36
TEMA DO MES páx.2 COMARCA Páx.12 COMARCA Páx.10 Número: 85 - Ano:VIII - Decembro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.26 PROVINCIA Páx.21 Fútbol americano nas intalacións da Moreira No último pleno o alcalde compartía mesa coa interventora e o secretario (este último renunciou ao seu posto)./P. LODEIRO. A Escola Rural da Saúde organiza un festival artístico Recupérase o paro, pero non as afiliacións na provincia Obradoiros de emprego forman a desempregados Vilar de Santos investirá en mellorar as infraestruturas Variada proposta ocio cultural no Nadal de Xinzo de Limia [páx. 27] Cuarta sentenza contra as contratacións en Xinzo de Limia

11 Diciembre 2013 - BXVAC

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O Nadal é un dos temas destacados do número de decembro de Barrios, e marca tanto a programación cultural dos concellos, como iniciativas das asociacións de comerciantes como propostas de corte solidario. Pero ademais, neste número prestamos atención ás sentenzas contrarias ás contratacións laborais no Concello de Xinzo (e xa van catro) ou ao anuncio feito polo conselleiro de Medio Ambiente de que a ampliación do parque empresarial de Pazos, en Verín, estará listo no primerio semestre do ano próximo.

Citation preview

Page 1: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

TEMA DO MES páx.2 COMARCA Páx.12COMARCA Páx.10

Número: 85 - Ano:VIII - Decembro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.26PROVINCIA Páx.21

Fútbol americano nas intalacións da Moreira

No último pleno o alcalde compartía mesa coa interventora e o secretario (este último renunciou ao seu posto)./P. LODEIRO.

A Escola Rural da Saúde organiza un festival artístico

Recupérase o paro, pero non as afiliacións na provincia

Obradoiros de emprego forman a desempregados

Vilar de Santos investirá en mellorar as infraestruturas

Variada proposta ocio cultural no Nadal de Xinzo

de Limia [páx. 27]

Cuarta sentenza contra as contratacións en Xinzo de Limia

Page 2: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

� BARRIOSDecembro de �013

TEMA DO MES

En outubro, por segunda vez desde 2007, a taxa de paro interanual tivo signo negativo

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o profesor José María Chamorro./P.LODEIRO.

Recupérase o paro, pero non as afiliacións4 O terceiro informe do Observatorio Económico Ourensán destaca unha rebaixa do paro interanual aínda que non crecen nin as afiliacións á Seguridade Social nin os centros de traballo.Redacción

A Deputación de Ourense vén de presentar o terceiro informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que desenvolve para a análise económica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia e cada unha das súas comarcas.

Neste terceiro informe destaca unha rebaixa no paro interanual na provincia de Ourense, que se mantén como a provincia galega con mellor evolución. Ma-lia a todo, a melloría que se vén producindo no úl-timo ano na evolución do paro rexistrado non se está a manifestar aínda no com-portamento das afiliacións á Seguridade Social, nin tam-pouco na recuperación no número de unidades locais ou centros de traballo.

Manuel Baltar explicou que esta terceira entrega do Observatorio Económico Ourensán “contén sinais de reacción e de recuperación”. “Os síntomas da enfermida-de –dixo- principian por fin a remitir, pero o desgaste e a debilidade acumulados son tan acusados que cada cambio de tendencia en cal-quera estatística esixe unha larga espera e un esforzado traballo entre todos os axen-tes económicos e sociais”.

O Observatorio Econó-mico Ourensán recolle que o pasado mes de outubro marcou en certo modo un fito laboral desde o inicio da crise, xa que por segun-da vez desde decembro de �007 a taxa de paro inte-ranual tivo signo negativo. Manuel Baltar afirmou que un dos máis salientables é o feito de que por segun-da vez en todo este longo período en crise, “o mer-cado laboral da provincia de Ourense foi capaz de presentar taxa de variación interanual con descenso de desempregados. As propias táboas do paro deixan ade-mais outros indicios moi favorables como que oito comarcas e 53 concellos da provincia teñen hoxe menos parados que hai un ano. Hai agora un ano, a primeira

edición do Observatorio só identificaba unha comarca -a da Baixa Limia- e once municipios nesa posición de privilexio”.

O presidente provincial sinalou que unha vez feita a diagnose, “a estratexia da Deputación de Ourense continuará a administrar apoios, iniciativas e progra-mas de choque capaces de acelerar a reactivación desta provincia tan necesitada de estímulos”. Nese sentido, citou os orzamentos da De-putación para o ano �014, cunha suba de máis do 11 %, e nos que, por primeira vez os gastos de persoal si-túanse por debaixo do 40 % e os investimentos aumen-tan un 40%.

Afiliacións e unidades locais

O informe do Observato-rio reflicte que a recupera-ción do paro aínda non se estende nin ás afiliacións, nin ás unidades locais. O número de cotizantes á Seguridade Social caeu no último ano en cada unha das doce comarcas da pro-vincia, con descensos com-prendidos entre o 1 e o 8%. Mentres, a taxa provincial repite exactamente o mes-mo valor que presentaba a estas alturas do �01�, cunha perdida interanual do �,6% dos afiliados.

Pola súa banda, a estatís-tica de centros de traballo tampouco pasou ao terreo positivo. Segundo os últi-mos datos dispoñibles, co-

rrespondentes a finais de �01�, o ano pasado pechou igualmente cun descenso interanual do número de unidades locais. En con-creto, a provincia perdeu o 0,73% e pasa a acumular desde o inicio da crise unha diminución do 2,1%.

Con todo, Ourense se-gue a ser o territorio menos castigado pola crise desde a perspectiva das tres va-riables en estudo: o paro rexistrado, as afiliacións e o censo de unidades lo-cais. No paro interanual, a baixada provincial do 1,1% contrasta co leve re-punte de Galicia (0,1%). Nas afiliacións, o descenso ourensán do �,6% está moi por debaixo dos outros tres rexistros galegos. E no to-cante aos centros de traba-llo, o descenso que acumula Ourense desde o inicio da crise é proporcionalmen-te a metade da que sufre o conxunto da Galicia. É di-cir, esta provincia pechou unidades locais á metade de ritmo que a comunidade.

Un semestre en mello-ría

Desde a presentación da segunda edición do Obser-vatorio, en xuño de �013, seis comarcas foron capa-ces de mellorar a súa a taxa interanual de afiliacións (entre elas A Limia e Cela-nova), e o mesmo aconteceu en 48 concellos. A propia comparativa entre Obser-vatorios reflicte que a taxa interanual de paro mellorou

en oito comarcas -en todas agás en Allariz-Maceda, A Baixa Limia, Terra de Ce-lanova e Viana-, así como nun total de 50 municipios.

Unha comarca (Trives) e 16 concellos teñen hoxe máis centros de traballo que antes de que principiara a crise. Ao mesmo tempo, catro municipios (entre eles o de Allariz) suman hoxe máis afiliados que hai cinco anos, e tres (Entrimo, Mon-terrei e Vilar de Barrio) fan posible que descenda a taxa quinquenal de paro rexis-trado.

Sector servizosEsta terceira entrega do

Observatorio Económico Ourensán dedica unha aná-lise especial ao sector ser-vizos. O estudo analiza de xeito individual e agrupado as ramas do comercio; do transporte e almacenamen-to; da hostalaría; da infor-mación e comunicacións; das actividades profesionais, científicas e técnicas; e das actividades administrativas e servizos auxiliares.

En primeiro lugar, pre-cisa que o sector servizos aporta o 39% do VEB (Va-lor Engadido Bruto) da pro-vincia e impulsa o 38,1% das afiliacións totais, con preto de 38.000 cotizantes no sistema da Seguridade Social. Case a metade desas afiliacións corresponden ao comercio, xa que asina o 46,6%, seguido pola hosta-laría, co 20,6%. Aínda que nese textor tamén houbo

Datos do Observatorio Económico Ourensán.

caída de afiliacións, o com-portamento foi melor que no conxunto da economía ourensá. Foron excepcións as comarcas de Verin (�%) e A Limia (0,5%), que aumen-taron lixeiramente o número de afiliacións neste sector en relación a fai un ano.

No que atinxe ao paro sectorial, en taxa interanual houbo un repunte do 1,5%, cando no conxunto da eco-nomía ourensá baixou un 1,1%. No ámbito territorial, a de Verín (cun -1,4%) foi unha das catro comarcas que conseguiu rebaixar as cifras de parados no sector servizos nos últimos doce meses, xunto a Viana, Terra de Trives e O Ribeiro.

Desde o inicio da crise as unidades locais diminuiron un 2,1% e as afiliacións baixaron un 2,6%No sector servizos Verín e A Limia aumentaron lixeiramente as afiliacións

Page 3: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

3VERÍN E COMARCA

A ampliación do polígono de Pazos estará rematada no primeiro semestre de 20144 Segundo anunciou o conselleiro de Medio Ambiente nunha visita a Verín.Redacción

O conselleiro de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou que o remate da ampliación do polígono de Pazos está pre-visto “no primeiro semestre do vindeiro ano”. Hernán-dez visitou xunto aos alcal-des de Verín e de Monterrei e ao delegado da Xunta en Ourense, as obras de am-pliación do parque empre-sarial verinés.

“Na actualidade xa se teñen realizado os move-mento de terras, a obra ci-vil do pozo de bombeo da rede de residuais, a obra de conducións de media e alta tensión á nova subestación eléctrica de Verín e actua-cións para instalación de subestación eléctrica, situa-da nunha das parcelas desta primeira fase e actualmente en execución”, explicou o conselleiro, quen recordou que a Xunta inviste nesta primeira fase un total de �,4 millóns de euros.

Esta actuación suporá in-crementar en 70.500 metros cadrados a superficie do po-lígono, é dicir, nun 53%, xa que actualmente dispón de 132.200 metros cadrados. Este aumento responde a unha demanda real, xa que un 20% da superficie de

ampliación está actualmen-te reservada.

Primeira fase de am-pliación

Dos 70.500 metros cadra-dos desta primeira amplia-ción, máis de 46.500 resér-vanse para solo empresarial; mentres que as zonas libres e verdes abranguen máis de 10.000 metros cadrados e as áreas viarias e de aparca-mento 10.600. Grazas a esta ampliación poranse á venda 11 parcelas, cun tamaño que oscila entre os 701 e os 4.328 metros cadrados.

A ampliación inclúe tra-ballos de movemento de terras e explanación, in-fraestruturas de servizos, pavimentación, labores de xardinería, rego e mobi-liario urbano, o acceso das parcelas ás redes de abas-tecemento e saneamento, enerxía eléctrica, alumeado público, canalización de comunicacións e distribu-ción de gas.

Tamén se ensancharán os accesos ao poligono de Pazos, nun tramo de 350 metros que pasará a ter sete metros de calzada e un me-tro de beiravía a cada lado.

A ampliación de Pazos sumará 70.500 m2

4 Ampliar o vial de acceso custa 89.500 euros

Quen tamén visitou o polígono de Pazos foi director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernar-do Tahoces, co obxecto de coñecer as obras de ampliación do viario de acceso ao parque empre-sarial.

O titular de Enerxía e Minas explicou que do vial de acceso ao polígo-no, que ten unha lonxitu-de total de 1.215 metros, “a actuación que se está a realizar abrangue 351 metros, e supuxo unha inversión de 89.500 euros, dos que a Conse-llería de Economía e In-dustria subvencionou un 85%”. Unha ampliación da plataforma do viario destinada a “mellorar a seguridade nesta estrada, xa que é moito o tráfico pesado que accede a este polígono, e que se incre-mentará tras finalizar as obras de ampliación do mesmo e posterior ins-talación de novas indus-trias”.

O alcalde de Verín, presente na visita de Ta-hoces, anunciou que para �014 “xa contamos co compromiso da Direc-ción Xeral de Enerxía e Minas para finalizar o ensanche do viario ata a nacional 5�5, un total de 600 metros, e o tramo que resta desde a mellora rea-lizada agora ata a entrada do propio polígono, que incluirá unha rotonda”.

O conselleiro de Medio Ambiente e o resto de autoridades atenden ás explicacións sobre a ampliación do parque empresarial de Pazos./BORYS MARTÍNEZ.

Visita do director xeral de Enerxía e Minas (á dereita) a Pazos./CdV.

Page 4: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

4 BARRIOSDecembro de �013

VERÍN E COMARCA

Redacción

O Concello de Verín, da man da Consellería de Medio Ambiente Territo-rio e Infraestruturas, fi-nalizou as actuacións nas redes de saneamento e de abastecemento da rúa Ca-nella Cega.

Ata agora, a rede de sa-neamento discorría polo medio da rúa e vertíanse a ela as augas pluviais, pos-to que non existía unha rede específica para estas. Isto provocaba que, en época de chuvias tiveran lugar inundacións como

consecuencia de que a rede entraba en carga e se des-bordaba.

Co obxecto de solventar este problema de inunda-cións, instalouse un colec-tor de pluviais de diámetro 400 mm que recolle as ver-teduras que se producen na cabeceira da propia rúa na gabia existente, e ademais, na cabeceira da rúa Espido proxectouse un pequeno co-lector de pluviais proceden-te da zona de Fontenova.

ActuaciónsO proxecto de mellora

tamén implicou a modifi-

cación do trazado do colec-tor procedente do barrio de San Roque, converténdoo no colector xeral ata o seu entroncamento coa rede existente. Na parte alta da rúa Canella Cega fíxose a separación das augas, cunha rede para pluviais e ademais, completouse a rede de abastecemento por

Redacción

A área da Braña, en Ca-breiroá, foi obxecto dunha actuación de saneamento e revexetación por parte do Concello de Verín para preservar o hábitat e eco-sistema desta zona.

A actuación realizouse a través da convocatoria de axudas a concellos in-cluídos na Rede Natura �000, que cubre o 100% do orzamento. En concer-to, a mellora realizada polo Concello de Verín neste

A rúa Canella Cega, trala reforma./CdV.

Renovada a rede de abastecemento e saneamento na rúa Canella Cega4 Para evitar inundacións en época de choivas.

ambas as marxes da rúa, re-puxéronse os servizos afec-tados, colocáronse bocas de rega-incendio, creáronse beirarrúas nas zonas que non existían, pavimentouse o viario e colocouse un paso de peóns elevado co obxecto de reducir a veloci-dade de circulación dos ve-hículos e así evitar posibles

accidentes de tráfico.A colaboración Concello

e Consellería traduciuse nun investimento de máis de 340.000 euros para a mellora da rede hidráulica neste rúa de Verín.

Nesta mellora investirónse máis de 340.000 euros

paraxe natural incluiu o seu saneamento e drenaxe para facilitar o uso da área da Braña, acceso ás fontes de Cabreiroá e evitar as cre-cidas de auga que se produ-cían na zona.

Ademais, a área revexe-touse con especies arbóreas autóctonas, como amenei-ros, freixos e chopos; a de-cuáronse os camiños de ac-ceso e dotouse o espazo con mobiliario urbano, como mesas, bancos, papeleiras, unha pérgola e un valado de madeira. Este equipamento

Recuperación da área da Braña, en Cabreiroá./CdV.

A área da Braña foi revexetada4 Grazas ás axudas aos conce-llos incluidos na Rede Natura.

completa as accións reali-zadas con anterioridade, que consistiron na instalación dun circuíto biosaudable.

A área da Braña está situa-da nunha das zonas naturais máis emblemáticas de Ve-rín, anexa ao manancial de

agua mineiro medicinal de Cabreiroá e nas proximida-des das dúas rutas de sendei-rismo.

4 Arrinca un club da calceta en Verín

Dentro da iniciativa Es-cola de Familia iníciase, o xoves 1� de decembro, o Club da Calceta ‘Tecendo Soños’, destinado a conver-terse nun lugar de encontro entre as persoas interesadas en compartir este labor tra-dicional.

Esta iniciativa, que terá lugar no edificio municipal de O Lavadoiro, arrancará esa xornada a partir das 17 horas. Está aberta a todas as persoas interesadas na aprendizaxe da calceta, sen límite de idade ou sexo, que busquen compartir o seu tempo de lecer nesta actividade. A proposta é gratuíta, pero será nece-sario que cada participante leve os materiais que preci-se para desenvolvela.

4 Cinco novos cursos na aula CeMIT de Verín

Durante o mes de de-cembro, a aula Multimedia do Concello de Verín ofer-tará cinco novos cursos for-mativos.

Estes cursos, que pecha-rán este servizo educativo no ano �013, son: compras a través da internet, correo electrónico, internet, inicia-ción á informática e redes sociais. Os mesmos serven de continuación aos 83 cur-sos formativos impartidos ao longo deste ano na aula CeMIT de Verín.

Con todo, tamén se de-senvolverán nesta aula multimedia outras activida-des externas como un obra-doiro de emprego, unha videoconferencia con Papá Noel (17 de decembro) e actividades da ludoteca “Ludonadal”.

EN BREVE

Page 5: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

5PUBLICIDADE

Cerámica Verea, adian-tándose aos novos requisi-tos, foi a primeira empresa española en adecuarse á nova normativa europea que clasifica as tellas en función da súa resisten-cia á xeada, algo moi im-portante tendo en conta a época do ano na que nos atopamos.

Todas as tellas fabrica-das por Cerámica Verea, ademais de estar clasifica-das como nivel 3 (o nivel máis esixente establecido na normativa europea), están especialmente de-señadas para soportar as condicións climáticas máis adversas, superando máis de 500 ciclos de xeo-des-xeo, segundo o novo méto-do de ensaio europeo (de-mostrado mediante ensaios realizados en laboratorios externos homologados por AENOR). Isto significa que as tellas Verea supe-ran en máis do triplo o nivel máis esixente.

Esta característica de re-sistencia á xeada, fai que estea presente nalgúns das

cubertas dos edificios máis importes do España, coa climatoloxía máis duras de neve e xeo, por exemplo no Mosteiro de Santa Ma-ría do Paular (en Rascafría, Madrid).

A durabilidade da tella Verea en climas fríos é a propiedade máis importan-te que debe satisfacer unha tella para poder garantir o seu uso en toda a metade norte de España e no resto de zonas onde se alcancen temperaturas próximas a 0ºC.

Toda a gama de tellas Verea presenta un compor-tamento excepcional fronte á xeada. Por iso, Cerámica Verea garante e recomenda a instalación das súas te-llas tamén en zonas de alta montaña.

Isto fai que as tellas Ve-rea sexan tellas número 1 en resistencia á xeada e a tella que máis anos dura do mercado, independen-temente da zona climática onde se instale; toda unha garantía para os clientes máis esixentes.

Verea, nº 1 en resistencia á xeada

Rehabilitación dos tellados do Mosteiro de El Paular.Torre do Bandujo, en Asturias.

Vista de Santiago de Compostela nevado.

Cerámica Verea foi a primeira empresa española en adecuarse á nova normativa europea que clasifica as

tellas en función da súa resistencia á xeada

Page 6: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

6 BARRIOSDecembro de �013 VERÍN E COMARCA

A formación permanente do profesorado é un ele-mento clave para acadar unha educación de maior calidade, por iso, no IES García Barbón participan activamente en tres inicia-tivas.

En primeiro lugar, o Proxecto COMBAS Ga-licia integrado dentro do Proxecto de competencias básicas Atlántida do Minis-terio de Educación, Cultura e Deporte, recentemente recoñecido a nivel europeo na rede europea Keyconet. O proxecto consiste en ir incorporando as compe-tencias básicas no funcio-namento do centro, desde os elementos curriculares ata o traballo do alumnado na aula. En segundo lugar, un grupo de traballo sobre Novas tecnoloxías pneumá-ticas do Departamento de Mantemento Industrial. En terceiro lugar, outro grupo de traballo sobre elabora-ción, coa axuda das novas tecnoloxías, de materiais

didácticos para a Educa-ción de Adultos.

Orientación ao alumnadoAs actividades recentes

no traballo de orientación académica e profesional do alumnado teñen relación, entre outras tarefas, coa rea-lización de charlas informa-tivas impartidas por antigos alumnos e alumnas. O cen-tro quere agradecer moito a colaboración desinteresada de Beatriz Losada Veiga -estudos universitarios- Iago Paredes Barros, Carmen Carnero Requejo, Iván Lo-renzo Pousada, María Lo-urdes de Gil Gago e Julián Barrio Rúa -ensinanzas de Formación Profesional-. Complementariamente, o García Barbón comezou a impartir sesións formativas semanais nalgúns ciclos formativos de “internet para estudantes”, unha proposta de mellora da competencia dixital e de uso de internet nos procesos de informa-ción e orientación académi-

ca e laboral.Polo que se refire a

outras novidades de inte-rese para o alumnado de Formación Profesional, lembrar que aqueles que cursaron e aprobaron o módulo de Formación e Orientación (FOL) nun ci-clo formativo (LOE) teñen dereito a solicitar un certi-ficado en “Prevención de riscos laborais” (45 horas) que se facilita na secreta-ría do centro educativo.

ExtraescolaresA xornada de activi-

dades extraescolares que terá lugar o vindeiro día �0 de decembro contará cunha ampla oferta depor-tiva e lúdica –fútbol sete, baloncesto, tiro con arco, brilé, tenis, pádel, karaoke e obradoiro de fieltro-. O instituto tamén colabora nunha campaña solidaria de recollida de alimentos e xoguetes que se entrega-rán a Cáritas.

Por último, o IES García Barbón conta cun clube de tiro con arco Arqueiros de Verín, recoñecido polo rexistro de Entidades De-portivas da Xunta de Gali-cia co número C-11687.

Proxectos de formación do profesorado no IES García Barbón

A xornada de actividades extraescolares que terá lugar o 20 de decembro contará cunha ampla

oferta deportiva e lúdica

Redacción

Un total de 85 alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO dos colexios Amaro Refo-jo, Apostólico Mercedario e María Inmaculada partici-paron na terceira edición do Pleno Infantil celebrado na Casa da Cultura de Verín, organizado por UNICEF e o departamento municipal de Educación Familiar.

O pleno contou coa pre-senza do alcalde Juan Ma-nuel Jiménez, que recordou que “o Concello de Verín pretende presentar a súa candidatura ao concurso da rede de Cidades Amigas da Infancia, para así come-

zar cunha andaina na que se pretende facer da nosa vila un municipio no que se impulse e se promova a aplicación da Convención sobre os Dereitos da Infan-cia; ademais de elaborar un Plan de Infancia, no que xa se está a traballar, así como na futura creación dun Consello de Infancia, como órgano de participación in-fantil”.

Novo alcalde infantilO pleno acordou que o

novo alcalde infantil fose Pablo Pousada, alumno de 6º de Primaria do centro Ma-ría Inmaculada. A continua-ción, os diferentes colexios

realizaron as súas exposi-cións e presentaron as súas propostas de mellora sobre os dereitos recollidos na Convención Internacional dos Dereitos do Neno que xiraron sobre os dereitos de identidade e participación, familia e educación, saúde e igualdade. Por exemplo, propuxeron a construción dunha pista multideportiva ou a realización de activida-des que permitan compartir novas experiencias lúdico-culturais entre os menores. Todas as propostas foron aprobadas por unanimidde.

Na quenda de preguntas, os menores quixeron saber sobre a participación dos menores nas sesións ple-narias ordinarias, a porcen-taxe de orzamentos munici-pais destinados a axudar a persoas en risco de exclu-sión social ou iniciativas para evitar as drogas, entre outras. A xornada rematou cunha visita á casa consis-torial.

O III Pleno Infantil propón construir unha pista multideportiva 4 Participaron 85 escolares.

Jiménez Morán e os escolares no III Pleno Infantil de Verín./CdV.

Page 7: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

7VERÍN E COMARCA

Redacción

Por sexto ano consecuti-vo, Concello de Verín e Aso-ciación de Empresarios de Verín (AEVER) ratifican, o convenio “Ludonadal”.

Esta iniciativa, dirixida a menores con idades com-

prendidas entre os 3 e 10 anos, ten por obxecto, in-centivar economicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a con-ciliación dos proxenitores e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

“Ludonadal” realizarase no centro infantil do CEIP Amaro Refojo, do día �1 de decembro ata o 4 de xaneiro, de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a �0 horas, e os sába-dos de 10 a 14 horas.

Os días �1, �3, �7 e �8 de decembro e 4 de xanei-ro non haberá servizo de ludoteca infantil xa que os monitores formarán parte das actividades navideñas programadas polo Concello de Verín. Para poder acceder á ludoteca, será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente,

xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos es-tablecementos integrados en AEVER, existindo un límite mínimo de cinco euros.

NovidadeEste ano hai unha impor-

tante novidade, xa que ta-mén se pode acceder ao ser-vizo abonando o seu custo. O prezo por utilizar a ludo-teca, durante todos os días e horas, é de 20 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 10 euros; e se se prefire abo-nar por día utilizado serían 5 euros (día completo) ou 2,50 euros (medio día).

Concelleiros e alcalde xunto ao presidente de AEVER presentaron a programación de Nadal de Verín./CdV.

Concello e AEVER colaboran de novo no “Ludonadal”4 Unha ludoteca para fomentar as compras na vila e facilitar a conciliación.

Este ano poderase acceder tamén á ludoteca pagando polo servizo

Redacción

A Asociación de Em-presarios de Verín (AE-VER) promove a cam-paña “Este Nadal merca en Verín” para incentivar as compras navideñas na vila do Támega e coa que premiará a un dos seus clientes cun vale de mil euros.

A campaña dura ata o 30 de decembro, e poden participar nela todas as persoas que compren ou consuman nos establece-mentos asociados a AE-VER cun importe superior a 10 euros, cubrindo un cupón que lle entregarán nos comercios.

Sorteo no espectáculo de “Cantajuegos”

O sorteo que elixirá ao gañador da promoción

realizarase durante o espec-táculo musical “Los cuen-tajuegos” que terá lugar o 30 de decembro no pavillón municipal de Verín. O pre-mio debe ser desfrutado na xornada do 31 de decembro e para iso AEVER porá á disposición do premiado un coche para realizar as compras por un importe to-tal de 1.000 euros, en polo menos, cinco estabecemen-tos asociados, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

AEVER sorteará mil euros entre os seus clientes4 Coa promoción “Este Nadal merca en Verín”.

O gañador deberá gastar os mil euros en alomenos cinco establecementos de Verín durante a xornada do 31 de decembro

Page 8: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

8 BARRIOSDecembro de �013

VERÍN E COMARCA

Verín e Vilardevós estrean novo alumeado público 4 Co fin de racionalizar e optimizar o consumo enerxético.Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Roge-lio Martínez, reunise cos alcaldes de Verín e Vilarde-vós, Juan Manuel Jiménez e Manuel Cardoso, para recepcionar a obra de me-llora da eficiencia enerxé-tica da iluminación pública nas zonas de Pazos (Verín) e Vilardecervos (Vilarde-vós).

A Consellería de Presi-dencia, Administracións Públicas e Xustiza, con-

cedeu este ano máis de 1.135.000 euros a un total de 40 concellos ourensáns en concepto do Fondo de Compensación Ambiental.

Verín e Vilardevós son dous dos concellos bene-ficiados con estas subven-cións e que presentaron o seu proxecto de forma conxunta. Os alcaldes des-tes dous municipios ouren-sáns acompañaron ao dele-gado territorial ata as novas instalacións e alí consta-taron que os traballos se executaron conforme ao

proxecto aprobado, cun orzamento total de 99.942 euros, do que a Adminis-tración autonómica ache-ga preto de 70.000 euros.

Os dous rexedores xusti-ficaron esta actuación sub-vencionada na necesidade de racionalizar e optimizar o consumo enerxético das instalacións de alumeado público co fin de reducir o consumo eléctrico destas infraestruturas municipais e, por conseguinte, redu-cir o importe da factura eléctrica.

Os alcaldes de Vilardevós, Manuel Cardoso, e Verín, Juan Manuel Jiménz, xunto ao de-legado da Xunta, Rogelio Martínez, asinan a recepción da obra./CdV.

D.O. Monterrei renova a súa páxina webRedacción

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei estrea a súa nova páxina web, www.domon-terrei.com, que pretende ser o lugar de consulta para todos aqueles interesados en saber algo máis sobre esta nova denominación de orixe.

A renovada web, ade-mais de recoller unha am-pla información sobre a estrutura e características do D.O., dispón dun espa-zo destinado a cada unha das 23 adegas amparadas, unha ficha técnica onde tamén se poden consultar as marcas que se comer-cializan actualmente no mercado.

A web pretende ademais constituír unha nova fe-rramenta de traballo para o funcionamento interno da denominación. Na área privada, con acceso res-trinxido aos produtores, pódense xestionar os pro-cedementos cotiáns, axi-lizando así os tempos de tramitación co Consello Regulador.

A presenza da D.O. en Internet complétase coa súa páxina de facebook.

Redacción

A Eurocidade Chaves-Verín colabora na campaña solidaria de Nadal “Espalle alegría na Eurocidade Cha-ves-Verín”. Esta iniciativa busca involucrar aos veci-ños dun e doutro lado da raia na axuda aos que me-nos teñen, “nestes tempos de crise económica nos que moitas persoas teñen difi-cultades para ter alimentos e xoguetes no Nadal”.

Nesta campaña colabo-ran Cruz Vermella Mon-terrei, AEVER-CCU Ve-rín, Verín C.F, Asociación Xuvenil Os Entroideiros, Chaves Viva e supermer-cados verineses, onde esta-rán colocados carros soli-darios para que os veciños poidan depositar os seus alimentos. Outros puntos de entrega de alimentos e xoguetes son os colexios Amaro Refojo, Princesa de España, Mª Inmaculada e Apostólico Mercedario.

Xoguetes por piñeirosPor outra banda, a Euro-

cidade promove a campa-ña ‘Cambie un xoguete por

un piñeiro para o Nadal’, na que a poboación de Verín e Chaves que quei-ra adornar as súas casas cun piñeiro natural, po-derá obtelo gratuitamente a cambio da entrega de xoguetes. Recóllense na sede da Eurocidade ou na de AEVER. As árbores proceden da limpeza de bosques do municipio de Chaves co obxecto de evi-tar o risco de incendios.

Campaña solidaria na Eurocidade4 Recadan alimentos e xoguetes.

4 Iniciativa da Cruz Vermella

Tamén a Cruz Vermella aproveita estas datas para pór en marcha unha nova campaña de recollida de alimentos, que logo dis-truibirán entre as fami-lias máis necesitadas da comarca de Monterrei.

Dentro do chamamen-to de Cruz Vermella, des-tacan as seis toneladas de alimentos recollidos no partido “Espello de-portivo por alimentos”. Tamén colabora o hospi-tal de Verín como centro onde se poden realizar as doazóns.

Page 9: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

9PUBLICIDADE

Page 10: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

10 BARRIOSDecembro de �013 VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

EN BREVE

Investiranse 40.000 euros no acondicionamento de pistas agrícolas

Unha das pistas que serán acondicionadas.

4 Traslado da Oficina de Turismo

A partir do venres �0 de decembro, a Oficina Mu-nicipal de Turismo de Ve-rín, situada ata o momento na Casa do Escudo, traslá-dase permanente ao local da rúa Irmáns La Salle (ao carón da Casa da Cultura de Verín).

A Oficina de Turismo manterá o mesmo teléfo-no (988 411 614), correo electrónico ([email protected]) e horario (luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a 19.30 horas). No re-ferente ao albergue de pe-regrinos, que se mantén na Casa do Escudo, o horario será de 13 a 21.45 horas.

4 Ampliación das canles de TDT

A posta en servizo do segundo múltiplex dixi-tal de TDT nos centros instalados nas parroquias de Feces e de Mandín, no concello de Verín, permite unha ampliación das can-les que reciben preto de 650 veciños destas loca-lidades.

A partir de agora, os veciños destas parroquias poderán ver as canles de Teledeporte e TVE en HD.

4Melloras no acceso a internet

A Axencia para a Mo-dernización Tecnolóxica de Galicia vén de comple-tar a implantación de re-des de nova xeración con 100 Mbps de velocidade no IES García-Barbón e no CEIP Princesa de Es-paña de Verín. Así, en Ga-licia son xa �19 os centros educativos aos que se lles facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta.

A implantación de re-des de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velo-cidade de baixada. Deste xeito o alumnado pode ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou con-tratempos; pode conec-tarse simultaneamente un maior número de usuarios e permite o funcionamen-to de máis aplicacións in-formáticas cun tempo de resposta axeitado.

Redacción

Cun investimento glo-bal de 100.368 euros xa aprobados, o Concello de Vilar de Santos levará a cabo varias actuacións de renovación e mellora via-ria a desenvolver en todo o territorio municipal, co obxectivo de seguir ca modernización dos equi-pamentos públicos mu-nicipais destes últimos anos.

Cun orzamento total de 34.377 euros realizarase un proxecto de mello-ra de camiños dentro do Plan marco de mellora de camiños de titularidade municipal �013-�014, que contempla a mellora nun total de 10 quilómetros da rede municipal de camiños agrícolas da concentración parcelaria (Vilar de Santos conta con 43 quilómetros en total) coa limpeza de cunetas para evitar os en-charcamentos e desborda-mentos e posterior nivela-ción e acondicionamento das pistas con zahorra.

Así mesmo, na zona de Rede Natura do concello investiranse un total de 6.591 euros nun total de 6

Redacción

Os alumnos do ciclo de grao medio de Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural do IES Cidade de Antioquía de Xinzo realizaron o pasado �9 de novembro unha visi-ta ao Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense, nunha nova iniciativa de fomento do emprendemento.

Unha vez finalizada a úl-tima edición do programa Fomento do Espírito Em-prendedor, coa participa-ción de 700 estudantes da provincia, a Cámara quere agora aproveitar a expe-riencia das empresas ins-taladas no Viveiro e, coa súa colaboración, ofrecer

Estudantes do IES Cidade de Antioquía visitan o Viveiro de Empresas da Cámara4 Foi a actividade final do programa Fomento do Espírito Emprendedor.

unha serie de charlas a estu-dantes de ciclos formativos vinculados aos sectores nos que ditas empresas realizan a súa actividade.

Madeira PlusNesta ocasión, os alum-

nos do IES Cidade de An-tioquía coñeceron o traballo da empresa Madeira Plus. Con ano e medio de acti-vidade, esta firma dedícase á investigación no ámbito forestal, en especial con estudos sobre a calidade da madeira galega. Na mesma actividade, os alumnos ta-mén recibiron información sobre o propio Viveiro de Empresas e os distintos programas e servizos que ofrece a Cámara de Comer-cio.

quilómetros máis de pistas e camiños nunha actuación dirixida á mellora da pai-saxe agraria coa limpeza e restauración dos camiños de acceso ás fincas desta zona, cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente.

Pavimentación no polí-gono e varias rúas

No parque empresarial de Santa Marta, e con fi-nanciación da Consellería de Economía e Industria e do Concello, executarase un proxecto de mellora na pavimentación dos accesos, pintado de viais e outras actuacións menores cun importe global de 18.100

Vilar de Santos investirá 100.000 euros na mellora de infraestruturas4 Entre elas atópase o acondicionamento de camiños agrícolas, pavimentación dos accesos ao polígono e mellora de varias rúas.

euros. Todo co fin de atraer a inversión e insta-lación de novas empresas e servizos. Na actualidade o polígono conta con 20 empresas instaladas.

Por último, incluído no Plan Provincial de Coope-ración de Obras e Servi-zos 2013 coa Deputación, está aprobada a inversión de 41.300 euros para un proxecto de obras de ur-banización con melloras en varias rúas.

Redacción

Este �5 de novembro Xinzo de Limia sumouse á conmemoración do Día Internacional para a elimi-nación da violencia contra a muller. E para iso a súa corporación municipal fixo público un manifesto en repulsa desta lacra so-cial. Porque se trata dun “problema que afecta día a día o noso entorno máis próximo, a centos de fa-milias dos nosos pobos e cidades”, explicaron.

Con este manifesto o Concello de Xinzo quixo condenar de xeito unánime “calquera forma de violen-cia cara a muller, esixindo un compromiso forte e cla-ro de toda a sociedade para facerlle fronte”.

Nun ano que está a ser

especialmente duro neste ámbito, dende Xinzo lem-bráronnos que esta realidade “esíxenos volver a centrar a mirada nas adolescentes e mozos do noso entorno, porque é preciso que apren-dan a recoñecer a violencia nas súas formas mais sutís, naturalizadas e asumidas so-cialmente e, así, ser menos vulnerables fronte a elas”.

Así mesmo, quixeron adi-car ese acto “ás 4 mulleres vítimas de violencia de xé-nero deste ano, así como a tantas outra que en anos an-teriores que perderon a súa vida como consecuencia dos malos tratos das súas pare-llas e ex parellas”.

Por último, tamén recoñe-ceron “o coraxe e a valentía de tantas mulleres que, día a día, logran superar o medo e as barreiras”.

Xinzo, contra a violencia de xénero4 Rendiron homenaxe ás víti-mas e apostaron pola concien-ciación social.

Quince mulleres reciben os diplomas da iniciativa formativa ‘Hola Fabiola’ en Verín

A concelleira de Igualdade de Verín, María Corona Meixeira Romasanta, entregou os diplomas da iniciativa “Hola Fabiola”, na que se formaron un total de quince mulleres estranxeiras residentes no municipio. A iniciativa, impulsada polo Centro de Información ás Mulleres-CIM e a aula CeMIT do Concello de Verín, estivo destinada a formar a estas mulleres na utilización do ordenador e de internet. Este curso de 100 horas buscaba romper, entre as participantes, a tecnofobia e despertar a curiosidade así como incentivar o interese polas Tecnoloxías da información e comunicación (TICs).

Asistentes ao curso formativo en Verín, cos seus diplomas. /CdV.

Page 11: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

11XINZO E COMARCA

Cuarta sentenza contra as contratacións de persoal en Xinzo de Limia4 O alcalde ordena o precinto do ordenador do secretario, que presenta a súa renuncia. A oposición pide un pleno extraordinario para que o rexedor aclare a situación.P.L.

Xa van catro sentenzas que anulan contratacións de persoal no Concello de Xinzo, e como nas anterio-res, dase traslado á vía pe-nal para que investigue se o alcalde de Xinzo, o popular Antonio Pérez, cometeu un delito de prevaricación.

A resolución xudicial in-dica que o contrato incum-plía a normativa que impide aos concellos contratar novo persoal salvo para cubrir necesidades urxentes. Ta-mén apunta a unha posible desviación de poder e in-dicios de prevaricación por parte do alcalde, ao igual que xa o facían as sentenzas anteriores, que se referían a unha “conduta irregular e constante realizada con plena consciencia da súa ili-citude por manter en nómina a determinadas persoas con contratos temporais, pese aos reparos do secretario e do interventor”.

O Concello recurriráSegundo informaron va-

rios medios, o Concello de Xinzo recurrirá esta senten-za ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como fixera cos anterio-res fallos xudiciais. Nos seus recursos, a avogada do Concello argumenta que o rexedor descoñecía que as contratacións de persoal fosen ilegais pois os infor-mes do secretario e da in-terventora, que plantexaban reparos aos contratos, non foran notificados á xunta de

O alcalde de Xinzo xunto á interventora e ao dimitido secretario, nun pleno recente./ARQUIVO.

4 O BNG pide a Pérez que dimita Ao voceiro do BNG en

Xinzo, Ramiro Rodríguez, parécelle “moi grave” os feitos que están a suceder no Concello “pero non nos sorprende coñecendo a traxectoria do alcalde e a súa forma de actuar personalista e prepoten-te”. Para o nacionalista, as sentenzas son “contun-dentes” e os feitos “tan claros e contrastados” que admiten “pouca interpre-tación”.

Para o portavoz do Blo-que é “un feito sen pre-cedentes que o alcalde precinte o ordenador do secretario, nós pensamos que sen amparo legal e ex-tralimitándose claramente nas súas competencias. Tampouco ten precedente que os dous secretarios (titular e adxunta) renun-cien simultaneamente, o

que deixa ben ás claras a situación de presión á que estaban sendo sometidos. Todo isto, xunto co silenzo do Sr. Pérez, non fai máis que argumentar a gravida-de de todo o tema e fainos pensar que o propio alcal-de ve o previsíbel final de imputación por prevarica-ción e está a esgotar todos os medios para dilatar o inevitábel buscando algún cravo ardendo ao que aga-rrarse cando chegue ese momento”, afirma.

“O lóxico sería que cando as sentenzas sexan firmes acabe cunha de-nuncia por prevaricación no Xulgado de Xinzo”, apunta Ramiro Rodríguez, quen reclama a “dimisión inmediata do sr. Pérez de todos os seus cargos, para non prexudicar ao Conce-llo”

Elvira Lama, portavoz do PSOE en Xinzo, consi-dera unha situación “insó-lita” o que está a pasar en Xinzo, que non “estraña, porque estamos cansos de denunciar a política de persoal do Concello”.

Para Lama as contrata-cións realizadas polo grupo de goberno limián “sáltan-se todos os procedementos regulamentarios” e recorda que o alcalde, como xestor administrativo de profe-sión, “coñece perfectamen-te a lexislación”. “Tira cara a adiante e fai caso omiso á normativa e aos informes do secretario e interventora, non lle gustaron e tomou a decisión de ordenar o pre-cinto da ferramenta de tra-ballo”, explica a concellei-ra socialista, que recorda

que está aínda sen convocar (ao peche desta edición) o pleno extraordinario soli-citado pola oposición para que o alcalde explique o precintado do ordenador do secretario.

Subliña a política socia-lista que un dos informes do secretario municipal re-collía que “de 117 persoal laboral, o 77% convertiu-se en laboral indefinido a través da encadenación de contratos”, e pregúntase, “de quen é a culpa?, de quen deixa acumular estes contratos, pois o mesmo convenio dicía que había que ter unha lista de con-tratación temporal”.

Lama espera “que as sen-tenzas teñan consecuencias para o alcalde, que a xusti-za sexa exemplar”.

4 O PSOE espera que a xustiza sexa “exemplar”

As sentenzas ven desviación de poder e indicios de prevaricación

goberno local.

Renuncia do secretarioE mentres a xustiza con-

tinúa a facer o seu traballo (aínda hai outros cinco pro-cesos abertos e cinco con-tratacións máis que foron denunciadas), a noticia do precintado do ordenador do secretario por parte do alcal-de primeiro e a renuncia do funcionario despois, sacu-diu Xinzo. De feito, a opo-sición presentou unha solici-tude de pleno extraordinario para que o alcalde explique os motivos que o levaron á ordenar o precintado da computadora do secretario. PSOE, BNG, Anova, AI-DAL e APGA tamén queren que Antonio Pérez dea conta da súa situación xurídico-procesal logo das sentenzas emitidas polos Xulgados do Contencioso-Administra-tivo de Ourense “a raíz das denuncias da Avogacía do Estado polas contratacións de persoal laboral temporal feitas ignorando os informes preceptivos de Secretaría e Intervención, sen os corres-pondentes procesos de se-lección e contravindo o Real Decreto 20/2011”.

Este periódico tratou sen éxito de porse en contacto co alcalde para coñecer a súa opinión sobre as sen-tenzas xudiciais e a renun-cia do secretario.

Page 12: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

1� BARRIOSDecembro de �013

XINZO E COMARCA

Redacción

“Muller e saúde”, “Alcol e tabaco” e “Coidados de persoas dependentes con úlceras por presión” son os tres últimos obradoiros sobre promoción da saúde que se impartiron en Xin-zo de Limia desde a Escola Galega de Saúde para Cida-dáns do Sergas, sumando entre os tres máis de �00 asistentes.

Para pór o broche final a este ano, a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia organizou un festi-val baixo o lema “A mellor terapia, a arte”. Nel darase cabida ás diferentes disci-plinas artísticas “sinxela-mente, porque é a mellor terapia que as persoas te-mos para continuar o noso camiño cando a moeda das dúas caras (saúde/enfermi-dade) fai aparición nas no-sas vidas”, explican desde a asociación.

O festival terá lugar o día �3 de decembro no Audito-rio da Casa da Cultura de Xinzo, a partir das 20:30 horas. Achegarán a súa cola-boración diferentes agrupa-cións musicais e de baile da comarca, acabando coa ban-da de gaitas do Concello.

O festival incluirá un sor-

teo de obras de arte cedi-das de maneira altruísta por varios artistas. A inten-ción é que calquera persoa poida resultar agraciada por un euro.

Exposición fotográficaDurante os días previos

e posteriores ao festival, na Casa da Cultura haberá unha exposición de foto-grafías do traballo que a Escola Rural de Saúde da Limia realizou durante este tres anos. Acompañarán es-tas fotos, ademais das obras de arte que serán sorteadas, debuxos de novos artistas que quixeron unirse a esta iniciativa, e moi especial-mente, unha obra que rea-lizaron os usuarios do cen-tro de día, a de maior valor para a asociación.

A Escola Rural de Saúde organiza un festival artístico4 O �3 de decembro na Casa da Cultura de Xinzo.

Novo logo da Escola Rural de Saúde da Limia, elabo-rado polo artista Xosela-dio.

Magosto do PP en XinzoO recinto do Campo do Toural acolleu a finais de novembro o tradicional magosto que cada ano organiza o Partido

Popular de Xinzo de Limia cos seus militantes e simpatizantes. Os populares, fieis a unha das festas tradicionais máis arraigadas na provincia, esperaban a participación de medio millar de persoas neste encontro festivo, no que houbo cea e as imprescindibles castañas. O magosto contou coa presenza e intervencións do presidente provincial, Manuel Baltar, e do alcalde, Antonio Pérez.

Nova agrupación de Xuventudes

SocialistasAs Xuventudes Socia-

listas de Galicia veñen de constituir a Agrupación Municipal de Xinzo. Os membros desta nova agru-pación confirmaron “o compromiso de velar polos intereses dos mozos e mo-zas deste municipio”.

O secretario xeral, Ai-tor Bouza, indicou que “a Constitución dunha nova agrupación das Xuventu-des Socialistas de Galicia é unha boa noticia xa que su-pón a extensión da defensa dos valores republicanos, feministas, galeguistas e laicos da nosa organiza-ción a novos ámbitos”.

A Comisión Executiva das XSG estará encabezada pola secretaria xeral, María Lydia Fiz, a secretaria de Organización e Acción Electoral, Beatriz Sobrado, a secretaria de Política Institucional, Carmen Boagerts e o secretario de Formación, Roberto Fiz./XSG.

Alcalde e concelleiros do PP de Xinzo xunto a Manuel Baltar, no magosto./PP.

Page 13: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

13PUBLICIDADE

Page 14: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

14 BARRIOSDecembro de �013

ALLARIZ E COMARCA

Paula Lodeiro

A Asociación Puzzle constitúese como tal en Allariz en decembro de 2007 coa finalidade de mellorar a calidade de vida e integrar social e la-boralmente as persoas con discapacidade intelectual da vila. “Xurdiu porque había unha necesidade, había rapaces que estaban un pouco tirados pola rúa, na casa, sobre todo cando remataban os estudos”, ex-plica Ánxeles Fernández, a presidenta desta asocia-ción e nai dunha rapaza con síndrome de Down. “A idea era darlles algunha formación para ver se ato-paban algún emprego e os que non o conseguían polo menos estaban ocupados facendo actividades, que-ríamos que se relacionaran con xente e que saíran un pouco de estar sempre con maiores”, engade.

En anos anteriores, a asociación organizou obradoiros de apoio á integración laboral. “A través da ONCE fixeron obradoiros de informáti-ca; un curso de operarios medioambientais de nove meses, despois prepará-ronse algúns para estar nos outlets como dependen-tes…”, relata a presidenta

de Puzzle.Na actualidade centran

os seus esforzos en activi-dades máis lúdicas. “Pero inténtase ao mesmo tempo que sexan de estimulación cognitiva”. Quen fala é Pa-tricia Blanco, a monitora da asociación, que acompaña aos seus usuarios á piscina –dous días á semana-, a un taller de radio -unha vez ao mes-, e dirixe actividades como a elaboración de ma-nualidades que logo venden en feiras. En época de bo tempo saen facer algunha camiñata, e noutros mo-mentos de maior bonanza económica tamén realiza-ban excursións.

A falta de apoios econó-micos é unha das principais queixas da asociación, que agradece a axuda que lles presta o Concello de Allariz, quen lles cede un local (na rúa Fonteiriña) e corre cos seus gastos. Tamén teñen subvencións da Deputación Provincial, pero carecen do apoio vía fundacións ou en-tidades bancarias doutros tempos, que lles permiti-ría volver iniciar activida-des de formación laboral. A asociación completa os seus ingresos recollendo

cartón para a súa posterior reciclaxe.

Caen os usuariosA outra eiva que ven é o

baixo número de rapaces usuarios que teñen neste momento. Algúns deles atoparon traballo e non o poden compaxinar coas actividades de Puzzle (fanse en horario de mañá) pero saben de moitos que están metidos en casa sen facer nada. Por iso tanto Patricia como Ánxeles queren animar ás fami-lias alaricanas a que eses rapaces volvan á asocia-ción. “Non se lles cobra nada polas actividades, só facerse socio (uns �0 euros ao ano)”, recorda a presidenta da colectivo, que resalta a importancia de que estas persoas saian de casa, se relacionen con iguais e co resto da socie-dade, e aprendan a facer tarefas cotiás como unha compra ou quedar a tomar un café, cumprindo así un dos obxectivos primor-diais de Puzzle: favorecer o desenvolvemento da au-tonomía persoal e social e a adquisición de habilida-des sociais.

A Asociación Puzzle de Allariz centra os seus esforzos en actividades lúdicas4 Puzzle é unha asociación que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con disca-pacidade da vila alaricana.

Patricia Blanco e Ánxeles Fernández, monitora e presidenta da Asociación Puzzle de Allariz, respectivamente./P.LODEIRO.

É importante que as persoas con disca-pacidade intelectual saian de casa, se rela-cionen e aprendan a facer tarefas cotiás

Redacción

O Concello de Maceda presentou o “III Plan de Igualdade de Oportunida-des Municipal entre mulle-res e homes”, traballo rea-lizado desde o Centro de Información ás Mulleres de Maceda, contando coa colaboración de dúas pro-fesionais externas expertas en materia de igualdade.

Este terceiro Plan de Igualdade, posible grazas ao financiamento do Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Igual-dade, terá unha vixencia de catro anos, �013-�017, e busca dar continuidade ao anterior PIOM, res-pondendo ás necesidades da poboación de Maceda en materia de igualdade de oportunidades nos distintos ámbitos da vida e contando

cun apartado específico so-bre violencia de xénero.

Propostas de actuaciónA finalidade deste Plan de

Igualdade Municipal é esta-blecer unha serie de medidas de actuación para fomen-tar e promover a igualdade entre mulleres e homes. O documento recolle as inque-danzas da poboación local, planificando actuacións transversais en materia de igualdade, estendéndose a todos os ámbitos sociais, acordes coa realidade do municipio, e implicando a todos os axentes da comuni-dade de Maceda, conseguin-do que teña un enfoque par-ticipativo global, contando coa colaboración do tecido asociativo local, da comuni-dade educativa, do centro de saúde, de corpos e forzas de seguridade, e de persoal po-lítico e técnico municipal.

Maceda presenta o “III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades” 4 Para os próximos catro anos.

Redacción A concelleira socialis-

ta de Maceda, Ana María Rodríguez Blanco amosa o rexeitamento á actuación da Xunta en materia de tratamento do lixo e crití-calle ao alcalde “o despil-farro da herdanza recibida da concellería de Medio Ambiente xestionada po-los socialistas, con camión do concello dende febreiro de 2009”.

Recorda a socialista que no pleno de novembro do ano pasado se aprobara unha moción sobre este servizo (para baixar o reci-

bo do lixo), e que no vindei-ro pleno volverá presentar outra “ para que non se in-cremente o custo do recibo do lixo á veciñanza”. Ar-gumenta Rodríguez Blanco que froito da regularización de vivendas, vai haber un in-cremento no �013 de altas e polo tanto de recadación.

“Mentras a débeda do concello segue a medrar, non podemos deixar de de-nunciar que o servizo de re-collida de lixo tivo nos últi-mos cincos anos recadación moi por riba dos custos -de-clara a edil- non podemos aumentar estas taxas nestes momentos de crise”.

Os socialistas macedáns critican a xestión da recollida do lixo4 Cren que o alcalde despil-farrou a “herdanza socialista” neste servizo.

CxG culpa ao PP da situación do edificio ilegal de MacedaRedacción

O responsable de Com-promiso x Galicia en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, cualificou a política do PP en materia urbanística como o “tu vai facendo que por nós non hai problema”, para referirse á situación na que se atopa o Concello de Maceda ante a senten-za do TSXG que obriga a derrubar un edificio cons-truído en 1987 “de xeito absolutamente ilegal”.

Xabier Oviedo, respon-sable local de CxG e alcal-de de Maceda, explicou o problema deixando claro que “a responsabilidade do Grupo de Goberno é a que é, pero este problema vén dunha época na que nós non gobernábamos nin por asomo”. Segundo Oviedo, o PP de Maceda sempre permitiu actua-cións á marxe da lei pero “logo si veñen os proble-mas e son os demais os que tragamos con eles”. O alcalde asegura que den-de o primeiro momento no que asumiu a alcaldía non tivo intención de tirar ningunha vivenda, senón que, pola contra tratou de legalizar todas as edi-ficacións construídas en anteriores gobernos para evitar males maiores.

Intentos de mediación

Segundo indica Ovie-do, o Goberno municipal intentou mediar no asunto e resolver o problema pero a negativa do afectado a ceder ante as peticións do denunciante fai que o pro-blema estea enquistado. O político galeguista asegura que sempre estivo dispos-to a solucionar o problema e tratou de exercer entre as partes para evitar esta si-tuación, chegando incluso a retrasar case dous anos a execución da sentenza “para lograr unha solución definitiva menos traumáti-ca”. Por todo isto, Oviedo non entende como os afec-tados agora se manifestan contra o Concello “cando non son culpables en abso-luto e como o PP se une ás manifestacións cando son culpables desta situación”.

Page 15: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

15

Recadáronse maís de 31.000 euros en entradas vendidas

O público do Festival de Xardíns de Allariz premia a “Pensasoños”4 Na edición de �013 pasaron polo festival alaricano máis de 40.000 visitantes, superando os 31.000 euros en entradas.P. Lodeiro

O alcalde de Allariz, Fran-cisco García, fixo balance da edición 2013 do Festival Internacional de Xardíns, na que a proposta máis votada polo público foi a de “Pen-sasoños” do equipo alican-tino Paivert. Un balance a todas luces “positivo” ao cumplírense os obxectivos marcados polo Concello na creación do festival hai xa catro anos.

Referíuse o rexedor ala-ricano a obxectivos como o de convertir o festival nun “lugar de encontro e atrac-ción para veciños e visitan-tes”, “manter un equilibrio económico” do certame, a súa “repercusión mediáti-ca” ou “facer do festival un escenario para o mundo empresarial da xardinería e do paisaxismo”. Neste sen-tido, o festival recadou máis de 31.000 euros por entra-das vendidas, sendo agosto o mes con maior número de visitas. En total, máis de 40.000 persoas pasaron polo recinto do FIXA entre maio e primeiros de novembro.

Tras “Pensasoños”, cun �5% dos votos, os xardíns máis votados foron “A árbo-re que chora”, “Laberinto”, “Cidade verde” e “Xardín das Pías”. Este último, xun-to con “Pensasoños” perma-necerá na próxima edición, convertíndose nun espazo para actividades escolares.

ALLARIZ E COMARCA

Concelleiro de Medio Ambiente, alcalde e técnico do Concello de Allariz observan a maqueta dunha das 47 propostas que optan a participar na edición de 2014 do festival de xardíns./P.LODEIRO.

O Concello de Allariz prepara xa a edición de 2014 do festival, a quinta. Vén de pecharse o prazo de recepción de propostas, recibíndose un total de 47, todas elas relacionadas co lema escollido de “Xardín da Abundancia”. Son pro-postas moi diferentes que chegan dende distintos puntos do mapa galego e estatal, como Gran Cana-ria, País Vasco, Cataluña, Madrid ou Andalucía, así como doutros países europeos, como Austria, Holanda, Italia, Portugal, Francia, Polonia ou Repú-blica Checa e incluso dos Estados Unidos.

Do xurado, presidido polos paisaxista luso Fran-

cisco Caldeira Cabral, for-ma parte tamén a arquitecta portuguesa Elsa Severino, un membro da Asociación de Paisaxistas españois, técnicos municipais de Allariz, o alcalde e o conce-lleiro de Medio Ambiente da vila. Todos eles selec-cionarán os dez xardíns que formarán parte da próxima edición. Valorarán aspectos como a súa orixinalidade, calidade, boas prácticas de xardinería, uso de mate-riais, a propia capacidade de execución ou funcionali-dade. “Ademais de beleza, hai criterios construtivos, propostas creativas... que rompen o esquema clásico de que un xardín é só cés-pede e flores”, apuntaba o

4 Unha abundancia de cor e de flor en 2014rexedor alaricano, quen adiantaba que na próxi-ma edición verase “unha abundancia de cor e de flor” no recinto do xardín.

Os dez seleccionados coñeceranse o próximo 17 de decembro.

Allariz, presente no festival de Ponte de Lima

Por outra banda, Alla-riz estará presente como concello invitado no fes-tival de xardíns de Ponte de Lima do vindeiro ano, que chega á súa décima edición. Técnicos da vila presentarán un xardín ins-pirado na festa do boi no certame da cidade portu-guesa.

Redacción

A área de maiores da concellería de Benestar Social de Allariz organiza o I Certame de Cartas de Amor para Maiores. Un certame que pretende tra-tar o sentimento do amor dende unha visión xeral, “non só cara á parella ou cara un mesmo, senón cara á xente que nos rodea ou cara a algún lugar espe-cial” segundo explicaba a técnica Nieves Rodríguez.

A chegada das novas tecnoloxías fixo diminuír a comunicación por carta e con esta iniciativa “que-remos dar unha merecida homenaxe a aqueles tem-pos nos que só se dispuña de papel, tinta e as nosas ideas para crear liñas que

contivesen os nosos pensa-mentos e sentimentos”.

O certame está dirixi-do a todos os pensionistas ou persoas maiores de 65 anos que o desexen. Debe-rán escribir as súas cartas e metelas nun sobre xunto cos seus datos persoais e un seudónimo ou apodo co que se identificarán; e entrega-las no Fogar dos Maiores antes do 15 de xaneiro.

As cartas estarán dispoñi-bles no Facebook do Con-cello de Allariz, no Fogar dos Maiores e na Biblio-teca Municipal para a súa lectura. As persoas que o desexen poderán votar pola súa carta favorita. As tres mellores cartas obterán un premio que se entregará o 14 de febreiro, Día dos Na-morados.

I Certame de cartas de amor para maiores4 As cartas deberán ser entre-gadas antes do 15 de xaneiro.

Nadal con Arte 20134 Do �1 ao �4 de decembro na Praza de Abastos.Redacción

A asociación de artesáns de Allariz, coa colabora-ción do Concello, organi-za a segunda edición de Nadal con Arte, unha feira que reúne a creadores lo-cais que ofrecerán ao pú-blico unha mostra do seu traballo actual.

Nesta feira, que se de-senvolverá na Praza de Abastos de Allariz do 21 ao �4 de decembro, par-ticipan un total de 11 ar-tesáns. Estarán represen-

tadas especialidades como a xoiaría, a encadernación, a cerámica, o coiro, o téxtil, a escultura en pedra, a pin-tura ou o gravado.

A feira compleméntase con outras actividades, como un espazo infantil a cargo de Colibrí Animación os días �1 e �� de 17 a �0 horas; e un obradoiro de tarxetas navide-ñas o día 23 ás 17 horas.

A mostra estará aberta o día �1 de 17 a �1 horas; os días �� e �3, de 11 a 14:30 e de 16:30 a �1 horas e o día 24 de 11 a 15 horas.

Page 16: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

16 BARRIOSDecembro de �013

Representantes da Asociación de Comerciantes e Hostalei-ros de Allariz presentando a campaña de Nadal./CdA.

ALLARIZ E COMARCA

Sortearán a devo-lución do importe das compras rea-lizadas no Nadal

Redacción

A Asociación de Comer-ciantes e Hostaleiros de Allariz premiará a fidelida-de dos seus clientes durante a campaña de Nadal.

Coa iniciativa “Voltar ten premio” os hostaleiros da vila entregarán aos seus clientes unha papeleta cun selo por cada consumición que tomen. Pola consumi-ción de catro produtos no mesmo establecemento o cliente recibirá unha total-mente gratis. Ademais par-ticiparán no sorteo de cin-co premios de �0 euros se completan as casiñas de cin-co establecementos da lista e se completan 10 entrarán no sorteo de 10 euros para gastar nos establecementos asociados.

A asociación porá en marcha, en colaboración co Concello, unha campa-ña para incentivar o con-sumo. Ata o 15 de xaneiro os participantes deberán introducir nun sobre todos os xustificantes de compra que se desexe, cun mínimo de cinco establecementos diferentes. O día 17 de xa-neiro realizarase o sorteo público en Radio Allariz no que se sacarán cinco sobres premiados, aos que se lles devolverá o importe dos tíc-kets ata un máximo de �50 euros que se gastarán nos establecementos asociados a partir do 18 de xaneiro.

Os comerciantes de Allariz recompensarán a fidelidade dos clientes4 Coa campaña “Voltar ten premio” sortearán vales de compra nos seus establecementos

Redacción

As continuas subas do prezo da luz, ata alcanzar un gasto anual de 500.000 euros no Concello de Allariz, levaron ao alcalde Francisco García a tomar a decisión de apagar o 50% das luces do muni-cipio. A medida, que xa se está a levar a cabo na vila, na rúa Emilia Pardo Bazán ou na estrada de Xunqueira, continuará ta-mén co apagado do 50% dos focos nos pobos ala-ricanos.

Esta medida forma parte dun plan de axuste do gas-to enerxético municipal desenvolvido nos últimos meses nos 9� núcleos de poboación. Nos últimos anos aplicáronse múlti-ples iniciativas para tratar

de reducir o consumo de enerxía eléctrica, coa insta-lación dun sistema de dobre nivel en todo o municipio que a partir de medianoite reduce o 50% do consumo, o apagado da iluminación en monumentos, o control informático dalgúns ca-dros de maior consumo ou a supresión do alumeado en festas.

O apagado de parte da luminaria municipal per-mitirá un aforro de 250.000 euros que serán destinados a outras funcións sociais, deportivas ou culturais que o Concello atende para manter a calidade de vida da veciñanza.

Allariz apaga as lucesO Concello non encenderá a metade dos focos nos pobos e en varias rúas para aforrar.

Este apagado parcial permitirá aforrar 250.000 euros

Page 17: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

17CELANOVA E COMARCA

Redacción

A Asociación de Comer-ciantes, Empresarios e Pro-fesionais Vila de Celanova promove unha campaña de apertura do comercio local durante o Nadal. Co obxec-tivo de favorecer as compras navideñas, os establece-mentos de Celanova abrirán todos os sábados pola tar-de entre o 14 de decembro e o 4 de xaneiro. Amais, o domingo 5 de xaneiro, vés-pera de Reis, tamén estarán abertos ao público.

Concurso de decoración e sorteo de vales de compra

Por outra banda, a aso-ciación convocou un con-curso de decoración para os seus asociados con tres

premios de �00, 150 e 100 euros. Para os clientes do comercio local, realizarán un sorteo de vales de com-pra por un valor total de 1.500 euros que se pode-rán canxear os días 4 e 5 de enero nos establecementos asociados.

O comercio de Celanova abrirá todos os sábados de Nadal4 Tamén o fará o domingo 5 de xaneiro.

A Bola impulsa un plan de revitalización socioeconómica 4 Crea unha beca anual de 5.000 euros para pre-miar o mellor proxecto de emprendemento sosti-ble e rendible no ámbito local.Redacción

O Concello da Bola porá en marcha un Plan de Revitalización municipal para impulsar a actividade socioeconómica do con-cello a base de estimular iniciativas emprendedoras respectuosas co medio natural, sostibles e ren-dibles. Para iso, utilizará como principal ferramenta un estudo encargado polo propio Concello, enca-bezado polo eslogan “Eu vivo na Bola. Temos futu-ro”, no que se establece un diagnóstico da situación actual, recursos existentes no contorno e oportuni-dades de futuro. O docu-mento contén exemplos

prácticos e fai mención a experiencias útiles xa testa-das noutras partes.

“O noso futuro pasa polo asociacionismo, a produc-ción competitiva e a capaci-

dade de transformación dos productos como fórmulas principais que aportan plus-valías e incrementan a ren-dibilidade da actividade”, expuxo a alcadesa da Bola,

Teresa Barge. Asimesmo mencionou como exemplo o potencial dos recursos fo-restais, os micolóxicos ou as castañas, ademáis dos culti-vos tradicionais da horta lo-cal, así como a potenciación do patrimonio cultural e o impulso do turismo verde.

Beca Como proba da confianza

nas posibilidades da iniciati-va e para a sua reafirmación, Teresa Barge anunciou a creación dunha beca anual dotada con 5.000 euros, que premie o mellor proxecto ou iniciativa aplicable á econo-mía local respectando o me-dio natural.

Paralelamente, o concello creará unha oficina virtual e outra presencial, para ase-sorar aos emprendedores. Igualmente están previstos convenios con institucións públicas e privadas na pro-cura de respaldo formativo para as iniciativas ou de in-vestigación na posible trans-formación de productos, tarefa que se tentará levar a cabo a través da universi-dade.

Presentación do Plan de Revitalización da Bola pola súa alcaldesa, Teresa Barge.

Decoración navideña en Celanova./M.REJO.

Page 18: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

18 BARRIOSDecembro de �013 CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

Presentouse como candi-dato á alcaldía de Celanova polo BNG nas eleccións municipais de �011 e dende entón é concelleiro e deputa-do provincial; Leopoldo Ro-dríguez fainos repaso desta etapa e móstrase crítico coa situación da súa vila.

Carencias en saneamen-to, astronómicas inversións en infraestruturas que non se utilizan e falta de diálo-go son, para el, asignaturas pendentes do goberno mu-nicipal.

Como decidiches dar o salto á vida política?

Leopoldo Rodríguez: “Pedíronmo algúns dos com-pañeiros do Bloque e deci-dín aceptar para colaborar coa miña vila. Os anteriores deixaron un gran traballo fei-to e iso axuda. Agora o equi-po que estamos no BNG de Celanova procuramos tamén deixar unha boa alternativa aos seguintes, porque temos claro que isto é só unha eta-pa, unha cadea”.

Viviches a saída de

Mouriño como alcalde e a entrada de Ferro, houbo un antes e un despois?

L.R.: “Ferro comezou moi ben, moi dialogante cos vo-ceiros dos demais grupos po-líticos, pero pouco a pouco vimos que só se trata dun dis-cípulo de Mouriño. Houbo un cambio total, pero polo feito de que Montse pasase ao grupo de non adscritos e o PP perdese a maioría.

O único que lle pedimos a Ferro nos plenos é que goberne, é o seu deber. Pero gobernar é facer cousas po-sitivas por Celanova, para sacar adiante unha vila que está en recesión e chegar a acordos puntuais coa oposi-ción, porque niso consiste a democracia.

A día de hoxe o BNG chegou a acordos con el en cuestións como a remodela-ción do tellado da praza de Abastos e o parque infantil; denunciamos as avarías que deixou a empresa encargada da construción da autovía e reclamamos un acceso a Mourillóns a través dun-ha rotonda. Ademais, unha

asignatura pendente que ten o Concello é a mellora da rede de saneamento de auga, non podemos consentir que pobos que lindan con Ce-lanova -Penalta, Mandrás, O Rial...- non teñan rede de abastecemento e levan máis de 10 anos pedíndoa”.

Valora as seguintes infra-estruturas.

- Auditorio Municipal.L.R.: “Sarcasticamente

téñolle chamado o Gaiás (fa-cendo un simil coa Cidade da Cultura de Santiago) de Ce-lanova, porque é un centro que supuxo unha gran inver-sión e non está a ter un rende-mento acorde. Véselle defi-ciencias que o mesmo Ferro recoñeceu, de feito quitoulle a concesión á empresa que o estaba traballando. Vexo que está infrautilizado e, ade-mais, denota certo abandono. Dentro mórrese co frío e fóra o tellado está completamente deteriorado e dá unha imaxe penosa”.

- Construción dun para-dor no Mosteiro.

L.R.: “Iso é a cousa máis ilusoria e menos realizable. Cando todos os paradores es-tán nunha situación de crise, funcionando a tempo parcial, cando todo ese turismo non ten saída non se pode pen-sar en investir tantos millóns niso. Ademais, o parador non pode ser o motor económico de Celanova, estas infraes-truturas sitúanse en lugares onde ese motor xa está acen-dido e onde hai demanda, e iso acá non acontece”.

- Estación de autobuses.L.R.: “Que haxa unha es-

tación de autobuses dende fai 1� anos e nunca funcionou é para sonroxarse, sobre todo porque aí investiuse diñeiro europeo e, tarde ou cedo, ha-berá que dar conta del.

Se o auditorio é o Gaiás, a estación é o aeroporto de Castellón (inaugurado en marzo de 2011, pero que carece de actividade). Ade-mais, leva estes anos dete-riorándose e non sei se estará en condicións para funcionar agora mesmo”.

- Parque empresarial.L.R.: “Hai que amplialo

para meter empresas, non

para almacéns, que é o que ten, e estes non crean postos de traballo. Pero unha em-presa potente precisa todo este polígono para instalarse. Se realmente pretenden que sexa o motor empresarial de Celanova hai que poñer moito terreo a disposición e ser bo negociador para que veñan empresas”.

- Autovía Ourense-Cela-nova.

L.R.: “A autovía pode ser un medio de comunicación que achegue moito Ourense a Celanova, non Celanova a Ourense. E para iso Celano-va debe ofertar calidade de vida e vivenda máis barata, para que a xente veña vivir acá”.

Dende a oposición apro-bastes a conxelación das taxas municipais.

L.R.: “Cremos que as taxas en Celanova están no seu nivel máis alto, e que non se pode estar forzando máis ás familias. Se os cidadáns teñen que apretar o cinto, porque se lle baixe durante un ano o IPC a unha gran empresa (Aquagest) á espera de que a situación mellore non vai ir á ruína. Ademais,

o ano pasado houbo un equi-librio presupostario onde se lle subiu o 6,7% do recibo da auga, e ten moi ben ama-rrados os seus beneficios, porque sempre se paga un mínimo por contrato.

Non é unha decisión popu-lista, son medidas que todos os concellos están poñendo en marcha”.

Dende o BNG propuxes-tes a redución do lixo nas festas de verán.

L.R.: “Neste senso quixe-ra destacar que hai unha es-pecie de limitación que nos está poñendo o Concello ao BNG, porque o que pre-sentamos como moción no ámbito local transfórmanolo en rogo, co cal non se poden tomar decisións.

Na nosa proposta para a redución de lixo nas festas incluíase o emprego dos va-sos reutilizables e queriamos comentalo co goberno mu-nicipal, pero Ferro asegurou que se reuniría cos comer-ciantes sen problema, pero dos do BNG non quixo saber nada. O que mostra a súa fal-ta de talante. A idea era que partise do Concello, que se repartiran os vasos reutiliza-

bles cobrando unha pequena cantidade, e quen quixera despois da festa podía devol-velo e recuperar os cartos, ou levalo de recordo. Aos hosteleiros parecéulles moi boa idea, porque incluso po-día fomentar o uso dos vasos abaratando as copas, porque gastan moitísimo nos vasos e a súa recollida.

Pero Ferro do que nós pro-pomos non quere saber, igual que facía Mouriño”.

Como se atopa a denun-cia do alcalde contra o Concello?

L.R.: “O proceso está en marcha. Pero hai que ter moi en conta que tamén foron de-mandados dous membros do PP (Maximino Rodríguez e Manuel Recarey). Algo in-sólito. Ao final, que Montse decidise ser non adscrita destapou a cara de moitos dos políticos de acá, que an-tes defendían que eles viñan para traballar polos veciños. Ese era o discurso de Ferro, pero xa vimos que a súa prio-ridade é o seu peto e o dos seus amigos.

A política é un servizo de cara á cidadanía e non se pode actuar pensando que un é dono do Concello e que o podes xestionar como se fose a túa empresa privada. Can-do hai unha situación de pre-cariedade non se poden man-ter eses soldos e adicacións, sobre todo sendo superfluas -como a de Obras- ou que ocupe unha delas unha per-soa que fai o paripé e marcha ao seu traballo na súa empre-sa. Non o fixemos a mala fe como se di. Tivemos que fa-celo nun pleno extraordinario en agosto porque a primeira decisión aprobada en pleno non a respetaron e seguiron cobrando”.

Envíalle unha mensaxe aos veciños de Celanova.

L.R.: “Dende o BNG es-tamos á disposición dos ve-ciños para todo o que poida-mos reclamar ante o goberno local e a Xunta. Ese é o noso obxectivo, facer oposición sempre tratando de construir e beneficiar a todos os cida-dáns”.

[Entrevista completa en www.mundourense.com]

ENTREVISTA A LEOPOLDO RODRÍGUEZ - VOCEIRO DO BNG DE CELANOVA

“O auditorio é o Gaiás de Celanova e a estación de autobuses, o aeroporto de Castellón”

4 O voceiro do BNG en Celanova, Leopoldo Rodríguez, analízanos a situación actual da vila, as súas infraestruturas e as relacións entre oposición e goberno municipal.

“Coa denuncia contra o Concello comprobamos que a prioridade de Ferro é o seu peto e o dos seus amigos”

“A política é un servizo de cara ao cidadán. É unha carreira de relevos e non hai praza fixa”

Leopoldo Rodríguez, voceiro do BNG de Celanova./S.N.

Leopoldo, durante o último pleno municipal./P.LODEIRO

Page 19: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

19CELANOVA E COMARCA

Membros da oposición votan no último pleno en Celanova./P.LODEIRO.

A oposición propón ao alcalde que cree unha taxa que grave os caixeiros automáticos

EN BREVE

Paula Lodeiro

Como vén sendo tónica habitual desde que o grupo de goberno do PP de Cela-nova quedou en minoría hai un ano, é a oposición a que marca que se aproba e que non se aproba nas sesións plenarias. Na última, do 26 de novembro, a oposición acordou a conxelación da suba de taxas municipais en 2014.

O que si conseguiu o Go-berno municipal foi sacar adiante a aprobación pro-visional dunha modifica-ción de créditos, mediante a fórmula de suplemento de créditos, por importe de 378.788 euros procedente do superávit de �01�, que se destinará a amortizar dé-beda bancaria. Posibilitouno a abstención do PSOE e da edil non adscrita, Montse-rrat Álvarez, mentres que o BNG votou en contra. Insis-tía o nacionalista Leopoldo Álvarez en que o Concello debería destinar estes fon-dos a “investimentos e unha política activa de emprego”, pero defendía o alcalde -ra-tificado logo polo interven-tor- que o único destino po-sible para eses cartos era o de reducir o endebedamento neto do Concello.

O recibo do saneamento non actualizará o IPC

Neste toma e daca, a opo-sición botou atrás o novo regulamento dos servizos públicos de saneamento e depuración e a modificación da ordenanza corresponden-te que pretendía subir o IPC (un 1,5%) nos recibos destes servizos. O primeiro punto era aparentemente unha sim-ple trasposición da directiva europea, mais socialistas e nacionalistas remarcaron ar-tigos do regulamento que ao seu xuízo “gravan fortemen-te aos cidadáns”, sinalaba a voceira do PSOE María Je-sús Boo, e “eximen de toda responsabilidade á empresa concesionaria”, apuntaba o nacionalista Gonzalo Carlos López. Por iso, votaron en contra.

No caso da modificación da ordenanza que regula a taxa pola prestación do ser-vizo de subministración de auga, rede de sumidoiros e depuración, o grupo de go-berno popular pretendía apli-car a suba do IPC (un 1,5%) na taxa para o ano próximo, pois “a administración está obrigada a manter o equili-brio financieiro”, xustifica-ba o seu voceiro, Máximo Losada. Reclamáballe a oposición, por boca do na-cionalista Leopoldo Álva-rez, ao grupo de goberno “un xesto á cidadanía, se lle dixeran á empresa que este ano non pode subir o IPC”, e así votaron en contra da suba da taxa. Losada repli-coulles que a súa votación prexudicará aos cidadáns pois “o dereito da empresa é inalienable e no ano �015 haberá que pagarlle”.

Conxelación de todos os impostos

O pulso que manteñen oposición e goberno desde que os populares están en minoría foi máis alá, e de novo os sete votos que su-man o Bloque, PSOE e a edil non adscrita posibilitou a aprobación dunha moción

conxunta e de urxencia para conxelar a suba de taxas municipais en 2014. A única excepción é a taxa pola uti-lización do dominio público ás empresas subministrado-ras de servizos de telefonía móbil. A oposición propón ao alcalde que presente unha ordenanza que grave a utili-zación do dominio público polos caixeiros automáticos dos bancos situados no cas-co urbano. O PP abstívose na votación.

Tamén foi aprobada po-los grupos da oposición a moción do BNG para esixir á Xunta unha partida nos orzamentos de 2014 para atender o servizo de axuda no fogar, nunha cifra similar á que se concedera en 2010. Os populares non estaban de acordo con esta propos-ta sinalando que agora que a Deputación asume o cus-to dos servizos sociais, que non xestiona directamente o Concello senón a Manco-munidade, Celanova recibe máis fondos. “Antes coa Xunta 25.000 euros, ago-ra coa Deputación máis de 39.000”, dixo Losada.

Noutra moción socialista de urxencia, e que tamén foi respaldada pola oposición,

A oposición conxela a suba de impostos municipais en Celanova4 O grupo de goberno do PP aproba en pleno unha modificación de créditos para amortizar débeda bancaria.

reclamábase que se modi-fique a ordenanza por uso de instalacións deportivas municipais de forma que queden exento do pago da taxa aqueles deportes que non estean subvencionados con diñeiro público e que “polo tanto, quedan fóra das actividades e servizos prestados pola empresa contratada polo Concello para xestionar a escola de-portiva”.

E novamente cos votos a favor da oposición e en contra do PP, quedaron aprobadas as mocións de BNG e PSOE contra o co-pago de medicamentos.

A unanimidade en toda a sesión plenaria só se viu nas votacións das mo-cións socialistas en contra do traslado das urxencias de cirurxía pediátrica e en contra da reforma da Lei de demarcación e planta. Votaron a favor todos os grupos.

4 O BNG alega contra a amortización de débeda

O BNG presentarán alegacións á amortización de débeda aprobada neste pleno, punto no que vota-ron en contra. Para tal fin, iniciaron sendas campa-ñas de recollida de sina-turas para que eses cartos (378.788 euros) sexan investidos no arranxo do parque infantil de Cela-nova ou na mellora do saneamento ou abastece-mento dos núcleos rurais do municipio.

“Unha administración pública non é a casa dun nin unha empresa priva-da e é por iso que non ten que ter superávit, xa que o que se recada ten que repercutir de novo en ser-vizos para a cidadanía” explican os nacionalistas nun comunicado.

Parque infantil en Cela-nova./P.L.

O xefe provincial de Trá-fico e o subdelegado do Goberno na presentación da campaña de preven-ción de atropelos.

4 Campaña sobre os atropelos

O Centro Social de Ce-lanova acolleu unha char-la destinada á prevención dos atropelos de persoas maiores, que foi imparti-da polo xefe provincial de Tráfico, David Llorente Rey. A conferencia, que levaba por nome “Maio-res e atropelos”, tiña por obxectivo concienciar á poboación maior dos coidados que hai que ter para evitar os perigos das estradas ou mesmo da vía publica nos cascos urba-nos.

Ao remate da confe-rencia foron repartidos chelecos reflectantes aos asistentes.

4 Concurso de fotografía O Bosque Máxico

O 31 de decembro remata o prazo de presentación de traballos no �º Concurso de fotografía dixital e debuxo O Bosque Máxico.

A iniciativa, organizada pola asociación O Viei-ro Leboreiro, premiará as mellores fotografías e debuxos que representen o territorio do Bosque Máxico, isto é, as comar-cas de Terra de Celanova e Baixa Limia.

As fotografías e de-buxos poden adscribirse a unha das 40 temáticas posibles, cuxos premios serán concedidos por outros tantos patrocina-dores. Haberá un premio especial para o debuxo gañador que se convertirá no cartel do concurso do vindeiro ano.

O veredicto do xura-do darase a coñecer o 6 de xaneiro na web www.obosquemaxico.com. As fotografías e debuxos pre-miados exporanse en Ce-lanova e no resto dos con-cellos do Bosque Máxico.

Page 20: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

�0 BARRIOSDecembro de �013

CELANOVA E COMARCA

Redacción

A deputada socialista ourensá Laura Seara é a coautora dunha Proposi-ción non de Lei para que Europa protexa a arte mo-zárabe en todo o territorio español, en particular a ca-pela de San Miguel de Ce-lanova, incluindoo na Lista de Patrimonio Europeo.

Seara destacou que “hai que sinalar que a arte mo-zárabe constitue unha das manifestacións singulares da península e a súa in-clusión dentro do catálo-go patrimonial europeo contribuiría a unha maior difusión, protección e promoción desta singular arquitectura”. Así mesmo, destacou que a capela mo-zárabe de San Miguel de

Celanova é única en Espa-ña. “unha xoia semiescon-dida, conservada magnífi-camente e que resulta ser o único monumento altome-dieval español que non su-friu modificación algunha, dende o século X”.

Os socialistas piden ini-ciar “os trámites necesarios encamiñados a acadar a inclusión da arte mozárabe dentro da Lista de Patrimo-nio Europeo ao tempo que a iniciar conversacións cas CCAA onde hai presenza de arquitectura mozárabe, para poder presentar unha oferta conxunta ao Conse-llo de Patrimonio.

Moción en CelanovaMaría Jesús Boo, vocei-

ra socialista en Celanova, destacou a boa acollida que

no pobo de Celanova tivo esta iniciativa ao tempo que anunciou a presentación dunha moción no concello solicitando o apoio a esta inclusión na Lista de Patri-monio Europeo.

Para Boo, acadar esta declaración suporía un im-portante recoñecemento á singularidade do patrimo-nio celanovés e unha posta en valor, recoñecemento e difusión internacional da capela de San Miguel como símbolo da cultura de mes-tizaxe.

A deputada Laura Seara e a concelleira María Jesús Boo, na capela de San Miguel de Celanova./PSOE.

O PSOE leva ao Congreso a protección da capela de San Miguel de Celanova4 A Proposición non de Lei pide que Europa protexa a arte mozárabe de toda España.

Unha moción solicitando o apoio da corporación de Celanova a esta protección

Novas actividades na aula CeMIT de Celanova4Durante decembro acollerá iniciativas para todas as idades.Redacción

Durante este mes de de-cembro a aula de informáti-ca de Celanova oferta unha ampla variedade de activi-dades para todas as idades.

Unha das opcións que presenta é a posibilidade de participar mediante vi-deoconferencia en diversos seminarios que terán lugar en Santiago de Compostela. Un deles tratará “A afecta-ción da reforma da norma-tiva europea de protección

de datos en contornos Win-dows”, e terá lugar o 11 de decembro. E outro abordará “Oracle Database 12c. Base de datos deseñada para a nube”, e realizarase o 17.

Así mesmo, os máis cati-vos tamén gozarán das van-taxes das videoconferencias, xa que poderán pedirlle os seus agasallos de Nadal en directo a Papá Noel. O 16 de decembro será o turno dos alumnos do colexio Sagrado Corazón, e o 18 dos do Cu-rros Enríquez.

Cursos formativosAsí mesmo, a aula Ce-

MIT continúa cos seus cursos formativos en novas tecnoloxías. Deste xeito, do 1� ao 19 de decembro (de 16 a 19 horas) acollerá o obradoiro “Crea e deseña as túas presentacións onli-ne con Prezi”, dirixido a toda a cidadanía en xeral.

Actividades infantísAdemais da videoconfe-

rencia con Papá Noel, os nenos de Celanova tamén gozarán doutras activida-des na súa aula Cemit.

Os días �3 e �4 de de-cembro poden participar nun taller para crear a súa propia postal dixital. Do �3 de decembro ao 3 de xeneiro terá lugar un curso de mecanografía para cati-vos. E do 26 de decembro ao 3 de xaneiro, o taller “Xogando na rede”.

Page 21: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

�1PROVINCIA

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, vén de visitar os dous obradoiros de emprego que se están a levar a cabo nas comarcas de Celanova e A Limia.

Na súa visita á vila de San Rosendo Martínez compro-bou de primeira man como, ademais da localidade, be-nefícianse desta iniciativa os concellos de Bande e Verea.

Traballo e Benestar desti-na a este obradoiro 177.668 euros, no cal �0 desem-pregados participan como alumnos, e 7 están a traba-llar como persoal docente e directivo.

En concreto, formaran-se 5 alumnos en animación socio cultural; 5 en deseño e mantemento de páxinas web; outros 5 no módulo de desenvolvemento turístico e dinamización de servizos; e os outros 5 prepararanse en información e atención ci-dadá.

Martínez destacou que este obradoiro é pioneiro en Galicia porque “é o primei-ro que se centra totalmente nunha proposta de forma-ción no ámbito do turismo cultural”. De feito, os alum-nos centrarán as súas prác-ticas no deseño dun plan de promoción turístico-cultural dos concellos que participan neste programa e na forma-ción dun equipo multidisci-

plinar para a dinamización turístico-cultural da zona, tomando como nexo o ca-miño de San Rosendo.

Alta LimiaDe seguido, o delegado te-

rritorial da Xunta en Ouren-se trasladouse ata Sarreaus, onde comprobou o desen-volvemento do obradoiro de emprego posto en marcha o pasado mes de outubro e no que participan �0 desem-pregados da comarca como alumnos de xardinería e ac-tuación forestal, procedentes dos concellos de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás.

Neste programa mixto de formación e emprego o de-partamento que dirixe Bea-triz Mato inviste preto de

Obradoiros de emprego en Celanova e a Limia forman 40 desempregados4 A Consellería de Traballo achegou para a súa realización 355.000 euros.

178.000 euros.Durante os seis meses

que durará esta iniciativa, os alumnos rehabilitarán no concello de Sandiás as con-tornas da Casa do Concello, do albergue, do colexio e de San Estevo, ademais de actuar nas áreas recreativas do centro social e da Casa da Cultura e na dos lugares do Souto e Piñeira. As ac-tuacións que se van desen-volver en Trasmiras estarán dirixidas á restauración e mellora da Praza do Conce-llo, do parque Poula da San-

ta e dos parques públicos de Escornabois, Rabal, Vilase-ca, Abavides e Chamusiños; tamén restaurarase o monte O Común e procederase á limpeza e acondicionamen-to dos camiños de Vilar de Rei-Castelo, Ribeira e Trasmiras-Vilar de Lebres. Por último, no concello de Sarreaus os alumnos do obradoiro acondicionarán o monte do Toural e os xar-díns da praza do concello, restaurarán a finca da igrexa Rodas e limparán e acondi-cionarán o camiño Couso-

Freixo-Couso.Un total de �34 persoas

desempregadas como alum-nos e 67 persoas como per-soal docente, administrativo e directivo de 37 concellos participan nos programas mixtos de formación e em-prego da provincia ourensá.

O programa de Celanova ofrece formación en turismo e o da Limia en xadinería

Rogelio Martínez estivo acompañado na súa visita ao obradoiro de Celanova polo alcal-de da localidade, José Luis Ferro, entre outras autoridades.

Page 22: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

�� BARRIOSDecembro de �013

PROVINCIA

EN BREVE

4 Premio ao Inorde

O ferrocarril ourensán foi protagonista das xor-nadas que organizou en Madrid a sección española da Asociación Europea do Ferrocarril durante a pon-te de decembro.

Nelas, o xerente do Inor-de, José Manuel Rodrí-guez, divulgou o Proxecto Estacións Vivas, iniciativa que procura a transforma-ción de antigos edificios (as estacións dos Peares, Santa Cruz de Arrabaldo, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Campobecerros e Vilavella) en potenciais motores da dinamización turística e cultural das súas comarcas.

O Inorde recibiu nesta xuntanza o primeiro Pre-mio Stephenson, un galar-dón que recoñece “as ac-cións realizadas a favor do ferrocarril pola rehabilita-ción do patrimonio histó-rico-cultural-paisaxístico da liña Zamora-A Coruña no tramo Puebla de Sa-nabria-Ourense-Santiago”.

4 Os concellos pagan aos seus provedores

Provedores de 30 enti-dades locais galegas, entre elas Allariz, Os Blancos, A Bola, Xinzo de Limia, Gomesende, Quintela de Leirado e Rairiz de Veiga, cobran estes días as súas facturas pendentes, dentro da terceira fase do Plan de Pago a Provedores posto en marcha polo Goberno central, que desde o seu inicio ten permitido sa-tisfacer 120.256 facturas pendentes por un importe global superior aos 220 millóns de euros.

En concreto,o plan per-mitirá pagar ao concello de Allariz 1.944 facturas por importe de 1,4 milló-ns de euros; ao de Xinzo, 4�� facturas que suman 1.091.966 euros; e ao dos Blancos 18� facturas que contabilizan 235.488 euros. Pola súa banda, Rairiz da Veiga poderá pa-gar 24 facturas que ascen-den a 64.120 euros; Go-mesende nove, que suman 24.879 euros; Quintela de Leirado tres, por importe total de 33.913 euros e fi-nalmente A Bola unha fac-tura de 9.022 euros.

O PP elixe os seus presidentes en Vilardevós e A Bola4 Manuel Cardoso e José Antonio Dapía dirixi-rán o partido nestes dous municipios.

Directivos do PP no congreso local de Vilardevós. /PP.

Redacción

Manuel Cardoso Pé-rez e José Antonio Dapía Afonso dirixirán o Partido Popular de Vilardevós e da Bola, respectivamen-te, nos próximos anos. Ambos foron elixidos en sendos congresos locais celebrados a finais de no-vembro.

Manuel Cardoso conti-nuará como responsable local do PP en Vilarde-vós, co respaldo unánime dos compromisarios que participaron neste proce-so electoral interno. No seu discurso, Cardoso, tamén alcalde deste mu-nicipio, sinalou que “le-vamos dous anos e que-

dan outros dous, dous anos no que o traballo debe ser diario, constante e eficaz. Dous anos nos que temos que demostrar que as nosas promesas electorais seguen a ser os nosos compromi-sos co pobo de Vilardevós, que debemos traballar de modo incansable para que os nosos veciños e veciñas confíen en nós, tanto como políticos e como persoas, porque eles dan a confianza pero tamén a retiran”.

Na oposición na BolaPola súa banda, o reelexi-

do presidente local do PP na Bola, José Antonio Dapía, deu as grazas polo apoio ao seu proxecto político, sinalando que “seguirei

traballando, con honesti-dade e integridade, a prol dos intereses dos veciños e dende o Partido Popular ao que represento”.

Entre os proxectos in-mediatos, Dapía Afonso apuntou á importancia da mellora dos servizos e in-fraestruturas do municipio. “É necesario mellorar os camiños e pistas que le-van 1� anos esquecidos pola actual gobernante, así como acondicionar os locais sociais, eliminar os vertedoiros ilegais nun es-pazo Reserva da Biosfera, acometer melloras no al-cantarillado, abastecemen-to e potabilización en tódo-los núcleos, canalizar nos regadíos...”, concretou.

Redacción

Nove centros educati-vos ourensáns participarán na primeira convocatoria do Proxecto Combas, un novidoso plan de forma-ción do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros educativos a través do Plan Anual de Formación do Profeso-rado. Entre eles, están os CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, Vicente Risco de Cualedro, e os IES Castro Baronceli e García Bar-bón de Verín.

A través desta iniciativa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá un novo impulso aos programas para a mellora da calidade educativa en relación coa formación en competen-cias básicas en cada cen-tro de ensino, a través da análise das súas necesida-des particulares. Trátase dunha nova accións que se enmarca na política da Consellería de fomento da autonomía dos centros á

Redacción

A Mesa Provincial de Comercio mantivo unha reunión na Deputación Provincial na que ditami-nou favorablemente sobre os proxectos presentados para desenvolver accións en favor do comercio local en 1� concellos da provin-

hora de analizar as súas ei-vas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-pro-grama e os plans de forma-ción en centros.

O obxectivo de Combas é apoiar a integración das competencias básicas no currículo na programación que se imparte, a través de concrecións curriculares para cada centro educati-vo participante, incidindo de forma especial na ade-cuación metodolóxica e na avaliación. Asemade, os centros participantes terán prioridade para o desenvol-vemento de actividades de formación en centros nas próximas convocatorias.

O proxecto é unha inicia-tiva máis dentro da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola forma-ción do profesorado galego como piar fundamental no avance cara á excelencia no ensino.

Doce municipios desenvolverán accións a favor do comercio local4 Nunha iniciativa da Mesa Provincial de Comercio.

cia.En concreto, os munici-

pios aos que van destinados estes proxectos son Bande, Vilardevós, A Peroxa, Me-lón, Rubiá, Muiños, Mon-terrei, Cualedro, A Bola, Xunqueira de Ambía e Avión, proxectos dos que a Mesa Provincial de Comer-cio dará traslado á Xunta de

Reunión da Mesa Provincial de Comercio na Deputación de Ourense./A.PAZ.

Galicia para levar a cabo estas iniciativas.

Esta xuntanza, que terá a súa continuidade noutra reunión fixada para o mes de xaneiro, serve para ache-

gar propostas por parte dos representantes dos comer-ciantes , dos consumidores e dos concellos a prol do comercio local. A finalida-de das Mesas de Comercio

é favorecer a coordinación nas actuacións entre os comerciantes e a adminis-tración local para poñer en valor a importancia do co-mercio minorista.

Nove centros educativos estrean un plan de formación para o profesorado4 O Proxecto Combas.

Participan centros educativos de Xinzo, Verín, Xunqueira de Ambía e Cualedro

Page 23: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

�3SANIDADE

O Servizo Galego de Saúde pon en marcha a consulta telefónica en Atención PrimariaEsta iniciativa favorece a accesibilidade dos cidadáns á consulta, diminúe os tempos de espera, e evita desprazamentos innecesarios

Desde o � de decembro está en marcha a consulta telefónica para o médico de atención primaria en toda Galicia. Unha iniciativa coa que o Servizo Galego de Saúde busca favorecer a ac-cesibilidade dos cidadáns á consulta dun proceso novo (problema de saúde, xestión de receitas, informes...); di-minuir os tempos de espe-ra; evitar desprazamentos innecesarios; e favorecer a conciliación familiar e laboral. Ademais, permi-te axilizar as consultas de atención primaria, conser-vando a mesma capacidade de resposta na asistencia.

Coa consulta telefónica preténdese poñer unha fe-rramenta máis en mans da cidadanía que favoreza a accesibilidade á consulta co seu médico.

No seu primeiro día de funcionamento, das 16.407 chamadas realizadas na área sanitaria de Ourense, 385 foron citas de atención telefónica, un �,35% do to-tal. Nos primeiros tres días de aplicación non se rexis-trou ningunha incidencia.

Funcionamento da con-sulta telefónica

A consulta telefónica consiste en ofrecer a po-sibilidade, á elección do paciente, de realizar a aten-

O centro de saúde de Toén foi centro piloto na aplicación da consulta telefóni-ca.

Coa consulta telefónica os pacientes evitarán ter que realizar desprazamentos ao centro de saúde, nomeadamente para xestión de receitas, informes, ou consultas médicas triviais.

ción sanitaria por medio do teléfono a quen solicite unha cita médica, ben sexa tanto telefonicamente como a través da internet.

Se o paciente elixe a aten-ción telefónica, solicítaselle o número de teléfono onde quere recibir a consulta. Deste xeito, o seu médico ponse en contacto co pa-ciente no número indicado e á hora acordada para levar a cabo a consulta, deixando rexistrados os datos na his-toria clínica electrónica. A cita telefónica está incluída na axenda diaria do doutor, que reserva un tempo para esta chamada como se dun-ha consulta presencial cal-quera se tratase.

Segundo Francisco José Jorge Rodríguez, subdirec-tor de Sistemas de Informa-ción da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verin e O Barco de Valdeorras, a consulta telefónica era unha opción que se viña aplican-do “a criterio persoal” pero que agora “se ofrece a todo o mundo” e queda “rexis-trada correctamente”.

O doutor Jorge Rodríguez explica que a nova consulta telefónica é ideal “para cer-tificados, temas adminis-trativos, receitas e tamén para casos banais”. Neste último caso, o médico con-sidera “fundamental” que o

paciente e o asunto a tratar sexan coñecidos polo mé-dico de cabeceira, e “ante a dúbida, marcarase unha cita presencial”.

Outra das vantaxes da consulta telefónica é a posi-bilidade de que o facultati-vo realice a correspondente prescrición a través da re-ceita electrónica, permi-tíndolle ao paciente acudir directamente á farmacia a recoller os medicamentos. Isto é posible grazas aos sistemas de información existentes no Servizo Ga-lego de Saúde que integran a información de primaria e hospitalaria e que están co-nectados a todas as oficinas de farmacia.

Doutra banda, se o médi-co considera durante a aten-ción telefónica que o moti-vo da consulta non pode ser resolto por teléfono, pro-porcionaráselle ao paciente atención presencial o máis axiña posible.

Proxecto piloto en ToénComo paso previo á im-

plantación deste novo ser-vizo en toda a Comunidade Autónoma, o Sergas puxo en marcha, o pasado mes de xuño, un proxecto piloto de consulta telefónica non presencial en sete centros de saúde. Na provincia de Ourense o centro elixido foi

o de Toén. O doutor Sergio Rodrí-

guez, coordinador do centro de saúde de Toén, explica que o programa piloto fun-cionou tan ben e gustoulle tanto que seguiuno aplican-do ata agora.

“Non é unha consulta in-tegral, pois para unha pato-loxía hai que ver o paciente, pero véxolle sentido ao pro-grama no rural, sobre todo para xente maior que vive sóa e onde as comunica-cións son difíciles”, opina o facultativo.

Rodríguez pon exemplos dos posibles usos da con-sulta telefónica: “para pa-cientes que requiren unha

medicación crónica, ou que queren consultar sobre a súa medicación, ou para resolver dúbidas do máis trivial”. “Ou para consultas que promoves ti para facer un control co paciente, se toman a medicación; en canto chaman teño a histo-ria diante, antes non; agora nós sabemos se retiraron ou non a medicación da farma-cia”, explica.

Avaliación e seguimentoLogo da realización dun-

ha enquisa de valoración, os principais resultados do estudo piloto de consulta telefónica en atención pri-maria reflicten que o 93%

dos pacientes atendidos consideran que a súa expe-riencia foi boa ou moi boa e que ao 95% lles pareceu apropiado o tempo de con-sulta. Así mesmo, o 93% dos pacientes manifestaron que lles quedaron claras as indicacións que lles deu o médico.

Tamén se fixeron reunións de avaliación e seguimento entre os profesionais que le-varon a cabo este proxecto, e obtívose unha valoración moi positiva.

Isto indica un alto grao de satisfacción, tanto por parte dos profesionais coma dos usuarios que participaron no proxecto piloto.

“Véxolle sentido ao programa no rural, sobre todo para xente maior que vive sóa e onde as comunicacións son difíciles”, explica o doutor do centro de saúde de Toén

Sergio Rodríguez

A consulta telefónica consiste en ofrecer a posibilidade, á elección do paciente, de realizar a atención sanitaria por medio do teléfono a quen

solicite unha cita médica

Page 24: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

�4 BARRIOSDecembro de �013

DEPORTES

Alejandro Fernández e Patricia Mendes foron os vencedores desta 37ª edición

A San Martiño supera á San Martiño4 8.694 é a cifra real dos que participaron na carreira popular ourensá, decana das carreiras populares de Galicia.R. Torres

A carreira popular do San Martiño -decana de todas as probas populares gale-gas- contou coa participa-ción de 8.694 atletas que non se quixeron perder esta 37ª edición.

Unha cifra récord que pón esta proba ourensá coma o referente das carreiras po-pulares de Galicia.

Dos 11.078 inscritos, 8.694 remataron a proba, e 2.384 non participaron ou non deron rematado unha das tres probas dispostas nesta edición. Unha cifra satisfactoria para unha ca-rreira que, polo momento, é de balde.

4.557 son os atletas que participaron na proba ab-soluta, superando en 789 aos que o fixeron en 2012 (3.768); este número fai que a proba absoluta sexa a que máis participantes tivo de todas as carreiras gale-gas disputadas ata a data.

Na proba escolar parti-ciparon un total de 2.778 rapaces, unha cifra lixeira-mente inferior á do ano pa-sado (2.993). Esta pequena

diminución débese, en par-te, a que algúns dos parti-ciparon o ano pasado nesta proba o fixeron este ano na nova categoría: a de cati-vos; que se creou debido á demanda de moitos pais que pedían unha carreira para os seus fillos máis pe-quenos e que fora inferior en distancia á dos escolares (4,7 quilómetros). Desde a organización fixéronse eco desta demanda e crearon esta nova modalidade cun-ha distancia a percorrer de 1,4 quilómetros. As expec-

tativas superáronse e 1.359 pequenos participaron nesta proba que encheu de colori-do as rúas ourensás. Un pe-queno xerme para os atletas do futuro.

Por todo isto, a 37ª carrei-ra pedestre popular do San Martiño foi todo un éxito.

Alejandro FernándezIgual que o ano pasado, o

ourensán Alejandro Fernán-dez fíxose coa vitoria.

Nesta ocasión o triunfo non foi tan sinxelo e tivo que xogarse ao esprint o

primeiro caixón do podio.O seu rival foi Lolo Pe-

nas, quen apretou a falta dun quilómetro. O ouren-sán da New Balance Team aguantou o primeiro tirón. Xa na costa da Ponte Ro-mana, novamente o galego Penas (tamén do New Ba-lance) atacou a Fernández mostrando a flaqueza deste. Pero grazas ao empuxe de todos os que se apiñaron nas inmediacións de meta conseguíu sacar forzas para non quedar descolgado, e nos metros finais, a base de

A sección de atletismo das Escolas Deportivas do Concello de Verín participou na 37 edición da carreira popular do San Martiño.

pundonor, lograr a vitoria, a segunda da súa carreira, nesta proba. Alejandro Fer-nández si é profeta na súa terra.

Pola súa banda, Penas e Fernández están a demos-trar que son os fondistas galegos máis en forma ac-tualmente. O tempo destes atletas foi de 29.31 e de 29.32, respectivamente. Alex foi 17 segundos máis rápido que o pasado ano.

Detrás destes dous co-losos chegou o portugués Miguel Ribeiro (30.32). Os galegos Manuel Hurtado (30.49) e Carlos Villamor (30.57) acadaron a cuarta e quinta posición. O segundo

ourensán en cruzar a liña de meta foi o incombusti-ble Rubén Diz (31.01); e o terceiro ourensán, Iván Do-campo (31.45), que rema-tou noveno na xeneral.

Patricia MendesEn categoría absoluta

feminina, Patricia Mendes (Comesaña S.C.) foi a máis rápida, cun tempo de 35.12. A 30 segundos remataría a segunda clasificada, a atle-ta do Joma Andreia Santos (35.42). Paula Mayobre (Bikila) lograría a tercei-ra posición cun tempo de 35.49.

A primeira ourensá (non de nacemento pero si que adestra nas cidade das Bur-gas) foi Yolanda Gutiérrez (New Balance) cun tempo de 36.19. Sonia Teijeiro (Ourenrunning) foi a segun-da ourensá (sétima en cruzar a liña de meta) ao completar os 10.000 metros en 37.57.

Alejandro Fernández, vencedor da San Martiño./P.LODEIRO

Page 25: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

�5DEPORTES

Marta C. Rivero é a xe-rente da empresa de Alla-riz Equitación e Mascotas. Unha ampla experiencia acredítaa, pois conta con formación titulada en auxiliar de veterinaria, pe-rruqueira e estética canina e felina, especializada en concursos de beleza, eto-loxía e conduta canina, ademais de ser profesora de equitación.

Con máis de 10 anos de experiencia profesional, Equitacion e Mascotas xorde como un estable-cemento especializado nas ramas mencionadas, con profesionais ao servi-

zo do cliente non só para comprar senón tamén para buscar asesoramento e consello.

Tres son os eixos princi-

Redacción

Dobrete de vitorias para Iván Feijoo (cadete) e Xiana Conde (júnior) nesta fin de semana nas probas do calen-dario galego de ciclocrós,

Dobre vitoria para os ciclistas BTT de Maceda4 Iván Feijoo e Xiana Conde lograron dúas vi-torias en Boiro e Mosende.

disputadas en Boiro o venres 6 e en Mosende (Porriño) o domingo 8 de decembro. Estas vitorias permítenlles afianzar o seu liderado nas súas respectivas categorías no ránking galego de ciclo-crós.

BoiroO venres 6 de decembro

disputábase en Boiro unha nova edición do ciclocross da localidade, cunha abun-dante participación. En cadetes, Iván Feijoo, que conta as súas participacións en probas galegas por vito-rias, vencía con autoridade, nunha carreira que dominba desde a segunda volta.

En júniors, Xiana Con-de tamén se impuña na súa categoría, sendo a terceira na xeral absoluta de mulle-

res. Entre os mozos júnior, Raúl González era 2º.

MosendeNa mañá do domingo

celebrábase a segunda proba da fin de semana, na coñecida como cate-dral do ciclocross galego, a localidade porriñesa de Mosende. Un circuíto que xa albergou campionatos de España, e que este ano chegaba á 37ª edición.

Varios participantes tive-ron que abandonar a proba, acusando as baixas tempe-raturas, que en momentos do comezo da carreira es-taban baixo cero. Iván Fei-joo volveuse facer coa vi-toria en cadetes, do mesmo xeito que a súa compañeira de equipo, a júnior Xiana Conde.Xiana, nunha proba.

Equitación e Mascotas, unha nova empresa de Allariz

Horario: de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas; sábados pola

mañá. Durante as festas ampliamos tamén a domingos

Enderezo: Avenida Xunqueira nº12 baixo, Allariz. Telf.: 988 442 430

correo-e: [email protected]

Marta C. Rivero, xerente de Equitación e Mascotas.

pais de actuación: a masco-ta, o xinete e o cabalo, en todas as súas disciplinas.

Equitacion e Mascotas conta con profesionais ti-tulados en Alemaña como profesores na disciplina de enganche, con experiencia en concursos e como xuí-ces territoriais.

“Todo o equipo de Equi-tación e Mascotas apro-veitamos para desexarlles unhas felices festas”, ex-présanos Marta C. Rivero.

Page 26: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

�6 BARRIOSDecembro de �013

DEPORTES

EN BREVE

4Ruta atléticaO vindeiro �� de decem-

bro celébranse tres activi-dades deportivas a favor da Cruz Vermella Monte-rrei. Andaina, carreira in-fantil e carreira de adultos serán os tres eventos nos que se pode participar. A saída será ás 11.30 horas desde o pavillón munici-pal de deportes de Verín.

A inscrición formaliza-rase ata 15 minutos antes da saída e será necesario entregar un quilo de ali-mentos non perecedoiros.

Redacción

O domingo 15 de de-cembro terá lugar nas ins-talacións da Moreira, en Xinzo de Limia, o I Cam-pus de iniciación de fútbol americano.

Este evento está organi-zado polo clube Vigo Guar-dians, a Asociación Gale-ga de Fútbol Americano (A.G.F.A) e a Concellería de Deportes e Educación do Concello de Xinzo de Limia.

Traballarase tanto de mañá como de tarde e re-matarase cun partido entre os participantes.

O fútbol americano, aínda que conta cun-ha liga galega, está moi pouco desenvolvido na nosa provincia. Por iso, este evento é, sobre todo, de promoción e busca dar a coñecer un pouco máis a práctica deste deporte.

[+ info na web xinzo-football.weebly.com ou no

teléfono 610 616 079]

O fútbol americano toma Xinzo4 O domingo 15 de decembro terá lugar un torneo nas instala-cións da Moreira.

Cartel do evento.

Redacción

O Concello de Verín e o Centro de Desenvolve-mento Rural Portas Abertas promoven a organización do Open Xadrez ‘Nadal de Verín’ o 21 de decembro.

O torneo disputarase no pavillón municipal de de-portes de Verín a partir das 15.30 horas e está dividido nas categorías sub 8, sub 10 sub 12 e adulto. As parti-das xogaranse polo sistema suízo a 7 roldas, cun ritmo de xogo de 10 minutos por xadrecista.

Entregaranse premios aos

Open de Xadrez ‘Nadal de Verín’4 O 21 de decembro.

tres primeiros de cada ca-tegoría, así como medallas a todos os participantes.

As inscricións deben realizarse antes do 20 de decembro ás �� horas, nos correos electrónicos [email protected] e [email protected], ou nos teléfonos 988 989 508 e 988 411 140.

Open de Xadrez de Verín.

4CromosXa están á venda os cro-

mos do álbum das discipli-nas competitivas das Esco-las Deportivas do Concello de Verín. No álbum apa-recen todos os deportistas que forman parte das EDC (fútbol 11, fútbol 8, fútbol-sala, atletismo e natación), que foron retratados en cromos individuais. Estes cromos pódense adquirir, polo prezo dun euro por sobre (sete cromos), en di-versos establecementos da localidade.

Redacción

O Concello de Verín organiza o 2 de xaneiro unha saída á estación de Manzaneda para nenos de entre 1� e 16 anos para aprender a esquiar. O pre-zo desta actividade é de 50 euros e está limitada a 50 participantes. A inscrición inclúe o desprazamento

entre Verín e a estación de Manzaneda, os segu-ros pertinentes, monito-res acompañantes, xantar, forfait, material de esquí, acceso aos remontes e cla-ses de esquí.

Ofrecen máis informa-ción na Casa da Xuven-tude de Verín, no 988 414 776 ou no correo electró-nico [email protected].

Curso de esquí na estación Manzaneda4 Será o 2 de xaneiro.

O campus impartirase de mañá e tarde, e rematará cun partido entre os participantes

Page 27: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

�7 OCIO E CULTURA

Concursos de carteis de Entroido en VerínRedacción

Ata o venres 13 de de-cembro permanece aberto o prazo de recepción de traballos dos concursos que elixirán o cartel ofi-cial do Entroido de Verín o ano próximo e o cartel do desfile infantil.

O premio do concurso do cartel oficial consistirá na edición do cartel selec-cionado e nunha dotación económica de 400 euros, mentres que o do desfile infantil será a edición do cartel e un vale de 300 euros para material depor-tivo e escolar -a adquirir en establecementos de Verín-.

No certame do cartel oficial poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, presentando carteis de tamaño 50x70 cm inspirados no carna-val verinés e tendo como único texto “ENTROIDO 2014-VERÍN. Do 20 de febreiro ao 9 de marzo. Festa declarada de intere-se turístico nacional”. De-berán ser orixinais, inédi-tos e non premiados e ter como única identificación un lema, escrito no exte-rior dun sobre pechado. No interior do sobre xun-tarase unha fotocopia do DNI do autor, enderezo e teléfono.

No concurso do cartel do desfile infantil poden participar os escolares de infantil e primaria de Ve-rín que integrarán o propio desfile, sempre con traba-llo inéditos, en tamaño A3 e que se identificarán uni-camente por un lema.

As obras presentadas estarán expostas entre o 17 e o 30 de decembro, e durante esas xornadas os veciños poderán votar o deseño que máis lles gus-te. Este voto sumarase ao dun xurado cualificador que será o que finalmente decida o gañador.

Obradoiro do cigarrónRelacionado co Entroi-

do, o Concello de Verín organiza un obradoiro para aprender a facer o traxe de cigarrón ou a súa careta. A actividade co-mezou o 10 de decembro e rematará antes do Xoves de Compadres.

Redacción

A asociación Rebulir Cultura Tradicional or-ganiza a VIII edición do Festival Internacional Rebulir de baile música tradicional, que terá lugar en Ramirás os días �0, �1 e 22 de decembro.

Os colectivos que par-ticiparán nesta edición son sete, chegados de diferentes puntos de Es-paña, Francia e Portugal. Así, ademais dos organi-zadores, participarán no festival a Xirondiña de Pontedeva, o Colectivo Candaira de Castrelo do Val, a AFM Villa i Condau de Noreña de Asturias, o portugués Grupo Folclóri-co de Ribeira de Fraguas, os valencianos Danses i Cançons de Castalla e os franceses Lous Crabots de Semisens.

O público poderá ver e escoitar os bailes e mú-sicas tradicionais destas

agrupacións nun festival que se desenvolverá no po-lideportivo do Picouto, en Ramirás, o sábado �1 a par-tir das 19 horas.

Programa completoO festival inclúe unha

visita á cidade de Ourense na mañá do sábado; unha degustación de produtos tí-picos de Galicia, Valencia, Portugal, Asturias e Francia,

Ramirás prepárase para o VIII Festival Rebulir4 A localidade ourensá acolle os días �0, �1 e 22 de decembro a oitava edición deste certame.

antes de comezar as ac-tuacións, e ao seu remate, unha foliada intercultural nun pub de Celanova, e unha visita a esta locali-dade na mañá do domingo 22.

O certame conta co pa-trocinio do Concello de Ramirás, a Deputación de Ourense, a Xunta de Ga-licia, autos Anpian e a Ta-berna O Galo.

A agrupación Rebulir nunha actuación pasada.

Redacción

Xinzo de Limia comeza o próximo 14 de decem-bro a súa programación especial de Nadal. Farao cunha gala benéfica de danza e baile “Repartin-do Ilusión´13” organizada polo centro de actividades Fusión na Casa da Cultura a partir das 19:30 horas.

Na semana previa ás va-cacións escolares navide-ñas, os Reis Magos visita-rán os colexios Rosalía de Castro e Carlos Casares.

O día 18 de decembro, o auditorio da Casa da Cul-tura acolle representacións teatrais a cargo da Escola Municipal de Teatro-Aneis, a partir das 20:30 horas. O xoves 19, o mesmo recinto cultural será sede dun cer-tame de nadal de alumnos do Conservatorio Profesio-

Variado ocio cultural no Nadal de Xinzo4 Centrado nos máis cativos.

nal de Música. A cita é as 20 horas.

O venres �0 e o sábado �1 Xinzo propón sendos fes-tivais da Escola Municipal de Gaitas. Serán na Casa da Cultura ás 19 horas.

O domingo 22 a música trasládase á igrexa Nova de Xinzo, cun festival Coral de Nadal organizado pola Co-ral Antioquía, ás 20 horas.

O luns �3, a Casa da Cul-tura acolle a Gala de Nadal da Escola Rural de Saúde da Limia, ás 20:30 horas.

A programación navideña de Xinzo continúa o venres 27 con “Monólogos” no auditorio a cargo da Esco-la Municipal de Teatro (ás 20:30 horas).

O sábado 28, na igrexa Vella de Xinzo terá lugar un Festival de Panxoliñas organizado pola Asociación Cultural Santa Mariña, que

comezará ás 20:30 horas.O venres 3 de xaneiro a

cita é para os máis peque-nos, cun contacontos infan-til na Biblioteca Antelana a partir das 18 horas.

Organizada pola Con-cellería de Xuventude e Participación Cidadá, está prevista a ludoteca infantil “Divirt-t con nós Nadal” na Casa da Cultura para as mañás dos días �3, �6, �7 e 30 de decembro e � e 3 de xaneiro, e que incluirá obradoiros, contacontos e unha visita a Pazolandia.

O punto e final ás festas navideñas porao a tradicio-nal Cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro, con saída ás 17 horas para rea-lizar o percorrido de costu-me polas rúas da vila.

A programación facilita-da polo Concello de Xinzo é provisional e podería su-frir variacións nos vindei-ros días.

A programación facilitada polo Concello pode sufrir variacións

Page 28: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

�8 BARRIOSDecembro de �013

OCIO E CULTURA

Redacción

A Asociación de Comer-ciantes e Hostaleiros de Allariz, en colaboración coa Fundación Vicente Risco e a asociación xuve-nil Amencer de Ourense, promoven unha campaña solidaria de recollida de xoguetes para que ningún menor quede sen agasallo no día de Reis.

ColaboraciónTodas as persoas que

desexen participar nesta campaña solidaria poden deixar o seu agasallo na sede da Fundación Vicen-te Risco, en Allariz, ata o sábado �1 de decembro no seguinte horario: xoves de 16 a 18 horas, venres de 16 a 19 horas e sábados de 11 a 14 horas.

Redacción

Verín terá unha ampla programación cultural e fes-tiva para o Nadal.

O �0 de decembro, de 10 a 13h, na Casa da Cultura haberá festival infantil de Nadal.

O sábado �1 traerá un concerto de Nadal do alum-nado do Conservatorio Ele-mental de Música, ás 12 horas na Casa da Cultura. O grupo instrumental do Con-servatorio desprazarase pola tarde (ás 16h) á Residencia de Anciáns Santa María, onde darán un concerto. Du-rante a tarde do sábado, na praza do Rei, obradoiros de maquillaxe e globoflexia; na Edesio Fuentes serán de ta-tuaxes e haberá un inchable e na praza Maior, circuíto de eco-karts, tiro de precisión e golf.

Verín presenta unha ampla programación navideña4 Con moitas actividades infantís.

O mesmo día pero ás �0 horas, de novo na Casa da Cultura, representarase a obra “Avós...nunca é tarde”.

O domingo 22 haberá Cantos sacros e panxoliñas na Residencia de Anciáns.

A diversión para os ca-tivos continúa o luns �3, a partir das 16 horas na pra-za da Mercé, coa proposta “Que chega Santa Claus e o seu duende’; animación con obradoiros infantís. Os par-ticipantes deben acudir cun gorro de Santa Claus.

O día �7, a partir das 16 horas na rúa Lisa chega a “Festa do doce do Nadal”, obradoiro de “fofuchas” (bonecas) e degustación de doces de Nadal entregados por pastelerías e panaderías da comarca.

O �8, “Día dos Santiños Inocentes”, pola tarde na praza Maior camas elásticas

e inchables.O domingo 29, ás 10 horas

na Residencia de Anciáns, a Coral do Centro Socioco-munitario de Verín interpre-tará cantos de aguinaldo.

Para a familia chega o 30, ás 18h no pavillón de depor-tes, o espectáculo musical “Los cuentajuegos”, con ac-ceso libre.

Os máis pequenos terán o seu propio cotillón infantil de Noitevella o día 31, ás 10 horas, na praza do Conce-

Paxes na Cabalgata dos Reis Magos

Dentro das actividades navideñas, o Concello de Allariz organizará a Cabal-gata de Reis o vindeiro 5 de xaneiro. Con este motivo a área de Cultura abre o prazo de inscrición para todos os nenos e nenas que queiran participar como paxes das Súas Maxestades. É preci-so facelo antes do día �8 de decembro na Casa de Cul-tura de Allariz, no teléfono 988 440 859 ou no email [email protected]

ProgramaciónNo programa festivo na-

videño, salientar a actua-ción da Escola de Danza e Música Tradicional. Será o �1 de decembro ás 18 ho-ras na Casa da Cultura de Allariz.

Campaña de recollida de xoguetes en Allariz4 Organizada pola Asociación de Comerciantes e hostaleriros.

llo. Ao chegar ás 12 horas, badaladas para despedir o ano.

O Carteiro Real chegará á vila do Támega o 4 de xaneiro, ás 16 horas e ins-talarase nas praza Maior e rúa Lisa. Acompañarano un obradoiro de patinaxe e monopatín, e inchables infantís.

O 5 de xaneiro os Reis Magos partirán ás 17:30 horas en cabalgata desde a Casa do Escudo. Ao re-mate, haberá unha gala no pavillón de deportes, onde serán recibidos polo alcal-de e concelleiros infantís.

Para finalizar, terá lugar o XX Concerto de Reis o 6 de xaneiro, ás �0 horas na igrexa da Mercé de Verín.

Os Reis Magos estarán en Verín o 5 de xaneiro.

Page 29: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

�9OCIO E CULTURA

Música na igrexa do Terroso en VilardevósA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou o pasado sá-

bado 7 de decembro a penúltima cita do ciclo ‘Monumenta: difusión do patrimonio restaurado’ á igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilardevós.

O concerto acústico celebrado neste marco rendeu homenaxe a Ángel Barja Iglesias. O recital estivo a cargo dun cuarteto de corda do Conservatorio de Vigo, que interpretou o Cuarteto de corda nº 1 en Re maior, obra do homenaxeado.

As actividades comezaran xa pola mañá cun faladoiro cos veciños nos que se reco-lleron as lembranzas vinculadas ao lugar, que se completou cunha recreación histórica do grupo de Teatro Os Quinquilláns. Deste xeito deuse a coñecer un espazo en cuxa restauración a Consellería investiu máis de 182.000 euros, co fin de poñer en valor esta igrexa de estilo historicista e garantir a súa conservación.

A directora xeral de Patrimonio Cultural, o conselleiro de Cultura e alcaldes da zona asistiron ao concerto na igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilardevós. /M.REJO.

Redacción

O Concello de Celanova e a Fundación Curros En-ríquez, en colaboración coa Escola de Música da Banda Municipal, o Centro Cul-tural Coelerni--Solpor, os colexios Sagrado Corazón e Curros Enríquez, o Cen-tro Social de Celanova e o Conservatorio de Música de Ourense, prepararon unha programación conxunta para este Nadal.

Os pequenos serán os protagonistas de parte da programación en Celanova para estas datas, con pro-postas como o Festival de Nadal, o venres �0 a partir das 16 horas. Tamén ha-berá obradoiros de Nadal para rapaces de 4 a 12 anos. Terán lugar os días 23 e 30 na biblioteca do auditorio

O Nadal vívese tamén en Celanova4 Con obradoiros infantís e música para todas as idades.

Ilduara e os días �4, �6, �7 e 31 de decembro e � e 3 de xaneiro na Casa dos Poetas. Para o público infantil son tamén as videoconferencias con Papá Noel e os obradoi-ros de postais dixitais que se organizan na aula CeMIT.

Para o público adulto, a Casa dos Poetas inaugura o sábado �1 unha exposi-ción de retratos de escrito-

res ourensáns por Xosé Conde Corbal; e ás 18:30 presentase no mesmo re-cinto o libro de poemas “Wha(ts)appa” de José María Paz Gago. O mes-mo día haberá un concurso de panxoliñas no auditorio municipal (16:30 horas); mentres que o domingo o mesmo recinto acollerá o concerto “Fado e panxoli-ñas con outro acento” de María do Ceo, (19h).

O venres �7, ás �0 horas, no auditorio terá lugar un concerto do grupo de acor-deóns do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, mentres que o sá-bado �8 serán os alumnos da Escola de Música da Banda de Celanova os que protagonicen un concerto de Nadal. Comeza ás 19h.

Celanova tamén propón baile de fin de ano para o día 31 no Centro Social.

A Casa dos Poetas será escenario do obradoiro “Cantásmosche os reis!” a partir das 19 horas do 4 de xaneiro, para todas as ida-des promovida por Política Lingüística.

O árbol de Nadal na praza Maior. /M.REJO.

Page 30: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

30 BARRIOSDecembro de �013 ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Coidados a ter coa próstata

“Eran rapaces nobles, educados, chulos de cora-zón. Viviron sen pudor, rebeldes, sen mirar atrás”

4HISTORIAS DE MONTERREI

O guerreiroEn abril do �011 fíxose

público o achado da este-la de Pedra Alta por parte dun veciño de Castrelo do Val. Unha enorme mole de granito de 175 cm de altu-ra, 70 cm de anchura e 30 cm de grosor aparecera chea de petroglifos men-tres labraban unha parcela. Os arqueólogos que por alí se achegaron identificárona como unha estatua-menhir ou estela dun guerreiro, da-table na idade do Bronce (II-I Milenio A.c.).

Pero o que podería ser unha boa nova tanto para o seu descubridor, José Luis Lozano Rua, como para todo Castrelo do Val, tor-nouse moi pronto nun gran crebadeiro de cabeza. Men-tres que, tanto o Concello como José Luis Lozano pensaban en habilitar unha sala en Castrelo do Val para ensinar a estela a todos os que a quixeran visitar, che-garon os responsables de patrimonio esixindo a súa

A partir de 45 anos vixiar unha vez por ano o PSA:

1º- Cando o PSA chega a tres pida ao seu médico unha analise do PSA Li-bre.

�º- Se o LIBRE estivese por baixo de 20 ( segundo algúns urólogos,) ou de 16 (segundo outros) pódese pensar en sospeita de can-cro.

3º- Se o PSA Libre esti-vese por enriba de �0, en-tón en principio estamos na presenza de hipertrofia benigna da próstata e sen-do así o PSA Total pode chegar a valores moi máis altos que catro.

4º- Os urólogos para aconsellar ao paciente que faga unha biopsia, segun-do eles ten que haber tres indicadores fortes: PSA Total por enriba de 4 e o Libre abaixo de 16, detec-

ción de nódulo ou nódulos apalpando.

5º- A historia familiar, tamén é importante.

Lémbrese que cando o cancro está no principio, as probabilidades de cura son case do 100%. Nunha fase adiantada a cirurxía radical xa non chega a ser realizada, porque non ofre-ce posibilidades de cura.

Se tivese hipertrofia be-nigna, faga un tratamen-to tomando infusións de raíz de ortiga e compre “Prosta Force”, tomando un comprimido por día en xaxún.

João Damião

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Xeración límite!

Quedaba unha mañá xélida cando subín na-quel bus para ir dende a Ponte ata o centro, e alí o topei. Encargado de levar as rendas de vinte vidas que íamos ao seu carón. E, quen o diría, pois hai uns anos a súa propia vida andaba sen guía, á deriva, penden-te dun fio. Era o condu-tor dos ollos azuis, o do sorriso permanente, un dos poucos da xeración límite que gañou a bata-lla. No percorrido, non máis de quince minutos, fíxome recordar aqueles mozos do noso pobo, que deixaron marcado con sinais luminosas un camiño cheo de perigos e trampas, para que os que viñamos detrás non colleramos os sendeiros escuros e solitarios, que sen darse conta eles en-fiaron, seguindo os le-treiros que con verbas falsas levaban cara a un pozo profundo e frío. Quédome coa mensaxe, que inconscientemente forxaron aqueles homes e mulleres sumerxidos no erro de experimentar ou descubrir os efectos que un mundo ruín lles puxo diante. Fuxían os setenta e os fervorosos anos oitenta entraban coa incertidume da de-mocracia recén parida, máis non daba tregua o desenfreo xuvenil, que azotaba nos bares e dis-cotecas de moda na vila.

Niton`s e o bar Los Amigos, locais onde da-quela facía furor a xolda dun pobo que comen-zaba a amosar cara afo-ra as súas maneiras de vila “marchosa”, onde os domingos enchíanse as cafeterías e as salas de festas con chavalada de todos os recunchos. Recordo con cariño o señor Pepe Chaves, ta-quilleiro da mítica disco-teca Niton´s. Como sa-bio mestre, soltoume un

entrega para levala ao eter-namente pechado Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Ante a negativa por parte de Lozano de que a estela marchara tan lonxe do seu lugar de orixe, comezou un tira e afloxa con ameazas de multas de ata 120.000 euros, que terminou cun acordo oral a finais do 2011 onde se pactaba que a estela primeiramente iría a Santia-go, a unha exposición tem-poral chamada “Gallaecia Pétrea”, e unha vez ter-minada a exposición otor-garíanlle unha cesión dun ano ou dous ao Concello de Castrelo do Val, onde, unha vez rematado este tempo de cesión e sempre que o Mu-seo Arqueolóxico estivera en condicións para a súa exhibición, trasladaríase a pedra para o devandito museo.

Pasou o tempo, a exposi-ción de Santiago acabou en abril, pero da pedra nada

día: “se queres aprender algo, xúntate cos vellos”. E eu, que o tiña preto de min, os domingos recibía clases maxistrais sobre a vida mesma. Pepe, habi-lidoso extremo do Verín C.F e do Deportivo Cha-ves entre outros, tamén regateaba con templanza, na porta da discoteca, as acometidas dos mozos que intentaban aforrar os vinte pesos da entrada. Gocei ao seu carón sempre co inse-parable Celtas fumegando nos beizos.

Ensinoume verbas do seu particular idioma, re-fráns, anécdotas, pero ta-mén me agasallou co máis importante, o que quizais ninguén me contou, e que, sen dúbida, quedoume para sempre. Con natura-lidade fixo que compren-dera temas prohibidos, que outros non se atrevían contar a un neno de once anos. Chispeábanlle os olliños cando chegaban os da “xeración límite”, como alcumaba aos mozos dos que falaba ao comenzar este relato.

Eran rapaces nobles, educados, chulos de cora-zón. Penso que non é pre-ciso, escribir acá os seus nomes, porque sen dúbida témolos no maxín. Vivi-ron sen pudor, rebeldes, sen mirar atrás, ceibes. Deron renda solta ao máis fermoso que ten a xuven-tude: a inocencia.

Recordo a miudo a to-dos eles. Aínda retumban no meu interior os sons roqueiros do xenuino gru-po verinés Estramonio; premonición dunha xe-ración altruista que com-partía todo, co fin de go-zar das novas sensacións e hábitos perigosos, que xurdían doutros mundos, e que, por desgraza, deron de cheo no corazón deste pobo. Pagaron a peniten-cia, cada un á súa manei-ra, cargando unha mochila repleta de pedras, coa que tentaron sen sorte dar vol-

ta nun camiño que xamais foron quen de facer fronte, e no que, alomenos, deixa-ron veliñas prendidas para que nós, os que tivemos a sorte de poder ler o pros-pecto, viramos coa luz a verdadeira faciana do demo, e non emprende-ramos un camiño que nos guiara ao mesmo buraco escuro e baleiro, onde eles por desgraza cairon.

Hoxe agrádame recordar aqueles intrépidos mozos que sempre tiñan un guiño cara min e que un deles, o chofer da mirada azul, con infinita xenerosida-de, nun xesto incrible, un día, esqueceu por un intre os calafríos e o malestar dunha ansiedade sen lími-tes e contoume con pelos e sinais, sen deixar nada dentro, como as gasta este maldito demo cando entra nas entrañas limpas dun inocente.

A miúdo paseo polo meu Verín e ás veces atópome con familiares e amigos da xeración limite, e penso no sufrimento que pasaron cando impotentes ollaron aos seus metidos nun labe-rinto sen saída. Non paga a pena pensar no por qué.

Agora que o Nadal esti-mula os sentimento, podo ver, con luz clara, que o meu chofer, o da mirada azul, o do sorriso perpé-tuo, o que me guía con sixilo dende a Ponte ata o centro, porta con firmeza a bandeira da vitoria, na honra daqueles mozos e mozas que se foron derro-tados, sinxelamente, polo infortunio de formar parte daquela inesquecible “xe-ración límite”.

Bon Nadal para todos!

Miguel A. Prieto “Chita”

se sabía, nin chegaba a Castrelo do Val nin había información ao respecto. Ata que, inesperadamen-te, a mediados do mes pa-sado e sen previo aviso, apareceu na pequena sala de escultura que ten aber-ta o Museo Arqueolóxico de Ourense no antigo con-vento de San Francisco.

Así, con disimulo pero con alevosía, Patrimonio roubou de forma traizoei-ra e sibilina o que habería de ser seu só con espe-rar uns anos, deixando a nosa comarca orfa dun dos seus bens arqueolóxi-cos máis preciados.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.esPatrimonio roubou de forma traizoeira un dos bens arqueolóxi-cos máis precia-dos de Monterrei

Os varón deben controlar, a par-tir dos 45 anos, os seus niveis de PSA, e consultar ao seu médico

Fe de erratasNo número de

outubro de Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova, na páxina 6, publi-camos un anuncio da logopeda Noelia Fernández Blanco, acompañado dunha información sobre os seus servizos de elaboración nosa na páxina 8, na que por erro se atribuía, dentro do apéndice “Servizos da mul-ticlínica”, a Javier Gómez Salgado o ser “especialista en implantes, endodon-cias e próteses” can-do realmente o seu cargo é o de admi-nistrador.

Page 31: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

31CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz

Nº85 / 21- Ano: VIII - Decembro 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

[Se eres un particular, publica os teus

anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Mon-talvo de 1 e � cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16.Vendo apartamento de � habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 92 58 73.Alugo en 1ª planta, zona S. Francisco, Ourense 2 dormi-torios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Cale-facción Gas Natural. Telf: 988 235 876.Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087.Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) re-formado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 72.000 euros. Tel: 629828647.Alúgase piso preto da univer-sidade (Ourense), compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 24 69 26Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), ��, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888.Vendo finca urbanizable de 1.500 m� en Amoeiro, bo pre-zo. Tel. 610 54 48 54.Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m� pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 21 14.Vendo finca edificable para dúas casas a 1� km de Ourense e 5 minutos da autovía de Ce-lanova, bo prezo, tel. 617 925 873.Alúgase apartamento no cas-co antigo de Ourense por 220 euros/mes, Tel. 637 00 59 10.Véndese casa con finca na es-trada de Santiago, tel 637 00 59 10.Vendo piso de 1�0 m� na praza das Mercedes (Ourense) a re-formar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880.Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65.Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, � dormito-rios, salón, � baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10

VENDASVendo llantas de Citroen Saxo, tel. 610 54 48 54Compro revistas fútbol Mar-ca e Don Balón, tel: 667 890 �93Vendo mobles de segun-da man: � librerías, mesa de mármore de comedor, 6 sillas, mesa de cento, lámpadas de pé e teito, taquillóns rústicos, 2 quentadores de auga, 2 si-llóns de mimbre, � sillóns de pel, mesa de xardín e 6 sillas. Tel. 677 02 37 36 e 988 24 89 67 (Ángel)Vendo cinco llantas de Peu-geot 205 GTi, bo prezo. Tel. 610 54 48 54.Vendo sofá 3+2, cinta anda-dora, apeiros de labranza, un botelleiro e unha caldeira de gas cidade Roca, tel. 637 00 59 10.Vendo DVD Videocámara Panasonic nova, multifor-mato, grava en DVD Ram, DVD-R e DVD-RW, 30x Op-tical Zoom, bo prezo. Tel. 627 428 728.Véndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha al-mofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de ven-derse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516.Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 21 22 24.Compro mobles e electrodo-mésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18,Vendo máquina coche-cor-tacéspede HONDA. 2.500 euros. Tel.988 27 97 96.Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173Véndese Audi A6. Ano 1995. Sempre en garaxe e con gancho de remolque. 1.500 euros. Tel. 627 43 46 01.

EMPREGO

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 293 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 291 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 825IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 219Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 260 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELÉFONOS DE INTERESE

Empresa de Verín precisa comercial de productos fito-sanitarios y tratamientos de agua. Tel. 988 78 46 30.Ofrécese modista, para ten-das e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76.Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 92.Danse clases particulares. Ex-periencia. Tel. 653 768 357.

Page 32: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

Page 33: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

Número: 85- Ano:VIII - Decembro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERÍN Páx.2 DEPORTES Páx.24VERÍN Páx.4 VERÍN Páx.6 COMARCA Páx.8As Escolas Deportivas de Verín, na San Martiño

A área da Braña, en Cabreiroá, foi revexetada

Verín e Vilardevós estrean novo alumeado público

O pleno infantil propón unha pista multideportiva

Concello e AEVER colaboran

na programación de Nadal [páx. 7 e 28]

Recupérase o paro, pero non as afiliacións na provincia

A ampliación do polígono de Pazos estará rematada no primeiro semestre de 2014

O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitou as obras do polígono de Pazos./BORYS MARTÍNEZ.

Page 34: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013

Page 35: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

Número: 21 - Ano: VIII - Decembro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ALLARIZ Páx.14TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx.27

Puzzle centra os seus esforzos en actividades lúdicas

Os comerciantes recompensarán a fidelidade dos clientes

CELANOVA Páx.19

Ramirás prepárase para o VIII Festival Rebulir

ALLARIZ Páx.16

Obradoiros infantís, música, teatro e baile son algunhas das propostas navideñas de Celanova para os seus veciños./M.REJO

Entrevista a Leopoldo Rodríguez,

voceiro do BNG de Celanova

O Nadal chega cedo a Celanova

Recupérase o paro, pero non as afiliacións na provincia

A oposición conxela a suba de impostos municipais

[páx.29]

[páx. 18]

Page 36: 11 Diciembre 2013 - BXVAC

BARRIOSDecembro de �013