10
ARQUIMEDES Lucía Bayón, María Pena, Lorena Torrano. 2º Bacharelato. PARA O CLUB DE LECTURA “Ai, Ptolomeo, tolo meu”

Arquímedes

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Breve presentación sobre Arquímedes

Citation preview

Page 1: Arquímedes

ARQUIMEDES

Lucía Bayón, María Pena, Lorena Torrano. 2º Bacharelato.

PARA O CLUB DE LECTURA

“Ai, Ptolomeo, tolo meu”

Page 2: Arquímedes

BiografíaBiografía

Arquímedes naceu no ano Arquímedes naceu no ano 287 a.C en Siracusa, na costa occidental 287 a.C en Siracusa, na costa occidental

de Sicilia. Na súa xuventude trasladouse a de Sicilia. Na súa xuventude trasladouse a Alexandría (Exipto), centro cultural da Alexandría (Exipto), centro cultural da

antiga Grecia. Nesta cidade coincidiu con antiga Grecia. Nesta cidade coincidiu con célebres homes de ciencia como Euclides. célebres homes de ciencia como Euclides. Consagrou a súa vida á investigación nos Consagrou a súa vida á investigación nos

campos da matemática e a física. campos da matemática e a física.

Page 3: Arquímedes

A investigación de Arquímedes no ámbito

das matemáticas centrouse sobre todo na xeometría e a aritmética e no que hoxe se coñece

como cálculo integral. Estudou sobre áreas e

volumes de figuras sólidas curvadas e sobre áreas de figuras planas; e entre outras cuestións

ideou o espiral Arquímedes, cuxo raio

vector é proporcional ao ángulo.

Page 4: Arquímedes

En Física coñécese polas achegas que fixo respecto do equilibrio dos corpos e, sobre todo, polo descubrimento da lei da hidrostática, o chamado principio de Arquímedes. Este establece que todo corpo sumerxido nun fluído experimenta unha perda de peso igual ao peso do volume do fluído que desaloxa. Dise que este achado o fixo mentres se bañaba, ao comprobar como a auga se desprazaba e se desbordaba. Con estas revelacións anticipouse a moitos dos descubrimentos da ciencia moderna.

Page 5: Arquímedes

Entre os seus inventos cítanse a roda dentada, o parafuso sen fin, aínda que tamén experimentou a panca e inventou a polea composta. Estes logo convertéronse en instrumentación militar e civil.

A roda dentada:

Page 6: Arquímedes

A panca:

O parafuso sen fin:

Page 7: Arquímedes

Arquímedes, que pasou a maior parte da súa vida en Siracusa -dedicado á investigación e aos experimentos- axudou á súa cidade durante a invasión dos romanos, subministrándolle as

autoridades moitos dos seus instrumentos mecánicos. Atribúeselle, entre a maquinaria de guerra, a invención da

catapulta e un sistema de espellos cóncavos que incendiaba as embarcacións inimigas ao enfocalas cos raios do sol, aínda que

isto último pode ser lendario.

Page 8: Arquímedes

No ano 212 a.C Siracusa foi finalmente invadida polas tropas romanas, e Arquímedes foi morto atravesado pola lanza dun

soldado, na súa propia casa. O rei Marcelo, que admiraba o sabio e que ordenara que a súa vida fóra respectada, fixo establecer un

monumento funerario na súa honra. Nel aparecía unha esfera inscrita nun cilindro, tal e como Arquímedes desexara.

Page 9: Arquímedes

Respecto das súas obras aínda subsisten moitas

delas, como: "Tratado dos corpos flotantes",

"O arenario", “Sobre a esfera e o cilindro", "Sobre a medida do círculo",

"Conoides e esferoides", "Sobre as hélices", "Equilibrio

dos planos", "Sobre a cuadratura da parábola",

"Equilibrio dos corpos flotantes" e "Método respecto

aos teoremas mecánicos", descuberto no século XIX.

Page 10: Arquímedes

En conclusión, pódese decir que non só foi un gran inventor senón que tamén foi moi importante o seu labor no campo matemático e da física. Os seus inventos foron decisivos para avances no campo civil, pero sobre todo no militar onde destaca o deseño da catapulta, entre outros. Cabe destacar, pois que a súa influenza foi moi ampla, xa que seguimos utilizando moitos dos seus inventos.