30
Paseando pola biografí de Rosalía de Castro

Rosalía1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 2: Rosalía1

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837, nunha casa do Camiño Novo. A esa zona, hoxe chamáselle rúa de Rosalía de Castro.

Page 4: Rosalía1

Nasín cando as plantas nasen,no mes das flores nasínnunha alborada mainiñanunha alborada de abril.

Por eso me chaman Rosa,mais a do triste sorrir,

con espiñas para todos,sen ningunha para ti.

Cantares Gallegos

Page 5: Rosalía1

A nena foi bautizada na capela do Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos), como María Rosalía Rita.

Soamente estaban presentes a madriña, que era unha criada da súa nai. O seu pai, era un cura; e a nai, estaba solteira, dúas condicións moi mal vistas pola

sociedade da época para ter un fillo.

Page 6: Rosalía1

E ti rapaz garrido,de tan melosas falas,tan majo de monteira, tan rico de polainas,tan fino de calzadocomo de mans fidalgas,cando me dis que gustas de traballar na braña.

Non che digo nada…,Pero vaia!

Mais tantas cousas vexo que me parecen trampa;tanto sol entre nubes e tan revoltas augas que asemellarse intentan a unha fontiña clara, que por non perder tempo onde non quito racha,

Non che digo nada…,Pero vaia!

Cantares Gallegos

Page 7: Rosalía1

Pero unhas tías de Rosalía, irmás do pai, levan á nena con elas para Ortoño. Alí aprendeu a lingua

galega que logo manifesta nas súas composicións.

Page 8: Rosalía1

Si a vernos Marica natronte viñeras á festa do Seixo

na beira do mar, ti riras Marica,

cal nunca te riches debaixo dos pinos

do verde pinar.

Á sombra dos pinos, Marica, que cousas chistosas pasaron!,

que rir toleirón!Relouca de arriba, relouca de abaixo, iñamos, viñamos

e o bombo …pon!...pon!

As cóchegas brandas, as loitas alegres,

os berros, os brincos, os cantos sen fe,

todiños peneques, alegres todiños…

E a nosa señora detrás do tonel!

Cantares Gallegos

Page 9: Rosalía1

A súa nai, dona Teresa, non se esquece da nena, e sábese que en 1842 vivían as dúas xuntas en Padrón. E logo, en 1850, trasládanse a Compostela.

Page 10: Rosalía1

En Santiago, Rosalía estudia e aprende música; contacta con intelectuais e participa en obras de teatro . Pero non ten unha residencia fixa, e así, ela e a súa nai viven en distintos puntos da cidade que alugaban habitacións.Da súa afección polo teatro, tamén dá mostras nos seus poemas dialogados:-Dios vos garde miña vella;

gárdevos Santa Mariña, que, abofé, sós falangueira, falangueira e ben cumprida.

-Meniña, por ben falada ningunha se perdería. Cóllense entre os paxariños aqueles que mellor trían.Morre afogado entre as pallas o pitiño que non chía.

-Pois se vós foras pitiño, dígovos miña velliña, que dese mal non morreras, que chiar, ben chiarías.

- Ai! Que se non, de min fora, miña filla, miña filla! Sen agarimo no mundodesde que nacín orfiña, de porta en porta pedindo tiven que pasar a vida(………….)hai que deprender entonces por non morrer coitadiña(…………. )O chío dos paxariños, o recramo das pombiñas, o ben falar que comprace, a humildá mansa que obriga.

-Moito sabés milla vella, moito de sabiduría! Quen poidera correr mundo para ser como vós sabida!

Cantares gallegos

Page 11: Rosalía1

Nas aulas do colexio San Clemente, cursou os seus estudos.

Nesta casa da rúa Bautizados,viviu entre 1850 e 1854, coa súa

nai e a súa madriña.

Page 12: Rosalía1

Residencia de San Agostíño, onde Rosalía e a súa nai viviron durante un tempo nunha

habitación alugada.

Page 13: Rosalía1

En 1856 viaxa a Madrid, onde publica o seu primeiro libro, La Flor. En Madrid, na igrexa de San Idelfonso, casa con Manuel Murguía, con

quen terá sete fillos.

Page 14: Rosalía1

Ai mi madre! Era bonitocoma os anxos das igrexas;

era en falas amoroso,moito, moito máis que as sedas;

era doce… Moito, moitomáis que o mel que sae da cera.

Olía a rosas de maio;seus ollos eran estrelas

e tiña cal ouro puroa enrisada cabeleira.

Follas Novas.

Page 15: Rosalía1

En 1859, nace nesta casa da rúa da Conga, que naquela data era unha fonda, a súa primeira filla, Alejandra.

Page 16: Rosalía1

E volve vivir en distintos lugares da cidade, pero agora co seu marido e os seus fillos…

Mentres reside na casa natal de López Ferreiro, publica, en 1863, o libro considerado o inicio do Rexurdimento da literatura galega: Cantares gallegos.

Page 17: Rosalía1

E ten que seguir cambiando de residencia, porque o seu marido, Manuel Murguía, é nomeado director do Arquivo de Simancas. Nesta cidade da

provincia de Valladolid, escribirá a maioría dos poemas que aparecen en Follas Novas.

Page 18: Rosalía1

Adiós, montes e prados, igresas e campanasadiós, Sar e Sarela, cubertos de enramada;adiós, Vidán alegre, moiños e hondanadas;

Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas;San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas;

Balvís, para min sempre o das fondas lembranzas;Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa

-vidas da miña vida, anacos das entrañas-;e vós tamén, sombrisas paredes solitarias

que me viches chorare soia e desventurada,adiós, sombras queridas; adiós, sombras odiadas;

outra vez os vaivéns da fertunapra lonxe me arrastran.

Follas Novas

Page 19: Rosalía1

En 1870 volve a Galicia, porque Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia. E nace na rúa da Senra, Adriano un neno que faleceu ao caer dunha mesa. Logo trasládase a Altamira 2 e á rúa do Hórreo. .. E vai alternando as

súas estancias en Santiago coas de Lestrove, de onde era o seu avó materno.

Page 20: Rosalía1

Miña casiña meu lar, cantas onciñas de ouro me vals!

Vin de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar, descalciña de pé e perna, sen comer nin almorzar.

Polo camiño atopaba ricas cousas que mercar, e anque tiña ganas delas

non tiña con que as mercar.(………)

Fixen un caldo de groriaque me subo que la mar!

Fixen un bolo do pote que era cousa de envidiar; despois que o tiven comido

volvín de novo a rezar; e despois que houben rezado

puxen a roupa secar; que non tiña fío enxoito de haber tanto me mollar;

Nantrementres me secaba, púxenme logo a cantar

para que me oíran en todo o lugar:

Meu lar, meu fogar, cantas onciñas

de ouro me vals!

Follas Novas

Page 21: Rosalía1

En 1883, aséntase no lugar da Matanza, en Padrón, que desde 1972 é Casa-Museo e Fundación.

Mentres Rosalía vive na Matanza, publícase o libro de poemas en castelán En las orillas del Sar.

Page 22: Rosalía1

En mi pequeño huerto brilla la sonrosada margarita, tan fecunda y humilde como agreste y sencilla.

Ella borda primores en el césped, y finge maravillas entre el fresco verdor de las praderas do proyectan sus sombras las encinas, y a orillas de la fuente y del arroyo que recorre en silencio las umbrías.

Y aun cuando al pie de la huella , ella revive y vuelve a levantarse siempre limpia, a semejanza de las almas blancas que en vano quiere ennegrecer la envidia.

En las orillas del Sar

Page 23: Rosalía1

Na casa da Matanza, morreu o 15 de xullo de 1885. Foi soterrada moi preto, no cemiterio de Adina.

Page 24: Rosalía1

Padrón! …Padrón!...Santa María…Lestrove…Adiós! Adiós!

Aquelas risas sen fin, aquel brincar sen dolor, aquela louca alegría, por que acabou?

Aqueles doces cantares,aquelas falas de amorAquelas noites serenas,Por que non son?

Follas Novas

Page 25: Rosalía1

Hoxe en día, os restos de Rosalía están en Compostela, en San Domingos de Bonaval, no Cemiterio de Galegos Ilustres, case ao lado da tumba de súa nai e do seu fillo Alejandro:

Pouco a pouco fun indo,i as escaleiras con temor subindo,

co triste corazón sobresaltado.¡Escoitei…! Nin as moscas rebulían.

No berce inda os meus ánxeles dormían,ca Virxe ó seu lado.

Follas Novas

Page 26: Rosalía1

Con Rosalía de Castro aparecen novos personaxes na literatura: os emigrantes, o traficante de escravos, os indianos… Tamén

creou e incorporou novas formas de medir e novos ritmos á poesía. ..

Branc’auro-ra-Venchegan-do-I âs porti-

ñas –vaichamando-D’os que dor-men-Esperan-

do-O teu folgor!

Cantares Gallegos

Page 27: Rosalía1

Pero, Rosalía, muller por encima de todo, defendeu a dignidade das

esposas, das nais e das viúvas que non tiñan voz, e defendeunas na súa propia lingua, na lingua dun

pobo que non sabía ler nin escribir aqueles versos que ela compoñía…

Page 28: Rosalía1

Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe aos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo do nosos país. Vin e sentín as súas penas coma se fosen miñas , mais o que me conmoveu sempre (…), foron as innumerables coitas das nosas mullleres : (…) tan desdichadas que se dixeran nadas soamente para rexer cantas fatigas poidan afrixir á parte máis frouxa e inxel da humanidade. No campo, compartindo (…) cos seus homes as rudas faenas; na casa, soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da pobreza(…) E o máis desconsolador para elas é que os seus homes vanse indo todos (…)Crerán algúns que porque tentei falar das cousas que se poden chamar humildes, é porque me explico na nosa lingua . As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estes versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo, para eles. O que quixen foi falar unha vez máis das cousas da nosa terra, na nosa lingua (…) Non era cousa de chamar ás xentes á guerra e desertar da bandeira que eu mesma levantara.

Prólogo de Follas Novas

Page 30: Rosalía1

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

CEIP LÓPEZ FERREIROCURSO 2015-16