8
REVISTA de VETERINARIA GALEGA | Nº 6 | OUTUBRO - NOVEMBRO 2013 18 O sábado 20 de abril espertamos cun- ha triste nova, o pasamento de Víctor Gon- zález Herrero. Coñecerámo- nos hai un par de anos e no noso primeiro encontro quedei admirado de todo o seu coñecemento nas diver- sas áreas da veterinaria, en especial na sanidade animal e microbioloxía. En xaneiro deste mesmo ano tiñamos concluído o seu perfil, que hoxe publicamos na súa me- moria. Naceu en León un 18 de xuño de 1923. Fillo de Víctor e Luísa, o seu pai estudou maxisterio, pero ao suspen- der pedagoxía decantouse pola mecánica, así exerceu como montador en Caminos de Hierro del Norte de Espa- ña, ascendendo a fogoneiro e posteriormente a maqui- nista, onde estreou a última máquina de vapor fabricada en España, a 5001 (Santa Fe) ata se converter en xefe de maquinistas, chegando a acadar o posto de xefe de VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013) Alberto M. Portela Vázquez Asociación Historia Veterinaria Gallega (HISVEGA) O historiador veterinario Alberto Portela fai un pormenorizado relato da vida persoal e profe- sional “dun dos mellores veterinarios de Galicia”.

VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

REVI

STA

de V

ETER

INA

RIA

GA

LEG

A |

Nº 6

| O

UTU

BRO

- N

OVE

MBR

O 2

013

18

O sábado 20 de abril espertamos cun-ha triste nova, o

pasamento de Víctor Gon-zález Herrero. Coñecerámo-nos hai un par de anos e no noso primeiro encontro quedei admirado de todo o seu coñecemento nas diver-sas áreas da veterinaria, en especial na sanidade animal e microbioloxía. En xaneiro deste mesmo ano tiñamos concluído o seu perfil, que hoxe publicamos na súa me-moria.

Naceu en León un 18 de xuño de 1923. Fillo de Víctor e Luísa, o seu pai estudou maxisterio, pero ao suspen-der pedagoxía decantouse pola mecánica, así exerceu como montador en Caminos de Hierro del Norte de Espa-ña, ascendendo a fogoneiro e posteriormente a maqui-nista, onde estreou a última máquina de vapor fabricada en España, a 5001 (Santa Fe) ata se converter en xefe de maquinistas, chegando a acadar o posto de xefe de

VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO

(1923-2013)Alberto M. Portela Vázquez

Asociación Historia Veterinaria Gallega (HISVEGA)

O historiador veterinario Alberto Portela fai un pormenorizado relato da vida persoal e profe-sional “dun dos mellores veterinarios de Galicia”.

Page 2: VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

19

REVI

STA

de V

ETER

INA

RIA

GA

LEG

A |

Nº 6

| O

UTU

BRO

- N

OVE

MBR

O 2

013

Víctor González Herrero (1923-2013) | Portela, A.M. páxinas 18-25

depósitos de máquinas de vapor en Lleida, un dos máis altos cargos de RENFE. En conclusión, o seu pai, como nos confesaba con fachenda, ensinou-lle o máis importante: o “amor ao traballo”.

Eran catro irmáns (tres mulleres e un home), seu irmán José Luís, tivo unha carreira de gran progresión no mundo da banca, forxada a base de esforzo. Víctor estudou o bacharelato no Co-lexio dos Pais Agostiños de León (1934-1941), onde había un milleiro de estudantes, coincidindo co ilustre profesor Miguel Cordero de Campillo, que os separaba un escaso ano. Trasladouse a Oviedo para realizar a reválida.

Tiña en mente estudar Medicina pero ao estar a facultade en Valladolid supoñía maiores gas-tos e, sobre todo, un encontro fortuíto coa súa veciña Anita Montousé, que era noiva de Adrio Barreiro, que rematou xusto ese día a carreira de veterinaria, faríanlle cambiar de opinión, xa que Adrio coméntalle ao noso protagonista das gran-des posibilidades da veterinaria, e que se apunta-ra sen falta xa que o prazo remataba ao día se-guinte. Sacou unha tarxeta e recomendouno, ao coñecer Adrio á persoa encargada das matrículas de ingreso. Este foi o motivo de cursar os estudos de Veterinaria, sentíndose orgulloso e afortunado polas grandes satisfaccións que lle provocaría ao longo da súa vida.

Víctor, coma todos os mozos da época, tiña que facer o servizo militar realizando as milicias universitarias, a instrución en segundo curso de carreira, sendo sarxento en terceiro curso e rea-lizando as prácticas de nove meses en Badaxoz, ao final da carreira. Alí conversaría con xeneral da División Azul Muñoz Grandes, que esixía unha excelente preparación militar aos licenciados para unha futura guerra en Centroeuropa.

Coma en todas as grandes historias, o amor xoga un papel importante e no noso caso foi cla-ve para que a súa vida profesional se desenvol-vese na cidade de Vigo. Víctor tiña familia nesta cidade galega, a morte do noivo dunha das súas curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León.

Cando o seu estado anímico se recuperou, de-cidiu volver a Vigo, acompañándoa o noso mozo protagonista que contaba con tan só 18 anos. Foron detidos pola Garda Civil ao seren ambos tan novos, xa que facía falta un documento de responsabilidade civil e ela contaba con 20 anos. Á súa chegada á estación de tren agardábaos o pai da moza, moi coñecido por ser dono da im-prenta Rápida, na rúa Gran Vía, e el foi o encar-gado de desmentir calquera sospeita de fuga dos dous adolescentes diante da Garda Civil.

Víctor coa súa dona Caluca e o seu inolvidable can Alay (1975).

Page 3: VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

REVI

STA

de V

ETER

INA

RIA

GA

LEG

A |

Nº 6

| O

UTU

BRO

- N

OVE

MBR

O 2

013

20 Víctor González Herrero (1923-2013) | Portela, A.M. páxinas 18-25

Unha das súas afeccións era a fotografía e así plasmou por medio das imaxes as distintas facetas da veterinaria, como mostra un álbum de fotos de máis de mil imaxes de peixes, cla-sificándoos segundo as súas características ma-croscópicas. En 1976 participou nun concurso de fotografía sobre a temática das flores, obtendo o primeiro premio AFGA. O premio consistiu nunha viaxe a Miami, que lle permitiu visitar o serpen-tarium e o delfinario de Miami, un dos principais do mundo.

FORMACIÓN ACADÉMICA

Ingresa na Escola de Veterinaria de León en 1942 que estando en segundo curso se transfor-ma xa en Facultade Veterinaria. Foi alumno in-terno na Cátedra de Farmacoloxía, Terapéutica e Medicina Legal (1944-1945) co decano Izquierdo. Licénciase no ano 1946, coa cualificación de so-bresaínte en fin de carreira. Entre os seus pro-fesores salienta a Villareal, para el o seu mellor profesor con diferenza, ao realizar uns excelentes debuxos no encerado, con xices de diferentes co-res, cun prestixio evidente en León.

Entre as amigas da súa curmá estaba Caluca, unha moza de 18 anos. Ao regreso de Víctor a León, antes de partir de viaxe díxolle a súa cur-má: “Dille a Caluca que agarde por min, que ao terminar a carreira caso con ela”, promesa que levou a cabo aos 23 anos de idade. Dous anos antes escribíanse longas cartas confesando o seu gran e único amor. Víctor quedou viúvo can-do só tiña 61 anos, ninguén máis lle roubaría o seu corazón.

Do seu matrimonio naceron dous fillos:

• Víctor González Rodríguez, tamén veterina-rio de carácter militar. Sendo tenente en San Sebastián, ascende a capitán e trasládase a Valencia baixo as ordes do xeneral Miláns del Bosch. En 1980 aproba as oposicións ao Corpo Nacional Veterinario, exercendo na actualida-de en Ourense.

• Carolina González Rodríguez é bióloga e tra-balla como conservadora no Zoo de Vigo, seguindo os pasos de seu pai e mestre, que foi director do centro durante os anos 1973-1983. Carolina realizou importantes traballos de impregnación, como a cría do voitre “Vigo”, criado na súa propia casa nada máis rebentar o ovo.

Na foto superior reflíctese a viaxe de estudos "Fin de carreira" de alumnos de 5º curso da Facultade de Veterinaria de León (1946). Primeira fila pola esquerda: 1. D. Toribio (Catedrático de Inspección de Carnes);

3. Dna. Paquita Vacas Espinosa (unha das primeiras alumnas de veterinaria de León); 4. D. Crisanto Saénz de la Calzada (Catedrático de Fisioloxía); 7. D. Ángel Sánchez Franco (Catedrático de Enfermidades Infecciosas).

Segunda fila, primeiro pola esquerda: Víctor González.

Page 4: VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

21

REVI

STA

de V

ETER

INA

RIA

GA

LEG

A |

Nº 6

| O

UTU

BRO

- N

OVE

MBR

O 2

013

Víctor González Herrero (1923-2013) | Portela, A.M. páxinas 18-25

- Diplomado en Sanidade, co número un, pola Universidade de Santiago en 1969.

- Curso de enerxía nuclear por JEN, autorizán-doo a ser usuario de isótopos radioactivos.

Víctor era consciente que debía marchar al extranjero para empaparse de nuevas culturas y avances científicos, por ello, es becado por la OMS, en el Instituto Pasteur de Lille (Francia) para estudios de bacteriología alimentaria en 1970, durante 1 mes. Posteriormente se traslada a Ale-mania a Neuminster durante 1 semana para reali-zar estudios sobre esterilización de las conservas. En 1979 participa en la convención de Viena a propuesta de ANFACO, con D. José.

Víctor era consciente que debía marchar ao estranxeiro para se empapar de novas culturas e avances científicos, por iso obtén unha bolsa da OMS no Instituto Pasteur de Lille (Francia) para estudos de bacterioloxía alimentaria en 1970 du-rante un mes. Posteriormente trasládase a Ale-maña, a Neuminster durante unha semana para realizar estudos sobre esterilización de conservas. En 1979 participa na convención de Viena a pro-posta de ANFACO, con don José Leboreiro, para defender as probas biolóxicas fronte ás probas químicas que avogaba o ministro de Sanidade de Austria, Dr, Petueli, para as conservas de mexillón.

Tamén salienta entre os seus distinguidos pro-fesores ao doutor Tomás Rodríguez, catedrático de Anatomía, Histoloxía que suspendería dúas veces a súa oposición sendo presidente do Tribu-nal don Santiago Ramón y Cajal, aprobando na súa ausencia xa que, segundo parece, don Ramón y Cajal non quería darlle a cátedra pola súa difi-cultade de oración, ao falar con “K”, motivo de alcumalo “KTomás”.

A relación entre ambos catedráticos (Dr. Villareal e Dr. Tomás Rodríguez) era moi tensa e con presentes signos de inimizade entre os dous.

Entre os seus profesores tamén se atopaba Santos Ovejero, que non lle daría clase, ao estar máis dedicado á súa outra ocupación: “o exérci-to”. Ovejero tiña un enorme prestixio ao ser unha referencia na doenza do “muermo”. A vida fará que se atopen posteriormente no mundo profe-sional.

Entre os seus títulos destacamos os seguintes:

- Diplomado en Inseminación Artificial Gandei-ra, no Patronato de Bioloxía Animal en Madrid 1951.

- Especialista en Sanidade Veterinaria pola Fa-cultade de Veterinaria de León, 1958.

Prácticas do cursiño de I.A.G. en 1953. Víctor inseminando unha vaca, na presenza de Queimadelos, Ángel (becario pola D.G.G., levantando o rabo do animal) e Chicho.

Page 5: VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

REVI

STA

de V

ETER

INA

RIA

GA

LEG

A |

Nº 6

| O

UTU

BRO

- N

OVE

MBR

O 2

013

22 Víctor González Herrero (1923-2013) | Portela, A.M. páxinas 18-25

O coronel aconselloulle que vacinase as vacas con vacina da varíola humana, xa que ao vacinar cunha doenza que afecte á pel sensibilizaría o sis-tema inmunitario e protexería doutras enfermi-dades que erosionen a cutánea, coñecida como a leu de interferencia inmunitaria.

Volveu pois da súa breve aventura en Marro-cos á súa praza en Vilar de Barrio (1949-1953), cargo que abandonou ao ocupar a praza de Xefe do Centro Primario de Inseminación Artificial Gandeira de Fontefiz (Ourense) ata o ano 1955.

Ocupa a praza de veterinario titular de Carte-lle (Ourense) durante cinco anos, a de Gondomar (Pontevedra) durante seis anos e a de Ponteareas (Pontevedra) cinco anos. Ata que en 1970 conse-gue a súa desexada praza en Vigo (Pontevedra) onde estaría ata a súa xubilación en 1988.

Foi director do Laboratorio Municipal de Vigo dende 1973 e Xefe dos Servizos Municipais Veteri-narios de Vigo durante os seus últimos catro anos de exercicio profesional. No laboratorio munici-pal creou unha colección de cortes histolóxicos, como por exemplo, o corte transversal total dun feto de ovella. Ademais compatibilizou durante dez anos (1973-1983) o seu traballo no Concello

VIDA PROFESIONAL

Unha vez rematada a carreira e cumpridas as súas obrigas co servizo militar; comezaba a súa traxectoria como veterinario titular en Sou-tomaior en 1948-49. Dous anos máis tarde o matrimonio acordara ir a Haití, co proxecto da fundación dunha escola veterinaria, pero antes de comezar a viaxe explotou a revolución. Dian-te dunha situación tan inestable aparcaron o seu obxectivo.

Instaláronse en Vilar de Barrio (Ourense) en 1949 como veterinario titular. Conseguiu me-diante concurso de méritos praza de veterinario na zona do Protectorado de Marrocos (Tetuán) o 9 de febreiro de 1952. Nesta zona formaba parte dun grupo de traballo canda un médico e mes-tre. Tan só estivo alí un mes xa que a familia da súa dona non vía con bos ollos o destino esco-llido por Víctor, a pesar das enormes vantaxes económicas que acompañaban ao posto. Da súa estancia en Tetuán lembra o consello do Coronel Veterinario Xefe dos Servizos sobre a glosopeda, doenza que afectaba na Península pero que ca-recía de vacina.

Víctor González con Justino Pollos Herrera, Xefe Provincial de Gandería e do Centro Fontefiz.

Page 6: VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

23

REVI

STA

de V

ETER

INA

RIA

GA

LEG

A |

Nº 6

| O

UTU

BRO

- N

OVE

MBR

O 2

013

Víctor González Herrero (1923-2013) | Portela, A.M. páxinas 18-25

TRABALLOS PUBLICADOS

Víctor ten impartido numerosas charlas, con-ferencias e entre os traballos publicados desta-camos:

- Revista do Consejo General de Veterinarios de España. Set-out-1952. “Querato. Conjun-tivitis Enzoótica en el Ganado Bovino pro-ducida por la Rickettsia Conjuntivae”. Por ter descuberta por vez primeira en España a de-vandita doenza.

- Revista Ciencia Veterinaria, número 104, xuño de 1953. “Algunos casos de Enfermedad de Aujeszky”, por Santos Ovejero Del Agua e Víctor González Herrero. Comprobouse expe-rimentalmente, e por vez primeira en España a devandita enfermidade en bóvidos e cáni-dos no municipio de Vilar de Barrio (Ouren-

co cargo de veterinario e director da Fundación Pública Vigo Zoo.

Obtivo os primeiros tigres nacidos no zoo gra-zas ao método que se impuxo para que a nai non deixase morrer as crías. O experimento deuse a coñecer na convención de UIZ, en 1976.

Foi profesor de bioloxía mariña na escola náu-tico pesqueira de Vigo e nos anos 1970/72 pro-fesor de bioloxía e ciencias naturais dos cursos de segundo e preuniversitario no colexio Muro de Vigo.

Colaborou dende 1970 ata 1995 no laborato-rio de bacterioloxía da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia (ANFACO). O 25 de maio de 1996 impartiu dúas horas de clase como profesor en temas de bacterioloxía alimentaria no “Magís-ter en Ciencia e Tecnoloxía da Conservación dos produtos de Pesca” da Universidade de Vigo e ANFACO.

Page 7: VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

REVI

STA

de V

ETER

INA

RIA

GA

LEG

A |

Nº 6

| O

UTU

BRO

- N

OVE

MBR

O 2

013

24 Víctor González Herrero (1923-2013) | Portela, A.M. páxinas 18-25

Zeltia. Traballo premiado no gran concurso de Zeltia. Núm. 23, 1956.

- A Reticulite Traumática Bovina, tema de gran interese clínico. Revista Neosán 1956-outu-bro.

- Cirurxía espectacular no gando vacún. Revis-ta Científica Neosán, 1957, onde se publica a primeira cesárea en España no medio rural, practicada por Víctor González.

- Aplicación da Dexametasona en Clínica Vete-rinaria. Publicacións Biohorm, núm.13-1963.

- Descobre por vez primeira en Galicia as pari-toses en sangue debidas ao Piro plasma bigé-nium e Anaplasma marginalis no gando ovino, bovino, equino e canino e confirmado polo ca-tedrático de Parasitoloxía doutor Miguel Cor-dero del Campillo (1964)

- Utilidade práctica do test da DNasa nos con-trois de Staphylococcus patóxenos en alimen-tos. Presentado na segunda reunión científica da sección rexional do noroeste. 1974

- Canibalismo post-partum na leoa recluída. Traballo publicado pola Unión Ibérica de Zoos 1976, hoxe AIZA. Tamén desenvolveu estudos sobre a convivencia entre especies salvaxes e

se). Reproduciuse a infección experimental en animais de laboratorio indicándose a irregular distribución do virus nas diversas partes do sistema nervioso. Confírmase a utilidade do coello común como animal de elección para os traballos co virus de Aujeszky, acreditándo-se as vías intramusculares e subdural como as máis aptas para a reprodución experimental da parálise bulbar infecciosa. A súa importan-cia radica na súa diferenciación coa rabia. Se ben, este diagnóstico custoulle grandes discu-sións con Santos Ovejero xa que o conside-raba rabia, contradicindo o criterio de Víctor González. Como nos comenta nas distintas conversas mantidas con el, no transcurso da elaboración do seu perfil, nos anos 2010-2013, verificándose coas cartas orixinais presenta-das. Mostrando orgulloso do seu achádego e dos seus coñecementos de histoloxía, para afirmar en contra do seu antigo mestre que a enfermidade descrita en bóvidos e cánidos non era a rabia ao carecer dos corpúsculos de Negri e si era Aujeszky e sobre todo porque os animais morrían en dous días e se fose a rabia tardaría moitos días cun cadro sintomatolóxi-co típico.

- Algunhas consideracións prácticas na esterili-dade da vaca e o seu tratamento con zoofolín

Charla na Irmandade de Labregos e gandeiros en Gondomar, 1962.

Page 8: VÍCTOR GONZÁLEZ HERRERO (1923-2013)curmáns, na fronte do Ebro, faría que ela caese nunha enorme depresión, o que motivou a súa viaxe a León. Cando o seu estado anímico se recuperou,

25

REVI

STA

de V

ETER

INA

RIA

GA

LEG

A |

Nº 6

| O

UTU

BRO

- N

OVE

MBR

O 2

013

Víctor González Herrero (1923-2013) | Portela, A.M. páxinas 18-25

- Membro de Honra da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia en 2007.

Vivía canda a súa filla en Gondomar e recibía os recoñecementos de diversas asociacións como o de HISVEGA (Historia Veterinaria Galega). Así o 4 de febreiro de 2011 realizamos unha visita ao Centro de Fontefiz, onde Víctor foi Xefe do Centro de Inseminación Artificial nos anos 1953-1955. A visita foi moi emotiva e chea de lembranzas, pero a pesar de que pasaran case 60 anos a súa esencia era a mesma. Como guía estaba o ac-tual director do centro, don Castor Rivero. Tívose a fantástica idea de chamar a Chicho, un antigo compañeiro de Víctor, ambos nos lembraron as numerosas anécdotas dos anos 50, mentres per-corriamos o centro. Ademais puidemos apreciar a IAG daquela época xa que Víctor transformou a súa película orixinal en formato DVD.

A súa vida como vimos foi apaixonante pero todo, por desgraza, ten un final. Morreu un dos mellores veterinarios de Galicia, un home que consagrou a súa vida con vocación ao estudo dos problemas da veterinaria. •

domésticas, como por exemplo o caso dunha cadela que amantou a dous lobos en compa-ñía dun puma.

- Título del Proyecto: Microbiología de la an-choa, su acción en procesos de maduración efectuado en el Centro Técnico Nacional de Conservación de productos de la pesca, AN-FACO 6 de Junio 1994. Trabajo publicado en ALIMENTARIA, septiembre 1996-121.

- Título do proxecto: Microbioloxía da anchoa, a súa acción en procesos de maduración efec-tuado no Centro Técnico Nacional de Conser-vación de produtos da pesca, ANFACO, 6 de xuño de 1994. Traballo publicado en ALIMEN-TARIA, setembro 1996-121.

RECOÑECEMENTOS

- Membro de Honra do COV de Pontevedra en 2007, onde foi xefe de sección técnica sobre os anos 70.

Víctor González visitando o centro de Fontefiz, acompañado por Castor Rivero (Director do centro) e Alberto Portela (Presidente de HISVEGA).