38
Número: 120 - Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 SAÚDE Páx. 28 CIDADE Páx.6 DEPORTES Páx.30 O Nadal xa está aquí [páx. 15 e páx. 39-42] ENTREVISTA Páx. 9 No DOG os concursos dos centros de saúde do Couto e A Valenzá Aspecto actual do viaduto de Arnoia, en Baños de Molgas, do tramo de alta velocidade Ourense-Lubián./RAMSÉS. [páx. 3] especial Volta ao cole [ páx.22-27] A integración ferroviaria da capital segue en estudo Rubén Álvarez, novo pintor ourensán, expón no Espazo Xove Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas CD Ourense comeza a liga vencendo ao Atlético de Madrid

Agosto 2012 - OUxB

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Son temas do mes a alta velocidade, coa recente visita da ministra de Fomento ás obras do viaduto de Arnoia; a doble intervención que prepara o Concello no contorno das Burgas, coa recuperación da piscina termal orixinal e a creación do Centro de Interpretación; ou o adianto electoral anunciado polo presidente da Xunta para o 21 de outubro.

Citation preview

Page 1: Agosto 2012 - OUxB

Número: 120 - Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 SAÚDE Páx. 28CIDADE Páx.6 DEPORTES Páx.30

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

ENTREVISTA Páx. 9

No DOG os concursos dos centros de saúde do Couto e A Valenzá

Aspecto actual do viaduto de Arnoia, en Baños de Molgas, do tramo de alta velocidade Ourense-Lubián./RAMSÉS.

[páx. 3]

especialVolta

ao cole[páx.22-27]

A integración ferroviaria da capital segue en estudo

Rubén Álvarez, novo pintor ourensán, expón no Espazo Xove

Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM

Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas

CD Ourense comeza a liga vencendo ao Atlético de Madrid

Page 2: Agosto 2012 - OUxB

� Ourense por BARRIOSAgosto de �01� TEMAS DO MES

Redacción

O Concello de Ourense vén de adxudicar o proxec-to arqueolóxico de posta en valor dos restos romanos e recreación da piscina orixi-nal das fontes das Burgas. O seu obxectivo é garantir a conservación dos restos arquelóxicos atopados nas mellores condicións posi-bles, e paralelamente aco-meter as actuacións nece-sarias para facer accesible este espazo ao público. O ámbito de actuación abran-guerá o espazo comprendi-do entre a rúa dos Fornos, a rúa Cervantes, a rúa Vilar e as traseiras das Burgas.

Os traballos implicarán, por unha banda, obras de acondicionamento e a aper-tura de accesos ás traseiras das Burgas e, por outra, a reconstrución e restaura-ción das ruínas atopadas no xacemento.

Recreación da piscina orixinal

Na rúa do Baño abrirase unha entrada, coa inclusión dun sendeiro de losas ata a piscina romana, para fa-cilitar o acceso dotando de céspede ás zonas exteriores e pavimento granítico que proporcione unidade ao conxunto.

Na zona da casa dos For-nos levarase a cabo a re-construción e restauración das ruínas, para a súa pos-terior exhibición, de xeito que os visitantes poidan ver como era este espazo na súa orixe. Neste punto a actua-ción céntrase na recreación da piscina orixinal, e das columnas, piares e estrati-

grafías do seu contorno e a reproducción do pavimen-to, os perpiaños de peche da propia piscina e o muro de mampostería de granito e con morteiros mixtos de cal e cemento branco hi-drofugados e tintados con pigmentos inorgánicos. Re-construiranse os paramen-tos verticais, moi sensibles aos axentes atmosféricos, para evitar derrumbamen-tos, e reforzaranse os muros exteriores para protexer as estruturas internas.

Facilitar o accesoUn dos obxectivos prio-

ritarios desta intervención é garantir a idoneidade do es-pazo para facilitar o acceso aos visitantes, incluíndo pa-neis informativos cos itine-rarios a seguir e os puntos de información, sinaléctica que debe respetar o contor-no natural e integrarse no xacemento.

O acondicionamento e urbanización dos accesos, a instalación de rego, ilu-minación, canalización subterráneas e limpeza das fachadas completan a ac-tuación.

Durante a presentación deste proxecto, a finais de xullo, o arqueólogo Xosé María Eguileta fixo fincapé na importancia da posta en valor da zona tradicional das traseiras das Burgas e da correcta conservación e restauración dos restos arqueolóxicos que ache-gan datos singulares e no-vos coñecementos sobre a orixe histórica da cidade de Ourense.

Esta actuación vén com-plementar o proxecto de

posta en valor, musealiza-ción e bulevar peonil das Burgas, dotando dunha vi-sión unitaria ao conxunto no que se ubicará o discurso expositivo do futuro Centro de Interpretación Termal.

InvestimentoOs traballos deste proxec-

to arqueolóxico serán reali-zados pola empresa Terra - Arqueos, e suporán un investimento de 176.487 euros. Este proxecto será financiado polo Concello con cargo á subvención nominativa concedida pola Administración do Estado para a posta en valor deste Ben de Interese Cultural.

O Concello de Ourense avanza nos trámites para crear o Centro de Interpre-tación Termal das Burgas. A última decisión foi o acordo da Xunta de Gober-no Local do �� de agosto para adxudicar definitiva-mente a subministración dos contidos previstos des-te centro de interpretación termal. Serán achegados pola empresa Ta Ta Ta Co-municación SL, por un im-porte de 65.340 euros.

A contratación refírese ao equipamento deste novo espazo no que se divulgará a riqueza e historia termal da cidade. Está concebido coma un proxecto divul-gativo e didáctico, que proporcione ao visitante unha concepción global do

Doble intervención no contorno das Burgas4 O Concello adxudica o proxecto de recuperación da piscina orixinal das fontes termais e contrata os contidos do futuro Centro de Interpretación Arqueolóxico Ter-mal.

termalismo mediante fe-rramentas e propostas au-diovisuais e interactivas.

A empresa adxudicata-ria deberá proporcionar o contido funcional e a men-saxe discursiva ao futuro Centro de Interpretación, que se acondicionará nos baixos dos números 6, 8, 10 e 1� da rúa Vilar, de acordo co proxecto redac-tado polo arquitecto ouren-sán Manuel Jorreto.

O Centro de Interpreta-ción Termal será un espazo interpretativo-expositivo sobre os mananciais mi-neromedicinais das Bur-gas e a historia da cidade converténdose nun punto de encontro coa historia e a evolución de Ourense ao longo dos séculos.

Unha imaxe de arquivo do lugar onde se descubrira a piscina orixinal das fontes das Burgas./ARQUIVO.

4 Contratado o subministro de contidos para o Centro de Interpretación Termal

A intervención inclúe o acondicionamento de accesos e a restauración das ruínas atopadas

As eleccións autonómicas serán o 21 de outubroP.L.

O �1 de outubro, os ga-legos estamos chamados ás urnas. Despois de me-ses desfollando a margari-da, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acordou adiantar os comi-cios autonómicos e facelos coincidir coa cita electoral no País Vasco.

Núñez Feijoo esgri-miu que esta data é “ a que brinda a maior esta-bilidade para Galicia” e xustificouno en tres mo-tivos: para que o Goberno entrante poida elaborar os orzamentos de �013, para “favorecer un maior entendemento nas forzas políticas galegas” e por “estabilidade política”.

A oposición acolleu a noticia sen sorpresas. No PSdeG esquécense das primarias e acordaron convocar para o próxi-mo sábado ao Comité Nacional que designará ao candidato socialista, e todo apunta que será o seu secretario xeral Pachi Vázquez. Un BNG que non atravesa o seu mellor momento tralas saídas de dirixentes e afiliados nos últimos meses presenta-rá a Francisco Jorquera. Queda por ver que papel xogarán os partidos no-vos xurdidos da escisión do Bloque: se se unirán nunha coalición electoral de esquerdas, ou se, pola contra, Compromiso x Galicia irá por unha banda e os da formación Anova de Beiras irán sós ou con Esquerda Unida.

Saberemolo o 16 de se-tembro, cando se peche o prazo para a presentación de candidaturas.

Alberto Núñez Feijoo, durante o anuncio da data electoral. /ANA VARELA.

Page 3: Agosto 2012 - OUxB

3Ourense por BARRIOSAgosto de �01�TEMAS DO MES

A conexión Madrid-Galicia recibiu este ano 1.745 millóns de euros, subliñou a ministra

Redacción

Será Rajoy quen anun-ciará proximamente a data de chegada da alta velocidade a Galicia. Así o afirmou a ministra de Fomento, Ana Pastor, que recordou que o único tra-mo que queda por licitar da liña Lubián-Ourense é o que une Taboadela coa capital ourensá e “se non está adxudicado a día de hoxe é porque eu mo en-contrei sen un proxecto aprobado”. Pastor subli-ñou que nestes momen-tos os técnicos están tra-ballando no proxecto de integración ferroviaria de Ourense, en colabora-ción coa Xunta de Galicia (“coa que non se contara en ningún momento”, in-dicou, en referencia á eta-pa do anterior Executivo socialista) e co Concello de Ourense, e en contacto co equipo de arquitectos adxudicatario do deseño da estación. A titular de Fomento sinalou que se teñen producido reunións entre o arquitecto, o secre-tario de Estado de Infraes-truturas e o presidente de Adif, “e nesa reunión viu-se como van os traballos para adiante”.

Preguntada por se o seu Ministerio manterá o investimento previsto e o formato de integración urbana aprobado polo anterior Goberno central para Ourense, Pastor in-dicou que se atería a tres principios: “ser eficien-te”, que a chegada do

tren sexa compatible “co aproveitamento do espazo público” e “non volva abrir en canal unha cidade como Ourense”, e por último, “austeridade”.

Visita ás obras do via-duto de Arnoia

A ministra de Fomento fixo estas declaracións du-rante a súa visita ás obras do viaduto de Arnoia, no tra-mo Miamán-Ponte Ambía, que se integra no trazado comprendido entre Lubián e Ourense da liña de alta velocidade entre Galicia e a Meseta.

Pastor comprobou a evo-

lución das obras e o seu avance conforme ao ritmo previsto, así como o estado de execución das principais estruturas deste tramo de 6,7 quilómetros de lonxi-tude, que discurre integra-mente polo termo munici-pal de Baños de Molgas.

Entre os elementos sin-gulares do tramo Miamán-Ponte Ambía destaca pola súa lonxitude (1.014 m) o viaduto de Arnoia. Grazas a el, a plataforma ferrovia-ria salva o río Arnoia amais da liña férrea convencional Zamora-A Coruña. O tramo presenta outras estruturas singulares, como os viadu-

tos de Miamán (177 m) e de Bouzas (�16 m), o túnel de Bouzas (85� m), e outros dous viadutos para salvar a liña de ferrocarril conven-cional. A execución das obras de plataforma deste tramo conta cun orzamento de 75,9 millóns de euros.

Impulso investidorA ministra destacou o

impulso investidor do seu departamento no corredor ferroviario de alta velocida-de Madrid-Galicia. Nas úl-timas semanas adxudicouse a construción de seis novos tramos de plataforma no segmento Lubián-Ourense,

A ministra de Fomento xunto ao presidente de Adif, o subdelegado do Goberno en Ourense, o delegado do Goberno, o conselleiro de Medio Ambiente e o alcalde de Baños de Molgas, diante do viaduto de Arnoia, no tramo Miamán-Ponte Ambía, concello de Baños de Molgas/.RAMSÉS.

A ministra de Fomento afirma que será Rajoy quen dea a data da chegada do AVE4 Ana Pastor explicou que os técnicos están traballando no proxecto do último tramo que queda por licitar, o que une Taboadela coa capital ourensá.

por importe conxunto de máis de 584,1 millóns de euros, e no que vai de ano a conexión Madrid-Gali-cia recibiu un investimen-to global de 1.745 millóns de euros. “Este é o avance que se ten que facer desde o Goberno, poñer presuposto e adxudicar obra para que poida ser o AVE unha rea-lidade”, dixo Pastor.

4EDITORIAL

As eleccións autonómicas serán o 21 de outubro

A raiz das polémicas declaracións dun conce-lleiro e deputado da nosa cidade, queremos abrir o debate sobre a nosa des-prestixiada clase política. No país dos cinco milló-ns de parados, é obsceno afirmar “pasalas canu-tas” con 5.100 euros ao mes. Non queremos polí-ticos que estean nos car-gos públicos por propio interese ou porque lles prometeron non se sabe que prebendas. Ninguén lles obriga a ese “sacrifi-cio”. Suponse que exercer a política debía ser unha actividade nobre, honesta, con vocación de traballar polo ben común.

Agora que temos outra cita electoral á vista, é hora de reflexionar sobre que políticos queremos que nos gobernen. Está nas nosas mans .

[email protected]

Alberto Núñez Feijoo, durante o anuncio da data electoral. /ANA VARELA.

Page 4: Agosto 2012 - OUxB

4 Ourense por BARRIOSAgosto de �01� BARRIOS

Supón a continui-dade dos tramos Os Viros - A Granxa e A Granxa- Rairo

Entra en servizo o vial entre Rairo e Benposta4 Forma parte da rolda leste de Ourense e permitirá liberar o tráfico do centro da cidade.Redacción

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas supervisou a posta en servizo do novo vial de conexión entre Rai-ro (CV-401) e Benposta (OU-105) na OU-510, que forma parte da rolda leste da cidade e permitirá libe-rar de tráfico o centro de Ourense. Agustín Hernán-dez estivo acompañado do alcalde da cidade, Francis-co Rodríguez, do delega-do territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e do vicepresidente da De-putación, Rosendo Fernán-dez.

Esta actuación, que im-plicou un investimento de �,9 millóns de euros, supón dar continuidade ao vial pe-riférico que discorre polo leste da cidade de Ouren-se e continúa os anteriores

treitos A Granxa- Os Viros e A Granxa- Rairo, obras nas que a Xunta de Galicia xa realizou un investimento de preto de 11,4 millóns de euros. Polo tanto estas dúas actuación implicaron un in-vestimento de máis de 14 millóns de euros.

O novo trazado comeza nunha glorieta na CV-401, alóngase cara ao sur e o suroeste, de forma paralela ao ferrocarril Ourense- Za-mora, e volve virar cara ao sur ata a OU-105, onde se resolve a intersección por medio de glorieta.

Dous anos de obrasAs obras do novo vial

deron comezo en abril de �010 e prolónganse ao longo de 1.650 metros de terreo moi accidentado. Trátase da continuación do treito A Granxa- Rairo (ta-mén rematado) que circun-

vala Ourense polo sur para conectar a OU-536 coa A-5�.

A nova conexión dará servizo a unha poboación

de máis de 1�8.000 habi-tantes, correspondentes aos concellos de Ourense, Bar-badás, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao de Viñas.

4 Depuradora de Ourense

Aproveitando esta visi-ta, o conselleiro de Medio Ambiente destacou a in-tervención do seu depar-tamento para que Ourense contara cunha nova Esta-ción Depuradora de Augas Residuais (EDAR), que implica un investimento de 67 millóns de euros, dos que a Xunta aporta 10 millóns de euros (o 15%).

Recordou que o Minis-terio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño cumpriu o compromiso de licitar as obras en marzo, polo que na actualidade se poden presentar ofertas a este proxecto.

Coa construción da EDAR resolveranse os problemas de capacidade hidráulica da actual depu-radora; evitaranse as inun-dacións; lograranse os requirimentos ambientais de vertedura ao medio re-ceptor; e acadarase o tra-tamento eficiente dos fan-gos que reporte economía á explotación da planta.

Rogelio Martínez, Rosendo Fernández, Agustín Hernández e Francisco Rodríguez retiran unhas das vallas para abrir ao tráfico a conexión Benposta-Rairo./P.LODEIRO.

Page 5: Agosto 2012 - OUxB

5Ourense por BARRIOSAgosto de �01�BARRIOS

O complexo deportivo de Eiroás, a punto para a súa apertura4 A concesionaria fixa nos primeiros días de setembro a inaugu-ración destas instalacións de 13.000 metros cadrados que combina piscina cuberta, ximnasio e salas de fitness e campo de fútbol de herba artificial.P. Lodeiro

A poucas semanas de abrir as súas portas, o centro de-portivo de Eiroás está prac-ticamente rematado, como puideron comprobar tanto o alcalde como a tenente de alcalde nunha visita ao recinto. Acompañados do director do complexo, Saúl González, e do delegado para Galicia de Serviocio (empresa que o xestiona), Genaro Lorenzo, percorre-ron todas as instalacións, comezando polo campo de fútbol de herba artificial, xa finalizado, ou o ximnasio e as salas de actividades, que xa dispoñen de máquinas e outros equipamentos. As previsións de Serviocio son que estea en funcionamen-to na primeira semana de setembro, previsiblemente o día 4.

En 13.000 metros cadra-dos, o complexo depor-tivo de Eiroás inclúe, no exterior, un campo de fút-bol; en planta baixa, unha piscina de �5 x 1�,5; outra máis pequeña para natación infantil, terapéutica, e acti-vidades como aquagym; e unha zona spa con todo tipo de chorros, duchas térmi-cas, sauna e baño de vapor, ademais de catro vestiarios. Na planta primeira está a zona de seco, composta por un ximnasio de 600 metros cadrados, con zona cardio-vascular, zona streching, zona de musculación e zona

de circuitos; e tres salas de actividades: unha princi-pal destinada ao spinning e outras dúas salas de 170 metros cadrados cada unha, unha de ximnasias blandas como ioga, taichí ou pila-tes, e algunha actividade in-fantil tipo kárate o aerokid, e outra dedicada a activida-des de impacto, como aeró-bic ou fitness, enumeraba Genaro Lorenzo. O centro complementa a súa oferta con servizos de cafetería, estética e ludoteca, “funda-mental nestes tempos nos que moitas veces os pais se ven limitados e non saben con quen deixar os nenos, para que ninguén teña ex-

cusa de non facer deporte”, argumentaba o responsable de Serviocio.

Ao remate da visita, a te-nente de alcalde, Isabel Pé-rez, destacou que este novo centro de Eiroás completa as instalacións deportivas da cidade, faciltando o ac-ceso á práctica deportiva a toda a poboación “con independencia no lugar no que viva” e ofrecendo acti-vidades “para todas as ida-des”.

Pola súa banda, o alcalde, Francisco Rodríguez, reco-ñeceu “a aposta que fixo a empresa para traer a esta cidade unhas instalacións desta calidade”. Na cons-

trución deste complexo deportivo, que dará tra-ballo a 40 persoas, inves-tíronse máis de 7 millóns de euros.

Prezos e horariosO prezo do abono in-

dividual será de 3� euros mensuais e o familiar 4� euros. O complexo abrirá de 7 a �3 horas de luns a venres, de 9 a �1 horas os sábados e de 10 a 14 horas os domingos.

O delegado para Galicia de Serviocio, Genaro Lorenzo, o alcalde, Francisco Rodríguez, o director do complexo, Saúl González, e a tenente de alcalde, Isabel Pérez, no campo de fútbol de herba artificial; detrás, o edificio co resto de instalacións. /P.LODEIRO.

O centro deportivo dará traballo a 40 persoas

Redacción

A deputada provin-cial socialista, Victoria Morenza, e o voceiro en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, denuncian o pe-rigoso estado do firme da estrada de Piñor na que xa se levan contados nume-rosos incidentes oficiosos e accidentes de considera-ción dende a súa reforma en �010, como os dous úl-timos o 14 de agosto.

A estrada en cuestión, a OU-0519, é unha das de titularidade provincial que máis tráfico soporta, xa que comunica Ourense con Piñor, co seu hospital, cun xeriátrico e con dúas canteiras en Mugares. A Deputación de Ourense rematou no primeiro tri-mestre do ano �010 as obras de reforma, que consistiron na construción de beirarrúas ao longo dun quilómetro e a mellora do firme, o cal hoxe encontra-se nun estado deficiente,

consideran os socialistas. A inseguridade do firme

débese aos restos de alca-trán e ás diferentes capas de aglomerado que fan des-igual a capa de rodadura. “Non podemos agardar a que haxa vítimas mortais para levar a cabo unha ac-tuación integral”, sinala Morenza, que esixe á Depu-tación que estude unha so-lución técnica ás deficien-cias do firme e que instale varandas de protección.

Neste sentido, a deputada provincial vén de presentar unha serie de preguntas na Deputación para coñecer os plans que esta ten sobre unha via da súa titularidade e o grupo socialista en Bar-badás fixo o propio cunha moción na que insta ao ente provincial a levar a cabo as melloras precisas.

BARBADÁS

Reclaman o arranxo da estrada de Piñor4 O PSdeG pregunta á Depu-tación sobre este vial.

Os concelleiros socialistas en Barbadás achegáronse ata a estrada de Piñor./PSdeG.

Piden solventar as deficiencias do firme e barandas de protección

Page 6: Agosto 2012 - OUxB

6 Ourense por BARRIOSAgosto de �01� CIDADE

EN BREVE Reclaman 110 millóns de euros ao Concello pola anulación do PXOM de 20034 Particulares e empresas presentaron 35 recla-macións de entre �0 mil e 40 millóns de euros.

Redacción

O prazo establecido para presentar reclamacións por responsabilidade pa-trimonial derivadas da nu-lidade do PXOM do �003 pechouse cun saldo de case 110 millóns de euros reclamados por particula-res e empresas, segundo indicou a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto.

O Concello de Ourense recibiu 35 reclamacións de responsabilidade patri-monial por un importe to-tal de 109.991.980 euros, cantidade susceptible de sufrir un incremento na fase de proba do proce-demento administrativo. Particulares e empresas esixen ao Concello can-tidades que van dende os �0.000 euros aos 40 mi-llóns de euros.

Os reclamantes xus-tifican a súa petición de compensación económica no prexuízo sufrido pola anulación do PXOM do

ano �003 con varias con-secuencias. En primeiro lugar, a nulidade do plan xeral altera as condicións urbanísticas debido ao cambio de ordenación te-rritorial e urbanística. Por outro lado, dita alteración implica a imposibilidade de exercer a facultade de parti-cipar en actuacións da nova urbanización. E por último os gastos derivados da acti-vidade empresarial, custos e financiación realizados para iniciar e promocionar as actuacións de urbaniza-ción deveñen inútiles po-los efectos da anulación do Plan Xeral de �003.

Recordou a concelleira que é reiterada pola xuris-prudencia a existencia de solidariedade entre admi-nistracións na responsa-bilidade polas alteracións derivadas de cambios de ordenación urbanística ou pola nulidade de instrumen-tos de planeamento.

Anulado o Plan Xeral, a imposibilidade de urbanizar ocasiona danos que particu-lares e empresas reclaman agora do Concello, pola súa responsabilidade solidaria nesta materia, por impor-te de case 110 millóns de euros, en virtude da Lei de

Solo, polo que se acredita que é indemnizable a per-da de facultade de partici-par nos desenvolvementos urbanísticos.

Recursos contra a Or-deación Provisional

Por outra banda, á or-denación urbanística pro-visional presentáronse 11 recursos. A normativa provisional entrou en vi-gor en outubro de �011 e regulariza 3� ámbitos nos que concorre un especial interese xeral polo seu carácter dotacional públi-co ou pola súa inclusión nun plan estratéxico mu-nicipal, así como porque contan coa aprobación de-finitiva dos instrumentos de planeamento, xestión e urbanización.

Á ordenación urbanística provisional presentáronse outros 11 recursos

Aurea Soto./ARQUIVO.

4 10.000 usuarios na rede ‘Ourense WiFi’

A rede ‘Ourense WiFi’ superou durante o mes de xullo os 10.000 usuarios únicos rexistrados. Cunha media de 505 altas men-suais, o proxecto posto en marcha polo Concello de Ourense atópase no bo ca-miño para cumprir co seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a cida-dáns e visitantes, ofrecen-do acceso gratuíto á Inter-net en 4� puntos da cidade e a súa periferia.

O informe sobre ‘Ouren-se WiFi’ arroxa tamén un importante incremento da frecuencia de uso. Deste xeito, o número de visitas totais rexistradas ao longo do mes de xullo ascende a 14.��3 -polas 5.137 rexis-tradas en xuño ou as 4.�8� de maio- e delas o 31% son de usuarios que nunca antes accederan á rede.

4 Curso de informática no CET Barbadás

O Centro empresarial transfronteirizo de Barba-dás (CET) programa para setembro un curso de in-formática básica, para un mínimo de 10 alumnos. A formación comezará o 10 de setembro e impartirase de luns a xoves de �0:30 a ��:30 horas.

O centro ten previsto realizar un curso para des-empregados de Auxiliar de Enfermaría en Xeriatría.

4 Adxudicado o proxecto da ronda termal

A futura ronda termal da N-1�0 deu un paso adian-te, coa adxudicación, por parte da Xunta de Gober-no Local, da redacción do proxecto de execución das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-1�0. Segundo a valoración do comité de expertos, das dez empresas presentadas a concurso, o licitador mellor valorado foi “Plans Estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambien-tais S.L.”

O ámbito para a redac-ción do proxecto abrangue o ramal sur da Estrada N-1�0 entre o paso superior do acceso norte da A-5� e a glorieta norte da pon-te do Ribeiriño, así coma dos viais de conexión co ramal norte de dita estra-da, para a conformación dunha vía parque cunha superficie aproximada de 114.�00 metros cadrados.

4 Humanización da rúa Remedios

A Xunta de Goberno Local adxudicou este mes definitivamente a execu-ción das obras de humani-zación da rúa Remedios, no treito comprendido entre a rúa Greco e a rúa Castro Canseco.

As obras serán realizadas pola empresa Construc-ciones Hermanos Carrajo, S.A., e suporán un investi-mento de 433.103 euros.

Mozos naciona-listas denuncian “persecución polí-tica” por parte da SubdelegaciónRedacción

Un grupo de mozos na-cionalistas da cidade vén de denunciar públicamen-te “discriminación ideo-lóxica” e “persecución política” por parte da Sub-delegación do Goberno. Alomenos unha vintena de persoas recibiron nas últimas semanas sancións de 400 euros por partici-par nunha rondalla fes-tivo-reivindicativa polas rúas da zona vella, pre-via ao Día da Patria. “Un acto no que non se cortou o tráfico, non se alterou a orde pública e no que nin sequera se chegou a identificar a ninguén dos participantes”, defende Miguel García, voceiro da asamblea organizadora da rondalla, acto que no participaron militantes do BNG, Galiza Nova, AMI ou Adiante, entre outros colectivos nacionalistas.Este mozo pon de relevo ademais que “paradoxica-mente a algunha das per-soas ás que lle chegou a sanción sabemos a ciencia certa que non participaron no acto”.

Por estes motivos, re-currirán as multas e se non son atendidas as súas alegacións, non descartan “denunciar á Subdelega-ción do Goberno polo que cremos que é discrimina-ción ideolóxica e persecu-ción política pura e dura”.

Page 7: Agosto 2012 - OUxB

7Ourense por BARRIOSAgosto de �01�PUBLICIDADE

Page 8: Agosto 2012 - OUxB

8 Ourense por BARRIOSAgosto de �01� OCIO E CULTURA

EN BREVE 4IMAXES DO MES

Nenos rusos de vacacións en OurenseComo cada verán, a Asociación Ledicia Cativa, en co-

laboración co Concello de Ourense, trae de vacacións a cativos rusos, afectados polas consecuencias da radiación de Chernóbil de 1986, co fin de contribuir na súa recupera-ción física e sanitaria.

Nesta ocasión foron un total de nove nenos (que apare-cen na imaxe xunto á concelleira de Benestar Social), de entre 6 e 17 anos, os acollidos por familias ourensás, seis delas da capital, durante os meses de xullo e agosto, un período durante o cal gozan dun clima benigno, libre de contaminación, o que lles aporta unha recuperación de ata o 40% e alonga ata dous anos a súa esperanza de vida.

Ademais dun cambio físico notable, existe un enrique-cemento interno, xa que a través da acollida establecen vínculos afectivos e culturais, ademais da asimilación de valores, de gran importancia para o seu futuro.

A auga do Miño a exameO Ministerio de Medio Ambiente, a través da Confede-

ración Hidrográfica do Miño-Sil, organizou unha xorna-da lúdico-formativa con nenos ourensáns para mostrar-lles os labores de seguimento da calidade das augas e dos ecosistemas fluviais que se levan a cabo no río Miño ao seu paso pola cidade.

Esta actividade, dirixida aos cativos de entre 7 e 1� anos que participan este verán nas actividades ambientais da aula da Natureza, consistiu nunha pequena charla expli-cativa, unha visita á estación do Sistema Automático de Información Hidrológica (sita en Oira) e unha mostraxe da calidade da auga, que realizaron os propios nenos. Así, durante esta xornada entenderon a necesidade do control das masas de auga e para que serve a colaboración dos cidadáns na calidade deste recurso vital.

Protocolo para menoresA Fundación “Amigos de la Barrera”, dentro das activi-

dades previstas para o campamento urbán de verán �01�, está realizando un curso de etiqueta e protocolo para nenos e mozos que se desenvolve durante os meses de agosto e setembro. O obxectivo do devandito taller é ensinar aos máis novos como comportarse ante as diferentes celebra-cións sociais e familiares que se desenvolver ou non ao redor dunha mesa.

Dende a fundación buscan transmitirlles unha serie de normas básicas para comportarse con educación e respecto cara ás persoas que os acompañan no devandito evento.

Os talleres abarcan diferentes tópicos: desde aprender como deben sentar á mesa, usar unha servilleta, saber quen pide primeiro o menú nun restaurante, a colocación da mesa de etiqueta formal ou de diario e até como comer os diferentes tipos de alimentos. Porque os bos modais non teñen nada que ver coa idade.

4“X Premio Pura e Dora Vázquez”

A Deputación de Ouren-se vén de convocar o “X Premio Pura e Dora Váz-quez de narración e ilus-tración infantil e xuvenil”, un certame que recoñece a calidade literaria e artís-tica de traballos creados para nenos e mozos.

Poderán concorrer a este premio autores que presenten os seus orixi-nais, inéditos e en lingua galega, antes do 1� de setembro. En cada unha das modalidades de na-rracción e ilustración hai establecido un premio de 1.500 euros.

4 Preparación do Outono Fotográfico

Ata o 1 de setembro está aberto o prazo de inscrición na 30ª edición do Outono Fotográfico, a través da web www.outo-nofotografico.com.

Este ano o evento orga-nízase desde o Proxecto Fundación Benito Losada cunha novidade: a crea-ción dunha sección oficial que agrupa exposicións e accións máis profesionais e outra, “ Outono Aberto”, dirixida a afeccionados da fotografía.

4 Parabéns a “Vilamor”

O Concello de Ourense felicitou ao equipo da pelí-cula ‘Vilamor’, que vén de colleitar un salientable éxi-to internacional no marco do ‘New York City Interna-tional Film Festival’.

O filme, dirixido por Ig-nacio Vilar, e rodado inte-gramente en Galicia, recibiu o recoñecemento do xurado neoiorquino nas categorías de Mellor Banda Sonora e Mellor Fotografía.

Page 9: Agosto 2012 - OUxB

9Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

OCIO E CULTURA

Óscar Blanco

Falamos con Rubén Ál-varez, un mozo ourensán que, baixo o pseudónimo de Nebur Alas, xa leva máis de tres anos no mundo da pintura con máis de 80 ca-dros ás costas. Con motivo da súa última exposición na cidade quixemos coñecer máis ao artista.

Como empezaches a pintar ?

Rubén Álvarez (R.A): “Fai uns tres anos empecei a pintar en lenzo. Empecei por mor da miña carreira, Educación Infantil. Unha profesión na que saber pin-tar e debuxar é ideal para chegar mellor aos nenos”.

Porqué pintas? R.A: “Gústame moito e

Retratos, paisaxes e caras desfiguradas coma se fosen “pequenos

monstros para non durmir”4 Así ve o mundo o pintor ourensán Nebur Alas.

sempre teño que estar fa-cendo algo. De feito, tamén cultivei outras artes, fai seis anos empecei a tocar a gui-tarra pero pouco a pouco foi sendo reemprazada pola pintura”.

Porque ese seudónimo “Nebur Alas”?

R.A: “É moi bo ter un pseudónimo e iste vén de tempo atrás”.

Como defines á túa pin-tura?

R.A: “A miña é unha pin-tura móbil, vou dun cadro a outro sen que teña ningunha relación, non hai nada fixo. Os retratos é o que máis es-tou expoñendo nestes mo-mentos, pero teño bastantes paisaxes, caras desfiguradas coma se fosen pequenos monstros para non durmir.

Unha peza fundamental da miña “obra” son os cadros surrealistas, de feito o em-pezar eran case todos así, pouco a pouco foi cambian-do pero é distes dos que máis me sinto identificado e sen dúbida os que máis aprezo.

Vou evolucionando, as cousas vanse facendo me-llor pero para nada significa que valore máis os últimos cadros que os primeiros.

Onde atopas inspira-cion?

R.A: “Non creo que falla falta ir a algún lugar a bus-car inspiración, penso que toda a podes atopar na ca-beza pero si, tamén a atopo noutros artistas, de moitos pintores surrealistas. Para mín, Dalí foi un gran maes-

tro”.Xa expuxeches antes?R.A: “Si. Expuxen en

diversas cafeterías e actual-mente estou expondo en Mesón Casa Escola dende mediados de Xuño. Neste mes de agosto empezo a expor no Espazo Xove de Ourense ata mediados de setembro”.

Ourense é un lugar ideal para empezar no mundo da pintura?

R.A: “É complicado como en todas as cidades pero hai que buscarse a vida e ter paciencia”.

Que pode aportar a túa pintura?

R.A: “O que a xente queira ver. Un camiño á imaxinación, a non dar todo por visto. Animo aos lecto-

“A miña é unha pintura móbil, vou dun cadro a outro sen que teña nin-gunha relación, non hai nada fixo”

O pintor ourensán Rubén Álvarez (alias Nebur Alas).

res a probar a facer todas as cousas posibles”.

Rubén Alvarez, alias “Nebur Alas”, expón óleos,

acrílicos e debuxos do 16 de agosto ao 15 de setem-bro no vestíbulo do Espazo Xove de Ourense.

Page 10: Agosto 2012 - OUxB

10 Ourense por BARRIOSAgosto de �01� PUBLICIDADE

Page 11: Agosto 2012 - OUxB

11Ourense por BARRIOSAgosto de �01�PUBLICIDADE

Page 12: Agosto 2012 - OUxB

1� Ourense por BARRIOSAgosto de �01� PUBLICIDADE

O PPOU pide a revisión do acordo plenario das alegacións orzamentarias ao estar incompleto o expedienteO concelleiro de Facenda fixo caso omiso á advertencia ao respecto que lle fixo o PPOU antes do inicio do pleno de agosto, solicitandolle que verificase o asunto e non levase a debate o pun-to por non estar completo

O portavoz municipal do PPOU, Rosendo Fernán-dez, e a concelleira Beatriz Tejada deron conta da “ené-sima chapuza” do bipartito municipal con respecto aos Orzamentos deste Conce-llo.

O pasado 3 de agosto ce-lebrouse un pleno ordinario onde se levou por urxencia a aprobación provisional dos Orzamentos e onde os populares se viron na obriga de ausentarse do debate por ter recibido a información a tratar escasos minutos antes do comezo da sesión. “Con-sideramos, como grupo político máis votado desta cidade, que as cousas rela-cionadas cos Orzamentos hai que facelas, como mí-nimo, ben. Pero a realidade é que se están facendo peor que nunca: é incrible que estes sexan os primeiros Orzamentos deste manda-to, con máis de oito meses de retraso. Non queremos nin imaxinar cómo serán os últimos”, relatou o voceiro popular.

Nesta sesión plenaria os populares insistiron varias veces en preguntar se no expediente estaban todas as alegacións rexistradas aos Orzamentos. “Daque-la, sospeitábamos que non era así, circunstancia da que hoxe temos plena cons-tancia: unha asociación ourensá do sector inmobi-liario tiña rexistrada unha

alegación con data do 31 de xullo que non se incorporou no expediente aprobado sen os nosos votos”, revelou Rosendo Fernández.

O portavoz municipal do PPOU dirixiuse ao conce-lleiro de Facenda antes do inicio do pleno para infor-marlle desta fundada sos-peita e, en consecuencia, para advertirlle da necesi-dade de non levar a debate o expediente de alegacións orzamentarias, xa que esta-ba incompleto. “O bipartito puido estimar a nosa lexí-tima petición ou ben facer un receso no pleno para comprobar no Rexistro Xe-ral o que nós lle estábamos advertindo… Pero non o fixeron, fieis como sem-pre á súa política de falta de diálogo e de colabora-ción”, recalcou Rosendo Fernández. “Unha vez máis nos sentimos enganados e estafados por este Gober-no municipal, adalid como ningún outro da falta de transparencia e da manifes-ta falta de xestión, chea de bandazos, de parches e de chapuzas varias”.

Solicitude de informe ao secretario

Debido a isto, o Grupo Municipal do Partido Po-pular de Ourense solicitou ao secretario do Pleno que certifique a validez do acor-do plenario de agosto, pos-to que sospeitan que carece

dela. De ser así, estaríamos ante un acordo fallido que retrotraería a aprobación dos Orzamentos, retrasando aínda máis un documento que de por si ten a dubido-sa honra de ser o primeiro Orzamento da historia des-te Concello que ten que ir, como mínimo, tres veces ao pleno para a súa apro-bación. “Lamentablemente para a cidade estamos a su-frir un Goberno municipal que, lonxe de admitir os seus erros e facer propósito de enmenda, trata de culpar a este grupo político de ‘en-torpecer’ a aprobación dos Orzamentos nun novo exer-

cicio de demagoxia e mani-pulación descarada. Teñan por seguro vostedes, e a cidadanía ourensá en xeral, que se as cousas se fixeran ben dende un principio, non sucedería o que estamos a vivir”.

O Grupo Municipal do PP leva reclamando que os Orzamentos estivesen apro-bados en tempo e forma dende o inicio do mandato. De feito, Rosendo Fernán-dez lembroulle ao conce-lleiro de Facenda que axili-ce a súa xestión para ter as contas de �013 listas a 31 de outubro deste ano, co fin de que por unha vez, estén

aprobados en tempo e for-ma os Orzamentos de �013, algo que non acadou nos cinco orzamentos que leva elaborado dende �007.

Por último, xa para fina-lizar, Rosendo Fernández lembrou que volven a es-tar expostos ao público os Orzamentos Municipais e a instancia das alegacións presentadas por este gru-po político e un sindicato (CSIF), xa que o bipartito foi incapaz por si mesmo de facer as correccións per-tinentes no tocante á aplica-ción da suba do IVE.

Por último, Rosendo Fer-nández concluiu dicindo

que detectaron “ o intento de engano do bipartito con res-pecto ás alegacións, deixan-do sen incorporar unha, asinada por un colectivo profesional. Descoñecemos os motivos desta irregulari-dade manifesta que podería invalidar o acordo plenario, apresurado e chapuceiro, do pasado venres. Por iso solicitaremos ao máximo funcionario responsable do pleno que certifique este asunto. Unha vez coñeza-mos as súas conclusións, estudiaremos as medidas que consideremos convin-tes e necesarias para defen-der os intereses xerais desta cidade”.

Pola súa banda, a conce-lleira Beatriz Tejada lem-brou as cinco alegacións presentadas polos populares, centradas en aspectos xurí-dicos e fácticos. Sinalou que en partidas como a de Axuda no Fogar non se lle aplicou o novo IVE, do mesmo xeito que mostrou a súa sorpresa por como o bipartito vendeu públicamente “un plan de austeridade nos alugueres municipais”, cando esta era precisamente unha das ale-gacións dos populares aos Orzamentos. “O único que tratan de facer é desviar a atención sobre a súa falta de respecto institucional, cunha evidente prepotencia ao non ter en conta unha alegación dun colectivo profesional”, dixo Tejada.

No pleno municipal do 3 de agosto, a concelleira popular Marinel Fernández Rey defendeu unha moción encamiñada a que o Con-cello incremente e reforze a vixilancia na área termal (A Chavasqueira, O Tintei-ro, Muíño da Veiga e Outa-riz, fundamentalmente). A concelleira do PPOU deu conta das múltiples queixas

veciñais con respecto á fal-ta de control nestas áreas públicas, sobre todo en ho-rario nocturno, onde non hai persoal para vixiar o correcto uso e desfrute des-tas instalación. Ademais de danar a imaxe turística da Capital Termal de Galicia, Marinel Fernández puxo especial énfase en que a seguridade e o control nes-

tas áreas é algo que non se debe descoidar, ao ser parte fundamental da imaxe cara ao exterior de Ourense.

Nembargantes, o bipar-tito rexeitou a proposta en positivo dos populares ao manifestar que non lles constaban queixas, aludin-do a unha suposta páxina web de opinón de usuarios onde non se facía referen-

O bipartito rexeita a petición dos populares de incrementar a vixilancia na zona termalO PP considera que o control destas áreas non se debe descoidar

cia a queixas. Os popula-res invitan aos membros do bipartito a que visiten con frecuencia as ribeiras do Miño e as áreas termais, que falen directamente cos usuarios e que comproben, por si mesmos, a necesida-de de reforzar a vixilancia e o control no uso deste importantísimo patrimonio natural da nosa cidade.

A concelleira popular Marinel Fernández defendeu unha moción sobre vixilancia nas zonas termais no último pleno.

Rosendo Fernández e Beatriz Tejada compareceron ante os medios para denunciar que o expediente dos Orzamentos estaba incompleto.

O PP solicitou ao secretario que certifique a validez do acordo plenario de agosto

Page 13: Agosto 2012 - OUxB

13Ourense por BARRIOSAgosto de �01�ECONOMÍA E EMPREGO

CxG inicia unha campaña en defensa da extra de Nadal dos empregados públicos

Compromiso por Galicia vén de presentar no rexistro da Xunta de Ourense a súa cam-paña “As nosas pagas son de lei!”, que ten como cometido denunciar a supresión da paga extraordinaria de Nadal. “A paga extra non é un agasallo, non é unha esmola, nin unha gracia da administración, senón que son dereitos consolidados, salario básico”, sinalou o voceiro de CxG en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza. A campaña está activa na páxina web desta nova formación política, da que os interesados poden descargarse un modelo de reclamación previa e de recurso “para que por vía administrativa primeiro e por vía xudicial despois reclamen este dereito”, explicou.

Xosé Manuel Pérez Bouza estivo acompañado no acto por outros membros da Executiva de CxG, como Sandra Araúxo ou Rafael Cuiña, así como de varios empregados públicos que presentaron unha reclamación administrativa no propio rexistro./P.LODEIRO.

Os funcionarios seguen en loitaComo veñen facendo cada venres, dende que o Go-

berno Central fixese públicas as últimas medidas de axuste económico -entre as que se atopou a supresión das súa paga extra de Nadal-, os empregados públicos ourensáns sairon á rúa o pasado �4 de agosto para se-guir recordándolle ás autoridades a súa disconformida-de con esta determinación. Neste caso varios centos de funcionarios ourensáns participaron nesta xa habitual concentración ante a Subdelegación do Goberno, desde onde logo se trasladaron ata o edificio administrativo da Xunta na cidade, na avenida da Habana.

Os sindicatos seguen convocando concentracións de protesta, todos os venres de 11 a 1� da mañá, coincidin-do cos Consellos de Ministros.

Funcionarios ourensáns concentrados o pasado 24 de agosto fronte ao edificio administrativo da Xunta na cida-de./P.LODEIRO.

O Concello formará 300 desempregadosRedacción

O Concello de Ouren-se, dentro do programa “Ourense Inserta”, dará formación sociolaboral a uns 330 veciños que se atopen neste momento sen traballo en materia de atención a dependentes, hostalaría e o medio am-biente.

Os 17 itinerarios (1� dos cales contarán con certifi-cado de profesionalidade) dos que se trata buscan fa-vorecer o acceso a un posto de traballo de demandantes de emprego, con accións de formación específica, prácticas en empresas e orientación laboral.

Ademais, todos eles in-cluirán contidos transver-sais en materia de igual-dade de oportunidades, novas tecnoloxías, sensibi-lización medioambiental, fomento da non discrimi-nación e loita contra a ex-clusión social.

Estes cursos terán unha duración de 30 meses e su-porán un investimento de 1,4 millóns de euros.

Page 14: Agosto 2012 - OUxB

14 Ourense por BARRIOSAgosto de �01� ARTIGOS

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Festival do MiñoNaceu co longuísimo

nome de Festival Hispa-no-Portugués da canción do Miño; pero a partir da terceira edición pasou a ser soamente o Festival do Miño.

Os anos sesenta supuxe-ron a idade de ouro dos festivais da canción, Beni-dorm, Barcelona (Canción do Mediterráneo), Madrid, Mallorca, foron algúns dos festivais nados desde o 1959; en Ourense tivemos que esperar a 1965, mo-mento en que da man de Don Manuel Rego Neto e o alcalde daqueles anos Da-vid Ferrer Garrido; naceu o noso festival. A cidade e as empresas locais envor-

cáronse coa organización, sendo un éxito en todos os aspectos; posiblemente o feito de contar coa presen-za de artistas portugueses e galegos conseguiu atraer á nosa cidade a público de todo a contorna.

Esta 1ª edición estivo pre-sidida polo entón Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne. E o lugar escollido para cele-brar o evento foi o xardín do Posío, en anos sucesivos se-ria o pavillón dos deportes. E a chaira que durante anos existiu nas Lagoas.

O elenco de artistas esta-ba encabezado pola Ouren-sá Menchu e Fina Galicia; as dúas participantes con

anterioridade no Festival de Benidorm, anos 62 e 63 res-pectivamente, e do cantan-te e compositor portugués Artur Ribeiro. Xunto a eles aproximadamente unha du-cia de artistas entre os que cabe destacar a un grupo ourensán que comezaba a ser coñecido tamén a nivel nacional “Os Benposta” da Cidade dos Raparigos, (me-ses antes fixeran a súa apa-rición xunto ao seu cantante Santy, no programa de TVE “Sorría por Favor”).

Arquivo visual Ourensán fondo Menchu; fotografía

propiedade de Menchu; fotógrafo, descoñecido;

texto, Rafael Salgadowww.ourensenotempo.com

4RECEITA

Ingredientes:4 Lomos de bacallau1 pemento1 cabeza de allo2 guindillas doces½ litro de aceite de oliva

Elaboración:1º . Desalar o bacallau

36 h. na neveira cambián-dolle a auga cada 8 horas.

Bacallau ao pil-pilUnha vez desalado secalo cun pano de cociña.

2º. Fritir o aceite a lume lento, as guindillas corta-das en rodaxas, a cabeza de allo e o pemento cortado en tiras. Retirar as verduras e apagar o lume.

3º . Introducir o baca-llau e deixalo repousar

Encontro Internacional de Poetas de Zamora (México) Un ano máis representantes de Círculo Poético desprazáronse a México para par-

ticipar no Encontro Internacional de Poetas de Zamora que dirixe Roberto Resendiz. Nesta edición foi a vogal da asociación María González Méndez que aproveitou para presentar o seu novo libro “Sentimientos desde el corazón”. Deuse a casualidade que foi a única representación de España nesta edición. Logo da súa estadía en Zamora, a poeta trasladouse a San Luis Potosí onde presentou o seu libro.

Por outra banda, a asociación está ultimando o cartel do IIIº Encontro de Poetas que se desenvolverá durante o primeiro fin de semana de outubro.

4CÍRCULO POÉTICO

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Cando rematePi..pi..pi..pi. Cinco e

media da mañá. Apago o espertador e érgome da cama dun chimpo. O nor-mal, ducha, almorzo po-tente, vístome e xa estou lista. Saio pitando para o plató. Entro feliz e dando os bos días cun gran so-rriso, paso o torno e vou cara ao vestiario. Polos diferentes corredores vou saudando chea de enerxía. Sempre comezo así o día, son animal diúrno.

Xa enfundada no traxe da cabo Otero, vou a pe-rruquería e maquillaxe, e mentres traballan comigo, falamos e botamos unhas risas. Aínda teño tempo de tomar un café. É moi cedo, preciso cafeína. Entro na sala de pase de texto e atópome cos meus compa-ñeiros e parte do equipo, incluído o director ou di-rectora. Repasamos a pri-

meira secuencia e listos pra entrar no set. Así comeza un dos meus días de gravación na serie Matalobos.

Comezamos coa rodaxe da quinta tempada a pri-meiros de xullo, e aí estou, interpretando á cabo Otero. Débolle moito a esta serie, e sobre todo á xente que contou comigo nun princi-pio, e a que segue contando agora. Co risco de parecer unha sentimental, non podo evitar sentir un agarimo es-pecial por esta serie e a xen-te que a conforma.

Seica din que corren tem-pos duros. Eu sei que nesta profesión son peor que du-ros. Penso na cantidade de compañeiros, algúns con grandes nomes e ben coñe-cidos, que levan moito tem-po sen traballar, sobre todo nos que xa non poden pagar as facturas. As veces teño medo. Medo de que esta

profesión morra en Gali-cia. Os que cremos que non servimos para outra cousa porque isto é a nosa vida, gustaríanos poder seguir facendo teatro, cine e televi-sión galegos.

Crise, aumento de impos-tos, eliminación de subven-cións á cultura, todo isto podería rematar coa nosa profesión e algunhas máis.

Pero eu mantéñome op-timista. A imaxinación é a nosa principal ferramenta e están comezando a aparecer formatos moi creativos. Sei que sairemos desta.

Síntome moi afortunada por estar traballando, e por pouco que dure, céntrome en gozar ao máximo de cada día de gravación. Cando re-mate, xa virá outra cousa. Polo de agora son feliz hoxe, mañá xa veremos.

Saamira Ganay

unha hora. Transcorrido o tempo mover a cazue-la en sentido circular ata que a salsa ligue.

4º. Acompañar o baca-llau coas verduras coci-ñadas anteriormente.

Juan Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles.

Tel. 988 380 165

4TRIBUNA ABERTA

A política nas redaccións

Contan que alá pola dé-cada dos 50 cando a televi-sión chega a España, des-de o chalé do Paseo de La Habana (primeira sede de TVE en Madrid), ao réxime de Franco non lle gustaba moito o novo invento. Aínda así, e xa desde o primeiro momento, o novo medio de comunicación tivo unha moi boa aceptación por parte da cidadanía.

Nacía unha nova forma de entretenemento, e tamén, de información, que com-plementaba ao NODO, o noticiario que se emitía nas salas de cine antes de come-zar a película, e que conta-ba todas as novas, cociña-das, iso sí, polo goberno da ditadura.

Nun primeiro momento Televisión Española utiliza-ba a imaxe do locutor que transmitía as novas que saían nos informativos da radio (os chamados “par-tes” de Radio Nacional de España), “Diarios Habla-dos” que foron de obrigada

emisión en todas as emiso-ras ata a transición.

Pouco despois os informa-tivos da televisión pública empezaron a facer informa-ción propia, con das noticas gravadas polo propio per-soal. Pero aínda así, a man do goberno de Franco esta-ba presente nas redaccións, xa que comprendeu desegui-da a importancia do novo medio de comunicación.

Chegada a transición e o paso cara a democracia, a política non abandonou as redaccións dos medios pú-blicos. UCD, PSOE ou PP mantiveron o control do Ente (hoxe chamado Corpora-ción). Políticos foron direc-tores xerais e directores da radio e da televisión pública, e todos procuraron que as informacións axudaran sem-pre ao partido gobernante. Nin foi RTVE obxetiva con UCD nin co PSOE nin moito menos co PP na lexislatura de Áznar (todos lembramos a sentenza pola información da Folga Xeral do 20 de xuño

do 2002 ou o tratamento do desastre do Prestige, en tempos de Urdaci).

Fai uns días o goberno do Partido Popular “to-mou” de novo RTVE, desti-tuiu á cúpula anterior para poñer neses postos persoal de confianza. Unha mágoa, xa que os informativos de RTVE conseguiran, nos últimos anos, ser líderes de audiencia, e o que é máis destacado, unha alta cre-dibilidade. O triste costume de poñer xente da confianza do político de turno volve a estar presente.

Eugenio Scalfari , di-rector fundador do diario italiano La Republica, ca-lificou ao xornalista como: “xente que lle conta á xen-te o que lle pasa á xente”; desgraciadamente desde os medios públicos os po-líticos séntanse nas redac-cións para que o xornalista oculte ou conte, á maneira que o goberno quere, o que lle ocorre a xente.

Xavi C. Martiñá

Page 15: Agosto 2012 - OUxB

15Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

PUBLICIDADE

A Concellaría de Cultura agradece a alta asistencia nunha nova edición do ciclo “Baixo as estrelas”Isabel Pérez: “estas actividades están escamiñadas cara a un modelo cultural cada vez máis participativo e integrador”

Este venres pécha-se unha nova edición do ciclo “Baixo as Es-trelas”, que durante to-dos os venres do verán proxectou, na praza de San Martiño, as curtame-traxes máis premiadas do circuíto audiovisual nos anos �010 e �011. Porén, esta última cita co cine de verán terá un carácter máis lúdico.

Trátase, en definitiva, de agradecerlle ao públi-co a fidelidade coa que respondeu á convocato-ria do Festival de Cine e iniciar, igualmente, a conta atrás para o 17 Fes-tival de Cine Internacio-nal de Ourense, que se celebrará do � ao 11 de novembro. E que mellor maneira de facelo que coa proxección, por vez primeira, do Making of

do 16OUFF, obra de Na-tasha Lelenco. Unha peza de máis de �0 minutos na que se amosa o desen-volvemento do evento ourensán dende as súas entrañas. Así, son os pro-tagonistas do 16OUFF os que toman a palabra para contarnos como viven esta cita dende as súas diversas orixes, pero ta-mén os traballadores do Festival os que nos con-tan a ardua tarefa de levar adiante unha actividade coma esta. Imaxes inédi-tas e sorprendentes para o público, as que aconte-cen sempre fóra do foco mediático, algunha que outra confesión e unha mostra do bo humor co que se leva adiante o tra-ballo de realizar un Festi-val de Cine.

O último “Baixo as

Estrelas” de �01� será, logo, unha festa na que tampouco faltará a mú-sica e o bo ambiente. Unha pequena homenaxe á ininterrompida progra-mación cinematográfica de �01�, que comezou cos ciclos de +CINE le-vados a cabo coa colabo-ración do Cineclube Pa-dre Feijóo alá polo mes de xaneiro.

Preparación do 17OUFFSetembro e outubro se-

rán, xa que logo, meses nos que o Festival deixa-rá de lado a programa-ción para dedicarse por enteiro á organización do 17OUFF. En primeiro lugar, peneirando todos os filmes recibidos e de-bullando unha oferta de máximo nivel para o pú-blico ourensán.

Tal e como se acordou no Pleno do Concello ce-lebrado o pasado día 4 de maio, leváronse a cabo os trámites para indagar sobre os méritos que concurren na figura de D. Manuel de Dios Mar-tínez. Entre éstes aspec-tos, formaron parte o seu compromiso con Ouren-se, a súa dimensión hu-mana e a faceta como docente, músico, compo-sitor, director e poeta.

Agora, tras as adhe-sións de veciños e ve-ciñas, entidades, co-lectivos, asociacións, particulares, concellos,

grupos e autoridades, o proceso chega ao seu fin ca proposta de nomea-mento de fillo predilecto da cidade de Ourense a título póstumo.

TraxectoriaManuel de Dios naceu

no ano 1930 en San Xes da Rabeda. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santia-go de Compostela, onde se relacionou con Benito Varela Jácome, Carlos Casares, Francisco Javier Carro e J. F. Ferreiro.

Desenvolveu a súa vocación literaria coa

amizade de poetas lo-cais como Abelardo San-tórum, Victor Campio, Serafín Gómez e Antón Tovar.

Exerceu o seu labor docente como profesor de Música e Literatura na antiga Universidade Laboral de Ourense de Filosofía e Lingua e Li-teratura Españolas no Instituto do Posío, hoxe chamado IES Otero Pe-drayo. Neste último foi nomeado tamén xefe do primeiro Seminario de “Lingua e literatura Ga-lega”.

Colaborou, como cro-

nista, en “As nosas páxi-nas galegas” de ABC. A proposta de D. Xesús Ferro Couselo, formou parte do Grupo Marcelo Macías e fixo publica-cións no Boletín Aurien-se do Museo Arqueolóxi-co Provincial.

O nome de Manuel de Dios está vencellado á mocidade. Nas súas au-las ía espertando cada días os valores esenciais da literatura como son a sensibilidade poética e musical, sensibilida-des que só son capaces de transmitir os grandes mestres coma él, ben do-tado destas capacidades.

A súa obraA obra musical e poéti-

ca deste insigne ourensán está enraizada no amor á terra e a esta nosa Auria,

bence de homes ilustres, altruistas na defensa do común, orgullosos da fala, amantes da música e traballadores dos ver-sos que ensalzan a nosa forma de vida.

Na súa faceta musical, cultivou o popular e o cul-to; compaxinou os “ala-lás”, “as pandeiradas” e as “foliadas” coa música clásica, sacra e polifónica. Traballou con D. Xaquín Lorenzo “Xocas”, no can-cioneiro da Baixa Limia, na recompilación de can-tos populares, arrancando e adaptando moitos deles para a súa interpretación. Musicou poemas, entre outros, de Matilde Lloria, Antón Tovar e José Ángel Valente. Dedicou máis de medio século á dirección e composición coral, trin-ta e cinco anos na Coral

de Ruada e dezanove, ata o seu pasamento, no grupo Vellos Amigos, do que fora o seu funda-dor. Boa parte das súas composicións musicais están publicadas no libro Cantos de traer e levar. Sobresaen pezas signifi-cativas como o “Himno a Castelao”, “A vires de Portovello”, “Ourense no solpor”, “Ourense ao lo-nxe”…

Da súa produción lite-raria cabe destacar as pu-blicacións en Sete poetas ourensáns, así como in-contables estrofas que compuxo, para engadir aos cantos populares, e principalmente Canta-res, no que amosou o seu dominio da poesía popu-lar e da clásica e no que hai que subliñar os seus sonetos e minigramas.

Ourense réndelle homenaxe a Manuel de Dios O compositor será nomeado fillo predilecto da cidade

A concelleira de Cultura e presidenta do Consorcio do Festival, Isabel Pérez.

Na súa faceta musical, Manuel de Dios cultivou o popular e o culto; compaxinou os “alalás”, “as pandeiradas” e as “foliadas” coa música clásica,

sacra e polifónica

O venres 31 de agosto proxectarase o Making of do 16OUFF, unha peza que amosa o desenvolvemento do

evento ourensán dende as súas entrañas

Page 16: Agosto 2012 - OUxB

16 Ourense por BARRIOSAgosto de �01� ARTIGOS

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

As mozas son guerreirasAs mozas son guerrei-

ras. En Escandinavia levan a batuta desde hai tempo e non lles treme o pulso cando teñen que porse no rol de xefa, xa sexa da súa propia casa ou do parlamento. A mo-narquía nórdica non se estremece se unha muller calza a coroa, e este sis-tema non arrincoa ás mu-lleres entre o eixo e a roda cando lles toca ser nais.

En Dinamarca reina unha discriminación po-sitiva que valora as ap-titudes de ambos sexos nun plano de igualdade que calquera goberno do mundo debería de en-vexar e apoiar ás mulle-res nas súas aspiracións tanto persoais como pro-fesionais, dándolles unha seguridade para camiñar cara ao futuro da que aín-da carecemos no resto de Europa.

Con todo, no Sur non nos falta o espírito com-

batente e guerreiro. As Olimpíadas de Londres demostraron que as mozas teñen moito que ofrecer e deron un grande exemplo de coraxe, loita, valentía e bo facer a un país moi envorcado –sen pretender restar ningún merito aos nosos mozos de Ouro dos que estou profundamente orgullosa, empezando polo meu paisano David Cal e terminando pola Vermella máis alta- en deportes mas-culinos ou nos que prima a supremacía varonil. A día de hoxe non debería de ser noticia que un puñado de atletas femininas se apaña-ran estupendamente para dar lustro ao medalleiro español, e con todo, sinto a necesidade de felicitar ás miñas compatriotas por arrincarnos de dentro este orgullo de ser mulleres lo-itadoras en ambientes non sempre favorables.

As batallas gáñase con te-són, coraxe e esforzo, pero

tamén é necesario apoiar certos méritos e facer fin-capé nas diferenzas que, neste momento, aínda nos seguen poñendo moitos obstáculos no camiño polo simple feito de pertencer a un reino animal con es-pecíficos órganos xenitais que a maxia do discurso teima en clasificar a aque-las que os portan como criaturas inferiores ou dé-biles. O obxectivo de facer fincapé nas diferenzas en-tre sexos non debe de ser o establecer unha nova orde de supremacía, esma-gando ao primeiro que se cruce no noso camiño. É un paso necesario na per-secución de facer valer a voz e a presenza do mérito, xa porte pene ou vaxina. É unha batalla de lume lento e recoñecemento mutuo, de concesións, valoración e respecto para, entre to-dos, alcanzar unha socie-dade mellor.

Raquel Sertaje

4DESDE O SOTO DO CONCELLO

Paripé, paripé e máis paripé... O contido das sesións plenarias come-za a resultar difícil de crer… Os moi atrasados orzamentos para este ano seguen facéndose de ro-gar, tanto que de seguir así caducarán antes de que os nosos gobernantes lles boten o dente. A pre-gunta é, serven de algo os orzamentos para este ano 2012? E peor aínda serve de algo ter á cabeza do goberno desta cidade a individuos que non son capaces de xestionar os nosos propios recursos?

O PP levaba a súa es-tratexia ben ensaiada “ou nos fan caso ou nos levantamos e nos imos” e tanto caso lles fixeron que …marcharon! e a única oposición que existiu no posterior monólogo-deba-te foi a de DO. O mellor do episodio? Sen dúbida que Agustín PSOE ante a incapacidade de mirarnos á cara, é de supoñer que por tanta parvada que di-cía, soltou o seu rollo mi-rando cara aos sitios ba-leiros do PP, surrealista!

Por outro lado o BNG levou a pleno un par de propostas para lembrar-nos que estamos moi preto dunha campaña electoral, propostas desas que se defenden a golpe de puño pechado enriba da mesa para facer no-tar o énfase ideolóxico, para que todos nós crea-mos que son os grandes defensores dos cidadáns. A primeira para “instar” ao goberno central a que revise os acordos coa Santa Sede para eliminar os privilexios da igrexa en canto ao pago do IBI das súas propiedades,e un lar-go etc…que seguía “ins-tando” á Xunta e ao Par-lamento a facelo tamén. E digo eu, que o Concello facture o IBI á igrexa como a calquera outro ci-dadán e punto, non é tan complexo, tan só fai falla atreverse, pero claro, ta-mén é fácil quedar ben sen facer nada… pura inten-ción. Iso sí, deixaron ben claro que somos un estado aconfesional… e o PSOE votou SI… a pesar de que nas procesións sempre ao lado do noso alcalde e

Paripé, paripé e máis paripéna primeira fila vai algún concelleiro/a con moi boa educación pero que di ser ateo/a… Isto non hai quen o entenda, hai que ser o que se di que somos ou hai que facer o contrario do que di-cimos? O meirande dispen-dio de hipocrisía elevado ao sublime!

Despois de tanto rezo po-lítico e cando pensabamos que a coherencia reinaría por fin no salón de plenos, novamente o BNG defen-de a súa segunda moción, esta vez para rexeitar a reforma da lei de bases de réxime local que prepara o “goberno” de Rajoy para “aforrar” e optimizar re-cursos nos concellos “á súa maneira”, e dicir, de forma pésima. Totalmente dacor-do mais… outra vez a nosa postura foi a abstención á hora de votar. Isabel Pérez, a nosa tenente alcalde, tivo o seu mellor momento de incoherencia no discurso defendendo os dereitos dos traballadores, os dereitos de representación dos par-tidos minoritarios, criticou duramente o bipartidismo etc…e dígannos vostedes, como se pode votar a favor dun discurso por moi con-vincente que resulte cando os feitos están a dicir o contrario? Para que o en-tendan, o BNG rachou as vestiduras defendendo os dereitos dos traballadores fronte á reforma laboral mais cando tiveron que vo-tar para que as traballado-ras do servizo de axuda no fogar que presta o Concello fosen readmitidas tras un despido improcedente VO-TARON NON. Ese mesmo BNG que rompe unha lan-za a favor da pluralidade política fronte a un biparti-dismo decadente (así o cha-maron), leva 5 anos en coa-lición co PSOE para poder gobernar . Vostedes entén-deno? Busquen, comparen e se atopan algo mellor...non o dubiden e voten!

Democracia Ourensana

Hoxe di o xornal que morreu unha muller que (non) coñecín

4 MULLERES ANÓNIMAS

“Hoxe di o xornal que morreu unha muller que coñecín...” como di a can-ción de Joaquín Sabina. Eu non a coñecín, e tam-pouco terei a oportunida-de de coñecela, alguén lle arrebatou a vida de ma-neira violenta. Porque es-tamos afeitos a que a vida nos arrebate a persoas que queremos, máis ou menos, que coñecemos ou simplemente que aparecen nun xornal, pero non nos facemos á idea ( menos mal) de que alguén poida roubarlle o máis prezado que ten un ser humano, a vida. Que un semellante poida quitarche a vida é o máis difícil e duro de le-var, polo menos eu entén-doo así. E se esa persoa que che arrebata a vida é ademais alguén queri-do... entón a dor se cabe é aínda maior, a rabia de saberche durmindo co teu inimigo debe ser como un aguillón cuspindo veleno sen parar no centro mes-mo do corazón.

E é que este mes na nosa cidade onde a vida trans-corre sen demasiadas sor-presas, conmocionounos unha morte violenta dunha muller. Non serei eu quen xulgue... que para iso están os xuíces, pero sen dúbida é difícil de atallar. Por iso este puñado de letras van para ti. Unha muller á que non coñecín, da que non sei nada e con todo pola que sinto unha profunda triste-za. Desde a miña pequena columna quero dar a miña condolencia á súa familia e a todos e todas cantos a coñecían.

E cada día na prensa, na radio, nos xornais, fanse eco deste tipo de noticias ou peores, se é que as hai peo-res, e as mulleres forman parte dunha lista negra e triste que, coma se só fosen cifras, vemos aumentar día a día sen que ninguén poi-da porlle remedio.

Eu non sei se isto antes pasaba ou se antes non se sabía, eu non sei se algun-ha vez a violencia viuse do-

utra maneira, se algunha vez estas cousas quedaban na máis estricta intimida-de das familias, pero o que si sei é que agora non. Que ninguén debería morrer así, que ningunha muller e ningún home teñen que morrer así, que ningún home ou ningunha muller teñen o dereito de arre-batarnos a vida. Que por moito que ás veces desexe-mos que a pena de morte exista cando vemos casos sobrecolledores en calque-ra medio, a vida é sacra para calquera ser huma-no e ninguén debería ter o poder de quitárnola. Que a violencia é violencia, mírese por onde se mire e que todos temos o deber de denunciar e de axudar ante unha situación así.

Deixo aquí a miña rosa para ti, para ela, para elas, para to-das. Para todos, por todos.

Mónica F. Pintos

“Serve de algo ter á cabeza do goberno desta cidade a individuos que non son capaces de xestionar os nosos propios recursos?”

Exposicións- Ata final de mes - Exposi-

ción sobre Teresa de Calcuta - Catedral

- Ata o 31 de agosto - Ex-posición “As cidades da miña ledicia” de María Jesús Ba-llester - Museo Municipal

- Ata o 31 de agosto - Ex-posición pictórica “Miscelá-nea” - Auditorio Municipal

- A partir do 5 de setembro - Exposición “Natureza alte-rada” - Centro Cultural Mar-cos Valcárcel

- Ata o 15 de setembro - Exposición de óleos, acrílicos e debuxos de Rubén Álvarez “Nebur” - Espazo Xove

- Do 15 de setembro ao �0 de outubro - Exposición pic-tórica “Libertad Absoluta” - Galería Manuel Márquez

Teatro - 30 de agosto - “A viaxe

das palabras”- �1 h. - Parque dos Patos da Valenzá

- 30 de agosto - Sesión de contacontos - ��.15 h. - Praza San Marcial

Cine - 31 de agosto - Cine

“Baixo as Estrelas” - �3 h. - Praza de San Martiño

- 30 de agosto - Cine ao aire libre: “Valiant” - �� h. - Terrazas CC Ponte Vella

Música- 31 de agosto - Concertos

de Funck Busters, Summer Season e SK & Ismael Ferrei-ro - ��.15 h - Espazo Xove

- 31 de agosto - Concerto do grupo 96ERS - �3 h. - Sala Berlín

- 1 de setembro - Concerto do grupo ourensán Menage à Trois - 00.00 h. - Centro So-cial O Portelo (Allariz)

- 5 de setembro - Concer-to de Rubén de Lis - �3 h. - Café Miudiño

- 7 de setembro - Concerto do grupo En Mala Hora - �3 h. - Sala Berlín

- 1� de setembro - Concer-to de Etiqueta Negra - �3 h.- Café Miudiño

- �1 de setembro - Concer-to dos grupos Pipir Saint e 19 Razones - �1.30 h. - Sala Berlín

- �� de setembro - Concer-to do grupo Barón Rojo - �� h. - Sala Berlín

Festas- Do 30 de agosto ao � de

setembro - Festas na honra da Virxe da Saúde - Soutomaior (Taboadela)

- Do 1� ao 16 de setembro - Festas do Cristo - O Barco de Valdeorras

Outros- 31 de agosto - Paseo

guiado ao casco histórico, coa mirada da artista María Jesús Ballester - �0 h. - Mu-seo Municipal

- Do 7 ao 9 de setembro - V Xornadas de Manganinme e Cultura Xaponesa - Espazo Xove

4AXENDA

Page 17: Agosto 2012 - OUxB

17Ourense por BARRIOSAgosto de �01�PUBLICIDADE

Page 18: Agosto 2012 - OUxB

18 Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

[Envíanos as felicitacións a [email protected], ou r/Valle Inclán, �5, �º, of. 15, 3�004, Ourense]

4FELICITACIÓNS

ARTIGOS/ CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 �39 634 ou en [email protected]. Gratuítos

para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDAS TRABALLOVENDA PISOS

COMPRASCompraría tractor usado con trac-ción dianteira. Tel. 630 5�1 448.Compraría remolque de turismo novo ou usado de � eixos. Tel. 686 54 00 87.

Todas as viñetas en: http://oemigrantedopazo.blogspot.com/ ehttp://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

O AVE naceu como un proxecto dirixido por uns, continuado por outros, cam-biou de plans de uns varia-dos por outros e no punto básico o corazón: a Esta-ción Empalme, emblema dun pobo, Ponte Canedo, cunha superficie moi considerable expropiada aos nosos ante-pasados cun claro e deter-minado fin, a construción da Estación Empalme, mar-cando o Estado un prezo sen dereito a protestar nin dia-logar, sen máis opción. Que o colles ou o deixas, te calas ou te alonxas. Así naceu e pasou ao Estado esta, hoxe en día, codiciada superficie.

Agora, técnicos, políticos, organismos estatais, som-bras que merodean ao re-dor instalándose en lugares segundo sexan proxectadas polo sol. No conxunto des-tas xentes e sombras haina boas, moi boas e tamén das outras que ninguén desexa-ría ter na familia, pero que ata son coñecidas lonxe das nosas fronteiras.

As xentes de Ponte Canedo estamos co progreso, claro, xusto e ordenado, pero que o Estado, técnicos, políticos, dirixentes e o pobo en xeral sexan conscientes de como esta superficie se logrou para o Estado e se se pode facer con ela o que se quei-ra, aínda que sexan para fins alleos aos que figuran na expropiación aos nosos an-tepasados.

Nos proxectos presentados sobre a futura estación do AVE polo mellores estudios de arquitectos nacionais e es-tranxeiros, expostos ao pobo ourensán sen moitas gañas

4HISTORIA DE PONTE CANEDOO AVE, un pobo, as súas xentes e os seus

provisionais dirixentese moi escasa difusión me-dios de comunicación. Estes proxectos, aparte de soterra-do ou non soterrado, segun-do as opinións dos distintos arquitectos, algúns incluso queren tirar o edificio da Es-tación, despois de dar servi-zo ao noso pobo e provincia durante 70 anos sen fendas nin goteiras, verdadeira-mente “manda carallo”. Hai grupos con bastante impor-tancia a nivel provincial que opinan dende Taboadela que se lle debe dar un paseo ás vías desprazándoas á derei-ta facendo unha ponte sobre as instacións recreativas de Oira. Hai algún grupo que incluso vai máis arriba do encoro de Velle.

Vendo estes “remendos” feitos ao proxecto de Fomen-to un non ten máis remedio que “santiguarse”, se é cris-tián ou católico. A Torre de Babel paralizouse por falla de entendemento falado. Agora pódenos afectar o al-zheimer da “calabaza”, en-carecer o Proxecto facéndoo máis longo no tempo.

O Goberno está decindo que as arcas da Nación están baleiras, que se lles pode sa-car a parte de abaixo que non cae nada, acá olvidámonos ata da liña recta. O proxec-to do AVE feito por Fomento figuraba e figura entrando por San Francisco, viaducto, Estación Empalme, por que se intenta variar? Parece como se esas sombras que hai fluctuando entre o poder, os políticos, e un mundo de finanzas, intereses particula-res, mandan nas institucións, as cales creo todos debemos de respetar. As xentes que

empregan o novo tren, o Avant, especialmente entre Ourense-Santiago- A Co-ruña e viceversa, non din “pasei tantos quilómetros baixo terra”, “pasei sobre seis viadutos”; o que din é a realidade, “vin moi cómodo”, “abrín o xornal e na metade xa estaba en Santiago (30 minutos)”. Iso é o que interesa ao viaxeiro, déixense de cara-lladas! Que soterrado ou non soterrado, hai que unir a parte alta de Ponte Cane-do, Covadonga, O Vinteún coa parte do río, a Esta-ción, Quintián, a Ponte. Se nunca se preocuparon diso durante 70 anos a que vén agora ese paternal cariño. Se queren unir esas dúas partes unha ponte de 40 metros de ancho e xa está.

Deixen vostedes que o AVE siga o seu curso, coma o río Miño. Fomento sabe ben o que ten que facer. Nos proxectos presentados para a nova Estación do AVE o que máis se obser-va é o que menos falta fai hoxe en día, edificacións, vivendas, algunha pequena zona verde e algunhas “pe-queñeces” máis, así como unha estreita ponte.

Ponte Canedo, cuxos antepasados perderon as súas terras de forma irre-gular, ao rematar a Guerra Civil, os seus descenden-tes así como as xentes que nos honraron vindo vivir ao noso pobo, entre todos pedimos igualdade e que non se caia nas garras das sombras da especulación e o enriquecemento.

Pepe da Guardesa

4HUMOR

Tito Duque FerreiraAniversario: �7.08Meu cari, �1 aniños xa, es-pero que o pases moi ben no teu día rodeado de todos os que te queren. Ámote meu corazon e espero pa-sar moitos máis ao teu lado. Besiños.

Hugo Barbosa BlancoAniversario: 17.08Pequecho, moitísimas feli-cidades que cumples xa 5 aniños. Espero que o pases moi ben neste día e que te-ñas moitos agasallos. Qué-rote moitísimo, pequeno.

Urxe vender piso a 5 minutos de praia América. Tel. 636 4�� 497.Vendo piso en Allariz 100m�, 3 habitacións, amoblado, cociña con electrodomésticos novos, tel. 654 8�� 6��.Vendo parcela na Lagoa de Ante-la (Xinzo), de 8 ha 30 a, Tel. 660 48 87 90.Vendo casa na estrada de Santia-go. Tel: 637 005 910.Vendo ou alugo piso en Vigo, céntrico, � dormitorios, amoblado. Tel. 679 040 604

Alugo apartamento na rúa Con-cello, bo prezo. Tel: 695 437 6��.Alugo piso no Vinteún, sen comu-nidade, 3 habitacións, cociña, sa-lón e baño, prezo económico. Tel. 6�9 5�3 81�.Alugo casa a 1 km de Allariz, eco-nómica, amoblada, Tel. 686 540 087.Alugo dúplex amoblado na Valen-zá. 4 habitacións, salón, cociña, � baños. Telf. 609 57� 114.Alúgase apartamento en Ouren-se, � dormitorios, equipado, pe-queno e económico, Tel. 988 �13 460 e 600 003 �85 (Tere).Alúgase habitación en Ourense en piso totalmente equipado. Tel. 988 �13 460 ou 600003�85 (Tere).Alugo piso a estudantes en praza España (Vigo) a partir da segunda quincena de agosto. 3 habitacións, to-talmente equipado. Tel 639 816 �09.Alúgase apartamento amoblado zona Couto, 1 dormitorio, salón, cociña, baño, 3 balcóns, trasteiro e garaxe, calefacción, 330 euros + 54 de comunidade. Tel. 606 569 ��8.Alúgase apartamento � dormito-rios, cociña amoblada con electro-domésticos. Tel. 988 �1 36 �1.Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, baño, cociña e galería. tel. 988 �1 43 01 e 687 �1 1� 18Alugo apartamento en Montalvo de 1 e � cuartos, con xardín e bar-bacoa, para fins de semana, sema-nas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Alúgase baixo de 110 m� na Car-balleira, exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 9�6 5�9 ou 670 43 34 90.Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza e local no casco vello de Ourense. Tel. 637 005 910.Alúgase piso no Vinteún con pra-za de garaxe pechada. Tel. 6�9 5� 38 1�.Alugo piso. Tel: 988 �46 9�6

ALUGUER

Mércanse mobles ou electrodo-mésticos de �º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 �1 �� �4Vendo figuras de manga, anime / series TV, locomotoras e xogos de PC. Tel 691 017 095.Vendo dormitorio: cabeceiro e base de 150 cm, � mesiñas, sinfo-nier e armario de madera maciza, como novo. Prezo interesante. Tel. 6�7 43 46 01.Vendo colchón viscoelástic de 150 cm, novo, moi bo prezo. Tel. 6�7 43 46 01.Vendo estanterías metálicas de 1 m x 70 cm. Tel. 988 470 855.Vendo años caseiros 8 euros/ kg. Tel. 676 9�8 138.Vendo sillas de madeira semino-vas, en moi bo estado. Tel. 988 �5�80� e 680 580 0��.Vendo máquina de coser semi in-dustrial (Refrey) e caixa rexistrado-ra en bo estado. Tel. 687 379 473.Vendo fabricador de xeo e cafe-teira de dous brazos para hostale-ría. Tel. 616 76 44 37.Vendo sofá 3+2, caldeira de cale-facción de gas cidade, botelleiro para bar. Tel. 637 005 910Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 6�6 073 751 Vendo varias pías de distintos ta-maños. Tel. 607 900 375.Véndese leña de carballo a bo pre-zo. Tel. 630 5�1 448. Vendo carriño de bebé comple-to (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, �50 euros. Tel. 687 511 47� e 988 37 30 50 (noites).

Clases particulares. Primaria. ESO: materias de Ciencias e in-glés, tecnicas de estudio. 1� años de experiencia. Material didáctico propio. 100% aprobados pasa-do curso. 1ª semana gratis. Tlf. 678700573, 988375081. http://fi-delformacion.blogspot.com. [email protected] traballos de pintura e pe-quenas reparacións; de desbroce e corte de leña. Tel. 671 103 �43Fanse traballos de limpeza do-méstica e coidado de nenos ou an-ciáns. Tel. 671 103 �43Alugo coche de luxo con chofer para vodas: �00 euros. Contactar: [email protected] con amplia experien-cia imparte clases particulares de Matemáticas a todos los niveles (ESO, bacharelato, universidade,, intensivo para selectivo). Tel. 6�5 515 818 Realízanse arranxos de modista para particulares e tendas, traba-llos de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel. 988 �5 53 0�Ofrécese mozo como axudante en tarefas de limpeza, mudanzas, pin-tura, obras, e calquera outro tipo de traballo sen cualificación espe-cífica. Tel. 650 27 11 58.Ofrécese muller con informes para traballar en casas e coidar persoas maiores e cativos. Tel: 988 �5 86 34 // 608 153 �56Ofrécese auxiliar de xeriatría e xerontoloxía para axuda no domi-cilio e coidados a persoas anciáns e/ou dependentes. Interesados cha-mar ao tel. 697 6�9 739.Ofrécese persoa responsable con experiencia para o coidado e atención de persoas maiores, en-camadas, aseos, etc. Prezos eco-nómicos. Tel: 618 646 959 e 639 818 9�0.Música para cerimonias (piano e voz). tel. 658 88 84 47Desbrózanse fincas con tractor e fanse traballos agrícolas. Tel. 630 5�1 448Ofrecese persoa para seguridade persoal, acompañamento,vixilancia, ect.( home 45 anos, pertenecente a f.c.s.e) . Tfn: 636 3� 95 �4.Ofrecese servizo de modista.Tra-ballos de calidade, puntualidade e bo prezo. Tfn:988 �5 53 0�Ofrécese moza responsable para traballos domésticos. Tel: 637 005 910

AUTOMÓBILVendo vehículo en moi bo estado.Renault �1, aire acondicionado, cierre automático, dirección asisti-da, gasolina e pintura metalizada. 149.469 km. telf: 6�7 608 758.Vendo Seat Ibiza tres portas bran-co, TDI, 90 cv, ano 98, único titu-lar, 1.500 euros. Tel. 609 8�� 076.Vendo Opel Astra 66.000 qui-lómetros. prezo a convir Tel 606 7�� 866Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 5�1 448

Page 19: Agosto 2012 - OUxB

19Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

EDITORIAL/ SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 151-�00� / OU 1�5-�003 / OU 164-�004/ OU 155-�007. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Oren-sano

Nº1�0/110/96/59 - Ano: XI - Agosto �01� - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Im-preso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode serreproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 �39 634.

4TELÉFONOS DE INTERESEConcello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116Cita previa SERGAS 90� 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención ao menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria 988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcohólicos Anón. 646 645 119�4h. Alcoh. Anón. 988 �69 540Alcoh.Anón. �4h. 988 �� 76 �3 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447Down Ourense 988 370 313

4CARTAS AO DIRECTOR4LITERATÚA

Xardín de infamia III*Hai que ver como os ne-

nos e as nenas precisan o dogmatismo para agochar-se na máis necesaria das seguridades, necesitando saber que as cousas han de ser brancas ou negras (e só brancas ou só negras) e sen amosar o mínimo axexo de relativismo e de interpreta-ción, pois inda lles é cedo. «Iso branco non pode ser chocolate, pois o chocolate é marrón». A súa moral hete-rónoma e a súa idade fainos ser así porque son viventes dun proceso que culminará na idade adulta coa capa-cidade de raciocinio precisa logo da perfecta transición chea de experiencias vitais e de cargas de programas de software nos seus cerebros do novo milenio... Pero má-goa cando non se produce transición ningunha nin de-puración ren e se precisa do dogmatismo para vivir, sen saber como actuar se non se nos di exactamente onde nos temos que poñer e que temos que dicir. Ou pensándonos sempre en posesión da fútil verdade ou posuidores do rego que os demais debe-ríannos arar.

Hai que ver como as nenas e os nenos precisan a osten-tación das súas habilidades para ir alimentando paseni-ño as súas imaxes, autocon-ceptos, e conformando as súas personalidades, sentín-dose reforzados dentro da heteronomía dos seus inma-turos xeitos de rexer: «San-dra sabe saltar moi alto». Na procura da súa autonomía racional que está ao longo

dun corredor que culminará na idade adulta coa capaci-dade de raciocinio preciosa, logo da perfecta transición chea de vitais experiencias e de amoreamento de riquezas conceptuais nos seus cere-bros do novo milenio. Pero mágoa cando non se produ-ce transición ningunha nin depuración ren, e se precisa da ostentación de habilida-des para vivir. Xa sexa co xeito de conducir vehículos a motor, xa sexa con cópu-las sexuais de mentira, xa sexa con xogos de cartas ou outros xogos onde se abra a posibilidade de demostrar que se sabe facer algo que os demais non saben, xa sexa poñéndose constantemente a proba buscando o teu erro que eles nunca cometerían. E cando o saber non existe, sexa por incompetencia aca-so por baixa dotación, a os-tentación pasa ás posesións materiais, facendo alarde de propiedades inmobiliarias, dos mesmos vehículos de mo-tor nos que os outros amosa-ban as súas habelencias, de teléfonos móbiles, roupa, ca-chifallos mil, ou que sei eu...

Hai que ver como os nenos e as nenas precisan da prepo-tencia cos nenos e as nenas máis pequenos, para ir esta-bilizando os seus equilibrios internos, regados convenien-temente co amor duns pais, e conformando as súas perso-nalidades, recompensándose no heterónomo da súa moral, e endereitando unhas perso-nalidades que por herdanza e ambiente veñen enleadas de máis; como uns novelos que

hai que ir estirando, como fío de Ariadna, ata chegar a unha idade adulta, aborre-cida pero inexorable, onde a capacidade de raciocinio estea completamente insta-lada e presta para a loita fera na segunda das ida-des... «Ti fas de lobo porque es o máis pequeno...». Pero mágoa cando non se produ-ce estiramento de fío algún e se precisa da prepotencia cos febles para vivir, xa sexa cos compañeiros de traballo de temperamentos máis volubles, como cos que ven como chuspes no chan da rúa e non son quen de che dicir nada, pasando polos que aturan as túas malditas ínfulas de superio-ridade, os que non che din que es un imbécil por medo ou por non poñerte triste. E ti, inconsciente ata a mor-te de que a túa intelixencia fracasou no preciso intre cando non fuches quen de entrar no mundo dos adul-tos, sigues no teu mundo que está dentro do mundo. Un mundo no que quizáis se fixeran posibles os mun-dos posibles de non ser por persoas coma ti que preci-sas a prepotencia, como os que precisan a ostentación constante, como os que non conciben outro xeito de vi-vir que no dogmatismo.

*Peche da terna de artigos “Xardín de infamia” comeza-do con “Xardin de infancia, xardín de infamia” e conti-nuado con “Ao outro día no xardín da infamia”.

Jorge Emilio Bóvedajorgeemilioboveda.es

“25 veráns deixando pegadas”

Vinte e cinco edicións dos campamentos urba-nos en Auria e 841 nenos e nenas, adolescentes e xente moza que participou este verán desta oferta li-bre, aberta e gratuíta que se levou a cabo entre o 1 e o 14 de agosto.

Co Campamento Ur-bano puidemos descubrir unha cidade chea de re-cursos para gozar do tem-po libre, coñecer persoas e entidades que traballan nela para facer posible que o pasemos ben, coñe-cer espazos e actividades para aproveitar o tempo de lecer, facer novos ami-gos e amigas, xogar, can-tar...

Desde a organización do XXV Campamento Ur-bano queremos transmitir o noso agradecemento a quen fixeron posible que este proxecto se puide-ra levar a cabo un verán máis:

Grazas a todas as nenas e nenos, mozas e mozos que vivistes e gozastes desta aventura do Urba-no.

Grazas ás familias que depositastes a vosa con-fianza en nós.

Grazas ás 148 volunta-rios e voluntarias que de-dicastes o voso tempo aos demais.

Grazas ás persoas par-ticulares, aos organismos públicos e privados e ás 157 entidades (algunhas delas dende o anonimato) que apostastes de diversas

maneiras por este soño de Amencer.

Grazas aos medios de comunicación social que anunciastes e informas-tes este campamento á cidadanía, en concreto a OURENSE POR BA-RRIOS.

Grazas á Concellería de Xuventude do Conce-llo de Ourense polo seu apoio incondicional.

Grazas á Obra Sale-siana de Ourense polo seu apoio, paciencia e doazón desinteresada en todo momento.

Grazas, en definitiva, a todas as ourensás e ourensáns que soñastes connosco unha forma al-ternativa de gozar do ve-rán na nosa cidade.

Sen a vosa colabora-ción, o milagre do Urba-no non sería posible.

Tamén pedimos discul-pas se polo desenvolve-mento do Campamento Urbano creamos algunha situación non desexada á cidadanía nesta primeira quincena de agosto.

Ate o verán que vén!Equipo Coordinador do

CU 2012

4AUTOBUSES: liñas e horarios en www.urbanosdeourense.esTarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transpor-te: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos.liña á Valenzá e hora-rios en www.anpian.com

[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias a info@ouren-

seporbarrios.com, [email protected], ou a r/Valle Inclán, �5, �º, of. 15,

3�004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de �0 liñas e deberán ser remiti-

das con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto.

Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así

como o de extractar os textos que estime oportuno]

Page 20: Agosto 2012 - OUxB

�0 Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

10 anos de Ourense por Barrios (VII)4 Recordamos as informacións máis destacadas da publicación gratuíta durante �011.

Redacción

O Ourense por Barrios de xaneiro de �011 traianos varias información sobre a alta velocidade: por unha banda, a solicitude da CEO para que as vías fosen so-terradas, por outra, as ne-gociacións entre veciños e Adif para aplicar melloras nas obras do AVE no Pino, e por último, a intención do Ministerio de Fomento de desbloquear o protocolo para a estación intermodal anunciando unha xuntanza coas outras administración implicadas (Xunta e Con-cello).

No mes de febreiro, a pu-blicación periódica gratuí-ta volvía sobre o tema da alta velocidade titulando “Concello, Xunta e Fomen-to non se poñen de acordo na integración ferroviaria”. Foi polémica este mes o bonsai instalado na roton-da de Marcelo Macías polo seu custo (1�.000 euros) e os veciños da Chavasquei-ra presentaban 6.000 firmas contra a construción dun ta-natorio na zona.

No número de marzo a apertura do Centro de Información á Muller no Couto, do Centro Cívico da Ponte, e do horto educa-tivo de Mariñamansa eran imaxe de portada, cunha información no interior na que recollíamos a “febre de inauguracións” en vésperas das eleccións municipais. Ademais, coñecíamos a

anulación do PXOM e a inmediata petición do Con-cello á Xunta dunha norma-tiva provisional.

Finalmente en abril Fo-mento e o Concello de Ourense asinaban o proto-colo de integración ferro-viaria da cidade, unha sina-tura á que faltaba a Xunta de Galicia. Neste número, Ourense por Barrios tamén informaba de que perigaban as festas da Ponte e daba-mos conta da recta final das obras no botánico de Mon-tealegre.

Eleccións municipaisNo número de maio as

nosas portadas recollían unha fotomontaxe sobre as eleccións municipais que se disputarían o día �� cos candidatos á alcaldía de Ourense, e no interior un a amplo especial facía segui-mento destes comicios con entrevistas aos candidatos na capital ourensá e en Bar-badás.

Ademais, neste mes saía a licitación a futura estación do AVE, as administracións local e autonómica volta-ban a reunirse para buscar unha solución á situación urbanística da cidade, e asi-nábase a cesión dos terreos para o centro de saúde do Vinteún.

As protestas dos indig-nados e as festas de Ouren-se compartían portada no número de xuño No inte-rior, recolliamos a toma de posesión como alcalde de

Francisco Rodríguez, por segunda lexislatura conse-cutiva, e entrevistabamos á nacionalista Isabel Pérez, ao novo voceiro do PP no Con-cello, Rosendo Fernández, e a Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensana, partido que por primeira vez entraba na corporación municipal. Ademais, infor-mábamos da inauguración do que estaba chamado a ser o pulmón verde da cida-de, Montealegre, que segue pechado un ano despois.

Baltar toma posesión por última vez

En xullo de �011, Ouren-se por Barrios informaba do acto de constitución da Deputación Provincial, con José Luis Baltar tomando posesión do cargo de presi-

dente por sétima (e última) vez. Tamén eran noticia as 30 ofertas presentadas ao concurso para construir a nova estación de tren, ou unha concentración en apoio ao cura Benigno Moure.

Xa en agosto informamos da apertura da nova pasa-rela entre Oira e Velle (que menos dun ano despois pe-charía varias semanas para correxir desperfectos), do falecemento de Pepe Perla, e do conflicto surxido entre os equipos de fútbol sala fe-minino Cidade e Ponte polo futuro da xogadora Vanessa Sotelo.

En setembro era portada a inauguración da estación de bombeo do Couto (aínda que non entrou en funcio-namento ata máis de medio

ano despois), e o renova-do cámping de Untes. Era tema destacado do mes o xardín botánico de Montea-legre, pois tras un incendio e as denuncias de DO e PP constatábase o estado de abandono do recinto e ape-nas 100 días despois a con-celleira de Medio Ambiente decidía pechalo ao público. Nese número tamén entre-vistábamos a Xan Carlos Fernández, da asociación ecoloxista Adega, que afir-maba ser crítico co futuro Centro de Interpretación de Parques Naturais (cuxas obras están hoxe paradas) .

Outubro de �011 foi mes de manifestacións na cida-de e así o recollíamos, ao igual que o achegamento de posturas entre Concello e Xunta sobre a integra-

ción do AVE ou a decisión do goberno municipal de non crear unha comisión de investigación sobre Mon-tealegre. Neste número en-trevistábamos ao psiquiatra Manuel Cabaleiro que criti-caba o peche de Toén, e á concelleira de Igualdade, Mónica Vázquez, que de-fendía un xulgado especí-fico de violencia de xénero para Ourense.

Eleccións xeraisEn novembro as elec-

cións xerais dábanlle o ter-ceiro escano por Ourense de novo ao PP, e tamén os sete proxectos que optaban a construir a futura estación intermodal. Por outra ban-da, unha traxedia alteraba a vida da cidade: o derrum-bamento dunha casa na rúa Vila Valencia, que ocasio-naba a norte ao seu inqui-lino. No pleno, o grupo de goberno rexeitaba levar ao xulgado aos responsables do “cambiazo” do PXOM, mais anunciaba a creación dunha comisión de políti-cos que determine respon-sabilidades.

A estrea da alta velocida-de galega era imaxe de por-tada do último número do ano. Ao mesmo tempo co-ñecíamos que o proxecto do arquitecto Norman Foster fora o elixido no concurso para construir a futura esta-ción. Neste mes, un infor-me da Cámara do Comercio aseguraba que �01� sería igual ou peor que �011.

As eleccións municipais do 22 de maio centraron portada e contidos de Ourense por Ba-rrios dese mes, e os incendios a finais do verán pasado foron portada en outubro de 2011.

especial 10º ANIVERSARIO

Redacción

Desde cando funciona a Clínica Teknos?

Borja Pérez Serrano: “Abrimos en outubro de �006, polo que imos facer seis anos”.

Por que decidistes mon-tar esta clínica?

B.P.S.: “Meu irmán (Gui-llermo) e máis eu somos os socios da clínica; el é fisio-terapeuta e eu son podólo-

go, son dúas actividades que se complementaban moi ben. Ampliamos servi-zos e incorporamos a odon-toloxía, con Marcos Bravo, que como novidade este ano vai sumar os servizos de implantoloxía e ortodoncia; e a psicoloxía, primeiro co psicólogo Alberto Gómez e agora tamén coa psicóloga e terapeuta familiar Ermitas Acevedo. E desde o ano pasado temos unha unidade

O ANUNCIANTE DO MES

Clínica Teknos4 Borja Pérez Serrano é o seu director.

de ciruxía do pé, que levo eu. Todo nunhas instalación de 300 metros cadrados, céntricas e con aparatoloxía de última xeneración”.

Como afecta á crise a un negocio como o voso?

B.P.S.: “Como en todo, a crise sempre se nota; con ela a maioría da xente re-curre a tratamentos máis básicos, como poden ser en podoloxía pequenas curas ou plantillas”.

Levádesvos anunciando no noso periódico desde a vosa apertura, por que decidistes escollernos?

B.P.S.: “Porque é un pe-riódico moi próximo, que chega á xente, ao buzón e a xente o le; é unha maneira de chegar á xente”.

De esquerda á dereita, Ermitas Acevedo (psicóloga), Borja Pérez (podólogo), Guillermo Pérez (fisioterapeuta), Marcos Braco (odontólogo) e Jennifer Malvido (recepción). Tek-nos está na praza das Mercedes e abre de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16:30 a 21 horas. Atenden con previa cita no 988 222 800.

Page 21: Agosto 2012 - OUxB

�1Ourense por BARRIOSAgosto de �01�PUBLICIDADE

Page 22: Agosto 2012 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

especial VOLTA AO COLE

Academia Proxecto axú-dache a preparar oposicións aos diferentes corpos da Administración central e autonómica.

Para o corpo de Mestres preparan tanto para as de educación infantil como de primaria; na administración de xustiza, teñen grupos para as oposicións de auxi-lio xudicial, tramitación procesal e xestión procesal; e van iniciar grupos para as oposición ao Consorcio galego.

Ademais, en Academia Proxecto apóiante na pre-paración tanto das probas de competencias clave dos niveis � e 3, como das pro-bas de B1 e B� de inglés,

nos exames do Celga e nas probas de acceso aos ciclos medios e superio-res.

Calidade, profesionali-dade, compromiso, expe-riencia e garantía son os puntos fortes desta aca-demia ourensá, que tamén ofrece axuda ao estudio, formación para empresas e formación on line.

Este centro de forma-ción que iniciou a súa an-dadura en Ourense no ano �006, está situado na rúa Amor Ruibal (zona Nosa Señora da Saínza). Para máis información, podes contactar con eles no telé-fono 988 �4 07 48 ou na web www.proxecto.es.

Academia Proxecto, o teu futuro, un pouco máis pretoPreparan oposición aos dife-rentes corpos da Administra-ción do Estado e autonómica

Hai seis meses José Ma-ría Villarmea, cofundador da que é a día de hoxe a primeira marca nacio-nal en clases particulares Mundoclases, con case 1� centros en todo o territo-rio nacional, comezou un proxecto persoal e pro-fesional moi innovador, Activatemás, unha em-presa, que lidera o mesmo Villarmea, e que ten como obxectivo a Mellora das Estratexias de Aprendi-zaxe a través da produtivi-dade persoal.

Que ben soa, enten-do que as estratexias de aprendizaxe, son o que entendemos comunmen-te por técnicas de estudo, pero a través da produ-tividade persoal?

Iso é, despois de levar máis de 17 anos no sector educativo, estou conven-cido que unha das revo-lucións que se teñen que producir nas Estratexias de Aprendizaxe dos alum-

nos é a mellora da súa pro-dutividade persoal.

Si, ben... pero que é iso da produtividade per-soal?

En contra do que pensan moitos que a produtividade persoal é traballar / estudar máis, eu diría que a produ-tividade persoal é traballar / estudar no menor tempo posible e coa maior calida-de. Ou o que é o mesmo, rendibilizar o noso tempo, mellorando a calidade do que facemos.

Fantástico, apúntome! Que aspectos craves con-sideras á hora de mellorar a produtividade nun estu-dante?

Podería citar moitos, pero creo vitais, para os estudan-tes de hoxe en día: imple-mentar unha rutina diaria de traballo; diferenciar as tarefas clave doutras me-nos importantes; mellorar a atención no estudo e no traballo; a planificación e xestión das súas tarefas,

controlar os seus ladróns do tempo...

Como dixeches? Con-trolar os seus ladróns da concentración?

Si, claro, os seus ladróns da concentración, elemen-tos internos ou externos, a maioría, que nos rouban o noso maior tesouro, a CONCENTRACIÓN. Os estudantes de hoxe en día, teñen que aprender a con-trolar eses ladróns: as dis-traccións que supón estudar co móbil á beira, o compu-tador aceso, os whastsapp, controlar e saber dicir NON aos amigos cando estamos mergullados no noso traba-llo, controlar os pensamen-tos negativos...

Tamén falas das novas tecnoloxías...

Iso é, considero que para eles poden ser elementos motivadores, que lles facili-te o traballo, por exemplo á hora de planificarse, tomar apuntamentos, organizar apuntamentos, realizar tra-

ballos etc. Acostumo ensi-narlles o potencial de certas aplicacións, que lle poden facer o estudo máis fácil.

Propuxécheste imple-mentar estas estratexias por toda España?

Ben, aos poucos, é un proxecto persoal, que com-paxino coa miña principal actividade que é a de direc-tor de Expansión en Mun-doclases, pero si, a través do blog www.activatemas.com , estou a dar a coñecer aos poucos, esta filosofía de mellora no rendemento académico, aínda que si é certo, impartín xa en varias cidades este curso. Realizo cursos, seminarios, charlas a Anpas, colexios, institu-cións educativas, etc.

Falamos de cursos, se-minarios... pero tamén realizas un traballo perso-nalizado con alumnos/as?

Si, o traballo con estu-dantes de maneira particu-lar establécese a través das Consultorías Personaliza-das, onde se realiza unha avaliación previa das estra-texias de aprendizaxe, e a partir de aí, ou ben se mol-dean as estratexias adquiri-das polos alumnos e/ou se implementan novas estra-texias e mellora da produti-vidade persoal.

Actualmente temos mo-dalidade presencial e a distancia, esta a través de internet.

Por último, a quen vai dirixido este revoluciona-rio método?

Fundamentalmente a estudantes de secundaria, bacharelato, universidade e en xeral a todo o sector educativo.

Activatemás.com, a revolución en estratexias de aprendizaxe

José María Villarmea, consultor estratéxico e fundador de Activatemás.

Unha das aulas de Academia Proxecto.

Page 23: Agosto 2012 - OUxB

�3Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

VOLTA AO COLE especial

Page 24: Agosto 2012 - OUxB

�4 Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

especial VOLTA AO COLE

O Obradoiro de Danza Clásica de formará bailaríns dende os 4 anosRedacción

O Obradoiro de Danza Clásica de Ourense ini-ciará en setembro un novo curso académico con for-mación artística especia-lizada en ballet clásico para mozos e adultos, así como danza contem-poránea, destacando es-pecialmente a disciplina de pre-ballet, para nenas e nenos a partires dos 4 anos, baixo a dirección da profesora Ana María dos Santos.

Por iso, a Asociación Cultural Obradoiro de Danza Clásica de Ourense abre o prazo de matrícula para que os alumnos inte-resados poidan inscribirse para o curso �01�-�013, entre os días 1 ao 15 de setermbro, nos locais da asociación (rúa Doutor Fléming, nº 43 - soto), en horario de 17.30 a �0.00 horas, ou ben poñéndose en contacto nos teléfonos 636 751 566 - 988 104 590, ou a través do correo electrónico: [email protected].

Especialidades deste curso

As especialidades nas que se poden inscribir os alumnos e que comezarán o día 17 de setembro son: pre-ballet, ballet clásico, ballet para adultos, danza contemporánea e compa-ñía de danza.

A Gardaría Papaventos é un centro que se inaugu-rou en marzo do ano �004, durante este tempo carac-terizámonos por ser un centro próximo e próximo aos nosos clientes, procu-rando adaptarnos ás súas necesidades.

Estamos nun amplo horario, desde as 7:30 da mañá ás 8:30 da tarde, entre os nosos servizos o principal é o primeiro ciclo de educación infan-til dos nenos desde os 3 meses até os 3 anos, con eles traballamos fichas educativas, música, teatro, contos, psicomotricidade, iniciación ao inglés, bus-

cando unha boa adaptación á vida escolar do neno, ata os 3 anos que comezan o segundo ciclo nos centros escolares.

Procuramos que o come-zo dos nenos na súa etapa educativa sexa dentro dunha contorna familiar e cariñosa, tentando que a adaptación do neno á vida educativa non sexa difícil nin para o rapaz nin para os pais, sen que afecte ao desenvolvemento do neno ao ter que separarse dos seus proxenitores para a súa incorporación á súa vida escolar.

O noso obxectivo prin-cipal é o desenvolvemento completo do neno, de todas

Gardería Papaventos: o noso obxectivo, o desenvolvemento completo do neno

as súas capacidades xa sexan intelectuais, afecti-vas, emocionais, motoras, un bo desenvolvemento social procurando como obxectivo básico que o neno sexa feliz, transmi-tíndolle valores e recursos para un completo desen-volvemento.

Entre os nosos servizos está o de comedor con co-ciña propia, a aula de psi-comotricidade, levamos e recollemos os nenos ao colexio da zona, natación, e servizo complementa-rio para nenos entre 3 e 8 anos axudándoos a rea-lizar os deberes que traen do colexio.

A gardería Papaventos atópase no número 1 da rúa San Rosendo da Ponte, xunto a unha ampla zona verde e de xogos. /ARQUIVO.

Conscientes do gran custo económico que ten para todas as familias con fillos pequenos o inicio do curso escolar, e máis este ano debido á subida do IVE do material esco-lar (salvo libros de texto) que aplicará o vindeiro 1 de setembro, en Librería Aldova queren facilitarlle a volta ao cole aos seus clientes retrasando a apli-cación desta medida ata outubro.

Así, os que merquen os numerosos utensilios que precisan os máis cativos cando voltan ás aulas du-rante os meses de agosto e setembro non verán in-crementado o prezo dos mesmos.

Pero ademais todos os que reserven os libros de texto en Librería Aldova gozarán dun 15% en ma-terial escolar.

Reserva onlineAsí mesmo, os amantes

da lectura teñen en Libre-ría Aldova o seu mellor aliado, xa que ao longo de todo o ano ofrecen rea-

lizar a reserva dos libros que desexen (sexa cal sexa a súa temática) mediante o seu correo electrónico ou a súa páxina de Facebook.

Sinxelo, cómodo e sen ter que agardar!

Todos os interesados en reservar libros de texto ou lectura só teñen que escribir un e-mail a [email protected], ou acudir direc-tamente ás súas instalacións sitas en Vicente Risco, 14.

En Librería Aldova o IVE non sobe ata o mes de outubroAdemais, este establecemen-to ofrece a posibilidade de fa-cer reservas de libros durante todo o ano mediante e-mail ou Facebook.

O encargado de Aldova co ex xogador do CD Ourense, Eder, agasallado cunha taza promocional da cidade das que venden na librería.

Page 25: Agosto 2012 - OUxB

�5Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

VOLTA AO COLE especial

Kilómetros & Millas, en colaboración coa Asocia-ción de Artesáns, deu un xiro no ensino do inglés para nenos.

Despois dunha longa xornada nos colexios, os nenos acaban cansos e queren ir ao parque a xo-gar cos seus amigos. Con todo, a maioría dos pais

considera o inglés como unha ferramenta imprescin-dible para o futuro dos seus fillos.

Como satisfacer tanto a pais como a nenos? A clave está en utilizar o xogo como ferramenta educativa.

A finalidade destas cla-ses é que os nenos adquiran comprensión e expresión

Un novo concepto: aprender inglés xogando

auditiva en inglés pero uti-lizando a canción, os con-tos, o baile e infinidade de xogos e competicións para continuar aprendendo. O inglés fluirá con naturali-dade.

O que queremos é que o primeiro contacto dun neno co inglés sexa o máis agra-dable posible.

ReservasAs clases terán lugar na

Asociación de Artesáns de Ourense, na rúa Colón nº�4 e as reservas poderanse facer no teléfono 988 �46 353.

12 e 17 setembro, datas de inicio do vindeiro curso escolar4 En infantil-primaria e secun-daria-bacharelato- FP, respecti-vamente.Redacción

O regreso ás aulas está próximo. O primeiro en re-gresar aos seus centros será o alumando de educación infantil e primaria, que o fará o mércores 1� de se-tembro. Os estudantes de secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial tardarán case unha semana máis en incorporar-se aos estudos, a Conselle-ría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixou o inicio do seu curso para o luns 17.

Para todas estas ensinan-zas o curso rematará o �1 de xuño, e terán vacacións en Nadal, Entroido e Sema-na Santa, ademais doutros seis días non lectivos, se-gundo fixa o calendario es-colar �01�/�013.

Estudos universitariosNo que respecta á Uni-

versidade de Vigo, o curso académico comprenderá do 3 de setembro ao 31 de xullo de �013, organiza-do en dous cuadrimestres, cada un de 16 semanas (o primeiro ata o �1 de dec-embro e o segundo ata o 7 de maio), máis a convoca-toria de xullo, que substitúe á antiga de setembro. Os universitarios tamén goza-rán de vacacións en Nadal, Entroido e Semana Santa.

4 Outros estudosSetembro será mes de

matriculación nas Esco-las Municipais de Idio-mas e Artes Escénicas, dependentes do Conce-llo de Ourense.

A partir do 1 de se-tembro faranse públicas as listas de admitidos na Escola Municipal de Idiomas, nos seus cursos de inglés e obradoiros de francés e italiano. As lis-taxes poden consultarse na Concellería de Edu-cación e a formalización da matrícula do alumna-do admitido realizarase entre o 17 e o �1 de se-tembro. As clases darán comezo o 1 de outubro e finalizarán o 21 de xuño.

Os prazos son seme-llantes para os preinscri-tos na Escola Municipal de Artes Escénicas: o 1 de setembro publicación de admitidos e do 17 ao �1 de setembro matricu-lación. O centro oferta os cursos de música e movemento (dous ni-veis), instrumentos (oito opcións), e artes escé-nicas (teatro de adul-tos, escolar e infantil). A actividade académica iníciase o 1 de outubro e remata o 31 de maio do ano próximo.

Primeiro día de clase nun colexio ourensán./ARQUIVO.

Page 26: Agosto 2012 - OUxB

�6 Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

Kercus empeza o novo curso con forzas renova-das e ofrecendo servizos cada vez máis variados e adaptados a estes novos tempos de crise.

Dentro dos servizos anuais, ademais das xa coñecidas aulas especiali-zadas para nenos con pro-blemas de atención, Hi-perAula; e as destinadas á mellora de habilidades de intelixencia xeral, Aula Pensa, incorpórase agora o servizo de atención a alumnos de necesidades educativas especiais.

Pertencente a este colec-tivo, céntranse nos nenos con altas capacidades in-telectuais, os cales, cunha intelixencia por encima da media, atópanse en moitas ocasións con problemas á hora de aproveitar e cana-lizar todo o seu potencial e adaptarse a un sistema escolar que non pode es-timular a súa curiosidade e capacidades como se-ría desexable. Para iso, desde Kercus trabállase dun modo integral con eles, estudando cada caso individualizadamente e

deseñando unha interven-ción que axude a fomentar nestes nenos o equilibrio emocional, social e persoal ademais do seu lado máis creativo e libre, afastado dos encorsetamentos do sistema escolar formal.

Doutra banda, en Kercus non se esquecen do resto de alumnos con necesidades educativas diversas, para os cales se realizan actuacións multidisciplinares impli-cando a logopedas, mestres e psicólogos; os cales tratan de levar a cabo un traballo feito a medida do alumno, buscando a integración e desenvolvemento harmóni-co do neno, superando as dificultades de comporta-mento, linguaxe ou calque-ra que sexan os trastornos

que estean a interferir no seu crecemento e avance académico.

Actividades puntuaisDun modo puntual, están

xa preparadas actividades para nenos como cursos de técnicas de estudo, habili-dades sociais ou mellora da atención. Para os adultos ofrécese o grupo de ansie-dade e outros cursos de cre-cemento persoal que pronto estarán en marcha.

Ademais, en Kercus son conscientes de como as fa-milias sufrirán neste comezo de curso e por iso ofrecen un desconto do 15% nas avalia-cións e consultas posteriores para todos os pacientes que presenten o cartón de de-mandante de emprego.

Kercus incorpora o sevizo de atención a alumnos de necesidades educativas especiais

especial VOLTA AO COLE

Cristina Parra e Ángeles Rodríguez, psicólogas de Kercus.

Cogumeliños estrea clases de piscina para nenos de 2 a 3 anos

A escola infantil Cogu-meliños lanza este curso unha actividade nova para os cativos de � a 3 anos: piscina. Aqueles que quei-ran poderán acudir a clases de iniciación á natación un día por semana. O resto de días, como vén sendo ha-bitual, os nenos continúan coas súas actividades de animación, como conta-contos, e outras como esti-mulación verbal ao inglés,

Fachada da escola infantil Cogumeliños.

psicomotricidade, estimu-lación temperá, ademais de asistencia psicopedagóxica.

Cogumeliños está situada na rúa Carlos Velo da urba-nización nova de Barrocás. Dispón de tres aulas indivi-dualizadas por idades (para 0-1 anos, 1-� anos e �-3 anos), ademais dunha aula para durmir a sesta e servi-zo de comedor, e os nenos están atendidos por persoal especializado.

Servizo para 3-8 anosCogumeliños tamén

oferta un servizo comple-mentario diurno, fóra do horario escolar, para me-nores de 3 a 8 anos. Nun-ha aula aparte, poderán realizar os seus deberes ou actividades lúdicas.

[Máis información sobre matriculación e

cheque infantil no teléfo-no 988 �55 955 e na web

www.cogumeliños.es]

Page 27: Agosto 2012 - OUxB

�7Ourense por BARRIOSAgosto de �01�VOLTA AO COLE especial

Os libro de texto manteñen o 4% de IVE4 A partir de setembro, material escolar como lapis, gomas, tesoiras, ou calculadoras pasa do 4 ao �1%.Redacción

O 1 de setembro aplícase a suba do IVE anunciada en xullo polo Goberno central e o sector das librarías non é alleo. Este incremento impositivo non afectará aos libros de texto, que segui-rán mantendo o 4% que ti-ñan ata agora. Ademais dos libros escolares, tamén a cadernos pequenos de cali-grafía e de vacacións, blocs de debuxo, mapas e álbums continuaráselles aplicando este tipo superreducido.

Porén, o IVE dos mate-riais de escritura (lapis, bo-lígrafos, gomas de borrar, etcétera), das calculadoras, dos instrumentos de medi-da (regras, escuadras, car-

tabones), das tesoiras e das cintas adhesivas subirá do 18% ao �1%.

A maior subida, do 4 ao �1% de IVE, sófrena os se-guintes produtos: axendas escolares, blocs de exames, cartolinas de cores, ceras plásticas, compases, cres-pón, cadernos de escritura, cubos e xoguetes lóxicos de madeira, espumas de cores, forros de libros, cadernos de caligrafía, cadernos de música pautados, papel charol, papel kraft, papel de seda, papel vexetal, pasta de modelar (plastilina), re-cambios de papel e témpe-ras. A suba afecta ao �0% do equipamento de material escolar que unha familia compra cada ano.

O sector das librarías, presidido en Ourense e en Galicia por Pilar Rodrí-guez Álvarez, acolleu con estupor o anuncio da suba do IVE en parte do mate-rial escolar. A presidenta dos libreiros comentaba, tras coñecer a noticia, que “só nos faltaba isto para terminar de condenar a un sector que xa ten bastan-tes frontes abertas entre a caída das vendas e a com-petencia desleal; ademais tantos puntos de subida de golpe fará que nos te-ñamos que esforzar máis, se cabe, para non facerlle pagar o 100% ao consu-midor, ao que se lle carga unha e outra vez coa peor parte desta crise”.

Redacción

A crise económica afec-tará tamén á volta ao cole. Os cálculos da Organiza-ción de Consumidores e Usuarios (OCU) cifran en 640 euros o custo me-dio por neno tras comprar libros e material escolar, pagar o transporte e o co-medor, a matrícula... Unha cifra que se reduce ata os 510 euros se os rapaces estudan en colexios pú-blicos e sube a 917 euros para os centros educativos concertados.

A OCU realizou un cálculo dos gastos de de-terminadas partidas que terán que asumir as fami-lias con nenos en idade escolar. Este ano a volta ao cole será máis dura pola penosa situación eco-nómica que viven moitos fogares españois e verase agravada pola redución de axudas das administra-cións autonómicas.

A OCU calculou un custo medio de 640 euros por neno para os seguintes gastos asociados á volta ao cole.

En matriculación e cotas mensuais: aínda que nos colexios públicos o custo é cero, no ensino concer-

tado a cousa cambia. É ha-bitual que exista unha ache-ga inicial anual ademais da primeira cota mensual. A media destas cotas é de 83 euros, pero pode chegar até os 315 euros.

En canto ao comedor es-colar, o seu prezo verase afectados pola suba do IVE, até alcanzar un importe me-dio de 99 euros ao mes. Nos colexios públicos reducira-se a 89 e nos concertados elévase a 1��.

Polo que respecta ao transporte escolar, a OCU calculou que os nenos que teñan que desprazarse por-que o seu centro escolar estea lonxe de casa deberán abonar un custo medio de 88 euros ao mes. Porén, o servizo é gratuíto en Galicia para os centros públicos.

O prezo do uniforme os-cila moito e en colexios

públicos é aínda pouco uti-lizado. O custo medio elé-vase até os �16 euros. Com-prando estas pezas antes de setembro, os pais poderán evitar o incremento do IVE ao �1%.

O importe dos libros va-ría duns colexios a outros, podendo os pais conseguir un aforro dependendo do establecemento onde se ad-quiran. O custo medio para un alumno de primaria é de �15 euros.

No material escolar, moi-to do cal pasa o 1 de setem-bro do 4% de IVE ao �1%, o gasto medio será de 1�4 euros (14 euros de incre-mento a causa da suba do imposto).

Por outros conceptos, o presupuesto pode subir. Por exemplo a acollida matinal -servizo que ten un custo medio de 37 euros ao mes pero que se pode disparar até os 87 nalgún colexio concertado- ou as activi-dades extraescolares, cuxo custo medio é de �0 euros ao mes.

A OCU estima o custo da volta ao cole en 640 euros por neno4 Menor no caso dun centro público (510 euros).

Escolares de infantil nun centro de Ourense./ARQUIVO.

Os libros de texto seguirán mantendo o IVE superreducido./ARQUIVO.

215 euros gasta un alumno de primaria en libros de texto

Page 28: Agosto 2012 - OUxB

�8 Ourense por BARRIOSAgosto de �01� SAÚDE

4GUÍA DE SAÚDE

Parásitos internos4VETERINARIA

Os parásitos internos (endoparásitos) son peque-nos organismos que viven no interior do corpo da nosa mascota.

Este artigo é un pequeno achegamento ao inmenso mundo dos parásitos inter-nos que poden afectar os nosos animais de compa-ñía.

Hai unha gran variabi-lidade en canto ao cadro clínico que pode manifestar a mascota, xa que hai dife-rentes tipos (destacando os vermes intestinais e os pro-tozoos), a localización que poden ter no interior do corpo é diversa (podemos atopalos en moitos órganos sendo os máis frecuentes o intestino, corazón, pulmón e músculos), e a frecuen-cia con que afectan os di-ferentes tipos de parásitos ás nosas mascotas depende de varios factores como son a idade da nosa mascota (son máis propensos a ser parasitados animais novos, principalmente polo seu es-tado inmunolóxico), o seu estado de saúde, o lugar onde viven (urbano/ rural, xa que no campo hai máis animais portadores de en-fermidades parasitarias, como poden ser os paxaros,

ratos, raposos...), a clima-toloxía (é outro factor moi importante xa que hai moi-tos parásitos internos que dependen dun axente que o introduce no interior do cor-po. Estes axentes adoitan ser as garrapatas, pulgas e mosquitos entre outros, e estes vectores dependen das condicións climáticas. Así veñen picos dunha enfermi-dade ou outra en diferentes estacións do ano).

Hai que ter en conta que se a nosa mascota está pa-rasitada non é só un pro-blema do noso amigo, pois pode afectar tamén a outros animais da súa contorna e mesmo a nós mesmos. As zoonoses son enfermidades que pode transmitirse de animais a seres humanos e o impacto que poden ter no ser humano é moi diverso, podendo chegar, mesmo, a ser mortais.

Unha das zoonoses para-sitarias máis coñecidas en España é a lombriga soli-taria. É unha enfermidade parasitaria intestinal cau-sada polas formas adultas de cestodos do xénero Tae-nia. O nome científico da solitaria é Taenia Solium ou Taenia Saginata. Púxo-selle o nome de solitaria

porque normalmente só se atopa unha forma adulta de varios metros de lonxitude no animal parasitado.

Outras zoonoses produ-cidas por parásitos moi coñecidas son as equino-cocoses, triquinoses, e a leishmanioses.

As vías de entradas no organismo do animal poden ser moi diversas. Entre elas destacan a oral, a través da pel, a xenital e a nasal. A máis usual é a oral. Un exemplo de parásitos que entran a través da pel (vía percutánea), é o ancylosto-ma caninum. As larvas ao entrar en contacto coa pel do hospedador, penetran activamente a través dela, e unha vez no interior do cor-po expándense por todo el.

Os síntomas que poden provocar os parásitos na nosa mascota son moi di-versos e as mascotas teñen respostas diferentes a un mesmo parásito. Un ani-mal que está parasitado non necesariamente ten que ter unha aparencia de “enfer-mo”, como pode ser o estar delgado, non ter brillo no pelo, ter diarrea, vómitos, etc. Se chegamos a estes síntomas, a carga parasita-ria que adoita ter o animal

é elevada... Así, podemos ter animais parasitados con protozoos intesti-nais, que nuns provocan un cadro de enfermidade moi suave e noutras dia-rreas moi intensas, que poden rematar coa vida do animal; a nosa mas-cota pode estar tusindo porque simplemente teña unha pequena traqueite s ou porque unha larva dun parásito está a atravesar o pulmón; ter estornudos por ter alerxia ao pole ou por albergar na fosa na-sal un parásito de varios centímetros chamado lin-guatula serrata; presentar diarrea por mala alimen-tación ou por protozoos que están a facer dano na parede abdominal. Así, aínda que á nosa mascota pareza que non lle pasa nada, pode albergar pa-rásitos moi perigosos.

[continúa no próximo número]

Daniel López CapasVeterinario Hospital

veterinario Abros

Redacción

Os centros de saúde do Couto e A Valenzá van ser financiados mediante fon-dos europeos que precisan dun importante cofinan-ciamento da Xunta de Ga-licia, polo que se fai ne-cesario xerar aforros que permitan acadar o importe necesario para a mesma. Así, o Diario Oficial de Galicia publicou este mes de agosto o concurso de xestión integral do man-temento, da enerxía e da dirección de obra que per-mitirá uns aforros do 17% sobre os custes actuais, informou a Consellería de Sanidade.

Sanidade considera que tanto O Couto como A Valenzá son dúas zonas de poboación emerxentes, situadas no casco urbano e periurbano de Ourense, cunha importante proxec-ción de crecemento po-boacional e que necesita-rán de novos e modernos espazos asistenciais bene-ficiando a máis de 25.000 ourensáns.

Trámites para a am-pliación do hospital

Respecto das obras a realizar no complexo hos-pitalario, o 9 de xullo ini-ciouse o estudo xeotécni-co que rematará este mes de agosto, mentres que o proxecto arquitectónico, tamén en marcha, ten que rematar en setembro, polo que con ambos estudos poderase xa licitar a obra.

Sanidade tamén ten pendente este mes de agosto licitar o concurso de servizos xerais e xes-tión enerxética do com-plexo hospitalario ligados á infraestrutura, que per-mitirá acadar os aforros necesarios para realizar o cofinanciamento que pre-cisan os fondos europeos incorporados ao Hospital �050.

Sanidade anuncia os concursos dos centros de saúde do Couto e da Valenzá4 Foron publicados xa no DOG este mes.

4 O alcalde dubida das licitacións

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, ve “confirmadas” as súas “dúbidas” e “temores” sobre os “incumplimen-tos” da Xunta de Galicia con respecto á sanidade pública na cidade. Rodrí-guez compareceu ante os medios para denunciar a falta de “vontade políti-ca” e “compromiso” con Ourense do presidente do Goberno galego, a quen acusa de incumplir as súas promesas en materia de infraestruturas sanitarias, en concreto cos centros de saúde do Couto e do Vinteún e a ampliación do CHUOU.

Refírese o rexedor ao anuncio realizados por Feijoo das próxima lici-tación do novo edificio de hospitalizacións do CHUOU e do centro de saúde do Couto, “e a día de hoxe disto non temos nada”. “Despois de catro anos, anunciouse unha li-citación (a deste centro de saúde) sen coñecer proxec-tos, prazos nin partidas orzamentarias”, recalcou. Rodríguez criticou que tampouco se saiba nada da licitación do centro de saú-de do Vinteún, “ten licenza municipal, a urbanización está rematada e o move-mento de terras feito”, polo que “hoxe mesmo podían empezar a construir”.

Falta de “credibilidade” do alcalde, para o PP

Con respecto a estas de-claracións, o voceiro do PP acusou a Rodríguez de non ter “credibilidade”. Rosendo Fernández de-fendeu que o plan director do CHUOU vaise licitar “dun día para outro” e o centro de saúde do Couto “de forma inmediata”, sen precisar máis.

Se a nosa mascota está parasitada non é só un problema do noso amigo

Page 29: Agosto 2012 - OUxB

�9Ourense por BARRIOSAgosto de �01�SOCIEDADE

Redacción

A Consellería de Traballo e Benestar destina este ano preto de 300.000 euros en axudas dirixidas prioritaria-mente a entidades que tra-ballan na provincia a favor da inclusión social, unha cifra lixeiramente superior á do exercicio anterior. A xefatura territorial deste departamento autonómico en Ourense subvencionou á totalidade de asociacións que solicitou esta liña de axudas, 16.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, vi-sitou tres destas entidades subvencionadas, nun en-

contro que serviu tamén para coñecer o traballo que realizan.

Na rolda de visitas, o Comité Cidadán Anti Sida foi o primeiro destino do delegado territorial. Esta asociación, fundada hai �0 anos, conta cunha casa de acollida con 8 prazas e un local social para aten-ción e estancia recreativa. Logo reuniuse cos respon-sables de Abeiro, que dis-pón dun local social, dun centro de día, e dun piso de apoio residencial. Por último, Rogelio Martínez acudiu ás instalacións da Asociación Ourensán de Axuda ao Toxicómano que leva traballando �4 anos no campo das toxi-comanías.

A Xunta destina preto de 300.000 euros a entidades sociais4 Entre elas, o Comité Cida-dán Anti Sida, Abeiro e Atox

Ovidio Rodeiro visita un campo de traballo O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, visitou o campo de traballo que se

desenvolveu en Ourense durante a primeira quincena de agosto. Os seus �0 participan-tes procedían de seis nacionalidades diferentes, e entre eles había galegos, pero tamén franceses, rusos ou mozos da Galicia exterior (Cuba). “Os mozos están a desenvolver unha temática, que é aproveitar os recursos turísticos e patrimoniais para poñelos en valor a través da representación teatral”, explicou Rodeiro, que enmarcou este campo de traballo na campaña de verán do departamento que dirixe, que ofertou 8.000 prazas e outras 900 para monitores e directores de tempo libre, cun investimento de algo máis de �,3 millóns de euros.

Convocatoria de axudas a asociacións de carácter socialRedacción

A Xunta de Goberno Lo-cal aprobou a convocatoria de subvencións para aque-las asociacións da cidade sen ánimo de lucro en ma-teria de benestar social.

A Concellería de Be-nestar Social destinará a este fin un orzamento de 5�.9�0 euros, sendo o obxectivo prioritario, atender as necesidades so-ciais na cidade e fomentar aquelas actividades das entidades sen ánimo de lucro que operan no eido social. O Concello quere potenciar con esta con-vocatoria todas aquelas actividades sociais que contribúan a mellorar o benestar social dos veci-ños de Ourense.

Todos aqueles intere-sados poderán presentar a súa solicitude no prazo dun mes a contar desde a súa publicación no Bole-tín Oficial da Provincia.

O director xeral de Xuventude observa a representación teatral realizada sobre a his-toria das Burgas polas participantes do campo de traballo./P.LODEIRO.

Page 30: Agosto 2012 - OUxB

30 Ourense por BARRIOSAgosto de �01� DEPORTES

R. Torres

Un comezo ilusionante é o que se pode decir do primeiro encontro de CD Ourense no seu retorno á Segunda División B.

Despois dos consabidos problemas da entidade du-rante o verán -con causa de disolución de por medio- para poder saír a competir esta tempada, no primeiro partido de liga vencen 3-1 ao filial do Atlético de Madrid e convencen á pa-rroquia ourensá. A pesar de que se contaba cunha presenza de afeccionados maior, o certo é que as ban-cadas estiveron máis cheas que a media de espectado-res que acudían ao Couto o ano pasado.

No relativo ao partido, o filial colchoneiro comezou o seu partido dominando o balón, pero de seguido o Ourense asentouse no cam-

Un comezo ilusionante4 CD Ourense comeza a súa andadura en �ªB vencendo 3-1 ao Atlético de Madrid B.

po e empezou a equilibrar a posesión. Así chegaría o primeiro gol ourensán nesta �ªB; Noguerol intérnase en diagonal na área rival e bate por baixo ao cancerbeiro Ángel, un a cero ante a alga-rabía local. Antes do descan-so, un penalti un tanto dubi-doso fixo devolver as táboas ao marcador do Couto.

No segundo tempo Lui-sito faría unhas variacións tácticas poñendo a Yebra e Álex de dobre pivote para ter máis control do tempo do partido. No minuto 53, á saída dun córner Quintairos remataría no segundo pao de cabeza o balón colocando o dous a un no electrónico. Xa no minuto 86, Sangi-nés aprovéitase dun erro da zaga visitante para, de tiro cruzado, colocar o 3 a 1 de-finitivo, e os tres primeiros puntos para un Ourense que comeza a ilusionar no retor-no á categoría de bronce.

Copa do ReiEste mércores o CD

Ourense recibe ao Ávila na primeira rolda da Copa do Rei ás �0.30 horas. Aínda que Luisito móstra-se ambicioso e quere pasar a eliminatoria, o equipo ti-tular variará con respecto ao que saltou na primeira xornada de liga.

Por outra banda o CD Guijuelo, equipo co que ten que disputar a segunda xornada o cadro “rojillo”, finalmente tomará parte da �ªB. O equipo salman-tino pedira o aprazamento do encontro da primeira xornada para encontrar as axudas económicas nece-sarias de cara a participar na competición. Logo de varias reunións o Guijue-lo pode saír a competir na categoría, polo que o Ourense non descansará na segunda xornada de liga.

Encontro do Ourense contra o Atlético de Madrid no debut na 2ªB. /RAMSÉS

EN BREVE

4COBO Club Ourense Ba-

loncesto comezou os seus adestramentos de pre-tempada. Coa plantilla ao completo Rafa Sanz porá a punto aos seus xogadores de cara á nova campaña na LEB Ouro. Andy Ogi-de estará un mes de proba para comprobar se é o pí-vot que necesita o equipo. O 11 de setembro terán o primeiro amigable contra o Breogán. Os días 14 e 15 terá lugar en Ourense a Copa Galicia na que o COB xoga a súa semifinal contra o Basket Coruña.

4AtletismoO atleta ourensán Ale-

jandro Fernández trouxo o subcampionato na proba de 5.000 metros no Cam-pionato Nacional de Atle-tismo. O seu compañeiro de club, Ignacio Sarmien-to, foi segundo nos 400 valados.

4Penedos do Lobo

O domingo 16 de se-tembro terá lugar a sétima edición da proba de mon-taña Penedos do Lobo. A proba conta con catro ca-tegorías: Maratón (4� qui-lómetros), andaina (�4), cross (�4) e BTT (44).

4MasideO domingo � de setem-

bro celébrase a VI Carrei-ra Popular e V Andaina de Maside, con saída e chega na rúa principal do muni-cipio.

Redacción

David Pérez procla-mouse campión do V Torneo Internacional de Tenis Futures Cidade de Ourense. O vallisoletán superou por un dobre 6-4 ao catalán Marc Fornell, completando unha sema-na no Club Santo Domin-go sen ceder un só set. A pesar de que era a súa primeira final deste nivel, Pérez sentíuse moi có-modo na pista logrando o triunfo final. Esta vitoria únese a un palmarés, que aos seus 18 anos contem-pla o título de campión de España nas categorías infantil (�008), cadete (�010) e júnior (�01�).

O pucelano desfíxose de Marc Fornell, vetera-no en torneos como este nos que lle avalan 14 tí-tulos individuais e máis de 50 contando os dobres, con máis de 400 partidos

David Pérez, campión do Futures4 Venceu na final de tenis do Cidade de Ourense a Marc For-nell por un dobre 6/4.

gañados fronte aos 3� de David Pérez.

Durante o partido, o mozo xogador de 18 anos dominou con solvencia, a pesar de que se lle atra-gantaron os dous primei-ros xogos. Pola súa banda, Fornell non tivo o xogo fluído de xornadas ante-riores e apenas lograba puntos gañadores. Nos dous sets, cando ía 5-4 en contra, erros impropios deste xogador condenáro-no facendo que Pérez se alzase co triunfo no Cida-de de Ourense.

O vallisoletán chegaba a Ourense no número 730 do ATP, mentres que Marc Fornell era o 6�1. Pérez vencera durante a semana a Favier, Veiga, Milton e ao campión de �011 Ló-pez Jaén. Pola súa banda, o catalán deixara polo ca-miño a Rodríguez, Colla-do, Yevseyev e ao favorito do público Crepaldi.

Pérez nun dos partidos do torneo. /RAMSÉS

Page 31: Agosto 2012 - OUxB

31Ourense por BARRIOSAgosto de �01�PUBLICIDADE

Page 32: Agosto 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

Page 33: Agosto 2012 - OUxB

Número: 110 - Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

CIDADE Páx. 6TEMA DO MES Páx.3 ENTREVISTA Páx.9TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.30

Ana Pastor anuncia que será Rajoy quen dea a data do AVE

Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas

Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM

As instalaciós deportivas dispoñen dunha piscina terapéutica e zona spa./P.LODEIRO.

O complexo de Eiroás, a punto [páx. 5]

CD Ourense comeza a liga vencendo ao Atlético de Madrid

Rubén Álvarez, novo pintor ourensán, expón no Espazo Xove

especialVolta

ao cole[páx.22-27]

Page 34: Agosto 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

Page 35: Agosto 2012 - OUxB

Número: 96 - Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.3 ENTREVISTA Páx.9TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.30

Rubén Álvarez, novo pintor ourensán, expón no Espazo Xove

CIDADE Páx.6

O tramo, de 1.650 metros, completa a circunvalación leste da cidade./P.LODEIRO.

Abre o vial Benposta-Rairo[páx.4]

Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM

especialVolta

ao cole[páx.22-27]

Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas

Ana Pastor anuncia que será Rajoy quen dea a data do AVE

CD Ourense comeza a liga vencendo ao Atlético de Madrid

Page 36: Agosto 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSAgosto de �01�

Page 37: Agosto 2012 - OUxB

Número: 59- Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 ENTREVISTA Páx.9 DEPORTES Páx. 30CIDADE Páx.6

Histórica protesta contra os recortes

especialVolta

ao cole[páx.22-27]

Rubén Álvarez, novo pintor ourensán, expón no Espazo Xove

Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM

Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas

CD Ourense comeza a liga vencendo ao Atlético de Madrid

Aspecto actual do viaduto de Arnoia, en Baños de Molgas, do tramo de alta velocidade Ourense-Lubián./RAMSÉS.

ECONOMÍA Páx.13Os empregados públicos protestan contra os recortes

A integración ferroviaria da capital segue en estudo [páx.3]

Page 38: Agosto 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSAgosto de �01�