4
BIBLIOPALACIOS Boletín da Biblioteca Escolar CEIP Plirilingue Antonio Palacios A NOSA BIBLIOTECA A nosa biblioteca é un centro de recursos onde podedes atopar ademáis de libros de ficción colocados por nivel lector, un montón de libros informativos organizados por temas, cds e DVDs así como un ordenador onde podedes facer consultas a través de Internet. A biblioteca da escola permanece aberta durante todo o horario lectivo. Cada grupo ten unha hora asignada na biblioteca co seu titor ou titora. Os préstamos realízanse no recreo, cada nivel debe baixar o día asignadao que podedes ver no panel da entrada. Na biblioteca estará algún mestre e un grupo de nenos e nenas de 5º, que poden axudarvos a escoller libros, indicaros onde atopalos, etc. Polas tardes a biblioteca permanece aberta de 16:00 a 17:30 de luns a venres agás os martes, se tedes algún trabalo de investigación que facer podedes acudir a buscar información. Tamén, polas tardes, organizaranse actividades para familias e pequennos relacionadas cos libros e a lectura, estade atentos. AS NOSAS MASCOTAS nha familia de polos acaba de mudarse á na nosa biblioteca, son a familia Leo e traen un montón de sorpresas para todos vos:, concursos, xogos e sobre todo moitas lecturas para todos e todas. U

Boletin 1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Boletin nº1 de la biblioteca

Citation preview

Page 1: Boletin 1

BIBLIOPALACIOS Boletín da Biblioteca Escolar

CEIP Plirilingue Antonio Palacios

A NOSA BIBLIOTECA A nosa biblioteca é un centro

de recursos onde podedes

atopar ademáis de libros de

ficción colocados por nivel

lector, un montón de libros

informativos organizados por

temas, cds e DVDs así como un

ordenador onde podedes facer

consultas a través de

Internet.

A biblioteca da escola

permanece aberta durante

todo o horario lectivo.

Cada grupo ten unha hora

asignada na biblioteca co

seu titor ou titora.

Os préstamos realízanse

no recreo, cada nivel debe

baixar o día asignadao que

podedes ver no panel da

entrada.

Na biblioteca estará algún

mestre e un grupo de nenos

e nenas de 5º, que poden

axudarvos a escoller libros,

indicaros onde atopalos,

etc.

Polas tardes a biblioteca

permanece aberta de 16:00

a 17:30 de luns a venres

agás os martes, se tedes

algún trabalo de

investigación que facer

podedes acudir a buscar

información.

Tamén, polas tardes,

organizaranse actividades

para familias e pequennos

relacionadas cos libros e a

lectura, estade atentos.

AS NOSAS MASCOTAS

nha familia de polos

acaba de mudarse á na

nosa biblioteca, son a

familia Leo e traen un

montón de sorpresas para

todos vos:, concursos,

xogos e sobre todo moitas

lecturas para todos e

todas.

U

Page 2: Boletin 1

O MAGOSTO Recibe este nome a festa que

se organiza no mes de

novembro, especialmente o día

Todos os Santos ou de San

Martín para asar e

posteriormente comer as

castañas.

Antigamente era frecuente

acompañar os magostos con

viño novo. Normalmente as

mozas achegaban as castañas

e os mozos o viño. Tamén se

comía pan de trigo e outros

alimentos da época.

Terminaba o magosto con

xogos e bailes. O xogo máis

común era o de tiznarse a cara

uns a outros.

Os magostos están vinculados

ao día de defuntos porque

existía a crenza de que por

cada castaña comida

liberábase unha alma do

purgatorio.

Os zonchos eran colares ou

rosarios de castañas cocidas

coa monda e atravesadas cun

fío, esta é un costume que

hoxe en día aínda se mantén.

SOPA DE LETRAS Busca as seguintes palabras

relacinadas co magosto na

sopa de letras, logo

empararella cada palabra coa

súa definición

ZONCHO

CANDEA

DEFUNTOS

OURIZO

BULLO

REGAÑAR

SOUTO

A B C D E F G H I K R

L U K E V R O E G B E

M N Ñ F O H T S B L G

A O X U C Q N E U W A

V C A N D E A S L O Ñ

I U O T P M Z L L A A

X Z I O U R I Z O P R

Z W M S Q S U T A D F

G C W A R R U A V C U

H A V Z B O U Ñ P E T

I S U L S U M A G O S

1.-Un dos días que se acostuma

cebra-lo magosto 2.-Castaña cocida con casca 3.-Abrir o ourizo 4.-Terreo poboado de castiñeiros 5.-Casca espiñenta da cataña. 6.-Flor do castiñeiro 7.-Castaña pelada e case seca.

Page 3: Boletin 1

A CASTAÑA QUE

ESTOUPOU COA RISA

Un día, xa fai anos, ían de camiño

unha brasa de carbón, unha palla e

unha castaña. Chegaron á beira dun

río e non sabían como facer para

atravesalo.

A castaña que era moi lista propuso

o seguinte: como a palla pode

flotar na agua, eu montareime

enriba dela e nadando levarame á

outra orilla. Despois voltará a

levarte a ti, dixo falando cara a

brasa.

Como a idea lles pareceu ben as

duas, así se fixo. Promeiro a palla

levou a castaña e despois voltou

pola brasa. Pero cando estaban no

medio do río, a palla sentíu que se

estaba queimando coa calor da

brasa e, de súpeto fixo un

movemento brusco e dunha

sacudida botóuna a auga.

Cando a castaña veu esto, deulle un

ataque de risa, ríase tanto de ve-la

brasa mollada, ríase con tanta

forza que estoupou. A palla quedou

na beira de río toda chamuscada. A

brasa chegou máis tarde, tan

molladiña que se apagou.

Estaban as duas incomodadas coa

castaña porque se estaba a rir

mentres elas o pasaban mal, pero

cando se decataron que coa risa lle

reventara a tona e que estaba

destrozada, sentiron lástima dela e

foron buscar un xastre para que a

remendase e lle recosese o burato.

O xastre só tiña un anaco de tea

máis claro que o da tona da castaña

e tivo que amañala poñéndolle un

anaco de esa cor. Por iso agora

andan tódalas castañas cun

pedaciño de tona que parece un

pouco máis claro.

Page 4: Boletin 1

RECOMENDAMOS

O vento de Antón

O señor mago e a folla

Manualidades para facer con

elementos do outono. Podes atopalo

na sección de Arte e Música

RECUNCHO DA LINGUA

Polo San Martiño proba o

teu viño.

En outono vota as patacas

e garda cedo as vaca.

Outono cegar, porco cebar.

Planta en outono e terás

para o ano todo.

VISITA O NOSO BLOG bibliopalacios.blogspot.com