6
Agosto 2014 O luns 13 de xullo pola mañá reunímonos coas deputadas Ana Pontón e Ana Miranda para reivindicar o servizo de INTERNET para todas as familias que o demanden. A finalidade da reunión coas deputadas foi trasladarlle infor- mación ao respecto da centraliña de Telefónica instalada en Marmancou no ano 2013 que cun orzamento de 1.832.796 € e unha axuda de 575.315 €, parece que non foron suficientes para que toda a veciñanza se puidera conectar a INTERNET. Fotos das placas centraliña de Marmancou, antes e despois de caerlle o lacado. Dende Nova Xeira contactamos con Telefónica, coa AMTEGA, cos grupos políticos do parlamento Galego trasladando a todos eles a discriminación que sofren aquelas familias que non poden ter este servizo básico polo sistema ADSL , como a resposta tanto da AMTEGA como de Telefónica enviada por escrito, como a resposta a unha pregunta parlamentaria formulada por Ana Pontón no parlamento Galego non foi satisfactoria porque aquelas vivendas que non teñen INTER- NET por ADSL dábanlle a posibilidade de conectarse por satélite, pero a conexión por este sistema non ten as mesmas prestacións nin técnicas nin económicas, por este motivo nos puxemos en contacto coa parlamentaria Europea Ana Miranda para que formulase unha pregunta no Parlamento Europeo para saber en qué se investiron os 1.832.796 €, e tamén saber si estes cartos non son suficientes para instalar os pares e postes necesarios para que todas as vivendas da parroquia dispoñan deste servizo de INTERNET. Tamén reclamamos que a os veciños das Moas de abaixo se lle poida dar o servizo dende a centraliña instalada en Mar- mancou porque desta maneira poderían ter un servizo de INTERNET aceptable. Pola tarde a reunión foi co Concelleiro de Medio Rural Rafa Peña para expoñerlle as demandas de carácter municipal. A reunión no concello co Concelleiro de Medio Rural e Equi- librio Territorial Rafa Peña tivo a finalidade de trasladarlle e explicarlle polo miúdo as consideracións de Nova Xeira sobre os servizos básicos, mantemento, incendios, desbroces, sub- vencións municipais máis a seguridade na estrada CP 7803, entregamos un documento acompañado de fotografías para evidenciar as carencias e as necesidades que requiren solución. Reclamamos que a empresa concesionaria da Limpeza Viaria e R S U de Santiago de Compostela cumpra co contrato en vigor xa que este recolle que en todo o termino municipal nos lugares que o PXOM considera que unha vía está urbanizada ou que se pode urbanizar, a empresa ten a obriga de limpala un día a semana. Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a parroquia

Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a ...€¦ · festa a rede municipal. A Portela: Os veciños deste lugar non teñen suministro municipal, dispoñen dunha traída

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a ...€¦ · festa a rede municipal. A Portela: Os veciños deste lugar non teñen suministro municipal, dispoñen dunha traída

Agosto 2014

O luns 13 de xullo pola mañá reunímonos coas deputadas Ana Pontón e Ana

Miranda para reivindicar o servizo de INTERNET para todas as familias que o

demanden.A finalidade da reunión coas deputadas foi trasladarlle infor-mación ao respecto da centraliña de Telefónica instalada en Marmancou no ano 2013 que cun orzamento de 1.832.796 € e unha axuda de 575.315 €, parece que non foron suficientes para que toda a veciñanza se puidera conectar a INTERNET.

Fotos das placas centraliña de Marmancou, antes e despois de caerlle o lacado.

Dende Nova Xeira contactamos con Telefónica, coa AMTEGA, cos grupos políticos do parlamento Galego trasladando a todos eles a discriminación que sofren aquelas familias que non poden ter este servizo básico polo sistema ADSL , como a resposta tanto da AMTEGA como de Telefónica enviada por escrito, como a resposta a unha pregunta parlamentaria formulada por Ana Pontón no parlamento Galego non foi satisfactoria porque aquelas vivendas que non teñen INTER-NET por ADSL dábanlle a posibilidade de conectarse por satélite, pero a conexión por este sistema non ten as mesmas prestacións nin técnicas nin económicas, por este motivo nos puxemos en contacto coa parlamentaria Europea Ana Miranda para que formulase unha pregunta no Parlamento Europeo para saber en qué se investiron os 1.832.796 €, e tamén saber si estes cartos non son suficientes para instalar os pares e postes necesarios para que todas as vivendas da parroquia dispoñan deste servizo de INTERNET.

Tamén reclamamos que a os veciños das Moas de abaixo se lle poida dar o servizo dende a centraliña instalada en Mar-mancou porque desta maneira poderían ter un servizo de INTERNET aceptable.

Pola tarde a reunión foi co Concelleiro de Medio Rural Rafa Peña para expoñerlle as

demandas de carácter municipal.A reunión no concello co Concelleiro de Medio Rural e Equi-librio Territorial Rafa Peña tivo a finalidade de trasladarlle e explicarlle polo miúdo as consideracións de Nova Xeira sobre os servizos básicos, mantemento, incendios, desbroces, sub-vencións municipais máis a seguridade na estrada CP 7803, entregamos un documento acompañado de fotografías para evidenciar as carencias e as necesidades que requiren solución.

Reclamamos que a empresa concesionaria da Limpeza Viaria e R S U de Santiago de Compostela cumpra co contrato en vigor xa que este recolle que en todo o termino municipal nos lugares que o PXOM considera que unha vía está urbanizada ou que se pode urbanizar, a empresa ten a obriga de limpala un día a semana.

Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a parroquia

Page 2: Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a ...€¦ · festa a rede municipal. A Portela: Os veciños deste lugar non teñen suministro municipal, dispoñen dunha traída

2Xullo de 2015

1. Servizo de saneamento.

A Portela, Vrins, A Cova, Piñor estes catro lugares non teñen servizo de saneamento, no caso da Portela hai unha parcela dispoñible cedida polos veciños para asentar unha depuradora com-pacta, no caso de Piñor hai unha masa común para colocar a depuradora.

Conectar a fosa séptica que hai no campo da festa ca rede de saneamento munici-pal.

O saneamento ten atascos continuos, e polo tanto fugas ao río nos lugares de: Xulacasa, Codesedas, Cruce da Chan-cela, Regato de Marmancou, Moas de Arriba.

A estación de bombeo de Folgoso non funciona con normalidade ten constan-tes avarías, ten unha fuga constante cara o río as 24 horas do día.

No Marco de Covas hai 5 vivendas sen conectar co saneamento por falta de cota.

Proponse que para evitar os atascos e consecuentemente as fugas cara o río, que se faga un mantemento periódico (un día ao mes) consistente no desatasco e limpeza co camión succionador de lodos no sistema de saneamento pola empresa concesionaria.

2. Abastecemento de auga.

Conectar as dependencias do campo da festa a rede municipal.

A Portela: Os veciños deste lugar non teñen suministro municipal, dispoñen dunha traída veciñal con caudal escaso e chegando a secar nos meses de agosto e setembro.

3. Incendios.

Solicitamos do Concello o cumprimento da normativa municipal ao respecto, hai un bando do Concello, aprobado e publicado o 17 de xullo de 2012, que obriga aos propietarios de toda clase de terreos a mantelos en óptimas con-dicións de seguridade e ornato público para non provocar o deterioro das con-dicións ambientais e consecuentemente risco polo lume para as persoas e os bens destes no medio rural. Tamén soli-citamos do Concello que actúe de oficio onde se observe que se fan plantacións de eucaliptos nas fincas de cultivo e pra-dos, prohibidos pola lei 3/2007 co fin de

non achegar o perigo as vivendas e aos bens destas.

Por iso tamén pedimos que non se lexisle no Parlamento de Galiza ache-gando o lume á porta da casa da xente, permitindo plantacións de e u c a l i p t o s a 50 metros dunha vivenda, senón que se estableza un perímetro de seguridade mínimo de 200 m. máis que non se permita plantar eucaliptos en fincas de cultivo.

Reclamamos que as labores de preven-ción tanto no monte como nas estradas e pistas se fagan coa planificación nece-saria para actuar na primavera máis a final do verán.

4. Pluviais.

Folgoso. Reparación da ponte arrasada por unha riada no ROXIDOR. O goberno municipal informou (08.09.2014) de que solicitou a augas de Galicia que asuma o custo da construción da ponte.

Moas de Arriba, debido a cantidade de auga que se recolle dende o cruce do Pedroso e o monte das Moas, toda esta auga conflúe nunha arqueta e nun desaugadoiro con pouca capacidade, é por isto que no inverno no lugar asolá-ganse tanto as pistas como as vivendas. Informou o Sr. Alcalde nunha reunión mantida en Raxoi o día 08.09.2014 que está a espera de que Augas de Galicia autorice a Intervención, asegurou nesta reunión xunto co Concelleiro de medio rural que tiñan o proxecto rematado e a reserva de cartos para executar a obra.

Correxíns e Codesedas na Eira Vella. Colocar un sistema de recollida de augas pluviais que consiste nunha tubaxe infe-rior protexida con pezas de formigón, mesmo modelo que en Galeras ou na costa do Canto do Galo.

Campo da festa Camiño dos Muíños, desviar as augas que baixan cara a cuneta.

5. Fontes e lavadoiros. Acondiciona-mento

Limpeza das fontes, desaugadoiros, encintado das lousas de granito, limpeza xeral da zona dos lavadoiros de Folgoso, as Moas de Arriba e Vrins.

Codesedas. Limpeza e retirada da terra e hortensias que medran no camiño de acceso a fonte pública do lugar dende a rúa Eira Vella, así como o que comunica

ca rúa da Eira Nova, neste camiño medra moita vexetación e paulatinamente vai cerrando o paso para os peóns.

6. Zonas de recollida de residuos.

Delimitar as zonas onde se sitúan os contedores, hormigonar a plataforma onde sexa necesario para os contedores de orgánicos, envases, cartón e vidro, suxeitar os contedores inestables que se moven pola forza do vento.

7. Viais:

Propoñemos un plan de mantemento cunha periodicidade de actuación semestral nalgúns casos e noutros anual ou bianual para facer os traballos nece-sarios sobre todo de corte de vexetación, limpeza e retirada de terra que impidan o deterioro das estradas, das pistas, dos camiños, das fontes, ect.

Limpeza de todas as medias cañas unha vez cada dous anos.

Tamén esiximos que a empresa conce-sionaria Urbaser faga as limpezas via-rias tal e como se recolle no contrato actual en vigor.

Correxíns a pista que vai dende o lugar ata o Marco de Covas, solicitamos que se manteña en condicións de limpeza de vexetación e derrubes de terra para poder circular con seguridade, actual-mente unha das liñas pintadas está tapada por terra desprendida da ribada lateral ao longo da pista.

Folgoso. Na masa común da (Revoltiña) facer unha intervención, delimitando

Demandas da A VV Nova Xeira, Xuño 2015

Page 3: Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a ...€¦ · festa a rede municipal. A Portela: Os veciños deste lugar non teñen suministro municipal, dispoñen dunha traída

3Xullo de 2015

Instalar unha visera de metacrilato na porta de seguridade da sala multiusos para evitar a entrada da auga.

Conectar as augas de pluviais a rede, actualmente, recóllense diante do CSC pero a tubaxe non conecta en ningunha arqueta.

Mellorar a acústica da sala multiusos pois non reúne as condicións de audi-ción necesarias para realizar reunións ou actividades.

Facer un armario, empotrado no espazo das escaleiras para gardar o equipo de música, máis arquivadores con docu-mentación.

No local do campo da festa arranxalo retirando as plaquetas dos paramentos e pintando os mesmos. Facer unha porta máis ancha.

Zona deportiva, limpeza e adecen-tamento xeral. Corte dos eucaliptos e vexetación que se sitúan a carón da pista de xogo nunha banda de 20 m.

Na zona de deportes e campo da festa as augas descorren por sitios que non están habilitados, o motivo e que os desaugadoiros están taponados por residuos,terra ect, compre limpalos, e facer unha actuación xeral para limpar o entorno, eliminar a auga do terreo de xogo, agora non é practicable, poñer na entrada do campo un par de pedras de tamaño considerable para que non metan os coches no terreo de xogo.

Proponse: que estas instalacións pasen a ser xestionadas polo departamento de deportes do concello, que se utilice este campo de deportes por algún club da cidade para facer adestramentos conse-guindo así rendibilizar as instalacións.

Cortar os eucaliptos conforme a lei 3/2007 máis a normativa municipal que esixe que as fincas estean en óptimas condicións de seguridade e ornato público.

con bordo de formigón a zona con vexe-tación do asfalto.

Codesedas. No lugar de Eira Vella, máis dende aquí ata o cruce do Chancela facer unha intervención xeral consistente nunha limpeza integral das pistas máis a colocación de tubaxes e rexistros para recoller as pluviais do lugar canalizando as augas cara as gabias.

Marmancou. Neste lugar na estrada cerca da parada do bus que está máis cerca do Chancela, cando chove formase unha bolsa de auga que ocupa un carril de circulación e presenta perigo para o tráfico, isto é debido ao atasco que hai nun sumidoiro, pódese evitar elimi-nando a terra que se deposita a carón da beirarrúa.

As Pistas interiores de comunicación tanto duns lugares a outros como as de uso agrícola teñen a vexetación dos laterais abundante e sen rozar o que fai que paulatinamente a vexetación vaia ocupando o espazo de circulación.

Proponse que alternativamente cada dous anos se limpe cunha cuchilla horizontal para eliminar o terrón e consecuentemente o almacenamento de auga

Paso peonil independente do tráfico rodado, por unha marxe da estrada dende as Casas do Rego ata Marmancou, e dende a igrexa ata Folgoso, pódese aproveitar o trazado da estrada vella.

No Diario Oficial de Galicia do día 7 de xaneiro de 2015 a Axencia Galega de Infraestruturas licitou un contrato público destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas de Santiago e a súa comarca nos que resulta conve-niente executar sendas peonís ou vías ciclistas para o fomento da mobilidade sostible coa finalidade de favorecer a mobilidade urbana e interurbana. O día 27 de xaneiro, N X presentou no rexistro dous escritos dirixidos a Consellaría de Infraestruturas e ao Concello para que se teña en conta a estrada CP 7803 para construír unha senda peonil dende as casas do rego ata Folgoso.

A Portela .Arranxo e reforzo do firme da estrada de acceso a este lugar dende a estrada de Santa Comba, apreciase ausencia de aglomerado, precisa de rebacheo ata o núcleo de Vrins.

Sinalización. Reparación e arranxo das danadas, renovación das ilexibles.

Indicadores de dirección e sinalización dos lugares de Piñor, Fontecova, punto limpo, e CSC, neste caso unha sinal que sexa de dobre lectura para indicar nos dous sentidos da circulación.

Moas de Arriba, Pintar un paso de peóns cerca da parada do bus para facilitar que os usuarios do transporte público poidan cruzar a estrada.

Reparación e reforzo da parede lateral da ponte na pista de acceso as Moas de Arriba sobre o rego de Fontecova, colo-car unha varanda protectora.

Xulacasa. No camiño das cabras hai 4 carballos que están levantando a estrada porque as raíces métense debaixo do asfalto.

Folgoso.Rebachear a pista que comunica con Codesedas, necesita reparación de aglomerado.

Pintar as liñas da estrada dende o Campo da festa ata Folgoso. Esta estrada non ten as liñas laterais pintadas polo que cando se circula de noite e chovendo non se distinguen os limites da estrada

Vrins. Rebachear a pista que comunica coa estación de servizo na estrada de Santa Comba, apreciase ausencia de aglomerado.

8. Alumeado público

Colocar os farois dende Codesedas ata o Campo da festa, cando a Deputación fixo as beirarrúas había os puntos de luz necesarios, retiráronse e non se volveron a colocar. A Xunta de Goberno local aprobou o 14 de de novembro de 2014 esta intervención valorada en 57.000 € pero sen ter a previsión orzamentaria necesaria para custear a obra.

Cambiar os farois vellos por outros modernos máis eficientes e con menor consumo.

9. Arranxos no CSC. Campo da festa. Zona deportiva.Escola da Portela

Parque infantil. Reparar os elementos de xogo defectuosos, anclar os que están soltos, facer o mantemento periódico do mesmo para eliminar o verdín máis a herba que medra entre os elementos da base, cortar os pinos que soltan a folla no parque e substituílos por outros árbores con folla perenne.

CSC. Eliminar as humidades detecta-das na sala multiusos a nivel do zócalo e no canto inferior da porta de entrada

Page 4: Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a ...€¦ · festa a rede municipal. A Portela: Os veciños deste lugar non teñen suministro municipal, dispoñen dunha traída

4Xullo de 2015

Comunicación do novo horario doBus Urbano

A asemblea xeral do 23 de marzo de 2014 aprobou unha proposta presentada pola Xunta Directiva de Nova Xeira rela-cionada co horario do autobús urbano que se concreta nos seguintes puntos:1. Manter o horario de inverno

durante todo o ano.2. Que non se supriman viaxes no

verán.3. Que as saídas do bus se fagan as

horas en punto dende a frecuencia das 16.00 h en Folgoso e as medias dende a estación.

Trasladada a proposta aos responsables municipais estableceuse o horario tal e como se ve na seguinte táboa dende o día 1 de xullo.

Na zona do campo da festa, faltan cables eléctricos,(10-04-2011) que alimentan o alumeado e os vestiarios.

O día 15.05.2015 comunicouse a Policía local que apareceu forzada unha reixa metálica dunha fiestra no local dos vestiarios no campo de fútbol.O día 15.06.2015 presentouse escrito no rexis-tro denunciando o caso.

Escola da Portela. Esta escola unitaria rehabilitada no ano 2009 para ser un centro de interpretación da natureza, dotado de camas, salas polivalentes, cociña, equipos informáticos ect, non ten actividade por falla de mantemento tanto no interior como no exterior, actualmente desapareceron as placas solares a as placas de formigón que as tiñan fixadas. Solicitamos que se arranxen as deficiencias, que se lle faga o mantemento necesario e que sexa uti-lizado para realizar todas as actividades que se adapten as características do centro.

10. Transporte público

Solicitamos manter o mesmo horario no inverno e no verán sen suprimir servi-zos, fixemos unha achega a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, polo de agora sen resposta

Cambio nas horas de saída de Folgoso e San Roque a partires das 16:00 h, saíndo as horas en punto de Folgoso e

ás e media de San Roque, actualmente sae ás 16:10 de Folgoso e ás 16:40 de San roque.

Aumento das frecuencias os sábados e domingos facendo un servizo as 16:00 h e outro as 17:00 h.

Manter o itinerario actual dende San Roque a Folgoso

Dobrar a capacidade da marquesiña de Codesedas,os usuarios en horas punta non caben dentro.

Incrementar a frecuencia no fin de semana, os sábados e domingos pola tarde, facendo un servizo as 16: 00 h e outro as 17: 00 h

A liña que remata en Vidán se meta ao lado da Fábrica de Brandía ata o lugar de As Moas de Abaixo.

No futuro cando se poña en marcha o transporte metropolitano, a liña que pasa pola estrada de Santa Comba, a altura da gasolineira de Vrins se meta ata o lugar de Vrins, polo menos un ser-vizo pola mañá a primeira hora, outro o mediodía e outros dous pola tarde.

11. Punto limpo de Piñor

Neste espazo onde anos atrás se almace-naron os residuos da cidade obsérvase dúas cuestións do estado de abandono destas instalacións.

• A falla de depuración dos líquidos lixiviados que se almacenan e pos-

teriormente se bombean a rede de saneamento de Figueiras.

• O roubo dun equipo convertedor de electricidade instalado cando se clausurou a instalación que aproveitando os gases que provocan os residuos almacenados podería subministrar alumeado público sen custo para a parroquia.

12. P.X.O.U

Información de cómo poden afectar aos distintos lugares da Parroquia as modificacións do PXOM para adaptalo a lei do solo.

Cómo quedan os núcleos rurais e as ampliacións de núcleos despois das adaptacións do PXOM a lei do solo.

Vaise incrementar notablemente o nº de habitantes por mor de algunha actuación relacionada coa adaptación do PXOM a lei do solo?

13. Concentración parcelaria do monte

Finalización do proceso de concentra-ción Villestro-Figueiras II.

Reserva de espazo, a cargo das parcelas non reclamadas, para a construción do Periférico Norte. Así como para posibles ampliacións da rede viaria que transco-rre pola zona afectada.

Figueiras xuño de 2015.

Page 5: Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a ...€¦ · festa a rede municipal. A Portela: Os veciños deste lugar non teñen suministro municipal, dispoñen dunha traída

5Xullo de 2015

Escrito solicitando senda peonil e carril bici dende Casas do Rego a Folgoso 14.01.2015

D. Federico Menendez

Director Xeral de Infraestructuras

José Manuel Quintáns Couselo con DNI 33256593L, presidente da Asociación Veciñal Nova Xeira de Figueiras, no Concello de Santiago de Compostela, actuando na representación desta, con enderezo a efectos de notificacións en Folgoso nº 29 Figueiras, CP 15897 en Santiago de Compostela, por medio do presenten escrito,

EXPÓN:

No Diario Oficial de Galicia do día 7 de xaneiro de 2015 a Axencia Galega de Infraestruturas licitou un contrato público destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas de Santiago e a súa comarca nos que resulta conve-niente executar sendas peonís ou vías ciclistas para o fomento da mobilidade sostible coa finalidade de favorecer a mobilidade urbana e interurbana.

Tendo en conta que a parroquia de Figueiras, de marcado carácter rural, localízase a 3,5 Km do centro urbano de San-tiago, que os 1500 residentes en Figueiras utilizamos a estrada CP 7803 que discorre pola parte sur do monte Pedroso para desprazarnos a mesma utilizando maiormente o vehículo privado e/ou o transporte público, e só ocasionalmente en bicicleta ou a pé.

Isto é debido fundamentalmente a que a estrada de Santiago a Figueiras CP 7803 carece de beiravía, ten dobre carril de circulación e moito tráfico de vehículos porque é utilizada polos condutores que se desprazan a zonas limítrofes como Laraño, Villestro ou Bertamiráns que tratan de evitar os atascos da cidade.

Por ista razón, consideramos de interese contar na estrada CP 7803 cunha senda peonil por unha marxe desta, pois, ademais de constituír unha mellora da seguridade viaria para todos os usuarios da mesma, peóns ciclistas, persoas todas elas que se desprazan dende a cidade ao Pedroso correndo ou andando para facer exercicio e pasear nun entorno saudable, facilitaría tamén que os residentes en Figueiras realizaran os seus desprazamentos a pé ou bicicleta e deixasen o vehículo privado na casa, contribuíndo ao fomento dunha mobilidade sostible entre este núcleo parroquial e o centro urbano de Santiago e tamén dende o centro urbano á area recreativa do Monte pedroso, fin último da contratación pública citada.

Por todo o exposto anteriormente solicito se teña en conta esta estrada CP 7803 para ser incluída no proxecto de execución dunha senda peonil dende as casas do Rego ata o lugar de Folgoso na parroquia de Figueiras no concello de Santiago de Compostela

En Santiago de Compostela a 27 de xaneiro de 2015

José M. Quintáns CouseloPresidente da Asociación veciñal Nova Xeira de Figueiras Tlf. 600 216 921

AXENCIA GALEGA, DE INFRAESTRUCTURAS, DIRECCIÓN XERAL

Page 6: Nova xeira continua firme coas reivindicacións para a ...€¦ · festa a rede municipal. A Portela: Os veciños deste lugar non teñen suministro municipal, dispoñen dunha traída

6Xullo de 2015

BALANCE ECONÓMICOANO 2014

Desbroces da estrada

xeral CP 7803Os días 19 de Xuño e 15 de Xullo Nova Xeira falamos co responsable de mantemento da estrada xeral CP 7803 coa finalidade de requirir que a Deputación da Coruña titular da estrada faga o mantemento consis-tente no desbroce da maleza que se acumula a ambos lados da estrada, a cantidade de maleza semella un perigo tanto para os peóns como para os condutores debido a cantidade máis a altura que ten nalgunhas zonas impedindo a correcta visibilidade tendo como consecuencia o risco evidente para todos os usuarios da vía.

A resposta do responsable do mantemento da estrada foi que a empresa que se lle adxudicou a obra está elaborando un Plan de Prevención e Riscos Laborais necesario para poder executar a obra e mentres non teña aprobado e formalizado dito plan non pode comezar a executala.