36
COMARCA Páx.8 XINZO Páx.10 XINZO Páx.8 Número: 69 - Ano:VII - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OCIO Páx.28 O acordo laboral no Concello de Xinzo, pendente dun pleno Inauguran o albergue de peregrinos de Viladerrei, Trasmiras Inaugurado o Cuartel de Xinzo [páx.10] Vilar de Santos continúa coas actividades de verán Licitado o saneamento en San Pedro de Laroa e Rebordechá Gardas civís e autoridades na inauguración da casa cuartel. /BRAIS LORENZO. [páx. 12] Xinzo descúbrenos o crowdfunding OCIO Páx.29 Do 17 ao 19 de agosto: XII Festa do Esquecemento

Agosto 2012 - BXVAC

Embed Size (px)

DESCRIPTION

As festas do verán, en Barrios. As festas de Celanova, o Festival de Artes Escénicas de Riós, a Festa do Esquecemento en Xinzo ou a Festa da Empanada de Allariz, no número de agosto da publicación gratuíta. O número de agosto de Barrios, edición Xinzo, Verín, Allariz e Celanova vén cargada de propostas de ocio e culturais para as datas estivais. Ademais de recordar como foi a VII Feira do Viño de Monterrei a pasada fin de semana, ou outras citas como a Batucada de Verín, as Xornadas degustación da carne de boi de Allariz e a Festa do Pemento de Oímbra, a publicación gratuíta fai un repaso polas citas festivas máis importantes dos próximos días: a XII Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia, a Festa da Empanada en Allariz, o V Festival das Artes Escénicas de Riós ou as festas de San Roque en Celanova.

Citation preview

Page 1: Agosto 2012 - BXVAC

COMARCA Páx.8 XINZO Páx.10XINZO Páx.8

Número: 69 - Ano:VII - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

OCIO Páx.28

O acordo laboral no Concello de Xinzo, pendente dun pleno

Inauguran o albergue de peregrinos de Viladerrei, Trasmiras

Inaugurado o Cuartel de Xinzo [páx.10]

Vilar de Santos continúa coas actividades de verán

Licitado o saneamento en San Pedro de Laroa e Rebordechá

Gardas civís e autoridades na inauguración da casa cuartel. /BRAIS LORENZO.

[páx. 12]

Xinzo descúbrenos o crowdfunding

OCIO Páx.29

Do 17 ao 19 de agosto: XII Festa do Esquecemento

Page 2: Agosto 2012 - BXVAC

� BARRIOSAgosto de �01�

VERÍN E COMARCA

A VII Feira do Viño de Monterrei enxalza a alta calidade dos caldos da denominación4 Varios miles de persoas pasaron durante as dúas xornadas polos stands da feira, situada nesta séti-ma edición na praza da Mercé de Verín.Redacción

Con gran afluencia de pú-blico pecharon este domin-go 1� de agosto os stands da 7ª Feira do Viño de Monte-rrei. Durante dous días, sábado e domingo, as dez adegas da Denominación de Orixe Monterrei presentes na feira (Ladairo, Pazos del Rey, Terra do Gargalo, Cre-go e Monaguillo, Quinta do Buble, Mara Martín, Abe-ledos, Pazo de Valdeconde, Tabú e Chicheno) non pa-raron de repartir cataviños e botellas. Os visitantes puideron degustar viños a uns prezos moi populares: por seis euros tiñan dereito a un cataviños máis cinco degustacións, e por seis euros podían adquirir unha botella dos caldos da D.O. Monterrei. Ademais de pro-bar os tintos e brancos da última colleita, os asisten-tes á feira eran agasallados con tapas de produtos típi-

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o pregoeiro, Benigno Campos, o director xeral de Promoción Agrope-cuaria, José Robledo, a secretaria xeral de Turismo Carmen Pardo, e o presidente da D.O.Monterrei, Antonio Méndez, brindan na apertura da VII Feira do Viño de Monterrei./P.LODEIRO.

cos da comarca.O bo tempo da fin de se-

mana e a coincidencia na xornada do sábado coa fei-ra máis importante do ano encheu as rúas de Verín e o recinto, ubicado nesta ocasión (para non coinci-dir coa feira) na praza da Mercé.

Inauguración oficialNesta ocasión foi o popu-

lar cociñeiro do programa “Larpeiros” da TVG, Be-nigno Campos, o encarga-do de dar o pregón co que quedou inaugurada a séti-ma edición. Un acto oficial ao que faltou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, debido ao incendio que nes xornada afectaba ao Barco de Valdeorras. Na súa representación acu-diu a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, e o director xeral de Promoción Agropecuaria, José Álvarez Robledo.

Tras a recepción oficial na Casa do Concello, as autoridades trasladáronse acompañados pola Banda de Gaitas do Concello de

Verín ata a praza da Mercé na que se efectuou a inagu-ración oficial da VII Feira do Viño de Monterrei, or-ganizada polo Consello Regulador da Denomina-ción de Orixe Monterrei e o Concello de Verín, coa colaboración de “Puertas de Galicia”, Eurocidade Chaves-Verín e os conce-llos de Riós e Vilardevós.

Durante a inauguración todos os presentes salien-taron a excelente calidade dos premiados e recoñeci-dos viños da D.O. Monte-rrei, así como o labor dos adegueiros e viticultores ao longo das últimas décadas, tras a constitución da de-nominada ‘cinsenta galega’ no ano 1994. Unha deno-

minación que foi crecendo nos últimos anos, tanto en cifras (na pasada colleita, �,� millóns de quilos de uvas) como en recoñece-mentos (na última Cata de Galicia o mellor viño bran-co da nosa comunidade foi un de Monterrei).

Importancia do sectorTanto o alcalde de Verín

como o presidente da D.O. Monterrei recordaron a im-portancia económica e tu-rística deste sector, a través da promoción e realización de xornadas de portas aber-tas nas adegas da denomi-nación, revalorización da Ruta do Viño Monterrei, ou participación en feiras e en iniciativas gastronó-

micas como a última Festa do Cocido de Lalín, Fórum Gastronómico ou o Certa-me Gastronómico ‘Vila de Verín’. Ademais avogaron polo traballo conxunto de institucións, adegueiros e viticultores para seguir apostando pola conxunción de gastronomía e viño, e a promoción desta comarca a nivel turístico e económico como a porta de entrada a Galicia.

Numeroso público se deu cita no recinto da praza da Mercé de Verín para degustar os caldos de Monterrei./P.LODEIRO.

Nesta sétima edición partici-paron 10 das 24 adegas que com-poñen a denomi-nación de orixe

Page 3: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

� VERÍN E COMARCA

4 Aumentan as zonas de ORA

Nesta sesión plenaria foi aprobada por unanimi-dade de todas os grupos políticos a modificación da ordenanza reguladora do servizo de ordenación e regulación do aparcadoiro de vehículos na vía pública (ORA). O obxectivo: in-crementar a regulación do estacionamento dos vehí-culos co obxecto de lograr unha distribución racional e equitativa dos mesmos en prol do interese público. Comprenderá as rúas Luis Espada, avenida de Portu-gal, Deputación, Laureano Peláez, José Santamarina, Irmáns Moreno, Galicia e a marxe que limita co parque Alameda, excluin-do os espazos reservados para pasaxes permanentes, carga e descarga, merca-dos, estacionamentos de minusválidos, reservas oficiais, paradas de bus e taxis, servizos de urxencia, ou rúas peonís.

Tamén se aprobou, cos votos a favor do PP e en contra de PsdeG-PSOE e BNG, a Ordenanza muni-cipal reguladora do tráfico do núcleo antigo do Con-cello de Verín, co obxecto de protexer o mesmo.

No referente á adhesión do Concello de Verín ao convenio marco da De-putación Provincial de Ourense, de cooperación e asistencia aos concellos para a xestión das redes municipais de estradas, foi aprobado cos votos do PP e PSdeG-PSOE, mentres que o BNG abstívose.

Redacción

O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín vén de ser aprobado provisionalmente nunha sesión plenaria extraordi-naria celebrada o pasado �0 de xullo, cos votos a favor do grupo de gober-no do PP, a abstención dos socialistas e a oposición do BNG.

Liñas fundamentais do PXOM

O PXOM articula a Verín como unha cidade clave no interior de Gali-cia dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, sendo un centro de comu-nicacións fundamental dentro da Eurorrexión así como un destino turístico co proxecto de Eurocidade Chaves-Verín.

No que se refire á mo-bilidade, o novo PXOM prevé a nivel urbano unha circunvalación sur e unha ronda interior que conecte os equipamentos públicos (educativos e sanitarios). En canto ao transporte, a normativa urbanística prevé a recolocación da estación de autobuses, in-crementa as reservas mí-nimas de aparcadoiros e desenvolve unha rede de bicicarrís. En relación ás infraestruturas, o docu-mento considera estratéxi-ca a integración urbana das infraestruturas eléctricas e

Aprobación provisional do PXOM 4 Cos votos a favor do PP, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG.

a mellora das infraestrutu-ras de abastecemento e de saneamento.

O PXOM prevé unha serie de actividades dina-mizadoras, como a deli-mitación do novo parque empresarial de Tamagos e a ampliación do parque em-presarial de Pazos, cun total aproximado de 1.500.000 metros cadrados; a creación do centro de investigación turístico-termal (hotel spa/escola); a creación dun mu-seo arqueolóxico; a reva-lorización do balneario de Caldeliñas, e a creación dun campus universitario dentro do proxecto da Eurocidade.

Amais, no eido medioam-biental, o Plan Xeral prevé catro corredores ecolóxicos, cinco corredores verdes, e dous montes urbanos.

A futura norma urbanís-tica da vila do Támega re-serva como superficie libre 610.187 metros cadrados

(para zonas verdes, por exemplo) e para equipa-mentos ou dotacións públi-cas outros �6�.719 metros cadrados.

Valoración políticaDurante o debate plena-

rio, o alcalde recordou o proceso de elaboración des-te novo PXOM para Verín e defendeu o documento. “Este é un plan transparen-te, onde a oposición recibiu a información no mesmo momento que o grupo de goberno, non como suce-día no pasado cando o PP solicitaba documentación e non a recibía”, subli-ñou Juan Manuel Jiménez Morán ante as críticas dos nacionalistas.”No que ade-mais se adxuntan os infor-mes pertinentes esixidos a secretaría, arquitecto e interventor, non sendo este último obrigatorio; e que foi estudado pormenoriza-

damente nas diferentes co-misións de seguimento, nas que non escoitei o que están dicindo no pleno, e non vin un plantexamento diferen-te”, engadiu.

“Porque os portavoces do PSOE e BNG non po-den esquecer que foron os seus grupos políticos os que realizaron o avance deste PXOM, durante o seu goberno tripartito”, dixo Jiménez Morán, e “nós tra-ballamos sobre este avance engadindo suxestións e ale-gacións”.

Consenso“É un plan moi consen-

suado, xa que se aceptaron o 47% das suxestións tramita-das no avance, e o 6�% das alegacións presentadas tras a aprobación provisional”. Tamén subliñou que “é moi curioso que o BNG edite panfletos dicindo que non hai chan suficiente para vi-

vendas e que agora no pleno indique o contrario, é dicir, que existe exceso de viven-da, así que o primeiro que deben facer é aclararse”.

Por outra banda, ante as críticas pola parálise da construción o rexedor re-cordou que a mesma “non vén porque non existise PXOM senón porque non se aprobou normativa tran-sitoria no seu momento, e a pesar de que hai moitas licenzas dadas, os propios construtores indican que non existe a financiamento bancaria necesaria para le-vala a cabo”.

A corporación de Verín, nun pleno./ARQUIVO.

O Plan prevé crear un campus universitario e a recolocación da estación de autobuses

Page 4: Agosto 2012 - BXVAC

4 BARRIOSAgosto de �01�

VERÍN E COMARCA

Redacción

A Secretaría Xeral para o Turismo vén de publicar unha resolución pola que se determina a creación dun comité de expertos para avaliación dos criterios non cuantificables de xeito au-tomático na licitación do servizo para a redacción do proxecto básico e de exe-cución das obras de reha-bilitación e adecuación da fortaleza de Monterrei.

Segundo esta resolución, este comité estará formado por un representante desig-nado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, un representan-te designado polo colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, un representante da Dirección Xeral de Patri-monio Cultural da Conse-llería de Educación e Cul-tura, e dous representantes da Secretaría Xeral para o Turismo. O seu obxectivo é contar coa análise de téc-nicos na materia debido á complexidade de solucións que se poden propoñer po-los licitadores.

A Secretaría Xeral para o Turismo aprobara o expe-diente de contratación das obras o pasado 18 de xullo e a licitación destes traba-llos faise por procedemen-to aberto, sendo 50 a pun-tuación máxima reservada a criterios non avaliables automaticamente mediante fórmula, en concreto a pro-posta arquitectónica.

Plan de usos turísticosO conxunto defensivo

constitúe a Acrópole máis importante de Galicia e foi declarado Ben de Intere-se Turístico en 1985. Está construído sobre unha ata-laia e alberga torres defen-sivas, un palacio, un cárce-re, un templo, conventos e casas de labranza.

A Secretaría Xeral para o Turismo encargou un Plan de Usos Turísticos cuxa Fase Cero xa se executou. O Plan ten por obxectivos protexer o Ben Histórico-Cultural; acadar un modelo sustentable do mesmo que potencie os valores sociais e culturais e proxecte re-sultados económicos da ac-tuación; xerar efecto multi-plicador e servir de áncora para o desenvolvemento de novos proxectos, así como atopar una solución singu-lar que outorgue unha pers-pectiva innovadora á súa posta en valor turística.

Entre as actuacións que se acometeron figura a limpeza e desbroce dos exteriores, no Patio de Ar-mas e nas zonas contiguas e no perímetro da igrexa e do Palacio dos Condes; reparación da cuberta e da iluminaria; sinalización do acceso ao conxunto mo-numental dende a calzada; instalación dun sistema de seguridade para o vanda-lismo ou plantación de ár-bores.

Ademais instaláronse ba-

rreiras para a adecuación dos accesos, melloras ao acceso á Torre da Home-naxe coa colocación de ba-rreiras no acceso pola cor-nixa da torre e redeseñouse a escaleira de acceso á to-rre, diminuíndo a pendente, incrementando a protección e ensanchando os chanzos.

Fondos do 1% culturalA Secretaría Xeral para o

Turismo quere avanzar na fase 1 do proxecto de reha-bilitación, que contará cun

Un comité de expertos avaliará o proxecto de rehabilitación do conxunto defensivo de Monterrei4 Os técnicos analizarán as propostas das empresas que opten a executar os traballos para rehabilitar a fortaleza medieval.

Redacción

Os días 8 e 9 de setem-bro terá lugar polas terras da Eurocidade Chaves-Ve-rín a VII Viaxe Medieval, no que se recrearán episo-dios do casamento de Don Afonso III con Dona Bea-triz no ano de 1�5�.

A praza de Camões, pra-za da República, Largo de Infantaria 19 e vías adxa-centes serán o escenario do evento, que xa chegou a súa sétima edición, e no que se revalorizará a ma-triz local, cultural e social, a través da preservación de valores e da afirmación da identidade de memoria colectiva.

ActividadesDurante os dous días

do evento terán lugar as máis diversas actividades socioculturais, que trans-portarán aos visitantes ata a época medieval, ame-nizada por malabaristas, bufóns, contorsionistas, misturados na multitude con contadores de histo-

investimento de catro mi-llóns de euros. Para via-bilizar esta fase é preciso presentar este proxecto ao Ministerio de Fomento na vindeira xuntanza do Fon-do do 1% cultural.

rias, vendedores de soños e ilusións, falcoeiros e en-cantadores de serpentes, así como con mercaderes, mendigos, ladróns, romei-ros e frades. Todo isto, no medio de pregóns, danza, música propios dunha fei-ra de antano. Así mesmo haberá bancos de comercio alusivos á época medieval para os artesáns, mestres do oculto e vendedores, exposición de réplicas me-dievais e artesanía diversas, mostra de produtos locais, rexionais e nacionais, dan-zas medievais cristiás, mú-sica medieval, artes circen-ses, teatro, xogos infantís e gastronomías medieval.

Ademais de promover o desenvolvemento sociocul-tural, este certame históri-co-cultural dinamiza eco-nomica e turisticamente a vila. Polo éxito das edicións anteriores este evento, que forma parte do roteiro cul-tural do Município de Cha-ves, tamén se estendeu coa colaboración da Eurocidade á participación do Concello de Verín.

EUROCIDADE

VII Viaxe Medieval en Terras da Fronteira4 Os días 8 e 9 de setembro.

Recreación histórica en Chaves, nunha edición pasada./EUROCIDADE.

Aspecto do castelo, hai uns meses./ARQUIVO.

A rehabilitación do castelo preci-sa de fondos do 1% cultural de Fomento para ser viable

Page 5: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

5PUBLICIDADE

Page 6: Agosto 2012 - BXVAC

6 BARRIOSAgosto de �01� VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 Pago de impostos

Está aberto o prazo para o pago dos impostos mu-nicipais de Castrelo do Val correspondentes ao ano �01�. En concreto, os habitantes de Castrelo poden abonar xa o im-posto de circulación de vehículos, a contribución urbana e rústica, ou a taxa pola recollida de lixo e o subministro de auga co-rrespondente ao primeiro semestre do ano.

O pago dos recibos pode realizarse na oficina de recadación de Verín ata o 1 de outubro (na rúa Es-pido, 17) ou ben no pro-pio Concello de Castrelo do Val os dias 10, 11 e 1� de setembro, en horario de 9:�0 a 1�:�0 horas .

4 Aprobación dos orzamentos

O día �7 de xullo apro-bouse en pleno ordinario o orzamento para o ano �01� do Concello de Castrelo do Val. As contas ascen-den a un total de 8�7.76� euros, dos que �58.570 euros serán para gastos de persoal, 485.69� para gasto corrente e 60.000 euros para investimentos. Do mesmo modo apro-bouse a plantilla de per-soal, composta por un se-cretario-interventor, unha auxiliar administrativa e un subalterno.

Na mesma sesión aprobouse unha moción conxunta dos grupos da corporación para solicitar á Xunta axudas para pa-liar os danos ocasionados pola tormenta do pasado �5 de xullo, que produciu destrozos en cultivos, vi-vendas, industrias e ain-mobles de uso agrícola e gandeiro.

4 Laza contra a tala de castiñeiros

Veciños de Laza mani-festáronse para reclamar unha alternativa ás obras do AVE que evite a tala de árbores centenarias.

A Sociedade Galega de Historial Natural xa reclamara a paralización cautelar e urxente dos traballos de construción da liña de alta velocida-de por están a arrasar un “excelente”souto de casti-ñeiros en Cerdedelo.

O comezo das obras de restau-ración é inme-diato unha vez se firme o re-planteo da obra

Redacción

O conselleiro de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou a igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilarde-vós, na que se investirán 150.846 euros en obras de restauración.

O contrato para a exe-cución das melloras xa foi asinado e quedou publicado no Diario Ofi-cial de Galicia no mes de xullo, e unha vez que se realice o replanteo das obras comezará a súa execución.

Entre as actuacións destacan a substitución da cuberta- incluíndo a estrutura de madeira- que pasará a ter madeira de castiñeiro, e contará con

illamento térmico, lámina impermeabilizante transpi-rable, fibrocemento e tella cerámica curva. Ademais

os encontros das cubertas entre a torre e o corpo prin-cipal contarán cunha lámi-na de chumbo.

VILARDEVóS

Xesús Vázquez comproba o estado da igrexa de Santa Cruz de Terroso4 Educación e Cultura investirá no edificio máis de 150.000 euros en obras de restauración e conservación

O conselleiro de Cultura e Educación, acompañado do alcalde de Vilardevós, comproba o estado do interior da igrexa de Santa Cruz de Terroso./RAMSÉS.

Melloras das estrutu-ras internas

A estrutura do coro e o seu correspondente enta-

O “Bosque Máxico” ubicarase en Laza4 O Plan de Competitividade “Puertas de Galicia” pretende con-vertilo nun equipamento turístico de referenza.

boado será cambiada por unha nova de madeira de castiñeiro. Do mesmo xei-to, unha parte da varanda será restaurada e a outra será colocada.

O pavimento de terrazo do presbiterio e as escalei-ras de acceso serán some-tidos a unha cata que con-firme se é preciso retirar o pavimento existente ou se ben o novo, que será de granito, irá directamente sobre o que está agora.

As carpintarías das fies-tras pasarán a ser de bronce e contarán con ventilación permanente a través dos vi-dros solapados que tamén se instalarán; do mesmo xeito tamén serán restaura-das as carpintarías de ma-deiras en portas; retiraran-se os cableados obsoletos e renovarase a instalación eléctrica e de iluminación así como os camiños de acceso.

Redacción

A Casa da Cultura de Verín acolleu a presenta-ción do proxecto “Bosque Máxico” que promove o Plan de Competitividade Turística “Puertas de Gal-cia”, dirixida a represen-tantes da administración

pública. Juan Manuel Jiménez

Morán, presidente da comi-sión de seguimento do PCT Puertas de Galicia, Ignacio Fernández Dosil, xerente de Puertas de Galicia e Eduar-do Martinez, representan-te da Empresa Hidria, que realizou o estudo de loca-

lización do denominado “Bosque Máxico” deron a coñecer os resultados finais deste estudo.

51,6 ha en LazaFinalmente o municipio

de Laza foi o elixido pola empresa HIDRIA para aco-ller estas instalacións.

Trátase dun espazo de 51,6 hectáreas, con gran frondosidade de distintas especies arbóreas e bordea-do polos cursos do Regato das Laxes de Souteliño e o Río dos Muiños. Con grande predominancia de piñeiros pero coa existencia de parcelas de castiñeiros e carballos silvestres ademais de especies arbustivas como o madroño e vexetación de ribeira como ameneiros, freixos ou salgueiros.

O Plan de Competitivida-de “Puertas de Galicia” pre-tende convertir este espazo nun equipamento turístico de referenza na promoción dun turismo de sensacións e de experiencias no medio rural.

Espazos diferenciadosO proxecto consta de

cinco espazos diferencia-dos. O primeiro deles, o de acollida, ao que se accede-rá mediante un pasadizo e

onde se ubicará un centro de recepción de visitantes, tenda, oficina de informa-ción ou aseos.

Nun segundo espazo, re-creativo, instalaranse me-rendeiros e xogos tradicio-nais.

O espazo didáctico – ex-periencial consistirá nuns nidos en suspensión sobre os troncos das árbores, con capacidade para acoller ata 6 ocupantes e a unha altura duns 4 metros. Son o recur-so “feiticeiro” do bosque a través do cal os promotores queren articular o resto da oferta.

Tamén haberá un espazo aventura cun percorrido de cordas en altura, con activi-dades como tirolinas, esca-lada, pontes colgantes, des-censos, equilibrios ou pasos elevados.

O quinto e último espazo é o sensorial, denominado “Sendeiros de Experiencias e Patrimonio Intanxible”. A través destes sendeiros transmitiranse as tradi-cións, lendas e a cultura ga-lega, identificadas mediante iconas ao longo dos perco-rridos, e apoiadas en audio guías.Infografía de como sería o centro de recepción de visitantes do bosque.

Page 7: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

7PUBLICIDADE

Page 8: Agosto 2012 - BXVAC

8 BARRIOSAgosto de �01� XINZO E COMARCA

Redacción

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Par-do López, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Roge-lio Martínez; e o alcalde de Trasmiras, José Pazos Ojea, inaugurou neste municipio ourensán o al-bergue para peregrinos de Viladerrei.

Esta nova instalación, vén incrementar en �0 o número de prazas de al-bergues para peregrinos da Vía da Prata, que agora suma �76 nas 1� instala-cións coas que conta esta vía de peregrinaxe no seu percorrido galego. Con esta incorporación, os pe-regrinos disporán de �.�07 prazas na rede pública de albergues de Galicia.

Na súa intervención, Carmen Pardo salientou a actuación da Xunta de Galicia na construción de albergues para peregrinos que no período �009-�01� supuxo, “un investimento de máis de 5,6 millóns de euros”. Segundo manifes-tou a secretaria xeral para o Turismo, “isto pon de manifesto a importancia que a Xunta de Galicia lle dá ao Camiño de Santia-go, nun dos momentos nos

que máis axustes se están a producir nos orzamentos públicos”.

Vía da PrataPor outra parte, a secre-

taria xeral para o Turismo salientou o pulo que está a acadar a Vía da Prata como ruta de peregrinaxe a San-tiago de Compostela que, segundo manifestou, aco-lleu 14.197 peregrinos que obtiveron a Compostela no último Ano Santo de �010.

Neste ámbito, nos últimos sete meses polo Camiño do Sueste chegaron a Santiago

5.0�� peregrinos, mentres que no mesmo período do ano anterior fixérono 4.753, o que supón un incremento do 5,�%.

Carmen Pardo tamén se referiu ás pernoitas, nos albergues do Camiño do Sueste, sinalando que en �011 producíronse �4.818, e no que vai de ano “leva-mos 1�.681 pernoitas”.

Albergue de ViladerreiEste novo albergue de pe-

regrinos de Viladerrei asén-tase sobre unha edificación rehabilitada que ocupaba

unha antiga farmacia e que conta con, semisoto, plan-ta baixa e primeira planta, nunha edificación con mu-ros de pedra, dentro dunha superficie total de 412,68 metros cadrados.

O acceso principal ao al-bergue realízase pola planta baixa mediante recibidor, a xeito de cortaventos para acceder ao salón onde se sitúa a cabina do alberguei-ro. A planta alta conta cuns aseos, un distribuidor e dúas estancias para dormitorios. Tamén existe unha galería orientada ao sueste.

O albergue conta con dúas edificacións anexas nas que se atopan o come-dor, un cuarto, vestiarios e un lavadeiro-tendedeiro, envorcados ao espazo inte-rior a xeito de eira.

A edificación trata de crear un espazo de fácil comunicación e transición, e buscar un mellor apro-veitamento da superficie. Os porches permiten unha transición pausada co ex-terior, conformados como espazos de estancia, paso e visualización.

TRASMIRAS

Carmen Pardo inaugura o albergue de peregrinos de Viladerrei4 Esta instalación vén sumar �0 novas prazas á Vía da Prata.

O alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, e a secretaria xeral para o Turismo, Car-men Pardo, entre outras autoridades, visitan o interior do albergue./RAMSÉS.

O albergue de Viladerrei ubícase nunha edificación rehabilitada antigamente ocupada por unha farmacia./RAMSÉS.

Nos últimos sete meses chegaron a Santiago 5.023 peregrinos polaVía da Prata

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas publicou no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras do co-lector xeral de saneamento entre San Pedro de Laroá e Rebordechá, en Xinzo de Limia.

A Xunta, a través de Au-gas de Galicia, licita este proxecto tal e como se comprometera o consellei-ro Agustín Hernández na súa última visita a Xinzo de Limia. A Consellería de Medio Ambiente investirá un orzamento de máis de 164.000 euros nestas obras cuxo prazo de execución é de tres meses.

Proxéctase a conexión do núcleo de San Pedro coa

estación depuradora de Rebordechá, consistindo na construción dunha im-pulsión de 1.666 metros e un pozo de bombeo. Es-tas obras, que pretenden resolver as carencias en infraestruturas hidráulicas deste municipio, executa-ranse ao longo deste ano. A obra beneficiará a 400 habitantes.

Colector para Tran-deiras e Soutelo de Pena

Agora queda pendente que Augas de Galicia lici-te as obras dos colectores para as zonas de Tran-deiras, Soutelo de Pena e Pena, que mellorarán o servizo a outros �00 ve-ciños, e que tamén foran prometidas polo consellei-ro de Medio Ambiente.

A Xunta licita a obra do colector de saneamento entre San Pedro de Laroá e Rebordechá4 Por un valor de 164.000 euros e cun prazo de execución de tres meses.

Os socialistas piden implicación ao alcalde na loita contra o peche do xulgadoRedacción

Os socialistas de Xinzo de Limia piden ao alcalde, Antonio Pérez, unha maior mobilización en contra do posible peche do xulgado de Xinzo, demandando que a recollida de firmas que se está levando a cabo se faga nas dependencias que o Concello de Xinzo ten no municipio.

A portavoz, Elvira Lama, explica que a campaña ini-ciada polos socialistas na que se invitaba a todos os establecementos da vila a colocar carteis reivindica-tivos tivo unha excelente acollida, pero é necesaria unha maior participación na recollida de sinaturas de todos os veciños que o des-exen, así como trasladar es-

tas iniciativas ao resto dos pobos do rural, “máxime no mes de agosto, que é cando máis xente está nos pobos da zona”.

“O consenso de todos os partidos aprobando unha moción conxunta (no último pleno) debe ir máis alá dunha mera declaración de inten-cións”, sinala a voceira socialista, que lle pide ao dirixente popular que se poña ao fronte dunha reivindicación “tan xusta como necesaria” para a comarca da Limia.

Neste sentido, Elvira Lama advirte que a per-manencia ou non deste servizo básico na vila de Xinzo “dependerá da ca-pacidade de mobilización e de resposta do alcalde de Xinzo e da comarca. Un servizo que, de per-derse, ocasionará graves prexuízos económicos e persoais para os usuarios e o para resto do tecido empresarial de Xinzo”.

Page 9: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

9PUBLICIDADE

Page 10: Agosto 2012 - BXVAC

10 BARRIOSAgosto de �01�

XINZO E COMARCA

A casa cuartel, de seis plantas, dispón de dependencias oficiais e 15 vivendas

A aprobación en pleno, último trámite do acordo laboral do Concello de Xinzo 4 A CIG non o refrendou.

Xinzo estrea cuartel da Garda Civil4 O director xeral da Benemérita inaugurou as instalacións, nun acto marcado polas protestas dos traballadores municipais. Redacción

O director xeral da Gar-da Civil, Arsenio Fernán-dez de Mesa, inaugurou o novo cuartel de Xinzo de Limia nun acto que se viu interrumpido por unha ma-nifestación de traballado-res municipais, convocada pola CIG, coa que protes-taban contra os recortes salariais.

A protesta marcou a in-tervención de De Mesa, que recordou que “afortu-nadamente cada catro anos temos as urnas para elexir a quen queremos que nos goberrne”. O director da Garda Civil tamén tivo pa-labras de agradecemento para o Concello de Xinzo, por cederlle as dependen-cias onde se ubicaron os efectivos mentres se cons-truía a casa cuartel, e para os gardas civís destinados na vila, aos que lle pediu que continúen prestando servizo coa mesma lealta-de e compromiso que ata o de agora.

No acto de inaugura-ción tamén participou o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o alcalde de Xinzo, Anto-nio Pérez, que reivindicou para a localidade a oficina de intervención de armas. A inauguración contou coa presenza do delegado da Xunta en Ourense, Roge-lio Martínez, do presiden-

te da Deputación, Manuel Baltar, de senadores e de-putados do PP e do PSOE, e de representantes da xu-dicatura ourensá.

10 meses en funciona-mento

Aínda que a inaugura-ción non se produciu ata este �0 de xullo, o cuartel de Xinzo xa leva en fun-cionamento uns dez meses, desde finais de outubro pa-sado. Trátase dun edificio de �.�00 metros cadrados,

distribuidos en seis plan-tas. Conta con dependen-cias oficiais e 15 vivendas para os axentes e as súas familias, así como prazas de garaxe para vehículos oficiais e particulares. O custo total das obras as-cendeu a case dous millóns de euros. En Xinzo prestan servizo �� gardas civís, distribuidos en Seguridade Cidadá, Equipo de Policía Xudicial e Destacamento de Sede Xudicial.

A creación desta ins-

talación remóntanse a 2004, cando se firmou o protocolo para a cons-trución da casa cuartel de Xinzo. Pero non foi ata �008 cando comezaron as obras, que remataron en xuño do ano pasado.

Acto de inauguración do cuartel da Garda Civil de Xinzo./BRAIS LORENZO.

P.L.

A aprobación en pleno, previsiblemente o vindeiro �0 de agosto, será o último trámite que falte do acor-do laboral no Concello de Xinzo, que supón unha redución salarial de entre un 15,61 e un ��% nunha plantilla de 1�1 traballa-dores. O recorte de soldos non terá que aplicarse este ano, pois o aforro previs-to con esta medida xa se consigue coa supresión da paga extra de Nadal aprobada polo Goberno central.

Non houbo acordo coa CIG

Na última reunión entre as partes (o xoves 1�), o sindicato CIG, maioritario entre os funcionarios deci-diu non refrendar o acor-do, que si asinaron CCOO e CSIF.

As reticencias do sindi-cato nacionalista a aprobar a proposta do goberno lo-cal tiñan que ver coa eli-minación da cláusula do convenio colectivo que permite aos traballadores que foron despedidos de forma improcedente elexir entre a indemnización e a readmisión. “Ata hoxe

(polo día da xuntanza) pro-poñíamos aceptar a retirada da cláusula para o persoal temporal, e hoxe dixemos que aceptábamos tamén para indefinidos (para no-vas incorporacións) sempre e cando os indefinidos ac-tuais conservasen esa cláu-sula no seu contrato”, expli-caba o responsable da CIG, Anxo García Torres. A súa proposta non foi aceptada polo alcalde.

García Torres adiantou que o sindicato estuda pre-sentar un conflicto colecti-vo contra esta medida can-do se aprobe en pleno ao considerar que se produce “un fraude de lei”.

Aplicación do acordoA partir de �01� e en fun-

ción do plan de prexubila-cións e outros axustes pre-vistos, o Concello aplicará á plantilla unha rebaixa sa-larial de entre o 15,61 e o ��%, co obxectivo de afo-rrar 500.000 euros anuais, tal e como se prevé no plan de axuste aprobado polo goberno local.

A redución de salarios será de entre un 15,61 e un 22%

Page 11: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

11XINZO E COMARCA

O BNG critica a demora nas obras da avenida de Portugal4 Os nacionalistas consideran que está a causar un “prexuízo irreparable” na hostalaría e no comercio local.Redacción

As obras de mellora da OU-�04, avenida de Por-tugal de Xinzo, que se ve-

ñen executando ao longo desta travesía urbana de 1,5 km, están a causar un serio prexuízo no volume de negocio da hostalaría

e o comercio local. Así o denuncian desde o BNG da localidade, que cifran as perdas en ata un 50% “debido aos preceptivos

rodeos de tráfico que estas obras obrigan a practicar”.

Despois de máis dun ano de traballos os nacio-nalistas consideran que a culminación definitiva das obras atópase “moi demo-rada” e “sen visos dunha pronta materialización o que asemade fai prever que se converterá nunha seria eiva loxística tamén para o sector da agricul-tura da comarca da Limia co inminente comezo da campaña do cereal e da pa-taca”. Refírense ao feito de que a avenida de Portugal é unha das principais vías de conexión entre as zonas de produción e os interme-diarios almacenistas.

Dado que se trata dun-ha infraestrutura urbana “moi demandada e agar-

Os concelleiros do BNG de Xinzo, Ramiro Rodríguez e Xosé Lois Carreira, coa deputada Tareixa Paz, nas obras da avenida de Portugal. /BNG.

dada pola veciñanza nos últimos 15 anos” e “dado que finalmente será exe-cutada sen beirarrúas, sen o mobiliario urbano bási-co, sen cableado eléctrico soterrado e creando ase-made numerosos proble-mas cos niveis e cotas da rede de saneamento que obriga xa hoxe a unha du-cia de vivendas unifami-liares a instalar pola súa conta e prexuízo sistemas de bombeo das augas fe-cais”, o BNG solicita a máxima dilixencia da al-caldía de Xinzo da Limia e presentará no Parlamen-to de Galicia iniciativas parlamentares acaídas “que determinen se a ma-terialización final destas obras se corresponde fiel-mente co alí proxectado e certificado”.

Preguntarán no Parlamento se a materialización das obras se corresponde co proxectado

A edil Montse Lama renuncia á paga extraRedacción

A concelleira de Per-soal, Comunicación e Relacións Institucionais de Xinzo, Montse Lama Novoa, renunciará ás súas pagas extras en solidarie-dade cos funcionarios, aos que se lles suprimiu a paga extra de Nadal.

A edil popular, que dis-fruta dunha de dedicación exclusiva, considera que os políticos “debemos predicar co exemplo, e ser os primeiros na lista en reducir as nosas atri-bucións polo cargo que defendemos”.

Montse Lama, concelleira do PP en Xinzo./ARQUIVO.

Page 12: Agosto 2012 - BXVAC

1� BARRIOSAgosto de �01�

XINZO E COMARCA

Xinzo descúbrenos o “crowdfunding”4 Trátase dunha innovadora fórmula de financiamento de proxectos culturais.S.N.

Oito mozos de Xinzo fixeron realidade este 2012 iso dos propósitos de ani-novo. Mentres os demais nos apuntábamos, sen éxi-to, a clases de inglés ou ao ximnasio a principios de xaneiro, eles decidían bo-tar a andar unha iniciativa que lles levaba un tempo rondando pola cabeza, a Asociación Lou-Plou e con ela o “crowfunding”.

Lou-Plou é unha asocia-ción cultural sen ánimo de lucro que ten como prin-cipal función a promoción da cultura na nosa comu-nidade, para o que utilizan o seu blog como axenda así como un escaparate das diversas actividades ás que acoden, para que poida ser un foro aberto ao diálogo máis informal que nas webs oficiais non ten cabida.

Así mesmo, esta asocia-ción ofrece unha oportu-nidade a todo tipo de ar-tistas (escritores, músicos, deseñadores, etc.), sexan ou non galegos, que traba-llan actualmente en Gali-cia, pero que non contan cos recursos económicos precisos. Como? A través do “crowfunding”, unha pioneira forma de finan-ciamento, descoñecida ata o momento en Galicia que parte de diversas doazóns de importe reducido pro-cedentes de numerosos particulares, que poden realizar a súa achega dun xeito totalmente desin-teresado e anónimo ou pasando a formar parte do propio proxecto, re-cibindo a cambio a com-pensación que o artista considere. “Esta compen-sación é proporcional á axuda realizada”, explica Paula Díaz, presidenta da Asociación Cultural Lou-Plou. “Se por exemplo ti contribúes cun músico el pode regalarche un dis-co, así aforras os cartos

de mércalo mentres que lle axudas directamente ao ar-tista a que saque adiante o seu proxecto”.

Ademais, o �% do reca-dado en cada caso será adi-cado a realizar actividades relacionadas co tema, que irán destinadas aos socios de Lou-Plou ou ao públi-co en xeral. “Seguindo co exemplo do músico, co �% do financiamento dun disco organizamos obradoiros de música ou similares”, acla-ra Paula.

Trátase dun novidoso método que nace en Xinzo como froito das inquedan-zas destes mozos. “En Gali-cia non existía, pero en Ma-drid ou Barcelona si. Nós estábamos cansos de que habendo tantos interme-diarios os artistas galegos non puidesen vivir do seu propio traballo, nin poder participar de xeito activo e útil en proxectos culturais que nos interesan”.

Presentación en socie-dade

Para dar a coñecer este proxecto a Asociación Cul-

tural Lou-Plou realizou unha presentación oficial o pasado venres �7 de xullo no Café-Bar Fandinga de Xinzo, onde unha exposi-ción sobre a actividade da Asociación e o “crowfun-ding”, reparto de chapas, sorteo de tres abonos para un festival de Bueu e o concerto de Álvaro Vieito lograron congregar a preto de 70 persoas (de entre 18 e �5 anos), que acudiron a esta cita cargadas de intere-se. “Despertou curiosidade e a xente acudiu específica-mente para coñecer de que falabamos. Sorprendeunos a afluencia positivamente e cremos que os asistentes se foron contentos”, asegura Paula Díaz.

Pero o público presen-te, ademais de coñecer máis de preto este pionei-ro proxecto, puido voltar a casa formando parte del, porque dende a asociación convertíron a todos os que quixeron en “Usuarios VIP”, que poderán probar a web da plataforma (que entrará en funcionamento o vindeiro mes) 15 días antes

que os demais, así como ser os primeiros en coñecer os proxectos que se irán in-cluíndo nesta iniciativa e demais información rela-cionada.

Agora é o momento de colaborar directamen-te coa cultura galega e o “crowfunding” é a mellor maneira de facelo. Todos os interesados en coñecer máis información sobre a asociación ou este método de financiamento, así como os proxectos que emprega-rán esta iniciativa para ver a luz só terán que consultar a web da plataforma, na que ademais de realizar a súa doazón poderán votar os proxectos expostos, “para que o propio artista poida ir coñecendo de anteman a opinión do público”, expli-ca Paula.

Ensaios da festa de presentación da Asociación Lou-Plou en Xinzo de Limia.

Ademais, deben saber que todas as doazóns son anónimas para o público en xeral, realízanse me-diante PayPal e non existe ningunha contribución mí-nima obrigatoria. O único que terá os días contados será o tempo durante o cal se poden realizar doazóns para cada proxecto, que o establecerá o propio artista en función das súas necesi-dades.

E como non hai nada me-llor que predicar co exemplo, dende a Asociación Cultural Lou-Plou adiantáronnos que serán eles mesmos os primeiros que se sometan a exame, xa que a súa pla-taforma de “crowfunding” será o primeiro proxecto que se poderá financiar median-te o propio método que lle dá nome.

“Estábamos cansos de que habendo tantos intermediarios os artistas ga-legos non puidesen vivir do seu pro-pio traballo, nin poder participar en proxectos culturais que nos interesan”

EN BREVE

4 PSdeG e BNG cuestionan a adxudicación da praza de letrada

De “escandalo” e “ca-cicada” cualifican desde BNG e PSdeG a adxudi-cación a María del Car-men Prado, filla do ex delegado de Medio Am-biente da Xunta co PP, Agustín Prado Verdeal, da praza de avogada do Concello de Xinzo.

“Baixo o falso argu-mento de reducir o gasto en profesionais da xustiza, o alcalde crea unha praza de letrado que custará ás arcas municipais 40.000 euros anuais”, sinala a voceira socialista Elvira Lama, quen opina que a nova praza foi creada “ad person” para a filla de Prado Verdeal, como pre-mio ao seu pai por estar censado en Xinzo nas últi-mas eleccións municipais. O BNG, pola súa banda, considera que o concur-so-oposición estivo “ama-ñado desde o principio á medida da gañadora cun tribunal político”.

Os dous partidos da oposición criticaron esta concentración en plena época de negociación de recortes salariais aos tra-balladores municipais de Xinzo.

4 O pleno rexeita a mina de feldespatos

A corporación munici-pal de Xinzo aprobou no último pleno rexeitar a concesión dunha explota-ción mineira de feldespa-to en Faramontaos.

O proxecto, que con-ta coa autorización do Goberno autonómico, é rexeitado tanto polo go-berno local como pola oposición e os veciños da zona, que cren que esta explotación podería afec-tar negativamente as súas terrs. O BNG pide que os técnicos municipais infor-men negativamente sobre esta concesión.

Page 13: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

1�PUBLICIDADE

Page 14: Agosto 2012 - BXVAC

14 BARRIOSAgosto de �01�

ALLARIZ E COMARCA

O Concello quere recuperar superficies de monte dedicada á cría de boi

R.T.

Que o Concello de Allariz vólcase co boi é unha evidencia consta-tada coa súa festa máis internacional, a do boi. Pero non quería quedar aí, e decidiron mostrar as excelencias gastronó-micas do animal de carga con máis forza. Durante unha semana, a que foi do �8 de xullo ao 5 de agosto, Allariz volveu vibrar co boi, pero en vez de ser nas rúas esta vez foi na mesa. Ao longo dos nove días das xor-nadas, nos locais da vila puidéronse degustar pin-chos e tapas elaborados con carne deste animal.

O domingo �9 de xullo e o 5 de agosto, no Salón de convencións do AC Hoteis tivo lugar o xan-tar degustación, onde o boi elaborouse dun sinfín de maneiras (empanada, carpaccio, hamburguesas e chuletóns, entre moitas outras opcións). Tamén celebrouse un tapeo (o venres � de agosto) e unha espetada. O entor-no do Arnado foi o lu-gar elexido para celebrar esta primeira espetada de

boi á brasa. Entre o xantar-degustación e a xornada de espetada máis de 400 persoas puideron gozar do sabor desta carne.

Posible cambio de da-tas

Desde o Concello de Allariz mostran a súa satis-fación por estas primeiras xornadas, pero plantéxanxe un cambio de datas para futuras edicións. “Quizáis a data destas xornadas as cambiemos. Allariz ten

O boi chega á mesa4 Allariz reúne máis de 400 comensais nas dúas xornadas de xantar-degustación da carne do boi.

moitas ofertas e debemos buscar unha data axeita-da”, indicaba o alcalde alaricano, Francisco Gar-cía. Para o rexedor estás xornadas foron “moi po-sitivas”, e con elas queren “consolidar a cría de boi” que xa se fai “tanto desde o propio concello como desde a iniciativa privada, polo que pretendemos que se consoliden a medio pra-zo e que se venda esta car-ne”. García explicaba que desde o Concello intentan

recuperar superficies de monte e a cría de boi, co valor medioambien-tal que iso supón”. Toda unha cultura do boi que se quere implantar tanto nas rúas coma nos esta-blecementos de Allariz.

Redacción

O conselleiro de Cul-tura, Educación e Or-denación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou en Allariz que as iniciativas levadas a cabo polo seu departamento na formación de idiomas xa chegaron a preto de 10.000 docentes.

O conselleiro fixo re-ferenza ao compromiso da Xunta de Galicia coa formación do profeso-

Os cociñeiros ensinan os diferentes pratos elaborados a base de carne de boi; á esquer-da Flavio Morganti, promotor das xornadas. /IÑAKI OSORIO.

O conselleiro de Cultura e Educación con algúns profesores que participaron no curso de mellora das competencias de inglés en Allariz./RAMSÉS.

rado, ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras durante a visita que realizou a Allariz, onde 19 profesores melloraron as súas competencias en inglés nunha estadía lingüística enmarcada nos plans de for-mación.

Ao mesmo tempo, Váz-quez Abad aproveitou para agradecer o esforzo dos do-centes galegos a prol do im-pulso do plurilingüismo no noso sistema educativo. “O feito de que decidan dedicar

tempo a actualizar e mello-rar os seus coñecementos en linguas estranxeiras dá conta do seu compromiso co alumnado, ao que po-derán ofrecer unha mellor

Xaime Iglesias, edil do BNG en Baños de Molgas, novo deputado provincialRedacción

O edil e voceiro do BNG en Baños de Mol-gas, Xaime Óscar Iglesias Pérez. substituirá ao al-calde de Vilar de Santos, Xan Jardón, como depu-tado provincial da forma-ción frentista.

Jardón presentara a súa renuncia como deputado a mediados de xullo alu-dindo a motivos “que lle impiden atender as obri-gas propias do cargo de deputado coa dedicación que tal responsabilidade comporta”.

Na sesión extraordi-naria na que formalizou a súa renuncia (o 19 de xullo), o traballo realiza-do desde a oposición por Jardón foi alabado polos restantes grupos políticos e polo presidente provin-cial.

A intención de Xaime Iglesias era tomar pose-sión da súa acta como de-putado no pleno ordinario do �7 de xullo, pero non puido facelo ao terse re-trasado a tramitación da súa credencial. O edil de Baños acompañará a Leo-poldo Rodríguez, conce-lleiro en Celanova, nos labores de oposición do BNG no ente provincial.

Allariz foi sede dun curso de mellora de inglés para docentes4 O conselleiro de Educación visitouno.

formación”, destacou.O curso, que se desenvol-

veu en Allariz en xullo, foi unha das actuacións impul-sadas pola Consellería no marco do Plan Integral de

Axuda ás Linguas Estranxei-ras (PIALE), que comprende diversas actividades forma-tivas en idiomas para o pro-fesorado, tanto en España como no estranxeiro.

O PSOE de Maceda considera irresponsable o gasto do Concello nas festasRedacción

O PSdeG de Maceda rexeita o gasto “despro-porcionado” realizado polo Concello nas festas, cualificándoo de “irres-ponsable dado o tempo que estamos a vivir e á mala situación financeira do consistorio”.

A voceira socialista, Ana María Rodríguez, afirma que coas contas alarmantes que o Conce-llo de Maceda ten (cun recente Plan de Axuste de preto de 750.000 euros máis unha débeda millo-naria que condiciona o desenvolvemento durante 10 anos) o feito de plani-ficar unhas festas esaxe-radas alongando a súa duración converten en “irresponsable” a xestión feita polo alcalde e o seu equipo, “máxime se te-mos en conta a nula orixi-nalidade, xa que existen insignificantes variacións en comparación ás de anos pasados”.

A política socialis-ta contrapón este gasto á supresión de servizos sociais básicos como a a axuda básica no fogar de asistencia ás persoas maiores; o transporte para a metade da poboación e dos pobos do concello; o apoio educativo ao alum-nado con necesidades socioeconómicas, refor-zo educativo de inglés, e programa lúdico-educati-vo no verán, ‘Educapisci-na’; e os recortes nos pro-gramas de conciliación da vida laboral e familiar. “É irresponsable porque gástase o diñeiro de xeito insolidario, xa que non se fai un esforzo en servizos sociais que afectan espe-cialmente nestes momen-tos de crise a quen máis o necesita”. Por isto, os so-cialistas rexeitan as deci-sión que o alcalde toma e que repercuten ao diñeiro de todos e todas.

Non obstante, Rodrí-guez afirma que o PSdeG “celebra e participa nas festas tradicionais”, xa que forman parte do acer-vo cultural, pero “con gasto responsable e axei-tado á situación actual”.

Page 15: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

15ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

4Participación na Feira de Artesanía

O 9 de setembro desen-volverase en Allariz a X Feira de Artesanía “Arte de man”, actividade que organiza o Concello en co-laboración coa Asociación de Artesáns da vila e da que xa se coñecen as bases que han de cumplir os in-teresados en participar, que deberán inscribirse antes do �0 de agosto.

A décima edición do mercado de artesanía “Arte de man” preséntase como medio de promoción e venda dos traballos dos ar-tesáns locais e convidados. Desenvolverase nas prazas do casco histórico da vila e está previsto que participen un total de �5 postos. Ade-mais, haberá demostra-cións en vivo de diferentes oficios artesanais.

4 Reformas no CEIP Padre Feijoo

O Concello de Allariz está a acometer obras de mellora e mantemento no colexio público Padre Fei-jóo. A brigada municipal foi a encargada de efectuar as obras que comprende-ron un novo alicatado nos corredores e zona de la-vabos, pintado de aulas e melloras no patio exterior; posibilitando con elas un bo estado do centro para o comezo do novo curso es-colar en setembro.

O alcalde, Francisco García, mostrou de novo a súa preocupación ante a falta de prazas no co-medor escolar de Allariz polo que reitera á Xunta a “pronta solución para os usuarios do servizo” para poder ofrecer un servizo de calidade “en tanto non se realizan as obras do novo centro”.

O Concello quere recuperar superficies de monte dedicada á cría de boi

Redacción

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Mar-tínez, acompañado polo xefe territorial da Conse-llería de Traballo e Be-nestar Social, José Selas, visitou o centro Valverde, no concello de Allariz, unhas instalacións que combinan unha vivenda tutelada cun centro de formación para o empre-go. Os menores tutelados acoden aos cursos for-mativos no mesmo cen-tro onde viven, nos que tamén participan outros adultos seleccionados entre os demandantes de emprego. Todos, se supe-ran a formación, reciben o

correspondente certificado de profesionalidade.

Para o ano �01� progra-máronse neste centro, ex-tensión do centro integrado de Formación Profesional (CIFP) Santa María de Eu-ropa de Ourense, un total de dez cursos de forma-ción para o emprego, dos que actualmente se están impartindo catro dirixidos a 60 alumnos. Actividades auxiliares en viveiros, xar-díns e centros de xardinería, servizos de bar e cafetería e operacións básicas de coci-ña e de aloxamentos son as materias ofrecidas.

Os menores tutelados unha vez que rematen os cursos recibirán unha cuali-ficación e certificación sufi-ciente para a integración no

mercado de traballo e con validez en todo o territorio nacional.

AsesoramentoO centro Valverde ta-

mén acolle unha oficina para o asesoramento e a avaliación da acreditación das competencias profe-sionais adquiridas a través da experiencia laboral. No que vai de ano, foron ava-liadas �40 persoas e ase-soradas 106 por un total de �8 técnicos.

O delegado da Xunta cos estudantes do curso de cociña do Centro de Valverde./A.F.

O centro Valverde combina residencia de menores tutelados e cursos formativos4 O centro alaricano funciona como extensión do CIFP Santa María de Europa de Ourense.

60 alumnos par-ticipan na actua-lidade en catro cursos formati-vos neste centro

Redacción

No ecuador da terceira edición do Festival Interna-cional de Xardíns de Alla-riz, que permanecerá aberto ata novembro, os xardíns efémeros dedicados á auga xa foron visitados por �0.000 persoas. No mes de agosto, estase a rexistrar unha media de 1.000 visitas nas fins de semana e 200 nos días laborables.

As cifras mostran o gran interese pola iniciativa alaricana e , segundo re-cordaba Bernardo Varela, concelleiro de Medio Am-biente, a consecución dos obxectivos perseguidos coa posta en marcha do festi-val “a recuperación dun amplo espazo a carón do río Arnoia para uso e goce dos veciños e veciñas do municipio; a contribución á dinamización económica, aumentando á capacidade de atracción turística e de xeración de emprego; e a potenciación e sensibili-

20.000 persoas xa visitaron o Festival de Xardíns4 O recinto amplía horario nas noites dos sábados de agosto.

zación do paisaxismo na xardinería como valores asociados a Allariz.”

Ampliación de horariosNo mes de agosto, o

Festival de Xardíns abre as súas portas os sábado ata medianoite, para que os visitantes poidan gozar do espectáculo de luces das fontes instaladas no recinto pola empresa Ghe-sa Fuentes. E no marco da Festa da Empanada, o sábado 18 de agosto ce-lebrarase o concerto de “Green Notes”.

Co obxectivo de relan-zar turisticamente o festi-val, o Concello de Allariz deseñou varios produtos de merchandising, como camisetas, gorras, mochi-las, libretas ou bolígrafos, centrados no libro “Auga amiga”, publicación rea-lizada por un dos equipos participantes que pretende mostrar a importancia da auga e a súa conserva-ción.

O público contempla un dos xardíns efémeros que concur-san nesta edición./ARQUIVO.

Page 16: Agosto 2012 - BXVAC

16 BARRIOSAgosto de �01� PUBLICIDADE

Page 17: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

17PUBLICIDADE

Page 18: Agosto 2012 - BXVAC

18 BARRIOSAgosto de �01� CELANOVA E COMARCA

A. Mínguez

Máis dun cento de per-soas manifestáronse polas rúas de Celanova en protes-ta pola falta de pagamentos de Novagalicia Banco. Unha acción promovida por 19 empresarios da zona da que dependen máis de 50 familias ás que a enti-

dade lles debe case �00.000 euros dunha promoción ur-banística e á que se sumaron afectados polas preferentes da entidade bancaria e ve-ciños de Celanova en xeral en apoio aos afectados por ambas as cuestións.

A protesta comezou ante as oficinas do banco, os ma-nifestantes cruzaron repeti-

Afectados por falta de pagamentos de Novagalicia Banco maniféstanse en Celanova4 Convocados por 19 empresarios aos que a en-tidade lles adebeda case �00.000 euros.

damente o paso de peóns causando un importante caos no tráfico da vila que o xoves � de agosto vivía un dos maiores mercados semanais, ao coincidir nas vésperas das festas da Ra-mallosa, e por tratarse do primeiro mercado do mes, cando a maioría dos veci-ños da comarca acoden a

Asistentes á manifestación en Celanova./ALEJANDRO MÍNGUEZ.

Alejandro Mínguez

O día �1 de xullo cele-brouse no Concello de Ce-lanova un pleno de trámite con numerosas cuestións ordinarias no que se puxo de manifesto unha vez máis o escaso interese dos veci-ños pola vida política mu-nicipal, xa que estiveron baleiras as �0 cadeiras do salón de plenos destinadas ao público.

A Aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Celanova, transferencias de créditos para o pagamen-to de vestiarios deportivos, a nova nomenclatura de rúas e lugares ou mocións dos grupos encheron os puntos a tratar sen excesivo debate. A oposición, BNG e PSOE, aproveitaron o último pun-to na orde do día, “rogos e preguntas”, para intervir e pór de manifesto a descon-formidade coa actuación do goberno do PP.

Crítica á falta de xestión municipal

Dende o BNG demanda-ron a execución de deter-minadas obras de mellora e criticaron que dende o Con-

cello de Celanova non se fixesen xestións para con-correr a subvencións publi-cadas no Diario Oficial de Galicia para o propio Con-cello ou para entidades ou asociacións do termo mu-nicipal. Axudas relativas a proxectos dinamizadores, iniciativas turísticas e em-presariais ou promoción do emprego.

O voceiro nacionalis-ta, Leopoldo Rodríguez Puga, considera que a res-posta do alcalde a todas as cuestións formuladas con “non se realizou ningunha xestión” deixa moito que desexar como mandatario. Por iso dende o BNG la-mentan “a pouca xestión realizada por parte do Concello de Celanova en referencia a estes temas, temas importantes para que o Consistorio poida

Pleno de trámite sen presenza veciñal 4 A corporación de Celanova aproba a Relación de Postos de Traballo do Concello e a nova nomenclatura de rúas.

ter capacidade para saír da crise e para fomentar un mellor nivel de vida para os seus veciños”.

Pregunta sobre o soldo do alcalde

A voceira do PSOE, Ma-ría Jesús Boo, preguntoulle ao alcalde se tiña pensado baixarse o soldo, seguindo os anuncios dalgúns polí-ticos de distintos partidos de reducir a súa nómina pola forte crise que sofre España, e sobre todo trala decisión de suprimir a paga extraordinaria de Nadal dos empregados públicos. O rexedor, Antonio Mouriño, xustificou o seu soldo pola importante xestión que rea-liza á fronte do municipio e pola dedicación absoluta ao Concello e dixo que xa tiña a decisión tomada pero non a fixo pública “aínda que-

dan dous plenos ata final de ano”, comentou. Re-cordou ademais que o seu grupo conta con maioría absoluta e os veciños que o votaron xa coñecían an-tes das eleccións o soldo do alcalde.

A oposición tamén cri-ticou a adxudicación de obras a empresas de fóra de Celanova e o rexedor defendeu o traballo que se lle dá a unha firma de Cortegada “por atender as actuacións de urxen-cia” con profesionalidade. Finalmente preguntaron polos baremos e criterios para a concesión de axu-das por parte do Concello aos colectivos sen ánimo de lucro e asociacións e o alcalde dixo que se lles concedeu o que se lles viña dando en anos ante-riores e o que solicitaran.

Parte dos concelleiros e, ao fondo, as cadeiras do público baleiras. /A.MÍNGUEZ.

O alcalde defen-deu o seu soldo pola dedicación absoluta ao Con-cello

Celanova para facer as súas compras e cobrar as pen-sións.

Durante a manifestación polas principais rúas da vila os manifestantes foron cus-

todiados en todo momento por varias dotacións de Po-licía Local e Garda Civil.

Redacción

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución da Conse-llería do Medio Rural e do Mar polo que se apro-ban as bases definitivas de dúas concentracións parcelarias no municipio de Cartelle, unha na zona de Santa Baia de Anfeoz, e outra na de San Tomé. En total, as dúas concen-tracións supoñen a reor-ganización de máis de �.�00 hectáreas e 4�.�00 parcelas de case dous mil propietarios diferentes.

A concentración par-celaria de Santa Baia de Anfeoz afecta a 714 hec-táreas e permitirá a reor-ganización da propiedade de 15.67� parcelas, per-tencentes a 757 propie-tarios. Pola súa banda, a parcelaria de San Tomé afecta a 1.6�5 hectáreas, a cal permitirá a reorga-nización da propiedade de �6.554 parcelas de 1.11� propietarios. Ata o de agora, en ambos dous procesos lévanse inves-

tido algo máis de 840.000 euros, destinados a servi-zos técnicos para facer os traballos de concentración parcelaria.

Prazo para recursosCoa aprobación das ba-

ses definitivas rematan to-dos os trámites relativos á identificación dos propie-tarios das fincas achegadas, a determinación exacta da superficie e clasificación dos terreos.

As mencionadas bases estarán expostas ao públi-co na Casa do Concello e nos lugares de costume da zona durante o prazo de in-terposición dos recursos de alzada, que se poderán in-terpoñer ante a Conselleira do Medio Rural e do Mar. O prazo é de �0 días dende a data de recepción da no-tificación, que se lles remi-tirá persoalmente a cada un dos propietarios.

CARTELLE

Aprobadas as concen-tracións parcelarias en Anfeoz e San Tomé4 Suman algo máis de �.�00 hectáreas e 4�.000 parcelas, de case �.000 propietarios diferen-tes.

Nos traballos técnicos lévanse investidos 840.000 euros

Page 19: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

19CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

4 Sección da EOI para Celanova

A Consellería de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria anun-ciou a creación, o vindeiro curso, de seis novas sec-cións das Escolas Oficiais de Idiomas, unha delas na localidade de Celanova.

A sección ubicarase no instituto celanovés, depen-derá da EOI de Ourense, e ofertará un grupo no nivel básico e dous no interme-dio, sumando un total de 90 prazas.

4 Inscricións na Escola de Música

Iniciouse o prazo de ins-crición para a Escola de Música da Banda de Ce-lanova, na que pode ma-tricularse todo aquel que o desexe a partir de catro anos. A Escola oferta catro graos de formación (bási-co I e II e avanzado I e II), cun total de 17 asignaturas diferentes, entre as que se atopan os principais ins-trumentos musicais.

O prazo de preinscri-ción está aberto ata o 16 de setembro e realízase na Oficina de Turismo. A for-malización da matrícula será desde o 17 ao �7 de setembro. Haberá prezos populares con descontos para familias numerosas.

4 Concurso de fotografía

O Grupo de Desenvol-vemento Rural O Vieiro Leboreiro, que agrupa os concellos das comarcas de Celanova e Baixa Limia, vén de convocar un concur-so fotográfico a través da web obosquemaxico.com.

Nel poderá participar calquera persoa, non pro-fesional, que o desexe, pre-sentando entre unha e tres fotografías dixitais da súa autoría. Os temas propos-tos son, entre outros, a flo-ra, as árbores centenarias, a fauna, a paisaxe, os xa-cementos arqueolóxicos, a gastronomía, as festas, tradicións e costumes, ou os efectos meteorolóxicos. Cada unha das temáticas terá un galardón, doado por unha das �1 empresas ourensás colaboradoras. O prazo de recepción de fo-tografías está aberto ata o �1 de decembro.

ENTREVISTA A MANUEL ÁLVAREZ PéREZ, EMPRESARIO:

“O gran problema de Celanova é que non hai xente”

4 Retirado da política -foi concelleiro no goberno e na oposición- e centrado na xestión das súas empresas e no seu labor no Padroado da Fundación Curros Enrí-quez, Álvarez Pérez “Pincha” non é optimista con respecto á situación dos sectores empresarial e comercial da vila.Alejandro Mínguez

Manuel Álvarez Pérez, máis coñecido como “Pin-cha”, é un emprendedor nato. Dirixe a principal em-presa de Celanova, xa que dá emprego directo a 45 persoas da zona e a outras 50 de fóra. Militante do na-cionalismo, foi concelleiro en Celanova no goberno e na oposición, aínda que leva retirado uns anos da política activa, centrado na xestión das súas empresas. Tamén é membro do Pa-droado da Fundación Cu-rros Enríquez.

Como está o empresa-riado celanovés?

Manuel Álvarez: “Mal. Aquí non temos empresas e o máis grave e o gran problema de Celanova é que non temos xente. No polígono industrial a única firma de nova creación foi o matadoiro de coellos. O resto foron empresas que xa existían e están resituadas”.

Existe algún apoio ao empresariado?

M.A.: “Realmente a aso-ciación empresarial en Ce-lanova xa non existe, está dividida e manipulada polo Concello. Por esta circuns-tancia moita xente deuse de baixa, eu entre eles, xa que é unha asociación que non funciona e non responde ás expectativas. A nivel muni-cipal o apoio aos empren-dedores é cero”.

é precisa unha nova ampliación do polígono industrial?

M.A.: “Penso que neste momento non hai deman-da de chan industrial. É unha tontería gastar máis cartos cando hai parcelas sen cubrir. Se viñera unha empresa grande, cousa que non é doado, sería cuestión de facilitar e ampliar a súa instalación”.

A autovía en constru-ción vai ser beneficiosa

para o comercio de Cela-nova?

M.A.:“Non. Vai ser prexudicial. As autovías e boas estradas son para le-var e traer xente. Nós non imos traer xente e si haberá a posibilidade de ir á capital máis rápido a mercar nos comercios con máis faci-lidade, con máis oferta... e de Ourense a Celanova non vai vir comprar ninguén”.

O futuro empresarial e comercial de Celanova?

M.A.: “A situación é de decadencia total. Terían que mudar moitas circunstan-cias para que isto dera un cambio”.

Circunstancias xerais pola crise ou tamén ha-bería que facer cambios máis próximos?

M.A.: “A solución ten que vir de fóra e de dentro. Algo máis sempre se pode

facer en todos os campos. Durante moito tempo estí-vose perseguindo á xente que viña a Celanova, sen lu-gar onde aparcar, pechando rúas, poñendo multas de es-tacionamento... non se pro-texeu para nada o comercio. Os meus clientes dicían que non era nada cómodo vir mercar a Celanova. En vez de promocionar o comercio botamos a xente fóra”.

Estas cuestións veñen de vello.

M.A.: “Pois si, non evo-lucionamos nada”.

Concelleiro en diversas etapas da vida municipal de Celanova como se ve dende a barreira, volve-ría ser edil?

M.A.:“Cando me despe-dín de concelleiro, dixen que oxalá non tivera que volver. Salvo por necesida-de ou para botar unha man,

por Celanova. O mellor é que pase outra xente con interese e ganas. Celanova precisa xente con inquietu-des, con forza, con ganas de traballar e loitar para mello-rar as cousas que están moi deterioradas. É unha pena incluso que nestes días de festa non haxa actuacións e o domingo da Encarnación a xente marchou ás dez da noite para a casa. Eu en prin-cipio non me vou presentar máis, salvo que fora unha cuestión excepcional. Só se fose preciso apoiar e acom-pañar nunha lista que teña compromiso por Celanova cumprindo os meus ideais que son nacionalistas”.

Como se ve a cultura dende o seu posto de Pa-trón da Fundación Curros Enríquez?

M.A.: “Fun o primeiro concelleiro de Cultura que

iniciou as xestións para mercar a parte da Casa de Curros que estaba en mans privadas e convertela en Museo. Apoiei e apoia-rei sempre a institución e penso que é un orgullo para Celanova a casa onde están representados todos os poetas. Somos un pobo cunha importante cultura que destacou polas letras e estarei sempre apoiando esas iniciativas”.

Pero Celanova non pode vivir só das letras...

M.A.: “Está claro, as letras están moi ben pero temos que comer. Incluso a Casa de Curros ten uns custos altos e o orzamento agora vese recortado, pero recoñezo que está ben or-ganizada, hai moitas vi-sitas. Pero está claro que aínda hai moito que facer en e por Celanova”.

Manuel Álvarez Pérez, no despacho da súa empresa, en Celanova. /ALEJANDRO MÍNGUEZ.

“(Volvería ser edil) só se fose preciso apoiar unha lista que teña compromiso por Celanova cumprindo os meus ideais nacionalistas”

“A asociación empresarial non funcional e non responde ás expectativas. A nivel municipal o apoio aos emprendedores é cero”

Page 20: Agosto 2012 - BXVAC

�0 BARRIOSAgosto de �01� DEPORTES

Redacción

Os equipos ‘Sin Nombre’ e ‘Los Campeones’ acada-ron os primeiros postos nas súas respectivas categorías,

alevín e benxamín, na cuar-ta edición do Campionato de Fútbol � x �, organizado pola área de Mocidade, De-porte e Festexos do Conce-llo de Verín.

O concelleiro de Deportes de Verín, Víctor Baladrón, cos compoñentes do equipo gaña-dor na categoría benxamín, “Los Campeones”. /CdV.

Na categoría de alevín os seguintes clasificados foron ‘Tokaitos’ (�º), ‘Ívori’ (�º) e ‘Los Verdi-tos’ (4º); mentres que na de benxamín os restan-tes foron ‘ Os Olímpi-cos’ (�º), ‘Canasta’ (�º) e ‘Leóns de Verín’ (4º).

Este torneo, no que participaron oito equipos, disputouse na praza Gar-cía Barbón de Verín do 7 ao 9 de agosto.

IV Campionato de Fútbol 3 x 3 en Verín4 En categorías alevín e benxamín.

Redacción

Sábado 18 de agosto, 18 horas, na Alameda. É a cita coa ��ª edición do Triatlón “Vila de Allariz”, proba que actualmente é puntuable para o campio-nato galego e na que com-

petirán preto de 150 partici-pantes.

Resultados do triatlón por relevos

A “Vila de Allariz” chega dúas fins de semana despois que o triatlón por relevos, proba de carácter popular

Todo listo para o triatlón en Allariz4 O sábado 18, ás 18 horas.

na que cada unha das tres probas é realizada por un integrante do equipo. Par-ticiparon �9 equipos en categoría absoluta, � en in-fantil-cadete e 10 en benxa-mín-alevín. O vencedor foi o equipo “Amunique Lehendakari” formado por Alejandro Caamaño, David Carrillo e Jorge Crespo, que completaron os 400 metros de natación, os �5 quilóme-tros en bici e os 10 quiló-metros correndo nunha hora �5 minutos 8 segundos.

Un dos participantes no triatlón por relevos comeza a proba de bicicleta./RAMSÉS.

Page 21: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

�1PUBLICIDADE

Page 22: Agosto 2012 - BXVAC

�� BARRIOSAgosto de �01�

DEPORTES

A Barqueta Osella PA20 de Varela e o Fórmula Outeda de “Nonito” eran os dous co-ches máis agardados polo numeroso público que acudiu á cita.

R.T.

A VII Subida A Bola-Fu-rriolo, proba do Campio-nato de Galicia de Mon-taña, presumíase como unha loita entre o piloto ourensán José Antonio Gómez “Nonito”, co seu Fórmula Outeda, e o pon-tevedrés Toño Varela, co seu Barqueta Osella PA�0, xogándose ambos ademais o liderado do certame, nesta subida que contaba con dúas xornadas e catro mangas oficiais.

O que ía ser un gran due-lo converteuse en decep-ción (sobre todo para os afeccionados locais), can-do na segunda das mangas “Nonito” ao volante do seu monopraza sufría unha aparatosa saída de estrada, sendo evacuado ao hospi-tal. O ourensán tivo que

Toño Varela, o máis rápido na VII subida Bola-Furriolo4 O seu máis inmediato rival, “Nonito” Gómez, abandonou.

ser operado por mor dunha fractura lumbar.

Co seu máximo rival en xaque, o pontevedrés

tiña vía libre para alzarse co triunfo final. Polo que a emoción desprazábase ata a loita pola segunda

e terceira posición entre “Cheko” Varela e César Rodríguez, sendo o de Cortegada (Rodríguez) o

segundo clasificado final por diante do irmán do gañador.

Outras clasificaciónsEn turismos Santi Abad

impuña o seu Audi A4 ST sobre o Porsche GT� Cup de Carlos Couto, sendo terceiro un Manuel Sen-ra que co seu veterano Peugeot �06 Maxi segue sendo o centro de aten-ción dos afeccionados.

En históricos houbo vitoria para Celso Frei-re cun BMW ���i, por diante de Rubén Branco con outro vehículo da marca bávara, e terceiro Juan Gómez Alén a pe-sar de romper o motor do seu Ford Escort na últi-ma das mangas que com-puña a proba.

A Subida A Bola-Fu-rriolo �01� é xa historia, nunha edición na que foi principal protagonista o recente asfaltado do trazado, que conseguiu deixar a pista nun perco-rrido ideal para a prácti-ca do automobilismo de montaña.

Remata a VII Liga de verán de MonterreiRedacción

O equipo de Vilaza impúxose un ano máis na liga de Verán de fút-bol sala do Concello de Monterrei, na que parti-ciparon seis equipos.

Os de Vilaza gañaron na final ao Albarellos por un gol a cero. O par-tido foi o máis disputa-do de todas as edicións (sete) desta liga estival; ambos equipos tiveron opcións para facerse co triunfo pero o Albarellos tivo que conformarse co subcampionato. En ter-ceira posición quedou o Mixós-Pousa. O máximo goleador foi Diego, do Vilaza, con 14 goles, e o mellor porteiro Chusca, do Mixós

A entrega de trofeos terá lugar o 16 de agos-to na verbena das festas de Vilaza, de madrugada (antes da tirada de fogos artificiais).

Page 23: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

��DEPORTES

R. Torres

O atleta ourensán do club ADAS O Barco, Ós-car Ramos, está sendo un asiduo ao podio nas carrei-ras populares que se están

a disputar pola xeografía ourensá ao longo deste ve-rán. Na carreira de San Sal-vador de Baños de Molgas non foi menos e alzouse coa vitoria final. Nesta quinta edición Ramos fixo

un tempo de ��.1� minutos para completar os 7.000 metros da proba. O podio o completaron os atletas do Academia Postal, Víctor Fernández e o atleta local, Alejandro Cid, segundo e

BAÑOS DE MOLGAS

óscar Ramos, suma e segue4 O atleta do ADAS O Barco é a sensación do verán no que a carreiras populares se refire.

terceiro respectivamente.En categoría feminina,

Sonia Teijeiro -Vetera-nos Pabellón- foi a máis rápida (�8.�5), seguida de Ana Soutullo e Tania Prieta. Nesta carreira ab-soluta participaron un to-tal de 91 participantes.

Probas escolaresNa carreira de catego-

rías inferiores, Jonathan Alvear foi o máis rápido en percorrer os 1.�00 me-tros. O atleta académico empregou un tempo de catro minutos e �1 segun-dos. Ramón Cid e Marcos Ruido foron segundos e terceiros respectivamen-te. Aida Martines, Lucía Gómez e Inés Saa copa-ron o podio feminino.

Na carreira dos pitufos chegouse ao medio cento de participantes leván-dose cada un deles unha medalla como premio ao seu esforzo.

Entre todas as probas, máis de 150 atletas parti-ciparon nesta quinta edi-ción da carreira de San Salvador.Corredores no comezo da proba de San Salvador de Baños de Molgas.

4 XVI Carreira Popular Concello de Cartelle

O sábado 18 de agosto dispútase en Cartelle a 16ª edición da súa carreira po-pular.

A proba córrese sobre unha distancia de 10 qui-lómetros no caso da cate-goría absoluta, e de 100 m para pitufos, 500 m para pre-benxamín e benxa-mín, 800 m para alevín e �.000 metros para infantís e cadetes. a carreira abso-luta terá a saída ás �0:15 horas desde Cartelle, con meta en Outomuro, men-tres que o resto de probas disputaranse desde as 19 horas, con saída e chega-da en Outomuro.

Haberá trofeo para o primeiro clasificados mas-culino e feminino, en ca-tegoría absoluta, así como no resto das categorías (desde pitufos a vetera-nos), e para o corredor de máis idade do municipio.

As inscricións para a ca-

EN BREVE

rreira de adultos deben fa-cerse na web de champion-chipnorte antes do xoves 16 de agosto ás 14 horas. Para categorías inferiores pode realizarse tamén no Conce-llo de Cartelle, entidade or-ganizadora da competición.

Haberá un servizo de au-tobús á zona de saída desde a meta na proba absoluta, ao disputarse a carreira nun circuíto en liña.

4 Andaina pola ruta do contrabando

14 km é a distancia da andaina pola Ruta do Con-trabando que propón para o vindeiro domingo 19 de agosto, ás 7.�0 horas, o Concello de Vilardevós e o CDR Portas Abertas.

O percorrido, de dificulta-de media, parte da escola de Arzádegos e pasa por, entre outros puntos, Florderrei, a ermida de Portas Abertas, o camiño de Terroso, ou a Lama Carolina. Ao finali-zar, unha chocolatada axu-dará a repoñer forzas.

Page 24: Agosto 2012 - BXVAC

�4 BARRIOSAgosto de �01�

OCIO E CULTURA

Alejandro Mínguez

O Concello de Cela-nova foi, un ano máis, o encargado de organizar as Festas do Verán na vila de San Rosendo na primeira quincena de agosto, cun orzamento axustado á cri-se e traducido en menos actividades. Os recortes xa comezaran no pasado ano coa supresión de dous atractivos, como eran o Folión Castrexo e a solta do Globo do San Roque, que provocaron non pou-cas críticas entre veciños, sobre todo os máis novos, que foron quen de facer un Folión Castrexo inde-pendente e por libre.

O equipo de Goberno de Antonio Mouriño, no poder dende 1991, tra-tou en varias ocasións de trasladar aos comercian-tes ou a unha comisión independente a organi-zación festiva sen éxito, véndose na obriga de tu-telar un ano máis os fes-texos. O rexedor defende unhas festas neste �01� sen grandes nomes no

cartel pero “realistas”, que se axustan ás posibilidades “económicas do noso Con-cello”. Defende unha pro-gramación “digna” e sen “espectáculos excesivos”, permitindo o pago a pro-vedores e non poñer en pe-rigo as contas municipais. Mouriño Villar explica que afrontaron as festas deste ano sen axuda “en absoluta soidade económica”.

O programa arrancou o día 1 de agosto coa home-naxe ao xornalista falecido César Moreiras na casa natal de Curros, convertén-dose nunha das actividades culturais máis seguidas nos últimos tempos. Un acto de recoñecemento no 50º ani-versario do tamén artista e promotor da Banda Dese-ñada en Ourense. Houbo actividades paralelas como o torneo de tenis ou a expo-sición colectiva de artistas ferroláns en Celanova.

A procesión pagá da Ra-mallosa na noite do sábado 4 de agosto contou un ano máis coa participación de milleiros de persoas con gañas de divertirse, malia

a chuvia que ameazou a festa ao longo do día e da noite. Distintas charan-gas e grupos animaron o percorrido no que máis de 1�.000 farois de papel de cores iluminaron a vila de Celanova. A reprodución do camión que estivo es-petado contra unha casa en Loiro hai uns meses a xeito de farol foi o gaña-dor do concurso de ramallo artístico e o Mercado de

Abastos fíxose co premio das fachadas. En relación á participación, houbo opi-nións para todos os gustos, quen defendía maior parti-cipación que outros anos e quen acusou un descenso notable de asistentes a esta peculiar procesión de orixe incerto e teorías varias.

Actividades relixiosas e verbenas pecharon a pri-meira parte das festas do verán o domingo 5, para deixar paso o día 6 ao gru-po de percusión Odaiko, o concerto didáctico de órga-no de Marisol Mendive o martes 7 e os bailables da Banda de Música Munici-pal o mércores 8. O xoves 9 Amancio Prada voltou a Celanova ao claustro ba-rroco, previo pago de 15 euros, circunstancia que foi criticada por un grupo de veciños da vila.

Dentro do programa fes-tivo, cómpre salientar a nivel deportivo o torneo de xadrez en memoria de Car-los Alfredo Álvarez Gon-zález, o torneo de balon-

Festas do verán en Celanova pasadas pola crise4 A celebración de San Roque, do 14 ao 16 de agosto, pechará o ciclo festivo.

Homenaxe ao xornalista falecido César Moreiras, na casa natal de Curros. /A.MÍNGUEZ.

cesto ou a ruta de BTT. A nivel musical as Xornadas de Folclore ou o festival de corais fixeron de novo as delicias do público.

San Roque, festivo e con mercado

As festas do San Roque pechan o ciclo festivo es-tival de Celanova dende o martes 14 ata o xoves 16, festivo local no Concello, e data na que se celebrará o tradicional mercado se-manal dos xoves, malia a oposición dalgúns comer-ciantes que anunciaron a súa intención de non abrir as portas do seu negocio na referida data festiva. Á marxe das alboradas e verbenas, dentro da pro-gramación do San Roque, destacar a tirada de fogos de artificio o día 16 ás doce da noite como fin de festa.

Máis de 12.000 farois de papel animaron a procesión da Ramallosa. /A. MÍNGUEZ.

Unha tirada de fogos de artificio porá o fin de festa na medianoite do día 16

Maceda acolle a 2ª edición do especial do Pobo Fantasma ChaiosoRedacción

A asociación de veciños de Chaioso organiza a �ª edición especial Verán do Pobo Fantasma. Tralo éxito da primeira fin de semana de terror deste verán, celebrada o �7 e o �8 de xullo, á que acudi-ron unhas 1.500 persoas, os organizadores repiten convocatoria, para as noi-tes do 14 ao 15 e do 15 ao 16 de agosto.

A visita comeza ás �� horas e remata contra as catro da madrugada. Con-siste nun percorrido, duns �5 minutos aproximada-mente, por un pobo aban-donado (os cinco veciños do núcleo marchan durante estas dúas noites a Mace-da). En grupos de cinco ou seis persoas e acompaña-dos por un guía, os visitan-tes atoparanse no seu ca-miño polas rúas, palleiras e casas de Chaioso con todo tipo de seres, pantasmas, homes lobo, vampiros, ou nenas poseídas. Máis de 1�0 persoas recrearán os nosos máis profundos pe-sadelos en multitude de es-cenarios, varios dos cales cambian con respecto á fin de semana anterior, polo que os que repitan visita non repetirán experiencia. O prezo por participar é de catro euros por persoa, os sustos e berros de medo son gratis.

Desde o Concello de Maceda, que colabora na actividade, valoran posi-tivamente a atracción de xente á vila que supón este evento, que xa chega á súa sétima edición e que un dos seus organizadores, José Manuel Garrido, con-sidera único en Galicia.

Page 25: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

�5

Unha tirada de fogos de artificio porá o fin de festa na medianoite do día 16

PUBLICIDADE

La Paz Tanatorio- CrematorioNova dirección: Polígono de Pazosav. Portugal, 35-72 - 32600, Verín

Tel. 988 41 07 40www.funerarialapazverin.com

Xa está en funcionamento La Paz Tanatorio-Crematorio, no polígono de Pazos de Verín Con catro salas velatorias, crematorio e sala columbario

Xa están en funciona-mento as instalacións de La Paz Tanatorio-Crematorio no polígono de Pazos de Verín. Un moderno tana-torio para que a poboación da comarca de Monterrei e a localidade lusa de Cha-ves poida despedir nun

ambiente agradable os seus seres queridos, facilitándo-lles un servizo integral en todo momento.

Nun espazo de �.�00 metros cadrados, o tana-torio dispón de catro salas velatorias, crematorio, sala columbario e cafetería.

Ademais conta con amplo aparcamento e zonas axar-dinadas, e un horario de apertura adaptado ás ne-cesidades de cada familia. Destaca como novidade o columbario, “un panteón para depositar as cinzas que se ofrece en alugueiro ao

prezo de cen euros ao ano”, explica Raúl Álvarez, xe-rente de Tanatorio La Paz.

Creada en 197�, funeraria La Paz de Verín construiu o seu primeiro tanatorio en 199� e agora completou os seus servizos con estas novas instalacións coas que dar un mellor servizo aos veciños de Verín, a súa comarca e incluso norte de Portugal.

De cara ao futuro, está proxectado completar o ta-natorio cunha capela para celebrar actos litúrxicos.

Outros servizosA empresa dispón de

exposición de ataúdes e lápidas e seguros de defun-ción. Na súa web publican as esquelas e ofrecen un servizo de pésame on line a través do cal trasladar as mensaxes de condolencia ás familias.

La Paz ofrece unha ampla variedade en urnas para cinzas, de alabastro, de Lladró ou ecolóxicas, entre outras.

A cafetería das instalacións do tanatorio no polígono de Pazos.

Page 26: Agosto 2012 - BXVAC

�6 BARRIOSAgosto de �01�

OCIO E CULTURA

Nivel difícil4SUDOKUS

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

Nivel medioNivel fácil

Vilardevós súmase á festaRedacción

O verán é unha festa en Galicia e Vilardevós súmase a esta máxima entre os días 16 e �0 de agosto. Os festexos dan comezo coa misa solemne na capela de San Roque, ás 1�:�0 do xoves 16. A charanga C.B.D. acompa-ñará a misa e xa de tarde e noite animará o munici-pio. Xogos infantís e unha disco móbil a medianoite completarán a primeira xornada.

O venres 18, o pro-grama inclúe o partido presentación do equipo San Roque para a nova tempada, ás 18 horas. Xa a medianoite, a orquestra D’Moda será a encargada de animar a verbena.

O sábado 19, de novo a charanga CBD realiza-rá un pasarrúas a media mañá, para acompañar despois na procesión. Torneos de tute e tenis de mesa, e a presentación do equipo local de fútbol no partido contra o Monte-rrei (ás 17 horas) enche-rán as horas da tarde, para pechar o día coa música da orquestra Ismael.

A última xornada, a do domingo �0, traerá a Vi-lardevós o típico partido solteiros contra casados, tanto na súa versión mas-culina como feminina (ás 17 horas). Contra as nove, repartirase unha chocola-tada e unha queimada, e a animación da charanga Monterrei e dunha disco móbil completarán a festa.

P.L.

O que comezou sendo una modesta iniciativa, emprendida por un gru-po de amigos, sen máis ánimo que o de darlle ao rural ourensán novas ex-pectativas de crecemento, acabouse convertendo no Festival das Artes Escé-nicas máis importante da provincia.

Os seus organizadores, a Asociación Cultural da Castaña, co actor Rubén Riós á cabeza, salientan o reto de levar a cabo unha iniciativa que puxese en valor un concello como o de Riós, con apenas dous milleiros de habitantes. “Cinco anos despois po-demos dicir con orgullo que o deseño dun festi-val cun espírito próximo e feito con moito agari-mo, mesturando cinema, teatro, música, humor, gastronomía e deporte para todos os públicos, é todo un éxito”, indican na páxina web do festival. A edición do ano pasado tivo unha gran repercu-sión mediática e social e un éxito tremendo de convocatoria, con 4.000 asistentes, cifra que con-tan superar nesta quinta edición.

Ao longo destes cinco anos, o festival mantén un doble compromiso:

por unha banda, promover espazos para a difusión e exhibición do audiovisual galego; e por outra, apoiar á revitalización do interior rural a través dun evento que consegue atraer un pú-blico que se despraza den-de recunchos de toda Gali-cia e que medra cada ano.

Novidades desta edición O cartel desta V Edición

do Festival das Artes Escé-nicas “Abelardo Gabriel” de Riós aglutina distintas sensibilidades, diferentes concepcións e visións do eido artístico e audiovisual e da renovación das tradi-cións musicais.

Este ano haberá novida-des: o irmandamento co Festival de Curtas de Cans, a través da proxección das curtametraxes gañadoras da súa última edición, e coa Festa do Pemento de Arnoia, á que se fará entre-ga dunha placa conmemo-rativa; e unha homenaxe ao Centro Galego de Ba-dalona.

Ademais das curtame-traxes de Cans, o apartado cinematográfico comple-tarase coa proxección do filme Vilamor, dirixida por Ignacio Vilar e prota-gonizada por Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez, que estarán presentes no festival. Ademais, exhi-birase a curta “Cores” de

Jairo Iglesias, director pre-miado nos últimos Premios Mestre Mateo.

Apartado musicalNo eido musical, desta-

car a incorporación estelar de última hora da gaiteira Cristina Pato. O concerto de Di Elas, banda liderada polo actor e cantante Luis Tosar e o músico Piti Sanz, a actuación de Tonhito de Poi e amigos (Emilio Rúa, Sabela Arán, Xoel Yáñez, Luis Iglesia, e outros con-vidados) e os concertos de grupos emerxentes no panorama galego, como 199�, Xanononoto, Rever e Medomedá completan este apartado.

O festival ten un pun-to destacado de humor e maxia. Mucha e Nucha serán as encargadas de conducir a gala principal do festival e porán a nota de humor ao longo de toda

esta edición, e o Mago Teto será o encargado de sorprender cos seus espec-taculares xogos de maxia sobre o escenario.

Como actividades para-lelas, o festival organizou un partido de fútbol entre o equipo Riós F.C. e unha selección de integran-tes do popular programa Tourilandia (TVG) xunto con futbolistas do equipo santiagués Pixelpou F.S. O xornalista Terio Carrera será o encargado de radiar todo o partido.

A entrada para asistir a todas as actividades é de 1� euros e haberá zona de acampada gratuíta.

Rubén Riós: “Os veciños de Riós reciben o festival cos brazos aber-tos”

Con cinco edicións, o Festival das Artes Escé-nicas de Riós xa se fixo un oco no panorama de eventos do verán galego, contando nesta edición con nomes tan coñeci-dos como Luis Tosar e Cristina Pato, a que cres que se debe?

Rubén Riós: “Débese ao esforzo e traballo dun equipo do que formo parte e ás persoas que me apoian. Todo ten a súa recompensa e ano tras ano o festival está medrando, tanto en ca-lidade de produción como en asistentes”.

Que é mellor, a respos-ta do público local ou a do que chega de fóra?

R.R.: “Os veciños de Riós reciben o festival cos brazos abertos; de feito este ano temos a I Xuntan-za de Veciños e Artistas, o sábado 18 ás 1� da mañá na que darán a benvida ós participantes no Festival con música e sopresas. O que chega de fóra do Riós busca un cocktail de mú-sica, maxia, cine, humor, unha proposta pouco co-mún entre as festividades existentes”.

Por que acudir a Riós os días 17 e 18 de agosto?

R.R.: “Por ser un festi-val de artes escénicas do máis variado e entretido, e sobre todo diferente ao que estamos acostumados a vivir no verán galego”.

O cartel 2012 do Festival das Artes Escé-nicas inclúe cine, música, maxia e humor4 Celébrase os días 17 e 18 de agosto, en Riós.

Os actores Rubén Riós, Luis Iglesia e Luis Tosar, na pre-sentación do Festival das Artes Escénicas de Riós.

A gaiteira Cristina Pato incorporouse a última hora ao cartel

Page 27: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

�7OCIO E CULTURA

4AXENDA 4TRIBUNA ABERTA

Loucura con amorNon teño costume de re-

latar cousas do traballo en público. Hoxe fago unha excepción, por soltar las-tre e airear un pouquiño os meus adentros. Cando chego a casa desconecto do acontecido durante a xornada laboral, e intento seguir coa rutina da vida familiar, sen que afecten o mais mínimo os servizos feitos, por moi desagrada-bles que fosen. Aconteceu nun día especial. As sete da mañá tocoume a cus-todia de Ismael, un rapaz de quince anos que unha noite de loucura fixo a “falcatruada” máis gran-de da súa vida.

Agora, na unidade de Agudos da sección de Psiquiatría no complexo hospitalario de Ourense, descansa as ansias des-medidas que un trastor-no psicótico traeno pola rúa da amargura. Entrei polo pasillo principal da sección. Os internos ata-viados cos seus pixamas brancos, mp3 no bolsillo, auriculares nos oídos, e paseos de arriba abaixo sen parar, miradas tensas e desafiantes. Os funcio-narios temos un lugar se-guro para realizar as cus-todias, sen risco de ningún tipo, máis decidín estar no salón de xogos e, tranqui-lamente, ler unha revista. Un rapaz espigado e ben parecido sentouse o meu carón, e dixome que si eu era novo ou que pin-taba alí. Repliqueille que

A síndrome de deshar-monia corporal é cara-terizada pola presenza simultánea de celulite, alteracións da graxa do corpo en xeral, exceso de peso, exceso de graxa na composición corporal, graxa localizada, altera-cións musculares, flacidez e perda de masa muscu-lar.

Para existir síndrome de desharmonia corpo-ral non é obrigatorio que exista exceso de peso ou obesidade, pois a graxa localizada e o exceso de

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIAComo combatir a síndrome da desharmonía corporal

EN BREVE

4Festas en Cualedro

A festividade da Asun-ción da Virxe, o 15 de agosto, tamén se celebra en Cualedro. Os actos festivos comezan ás 10 da mañá, con pasarrúas a cargo da charanga Ga-laxia de Marín. A misa solemne e procesión, can-tada polo coro parroquial comezará ás 1� horas, e rematará coa tradicio-nal descarga de bombas. Contra as dúas dará inicio a sesión vermú coa cha-ranga Galaxia, e polo se-rán, a partir das 8, a disco móbil Jorge, acompañada de Natalia (finalista do programa “Tú sí que va-les”) porá a ambientación musical á festa.

4A festa continúa en Vilaza

A localidade de Vilaza, no concello de Monterrei, é unha de tantas outras que celebra as festivida-des da Virxe da Asunción e San Roque.

O martes 14, a partir das 1� horas unha salva de bombas anuncia o comezo das festas, e esa noite, ha-berá verbena coa orquestra Delirio. Para o día da Vir-xe, a comisión contratou á charanga Trompafés para que realizara un pasarrúas de boa mañá. Logo, seguirá a misa e procesión (1�.�0 horas). Ás 18 horas, actua-rá o grupo de música tradi-cional Estiño, e pola noite, tocará a orquestra Ledicia. O día de San Roque volve haber misa e procesión (ás 1� h.) e é a orquestra Ca-nadá a que pon a parte mu-sical da festa, que rematará con fogos artifificiais de madrugada.

4 Acuarelas de Damián Contreras

A Casa do Escudo de Ve-rín acolle ata o 10 de setem-bro a exposición ‘Acuarelas de Damián Contreras’, do artista plástico local Da-mián Contreras.

A mostra está confor-mada por unha trinten+a de obras realizadas coa técnica da acuarela e asentadas na temática de paisaxes tanto de interior como salinas, debuxos de espidos do corpo humano, bodegóns ou flores.

Exposicións- Ata o 16 de agosto -

Exposición colectiva “Li-ceo europeo da las Artes de Ferrol” - No Piso Alto do Claustro Barroco de Celanova

- Ata o �9 de agosto - Pinturas de Isauro Gon-zález - Sala A Fábrica de Allariz

Cine- 16 de agosto - “JLG,

autorretrato de diciembre” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

- Venres desde o 17 de agosto - Cine en Vilar de Santos

- �� de agosto - “El vien-to” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

- �0 de agosto - “Cuando ruge la marabunta” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Ve-rín

-8 de setembro - Vilamor - �1:�0 h. - Praza do Con-cello de Vilar de Santos

Música- 15 de agosto - Xorna-

das de Folclore - ��:�0 h. - Praza García Barbón de Verín

- 18 de agosto - Concer-to de “Green notes” - Fes-tival Xardíns Allariz

Feiras e festas- Do 14 ao 16 de agosto

- Festas de San Roque en Celanova

- 15 de agosto - Festa de Santa María a Maior en Verín (11:�0 h. actos relixiosos

- 17 de agosto - Feira en Trasmiras

- 17 e 18 de agosto - Festival das Artes Escéni-cas de Riós

- Do 17 ao 19 de agosto - Festa do Esquecemento - Xinzo

- 18 e 19 de agosto - Fes-ta da Empanada en Allariz

- 18 de agosto e 5 de set-embro - Feira en Cualedro

- �� de agosto - Feira en Verín e Rairiz de Veiga

- Primeiro domingo de mes - Feira en Porqueira

- Primeiro luns de mes - Feira en Sandiás

- � de setembro - Feira en Calvos de Randín

- 7 de setembro - Feira en- Vilardevós

- Todos os xoves - Feira en Celanova

Outros- 14 de agosto - Recital

poético de María del Car-men Rodríguez Rotsita e o vate pontevedrés José Tizado - �0 h. - Casa da Cultura de Verín

era un sitio cómodo e que estaba lendo unha revista. Riuse a carcaxada limpa. Ese rapaz era Xoan Car-los, de Lobios, carniceiro de profesión e con trastor-nos mentais agudos. Logo achegouse Luis, un mozo de Xinzo, que escoitaba “Los Suaves” no seu apa-rato musical. Máis tarde apareceu Rosario que cos seus oitenta anos, só me pe-dia a chave da porta, para marchar sen facer ruido a festa de Mende, o seu pobo. E así, un tras outro foron pasando polo meu carón contándome un anaquiño da suas vidas.

As miradas profundas, sen pestanexar, os olliños brillantes polo efecto da continua medicación, pero a sensibilidade intacta do cariño e da amizade, re-flexaban ternura nas suas verbas pausadas e con tono baixiño. Co pasar das ho-ras, fun adaptándome ao ambiente, e aquel palpiteo do meu corazón transfor-mouse en abstracta relaxa-ción. Chegou a hora de rea-lizar as tarefas do día, ben coordinadas polos psiquia-tras, enfermeiras e auxilia-res do turno. Funcionarios indignados coas actuacións dos dirixentes políticos, esquecen os golpes e a hu-millación dun goberno, sen rumbo, e a cambio, mos-tran a sua profesionalidade de maneira contundente, sen fisuras, formando un ambiente de traballo envi-diable, onde estes enfermos

especiais, percíbeno con gratitude. Ali está Emilio, trinta anos de enfermería psiquiátrica, coa ilusión polo seu traballo, coma se fora o primeiro día, Celina, Mónica, Rosa, Berta, Bego-ña, forman un grupo human extraordinario. Fixeime en todos os detalles das suas maniobras, e a verdade é que merecen o mellor.

Chegou a hora do ciga-rriño, e cada paciente que desexa fumar ten o seu mo-mento nunha sala habilita-da con orden e rigor. Logo a hora da chamada telefóni-ca, e así todas as as activi-dades cun control exquisito. O carón do teléfono puiden escoitar tres ou catro con-versacións que, de algunha forma, foron as que me le-varon a escribir este relato, e chamalo “Loucura con amor”. Lucia achegouse tímida, educadamente so-licitou a súa chamada. Os nervios fan que case non lle saia o número da memo-ria. Marcou de segundas e poido falar coa sua filla, que cumplia oito aniños. Unha sorrisa permanente floreceu na faciana de Lu-cía: Ola meu sol!, hoxe é o teu cumple, e chámote para felicitarte, ainda que non poido estar contigo, xa teño mercado o teu agasallo, e cando regrese “da viaxe”, dareicho con amor, bicos para ti e para o teu irmán e outro para papi, ata mañá. Lucia colgou o aparello, e borrou de súpeto a sua fer-mosa sorrisa, e paseniño foi

cara á habitación. Quedei descolocado por un intre, despois de escoitar aque-la conversa tan terna e limpa.

Quizais teño visto cou-sas no traballo cotidian que non son doadas de esquecer, mais desta vez quedoume profundo o sen-timento daquela rapaza fa-lando coa sua filla, coa lu-cidez espontánea dese intre máxico. Cando remataba a xornada, pasei por diante da 209, e antes de mar-char, fixen parada na sua porta e preguntei. Lucía, como se chama a túa filla? De novo, a sorrisa incrible de Lucia xurdiu con forza, ergueuse da cama de sú-peto e soltoume, chámase Carmen, coma a avoae hoxe é o seu cumple, mira, teño aquí o día sinalado no almanaque, teño pena non estar con ella, deséxolle un feliz día.

Sain do hospital co co-razón encollido, polas escadas de emerxencia, evitando o ascensor, para que ninguén me vira cos ollos cheos de bágoas e coa alma encollida.

Miguel “Sotelo”

graxa na barriga represen-tan por si só graves riscos para a saúde, nomeada-mente no que se refire ao aumento da probabilidade a sufrir de diabetes e doen-zas cardiovasculares.

Asociadas a esta síndro-me (que afecta especial-mente á estética feminina mais tamén á masculina) encontramos diversos pro-blemas como a diabetes, a hipertensión, o colesterol, doenzas cardiovasculares e compromete o normal funcionamento doutros ór-ganos vitais como o fígado,

vesícula e pulmóns. Por iso, a reeducación alimen-taria é o principal paso para corrixir a síndrome de desharmonia corporal. De aí que o réxime alimentario deba ser adaptado a cada caso en concreto, mais sempre cunha alimentación o máis natural e moderada posíbel, rica en vexetais, froitas, cereais integrais e grans, evitando a inxestión de carnes vermellas, graxas saturadas e azucres.

A actividade física con regularidade é outro factor importante, tanto con exer-

cicios aeróbicos, como a camiñada e o adestramen-to de forza para aumentar a masa muscular.

Por tanto, alterando os seus hábitos alimenticios para unha vida saudábel, ten nas súas mans todas as armas para loitar con-tra a desharmonia corpo-ral. Con certeza que o seu esforzo e determinación serán recompensados con máis saúde, enerxía, au-toestima e até máis lonxe-vidade con mellor calida-de de vida!

João Damião

“Mais desta vez quedoume profundo o sentimento daquela rapaza falando coa súa filla”

Page 28: Agosto 2012 - BXVAC

�8 BARRIOSAgosto de �01�

OCIO E CULTURA

“Anno XII” do Esquecemento4 Xinzo recrea a súa historia os días 17,18 e 19 de agosto.P. Lodeiro

Veciños de Xinzo e visitantes volverán ver este verán o cruce do río Lethes polas tropas de Décimo Xuño Brutus. A falta de directiva da Aso-ciación Civitas Limico-rum obrigou ao Concello a asumir a organización desta festa de recreación histórica, declarada de Interese Turístico Local e que chega este ano á súa 1�ª edición.

Os elementos funda-mentais do Esquecemen-to resisten á redución de orzamento motivada pola crise. Así, continúa o Macelum ou mercado de produtos artesanais galaico-romanos no Foro Limicorum (na zona vella de Xinzo), que irá acom-pañado de animación de rúa para ambientar a loca-lidade naquela época.

Tamén repite o Fas-tus Oblivionis, ou cea de confraternidade entre romanos e castrexos, con espectáculos de música e danza, na noite do sába-do.

Non pode faltar o acto central que motiva a Fes-ta do Esquecemento: a re-creación histórica do paso do río Lethes polas tropas de Décimo Xuño Brutus e a posterior batalla co pobo límico. Nesta edición, o mozo limiao Edgar Latus-sek interpreta o papel do xeneral romano. Un papel que xa ten aprendido, ao que axuda o feito de telo interpretado nas últimas catro edicións, ademais de en saídas a outras loca-lidades que realizan os re-presentantes do Esquece-mento, a última hai dúas fins de semana en Viana do Castelo. Como par-ticipante habitual neste festexo, Edgar destaca o aumento nos últimos anos da asistencia de xente de fóra “que veñen ver o contexto histórico da fes-ta”, e anima aos veciños de Xinzo a que se invo-lucren nela, “non se pre-cisan moitos cartos para facer un traxe, precísase o apoio do pobo”, afirma.

Outro punto forte do

Oferta de ocio en AllarizP.L.

Allariz en verán é sinó-nimo de festa. Non hai fin de semana que non ofreza algún evento con atractivo tanto para os locais como para os visitantes. Logo das festas etnográficas que encheron de actividade os núcleos alaricanos duran-te as pasadas fins de se-manas, os días 18 e 19 de agosto chega un dos pra-tos fortes do verán na vila: a Festa da Empanada.

Os amantes deste manxar poderán gozar da empanada en todas as súas variedades grazas aos puntos de venda que se colocan no campo de Vilanova, onde ademais haberá churrasco e polbo.

Como complemento a esta festa degustación, ce-lebrarase un Campionato tradicional de Billarda e haberá actuacións musi-cais con orquestras e mú-sica galega, como o grupo folk Linho do Cuco, no campo de Vilanova.

Os eventos deportivos son outro forte da loca-lidade. Trala disputa do triatlón por equipos o 4 de agosto, o sábado 18 chega a competición individual da ��ª edición do Triat-lón Vila de Allariz, que o público poderá seguir no entorno da Alameda a partir das 18 horas. Na xornada do domingo 19, o embarcadoiro da Alameda acollerá a regata de pira-güismo correspondente á Copa Deputación, a me-diodía.

A primeira fin de sema-na de setembro será o tur-no para a Feira do Doce, Melindre e Amendoado, e o domingo 9, o da Feira de Artesanía “Arte de Man”.

programa serán os desfiles. Na tarde do sábado desfila-rán as lexións romanas e os clans castrexos; na do do-mingo será o momento do gran desfile das tropas ro-mano-castrexas polas rúas da Civitas Limicorum que, nunha licencia histórica, estarán acompañadas da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia.

Ademais destes actos centrais, a animación mu-

sical na rúa e a ambienta-ción histórica estarán pre-sentes desde as 8 da tarde do venres á medianoite nas rúas de Xinzo, sobre todo no barrio de Abaixo, de modo que sexa máis crible a súa conversión en Civitas Limicorum.

Os pequenos tamén terán a súa ración de festa cun obradoiro de barro na pra-za de Oriente (sábado ás 1�

h) e os maiores de 14 terán outro de coiro (o domingo ás 11 h. no mesmo lugar).

Escaramuzas da patrulla de vixilancia no mercado, subasta de escravos, vodas e bautizos polos ritos ro-mano e castrexo, loita de gladiadores, degustación gratuita de petiscos e póci-mas romano-castrexas e de sardiñas acompañadas de pan e viño son outros dos atractivos cos que veciños e turistas poderán gozar ao longo desta fin de semana.

O domingo, ás 18 horas, paso do río Lethes

Un xeneral romano nunha edición pasada do Esque-cemento.

Page 29: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

�9OCIO E CULTURA

Redacción

A localidade de Saume-de, en A Bola, acolle desde o pasado �7 de xullo e ata o �5 de agosto a celebra-ción do Festival Ao Com-Paz, un evento organizado pola Asociación Cultural e Artística (ACAS) da loca-lidade que inclúe distintas actividades como música, danza, fotografía, deseño ou pintura, entre outras. Na iniciativa participan artistas locais e internacionais que amosan e comparten no fes-tival as súas creacións, ao mesmo tempo que se deixan levar polos espectáculos do momento e incluso xorden colaboracións espontáneas que o lugar lles inspira.

Esta é a segunda edición dunha cita cultural que o próximo sábado 18 de

agosto traerá a este peque-ño núcleo da Bola ao gru-po galego Noisemede, que ofrecerá desde as �0 horas unha selección de música electrónica.

O festival péchase o día �5 con dous grupos fran-ceses: Suburb Animal, que mestura estilos electróni-cos, e Victoria Lukas, da

Festival Ao Compaz, en Saumede da Bola4 Con citas musicais o 18 e o �5 de agosto.

Cartel do evento.

Redacción

O Concello de Vilar de Santos organizou para este verán numerosas activida-des dirixidas á veciñanza e aos visitantes, durante os meses de xullo, agosto e setembro. Todas as activi-dades planificadas ofrecen alternativas lúdicas para o tempo libre totalmente gratuítas, e teñen desta-cado pola convivencia e a numerosa participación nos diferentes espazos do concello.

Unha actividade que se inicia o vindeiro venres 17 é o Cine de Verán, que levará a proxección de pe-lículas para toda a familia a diferentes lugares do municipio os venres pola noite.

O �� de agosto, será

o turno do programa de Lecer no Rural en colabo-ración co Centro Cultural Xaquín Lorenzo, con ac-tividades relacionadas cos xogos tradicionais e pensa-das para os nenos de entre 5 e15 anos.

No Museo da Limia, hai programada ata o �1 de agosto unha mostra de xe-rras tradicionais, da colec-ción particular dun veciño, Anxel Dacal. Tamén habe-rá unha actuación a finais de mes dentro do ciclo das Noites do Museo, a parte de poder visitar o Museo no horario de apertura ha-bitual.

Tamén ata o �1 de agos-to, máis de �0 cativos par-ticipan no Campamento de Verán, con xogos e outras actividades todas as mañás entre semana.

Cursos no TelecentroPor outra banda, o Tele-

centro organiza actividades para achegar o uso das no-vas tecnoloxías ás persoas maiores, ou entre aquelas que queiran mellorar co-ñecementos, nas tardes de agosto e setembro. O 17 de agosto comeza un obradoiro práctico de formación dixi-tal básico de internet e do �1 de agosto ao 7 de setembro haberá outro sobre o uso do correo electrónico e as comunicacións virtuais na pequena e mediana empresa para empresarios e empren-dedores. Ademais o Con-cello puxo en marcha unha nova zona wifi gratuíta.

A piscina municipal con-tinúa co programa habitual e as escolas deportivas, desenvólvense os xoves de agosto á tarde.

que destacan a súa voz sobrecolledora sobre unha música electro-ambiente. Actuarán ás �� e ás ��:�0 horas, respectivamente.

Durante todo o festival, unha parte da aldea será tomada pola equipa de Oeil d’Oodaaq, compañía bretona que presentará exposicións (serigrafía, fotografía, deseño, pin-tura) e outros traballos e vídeos.

Ao Compaz é un festi-val de balde e é posible acampar en Saumede nes-tas datas.

Recuperación da aldeaAbandonado dende fai

máis de �0 anos, Saume-de reviviu no �010 cun grupo de inquilinos que se instalaron na única casa habitable. Estes novos re-sidentes eran os membros da asociación bretona El Pueblo e da galega ACAS, cuxo propósito común é dinamizar a zona dunha maneira artística, cultural e harmónica cas costumes e entorno natural do pobo bolense.

Vilar de Santos continúa coas actividades de verán4 A partir do día 17, hai proxeccións de pelícu-las todos os venres á noite.

O domingo, ás 18 horas, paso do río Lethes

Page 30: Agosto 2012 - BXVAC

�0 BARRIOSAgosto de �01� OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Música e auga na novena BatucadaDous días de festa na rúa é o que viviron en Verín nas xornadas do �7 e �8 de xullo,

coincidinco coa celebración da novena edición da súa Batucada ou carnaval de verán, uns festexos nos que só é preciso ter ganas de pasalo ben, como así quedou demostrado. A Batucada 2012 deu inicio o venres na praia fluvial da vila do Támega, cunha festa con inchables, xogos populares e música que foi moi concorrida. Pola noite a troula trasla-douse ás prazas García Barbón e Maior, que acolleron un festival de rock. As mesmas localizacións foron escenario o día seguinte da Festa da Auga e a Escuma, outro éxito de asistencia, sobre todo entre a xente máis nova. Os participantes percorreron despois as rúas da localidade acompañados de dúas agrupacións de batuca, e a festa continuou a media noite co Festival Taste of Ibiza, a cargo de dous dj’s.

4HUMOR

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

Celanova réndelle homenaxe aos seus emigrantesAproveitando a estadía de centos de emigrantes, fillos e netos de emigrantes durante

as festas, o pobo de Celanova oficializou a recente colocación dun monumento dedica-do “a tantos e tantos homes e mulleres da vila e do resto da comarca que dende o século XIX se abriron camiño ao longo e ancho dos catro puntos cardinais e que agora regresan cada verán para darlle luz, cor e un ambiente cosmopolita” ás rúas celanovesas, indican desde o Concello de Celanova.

O monumento é obra do pintor e escultor mallorquín afincado dende hai varios anos en Ourense, Leandro Sánchez, e constitúe “unha alegoría, en forma de obelisco, ao significado íntimo que para todos aqueles que un día decidiron deixar estas terras e ir á procura de novos mundos, por moi descoñecidos que fosen, pero sempre coa idea do retorno na cabeza”. Consiste nun obelisco de formigón rematado por unha bola sobre-dourada que representa o mundo e a riqueza á procura da cal decidiron saír milleiros de celanoveses e galegos ao longo da nosa historia. Na súa base está apoiada unha maleta, que é o outro gran símbolo da emigración, xunto cunha rosa dos ventos que sinala os catro puntos cardinais e o poema de Celso Emilio Ferreiro dedicado a Celanova e titu-lado “Alma da terra”, “e que constitúe un verdadeiro canto ás lembranzas que quedan prendidas no emigrante cando se atopa a milleiros de quilómetros da súa terra natal”. O acto contou cunha intervención do autor da escultura e do alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, así como un recitado de “Alma da terra” en varios idiomas por parte dos mo-zos participantes no campo de traballo da localidade. Estivo amenizado musicalmente polo grupo “No Cómbaro”.

O obelisco foi instalado na rotonda da avenida López Blanco, un lugar de importante simbolismo xa que por esa estrada de Cortegada, os emigrantes ían camiño de Frieira para coller o tren que os levaba ao peirao de Vigo, dende onde acostumaban partir cara a América.

Asistentes ao acto de inauguración do monumento./ALEJANDRO MÍNGUEZ.

Festa para todos os públicos, coa actuación de Disco-Móbil Jorge, na praia fluvial de Verín, na primeira xornada da batucada. /BORYS INTERFILM.

Festa do pemento en OímbraAo redor de 4.500 persoas acudiron o primeiro domingo de agosto a Oímbra para degus-

tar o seu produto culinario máis recoñecido, o pemento, nunha festa que está declarada de Interese Turístico de Galicia. Deste número, algo máis de 900 participaron no xantar oficial que acompañou os pementos doutras viandas como empanada ou polbo e viños da Deno-minación de Orixe Monterrei. A produción anual de pementos deste municipio ronda os �50.000 quilos e agora o Concello traballa na creación do seu propio Consello Regulador.

Comensais catando os pementos de Oímbra. /IÑAKI OSORIO.

Page 31: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

�1

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 0��Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1��Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 41� 516Taxis - Parada Hospital 988 414 �4�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 �85Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 11�Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 41� 460Hospital de Verín 988 41� 6�6Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 0�8Rexistro Civil de Verín 988 410 �87Rexistro da Propiedade 988 410 7�7Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 �79I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 4�4 000Concello de Baltar 988 466 50�Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 88�Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� �61Estación de autobuses 988 460 �09Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 - OU 186-�006 - OU 77-�01�. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - ��004 Ourense. Tel: 988 ��9 6�4 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Alejandro Mínguez, S.N.

Nº69 / 5- Ano: VII - Agosto �01� - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 ��9 6�4.

CLASIFICADOS / SERVIZOS

Se eres un particular, publi-ca os teus anuncios clasifi-cados de maneira gratuíta

no 988 239 634 ou en [email protected]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alúgase local de copas en Xinzo equipado. tel. 659 47 08 9�Alugo apartamento en Montalvo de 1 e � cuartos, con xardín e bar-bacoa, para fins de semana, sema-nas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Urxe vender piso a 5 minutos de praia América. Tel. 6�6 4�� 497Alugo casa a 1 km de Allariz, econó-mica, amoblada, Tel. 686 540 087Alúgase apartamento en Ouren-se, � dormitorios, equipado, pe-queno e económico, Tel. 988 �1� 460 e 600 00� �85 (Tere).Alúgase habitación en Ourense en piso totalmente equipado. Tel. 988 �1� 460 ou 600 00� �85 (Tere).Alugo piso a estudantes en praza España (Vigo) a partir da segunda quincena de agosto. � habitacións, equipado. Tel 6�9 816 �09.Alúgase apartamento en Panxón, fronte á praia, para o verán, 1 dor-mitorio. Tel. 679 04 06 04.Vendo piso en Allariz 100m�, � hab., amoblado, cociña con electro-domésticos novos, tel. 654 8�� 6��Vendo parcela na Lagoa de Ante-la (Xinzo), de 8 ha e �0 a, Tel. 660 48 87 90.Alúgase piso no Vinteún (Ouren-se) con praza de garaxe pechada. Tel. 6�9 5� �8 1�.Alugo piso. Tel: 988 �46 9�6.Vendo casa na estrada de Santiago (Ourense). Tel. 6�7 005 910.Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza de Ourense e outra no cas-co vello. Tel. 6�7 005 910.

VENDASVendo un radio cassette de co-che, un ordenador, e unha máquina eléctrica de depilación con cera. Tel. 647 �1 55 9�.Vendo mobles de perruquería se-minovos, 1.500 euros. Tel. 988 �5 59 6�Vendo modem usb de Vodafone 10 euros. Telf 647 �7� 198.Vendo coche neno en bo estado, con cuna, silla e capota. 50 euros. Tel: 609 8�� 076.Vendo Seat Ibiza � portas, blanco, TDI 90CV año 98. Único titular. 1500 euros.Vendo moble de tenda de roupa seminovos, de 1ª calidade a bo prezo. Tel. 616 ��8 016Vendo hamaca para bebé semino-va �5 euros, tel. 686 9� 8� 06Vendo roupa e zapatos varias ta-llas tamén complementos. Inf. en [email protected] xubilación do propietario, véndense xaulas de granxa de coe-llos en Cea. Tel 988 �8 �1 �0.Véndese ordenador portátil, 110 euros, tel. 647�7�198Compraría remolque de turismo novo ou usado de � eixos. Tel. 686 54 00 87.Vendo figuras de manga, anime / series TV, locomotoras e xogos de PC. Tel 691 017 095.Vendo Opel Astra 66.000 km. Prezo a convir Tel 606 7�� 866.Vendo estanterías metálicas de 1 m x 70 cm. Tel. 988 470 855.Vendo años caseiros 8 euros/ kgTel. 676 9�8 1�8Vendo sillas de madeira semi-novas, en moi bo estado. Tel. 988 �5�80� / 680 580 0��. Vendo máquina de coser semi in-dustrial (Refrey) e caixa rexistrado-ra en bo estado. Tel. 687 �79 47�Vendo fabricador de xeo e cafe-teira de dous brazos para hostale-ría. Tel. 616 76 44 �7.Vendo varias pías de distintos ta-maños. Tel. 607 900 �75 (Xinzo)Vendo centen embalado. Prezo a convir. Tel: 6�6 07� 751.Vendo sofá 3+2, caldeira de cale-facción de gas cidade, botelleiro para bar. Tel: 6�7 005 910.

EMPREGO

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� �64Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 4�0 000Concello de Maceda 988 46� 001Concello de Paderne de Allariz 988 �9� 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 4�6 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 0�1Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 4�0 ��1Centro de Saúde de Maceda 988 46� �70Policia Local Maceda 696 511 0�8 Garda Civil Maceda 988 46� 084Parada taxis Maceda 988 46� �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 0�6Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 4�1 481Concello da Bola 988 4�� 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 78�Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 49� 500Concello de Ramirás 988 491 5��Concello de Verea 988 4�0 600Policía Local Celanova 988 4�1 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 7�6IES Celanova 988 4�1 �90CEIP Curros Enríquez 988 4�1 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 4�1 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 ���Teléfono maltratadas 016ITV 90� �09 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

Ofrécese mozo para traballar como axudante en tarefas de lim-peza, mudanzas, pintura, obras, e calquera traballo sen cualificación específica. Tel. 650 27 11 58.Ofrécese muller con informes para traballar en casas e coidar persoas maiores e cativos. Tel: 988 �5 86 �4 e 608 15� �56Ofrécese Auxiliar de Xeriatría e Xerontoloxía para axuda a domi-cilio e coidados a anciáns e/ou de-pendientes. Tel. 697 6�9 7�9.Ofrécese persoa responsable con experiencia para o coidado e aten-ción de persoas maiores, encama-das, aseos, etc. Prezos económicos. Tel: 618 646 959 e 6�9 818 9�0.Música para cerimonias (piano e voz). tel. 658 88 84 47

Page 32: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

Page 33: Agosto 2012 - BXVAC

Número: 69 - Ano:VI - Agosto 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERÍN Páx.3 OCIO Páx.30COMARCA Páx.3 COMARCA Páx.6 DEPORTES Páx.20

A Batucada e o Pemento de Oímbra, nas imaxes do mes

Expertos avaliarán a rehabilitación do castelo de Monterrei

O pleno aproba provisionalmente o novo PXOM

10 adegas das 24 que compoñen a denominación levaron stand á feira, ubicada na praza da Mercé./P.LODEIRO.

“Puertas de Galicia” elixe a Laza para o “Bosque Máxico”

Resultados do IV Campionato de fútbol 3x3 de Verín

éxito de público na VII Feira do Viño de Monterrei

[páx.2]

V Festival das Artes Escénicas

de Riós[páx. 26]

Page 34: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�

Page 35: Agosto 2012 - BXVAC

Número: 5 - Ano: VI - Agosto 2012- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ALLARIZ Páx.15 CELANOVA Páx.18 DEPORTES Páx.20

20.000 persoas xa visitaron o Festival de Xardíns

Toño Varela, o máis rápido na VII Subida A Bola-O Furriolo

DEPORTES Páx.22

Todo listo para o triatlón en Allariz, o sábado 18, ás 18 horas

Pleno de trámite e manifestación nas rúas de Celanova

ALLARIZ Páx. 14

[páx. 24]

400 comensais nas xornadas degustación da carne de boi

Festas do verán en CelanovaMiles de farois alumearon a noite na procesión pagá da Ramallosa, en Celanova./ALEJANDRO MÍNGUEZ.

Entrevista ao empresario

celanovés Manuel Álvarez [páx. 19]

Page 36: Agosto 2012 - BXVAC

BARRIOSAgosto de �01�