza, para non ter que ocuparnos da moderación?

-Eu, polo menos, non o sei e nin sequera querería que aparecese iso primeiro, se aínda non nos

ocupamos da moderación. Mais, se queres compracerme, examina antes esta.

-Claro que quero, senón sería inxusto.

-Examínao, pois.

-Debo examinalo. E dende o meu punto de vista, parécese máis a unha concordancia e a unha

harmonía que a todo o anteriormente examinado.

-¿Como?

-A moderación é un tipo de orde e de continencia nos praceres e apetitos, como din os que declaran

ser donos de si mesmos, non sei de que maneira, e outras expresións que se din e que significan o

mesmo. ¿Non si?

- Así é.

-Pero iso de ser dono de si mesmo ¿non é ridículo? Pois o que é dono de si mesmo tamén é escravo

de si mesmo, e o escravo sería tamén dono. Pois en todos esas expresións faise referencia á mesma

persoa.

-De acordo.

-Porén, paréceme que esa forma de falar quere dicir que nun mesmo home a alma ten algo que é

mellor e algo que é peor, e que cando o mellor por natureza manda sobre o peor que iso é ser dono

de si mesmo – é, polo menos, un eloxio–; pero cando por culpa dunha mala crianza ou compañía, o

mellor, que é cativo, é dominado polo peor, que abonda máis, isto considérase que é unha deshonra

e dise do que está nesa situación que é escravo de si mesmo e inmoderado.

-Pois así parece.

-Dirixe agora a túa mirada cara á nosa nova cidade e encontrarás nela unha desas dúas situacións.

En efecto, afirmarás xustamente que é dona de si mesma, se é que se debe chamar moderado e dono

de si mesmo a aquel no que a parte mellor goberna á peor.

Page 3: Platon 08-09-t1

CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009

3

-Ao consideralo, vexo que tes razón.

-E en verdade, poderíanse encontrar moitos desexos de todo tipo, de praceres e de padecementos,

sobre todo nos nenos nas mulleres e nos serventes e en moitos homes de pouca valía, aínda que son

chamados libres.

-Certamente.

-Pola contra, os desexos que son simples e mesurados, que son guiados sensatamente pola razón e a

recta opinión, encontraralos en poucos, nos que son mellores por natureza e pola súa educación.

-É verdade.

-Pero ¿non te decatas de que tamén isto ocorre na cidade e que nesta os desexos que hai na maioría

da xente vulgar son dominados polos desexos e a moderación dos menos e máis virtuosos.

- Si que me decato.

-Se, entón, hai que dar o nome dunha cidade dona dos seus praceres e desexos e de si mesma, esta

merece esa designación.

-Absolutamente certo.

-¿Acaso non é iso sensato, segundo todo o que dixemos?

-Efectivamente.

-E se nalgunha outra cidade os que gobernan e os gobernados teñen a mesma opinión respecto de

quen ten que gobernar, tamén será así nesta. ¿Non che parece?

-Claro que si.

-E en que tipo de cidadáns dirás que se encontra a moderación, nunha situación así, ¿nos que

gobernan ou nos gobernados?.

-En ambos, quizais.

-¿Decátaste agora de como predicimos correctamente antes cando dixemos que a moderación se

asemella a unha certa harmonía?

-¿Por que?

-Porque non ocorre como coa valentía e a sabedoría que, aínda residindo nunha parte da cidade, fai

a esta sabia e valente, senón que a moderación esténdese naturalmente pola totalidade, sobre todos

os cidadáns, conseguindo que canten ao unísono os máis débiles, os máis fortes e os intermedios, xa

sexa pola súa intelixencia, pola forza, pola cantidade, polas riquezas ou por calquera outra cousa

semellante, como prefiras. De maneira que poderiamos dicir con toda razón que a moderación é esta

concordia e unha harmonía entre o peor e o mellor por natureza, en canto a cal dos dous debe

gobernar, tanto na cidade como en cada individuo.

-Estou de acordo contigo.

-Ben. Xa vimos, segundo parece, tres calidades da cidade, e en canto á especie que resta para que a

cidade alcance a excelencia, ¿cal podería ser? É evidente que a xustiza.

(...)

Pois o que establecemos dende o principio que debía facerse en toda circunstancia, cando fundamos

a cidade, segundo a miña opinión, é a xustiza ou unha especie desta. Pois establecemos, se recordas,

e moitas veces xa o repetimos, que cada un debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que

concirnen á cidade, precisamente daquela na que estivese mellor preparado por natureza.

- En efecto, dixémolo.

-E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que xa

oímos a outros moitos e que dixemos repetidamente.

-En efecto, afirmámolo frecuentemente.

-Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu. ¿sabes de onde o

deduzo?

-Non, pero dimo ti.

-Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por

ver a cidade, é o que dá a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e, unha vez nacidas,

permítelles conservarse, mentres permaneza nelas. E xa dixemos que, se encontrabamos as tres, a

xustiza sería a que restase.

Page 4: Platon 08-09-t1

CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009

4

-Por forza é así.

-Non obstante, se fose preciso discernir cal destas calidades fará a nosa cidade mellor, resultaría

difícil discriminar se consiste nunha coincidencia de opinión entre os gobernantes e os gobernados,

ou se é a conservación da opinión consonte á lei que hai entre os militares acerca do que debe ser

temible ou non, ou a intelixencia e a vixilancia entre os gobernantes; ou iso que fai mellor á cidade

consiste, tanto no neno coma na muller, no escravo coma no home ceibe, e no artesán, no

gobernante e no gobernado, en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao alleo.

-Dende logo, sería difícil. ¿Como non?

-Entón, segundo parece, en relación á excelencia da cidade, a capacidade de facer cada un o seu

nela pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa valentía.(...)

-Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da xustiza mesma, senón

que será semellante.

-Semellante, en efecto.

-Porén, unha cidade parece xusta cando os tres tipos de naturezas que existen naquela fan cada un o

seu; e pareceunos moderada, valente e sabia a causa dalgunhas outras afeccións e hábitos deses

mesmos tipos de naturezas.

-É verdade.

-Por conseguinte, querido amigo, estimaremos que quen teña eses mesmos tipos na súa alma, a

causa das mesmas afeccións que aqueles, é ben merecedor de recibir os mesmos apelativos que a

cidade.

PLATÓN; República libro IV, 427e—435c

Versión galega de M. Teresa Miñambres Gómez – I.S. Eduardo Pondal – Santiago de Compostela