2
Blanco Aparicio, Axel 3º ESO A O BERRO XORDO Outra vez máis, outro ano máis, saio do estreito corredor para facer o mesmo paseo de todos os outonos pasados. Cando xa me reúno cos meus compañeiros, comezamos a andaina pola pequena aldea, percorrendo os escuros, angostos e asfixiantes carrouchos. Nós somos de costumes fixos, nunca nos gusta saír sós. Non hai como a compañía cando saes pola noite, ás escuras, polas rúas que esmorecen o aire e engurran a tenue luz dunha lúa partida en anacos polas néboas outonais. Uns a carón dos outros, movémonos lentamente, sen que os nosos beizos articulen nin o máis mínimo son. Xa ás nosas costas voan os ouveos dos cans da aldea, dos lobos da contorna, ao compás das intensas badaladas de medianoite. Rexos golpes de ar empurran as débiles portas de madeira facendo estralar todas e cada unha das súas febras. O gando que permanece nos seus cortellos acantóase nos recunchos, tremendo a cada instante con cada broucazo.

O Berro Xordo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Texto Samaín Axel Blanco

Citation preview

Page 1: O Berro Xordo

Blanco Aparicio, Axel 3º ESO A

O BERRO XORDO

Outra vez máis, outro ano máis, saio do estreito corredor

para facer o mesmo paseo de todos os outonos pasados.

Cando xa me reúno cos meus compañeiros, comezamos

a andaina pola pequena aldea, percorrendo os escuros,

angostos e asfixiantes carrouchos. Nós somos de costumes

fixos, nunca nos gusta saír sós. Non hai como a compañía

cando saes pola noite, ás escuras, polas rúas que esmorecen

o aire e engurran a tenue luz dunha lúa partida en anacos

polas néboas outonais. Uns a carón dos outros, movémonos

lentamente, sen que os nosos beizos articulen nin o máis

mínimo son.

Xa ás nosas costas voan os ouveos dos cans da aldea,

dos lobos da contorna, ao compás das intensas badaladas de

medianoite. Rexos golpes de ar empurran as débiles portas

de madeira facendo estralar todas e cada unha das súas

febras. O gando que permanece nos seus cortellos acantóase

nos recunchos, tremendo a cada instante con cada broucazo.

Mentres a derradeira badalada se esvaece na néboa, a

Señora Filomena non acode a tempo de pechar a fiestra do

seu cuarto, suficiente para que nós a vexamos. Cando fita

para nós un berro xordo afoga no máis profundo da súa

gorxa. A impresión déixaa paralizada durante uns instantes.

A pequena cunca de leite con pan que levaba para o seu

home, esvara dos seus dedos e esnaquízase en mil anacos.

Page 2: O Berro Xordo

Agora derrubase e bate fortemente coa cabeza contra as

vellas táboas do chan.

Agora só nos coñecemos o seu paradoiro.

Soamente nós: As ánimas.

P.D.: Máis cedo que tarde, voltaremos.