46
Número: 115 - Ano: XI -Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2-3 SAÚDE Páx. 24 Cinco ambulatorios aumentan a oferta asistencial polas tardes Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade A VALENZÁ Páx.8 DEPORTE Páx.38 O Nadal xa está aquí [páx. 15 e páx. 39-42] Os usuarios quéixanse da pista de grava e do camiño aberto polo lateral do parque. /P.L. O CD Ourense, líder sólido tras vencer 4-0 ás Pontes Denuncian novos verquidos ao Miño e ao Barbaña BARRIOS Páx. 10 Barbadás estudará a mellora do parque dos Patos e dos Carrís Reclaman melloras para o parque do Couto [páx. 4] [páx.19] Entrevista á edil de Democracia Ourensana Susana Gómez

Marzo 2012 - OUxB

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Obras de humanización, compromisos para rehabilitar a Catedral e denuncias sobre o estado de zonas verde, fotos de portada en Ourense por Barrios. O número de marzo do periódico mensual gratuíto analiza as discrepancias entre o Goberno local e as administracións central e galega con respecto ás infraestruturas pendentes na cidade. Comezou a buzonearse o número de marzo de Ourense por Barrios, que leva ás súas portadas as obras de humanización na rúa Río Mao (Ponte Canedo), a nova senda peonil no río Loña (Centro), o compromiso da Xunta para destinar 170.000 euros á rehabilitación da Catedral (San Francisco) e as queixas dos usuarios do Parque das Aventuras do Couto polo seu estado (Couto).

Citation preview

Page 1: Marzo 2012 - OUxB

Número: 115 - Ano: XI -Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2-3 SAÚDE Páx. 24

Cinco ambulatorios aumentan a oferta asistencial polas tardes

Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade

A VALENZÁ Páx.8 DEPORTE Páx.38

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

Os usuarios quéixanse da pista de grava e do camiño aberto polo lateral do parque. /P.L.

O CD Ourense, líder sólido tras vencer 4-0 ás Pontes

Denuncian novos verquidos ao Miño e ao Barbaña

BARRIOS Páx. 10

Barbadás estudará a mellora do parque dos Patos e dos Carrís

Reclaman melloras para o parque do Couto [páx. 4]

[páx.19]

Entrevista á edil de Democracia

Ourensana Susana Gómez

Page 2: Marzo 2012 - OUxB

� Ourense por BARRIOSMarzo de �01� TEMA DO MES

O futuro das infraestruturas pendentes enfronta ao Concello de Ourense con Xunta e Goberno central4 A paralización do Centro de Interpretación dos Parques Naturais, o anuncio de que se vai estudar a viabilidade do soterramento da estación intermodal, e a falta de avances das obras no complexo cultural de San Francisco son motivos de disputa entre gobernos de diferente signo político.

Estación Empalme./ARQUIVO.

4 A estación intermodal de Ourense, no aireO anuncio da ministra de Fomento de estudar o soterramento da Estación Empalme e o seu cuestionamento sobre o custo da integra-ción ferroviaria en Ourense reabren o debate sobre posibles retrasos na chegada da alta velocidade á cidade.

Primeiro foi a reunión da ministra Ana Pastor, co presidente da Deputación, Manuel Baltar, na que acordaron que Fomen-to estude o soterramento da estación do AVE en Ourense. Logo, as de-claracións de Ana Pastor nun almorzo informativo sobre o excesivo custo da integración ferroviaria na cidade, “non é razoable”, dixo, un investimento de 500 millóns de euros nos tempos que corren. A titu-lar de Fomento tampouco quixo dar prazos concre-tos sobre a chegada da alta velocidade a Ourense.

Estas dúas noticias fixe-ron saltar as alertas no

Goberno municipal ouren-sá -tanto nos nacionalistas como nos socialistas- sobre posibles retrasos e cambios no proxecto de estación in-termodal de Ourense, adxu-dicada ao equipo do arqui-tecto Norman Foster polo Goberno central anterior cando estaba en funcións.

O alcalde pide explica-cións

A resposta do bipartito local non se fixo agardar. O alcalde, Francisco Ro-dríguez, considera que as palabras de Ana Pastor son “unha agresión a Ouren-se” que teñen por detrás un obxectivo: “aforrar 500 millóns de euros da varian-

te exterior para destinalos a outra cousa, sospeitamos ao trazado Ourense-Vigo por Cercedo”. Canto ao custo da estación, o rexedor negou que fora caro: “a verdade é que o proxecto se financia con cargo ás recalificacións de solos excedentes”.

Por isto, pediu á ministra que veña a Ourense e “que explique esta intención de eliminar a variante exterior que sacaba o tren do centro da cidade, que explique se pensa liquidar o proxecto adxudicado ao estudio de Foster, que nos explique se xa ten decidido incumplir o Pacto do Obradoiro en can-to a retrasar o proxecto que estaba previsto para �015”.

Paula Lodeiro

Tres infraestruturas en-frontan ao Goberno local de Ourense - de cor socialista e nacionalista- cos Gober-nos centrais e autonómicos - en mans dos populares. Son o Centro de Interpre-tación de Parques Naturais, o acceso ao claustro de San Francisco e a futura esta-ción intermodal de Ourense e integración ferroviaria da cidade.

Os primeiros acusan aos segundos de paralizacións ou retrasos en “proxectos que son vitais e claves para o desenvolvemento econó-mico da cidade”, apuntaba nun comunicado o BNG. O propio Goberno municipal denunciaba “a sistemática confabulación para discri-minar á cidade de Ourense dende os gobernos do PP, tanto do Estado como da Xunta, co máis absoluto desprezo cara á cidadanía da terceira cidade de Galicia, e que contan coa complicida-de do silencio culpable dos populares a nivel local, con cero euros en licitación de obras do Goberno Central

no presente ano �01�”. Nes-te sentido, o alcalde apunta que non hai motivos para a paralización destas actua-cións, “son proxectos que estaban con financiación no ano anterior, estaban desen-volvéndose, algún deles con fondos europeos”, dixo.

A versión dos popularesOs segundos, isto é, os

populares, negan a maior e botan as culpas no tellado do Concello de Ourense.

Así, e no caso do Cen-tro de Interpretación dos Parques Naturais, o vocei-ro popular no Concello de Ourense, Rosendo Fernán-dez, culpou ao Goberno local de ser o responsable do retraso no comezo das obras, que deron inicio en �011. No que respecta ás obras no complexo de San Francisco, para o voceiro popular, PSOE e BNG de-dícanse a crear “alarma so-cial”.

No que si coincide o PP ourensán con estas forma-cións políticas é na impor-tancia destas dúas infraes-truturas. Con respecto ao Centro de Interpretación de

Parques Naturais, Rosendo Fernández cre que é preci-so que se finalice pois “o despilfarro sería maior se non se remata”, e en canto a San Francisco, Fernández prometeu velar “para que o Goberno Central manteña esta importante infraestru-tura cultural entre as súas prioridades”.

E en canto ao AVE, Fer-nández non cre que o estu-do do soterramento da esta-ción teña por que retrasar a chegada da alta velocidade á capital ourensá. O vocei-ro popular defende que “é de sentido común e un acto de responsabilidade” que o presidente da Deputación quixera reunirse coa minis-tra de Fomento, como así o fixo.

Quen non se reuniu coa ministra, aínda que si ten solicitado entrevista, é o rexedor ourensán. Francisco Rodríguez vén de mandarlle unha carta a Ana Pastor na que a invita “a desprazarse á nosa cidade a fin de explicar o estado da cuestión e o plan de traballo do Ministerio para executar os proxectos comprometidos”.

A ministra de Fomento recibiu no seu despacho ao presi-dente da Deputación de Ourense.

4Posicionamento da CEO

A CEO fixo pública a súa postura con respecto á chegada da alta velocida-de. “Non é unha cuestión de prazos. A prioridade e a clave están en lograr a ex-celencia na súa planifica-ción. A maior infraestru-tura da historia non pode despacharse co acordo máis raquítico da súa exis-tencia, con independencia do partido que goberne”.

Page 3: Marzo 2012 - OUxB

�Ourense por BARRIOSMarzo de �01�TEMA DO MES

O futuro das infraestruturas pendentes enfronta ao Concello de Ourense con Xunta e Goberno central4 A paralización do Centro de Interpretación dos Parques Naturais, o anuncio de que se vai estudar a viabilidade do soterramento da estación intermodal, e a falta de avances das obras no complexo cultural de San Francisco son motivos de disputa entre gobernos de diferente signo político.

Estrutura construida do Centro de Interpretación de Parques Naturais./P.LODEIRO.Claustro de San Francisco./ARQUIVO.

4 Obra de acceso ao claustro de San FranciscoO Goberno municipal denuncia a paralización das obras e o PP re-plícalle que “é imposible falar de ‘paralización’ de proxectos cando non hai proceso de licitación ou adxudicación”.

O alcalde de Ourense denunciou que o Goberno central paralizou “sen nin-gún tipo de explicación” as obras para abrir un acceso ao claustro de San Francis-co. Algo que refuta o PP: “é imposible falar de ‘parali-zación’ de proxectos cando non hai proceso de licita-ción ou adxudicación dos mesmos”, indican os popu-lares nun comunicado.

A actuación á que se re-firen é o acondicionamen-to dun acceso ao claustro do antigo convento de San Francisco, para poder abrir ao público este ben de inte-rese cultural mentres se exe-cutan as obras da biblioteca pública e arquivo histórico de Ourense. Neste proxecto íanse investir de 150.459

euros e fora redactado po-los mesmos arquitectos que se encargan da reforma de todo o complexo cultural de San Francisco, que está pendente de consignación económica nos Orzamentos do Estado para �01�.

Con licenza municipalA obra, previamente

acordada polo Concello e o Ministerio de Cultura, con-ta con licenza municipal outorgada o � de novembro do ano pasado, polo que actualmente debería atopar-se en fase de adxudicación das obras por parte do Mi-nisterio de Cultura, indican desde o Goberno local.

Porén, o grupo popular de Ourense achega outra ver-sión. O seu voceiro púxose

en contacto coa Secretaría de Estado de Cultura, e recibiu a confirmación por parte deste departamento gubernamental de que non existe, a data de hoxe, nin-gún proceso aberto de lici-tación ou adxudicación do devandito proxecto de ac-ceso provisional ao claus-tro gótico.“Minte, polo tanto, o señor Alcalde can-do fala de ‘paralización’, cando o que en realidade sucedeu foi que o Goberno de Zapatero non lle impri-miu a mesma celeridade a este proxecto que ao da Estación do AVE, debido a que a presión do alcalde non foi nin moito menos a mesma para ambos os dous proxectos”, recalca Rosendo Fernández.

4 Centro de Interpretación de Parques NaturaisO alcalde alerta da perda dunha subvención finalista de sete millóns de euros de fondos europeos se non se remata a infraestrutura.

A paralización da cons-trucción do Centro de In-terpretación de Parques Naturais en Eirasvedras podería obrigar á devo-lución da subvención de sete millóns de euros de fondos europeos coa que se financia, cifra na que se inclúe o investimento xa realizado na estrutura do edificio (2,4 millóns de euros).

O alcalde de Ouren-se, Francisco Rodríguez, considera “unha falta de sentido institucional” por parte do Goberno central e “unha nova desconside-ración cara á nosa cidade” por parte da Xunta de Ga-licia o feito de non terlle comunicado oficialmente ao Concello de Ourense os motivos da paraliza-

ción desta obra. O rexedor confirmou que o Goberno estatal comunicou a orde de paralización á empresa que realizaba as obras, Tragsa, o �1 de decembro, ao non ter firmado a Xunta o reaxuste das anualidades para sufra-gar a obra proposto por Ma-drid. De feito, este mes de marzo a empresa comezou a retirar grúas, andamiaxes, e seguridade da obra, ubica-da en Eirasvedras.

O político socialista aler-ta ademais do “grave de-terioro na urbanización e desenvolvemento da zona termal” na que se enmarca o edificio, de quedar a me-dio construir, engadindo tamén que a paralización “invalida o acordo de ce-sión” dos terreos por parte do Concello.

Disposto a considerar outros usos

Con todo, o alcalde ouren-sán insistiu en que estaría disposto a analizar coas outras dúas administracións “unha readaptación do uso final” do edificio, sempre insistindo en que “non po-demos perder a identidade do proxecto que percibiu esa subvención” (que é de carácter finalista).

En relación a esta obra, os socialistas xa presentaron no Parlamento galego unha pregunta urxente sobre a razón da paralización, e unha proposición non de lei instando á Xunta “a reali-zar cantas actuacións sexan necesarias para garantir a finalización das obras deste centro nos prazos compro-metidos”.

Page 4: Marzo 2012 - OUxB

4 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� BARRIOS

Reclaman melloras para o parque das aventuras do Couto4 Un grupo de usuarios do parque do Couto -denominado das aventuras- denuncian o mal estado e as carencias desta zona verde, situada entre as pontes Ribeiriño e do Milenio.P.L.

A fonte non bota auga desde que se executaron as obras de construcción da estación de bombeo do couto, o céspede está seco

en varias zonas malia dis-por de sistema de rego, os rapaces deben xogar nunha pista de grava e varias faro-las non iluminan. “A xente maior deixa de vir aquí”, explica un usuario, “ao non

ter onde beber, nin un baño, nin unha mesa para xogar ás cartas”.

Os defensores do par-que das aventuras tamén se opoñen á nova pista que conecta, cruzando o parque, coa estación de bombeo. Piden que a anulen e que constrúan un novo acceso á estación pola rúa Francis-co Llorens para evitar que vehículos circulen por esta zona axardinada. Tamén lles gustaría que pecharan con setos a beira que lin-da coa N-1�0, “nin un pai deixa vir os nenos porque poden escapar para aí”, si-nala este usuario do parque. En relación a esta estrada, piden que se pinte un paso de peóns ou se cree un ac-ceso ao paseo das Ninfas.

Na outra parte do parque

das aventuras, a que queda entre a rúa Bispo Lourenzo e o acceso centro- reclaman que se poña en funciona-mento os baños existentes e que nunca foron abertos, ao estar vinculado o seu mantemento ao dun quios-co-cafetería que tampouco nunca funcionou e que ago-ra a Concellería de Medio Ambiente emprega como almacen.

Retirada de estruturasXusto nesta zona a Con-

cellería de Medio Ambiente vén de retirar as estruturas de formigón que non cum-prían a normativa de segu-ridade de zonas de xogo infantís.

“Estamos cansados por-que os do barrio do Couto temos os mesmos dereitos que os do Parque de San

Lázaro, pagamos os impos-tos igual”, apunta este mes-mo usuario. En definitiva, o que queren é que, estando o parque nunha das entradas

Os usuarios quéixanse da pista de grava e do camiño aberto polo lateral do parque./P.L.

A fonte do parque non bota auga./P.L.

principais de Ourense, sexa máis mimado polos dirixin-tes municipais, ao ser unha carta de presentación da ci-dade para os visitantes.

Page 5: Marzo 2012 - OUxB

5Ourense por BARRIOSMarzo de �01�BARRIOS

12 veciños das Caldas serán desaloxados durante un ano4 O Concello vén de aprobar o derribo parcial do no número �6 desta rúa. Redacción

A Xunta de Goberno Lo-cal do Concello de Ourense aprobou o proxecto de de-molición parcial e recons-trución do edificio sito no número �6 da Avenida das Caldas, ordeada por senten-za do Tribunal Supremo, despois de que os tribunais de xustiza anularan a licen-za do inmoble, que databa de 1987.

Esta demolición, que de-berá estar rematada antes do 1 de xullo, esixe que os 1� veciños residentes no inmoble estean realoxados antes de finais de abril, polo que o Concello xa está a procurarlles pisos (cuxo aluguer correrá a cargo do órgano municipal) nos que

habitar durante o ano que durará o proceso de derribo e reconstrución do edificio pontino.

Unha obra que suporá un custo total de máis de 44�.000 euros que o con-cello, malia que foi o res-ponsable de concederlle a licenza correspondente, busca que asuma o pro-motor orixinal do inmoble, “xa que vendeu pisos cunha superficie maior á que vai quedar”, explicou a conce-lleira de Urbanismo, Aurea Soto.

Así mesmo, durante os meses de marzo e abril, pro-cederase ás peritaxes dos tres edificio colindantes co número �6 de cara ás posi-bles reclamacións posterio-res á obra de demolición.

4 Traslado da parada de taxis á praza da Mariña

A Brigada de Tráfico do Concello de Ourense vén de reubicar a parada de taxis, tradicionalmente si-tuada no cruce da avenida de Santiago coa rúa Río Xares, na céntrica praza da Mariña. Este cambio de ubicación responde ás peti-cións realizadas polos veci-ños e taxistas da zona, que demandaban o cambio para mellorar a accesibilidade e proximidade da parada.

Por outra banda, o Con-cello instalou unha nova marquesina na parada de buses da Alameda, que resgardará os seus usua-rios das inclemencias me-teorolóxicas.

Alcalde e concelleiros do PSdeG e do BNG acudiron á visita á rúa Río Mao./P.L.

Río Mao está de estrea4 A zona axardinada aumen-tou un 40% trala humanización do vial.P.Lodeiro

O alcalde e boa parte dos concelleiros socialis-tas e nacionalistas acudi-ron este mes á rúa Río Mao do Vinteún a comprobar o resultado das obras de humanización executadas. Un incremento das zonas verdes dun 40% nunha área que carecía delas é o aspec-to máis destacado dunha actuación na que tamén se colocou novo mobiliario urbano, se renovaron as luminarias e a sinaléctica

Nas obras de re-forma investíron-se 900.000 euros

e e se reconverteu a rúa en unidireccional, co fin de mellorar a fluidez do tráfico rodado.

Financiación Xunta-Concello

En total, 909.7�9 euros de orzamento para unha obra financiada grazas a un convenio asinado entre o Concello e a Consellería de Vivenda da anterior Xunta. Aspecto que destacou na súa visita á zona o rexedor ourensán, quen enmarcou esta actuación “na liña de ir

dotando aos barrios dunhas obras que incidan na calida-de de vida dos cidadáns, que teñan as mesmas condicións

que o centro” e animou aos veciños “a disfrutar dela”. A obra será recepcionada a final de mes.

A historiaO edificio do número 36

das Caldas foi construí-do con licenza municipal concedida por acordo de comisión de goberno en maio de 1987. En novem-bro de 1998 unha sentenza xudicial anulou a licenza, e en setembro de 1999 unha sentenza do Tribunal Supremo ordenou a de-molición. Posteriormente, en decembro de �005, un auto do Tribunal Supe-rior de Xustiza de Galicia desestimou a solicitude de inexecución da sentenza e, en febreiro de �011, o mesmo tribunal ordeou que continuaran as actua-cións para a demolición parcial do edificio.

Redacción

Veñen de comezar as obras de abastecemento de auga na zona de Oira. Tras as medicións topográfi-cas, os operarios pasaron

aos labores de desbroce e movementos de terras que se están a desenvolver ac-tualmente.

O obxectivo destas obras é dotar ao municipio de Ourense dun sistema de

Inicíaronse as obras de abastecemento4Garantirán auga de calidade para unha poboación de 140.000 habitantes.

abastecemento, conforma-do por captación, transpor-te, tratamento e almacena-mento de auga potable en cantidade e coa calidade suficiente, para garantir o consumo dunha poboación de 140.000 habitantes.

En detalle, os traballos consisitirán nunha nova captación e bombeo na marxe dereita do Miño, e a condución dende a cap-tación á unha Estación de Tratamento de Auga Pota-ble nos Coiñás, dende onde se producirá o bombeo e condución da auga ata un novo depósito en Eiroás. Tamén se ampliará o bom-beo existente na captación da marxe esquerda do Miño e se construirá unha con-dución do bombeo desde Montealegre ata un novo depósito nas Caracocha.

O investimento total ronda os �0 millóns de euros, cantidade achegada nun �5% polo Concello e o restante por AcuaNorte, mediante fondos propios e europeos.Cartel que anuncia as obras en Oira./R.T.

Page 6: Marzo 2012 - OUxB

6 Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

EN BREVE

4Prevista para este mes a licitación da depuradora

A licitación completa da nova depuradora de Ourense está prevista para este mes. As previsións da Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas del Norte (AcuaNorte) son comezar as obras en xuño de �01� e que a infraestrutura entre en servizo en decembro de �015.

A obra precisa dun in-vestimento de 67 millóns de euros, achegados entre o Concello, AcuaNorte, e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas.

4 Viaxes gratuí-tos para os clientes da Praza

Desde o � de abril, os clientes da Praza de Abastos poderán viaxar de maneira gratuíta no transporte urbano. A tra-vés do proxecto “Pro-ductos frescos, transporte sostible”, todos os días nos que abren os postos do mercado municipal -de luns a sábado, de 8 h. a 15 h. agás as floristerías e os baixos da Alameda-, aqueles clientes que fagan un gasto de máis de 10 euros serán obsequiados cun billete para viaxar no autobús urbano. Un total de 19 liñas paran a diario na parada da Alameda, cunha frecuencia dun au-tobús cada sete minutos.

A esta iniciativa xa se sumaron un 80% dos pos-tos actuais da praza (máis de 60 dos 80 postos totais), nos que se vende todo tipo de produtos.

4 Actividades en Carlasca

A Asociación Carlasca abre durante abril a ins-crición previa para as ac-tividades que organizará o próximo curso: cociña, ximnasia, manualidades, memoria, pandereita, bai-le, inglés oral e informá-tica básica, e as escolas deportivas de fútbol-sala, xadrez e teatro.

A inscrición pode rea-lizarse nos locais da aso-ciación de 17 a 19 horas todos os días da semana.

BARRIOS

Redacción

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o compromiso por parte do Concello de Ourense de participar no financiamen-to das obras de remodela-ción da Praza de Abastos número 1 da cidade, en caso de que o Ministerio de Fomento financie esta obra con cargo ao 1% de investimentos que destina a proxectos de protección do patrimonio cultural.

O Concello asumiría a cuarta parte

O Concello de Ourense, pola súa banda, compro-métese no seu acordo a

A remodelación da Praza de Abastos depende do acordo entre Concello e Fomento4 O órgano municipal asumiría o �5% do investimento.

achegar a súa parte, un �5% do custo total subvenciona-ble polo Ministerio.

En total, o proxecto de remodelación da Praza de Abastos número 1 e ámbito do Rianxo ten un orzamento duns 1� millóns de euros, dos que 5 millóns concreta-ríanse no edificio histórico, o cal, precisamente, corres-ponde á parte da instalación que pode optar ó financia-mento do Ministerio de Fomento con cargo ao 1% cultural, xa que a norma que regula este tipo de subven-cións indica que só se pode actuar en “inmobles declara-dos ben de interese cultural ou categoría asimilable”.

Neste intre, o órgano mu-

nicipal ourensán está á es-pera da resposta da Comi-sión de Patrimonio, a quen lle presentou este proxecto co fin de acadar o seu visto bo.

Posta en valor dos mer-cados tradicionais

A remodelación da Pra-za de Abastos constitúe un proxecto estratéxico que persegue a posta en valor dos mercados tra-dicionais da cidade, así como para o desenvolve-mento do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do conxunto do Ben de Interese Cultural formado polas fontes das Burgas e o seu contorno.

As compras en pesetas, todo un éxitoSe antes a xente atesouraba algunhas decenas de miles de pesetas no caixón como un

resto prezado do pasado, hoxe os antigos billetes e duros están a saír á palestra, e a peseta demostra que aínda ten valor no mercado, pero non só o de troco ou o de coleccionismo, senón tamén no comercio. De feito, a Praza de Abastos de Ourense recadou dende que puxo en marcha a súa campaña “Acá volve a peseta” máis dun millón delas, unha ini-ciativa coa que os comerciantes continuarán até o �0 de abril, aínda que non descartan que se prolongue durante máis tempo ante a exitosa acollida que está a recibir.

Máis de �5 establecementos da Praza están a participar nesta campaña, dando a opor-tunidade a todas aquelas persoas que teñan pesetas esquecidas na casa a que as poidan utilizar sen gastar un euro e así combater a crise económica. Os comerciantes demostran estar moi satisfeitos e contentos coa boa acollida da campaña, que non só revitalizou as compras senón que está conseguindo que novos clientes se acheguen polo mercado.

Unha usuaria da Praza pagando en pesetas.

Redacción

Durante a madrugada do 7 de marzo a zona do Rianxo do Mercado de Abastos ourensán viuse afectada pola caída dunha árbore.

Segundo informaron desde a asociación de comerciantes da Praza, nesta zona é habitual o desprendemento de ramas debido ao tamaño e falta de poda, causando danos constantemente de diversa índole e contía, resultando especialmente perigoso para clientese comercian-tes ao tratarse dunha zona de tránsito constante.

Poda inminenteAnte tal situación de

perigo, o Concello actuou con rapidez dispondo todo para realizar unha poda os días 1� e 19 de marzo

(durante os cales o Rianxo permaneceu pechado); unha medida que foi aplau-dida polos comerciantes da Praza de Abastos, xa que se trata dunha vella reivindica-ción precisa para mellorar as condicións e seguridade nesta parte do mercado.

Despréndese unha árbore no Rianxo

Parte dunha das árbores que tivo que ser podada.

4 Premio ao mellor praceiro

Antonio Gómez Rey, co-merciante de Frutas Elisa, da zona do Rianxo, tivo a honra de ser elixido polos seus clientes como “Mellor Praceiro �011” da Praza de Abastos de Ourense.

Esta iniciativa da Di-rección Xeral de Comer-cio, recoñece o mérito dos praceiros, a calidade, o bo servizo e a atención perso-nalizada que se ofrece nos mercados municipais.

Page 7: Marzo 2012 - OUxB

7Ourense por BARRIOSMarzo de �01�PUBLICIDADE

Page 8: Marzo 2012 - OUxB

8 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� BARRIOS

Redacción

A Xunta de Galicia vén de aprobar a súa colabora-ción técnica e económica co Concello de Barbadás para realizar a obra de mellora do firme da OU-540, antiga estrada de Celanova, ao seu paso polo devandito conce-llo, nun tramo de 846 metros que corresponde á vía prin-cipal de comunicación entre os dous núcleos máis impor-tantes da zona, A Valenzá e Bentraces.

Reparación do firme e sinalización

Na actualidade esta vía presenta unha considerable deterioración no que res-pecta ás características do estado do firme, o que com-promete a seguridade viaria deste treito.

A Consellería de Medio Ambiente reparará a OU-540 ao seu paso por Barbadás4 Correxirá o firme e a sinalización.

A obra de mellor centra-rase no fresado do firme, es-tendido de mestura bitumi-nosa en quente e colocación de sinalización e balizamen-to. As previsións da Conse-llería de Medio Ambiente son adxudicar a obra nun mes para, unha vez asinado o contrato, iniciar os traba-llos este mesmo verán.

A Xunta comprométese a financiar esta actuacións, licitala e executala (o in-vestimento é de ��1.�74 euros), mentres o Con-cello de Barbadás deberá proporcionar os terreos necesarios, libres de car-gas, para a execución das obras; e responsabilizarase da conservación do tramo.

Redacción

No pleno ordinario da corporación municipal de Barbadás celebrado o luns 5 de marzo aprobouse por unanimidade unha moción do BNG na que solicitaba que se procedese “coa ce-leridade debida” á correcta

O pleno aproba a mellora da rúa Tomás Rodríguez Punxín

urbanización da Rúa To-más Rodríguez Punxín da Valenzá, coa construción de beirarrúas pola banda dos números impares da mesma, unha mellora do firme e da iluminación e a regulamentación dos es-tacionamentos dos vehícu-los.

Rúa Tomás Rodríguez Punxín da Valenzá./RAMSÉS.

A proposta incluía, ade-mais, a instalación dun paso de peóns elevado debidamente sinalizado, “para que se poidan redu-cir dunha vez as impru-dencias de velocidades excesivas que están a orde do día”.

Avalada con sinaturasEsta proposta nacio-

nalista foi avalada con ducias de sinaturas de veciños e comerciantes, que se beneficiarán desta mellora.

A antiga estrada de Celanova cruza A Valenzá./R.T.

Redacción

O grupo de goberno do Concello de Barbadás asu-miu durante o pleno do mes de marzo o contido de todas as mocións que o Partido Socialista pre-sentou para o seu debate no mesmo. Así, a inicia-tiva do grupo encabezado por Xosé Carlos Valcárcel de establecer unha taxa para os caixeiros automá-ticos que estean situados na vía pública contou co acordo unánime de todas as formacións políticas. O alcalde, José Manuel Frei-re Couto, anticipou, con todo, que “o Concello fará un estudo para establecer esta taxa en función de factores coma o número de habitantes, o número de caixeiros e outros aspectos que indiquen os técnicos”.

Pola súa banda, as outras dúas iniciativas dos socialistas non logra-ron abertamente o apoio do goberno de Barbadás, nembargantes, o rexedor municipal asegurou que “recollo o guante de pro-postas plantexadas para levalas a cabo en función da dispoñibilidade econó-mica e técnica”.

Zona verde do entorno do río dos Muíños

Unha destas mocións do PSdeG buscaba a mellora integral do conxunto da área de esparcemento co-ñecida como Os Patos. En canto á cal Freire Couto recurriu “á mesma resposta encasillada”, din os socia-listas, que consiste en ase-gurar que “tomamos nota”.

En relación a este espa-zo os socialistas puxeron sobre a mesa “a necesi-dade de acometer unha mellora no que se refire a parques infantís, limpeza do cauce, mobiliario ur-bán e adecentamento do entorno”.

O campo de fútbol dos Carrís

A segunda das propostas

O concello de Barba-dás celebrou un pleno ex-traordinario con motivo do novo regulamento da gar-dería municipal, que pasou a titularidade pública.

O centro, creado en �004, estaba sendo financiado polo concello (que ache-gaba 100.0000 euros ao ano), as familias (80.000) e a Xunta (50.000). Pero, segundo explicou o alcal-de a empresa privada que a xestionaba “viuse incapaz de continuar ao seu fren-te cando a Xunta pasou a aportar 50.000 euros, a metade do que achegaba antes”.

Neste sendo, a nacio-nalista Ánxela González solicitou ao goberno mu-nicipal unha explicación do “custo que aos veciños de Barbadás lles vai a su-por o rescate desta escola”. Segundo afirma, “ a única resposta que obtiven ao respecto do alcalde foi o insulto e a descalificación, xa que asegurou que eu estaba frustrada”. Unha reacción que ao enten-der de González mostra a “ incapacidade do señor Freire Couto de dar a cara

O goberno de Barbadás estudiará a mellora da zona dos Patos e o campo dos Carrís4 Así mesmo, aprobou a implantación dunha taxa para os caixeiros sitos na vía pública.

socialistas que será estudia-da polo goberno municipal baseábase na mellora do campo de fútbol da Valen-zá, en canto ao cal sinalan que “presenta defectos e carencias que, segundos os informes técnicos, fan que estas instalacións de-portivas non cumpran coa normativa vixente”, polo que reclamaban o acondi-cionamento axeitado da iluminación, sinalización, accesibilidade, seguridade e mobiliario do campo da Valenzá.

Suba da taxa pola Es-cola de Música

Nesta mesma sesión, os socialistas foron moi crí-ticos coa suba do 85% da taxa da Escola de música. Xosé Carlos Valcárcel con-

siderou este novo incre-mento (o sexto en 9 meses) “coma unha afrenta á cida-danía nun momento com-plicado económicamente”. Para o socialista “por cul-pa de Freire Couto volve a repercutir sobre as familias unha decisión meramente técnica e economicista”.

e a ineficiencia do goberno actual, polo que solicitamos a dimisión do alcalde e do seu grupo de goberno”.

Unha gardería orza-mentada, pero descoñe-cida

Así mesmo, os naciona-listas solicitaron unha expli-cación sobre outra gardería municipal, orzamentada e publicada no BOE en �009, pero da que non se sabía nada en Barbadás.

“Cada ano quedan case 50 nenos sen praza nas gar-derías do municipio, polo que este centro, con 8� prazas públicas, permitiría darlle cobertura a todos”, explicou Ánxela González.

A este respecto o rexe-dor municipal aclarou que “existiu unha posibilidade relativa de crear esta gar-dería, xa que logo de ser orzamentada agudizouse a crise e non foi posible cons-truíla”. En canto aos nenos s que non poden gozar de servizo de gardería no con-cello, Freire Couto é claro, “é imposible dar cobertura pública ao 100% dos rapa-ces porque en Barbadás na-cen moitos cada ano”.

X.C.Valcárcel

4A gardería municipal, a debate

Page 9: Marzo 2012 - OUxB

9Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

A Xunta executará os dous millóns de euros pendentes para obras en rúas ourensás4 Trátase das rúas Emilia Pardo Bazán, da Granxa, Seixalbo e a avenida de Buenos Aires.Redacción

O Parlamento galego vén de aprobar unha iniciativa socialista para que a Xunta execute os dous millóns de euros pendentes para obras de humanización en diver-sas rúas de Ourense, que derivan dun convenio de 8 millóns asinado en �008.

Neste senso, o portavoz de Infraestruturas socialista, Pablo López Vidal apuntou

que, logo dun investimento de seis millóns de euros na cidade, “aínda fican sen in-vestir outros dous millóns para a humanización da rúa Emilia Pardo Bazán, a rúa da Granxa – rúa de Santa Mari-ña, a rúa Seixalbo e a aveni-da de Buenos Aires – estrada de Ponferrada.

A proposta aprobada ago-ra insta á Xunta a formali-zar unha addenda a aquel convenio de colaboración

para executar estas obras de urbanización “incluíndo a posible modificación do proxecto da rúa Seixalbo, actualizando a dispoñibili-dade dos terreos”.

Neste último caso, a ac-tuación prevista na estrada OU-105 de titularidade au-tonómica, o proxecto debe ser modificado xa que non é posible poñer a disposición os terreos previstos pola anulación do PXOM.

Redacción

O �1 de marzo conme-morouse o Día Mundial da Árbore e Ourense sumouse a esta celebración, con plan-tacións de árbores e reparto de exemplares.

Desde o Concello foron varios os actos organiza-dos. Por unha banda a con-celleira de Medio Ambien-te, Marta Arribas, realizou unha plantación simbólica na rúa Antón Faílde, nas Lagoas, que marca o inicio da tempada de reposición e plantación de novas espe-cies arbóreas. A propia edil participou ademais noutra plantación no parque Ri-beiriño xunto a escolares do colexio de Mende. Os exemplares escollidos, nove, correspondían a bi-dueiros, lodoeiros e faias.

Ourense celebrou o Día da Árbore con actos desde Seixalbo ás Lagoas4 A Deputación repartiu �.000 exemplares de carballos e castiñeiros.

Tamén desde o Conce-llo se organizou unha ho-menaxe á Alameda coa recuperación das árbores que lle deron nome. Dous álamos cos que se preten-deu recuperar a tradición do nome da contorna, pois na actualidade a Alameda non contaba con ningunha árbores desta especie. Esta experiencia xa foi posta en marcha fai dous anos coa plantación de érbedos na rúa Ervedelo.

Reparto de exemplaresPola súa banda, a Depu-

tación Provincial participou nesta data sinalada repartin-do entre os ourensáns que pasaron polo stand instala-do no Paseo, máis de �.000 exemplares de castiñeiros e carballos.

E desde a Delegación da

Xunta, achegouse un grao de area máis a esta con-memoración, cunha nova plantación de árbores, neste caso no colexio de Seixalbo. Uns 50 alumnos deste centro educativo, axudados polos responsa-bles do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural e do Mar e das bri-gadas forestais, plantaron medio cento de árbores, entre eles cerdeiras, bi-dueiros e castiñeiros.

Os rapaces aprenderon a plantar unha árbore pero tamén recibiron informa-ción sobre como coidar s montes e recomendacións sobre a importancia da reforestación ou de non deixar lixo no monte,ou as funcións dos axentes forestais e como actúan en caso de incendio.

Rogelio Martínez plantando unha árbore cun grupo de es-colares de Seixalbo.

Alumnado do colexio de Mende acompañou á concelleira de Medio Ambiente, Marta Arribas, nunha plantación no parque ao carón da ponte Romana.

BARRIOS

4 Tempada de plantación

Coa chegada da prima-vera, chega tamén a épo-ca da plantación de novas especies e reposición das árbores naquelas zonas onde é preciso. Por este motivo, técnicos da Con-cellería de Medio Am-biente iniciaron os traba-llos para fixar un total de ��9 árbores, o que supón 149 árbores máis que no �011. Esta plantación de novos exemplares, repár-tese en diferentes zonas da cidade, e moitos deles co-rresponden a reposicións debido a actos vandálicos.

En termos absolutos, o número total de árbores na capital ourensá é de �.750, repartidos da seguinte maneira: 650 árbores no Centro e As Lagoas, �95 exemplares en San Fran-cisco e no Casco Vello, 1.1�1 árbores nos barrios do Couto e A Carballeira:, 8�0 árbores na Cuña e na Ponte outros 764 exem-plares.

A capital ourensá ten 3.750 árbores

Page 10: Marzo 2012 - OUxB

10 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� BARRIOS

O verquido era visible ao longo de 300 metros do Miño, ata chegar a enfronte da Chavasqueira

Redacción

A concelleira de Parti-cipación Cidadá, María Devesa, a edil de Limpe-za, Susana Bayo, o conce-lleiro de Perímetro Rural, Antonio Penín, e técnicos municipais mantiveron unha xuntanza con repre-sentantes da asociación de veciños parroquial Santa Lucía de Rairo. O obxec-tivo da xuntanza era coñe-cer de primeira man as de-mandas dos veciños desta zona, e tentar de buscar de darlles a mellor resposta na medida das posibili-dades. Esta é a asociación que representa na actua-lidade á totalidade dos veciños de Rairo, xa que nela confluíron as dúas asociacións anteriormente existentes.

Na xuntanza, mantida no propio local da asocia-ción, os veciños traslada-ron propostas e demandas de melloras en materia de limpeza (cambio de ubi-cación de contenedores e sustitución dalgún deles por outros máis peque-nos), a reposición da mar-quesina existente na Praza da Capela, instalación de puntos de luz no camiño que comunica Rairo e A Cuña, colocación de máis bancos, e o acondiciona-mento do espazo público situado nas inmediacións do local da asociación, de xeito que poda ser utili-zado como zona de lecer

Varios concelleiros atenden as demandas da asociación de Rairo4 Piden o acondicionamento do espazo situado nas inmedia-cións do local veciñal.

por parte dos veciños da zona. O Concello estudiará a viabilidade deste proxecto coa pretensión de financialo en canto haxa posibilidade orzamentaria, así como a estudiar a viabilidade da construción de beirarrúas na rampa Antolín, entre outras propostas. O Con-cello comprometeu tamén renovar as reixas de alcan-tarillado no vial existente entre a estrada da Granxa e a asociación veciñal.

Xuntanza “positiva”Pola súa banda, os veci-

ños valoraron positivamen-te a nova área recreativa recentemente acondiciona-da polo Concello, e que se ten convertido no principal punto de encontro dos veci-ños desta zona.

A edil de Participación Cidadá, María Devesa va-lorou moi positivamente esta xuntanza “xa que nos permite coñecer de primeira man as demandas dos nosos veciños, non só dos grandes proxectos, senón fundamen-talmente todas esas peque-nas cousas que resultan im-portantes no día a día para darlle unha mellor calidade de vida aos residentes nos diferentes barrios da cidade e no perímetro rural”. María Devesa salientou o “clima de cordialidade da xuntan-za, algo moi positivo para avanzar e intercambiar im-presións e buscar a mellor solución posible para as de-mandas dos nosos veciños”.

Redacción

Novamente, os ríos da cidade volveron tinguirse dunha cor cincenta. Se-gundo informou a asocia-ción ecoloxista Amigos da Terra, durante a fin de semana do 17 e 18 de mar-zo os ríos Miño e Barbaña sufriron ao seu paso pola capital “outros verquido scontinuados de augas re-siduais nas súas augas que están a afectar gravemen-te ao entorno ecolóxico e fluvial da zona”.

Como denuncia este colectivo ecoloxista, a contaminación fluvial dos ríos Miño e Barbaña non é un feito illado, “senón que ao longo do ano re-cíbense varias denuncias realizadas por particulares en Amigos da Terra. De-nuncias que versan sobre a presenza de todo tipo de

verquidos aos ríos”.Este último verquido in-

controlado producíase ao carón da ponte do Milenio. Os verquidos foron aprecia-bles durante toda a tarde do sábado 17 e domingo 18, estendéndose augas abaixo “por máis de �00 metros e chegando máis aló da mar-xe esquerda por enfronte da zona termal da Chavasquei-ra”.

A orixe da vertedura foi denunciada por parte de Amigos da Terra ante a Poli-cía Autonómica e tamén ante a Confederación Hidrográ-fica Miño-Sil para que fora inspeccionada por parte da administración. Ao mesmo tempo, a asociación solicitou información sobre “as me-didas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que es-tán sendo sometidos os ríos e a imposición das sancións

que corresponda”.

Máis verquidosSegundo recorda Ami-

gos da Terra, nos últimos meses véñense producin-do continuos verquidos no río Miño: na zona das Po-zas de Maión, en Vistaher-mosa ao carón do paseo da Ninfas, ou da depuradora de Reza.

Os ecoloxistas conside-ran que este tipo de feitos “ben deberan cualificarse como delitos ecolóxicos cuxa penalización é maior, establecéndose inclusive penas de prisión”.

Amigos da Terra denuncia novos verquidos ao Miño e ao Barbaña4 Á altura da ponte do Milenio.

Aspecto que presentaba o río Miño durante a fin de semana do 17 e 18 de marzo. /AMI-GOS DA TERRA.

Ríos Limpos ve inútiles as cabinas de detección de verquidosRedacción

A Plataforma Ríos Limpos acordou na súa xuntanza do �1 de marzo solicitarlle á Deputación “detalle dos controis de verquidos rexistrados a través das cabinas de de-tección de verquidos”, debido a que os mesmos seguen repetindose perio-dicamente, “evidenciando a súa inutilidade”, sinalan. Así mesmo, solicitarán á Confederación Hidrográ-fica copia das analíticas das augas afectadas por verquidos durante o ano �011, “que nos permitan levar a cabo unha compa-rativa cos nosos propios análises”.

Consello Municipal do Medio Ambiente

Nesta reunión a plata-forma ecolóxica tamén acordou reclamar de xeito inmediato ao Concello a constitución do “Conse-llo Municipal do Medio Ambiente”, que permita á cidadania e aos colecti-vos ecoloxistas participar nas tomas de decisións en materia medio ambiental. Ademais, aseguraron que continuarán coa denunca dos verquidos detecta-dos, “a pesares dos es-casos resultados obtidos por parte das autoridades competentes”, co fin de que as reclamacións “nos permitan, alomenos, con-formar un contundente expediente que presentar como queixa formal ante o Valedor do Pobo e como denuncia ante o organis-mo competente da Unión Europea”, adiantaron.

Page 11: Marzo 2012 - OUxB

11Ourense por BARRIOSMarzo de �01�PUBLICIDADE

FORMACIÓN EN TIEMPO DE CRISIS, ACADEMIA PROXECTOAcademia Proxecto sigue manteniendo su línea de calidad en el campo formativo dentro de nuestra ciudad, dedicándose, entre otras cosas, a la preparación de oposiciones

¿Qué perspectivas de futu-ro augura a la preparación de oposiciones?

Sinceramente, creemos que este año �01� va a ser difícil. Es un año duro, de ajuste eco-nómico y nos va a afectar a to-dos. La reducción de la oferta de empleo público está pasando factura a los centros de forma-ción de la provincia y nosotros somos uno de ellos. Pero a pe-sar de ello y aunque la oferta de empleo público se haya visto reducida, “no hay que desani-marse por el número de plazas, el opositor debe pensar que con una para el es suficiente, solo hay que mejorar, si cabe aún más, su preparación”.

A pesar del recorte en la oferta de empleo público, este año se convocarán alrededor de 11.000 plazas de diferentes ca-tegorías en las distintas comu-nidades autónomas.

¿Cómo enfoca Academia Proxecto esta nueva pers-pectiva en el camino hacia el Funcionariado?

En relación a nuestro centro, destacar que gracias a ser fieles a nuestras señas de identidad: calidad, seriedad, compro-miso, experiencia y garantía, incluso en los tiempos que co-

rren, nuestros alumnos/as están logrando su objetivo: conse-guir un puesto en la Adminis-tración.

Un ejemplo de ello puede ser la última convocatoria del cuer-po de Ayudante de Instituciones Penitenciarias, donde con 60 plazas para toda España, nues-tros alumnos/as, a los cuales felicitamos, consiguieron el 5% de las plazas, o la última con-vocatoria al cuerpo de maestros para Galicia en sus diferentes especialidades con un índice de más del 80% de aprobados en la oposición y 14 nuevos maes-tros/as, o las recientes oposi-ciones de Justicia con buenas perspectivas pero a la espera

¿Qué podéis contar a nues-tros lectores sobre las oposi-ciones de justicia en este año tan duro?

La oferta era sensiblemente inferior a la de años anteriores, por lo que se ha insistido per-manentemente durante la pre-paración sobre la necesidad de conseguir un nivel muy alto de conocimientos.

Los exámenes y, sobre todo los casos prácticos, que han caído en las pruebas selectivas fueron muy similares a los rea-lizados en la academia, lo que determina que nuestros alum-nos, a pesar de la dificultad, estén muy familiarizados con el formato de examen.

Estamos esperando los re-sultados de los exámenes. En el grupo de gestión tenemos varios aprobados en el 1º ejer-cicio, a pesar de llevaba un año escaso de actividad formativa; habida cuenta del éxito pleno en el grupo del año anterior.

¿Habrá oferta de empleo en Justicia?

Sinceramente, creemos que en este año �01� va a ser di-fícil. Es un año muy duro de ajuste económico y nos va a afectar a todos.

No obstante, en el ámbito de la administración de justicia hay un número muy amplio de plazas vacantes que están cubiertas por personal interino

R/Amor Ruibal, nº 5-7 (zona rúa Sainza)Telf. 988 24 07 48 - OURENSE - www.proxecto.es

NUESTRA OFERTA FORMATIVA: Preparación de Oposiciones a MAESTROS, MINISTERIO DE JUSTICIA, AYUDANTE DE INSTITUCIONES PENI-TENCIARIAS, CONSORCIO GALLEGO,… CLASES DE APOYO Y RECUPERACIONES, Preparación

PRUEBAS B1 Y B2 DE INGLES, CELGA´S, PRUE-BAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS Y SUPERIO-

RES, COMPETENCIAS CLAVE NIVELES 2 Y 3.

(vacantes derivadas de la pro-moción interna, traslados, ju-bilaciones, opositores que han aprobado a varios cuerpos); o sea están presupuestadas y con dotación económica; lo que no conlleva un aumento de gasto sino la sustitución de empleo temporal por empleo estable. Por ello deberán ser ofertadas, y no se descartaría la posibili-dad de su convocatoria.

¿Qué mensaje le dais a los opositores?

En primer lugar, agradecer a todos aquellos que han estado con nosotros su buen hacer, su dedicación y, sobre todo, su ca-riño; que es lo que más nos mo-tiva a trabajar duramente codo con codo con ellos para ayudar-les a conseguir su objetivo.

Felicitamos a todos los que lo consigan y animamos a los demás a no desfallecer y a seguir trabajando, de forma constante, para conseguir un nivel de perfección.

La preparación de estas oposiciones requiere tiempo y, dado que la competitividad ha subido considerablemente por la reducción de oferta en otros campos, es conveniente tener la materia preparada a fecha de convocatoria, para dedicar el tiempo que media entre la mis-ma y los exámenes (4-5 meses) a repasar y perfeccionar los co-nocimientos adquiridos.

MANUEL PARDO CID, COORDINADOR DE FORMACIÓN DE JUSTICIA EN A. PROXECTO:“Nuestros alumnos, a pesar de la dificultad,

están muy familiarizados con el formato de examen. Los exámenes y, sobre todo los casos prácticos, que han caído en las

pruebas selectivas fueron muy similares a los realizados en la academia”.

de resultados, los cuales están a punto de publicarse.

Si alguien decide prepa-rar oposiciones en su centro ¿Con qué oferta se puede en-contrar?

Además de los grupos que te-nemos en marcha actualmente en nuestro centro relacionados con las especialidades antes co-mentadas, estamos ultimando los detalles para poner en mar-cha, grupos para la preparación de oposiciones al Consorcio gallego, la cual constaría de 178 plazas de las escuelas in-

FRANCISCO JOSé GÓMEz GÓMEz, DIRECTOR DE ACADEMIA PROXECTO

Francisco José Gómez, delante de Academia Proxecto.

RESULTADOS: HEMOS CONSEGUIDO EL 5% DEL TOTAL DE PLAzAS OFERTADAS PARA PENITEN-CIARIAS, UN INDICE DE APROBADOS DEL 80% EN LAS OPOSICIONES A MAESTROS Y MÁS DE

50 APROBADOS EN LA ANTERIOR CONVOCATO-RIA DEL MINISTERIO DE JUSTICIA.

fantiles (45 plazas de maestro, 106 de educadores infantiles y �7 plazas de personal de servi-cios generales) y las diez plazas de personal técnico de los ser-vicios centrales del Consorcio.

También destacar, que al margen de la preparación de oposiciones, las clases de apoyo y recuperaciones para

Primaria, E.S.O. y Bachiller, hemos puesto en marcha la preparación de las pruebas B1 y B2 de inglés de la escuela ofi-cial de idiomas, preparación de las pruebas del Celga, pruebas de acceso a los ciclos medios y superiores o preparación de pruebas de competencias clave niveles 2 y 3.

Page 12: Marzo 2012 - OUxB

1� Ourense por BARRIOSMarzo de �01� BARRIOS

Redacción

Veñen de rematar as ac-tuacións de restauración paisaxística e medioam-biental do río Loña, no trei-to comprendido entre Ponte Loña e Mende.

Cun orzamento de 343.941 euros, financiado con cargo ao Fondo Es-tatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, o proxecto tivo como princi-pal obxectivo acometer a posta en valor da marxe do río Loña, desenvolvendo actuacións de protección, restauración paisaxística e medioambiental e o seu acondicionamento para o uso cidadán. A superficie de intervención abrangue a marxe esquerda seguindo o curso do río, dende Ponte

Loña ata Mende, percorren-do un total de 1.168 metros de canle fluvial ata enlazar co camiño xa existente na actualidade, nas inmedia-cións do colexio de Mende.

A actuación principal foi o acondicionamento do contorno natural do treito, mediante a recuperación dun camiño peonil situado xunto ao río. Os novos ac-cesos están completamen-te integrados no contorno, recuperándose os camiños e dotándoos de pavimento ecolóxico, así como de tra-mos de madeira naqueles espazos nos que non era posible dende o punto de vista técnico a recuperación do camiño orixinal.

A recuperación de bos-ques de ribeira e vexeta-ción hidrófila, favorecer os

corredores ecolóxicos e a instalación de mobiliario acorde co entorno fluvial completaron a actuación.

Boa situación ecolóxicaO río Loña atópase nun-

ha boa situación ecolóxica e ambiental e a actuación levada a cabo pola Conce-llería de Medio Ambiente, non fai senón redundar neste senso e potenciar as rutas ambientais e pai-saxísticas do Concello de Ourense.

Coa recuperación desta zona do río Loña, o muni-cipio de Ourense conta xa con case �6 quilómetros de paseos fluviais.

Recuperan máis dun quilómetro do río Loña4 A restauración paisaxística e medioambiental do contorno do río financiouse con cargo ao Fon-do Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade.

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente estiveron acompañados por membros do goberno municipal e representantes veciñais para comprobar o resultado da recupera-ción da área entre a Ponte do Loña e Mende./RAMSÉS.

A campaña de compostaxe convirte 10 toneladas de residuos en compost

Na obra inves-tíronse preto de 344.000 euros

Paula Lodeiro

A fase piloto da campa-ña para fomentar a com-postaxe da Concellería de Limpeza tivo como conse-cuencia en tres meses un aforro de 10 toneladas de residuos sólidos que foron destinados a compost.

Entre os meses de no-vembro e febreiro a Con-cellería achegou a 10 asociacións de veciños (Santa Ana do Pino, Cu-deiro, Beiro, San Breixo, 15 de Agosto, San Miguel de Canedo, Santa Teresita, Abeleda, Santa Mariña do Monte, Palmés) e ao co-lexio de Seixalbo charlas sobre a compostaxe, nas que se ofreceu unha de-tallada explicación para efectuar unha axeitada reciclaxe dos residuos. A maiores, repartíronse 100 compostadores entre os asistentes, nos que se de-positaron uns �.600 kg de materia orgánica por mes -1,� quilogramo por día en cada fogar-.

Despois dunha primeira fase na que se examina-ron e correxiron erros que se puideran producir no proceso de compostaxe, a avaliación dos técnicos municipais amosa unha substancial mellora da ca-lidade do abono, así como unha positiva valoración por parte dos veciños, que acolleron a iniciativa cun gran afán colaborativo.

Fina González Rey é unha das veciñas de Ourense que xa probou a experiencia de ter un com-postador en casa. Membro da asociación 15 de Agos-to de Reza, cando asistiu á charla impartida polo Concello sobre a compos-taxe xa ía informada e con ganas de probar a expe-riencia na súa casa: “oira falar del ben e tiña ganas de ter un, case todas as so-cias da asociación témolo agora”, explica.

Desde xaneiro, as pon-las e restos que xenera a súa finca, mais tamén as mondas de patacas e froi-tas da comida van parar a este compostador, na vez de tiralo pola finca adian-te ou ben no contedor do lixo. O seu uso é doado. “Na charla xa explican todo, como que non hai

que botar papel de perió-dico ou excrementos de can, e que cada certo tem-po tes que botar un pouco de auga, vai pudrindo e vai baixando de tamaño”, relata a muller, amosán-doo as portas dos laterais do compostador por onde se retira o compost “Fai un esterco maravilloso”, afirma Fina, quen precisa que ata agora aínda non abonou con el. Haberá que esperar ao verán cando re-colla os froitos da súa hor-ta para ver os resultados do seu abono ecolóxico.

En febreiro os técnicos municipais pasaron polas casas a revisar o bo uso deste sistema, e o mes que vén repartirán máis compostadores entre máis veciños que se animaron a levar adiante esta prác-tica.

Fina González, veciña de Reza, amosa o contido do seu compostador./P.LODEIRO.

“Fai un esterco maravilloso”

Repartíronse 100 compostadores en 11 asociacións

Page 13: Marzo 2012 - OUxB

1�Ourense por BARRIOSMarzo de �01�PUBLICIDADE

Page 14: Marzo 2012 - OUxB

14 Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

O ANUNCIANTE DO MES

Newcastle Studies4 Eugenia Fernández Ramos é a responsable desta academia ubicada no Vinteún.Redacción

Newcastle Studies é unha academia do Vin-teún (praza Mil) que leva anunciándose desde �004 en Ourense por Barrios.

Que asignaturas pre-parades en Newcastle Studies?

Eugenia Fernández: “Damos toda clase de materias desde Primaria ata Bacharelato e Univer-sidade, así como idiomas (inglés e francés)”.

Desde cando funciona a academia?

E.F.: “Leva aberta des-de 1997, isto é, 15 anos”.

Durante este período, houbo algo que cambia-ra?

E.F.: “Hai materias novas que antes non ha-bía, pero a intención se-gue sendo a mesma, pais e fillos queren aprender e sobre todo aprobar, o 90% vén polo reforzo de aquilo que non entenden, para ‘machacar’ o que o colexio lles dá”.

Cales son os vosos ho-

rarios?E.F.: “Estamos todo o

día, pero o horario de clases é de 15:�0 a �� h”.

Que consello lles darías aos proxenitores, a estas alturas de curso?

E.F.: “Se necesitan axuda que fagan uso dunha acade-mia, o éxito é a unión dos esforzos da academia, do neno e dos país”.

Por que elixiches Ourense por Barrios para anunciarte?

E.F.: “Para darme a co-ñecer e estar aí”.

Que destacarías do pe-riódico?

E.F.: “Que tratades in-formación sobre os barrios, que ao mellor noutros perió-dicos non se trata, e facedes que a xente duns barrios e outros se coñeza”.

Eugenia Fernández Ramos é a responsable de Newcastle Studies. /R.T.

CIDADE

A academia dá clases sobre mate-rias de Primaria ata Bacharelato e Universidade, así como idiomas

Aspecto xeral do recinto de Expourense durante o pasado Salón do Automóbil./M.REJO.

Redacción

A segunda edición do Salón do Automóbil de Ourense, celebrado durante os días ��,�4 e �5 de marzo en Expourense, contou coa presenza das últimas novi-dades de máis de �0 marcas automobilísticas nacionais e internacionais.

Ocupando os 10.000 metros cadrados de expo-sición, casas tan coñecidas

como Seat, Audi, Volkswa-gen ou Hyundai, e outras tan admiradas como Mer-cedes, Ferrari ou Maserati, presentaron os seus dese-ños máis recentes e inno-vadores, así como algunha que outra oferta especial e exclusiva para esta cita aos centos de amantes do motor que se achegaron ata o recinto feiral, no cal, ademais, puideron coñecer os novos coches eléctricos

de Renault, e as furgonetas e vehículos de transporte lixeiro de Nissan e Iveco, dúas das novidades desta segunda edición.

O salón complétase co

Ourense Motor Ocasión �01�, a maior mostra de ve-hículos seminovos, km 0 e de xerencia, que terá lugar no mesmo recinto o �0 e �1 de marzo e o 1 de abril.

Máis de 30 marcas no II Salón do Automóbil4 Que repetirán no Ourense Motor Ocasión.

Page 15: Marzo 2012 - OUxB

15Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

CIDADE

PLENO

Carmen Carballo, nova concelleira popular4 En substitución de José Luis Baltar.

María del Carmen Carba-llo/RAMSÉS.

Redacción

María del Carmen Carba-llo, avogada de profesión, é a nova concelleira do Parti-do Popular, en substitución de José Luis Baltar. A nova edil popular tomou posesión da súa acta de concelleira na sesión plenaria de mar-zo do Concello de Ourense, sesión na que se aprobou unha moción de BNG e PS-deG de apoio á iniciativa lexislativa popular para a defensa da sanidade públi-ca (co rexeitamento da opo-sición), así como outra do grupo popular para redactar un regulamento municipal que regule as instalacións de telefonía móbil. Na mesma sesión aprobouse (cos votos a favor de PSdeG, BNG e PP) o nomeamento dunha comisión des estudo para crear unha empresa pública que xestione servizos urba-nísticos e de promoción de vivenda pública.

Demisión de CarballidoDentro da actualidade do

Xosé Carballido/P.L.

consistorio ourensán, e ape-nas catro meses despois do seu nomeamento como di-rector xeral de Rehabilita-ción Urbana, o nacionalista Xosé Carballido renuncia ao cargo. Trala saída da co-rrente Máis Galiza -na que estaba integrado- do BNG, Carballido presentou a súa demisión, xustificándoo en que o seu posto era de con-fianza, dado que foi elixido para o cargo polo Bloque e non nunhas eleccións.

Esta renuncia é, para o vo-ceiro popular outro exemplo da crise do goberno local ourensán. Rosendo Fernán-dez aproveita esta situación para esixirlle ao alcalde que, na vez de cubrir de novo esta praza, destine o diñei-ro do posto (ao redor de 60.000 euros anuais) “a ter un comodín co que negociar o convenio regulador do Concello”. “Non é de recibo que a concelleira non elec-ta de Persoal decida aplicar o aforro aos traballadores municipais sen predicar co exemplo”, insiste o popular,

P.L.

Outra volta a ausencia de xunta de área de urba-nismo propiciou unha nova convocatoria aos medios de comunicación por parte do voceiro popular no Conce-llo de Ourense, Rosendo Fernández, para denunciar “o capricho” da responsa-ble, a concelleira de Urba-nismo Aurea Soto. Expli-cou Fernández que nesta reunión os concelleiros da oposición ían solicitar in-formación sobre o ante-proxecto da ronda termal no ramal sur da N-1�0 e os expedientes de dúas licen-zas para antenas de telefo-

nía móbil. “Tivémolo que facer por

escrito”, afirmou o popular, quen reclamou, tamén, a convocatoria dun pleno ex-traordinario e urxente para dar cobertura legal á pisci-na do campus, que actual-mente carece de licenza de obra e de actividade. Unha formalidade que tiña que ter sido aprobada no pleno ordinario de marzo, pero non se puido votar ao fal-tar un concelleiro do grupo de goberno e ser precisa a maioría absoluta da corpo-ración.

Regulamento orgánicoPor todo isto, os popula-

O PP ourensán volve criticar a non convocatoria das xuntas de área de urbanismo4 Os populares buscan que estas xuntas se con-voquen semanalmente.

res presentaron unha pro-posta de modificación do regulamento orgánico na que solicitan que as xun-tas de área se convoquen semanalmente, que se fixe un prazo de 15 días hábiles de acceso á in-formación e obtención de copias, se permita a utili-zación do salón de plenos a todos os grupos, que as 1� preguntas por pleno admitidas se distribúan de forma proporcional á re-presentatividade, e que as mocións se presenten con catro días de antelación e as de urxencia antes das 11 horas do día anterior á celebración do pleno.

para quen o Concello debe ter “outras prioridades de gasto” que non sexan “este premio político” da direc-ción xeral.

A concelleira Susana Bayo en representación de Ourense, xunto ao xefe territorial e ao director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, na reunión sobre o transporte metropolitano./RAMSÉS.

O plan de transporte metropolitano comeza pola integración tarifaria4 O concello capitalino non se sumará ata que unha comisión técnica consensúe un modelo adaptado á realidade da cidade de Ourense.Redacción

O Plan de Transporte Metropolitano de Ourense deu un pequeno paso para conseguir un sistema de transporte público integra-do na capital ourensá e en sete concellos da súa área: Barbadás, San Cibrao, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, Punxín e Toén.

O acordo entre a Conse-llería de Medio Ambiente e estes sete municipios permitirá establecer este mesmo ano, segundo previsións da Dirección Xeral de Mobilidade, un Programa de Integración Tarifaria, de modo que os usuarios do transporte urbano se beneficien de descontos de ata o 40% no billete do autobús.

Nun primeiro momen-to, o Concello de Ouren-se non se sumará a este acordo, polas diferenzas que mantén con respecto ao modelo de transporte metropolitano que pre-tende implantar a Xunta. Iso si, Concello e Direc-ción Xeral de Mobilidade acordaron organizar unha comisión técnica bilateral Xunta - Concello, co fin de abordar diversas cuestións

relacionadas coa implan-tación do plan na cidade. Segundo declarou a conce-lleira de Mobilidade, Susa-na Bayo, “seguimos consi-derando imprescindible que se constitúa unha comisión técnica para elaborar un borrador de convenio con-sensuado, que respecte a autonomía do Concello para ordenar a mobilidade na cidade, e onde a posta en marcha do transporte metropolitano non supoña custos engadidos para os cidadáns de Ourense”. A capital non se sumará ao Plan de Transporte Metro-politano ata que se consen-súe un modelo adaptado á realidade da cidade.

Integración tarifariaNo resto dos concellos da

área comezará a traballarse na integración tarifaria, que polo momento só afecta-rá aos usuarios das liñas interurbanas, que se be-neficiarán de subvencións nas tarifas, do transbordo gratuíto e de descontos por recorrencia (devolverase o 15% do abonado a aqueles viaxeiros que fagan máis de 40 viaxes nun mes).

Para isto, o paso máis in-mediato será a concreción

dos termos do novo conve-nio de colaboración, que de-berá ratificarse polos plenos dos respectivos municipios, un trámite que podería estar completado en xuño.

O director xeral de Mo-bilidade, Miguel Rodrí-guez Bugarín, sinalou que unha vez que se conte con esta aprobación iniciarase a fase técnica, na que se porá a punto o sistema de cancelación da nova tarxeta metropolitana. Nesta fase cotexarase a validez e a operatividade das máquinas canceladoras, unha fase na que poden presentarse pro-blemas técnicos, aínda que tendo en conta que se trata da quinta experiencia (no conxunto de Galicia), as in-cidencias solventaranse con máis rapidez, destacou.

Ata que se acade un acor-do coa capital, a integración dos actuais servizos interur-banos e a súa interacción co sistema de transporte ur-bano serán as mesmas que na actualidade, isto é, non haberá variación de perco-rridos nin de paradas.

O acordo tarifario significa descontos de ata o 40% no billete do autobús

Page 16: Marzo 2012 - OUxB

16 Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

Paula Lodeiro

A redución do importe do alugueiro á metade, e a xestión de trámites ad-ministrativos e de axudas de maneira gratuíta son as principais vantaxes do proxecto “Ourense Em-prende. Non quedes pa-rado” que promoven o Centro Comercial Aberto Ourense Centro e a aso-ciación Proagi de axentes inmobiliarios.

A idea é apoiar a crea-ción de negocios comer-ciais na zona centro por parte do colectivo de desempregado, co obxec-tivo de dinamizar comer-cialmente a cidade e ao mesmo tempo alixeirar as listas do paro.

A través da web www.ourenseemprende.org fa-cilitan unha bolsa na que

xa están incluidos medio cento de locais, no centro e noutras partes da cida-de, cunha bonificación de prezos do 50% no primei-ro ano ou incluso con ca-rencia dun ano no pago da renda. “Os emprendedores poden poñerse en contacto co CCA e eles lles redirixen ás nosas inmobiliaras”, apuntaba Jorge Fernández, de Proagi, resaltando que o

Alugueiros a metade de prezo para fomentar o comercio4 Ourense Centro e Proagi crean o proxecto “Ourense Emprende” para facilitar a creación de negocios no centro por parte de desempregados.

ECONOMÍA E EMPREGO

prezo dos locais está adap-tado ao mercado actual e é negociable.

No mesmo portal de In-ternet inclúense empresas ou profesionais, como ar-quitectos, electricista, em-presas de mobiliario, deco-radores ou publicistas, que ofrecen os seus servizos con vantaxes para os emprende-dores, así como noticias de interese, axudas, etc.

Jorge Fernández, de Proagi, e Emilio González, de Ouren-se Centro./P.LODEIRO.

P.L.

O Concello de Ouren-se presentou alegacións ao Plan Sectorial de Or-denación de Áreas Em-presariais de Galicia, actualmente en fase de in-formación pública, ao non contemplar ningún tipo de actuación empresarial an-tes de �0�4 na área urbana de Ourense.

Segundo a edil de Ur-banismo, Aurea Soto, este documento do Goberno galego obvia as Directri-ces de Ordenanción do Territorio, aprobadas polo mesmo goberno e que pre-vía parques “de carácter estratéxico” na área urba-na da capital ourensá, así como a posible implanta-

ción de parques tecnolóxi-cos “vinculados aos campus universitarios” e platafor-mas loxísticas “asociadas aos nodos de confluencia de infraestruturas viarias de altas prestacións ou ferro-viarias”, coma o que se dá en Ourense.

Por tanto, desde o Con-cello entenden que o Plan

O Concello reclama á Xunta que inclúa o solo industrial de Seixalbo-Cumial nas súas previsións4 Alega ao Plan Sectorial de Ordenanción de Áreas Empresariais de Galicia, que non prevé ninguna ac-tuación empresarial na área urbana de Ourense.

Sectorial de Áreas Empre-sariais debe incluir o solo industrial de Seixalbo-Cu-mial, xa previsto na nova ordenación urbanística da cidade. De non ser así, “a nosa cidade quedaría fóra de todos os plans de finan-ciamento europeos, estatais, galegos e tería que limitarse aos recursos municipais”.

O Concello prevé solo industrial entre Seixalbo e O Cumial. /R.T.

Page 17: Marzo 2012 - OUxB

17Ourense por BARRIOSMarzo de �01� PUBLIRREPORTAXE

Como valora a xestión que se está a realizar hoxe en día do Concello de Ourense?

Absolutamente nefasta. Aparte do preocupante pa-rón na xestión municipal, onde PSOE e BNG andan máis preocupados polos seus líos internos que polos problemas dos cidadáns, estamos a sufrir o Gober-no local máis dictatorial e pouco democrático que se recorda nesta cidade.

Por que fai esa afirmación?É moi sinxelo: o Biparti-

to, temeroso ante o traballo de control e fiscalización do grupo político maiori-tario desta cidade, está a castigar ao PPOU impedín-dolle participar nos órga-nos onde tradicionalmente sempre houbo representati-vidade de todos os grupos. Voulle poñer un exemplo: os consellos escolares e o propio Consello Escolar Municipal. Sempre partici-pou a oposición con repre-sentantes nos mesmos, e xustamente este ano se nos impide participar por deci-

sión directa do señor alcal-de e da súa concelleira Ana Garrido. Pretenden anular a nosa voz, pero non van conseguir.

Ten constancia de que ese malestar se dá tamén entre os veciños?

Dende logo que si. Basta recordar o grave problema que teñen os veciños de San Francisco cunha antena de telefonía ilegal. Cando era para pedir o voto e estaban na oposición, tanto PSOE e BNG ían moito por alí a suxeitar pancartas nas pro-

O actual equipo de gober-no do Concello de Ourense atópase “totalmente frag-mentado, deslavazado e inmerso en liortas internas alleas aos intereses da ci-dade”, algo que é público e notorio en toda a cidade, tal e como sinala Rosendo Fernández. Diferencia o portavoz dos populares os frentes abertos na crise do Bipartito: por unha banda, o BNG, “unha forza polí-tica desintegrada, en caída libre dende hai anos e que loita con uñas e dentes por manter a súa cuota de poder dentro do Concello”, sina-lando que un claro exemplo desta crise é a renuncia do seu ex comisario político no posto de Director Xeral de Rehabilitación Urbana, cun gasto a todas luces su-perfluo de 241.560,80 euros durante todo o mandato, a razón de 60.�90,�0 euros anuais.

“Agora que os concellei-ros nacionalistas xa avisan de que este posto, en teoría técnico, voltará ser ocupado por un comisario político, esiximos, conminamos ao señor Alcalde, a que des-tine ese cuarto de millóns de euros perdidos para a cidadanía a ter un comodín co que negociar o conve-nio regulador do Concello. Non é de recibo que a se-ñora concelleira non electa (outro posto de idéntico

coste ao do director xeral -�41.560,80 euros no man-dato- e de idéntica inutili-dade para os ourensáns) de-cida aplicar o aforro polos dereitos sociais adquiridos polos traballadores sen pre-dicar co exemplo no seo do Bipartito. Non lles bastaba coa súa crise política e de identidade, que agora tamén provocan crise cos traballa-dores municipais”, afirmou Rosendo Fernández, quen recalcou que cando aca-ban de anunciar a creación dunha empresa pública con amplísimos fines sociais, pretenden manter a figura do Director Xeral, á que lle haberá que sumar a dun xerente ou mesmo director xeral da devandita empresa con similares retribucións ás do actual. “Gastos e máis gastos que non fan máis que engrosar o obsceno dispen-dio deste Bipartito en crise política permanente e que non sabe nin quere saber de mecanismos para frear a crise económica desta cida-de, cunha nociva falta total de ideas e iniciativas para sacar adiante a Ourense”, dixo o portavoz municipal, “lamentamos profundamen-te que a forza política máis decadente desta cidade, cunha perda do 50% do seu apoio electoral, exerza esta vergoñenta presión sobre o goberno desta cidade”.

Por outra banda, Rosendo

Fernández sinalou os pro-blemas no seo do PSOE, co responsable máximo da fal-ta de Presupostos, o señor Alcalde, e mailo seu conce-lleiro de Economía.

“Pouco lles debe importar a situación da cidade cando prefiren andar enredados en asuntos do seu partido, cunha espeluznante falta de xestión que mantén a esta cidade como un barco á de-riva”. Lembrou, ademais, a súa falta de xestión con temas como o de San Fran-cisco, “para o cal non recla-mou nada en 8 anos de Go-berno de Zapatero, e agora lle entran as présas cando Mariano Rajoy leva menos de 100 días gobernando”.

Presupostos No tocante aos Presu-

postos, tanto Rosendo Fer-nández como a concelleira responsable da área econó-mica, Beatriz Tejada, sina-laron que, con sorte, esta-rían en vigor cara ao verán, despois de que vencese medio ano natural e só con seis meses por diante para levar a cabo investimentos e proxectos que dinamicen a cidade. “Sabemos e cien-cia certa que o borrador dos orzamentos está listo dende o mes de decembro. Hai 90 días que temos constancia extraoficial de que existe este documento, pero non pode ver á luz pola desleal

obtaculización que o BNG exerce sobre as contas mu-nicipais, máis interesados en manter a súa cuota de poder que en dar servizos á cidadanía. Esto é imperdo-nable e inadmisible”, rei-terou Rosendo Fernández, sobre todo cando a práctica totalidade das cidades gale-gas xa teñen os presupostos para o presente exercicio económico.

Rosendo Fernández lem-bra que “se non coñecemos as liñas maestras dos presu-postos deste ano é porque este Bipartito non quere que saibamos os tira e afloxa que está vivindo o alcalde

perdedor desta cidade para poder seguir na poltrona. E se xa de por si eran máis que suficientes as presións constantes do BNG, agora tense que enfrontar tamén as presións dos concelleiros díscolos co seu mandato, aqueles que decidiron des-obedecer as súas ordes de apoiar á candidata preferi-da do alcalde para dirixir o seu partido a nivel galego. Se era insostible un bipar-tito dividido en dous, agora duplícanse ou triplícanse as división. O que nos faltaba para ter un goberno de todo menos sólido e con criterio. O único que lamentable-

mente temos é un Bipartito en profunda crise que non sabe mirar máis aló dos seus propios problemas in-ternos”.

Pola súa banda, a conce-lleira Beatriz Tejada des-taca que ao Bipartito desta cidade se lle enche a boca falando de que “non hai problema algún ante a falta de presupostos”, esgrimin-do que os do ano pasado están prorrogados e, polo tanto, non hai razón a su-postos paróns na actividade municipal.

Nembargantes, a conce-lleira popular sinalou que aquí incorren en graves contradiccións. “É dicir, os señores do Bipartito onde din “digo”, din “diego” sen o máis mínimo pudor ou vergoña. E isto dicímolo porque doutro xeito non en-tendemos como se atopan na situación na que están as seguintes instalacións”, por citar algunas das máis-representativas: Montea-legre pechado, Centro de Bombeo sen uso, falta de infraestruturas nos barrios, Casa da Maxia sen inaugu-rar, Pavillón dos Remedios con grave deficiencias, falta de axudas a equipos depor-tivos e entidades de carác-ter social, Centro Cívico de Seixalbo sen abrir e múl-tiples promesas electorais incumpridas (menú ouro, tranvía de pneumáticos...)

A profunda crise do Bipartito sume á cidade nunha preocupante falta de xestión municipal

testas. Pero agora que hai problemas provocados por eles mesmos, nin seuqera van ás reunións ás que son invitados polos veciños. De feito, a concelleira de Par-ticipación Cidadá, María Devesa, mentiu descara-damente no último pleno cando dixo que non fora in-vitada polos veciños. Sim-plemente non quixo asistir.

Agora din no Bipartito que van regular o Bote-llón, cando vostede levou 2 mocións nos últimos me-ses que lle rexeitaron...

É un “orgullo” que as únicas ideas sensatas deste Bipartito xurden por inicia-tivas do PP, ainda que pri-meiro as rexeitan e critican, e logo terminan copián-doas. O que está claro é que nós sempre velaremos pola saúde dos mozos e polo be-nestar dos cidadáns.

Que propostas pode

ENTREVISTA Á CONCELLEIRA BELéN IGLESIAS

“Nunca se viu un Goberno Local tan dictatorial e pouco democrático como o que hoxe temos”

ofrecer dende o PP?Nós estamos as �4 ho-

ras do día a disposición dos veciños desta cidade e procuramos atender todas as cuestións que nos trans-miten. Somos un partido próximo á xente, que é a nosa máxima prioridade, e mellorar esta cidade é o noso principal obxectivo.

Rosendo Fernández e Beatriz Tejada analizaron en rolda de prensa a situación do Bipartito ourensán.

Rosendo Fernández: “Se non coñecemos as liñas maestras dos presupostos deste

ano é porque este Bipartito non quere que saibamos os tira e afloxa que está vivindo o alcalde perdedor desta cidade

para poder seguir na poltrona”

Belén Iglesias, concelleira do PP.

Page 18: Marzo 2012 - OUxB

18 Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

ECONOMÍA E EMPREGO

EN BREVE

O Concello de Ourense, co apoio do Fondo Social Europeo, pon en marcha o programa “Ourense in-serta”, que pretende favo-recer o acceso a un posto de traballo por parte de persoas desempregadas na cidade, apostando pola formación en dous secto-res de especial potencial: a atención a dependentes e o medio ambiente. Este proxecto suporá un inves-timento de 1,� millóns de euros - financiados nun 80% polo Fondo Social Europeo e nun �0% polo Concello- e dará forma-ción a �86 ourensáns en

paro. Terá unha duración de �0 meses.

“Ourense inserta” pre-vé o desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción sociolaboral, en dous sectores xeradores de emprego: os servizos de atención a dependen-tes, con seis cursos espe-cializados, e as enerxías alternativas e medio rural, con outros cinco cursos. As accións formativas te-rán unha duración de entre �00 e 600 horas, incluindo titorías individualizadas ou grupais e acompañamento e orientación laboral du-rante todo o proceso.

4 “Ourense inserta” preparará 286 desempregados

4 O Concello non terá que acudir ao Plan de axuste

O Concello de Ourense non recurrirá ao Plan de axuste proposto polo Go-berno central para o pago de facturas pendentes a provedores. Intervención Municipal remitiu a lis-taxe de obrigas pendentes de pago do Concello ao Ministerio de Economía e Facenda, que ascende a �.079.�06 euros, un �,6% do do total anual.

O Concello anunciou que procederá ao pago das facturas que corresponden a esta cantidade, no me-nor tempo posible, unha vez cumprimentados os trámites pertinentes, non sendo necesario recurrir a ningún tipo de endebe-damento externo nin a un Plan de Financiación ao contar cunha situación fi-nancieira solvente e capaz de facer fronte ás obrigas recoñecidas a �1 de de-cembro de �011.

4O Consello Mu-nicipal de Deportes paga a 30 días

O Consello Municipal de Deportes (CMD) fixou como obxectivo o pago das facturas a provedo-res no prazo de �0 días, obxectivo que “somen-tes se debería desviar por causas externas e situa-cións excepcionais”.

Con esta decisión, o seu volume de crédito comercial en tramitación contable verase reducido (41.654 euros), contará unicamente con débedas comerciais posteriores ao 6 de marzo deste ano e non precisará financia-mento estatal para o pago de facturas pendentes.

Redacción

Segundo os datos fei-tos públicos pola Aso-ciación de Empresarios Inmobiliarios de Ourense ADEIDO, a compra-ven-da de vivenda na nosa provincia mantense, no primeiro mes do ano, en niveis similres ao mesmo período do ano anterior. En xaneiro de �01�, o sec-tor inmobiliario ourensán realizou ��� operacións de compra-venda, das que 144 foron de obra nova e 88 de vivenda usada. No mesmo mes de �011, co-mercializáronse ��4 vi-vendas, “co que, na taxa interanual, a variación é insignificante”, recalcan desde ADEIDO. O sector considera “esta cifra un balón de osíxeno, tras su-frir un �011 de duras caí-das”, sobre todo compa-rando os datos de Ourense coa caída que se produciu no conxunto estatal, que foi dun -�6,�%.

Para Benito Iglesias, presidente de ADEIDO, nesta recuperación influi-ron varios aspectos: “par-te desas vivendas novas comercializadas en xanei-ro de �01� son de proce-dencia bancaria directa ou indirecta; a desgravación fiscal no IRPF para a com-pra de vivenda en todos os tramos de renda e o man-ter o IVE superreducido do 4% para vivenda nova, serven como estímulo para a recuperación do sector; a

continua baixada de prezos que se efectuou tanto en vi-venda nova como usada no últimos tres anos e de for-ma máis acusada ao longo do ano �011”.

Desde ADEIDO recoñe-cen que as dificultades para conseguir financiamento para a compra de vivenda, “seguen sendo enormemente complicadas”, indica Igle-sias. Porén, Iglesias pensa que o mercado da vivenda en Ourense tocou fondo “e cos resultados deste mes de xa-neiro podemos afirmar que nos dan sinal de compra”.

Iglesias tamén considera “altamente beneficiosa” a dación por pago aprobada polo Goberno, “xa que, a maiores do logro social e do alivio que para moitas familias representa esta medida, tamén serve como estímulo ao sector inmo-biliario posto que se verán reducidas a partir do mes de abril o número de exe-cucións hipotecarias. Isto leva unha diminución im-portante do fluxo de saída de vivenda de procedencia bancaria ao mercado contri-buíndo á baixada do stock inmobiliario”.

O presidente de ADEI-DO agarda que en xuño, mes que a banca ten como referenza para sacar de ba-lance os seus activos inmo-biliarios, se produza unha recuperación no sector.

A compra de vivenda mantense en Ourense4 ��� operacións no primeiro mes do ano.

O delegado da Xunta entrega o diploma a un dos partici-pantes nos cursos de formación.

Redacción

O delegado da Xunta, Rogelio Martínez, e o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, entregaron os diplomas dos cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados) que o ano pasado a Consellería de Traballo e Benestar outorgou a varias entida-des da comarca de Ouren-se.

��5 desempregados for-máronse durante os últi-mos meses nalgunha da seguintes especialidades: auxiliar de enfermería en xeriatría, coidador de discapacitados físicos e psíquicos, atención socio-sanitaria a persoas no do-micilio e en institucións, hixienista dental, protési-co dental, operacións bá-sicas de restaurante-bar, xestión contable e xestión administrativa de audi-torías, programador de aplicacións informáticas, deseñador de web e multi-media, analista programa-dor, inglés de atención ao público, empregado de ofi-cina, actividades de venda e administrador de redes, montaxe e mantemento de instalacións solares, ven-dedor técnico e auxiliar técnico de obra, auxiliar de montaxe e mantemento de sistemas microinfor-máticos, mantemento de xardíns e zonas verdes, e actividades auxiliares en

viveiros, xardíns e centros de xardinería.

As entidades beneficiarias na cidade foron o colexio San Marcos, Academia Manza-neda, Open Ourense, Anexo 4, estudios Paco Feliz, Área � Consultores, o centro in-

tegrado de FP Santa Ma-ría Europa, a Federación Empresarial de Hostalería e Turismo de Ourense, o Centro de Formación Inte-gral a Farixa, o colexio Va-lle Inclán, Pen Consultoría e Formación, e Aixiña.

Traballo e Benestar forma máis de 300 parados na comarca4 Entrega de diplomas das Accións Formativas para Desempregados.

Os parados for-máronse en 20 especialidades

ADEIDO pensa que o mercado tocou fondo

Page 19: Marzo 2012 - OUxB

19Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

ENTREVISTA A SUSANA GóMEZ:

“O futuro da política é como o estamos facendo nós”4 A segunda concelleira de Democracia Ourensana ten claro que a política en xeral e a de Ourense en particular necesitan un cambio.óscar Blanco

Concelleira revelación na corporación municipal de Ourense, Susana Gómez foi profesora de piano antes que política. Ourensá de 40 anos, é unha apaixoada da cociña mexicana, a repos-tería e a xardinería. Coida que a cidadanía ourensá é a que ten a última palabra e non os seus políticos, e defende que Ourense meré-cese o mellor para os seus intereses públicos.

Como se meteu Susana Gómez en política?

S.G: “Supoño que aos poucos, por distintas cir-cunstancias e por proximi-dade persoal coa xente de D.O. pero desde logo non para ser “política” senón unha cidadá máis que está farta de ver como funciona a política e de que maneira afecta iso aos cidadáns”.

Cal foi a sensación ao saber que entraba D.O. no concello?

S.G: “Alegría e satisfac-ción porque D.O por fin o conseguiu”.

E ao saber que entrabas ti no concello?

S.G: “O de saber se en-traba un segundo conce-lleiro foi un proceso moito máis lento. A espera e a incerteza diluíron un pouco calquera tipo de sensación explosiva, pero por dentro

pensei ‘Uf!’” .Como foi o recibimento

dous outros concelleiros?S.G: “Dalgúns moi bo,

doutros correcto e doutros aínda estou a esperar o re-cibimento”.

Agardabas que o traba-llo dun político fose como o que estás a ver?

S.G: “Pero isto que eu vexo a diario é política? (risas). Non esperaba tan pouco “nivel” político”.

Que é o que máis che sorprendeu para mal do funcionamento do Con-cello?

S.G: “A hipocrisía, aínda que xa contaba con ela pero aínda así, superou todas as expectativas”.

E para ben?S.G: “Que aínda quedan

algúns que se rebelan ante un mal sistema, poucos pero quedan”.

Que cres que ache-ga D.O. ao Concello de Ourense e aos ourensáns?

S.G: “Ao Concello, unha forma de control real das accións políticas e non un “hoxe por ti e mañá por min” como había ata este mandato entre goberno e oposición.

Aos ourensáns achegá-moslles información que ata este momento nunca tiveran sobre como actúa a xente que os representa e á que votaron e o máis impor-

tante, que hai outra maneira de facer política e que os ci-dadáns poden conseguilo.

Gonzalo Jácome e Su-sana Gómez: “Poli malo, poli bo”?

S.G: “Pode ser, pero a pregunta é: quen é quen?” (risas).

Ás veces, critícanse as formas do número 1 de D.O., que dis a iso?

S.G: “Sei que a moitísi-ma xente impórtanlle máis as formas que os contidos. Gonzalo ten toda a razón no que critica. Eu quédome coa verdade aínda que se salga do “protocolo” e non coa mentira e falta de ética dos que presumen de ser politicamente correctos”.

Pode que D.O. sexa “partido-chave” nas próximas eleccións locais en Ourense?

S.G: “Buf! Nas próximas eleccións poden pasar moi-tas cousas. Mesmo pode-mos desaparecer. Non sei, iso non o decidimos nós senón os cidadáns. E habe-rá que contar co ataque que nos farán os “peixes gran-des” do Concello”.

Presentádesvos ás auto-nómicas. Ten D.O. futuro fóra da cidade de Ouren-se?

S.G: “D.O. presentouse sempre ás autonómicas e a mensaxe é clara: “O mellor para Ourense”. Mesmo me

atrevería a dicir que: “Algo para Ourense”. Non sei se teremos futuro pero o que empeza a estar claro é que o futuro da política é como o estamos facendo nós”.

Pensas que os vosos vo-tantes están contentos ou decepcionados coa vosa actuación?

S.G: “Pola reacción da xente que nos para pola rúa e déixanos mensaxes na web etc.. creo que a sensa-ción é positiva, mesmo nos apoia e anima xente que non nos votou. Ademais estamos a facer o que dixe-mos que iamos facer, esta-mos a cumprir”.

Cal é a túa opinión desta

crise económica? Algunha predición do que vai acon-tecer no eido local?

S.G: “Quero ser optimis-ta. Coido que da crise sai-remos pero a pregunta é: á conta de que? De esmagar aos cidadáns ata que estean totalmente espremidos? Hai que ter moi claro que co diñeiro público non se xoga, o diñeiro público é de todos e é fundamental unha boa xestión.

Ata hoxe só comproba-mos unha xestión pésima e un enorme malgasto que agora se quere solucionar con axustes que só pagan os cidadáns pero seguimos sen ver como se esixe respon-

sabilidade política. E canto a este Concello, posible-mente seguirán igual, mala xestión que permite un gran malgasto e cero responsa-bilidade política utilizando incluso o engano e a menti-ra. Máis do mesmo”.

A favor ou en contra da fusión de concellos?

S.G: “Fusionar por fusio-nar, non. Non de maneira xeralizada, senón persona-lizada segundo a situación de cada concello. Nalgúns pode ser boa a fusión pero noutros creo que se po-den utilizar outras formas como mancomunar algúns dos servizos e desta forma aforrar pero sen renunciar á independencia dos con-cellos”.

A favor ou en contra do copago sanitario?

S.G: “A favor dunha sanidade pública ben xes-tionada que contemple re-formas pero non recortes. Máis que ‘copago’ é ‘repa-go’. Xa a estamos pagando todos non?”

A favor ou en contra da suba de taxas e impostos?

S.G: “Na actualidade, en contra. Non se beneficia aos cidadáns nin se aumentan os servizos. Hai moito que recortar en gastos super-fluos”.

[Le a entrevista completa en www.mundourense.com]

Susana Gómez, edil de Democracia Ourensana./RAMSÉS.

ENTREVISTA

Page 20: Marzo 2012 - OUxB

�0 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� PUBLICIDADE

Page 21: Marzo 2012 - OUxB

�1Ourense por BARRIOSMarzo de �01� PUBLICIDADE

Page 22: Marzo 2012 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 ��9 6�4 ou en [email protected]. Gratuí-

tos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva

chamarnos]

VENDAS TRABALLOPISOSMércanse mobles ou electrodo-mésticos de �º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 �1 �� �4Compraría remolque mediano. Tel. 649 67� 49� e 988 �1 67 55.Vendo Yamaha SR Special �50 ano 9� en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cam-bio aceite,alforxas, etc... Regalo cascos,candado,funda e seguro. 1.�00 euros, tel. 680 568 �78Vendo mobles de perruquería de �ª man, �.000 euros. Tel. 988 �5 59 6�.Vendo quentador eléctrico. tel. 988 �5 59 6�Vendo caldeira de calefacción de gas cidade seminova, enfriador de botellas sen estrear, escritorio e sofá �+�, tel. 6�7 00 59 10.Vendo viño de colleita ecolóxico. Tel: 647 404 4�8Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 pelí-culas. �0 euros. Tel. 649 157 0�5Vendo botas media caña goretex con cremalleira, número �9-40, novas, 40 euros. Tel. 649 157 0�5.Vendo tocadiscos como novo con dous altavoces grandes, �00 euros. Tel. 698 174 �74Véndense tres lavadoras, � fri-goríficos e 1 cociña de gas, semi-novos, prezo moi económico, tel. 6�9 56 1� 90Vendo leña de carballo. Tel. 6�0 5�1 448.Vendo Renault Scenic ano �000, 100.000 km, perfecto estado. Tel. 678 8�7 075.Vendo vespino 8�E, ano 89. 49cc.Tel. 617 �75 �87. Vendo galos kikos.Tel. 617 �75 �87.Véndese Home cinema Samsung sen usar por 40 euros. Tel. 60� 507 4�4.Vendo galo de Mos. Tel. 988 �48 967 e 677 0�� 7�6.Vendo coche Opel Astra. Prezo a convir. Tel: 606 7�� 866.Véndense coleccións de sellos de correos en perfecto estado das temáticas de fauna e outras, a moi bo prezo.Tel. 605 �88 596.Véndese extrulladora de viño case nova por 180 euros. Tel. 647 70 41 80Vendo mobles de segunda man, moi pouco uso, comdor, tresillos, dormitorio, lámpadas, etc. Tel. 650 978 479.Vendo caldeira de calefacción de gas cidade Roca, apeiros de la-branza antigos para decorar, sofá �+�, tel. 6�7 00 59 10.Vendo quentador de auga Fagor con 4 meses de uso por 150 euros e mobles de perruquería seminovos por mil euros. Tel. 988 �55 96�.Vendo ordenador portatil, 150 euros, tel.647 �7� 198.

Véndese piso en Vigo (praia Amé-rica), tel. 6�6 4�� 497Vendo piso av. Santiago, 87 m�, � habitacións, � baños, parquet, semiamoblado, cociña equipada, garaxe e trasteiro, ascensor. Tel. 698 1�6 696Vendo finca en Amoeiro de 1.600 m� solar, bo prezo. Tel. 610 54 48 54Alúgase piso en Vigo (r/Zamora) 3 habitacións, tel. 6�9 81 6� 09.En Gustei véndense 2 fincas: unha de 500 m� a 40 m de Gustei e outra a zona chamada Bouzo de 1�00 m�. Tel 6�7 608 758Véndese finca en zona Barxas-Cu-deiro a � km de Ourense, en terreo edificable. 1.800 m� e excelentes vistas. Tlf: 6�7 608 758.Alúgase piso na avda. de Santia-go (xunto Mercadona), amoblado, calefacción, ascensor, �98 euros + 7� euros comunidade. Tel. 6�0 54 75 85.Alugo piso no Couto, 4 habita-cións, cociña, salón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 ��8.Alúgase apartamento novo no Couto, amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 6�7 00 59 10.Vendo piso en Vigo. tel.6�6 4�� 497.Alúgase apartamento zona Pon-te, amoblado, calefacción e auga quente central con contador, boas vistas, praza de garaxe e trasteiro. Tel. 988 �7 44 99 e 687 47 96 41.Alúgase piso amoblado en praza de España (Vigo). Tel. 639 81 62 09.Aluguer en Montalvo para Sema-na Santa, �0 euros/día. Tel. 607 �7 19 16.Véndese casa pola estrada de San-tiago para restaurar. Tel. 6�7 00 59 10.Urxe venda piso en praia América (Vigo).Tel. 607 271 916.Aluguer apartamentos en Sanxenxo. Tel. 607 �71 916

Ofrécese señora con experiencia e títulos de auxiliar de enfermeria e axuda no fogar para coidar anciáns ou enfermos unha hora ao día. Tel. 6�0 05� 17�Ofrécese chica para limpeza de portais a prezo moi economico.Tel l6�9 71� 600Ofrécese chico para traballar fin de semana en calquera cousa e sen horarios.Con experiencia no trans-porte.Tel. 697 1�0 070Ofrécese señor (45 anos) para seguridade persoal, vixilancia, acompañamento,e tc. (pertencente FCSE) Tel. 66� 54 60 ��.Clases particulares. Primaria. ESO: materias de Ciencias e in-glés, tecnicas de estudo. 1� anos de experiencia. Material didáctico propio. 100% aprobados pasa-do curso. Visita informativa e 1ª clase gratuitas. Tlf. 67870057�, 988375081. http://fidelformacion.blogspot.com. [email protected]. Danse clases de Debuxo e Pintura (tamén debuxo técnico). Licenciada en Belas Artes, experiencia como pro-fesora. Prezos asequibles.66960�414 e [email protected] .Ofrécese señor para toda clase de traballos: limpeza de fincas, elec-tricidade, fontanería, etc. Tel. 666 17 �5 06Ofrécese señora para traballar por horas. Tel. 666 17 �5 06Pintura, decoración, colocación de tarima a prezos de vértixe ga-rantizado. Tel. 666 1�5 1�9.Ofrécese señora para traballar por horas. Tel: 6�9 951 15�Desbrózanse fincas. Tel. 630 521 448.Ofrécese señora con experiencia e boas referenzas para coidado de persoas maiores, nenos, tarefas do fogar, con curso de auxiliar de axuda a domicilio, polas tardes. Tel. 685 �7 41 91.Danse clases individuais de Mate-rias dos 4 Cursos do Grao en ADE, especialmente de Contabilidade e Matemática Financiera, Estatística e Matemáticas (I e II). Certificado de Formador e CAP. Ampla expe-riencia. A domicilio.Tel.: 610 �8 �5 89 e [email protected] masaxes relaxantes, descon-tracturantes e tratamento de lesións. En local ou a domicilio. Pablo (605 86� 150). Prezo económico Ofrécese rapaza para servizo do-méstico ou limpeza de escaleiras, zona Vinteún. Tel 6�6 �9� 5�5.Fanse traballos de Photoshop: restauracion de fotos antigas e composicions. Tel: 66� 0�4 �6�.Ofrécese rapaza responsable para limpeza e coidado de persoas maiores. Tel. 663 129 136 (Sasha)Ofrécese rapaz responsable, serio para traballar en enlucidos e xesos en xeral, etc. Tel. 697 4�9 066 (Antonio).Ofrécese rapaza para traballar coidando persoas maiores, limpan-do etc., telf 676 9�8 1�8, experien-cia e titulo.Ofrécese señor para desbrozar fin-cas. Tel. 6�7 00 59 10

ARTIGOS / CLASIFICADOS

Na construcción do fe-rrocarril Madrid-Zamora-Ourense-Vigo (M.Z.O.V) houbo dúas etapas: a pri-meira foi a construción da estación Empalme e a vía para conectar coa antiga de Vigo-Canedo-A Ponte-Mon-forte en Quintela de Canedo, onde había un fermoso cam-po natural á beira do Miño chamado “Os Tombos”, hoxe tristemente desaparecido. Esta etapa concluiu coa in-auguración da estación por Franco o día 23 de setembro de 1952. Con esta efeméri-de desaparecía a estación vella daPonte en cuxos te-rreos máis adiante ubicouse o que é hoxe o 12 de Outu-bro, o colexio de maxisterio e o parque da Ponte. A vía vella que quedou inutilizada dende a unión en Quintela de Canedo transcurría pola marxe dereita do Miño pa-sando por Casteadona, O Pino, Balneario das Caldas, onde había unha fermosa ponte, campo de Santiago, monte do Peco. Paso a nivel do cemiterio onde estaba de guardesa a señora Domin-ga, nai da señora Carmen A Guardesa, a trincheira que había entre o monte grande e finca do cura. A Casilla ben se puido conservar ou pór en sitio axeitado, neste lugar atópase hoxe o edificio de Policía Local; a carba-lleira onde estaba a fábrica de madeiras do Dorindo e xa pola parte norte do Rincón a ponte de ferro sobre a rúa das Caldas e a continuación a estación Vella da Ponte, o gran valedor de Ponte Cane-do dende 1881.

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

Vivencias de Ponte Canedo

Véndese piso en Xinzo, � habitacións, cociña, salón, � baños, ascensor, garaxe, ca-lefacción, fío musical, gran trasteiro, venda interesante para xente nova (menor de �5 anos) porser subvencio-nable a corto e medio prazo. Prezo interesante. Tel. 6�6 99 41 76

LOCAISAlugo oficina r/Progreso ao lado Pazo Xustiza, acondicionada, tel. 6�7 00 59 10.Alugo local económico xunto parada de autobús. 988 �44 790.Alugo oficina amoblada de �0 metros cadrados, con � postos de traballo. Prezo a convir. Tel. 6�7 �0� 1�1.Vendo por xubilación negocio de mercería, lencería e confección. Moi bo prezo. Tel: 988 ��0 184 e 600 ��8 861.Alugo carniceria A Granxa (ou outro negocio). Zona San Fran-cisco. Telf: 988��5876. Preguntar por Mª Carmen.

GARAXESAlúgase praza de garaxe para moto no centro (frente centro saúde Valle Inclán) �0 euros. Tel. 6�6.��.95.�4

4FELICITACIÓN

Lucaaniversario: 0�.04Luca, moitas felicidades,

no teu sexto cumpleanos; e moitas felicidades polo teu novo irmán Xabi, cóidao moito. Bicos, dos teus pa-driños Manolo e Pili e de Iago e Adri..

Edificio onde recollían a “ración” os obreiros que tra-ballaron na construcción do ferrocarril Madrid-Zamora-Ourense-Vigo (M.Z.O.V)

Os obreiros de ferrocarril a mediados da década de 1940-1950 recibían a “ra-ción”. Consistía nunhas can-tidades de alimentos, segun-do a súa familia fora máis ou menos numerosa, aceites, fabas, lentellas, garbanzos, fariña, xabón, touciño, pa-tacas... os obreiros, que eran de toda a provincia, reco-llían a mercancía e levában-lla xunto á señora Carmen A Guardesa a que lla gardara e o mesmo tempo trocar o que non lles facía falla por outra mercancía que necesitaban. A señora Carmen trocáballe uns artigos por outros se-gundo as súas necesidades e desta forma os obreiros non levaban produtos que xa ti-ñan nas súas casas. A señora Carmen satisfacía a todas estas xentes e así acumulaba algún artigo, para os que xa tiña xentes de Vigo, Redon-dela... que viñan xunto á miña nai a comprarllo.

Eu era moi neno e lem-bro a aquelas xentes, espe-cialmente as señoras, eran fortes, cun acento do noso galego que as facía incon-fundibles e ao mesmo tempo simpáticas.

A segunda etapa da cons-trución do ferrocarril foi a que viña de Zamora-Ouren-se-Santiago: o viaducto, a estación de San Francisco, o traxecto Vilar de Barrio, Campobecerros... e cara a Santiago, Santa Cruz, Carba-lliño... esta etapa finalizou en 1957. Ver pasar os primeiros trens polo viaducto era unha pasada. D Ramón e D. Paco Cachafeiro foron das per-soas que máis contribuiron na execución das obras. D. Paco e o seu “Bicarbonato” dicían os obreiros que era moi bo pero cando lle dabo o ardor de estómago era te-rrible, sempre levaba unha

bolsiña de bicarbonato na chaqueta, enchías as mans de bicarbonato e para den-tro, e xa era unha felicida-de de xefe. D. Ramón viviu no chalet da Tapada de Al-fonso Abeijón, que era un señor moi serio, moi boa persoa, a súa muller Doña Amparo era boísima, tiñan moitos fillos, todos cativos, Moncho, Cuca, Amparo... O señor Vales, que vivía na casa que despois foi do señor Isidro o Ferreiro, e a súa muller encargábanse de coidar a horta e unha vaca que tiñan exclusiva-mente para ter leite para a súa familia. Doña Ampa-ro tiña unha señora para axudarlle a coidar tantos nenos. D Ramón e a súa muller sempre se portaron moi ben con todos os nenos e as xentes de Quintián.

A marxe esquerda do Miño, Ourense, conseguiu a de San Francisco, pero ao final foi un fracaso pois era máis complica-do apearse na estación de San Francisco e ir aos seus fogares que facelo na esta-ción Empalme. Isto pode volver ocurrir co AVE, pois a nosa cidade, cando está en expectativa algún acontecemento importante, acostuma marear a perdiz. Andan vaticinando uns por aquí, outros por alí, uns soterrado, outros a ceo aberto, uns que hai que unir as Tapias, Covadonga e o Vinteún coa Ponte, este tema xa leva 70 anos así, que opinarían vostedes se estivesen no noso lugar?.

Ás autoridades ourensás, Fomento e Xunta: “o pobo comeza a preguntarse que pasa para que non se po-ñan de acordo”.

Pepe da Guardesa

Page 23: Marzo 2012 - OUxB

��Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres

Sábados

Domingos e festivos

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9�5. Depósito Legal: OU 151-�00� / OU 1�5-�00� / OU 164-�004/ OU 155-�007. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - ��004 Ourense. Tel: 988 ��9 6�4 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano

Nº115/105/91/54 - Ano: XI - Marzo 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impre-so en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode serreproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 ��9 6�4.

4TELéFONOS DE INTERESEConcello Ourense 988 �88 100Concello Barbadás 988 �60 000Deputación 988 �85 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 �70 7�8 Policía Local 09� / 988 �88 1�8P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 �91 771Guardia Civil 988 ��5 �5�Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� �09 000Bombeiros 080 / 988 �70 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 �91 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116Cita previa SERGAS 90� 077 ��� H. Sta. Mª Nai 988 �85 499Hospital Cristal 988 �85 500Atención Cidadán 988 �9� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 ��1 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��� 08� Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención ao menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria 988 ��6 608AECC 988 �19 �00C. C. Antisida 988 ��� 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcohólicos Anón. 646 645 119�4h. Alcoh. Anón. 988 �69 540Alcoh.Anón. �4h. 988 �� 76 �� Asoc.Crohn-colitis 6�0 1�6 447Down Ourense 988 �70 �1�

4AUTOBUSES VALENzÁ-OURENSE

SERVIzOS

7:007:�07:458:008:158:�08:459:009:159.�510:0010:�510:55 11:�0

7:�07:508:108:�58:408:559:109:�5*9:4010:0010:�0 11:00* 11:�01�:05 1�:�0

11:401�:051�:�01�:50 1�:05 1�:�01�:4014:1014:�015:0015:�015:4516:0016:�0

1�:45 1�:001�:15 1�:�0*1�:50 14:1014:�515:0015:�015:5516:1016:�017:0017:�018:00

16:4017:0017:�018:0018:�019:0019:�019:50�0:05�0:40�1:00�1:�5��:00

18:�019:0019:�019:45�0:00*�0:�0�0:40�1:05�1:�5�1:50��:15

8:008:40 9:�510:�5 11:�0

8:�09:1010:0511:0511:55*1�:15

1�:50 1�:�5 14:40 16:0017:00

14:0015:�016:�017:�018:�019:�0

18:0019:00�0:00�1:00

�0:�0�1:�5

9:�010:�0 11:451�:50

10:0011:101�:�51�:�0

1�:00 16:0017:0018:00

16:�017:�018:�019:�0

19:00�0:00�1:00

�0:�0�1:�5

4AUTOBUSES URBANOS: liñas e horarios en www.urbanosdeourense.esTarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: or-dinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos

4CARTAS AO DIRECTOR

[Para resolver o sudoku, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9]

Indignación, rabia e impotencia

Iso é o que sentimos moi-tos pais /nais ante a noti-cia, a estas alturas do cur-so, de que nos deixan sen colexio. As “monxiñas de Sobrado do Bispo” deixan aos nosos fillos na rúa, sen máis solución que cambiar ao colexio Miraflores, moi-to máis caro e afastado das nosas casas, ou buscarnos a vida. Viva a caridade cristiá! Os nenos non son rendibles. Para a igrexa, ou mellor dito para esta congregación, a educación dos nenos non é prioritária. Non son rendibles hai moi-tos anos pero nunca antes dixeron nada, parece ser que o ter en proxecto unha residencia de anciáns, tipo San Rosendo de Celanova, motívalles a apurar o ce-samento de toda activida-de académica.

Claro, os ancianiños con ricas herdanzas son máis golosos que uns simples nenos sen máis beneficio que o seu proxecto de fu-turo! Nunca foron do meu agrado os colexios de cu-ras ou monxas, pero reco-ñezo que a educación que se imparte, os valores que transmiten, preparan me-llor aos homes e mulleres do mañá. Os profesores do “Madre de Dios” de So-brado quedaron igual que nós os pais: a cadros. Nin-gún o sabía até media hora antes que nós, algúns pode-rán recolocarse no colexio Miraflores pero outros, os máis, vanse á rúa, e coa

nova lei de despedimen-tos, cunha man diante e outra detrás, despois de dedicar toda a súa vida á educación dos “Homes do Mañá”. De vergoña. Os pais andamos como tolos buscando nova ubicació para os nosos fillos, e cla-ro queremos que sexa do estilo do que estabamos a recibir. Está dificil. A rela-ción calidade-prezo estaba moi ben, e agora ímonos á pública (ao Ruxidoiro, porque o Filomena Dato, nin falar, uf!) ou privadas (carísimas) ou as concer-tadas (cheas). Veremos que facemos pero aínda que só nos quede a rabecha, dicir que as Señoras Monxas da congregación das escravas da eucaristía (e póñoo en minúscula á mantenta) de-

fraudáronnos con fartu-ra. Espero que se fagan moi ricas coa residencia de anciáns, que consigan chimpar moitas herdan-zas e que lles aproveite moito. E sobre todo que consigan un negocio ren-dible. E ás familias, que nesta época de crise por todos lados, déixannos aos fillos sen a única cousa boa que hoxe en día lles podiamos ofrecer que é unha boa educa-ción, a tomar vento. Viva o exemplo das monxitñas! Viva o silencio do Bispa-do! Viva o libre albedrío e que cada un pense en si mesmo! Viva o sacrificio polo próximo! Viva, viva, e viva! AMEN.

Unha nai moi cabreada

[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias por correo electrónico a [email protected], [email protected], ou por correo tradi-

cional a r/Valle Inclán, �5, �º, of. 15, ��004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e

cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publica-ción así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4SUDOKU (nivel difícil)

[Envíanos as felicitacións a [email protected], ou r/Valle Inclán, �5, �º, of. 15, ��004, Ourense]

Page 24: Marzo 2012 - OUxB

�4 Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

SAÚDE

O ambulatorio da Valenzá ten enfermeira por horas4 BNG e SATSE denuncian as consecuencias e riscos deste insuficiente servizo.Redacción

O BNG de Barbadás e o Sindicato de Enfermeiría veñen de denunciar as con-secuencias da non contrata-ción dunha enfermeira para o centro de saúde de Barba-dás logo de que a anterior se xubilase. Desde ese momen-to é unha profesional, co seu posto de traballo no centro de saúde da Valenzá, a que vai a cubrir a praza vacante de Barbadás, cun horario de atención aos pacientes “re-ducido a unha hora durante tres días (de 8 a 9, os luns, martes e xoves) e unha hora e tres cuartos dous días (de 8 a 9,45 os mércores e ven-res)”, explican os naciona-listas.

Polo que, o médico de Barbadás e a enfermeira non coinciden no centro de saú-

de, dado que o facultativo está presente a partir das 10. O que está a ocasionar “mo-lestias e atrasos nas valora-ción médicas de atención primaria e na realización de probas médicas que pode-rían ser o primeiro paso para diagnosticar outras dolen-cias máis graves”, apuntan dende o BNG.

Esperas dun mes para facer análises de sangue

Pola súa banda, o Sindi-cato de Enfermeiría explica que este problema “está a provocar que a lista de espe-ra para a realización de aná-lise de sangue se eleve xa a un mes ou máis”.

Na actualidade, sinalan desde SATSE, “só hai dúas enfermeiras na quenda de mañá e unha delas ten que ir ao consultorio de Barba-

dás entre as 8 e as 10 ho-ras co que só queda unha para atender o centro de saúde da Valenzá, o núcleo de maior poboación, con máis de �.000 pacientes”. “Sería preocupante que se producise dous casos ur-xentes simultáneos e que a enfermeira do centro se vise obrigada a aten-der a un en detrimento do outro”, apuntan dende este sindicato.

Solución urxenteAnte esta problemática,

tanto o BNG como SATSE solicítanlle ao rexedor mu-nicipal, José Manuel Frei-ro Couto, unha “solución inmediata a unha situación que afecta a todos aqueles que poidan precisar aten-ción sanitaria urxente”, re-calcan dende SATSE.

Redacción

A partir de abril os pa-cientes dos centros de saú-de da Ponte, Valle Inclán, A Carballeira, A Valenzá e Novoa Santos benefi-ciaranse da ampliación da oferta asistencial na quenda de tarde, tanto para acudir as consultas de en-fermería como de médicos de familia e pediatras.

Con esta medida, a Xe-rencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras cumple o seu obxectivo de ampliar a asistencia nos centros de saúde con maior volume de usuarios adscritos a esta quenda; de xeito que serán �0.56� ourensáns os que verán modificado o seu horario de asistencia a par-

tir do próximo mes. Os cales recibirán, nestes días, unha carta informativa.

Ampliación da oferta asistencial en pediatría

Esta iniciativa tamén ten en conta a oferta asisten-cial pediátrica dalgúns dos centros de saúde con maior número de poboación infan-

Cinco centros de saúde aumentan a súa oferta asistencial polas tardes4 De médicos de familia, pediatras e enfermería.

til, como os de A Valenzá, Valle Inclán, A Ponte e No-voa Santos. En total 7.744 nenos adscritos á quenda de tarde verán ampliada a súa asistencia pediátrica.

Nembargantes, esta redis-tribución non afecta nin ao número de profesionais do cadro de persoal destes cen-tros, nin a atención urxente.

O centro de saúde Valle Inclán é un dos afectados./P.L.

Page 25: Marzo 2012 - OUxB

�5Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

4GUÍA DE SAÚDE [Se quere anunciarse chame ao 988 ��9 6�4]

SAÚDE

Papá4PAIS E FILLOS

Eu non son pai, son nai, sei o que sinto como nai e o que sería capaz de facer polos meus fillos como nai.Pero que sente un pai?, que significa ser pai?. Jean Xa-ques Rosseau “Un bo pai vale por cen mestres”. Anne Sexton “Non importa quen foi o meu pai. O importante é quen lembro eu quen foi”. L. Serrat “O oficio de ser pai debe aprenderse. Amar aos fillos é máis que un simple sentimento; é unha toma de conciencia sobre certas responsabilidades que conduzan á felicidade do ser amado”.

Non son pai, pero si que son filla e teño un pai. O meu pai, para min é o me-llor do mundo. Sempre es-tivo aí nos mellores e nos peores momentos da miña vida, axudándome cos pro-blemas de matemáticas, sendo o meu exemplo ante a estupidez do consumismo adolescente, contándome contos de aventuras todas as noites e historias de descubrimentos nas nosas viaxes, facendo mil mu-danzas na Universidade e dándome apoio nos meus proxectos empresariais.

Un día, hai pouco tem-po, o meu pai contoume

Estereotipias (II)4VETERINARIA

[Vén do número anterior]Podemos distinguir dous

tipos de causas:2. Causa non orgánica:*Frustacion reiterada ou

crónica. Son situacións nas que o animal non pode levar a cabo conductas para as que mostra unha motivación intensa. Por exemplo, cando o animal se mantén moito tempo aillado nun ambiente pobre en estimulos, de modo que non pode mostrar o seu comportamento explorato-rio normal nin manter inte-raccións sociais con outros cans ou persoas.

*Ansiedade por separa-ción.

*Situacións nas que o animal non pode prever nin controlar o seu entorno, xa que esto é unha causa im-portante de estrés e pode dar lugar a condutas com-pulsivas.

O tratamento das este-reotipias consiste nunca modificación da conduta é vez que nun tratamento far-macolóxico.

As estereotipias poden aparecer a calquera idade e son igualmente frecuentes en machos que en femias, aínda que se describiu unha certa predisposición racial.

Así, a conduta de perse-guirse a cola parece ser especialmente frecuente no Pastor Alemán e o Bull Terrier, mentras que a der-matite acral por lamido parece que se observa con maior frecuencia en razas como o Labrador, Dober-man, Akita, Maltes, Dál-mata, Setter Ingles, Shar-Pei, Schnauzer mediano e Weimaraner.

E é moi importante lem-brar que as conductas anteriores deben consi-derarse estereotipias úni-camente cando cumplen as tres caracteristicas mencionadas ao principio, cando o animal as realiza de forma moi repetitiva e invariable e ademáis non parecen ter ningunha fun-ción. E sempre ante cal-quera dúbida consulte ao seu veterinario.

Covadonga Suárez, Departamento etoloxía

Hospital Veterinario Abros

unha historia e entendín que é ser pai e como sente un pai. Pois ben, a historia é a seguinte: “Érase unha vez unha familia de ratos, os avós ratos, os fillos ratos e os netos ratos, que vivían moi felices e tranquilos no seu buraco, pero un día alguén quixo desfacerse de toda a familia de ratos e puxo veleno na entrada do tobo. O rato máis vello, o avó, detectou o veleno e deuse conta que se pene-traba na súa gorida e res-pirábano todos acabarían morrendo. O rato vello, colocouse na entrada e empezouse a inflar e inflar evitando que entrase o ve-leno. O rato avó morreu, pero o seu sacrificio salvou ao resto da súa familia”.

Iso é o que fan os auténti-cos pais, a súa felicidade é xenerosa, a súa vida sacri-ficada na educación e aten-ción dos seus fillos. Antes que na súa propia felicida-de, pensa na felicidade dos que dependen del. Non é egoísta. É protector. Un pai sempre esta aí como mes-tre, guía, cómplice, amigo, pero sobre todo como pai.

Grazas papá!Diana R. Salgado

Psicóloga

As estereotipias son condutas re-petitivas, invaria-bes e sen función aparente

Redacción

O presidente da Xun-ta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou, durante unha visita ás instalacións do novo centro de saúde de Vilamarín, o compromiso do Goberno galego de, a pesar da crise económi-ca, preservar e mellorar o servizo público sanitario galego.

Ao longo da visita, Fei-jóo referiuse ao compro-miso do Executivo galego coa ampliación e a reforma do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. “Un compromiso –salien-tou- que cada día adquire máis concreción”, avan-zando que nas vindeiras semanas licitarase todo o novo edificio de hospitali-zación completo do com-plexo hospitalario. “Será

un investimento próximo aos 60 millóns de euros, que se contextualizará nun investimento máis global e máis ambicioso que su-porá máis de 100 millóns de euros, na remodelación integral no Plan Director de reforma e ampliación do Hospital de Ourense. Comezaremos polo máis importante, por un edificio novo, onde se alberguen to-das as camas, toda a capa-cidade de hospitalización e toda a capacidade hoteleira que ten ese hospital”.

Así mesmo, o presidente remarcou que a aposta por unha política sanitaria máis eficiente permitirá poñer 17 novos centros de saúde a disposición dos cidadáns nesta lexislatura; “estamos reformando outros 8 e es-tamos en plena construción doutros 4”, concluíu.

O presidente da Xunta na inauguración do centro de saú-de de Vilamarín./XOAN CRESPO.

A licitación do edificio de hospitalización do CHUOU, en semanas4 Feijoo reiterou o compromi-so do Goberno galego co com-plexo hospitalario ourensán.

Descende o número de casos de tuberculose en máis dun 60%Redacción

Con motivo da cele-bración do Día Mundial da Tuberculose o �4 de marzo, os responsables da sanidade pública deron a coñecer os datos da inci-dencia desta enfermidade en Galicia.

Segundo as estatísticas sa-nitarias, o número de afecta-dos por tuberculoso descen-deu un 61,�% nos últimos 15 anos, de 1996 a �010. Neste último ano rexistráronse en Ourense 8� casos.

A diagnose rápida é a fórmula máis eficaz para mellorar os resultados do tratamento e para evitar contaxios, por iso ante unha tose persistente, de máis de dúas semanas, aconsellan consultar co médico.

Page 26: Marzo 2012 - OUxB

�6 Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

especial 10 ANOS DE OURENSE POR BARRIOS

ColaboraciónsSeguiremos recordan-

do a historia do periódico nos vindeiros meses. Se queres compartir con nós algunha experiencia que tiveses relacionada co pe-riódico escríbenos a [email protected] ou déixanos a mensaxe na nosa páxina en facebo-ok (mundourense.com) e deixa a túa mensaxe. Non te esquezas de pór no asun-to “10º aniversario Ouren-se por Barrios”.

10 anos de Ourense por Barrios4 Nesta terceira entrega da historia de Ourense por Barrios, repasamos o máis destacado do publi-cado durante �006.

A visita dos Reis a Ourense foi unha das novas máis lidas do Ourense por Barrios de xullo.

Portada da edición da Ponte de decembro de 2006.

A paralización das obras do Xardín das Burgas foi a foto-grafía central da portada de xaneiro.

Paula Lodeiro

O ano �006 iníciase coa nova de que o Concello de Ourense contrataría un préstamo de nove millóns de euros “para poder rea-lizar os investimentos que a cidade precisa sen au-mentar a presión fiscal dos cidadáns”. Daquela tamén informábamos de que re-presentantes de Concello, Xunta e Fomento se reunían “para avanzar no proxecto de integración ferroviaria da cidade” e que Patrimonio obrigaba a paralizar as obras de Xardíns das Burgas, coa ‘ameaza’ da empresa de re-clamar danos e prexuízos se non lle deixaban continuar coa construción do seu ho-tel-balneario. Outro titular deste número: “O Concello sacará a concurso a constru-ción e explotación do centro termal do antigo cárcere”. E nunha reportaxe analizába-mos como acollían os hos-teleiros a entrada en vigor da lei antitabaco, aquela que aínda permitía fumar en ba-res e restaurantes de menos de cen metros.

En febreiro de �006, nú-mero 4� de Ourense por Barrios, informábamos de que o vandalismo lle custa-ba ao Concello de Ourense preto de �00.000 euros ao ano, que asociacións do nor-te da cidade vían prioritaria a construción dun centro

de saúde, e dunha visita ás obras do balneario de Outa-riz.

“A declaración das Burgas como Bic enfronta a Conce-llo e Xunta” era titular de portada do mes de marzo, número no que dábamos conta do apoio dos diferen-tes políticos ao proxecto de reforma da Praza de Abastos e da apertura ao tráfico da ponte que une As Camelias e O Polvorín. Outro titular no interior da publicación: “Touriño sitúa en �008 o inicio das obras do AVE Lubián-Ourense”.

Abril chega con boda“As duchas do Pavillón

estarán en obras ata xuño” para que as augas das Bur-gas pasen a usarse só como fonte de calor era noticia de portada en abril. No interior do periódico, recollíamos, entre outras, estas noticias: “O Goberno central desblo-quea a chegada da alta velo-cidade a Ourense” licitando o contrato para redactar o estudo informativo sobre a integración do ferrocarril na capital, ou a que fora a pri-meira voda gay dun cargo electo do PP, a do daquela concelleiro de Cultura, Pepe Araujo.

“Barbadás e Ourense che-gan a un principio de acor-do sobre Finca Fierro”, “A Ponte estrea parque”, ou a “Convivencia veciñal en

Expourense” eran titulares das tres portadas de Ourense por Barrios do mes de maio de �006, no que tamén in-formábamos da previsión de que o hospital de Toén pecharía en tres anos.

O fracaso do intento de sacar adiante a reforma da Praza de Abastos á marxe do BIC das Burgas era tema do mes de xuño en Ourense por Barrios. En canto á actuali-dade veciñal, a Federación Limiar pedía máis limpeza e solucións aos problemas de saneamento e abastecemen-to no rural, veciños da rúa Manuel Murguía opúñanse ao traslado dunha parada de autobuses e en Cudeiro rexeitaban o trazado da au-tovía a Lugo.

Visita “real”A visita dos Reis a Ouren-

se protagonizaba a portada de Ourense por Barrios de xullo de �006. Don Juan Carlos e Doña Sofía esti-veron na fábrica de Coren en Santa Cruz de Arrabaldo e xantaron no mosteiro de San Clodio. Neste número,

ademais, unha enquisa en-tre os veciños da Valenzá consideraba que as piscinas municipais quedaran pe-quenas para tanta xente, ou a campaña de Limiar para reclamar o bombeo urxente para o río Barbaña.

O lume que arrasou os montes da parte norte da cidade durante dúas xorna-das de agosto (unhas 576 hectáreas) foi foto de porta-da no número deste mes de Ourense por Barrios, mes no que informábamos do come-zo das expropiacións para construir os viais de acceso a Carrefour ou da defensa que facían os responsables de Sanidade da mellora da atención na Valenzá. O da-quela delegado de Sanida-de, Juan José Monedero, recoñecía a este periódico que Barbadás precisaba dun novo centro de saúde.

“A Xunta construirá a me-dio prazo un novo edificio xudicial en Ourense”, así titulábamos en setembro de �006, e nesa mesma infor-mación recollíamos que nos mesmos terreos estudábase ubicar o centro de saúde do Couto. A inauguración das pozas do Muíño da Veiga ou o anuncio do alcalde, Ma-nuel Cabezas, de que deixa-ría o seu posto en febreiro de �007 eran outros temas, que xunto a curiosidades como a noticia de que unha rapaza

ourensá, Miriam Figueiras, ía participar en “Euroju-nior”, completaban este nú-mero.

Unha fotografía do solar en obras do futuro centro cívico do casco histórico era unha das imaxes de portada de Ourense por Barrios de outubro de �006. Neste mes, incluíamos unha reportaxe sobre o transporte na nosa cidade, comparando as van-taxes e inconvintes do uso do autobús, o vehículo pri-vado e ir a pé. Ademais, ini-cíabase a carreira electoral para as municipais de maio de �007 coa presentación do candidato do PP, Enrique Nóvoa, do socialista Fran-cisco Rodríguez, e de José Luis Valcárcel por Terra Ga-lega, e o Concello de Barba-dás informaba de que saía a concurso a obra para dotar de céspede artificial o cam-

po de fútbol de Os Carrís e construir o polideportivo da Valenzá.

Un galego gaña a San Martiño 2006

Concello, Confederación Hidrográfica e Xunta bus-caban unha solución á de-puradora de Reza, que fora declarada ilegal, alá por novembro de �006. Neste número recollíamos a visita do Príncipe a Ourense, a vi-toria dun galego na Carreira Popular da San Martiño, así

como un especial fotográfi-co dos magostos.

�006 remataba coa inau-guración da nova sede da Policía Local na Ponte, coa aprobación inicial do Plan Parcial de Rabodegalo, que prevía 700 vivendas, ou coa oposición de veciños da rúa Cabeza de Manzaneda á ins-talación dun local do Comité Antisida, estas, entre outros, eran informacións recollidas en Ourense por Barrios nun mes no que a súa empresa editora, Letras a la Carta SL, lanzaba o novo Barrios Xin-zo-Verín, publicación men-sual gratuíta para as comar-cas da Limia e Monterrei.

En novembro arrancou a carrei-ra electoral para as municipais do maio seguinte

En setembro o daquela alcalde, Manuel Cabe-zas, anunciaba o remate da súa vida política para febreiro de 2007

Page 27: Marzo 2012 - OUxB

�7Ourense por BARRIOSMarzo de �01�PUBLICIDADE

Page 28: Marzo 2012 - OUxB

�8 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� especial PRIMAVERA

Redacción

O Bispado de Ourense ten preparado un completo programa de actividades relixiosas para conmemo-rar a Semana Santa, desde Domingo de Ramos, día no que se realizará a partir das 11 da mañá a bendición dos ramos e a procesión co Paso dos Nenos, dende o Parque de San Lázaro ata a Catedral, onde terá lugar a misa estacional.

O mércores 4, ás �0 horas, celebrarase na Ca-tedral a misa crismal. O Xoves Santo, ás 16 horas, terá lugar a celebración “In Cena Domini” no asilo de San Xosé, ás 17 na parro-quia da Inmaculada e nas Escravas, e ás 17:�0 na Catedral.

Ás 18 horas terá lugar esta celebración nas pa-rroquias Sagrado Corazón, María Auxiliadora, Car-melitas Descalzas e Asun-ción; media hora despois en Santo Domingo, San-tísima Trinidade, San Pío X, Milagrosa, As Caldas, O Couto e Santa Teresita; ás 19 horas na parroquia de Cristo Rei e ás 19:�0 nas de Santa Eufemia e Santa Ana do Pino.

A Paixón do SeñorO Venres Santo, ás 17

horas, a Catedral acollerá a conmemoración da Paixón de Cristo, ao mesmo tem-po que o farán as parro-quias da Santísima Trini-dade, Inmaculada, María

Ourense conmemora a Semana Santa

Auxiliadora, Asunción, Cal-das e Carmelitas Descalzas. Ás 17:�0 será o turno da Milagrosa, Franciscanos e San Pío X. Media hora des-pois terá lugar no Sagrado Corazón, Cristo Rei, Santa Teresita e Santa Eufemia. Ás 6 da tarde será en Santo Domingo e San Xosé e ás 7 en Fátima.

Por último, o día rematará ás �1 horas coa procesión do Santo Enterro.

Sábado SantoO día da Vixilia Pascual

dará comezo ás 7 da mañá coa procesión da Soidade, que sairá da igrexa da San-tísima Trinidade, con via crucis e sermón na Catedral para rematar onde comezou.

Xa ás �1 horas, será o mo-mento da solemne Vixilia Pascual nas parroquias de Santo Domingo, Sta Eufe-mia, Santísima Trinidade, Sagrado Corazón, S. Pío X, María Auxiliadora, Sta Te-resita, S. Xosé, Franciscano, Asilo de San Xosé, Escravas e na Milagrosa. Ás �� horas conmemorarase na Catedral e na parroquia da Inmacula-da e ás �� nas da Asunción, Santa Ana do Pino e Carme-litas.

ResurrecciónA Semana Santa pechara-

se o domingo de Pascua de Resurrección. Ás 1� cele-brarase a misa na Catedral e ao seu remate terá lugar a procesión de regreso coa imaxe de Santa María Nai á súa igrexa titular.

Volve o Talonario de Primavera Ponte Vella

A campaña promocio-nal “Talonario Primave-ra �01�”, estará en vigor desde o 9 de abril ao �1 de maio, coa intención de continuar tendo a gran acollida recibida nas edi-cións anteriores por parte dos usuarios do centro comercial ourensán, posto que facilita as súas com-pras.

O éxito débese á com-pleta oferta do mesmo e aos importantes descontos que ofertan os comercian-tes adheridos á mesma, destacando o 10% en Ha-ley (oferta difícil de igua-lar en alimentación), e ata un �0% noutros sectores.

Os clientes teñen até o �1 de maio para facer uso do seu talonario e aqueles que cheguen a facer uso de todos os cheques poden aforrar un importe supe-rior aos 1.500 euros.

Tamén participan nes-te talonario Termas de Outariz e Chavasqueira, con promocións que van até o 40% de desconto en sesións de baño, o sorteo de varios tratamentos de beleza e unha fin de sema-na en Hotel Rural Casa de Mein.

Nesta ocasión, a través do cupón corresponden-te, os amantes das motos poden obter un desconto especial nas súas entradas para asistir á X Concen-tración Internacional de motos-showbike, que se celebrará do �5 ao �7 de maio en Ourense.

Mundoclases nace en Ourense en marzo de �006, cun método didácti-co baseado no ensino per-sonalizado. Hoxe en día, no centro de Mundoclases Ourense confiaron máis de 1.000 familias. Isto fixo que no ano �010, e anima-dos polos bos resulatdos académicos Mundoclases comezara a súa proxección a nivel nacional a través do modelo de franquía. Ape-nas dous anos despois, xa son 10 centros que fomen-tan o método personaliza-do desta marca. José María Villarmea é o seu director.

Que tipo de servizos ofrecedes en Mundocla-ses e a quen van dirixi-dos?

José María Villarmea: “Os servizos que ofrece-mos están vertebrados a través do ensino persona-lizado, con dous servizos como referenza as clases particulares a domicilio e as aulas de alto rendemen-to. Impartimos clases a to-dos os niveis, desde infan-til ata universidade”.

En que se basea o voso método?

J.M.V: “O noso método baséase en dous alicerces: por unha banda, a diag-nose das necesidades a través dunha entrevista co pai e/ou alumn@. A través dunha entrevista persoal fíxanse os obxectivos coas familias, e os alum-nos pasan unha proba de

nivel para coñecer o punto de partida das clases.

Doutra banda, establece-mos unha serie de segui-mentos; diarios; neste caso a axenda é o medio polo cal a familia queda informada das materias traballadas, contidos, tarefas penden-tes etc. Realizamos tamén seguimentos mensuais con informes e probas de ava-liación do alumno co fin de analizar o seu rendemento.

Ademais, en todas as no-sas clases particulares, están implícitas unhas estratexias de aprendizaxe que axudan aos alumnos a mellorar o seu rendemento”.

Que lle diriades a un pai ou nai preocupado polos resultados académicos do seu fillo?

J.M.V: “Podemos falar de dous aspectos diferencia-dores: a prevención, en Pri-maria é fundamental a través dun bo programa baseado en

dotar aos alumnos dunha serie de ferramentas (es-tratexias de aprendizaxe) para a súa planificación, organización e sobre todo a súa rutina. Creo que a ru-tina é a base do éxito dos alumnos.

En canto aos alumnos con baixo rendemento, polo xeral o noso método baseado nos seguimentos e a avaliación continua a través do ensino persona-lizado, achéganos moi bos resultados. Dependendo do perfil do alumno deri-varíase a clases a domi-cilio ou ás aulas de alto rendemento”.

Tedes algún proxecto en marcha?

J.M.V: “Para o próximo curso poremos en marcha o servizo de Canguros pedagóxicos así como o proxecto de Mundoidio-mas”.

[+ info en 988 �9� �49]

Máis de mil familias confiaron xa en Mundoclases

A sede de Mundoclases está na rúa Teluro, ubicada detrás do colexio Maristas.

Page 29: Marzo 2012 - OUxB

�9Ourense por BARRIOSMarzo de �01�PRIMAVERA especial

Una línea de ropa clásica de 0 a � años, con diseño y calidad de primera y pre-cios muy ajustados es lo que ofrece la nueva tienda Valentina Bebé, que abrió recientemente sus puertas en la avenida de la Haba-na. Esto es posible ya que en Valentina Bebé son fa-bricantes y forman parte de una cadena de tiendas con cinco puntos de ven-ta en España y Portugal, y con expectativa de nuevas aperturas en los próximos meses. “La ropa clásica y elegante de bebé suele ser cara, pero no en nuestro caso; es un producto con una confección muy buena y que vendemos a precios competitivos por ser fabri-cantes”, indica el propieta-rio del establecimiento.

TendenciasValentina Bebé ha abierto

en Ourense con ropa de la nueva colección primavera-verano ya en su escaparate y sus estanterías. Prendas de punto y textil en las que destacan los tejidos de al-godón y pique, en peleles, ranitas con camisa, o jesu-sitos (vestido corto para niña) con braga a juego.

PUBLIRREPORTAXE

Valentina Bebé, calidad a muy buen precio en ropa clásica de niño de 0 a 3 añosEsta tienda ha abierto sus puertas este mes en la avenida de la Habana, 47.

Fachada de Valentina Bebé.

Los abrigos de pique para niño y niña vienen en tonos blancos y los chales para recién nacidos los podemos encontrar en azul, rosa o gris.

Estamos en:Av. Habana, 47 - Tel. 988 60 69 43Horarios: de lunes a viernes, de 10

a 13:30 y de 16 a 20 h. Sábados de 10:30 a 13:30 y de 16 a 30 h.

En sus estanterías tam-bién podremos encontrar algún detalle en calzado, prendas artesanas como patucos hechos a mano o faldones de bautizo.

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Francis-canas contan con moitas e moi variadas actividades.

O centro dispón de mul-titude de servizos variados de apertura en vacacións de Nadal, Semana Santa e verán. Contan cun servi-zo de acollida matinal de modo que se pode deixar aos nenos desde as 07:45 horas. Un excelente servi-zo de comedor e unha am-pla oferta de actividades extraescolares permiten que o alumnado poida es-tar até as 19 horas. “Todos servizos están orientados para permitir unha con-ciliación da vida familiar e laboral”, explica Juan Luis Rodríguez, orienta-dor educativo e director desde fai dous anos.

O centro, engadiu na súa denominación o carácter de Plurilingüe. Así, impár-tense en inglés as materias de Educación Plástica (en Primaria) e Educación Fí-sica (en Secundaria). Con-tan cunha auxiliar de con-versación nativa que axuda a mellorar a pronuncia nas aulas e fomentan os cursos internacionais e os campa-mentos internacionais, con outros alumnos europeos e con profesores nativos do Reino Unido. O alemán tamén se potencia e en bre-ve haberá un intercambio cun centro alemán. Doutra

banda, é o único centro que ofertas chinés como actividade extraescolar, con profesora nativa.

ExtraescolaresMáis de 760 alumnos

gozan das moitas activi-dades extraescolares: que-remos destacar a apertura dunha canle de TV propio “Lúa TV” a través da web, o alumnado de audiovi-suais grava, editan e, en ocasións, emite en direc-to. É o segundo ano que teñen o obradoiro de di-rección de cinema onde se elaboran curtametraxes.

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Fran-ciscanas ten unha ONG propia “LADESOL, lazos de solidariedade” que pro-move actividades culturais e educativas coa finalida-de de recadar fondos para proxectos solidarios en países subdesenvolvidos.

O centro ten unha clara tendencia á dixitalización cunha intensa política de renovación dos seus equi-pos informáticos.

En maio celebraran os 4�º Xogos Florais, unha alegoría á literatura coa proxección da obra tea-tral “Eu soño”, a entrega de premios de literatura galega e castelá, concurso de poesías e acto de des-pedida dos alumnos de �º de bacharelato.

Colexio Plurilingüe Divina Pastora -Franciscanas

“Cociña de Coresma” en Santo Estevo

Coincidindo coa Sema-na Santa, o Parador de Santo Estevo ofrecerá do 5 ao 8 de abril unha mostra gastronómica das costu-mes de España denomina-da “Cociña de Coresma”, baseada neses platos que se consomen nesta data e que caracterizan a cada rexión do noso país.

Con esta iniciativa, San-to Estevo quere achegarlle a todos os seus clientes os platos máis significativos da cociña galega e “recu-perar os costumes culina-rios”, para o que ofrecerán dende o Xoves Santo ao Domingo de Resurrención un menú especial compos-to por tres entrantes (em-panada de vieiras en pan de millo, paté de peixes de Roca e cococha de merluza en tempura con confitura de piquillos), un primeiro plato que consis-te en fabas de Lourenzá con ameixas e un segundo de lomo de bacallao con-fitado con suave do seus callos.

E como sobremesa, re-quesón con mel, pudin de coca de Pascua e cañas recheas de crema de cas-tañas. E regado por viño branco godello Adega Bella, tinto mencía, auga, café, infusións e licor ga-lego.

Unha proposta gastro-nómica inigualable que por só 40 euros achegará a quen goce dela á mellor cociña galega de Coresma.

Page 30: Marzo 2012 - OUxB

�0 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� especial PRIMAVERA

En “O Gato con Bo-tas”, na Valenzá, podedes atopar roupa dos 0 aos 14 anos. Un amplo catálogo de marcas como “Bóbo-li”, Desigual, Conguitos, Garvalín, Agatha Ruiz de la Prada,... aportan unha explosión de cores para os máis pequenos da casa. Roupa con moito colori-do, leda, moderna, funcio-nal. De uso diaria. Unha alternativa orixinal para os nenos, unhra roupa dis-tinta.

Ademais, “O Gato con Botas” tamén traballa calzado, todo feito en pel e de fabricación españo-la. Protexe e agarima os pés dos peques con mar-cas como “Puchitos” ou “Nens”, que é un zapato duradeiro, informal, todo terreo, con punteira refor-zada, e moita cor, para os máis trastes. Con “Patale-tas” dispomos dun zapato clásico e coqueto. E non esquezamos as sempre re-sultonas zapatillas de lona “Victoria”.

Coñece xa a nosa tem-

pada primavera - verán: os verdes, azuis eléctricos, a cor terra ou “taupé” e o iris.

Tamén temos comple-mentos, bolsos, diademas, panos, etc.

Estes días, en “O Gato con Botas” temos unha oferta de “�x1” en liquida-ción de prendas de inverno, ata fin de stock.

En “O Gato con Botas” dispomos dunha zona de xogos para que os nenos poidan xogar e os pais des-

“O Gato con Botas”, zapatería e moda infantilAta para rapaces de 14 anos.

O Gato con Botas xa ten á venda a tempada primavera-verán das mellores firmas de calzado e moda.

Xel de última xeración, en “Más que Uñas”Atende con cita previa no local 5 de Galerías Xes-ta, na rúa Santo Domingo

Logo de moitos anos traba-llando no sector e de probar diferentes produtos, Quina Pardo abriu, xunto ás súas fillas María e Leonor Gar-cía, o establecemento “Más que Uñas” no que ofrece ás clientas ourensás uñas de xel de última xeración, du-radeiro, natural, resistente e que non se levanta.

“Despois de ter probado moitos produtos, conseguín este e me gusta porque o que lle ofrezo á clienta o consigo”, explica Quina, si-nalando que leva catro anos traballando con este xel. O que logra o produto é que non teñamos que prestarlle atención ás mans durante un mes, cando con esmal-tes normais temos que estar pendentes delas cada poucos días. “Manteñen o brillo e o estado como ao principio, durante catro semanas”, indica esta experta, que se compromete a devolverche o diñeiro se se levanta o xel antes das catro semanas, e que as recomenda para man-ter as túas mans perfectas e para casos de uñas mordidas

ou débiles.En “Más que Uñas” rea-

lizan ademais todo tipo de manicuras e traballos reali-zados coas uñas.

Promoción de aperturaO prezo por uñas de xel é

de 40 euros máis �5 euros por recheo, pero como pro-moción de apertura, “Más

Quina Pardo e María García amosan a técnica das uñas de xel.

que Uñas” ofrece o re-cheo do primeiro mes a �0 euros.

“Más que Uñas” atende con cita previa no 68� 4� 64 99, pois o proceso de coloca-ción das uñas de xel durante ao redor de hora e media. O establecemento está no local 5 das Galerías Xesta, da rúa Santo Domingo.

frutar da calidade da nosa roupa e calzado. Queremos que os pais estén cómodos e que os nenos estén a gusto.

Ven visitarnos!Tamén estamos en Face-

book, faite amigo noso e poderás recibir ofertas pun-tuais, novidades, etc.

Horarios“O Gato con Botas” está

aberto de luns a venres de 10:00 a 1�:�0 e de 17:00 a �0:�0. E os sábados: 10:00 a 1�:�0 e de 17:00 a �0:00.

Page 31: Marzo 2012 - OUxB

�1Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

PUBLICIDADE

Page 32: Marzo 2012 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

ENTREVISTA A XOSÉ LUIS TROITIÑA - XERENTE DO LICEO DE OURENSE

“ O Liceo busca captar socios novos ofrecéndolles actividades para os seus fillos”

4 O xerente desta xa clásica sociedade cultural asegura que a pesar do paso do tempo “segue sendo ese espazo de literatura, de tertulia, de convivencia”.Paula Lodeiro

O Liceo de Ourense é un dos espazos culturais máis antigos de España, pero a pesar da súa antigüidade, esta entidade soubo irse adaptando aos novos tem-pos e readaptando o seu programa de actividades en función das necesidades das novas xeracións.

Pódese dicir que o Liceo é a asocición cultural máis antiga da cidade?

Xosé Luis Troitiña: “Se-guro, porque o Liceo naceu o � de marzo de 1850 e o Orfeón e as actividades de-portivas son posteriores. É das sociedades máis antigas non só de Galicia senón tamén de España, xa que naceu a mediados do sécu-lo XIX co fin de asociar a un tipo de burguesía rela-cionada coa artesanía. De feito, esta sociedade cul-tural naceu como “Liceo reunido de artesáns”, cunha vocación didáctica, xa que naquel momento non había colexios nin institutos, polo que neste tipo de instala-cións a clase burguesa tiña un espazo no que estudar. O

que deu lugar a que dentro do Liceo fosen surxindo as distintas seccións de músi-ca, literatura... A partir de aí apareceron sociedades similares en Pontevedra e Córdoba, e, de seguido, coa revolución industrial, foron surxindo os círculos mer-cantís, pero xa son todos do século XX. E xa por último creáronse as sociedades deportivas, pero estas son moito máis novas”.

A pesar do paso do tem-po, o obxectivo último co que foi creado o Liceo se-gue vixente?

X.L.T: “Os obxectivos, en certo modo, menteñen ese espíritu. De feito, o Liceo segue funcionando en seccións, como a de li-teratura, coa que buscamos involucrar a xente de toda índole e idades; a de arte e historia, coa que nos adica-mos a percorrer a provincia de Ourense para recoñecer o noso patrimonio; a de sendeirismo, a través da cal, ademais de fomentar esa actividade deportiva, tamén nos achegamos ao seu lado máis cultural. Todo adap-tándonos aos novos tem-

pos, mostrando o que te-mos, pero sempre cubrindo as novas espectativas da so-ciedade. De todos os xeitos, o Liceo aínda segue sendo ese espazo de literatura, de tertulia, de convivencia”.

Que actividades ofrece o Liceo para os seus socios como e cales ao público en xeral?

X.L.T: “O Liceo nos últimos �5 anos tratou de abrirse á cidade de Ouren-se, polo que hai moitas ac-tividades para o público en xeral. Pero logo hai outras propias dos socios, xa que esta sociedade vive da cuo-ta que pagan os seus asocia-dos, polo que eles merecen un trato distinto, xa que é o seu espazo. Por exemplo, a biblioteca é unha actividade privada, así como a lectura da prensa, os xogos sociais e determinadas ceas e acti-vidades musicais. Unha das actividades que estamos pondo en marcha as ceas nas que os socios veñan acompañados dos seus ami-gos, para que estes últimos coñezan esta casa e reman-ten facéndose uníndose a ela tamén. Xa que estamos nun momento que máis que captar socios directamen-te apostamos por impulsar actividades interesantes que chamen a atención de

futuros asociados, xa que é a nosa única maneira de subsistir.

Así mesmo, tentamos que Ourense teñan presencia no Liceo e o Liceo en Ouren-se”.

Con cantos socios conta o Liceo na actualidade?

X.L.T: “Conta con ao re-dor de 1.000 socios. Houbo un momento en que se aca-daron os 1.800 fai uns 15 anos. Pero agora hai unha caída progresiva de socios, creo que un pouco como consecuencia da evolución da propia sociedade, xa que a xente non quere pa-gar unha cuota se non conta cun determinado servizo, por iso agora apostamos precisamente por ofrecer-lles iso”.

Cal é o perfil do socio do Liceo de Ourense?

X.L.T: “Evidentemente a porcentaxe máis alta é de socios de avanzada idade, pero temos un grupo de �0 ou 40 persoas que son xente nova que utiliza a tranquili-dade do Liceo para estudar, tomar un café ou empregar os servizos informáticos. É certo que os nosos socios son máis ben maiores, pero tamen é lóxico, xa que son os que máis tempo teñen para disfrutar desta instala-ción”.

Unha nova iniciativa que está a por en marcha esta sociedade cultural é unha ludoteca para as fins de semana, como surxiu esta idea?

X.L.T: “O que intenta-mos é atraer á xente nova proporcionando activida-des para os seus fillos. De aí surxe a idea dunha ludo-teca, pero esta axústase ao noso contexto, é dicir, ao estar nunha sociedade cul-tural imos a organizar cur-sos de animación á lectura, de cociña, recuperar xogos populares, etc”.

Que actividade destaca-ría dende que se atopa á fronte da xerencia do Li-ceo?

X.L.T: “Eu levo case �0 anos no Liceo, polo que dende logo é moi difícil destacar só unha activida-de. Iso sí, salientaría aque-las que permanecen no tem-po, como son os encontros literarios, que levan �1 anos seguidos traendo a Ourense ás mellores figuras nacio-nais da literatura, como Juan José Millás, Manuel Vicent... Eses encontros que iniciou Carlos Casares e que seguen permanecen-do pola súa coherencia. Ta-mén destacaría os ciclos de Visións de Galicia ou o de Xoves Investigadores, que

leva 15 anos en funciona-mento”.

O Liceo é un edificio histórico, precisa neste momento algún tipo de rehabilitación?

X.L.T: “Un edificio como este, do século XVI, ten sempre cousas que me-llorar. Si é certo que nos últimos 10 anos realizamos moitas melloras grazas a ser un BIC (Ben de Interese Cultural) e á dirección Xe-ral de Patrimonio da Xunta, que nos financiou a rehabi-litación. Agora estamos a rematar unha obra no Salón Noble, ao que vimos de lle asegurar o piso e só queda a parte de pintura e deco-ración, que se rematará en breve, contamos que antes do verán.

É un edificio que require moita inversión, pero hai que asumila pouco a pouco e con sentido”.

Por último, como poden os ourensáns facerse so-cios do Liceo? e por que deberían facelo?

X.L.T: “Nese sentido vén moi ben unha parte do título do voso xornal, “...por barrios”, xa que hai pouca xente dos barrios de Ourense que coñeza o Li-ceo, parece que só é do cen-tro, pero é de todo o mundo, polo que convido a todos a que veñan e nos coñezan, que vexan o que facemos. E logo se dean de alta como socios, porque eu sempre digo que se un le tres pe-riódicos ao día xa amortiza a cuota do Liceo, xa que hoxe custa uns �8 euros ao mes. Ademais, podes tomar un café nun lugar único ou gozar dunha tarde de fados con María do Ceo como terá lugar en breve (o 30 de marzo)”.

“Se un le tres periódicos ao día xa amortiza a cuota do Liceo”, asegura Xosé Luis Troitiña

O Liceo conta na actualidade con mil socios que teñen á súa disposición, de xeito exclu-sivo, a biblioteca, a prensa do día ou xogos sociais./PAULA LODEIRO.

Nunha recente visista ao Liceo, o conselleiro de Cultura, Educación e Or-denación Universitaria, Xesús Vázquez, anunciou que o seu departamento “investirá 66.000 euros para a execución da segun-da fase das obras de reha-bilitación deste importante Ben de Interese Cultural”.Vázquez Abad explicou que “o contrato xa está asi-nado, e está previsto que as obras comecen nas vindei-ras semanas”.

As reformas que se van realizar consisten princi-palmente no pintado dos paramentos horizontais e verticais do escenario, o revestimento en tela do resto dos paramentos; a recuperación do zócalo de madeira preexistente, a limpeza, empastado e

pintado do falso teito; e a restauración das carpinte-rías, así como traballos de pintura do salón de colum-nas. Deste xeito, está pre-visto que no vindeiro mes de maio estean rematadas as obras de rehabilitación deste inmoble.

Estas actuacións “son a segunda fase de rehabili-tación dunha obra na que xa se investiran 167.000 euros”, recordou o con-selleiro. Na primeira fase restaurárase o Salón Nobre e o Patio de Columnas da 1ª planta do edificio, des-pois de que se modificara o proxecto porque tras levan-tar o pavimento do chan do salón nobre e do corredor do patio, comprobárase que o estado da madeira da estrutura presentaba un grave estado de deterioro.

4 66.000 euros para rehabilitar o Liceo

ENTREVISTA

Page 33: Marzo 2012 - OUxB

��Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

O Auditorio Municipal de Ourense ten xa lista a súa programación para o mes de abril, con propostas aptas para todos os públicos e pe-tos. Da mesma maneira re-matan os eventos previstos para marzo: o día �0, Volta e Dalle Teatro presenta “Men-ciñeiros” e o día �1 os “Can-tajuegos” traen ao Auditorio o seu espectáculo infantil, con dúas sesións.

Abril, mes da MITEUUnha das citas esenciais

de abril será a XVII Mos-tra de Teatro Universitario (MITEU) que traerá a varios escenarios da cidade, entre eles o Auditorio, grupos uni-versitarios de teatro de dife-rentes puntos de España e do estranxeiro. A programación completa está aínda por pre-sentar, pero xa se coñecen as datas: do 1� ao �8.

Programa detalladoO resto do mes de abril

altérnanse as propostas para público infantil, coa cita se-mana xa fixada no calenda-rio dos domingos ás 1� ho-ras (o día 1 teatro: “Mamá Cabra 10+1”; o día 8, dan-

O Sen Batuta encara a recta final da tempadaO 5 de abril o Paraninfo do Otero Pedrayo aco-lle a actuación de “Rödbert Trío”

Programación do Auditorio para marzo e abril

Espectáculos para todos os públicos no Auditorio A Concellería de Cultura programou para este espazo municipal teatro danza, maxia, músi-ca e actividades para o público infantil

za: “Nubes”, do gurpo Ara-caladanza; o día 15, maxia, co Mago Romarís; e os días �� e �9, títeres, con “O sapo encantado”, de Títeres Tres Globos e “Cando chove e raia o sol”, de Viravolta Tí-teres, respectivamente.

Xa para un público adulto, destaca o paso por Ourense do Ballet Clásico de Kiev, que trae ao recinto muni-cipal a súa montaxe de “El lago de los cisnes”.

Outro espectáculo inter-nacional, neste caso musi-cal, chega á cidade o día 18. Son “Los chicos del Coro de Saint Marc”, que nesta ocasión revisitan e adaptan clásicos dos Beatles.

Aumento de actividades e público

A Concellería de Cultura agarda continuar este ano na liña de aumento de activi-dades e público no Audito-rio que se leva constatando desde que a concelleira Isa-bel Pérez asumira a xestión desta área. En �011 o recin-to acolleu �88 actividades ás que acudiron un total de 85.975 persoas, o que su-puxo un incremento do 90%

na asistencia de público e dun 148,�% no número de actividades con respecto a �007.

Cantajuegos estarán no Auditorio o 31 de marzo.

O 18 de abril actuarán “Los chicos del Coro”

O Ballet Clásico de Kiev interpretará en Ourense “El lago de los cisnes”.

Consolidada en público e crítica, esta cuarta tem-pada do Ciclo de Música de Cámara sen Batuta en-cara a súa recta final, cos tres últimos concertos nos tres próximos meses.

Esta cuarta edición do Sen Batuta, ciclo organi-zado pola Concellería de Cultura e coordinado por Cibrán Sierra, non se des-viou do obxectivo inicial marcado cando naceu alá por �008: “democratizar a música de cámara desbo-tando tópicos e ofertando calidade a prezos competi-tivos”. Neste sentido, Sen Batuta repite un ano máis a súa fórmula orixinal que combina programación estable, charlas-coloquio entre artistas e público previo aos concertos e ac-tividades didácticas e de dinamización no aula.

Rödberg TríoA vindeira cita para os

amantes da música clási-ca chega en plena Semana Santa. O xoves 5 de abril, ás �0:�0 horas, visitan o Paraninfo do instituto Otero Pedrayo Rödberg Trío.

Os finlandeses Rödberg Trío tocan en Ourense o 5 de abril.

Esta agrupación orixina-ria de Finlandia caracterí-zase “pola súa vontade de buscar novas sonoridades e interpretacións renovado-ras do repertorio clásico e romántico”. O concerto de Ourense incluirá pezas de Niels W.Gade, Felix Men-delssohn e Fanny Mendels-sohn. Como nas actuacións anteriores, previamente ha-berá unha charla-coloquio (19:30 horas).

Concertos en maio e xuño

O programa desta cuar-

ta edición do Sen Batuta comprende nove concertos, programados, entre outubro e xuño, os primeiros xoves de mes, agás o de Hagen Quarttet, que por problemas de axenda programouse para o mércores � de maio. O ciclo remata o 7 de xuño coa actuación de Cuarteto Quiroga.

As entradas manteñen o seu prezo de seis euros, con desconto do 50% aos posuidores do Carné Xove, estudantes e xubilidades, e totalmente de balde para os menores de 18 anos.

PUBLIRREPORTAXE

Page 34: Marzo 2012 - OUxB

�4 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� OCIO E CULTURA

Redacción

O conselleiro de Cul-tura, Educación e Or-denación Universitaria, Xesús Vázquez, anun-ciou, durante a súa visita á Catedral ourensá, que a Dirección Xeral do Patri-monio Cultural vai inves-tir 170.000 euros na posta en valor.

A Dirección Xeral con-tinuará coas actuacións de posta en valor da Catedral iniciadas o ano pasado. Así, Vázquez Abad expli-cou que en primeiro lugar “a Consellería destinará 1�0.000 euros para repa-rar as canles de pedra e a rede de canalóns e baixan-tes, así como se revisará a impermeabilización dos tellados na nave principal e na tribuna do Pórtico coas torres occidentais”.

O proxecto básico de

execución está practica-mente rematado, despois de que os servizos técnicos detectaran os puntos de mal funcionamento do sistema de cubertas.

A segunda actuación pre-vista para este ano na Ca-tedral está relacionada coa conservación e restauración das pinturas murais dos mu-

ros laterais no nártex do Pór-tico do Paraíso, para o que se investirán 50.000 euros.

Patrimonio investirá 170.000 euros en rehabilitar a Catedral4 Destinará 66.000 euros á rehabilitación do Liceo.

O bispo de Ourense explicou ao conselleiro Xesús Vázquez as necesidades do templo./RAMSÉS.

Repararase a rede de canalóns e restauraranse as pinturas murais nos laterais do Pórtico do Paraíso

O ciclo de cine clásico continúa en abrilRedacción

En abril continuará o ci-clo de cine clásico, orga-nizado por J Publicidad, coa película “Río Lobo”. O día aínda está por deter-minar, pero o que si está confirmado é que terá lu-gar no Centro Cultural da Deputación os venres a partir das �0.�0 horas.

As outras películas que faltan por proxectarse son: “O home tranquilo”, “�9 chanzos”, “Crime perfec-to”, “Sorrisos e bágoas” e pechará “Os violentos de Kelly”. Con este filme

haberá un desfile previo polas rúas de Ourense coa xente de Airsoft (grupo que se caracteriza de per-sonaxes bélicos), para dar por concluída esta terceira edición de cine clásico. Nesta ocasión o home-naxeado é Ernesto Ferro, actor ourensán que tra-ballou en películas como Días de voda; tamén tra-ballou na TVG.

Éxito de públicoEsta terceira edición

está tendo, como nas súas predecesoras, un grande éxito de publico, chegan-do ás máis de 100 persoas por proxección. A última película (“Atormentada”) virona �50 espectadores.

Teatro- 1 de abril - “Turandot” - 19

h - Teatro Principal de Ourense.- Do 1� ao �8 de abril- MI-

TEU Mostra Internacional de Teatro Universitario - Teatro Principal de Ourense, Auditorio, Cine Box, Campus, Liceo, rúas.

Cine- �8 de marzo – “Un deus

salvaxe”- 18, �0:�0 e �� h. – Cinebox

- 10 de abril - “Bicicleta, culler, mazá”- �0 h - Centro Desenvolvemento Novacaixa-galicia

- 17 de abril - “Elling” - �0 h - Centro Desenvolvemento Novacaixagalicia

Exposicións- Ata o 6 de maio - “Suave e

preciso” de Manuel Patinha e Xavier Pousa en Ouense- Cen-tro Cultural Deputación

Música- �0 de marzo - Gruff Rhys

+ Maryland - �1 h - Cafe&Pop Torgal

- 14 de abril - Rocky Voto-lato + Pepo Marquez - �1:�0 h - Cafe&Pop Torgal

Conferencia- 1 de abril - “La economía

del bien común” por Christian Felber - 18:45 horas - C.C. De-putación

www.mundourense.com

4AXENDA

Cartel do Derrame RockRedacción

O festival Derrame Rock, que se celebrará no recinto de Oira o �8, �9 e �0 de xuño, vén de presentar o seu cartel, que encabeza Los Enemigos e

Loquillo e no que tocarán máis de 40 grupos.

De momento xa levan vendidas 4.000 entradas, e manteñen ata o �7 de abril unha oferta de abono para os tres días con acampada por 47 euros.[+ en www.festivalderra-

merock.com]

Page 35: Marzo 2012 - OUxB

�5Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

4CÍRCULO POéTICO ORENSANO

O poeta Roberto Resendiz visita Ourense Durante a primeira semana de marzo regresou a Ourense o poeta de Michoacán

Roberto Resendiz Carmona, quen, como adoita, realizou unha xira polos colexios da cidade para dar a coñecer a poesia entre os máis cativos.

Asimesmo, tamén realizou unha visita ao cárcere do Pereiro de Aguiar, nun recital organizado entre o Círculo Poético Orensano e a asociación ATOX de axuda ao toxi-cómano.

Ademais, a edición de Tardes de Poesía do mes, que sempre está adicada á muller, nes-ta ocasión consistiu nun recital do poeta, gran cantor da muller en tódalas suas facetas.

4RECEITA

Ingredientes:- follas de limoeiro- 125 gr de fariña- 2 ovos- 100 ml de leite- sal- Azucre glass ou canela

para espolvorear- aceite de xirasol para

fritirPreparación:- Lavar ben as follas de

Follas de limónlimoeiro e secalas.

- Mesturamos nun bol os ovos, a fariña, a sal e o azucre ata obter unha masa espesa.

- Quentar o aceite nunha tixola.

- Vanse mollando as fo-llas de limoeiro na mestura e bótanse no aceite quen-te.

- Frítense polos dous

lados ata que estean do-uradas.

- Sácanse a un prato no que teñamos un papel absorbente e de segui-do espolvoreámolas con azucre glass, normal ou canela.

Juan Luis Iglesias Váz-quez, xefe de cociña Os

Caracoles, tel. 988 380 165

Roberto Resendiz xunto á poetisa ourensá María González Méndez.

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

O surtidor de gasolinaAo contemplar imaxes de outra época atopo numerosos detalles, tocados polo encan-

to das cousas pequenas, que, desaparecidos, resucitan ante nós por medio da fotografía. Un deles é o surtidor de gasolina situado na rúa do Progreso.

Corría o ano 1922 e o parque automovilístico de Ourense era moi reducido. A maioría dos vehículos procedían por encargo do estranxeiro e poucas persoas tiñan acceso a un automóvil. Con este panorama, Alfredo Alonso Pérez instala unha “columna subminis-tradora automática de gasolina” marca Browser, con capacidade para 10.000 litros.

Despois desta virían outras moitas. A cidade camiñaba cara á modernidade. Arquivo visual Ourensán, fondo Ovalle, texto Fernando Valcárcel, fotógrafo descoñecido

www.ourensenotempo.com

Surtidor na rúa General Franco (actual Progreso), ubicado diante da imprenta La In-dustrial, preto do cruce coa rúa de Reza. Ano 1957.

OCIO E CULTURA

4HUMOR

4TRIBUNA ABERTAInversións en vía morta

Moitas veces penso que algunha vez a Ourense lle votaron un mal de ollo. As estatísticas nos sitúan nos postos baixos de case que todas as cousas boas e nos altos de case que todas as malas. De feito os orixina-rios desta terra acostuma-mos a decir que Ourense sempre é noticia, fóra dos nosos límites administra-tivos, cando se produce un suceso. Esto último tam-pouco é certo cento por cento, pero xa sabemos que sempre nos quedamos coas novas impactantes.

Agora toca que o gober-no español vai estudar a integración do tren de alta velocidade en Ourense, un trazado xa aprobado polo anterior goberno, así como a nova Estación Empalme

(nome co que a coñece todo o mundo, polo que non fai falla rebautizala), proxecta-da polo arquitecto Norman Foster. Ao parecer o gasto da integración da alta velo-cidade está dentro da media comparado cos proxectos de outras cidades, xa que non se pode contar a variante, polo túnel de Montealegre, que resolverá a navallada que supón o paso do tren polo centro da cidade.

A crise económica está detrás de todo isto. As ces-tas do goberno valeiras de cartos é o problema para que os gobernos pensen moito as inversións. Pero esto non é todo, xa que, coma sempre, o minifundis-mo do gobernante ouren-sán, fai que algúns sigan coa teima de soterrar a

estación coma se fósemos toupeiras. De feito o Pre-sidente da Deputación, Manuel Baltar, foi a en-trevistarse coa Ministra de Fomento, Ana Pastor, para que estude o sote-rramento. Con esta actua-ción o Ministerio terá xus-tificada a paralización e, supostamente, a non rea-lización do proxecto como a integración e a estación comprometidos polos an-teriores gobernantes.

É decir os nosos gober-nantes poñen pedras con-tra proxectos realizados por outros gobernantes e non se dan conta que, con estes comportamentos, as pedras as poñen, diréc-tamente, contra os cida-dáns.

Xavi C. Martiñá

Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com e en en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

Page 36: Marzo 2012 - OUxB

�6 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� OCIO E CULTURA

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Un fenómeno curioso na túa vida ao exceder a ba-rreira dos 30 é comprobar como cambia a natureza das festas de cumpreanos. A certa idade acábanse esas macro “parties” no garaxe da túa amiga onde nos re-uniamos os coñecidos do pobo e persoaxes de zonas lindeiras aos que non viras na túa vida, pero non im-portaba porque a cousa era pasalo ben sen mirar con quen.

Si, si… Soliamos manter conversacións con xente antes de que Facebook ou Wasap fixésense famosos. Mesmo ás veces nos volvia-mos a atopar sen necesidade de agregarnos en ningunha lista virtual. Chamábase ca-sualidade.

A partir de certa idade acábase o de chegar a casa ás tantas e entrar coa punta dos pés para non espertar á túa avoa. Agora entramos sen coidado e a avoa dorme a perna solta porque cando volvemos do bar aínda non se terminou o telexornal

Estar por estarda noite e a cea aínda está quente. Supoño que as obri-gas e as responsabilidades cambian os cubalibres e as saídas tolas polo viño tinto e un faladoiro agradable. As charlas sobre o futuro prometedor, transfórmanse en charlas nas que o futu-ro, en lugar de inspirarnos, acollóanos. Pero a verdade é que na maior parte dos ca-sos, o presente é tan acapa-rador ou esgotador que non deixa espazo a nada nin nin-guén mais. A imaxinacion vai minguando a medida que incrementan as velas no pastel, cedendo terreo á rea-lidade que devora os soños e fainos cada dia un pouco máis conformistas.

En todo isto pensaba fai uns días na festa de cum-preanos do meu amigo Ro-bin, mentres bebía unha cervexa irlandesa. Todo un luxo xa que, polo que custa unha cervexa de importa-ción en Dinamarca, pódeste abastecer de pan de molde para todo o mes.

Pensaba e conversaba

cun compañeiro romanés sobre o interesante que era vivir estes tempos de incer-teza nos que, a pesar do panorama laboral, aínda nos deixa certa liberdade de movemento e expansión porque ninguén sabe a tiro fixo cara a onde vai o bar-co.

Alí estaba, rodeada de colegas de facultade e coñecidos de facebook nun pequeno apartamento danés sen saber se suspi-rar por tempos pasados cando todo era posible e esas festas eran divertidas e liviás, ou congratularme porque o mañá aínda non está escrito e podo aspirar a cambialo.

Sígome debatendo ao Hamlet entre a opción de estar ou non estar e o único que teño claro é que estar por estar é tontería, e que o pedir un desexo ao apagar as velas segue sen-do algo tan esencial como non sucumbir á idea de que non se cumplirá.

Raquel Sertaje

Se algo sacaremos en limpo da situación de crise que atravesamos nos últi-mos anos é que o tempo das obras faraónicas re-matou. Acabáronse os ae-roportos en cada cidade, os mega centros culturais firmados por arquitectos de renome, o despilfarro de cartos públicos a esga-lla sen fiscalizar como se gastan nin para que van servir os edificios que se crean... Agora as admi-nistración non teñen un can e os cidadáns mira-mos todo con lupa: cada céntimo que gasten os nosos gobernantes debe estar ben xustificado.

Pois ben, en Ourense arrastramos varios exem-plos dos anos de vacas gordas.

Temos un Centro de In-terpretación de Parques Naturais a medio cons-truir, no que se ían inves-tir preto de sete millóns de euros, que non sabíamos moi ben para que ía ser-vir, pero que todo o mun-do aplaudía.

Temos un proxecto para construir unha bibliote-ca e arquivo no antigo claustro de San Francisco de cuxo inicio xa non me acordo e cuxa finalización

4EDITORIAL

non albisco a ver.Temos un proxecto para

unha estación intermodal firmado por nada máis e nada menos que Sir Nor-man Foster, 67 millóns de orzamento dentro dun proxecto maior de integra-ción ferroviaria na cidade que custará 500 millóns de euros.

E agora que?Todos debemos entonar o

mea culpa de non ter sido máis críticos nos anos de abundancia coa xestión dos recursos públicos, mais non vale só lamentarse: hai que xestionar o xa feito, e sacarlle o máximo partido posible.

Por iso entendemos que haxa que replantexar cer-tas obras, pero non que o Goberno central vexa como mellor solución para o Centro de Interpretación de Parques Naturais deixar parada – e por tanto aban-donada- unha estrutura na que se levan investidos 2,4 millóns de euros de fondos euros xa comprometidos.

Por iso a paralización (ou non, segundo quen fale) dunha obra menor para arranxar un acceso ao claustro do San Fran-cisco (150.000 euros ape-nas do orzamento) non

debería facer desviarnos do importante: a obra de construción do arquivo e da biblioteca, prazos e in-vestimentos (máis de 16 millóns de euros): nos bos tempos a obra non se fixo, fora por motivos xudiciais ou por falta de xestión do Ministerio (se se se tivesen investido os cartos consig-nados –e non gastados- ao longo de case unha década nos Orzamentos do Estado en vez dun complexo cultu-ral igual tiñamos xa dous ou tres). Haberá cartos agora?

Por iso, e con respecto á integración ferroviaria de Ourense, non podemos máis que ver con estupefacción como cambiaron as tornas, e os que antes criticaban os retrasos e a falta de investi-mento son agora os que os xustifican, e viceversa.

E por todo iso pedimos aos nosos políticos –aos de aquí e aos de alí, aos dunha cor e aos doutra-que, polo ben de Ourense, se deixen de leas partidistas e de pór-se mutuamente pedras no camiño, e que traballen con sensatez e responsabilidade na mesma dirección.

[email protected]

Vacas fracas

4AVATARES DUNHA ACTRIz NOVATA

Amigos e compañeiros de traballoAcabo de ter unha desas

conversas que marcan una decisión importante. Levo días non moi bos, disimu-lando e quitándolle im-portancia ca miña ledicia habitual, pero non estaba ben, e precisaba dunha charla determinada que unha moi boa compañeira e mellor amiga deume esta mañá. Estaba a piques de tomar unha decisión de traballo que sabía que non era a correcta, pero que certo sentimento me leva-ba a tomar, e non podía ser… Ela soubo dicirme o que precisaba escoitar e mudei de idea.

Isto cóntovolo porque a miúdo nesta profesión, na que eu aínda estou meten-do a puntiña do pé, escoito dicir que é moi competitiva e que non se teñen amigos, ou que é moi difícil telos.

Pode ser, eu non o sei,

a miña experiencia é outra, veremos que pasa de aquí a uns anos, pero hoxe teño compañeiras e compañeiros que co tempo convertéronse en verdadeiros amigos.

É moi normal que nisto che entren dúbidas de todo tipo porque o teu traballo sempre está no aire, non sa-bes cando vai chegar, cando o consegues nin tan seque-ra estás moi seguro de se o fixestes ben e se te voltarán a chamar, e xa non che digo cando fas un casting e agar-das pola resposta... Se é que se toman a molestia de dar-cha, claro.

Hai días nos que todas estas dúbidas e moitas máis están a rondar a cabeza, non o pasas ben e as per-soas que mellor entenden estas sensacións son as que se adican ao mesmo.

Eu atopeime con amigas e amigos neste “mundillo” e

estou moi feliz por iso, pode que eu teña moita sorte ou que me guste facerme a par-va de cando en vez.

Vaaale, ao mellor algún de vós está pensando que parece todo moi idílico e que igual o estou pondo demasiado rosa e non é tal, pois a iso me refiro co de fa-cerme a parva, é que, ó me-llor, négome a ver a parte escura disto.

Recoñezo que non todo é así pero estou falándovos dos amigos e demais com-pañeiros, outro día falarei só dos segundos, hoxe non.

Nisto hai de todo coma en todas as profesións, pero eu sigo pensando que teño moi-ta sorte.

Esta columna vai por vós, os que non me falláchedes NUNCA. GRAZAS, agardo estar á vosa altura.

Saamira Ganay

4LITERATÚA

Superficie ou o baño do crítico“Un mar é unha vasta

extensión de auga, calma ou axitada en función das inclemencias meteoroló-xicas, pero aínda estando queda a auga as persoas non podemos camiñar so-bre os mares porque corre-mos o risco de afundir a un nivel inferior ignoto que ninguén coñece.

Ás veces no mar ven-se, na superficie da auga, triángulos de cor gris que se moven en traxectorias concretas que quizais sexan indicador dalgún tipo de forma de vida. Outras veces se teñen visto seres estraños que saltan sobre a codia do mar pro-cedentes da nada; dun lu-gar descoñecido, e volven desaparecer. Outras veces emerxen da tona da auga enormes montañas cuxo carácter efémero farían imposible calquera con-quista ou achegamento por parte dos estudosos.

Tirando estas dúas ou tres probas da existencia dalgunha criatura mariña non hai quen me tire da ca-beza que os mares non son

máis ca infindas e aborre-cidas extensións de auga; que cando son meirandes chamámolas océanos: xigantes, infindos e abo-rrecidos tanques de auga móbil”.

Esta crítica sobre os ma-res e os océanos foi escrita por un crítico que defendía que súas críticas non eran tal, senón máis ben descri-cións obxectivas do que el vía. Obcecándose nos seus métodos, chegando a cri-ticar tamén ríos, caixas, bibliotecas ou mesas. Ata que morreu sen saber, o pobre, que a riqueza dos mares e océanos se acha nas profundidades, onde abundan milleiros de espe-cies que lles dan a riqueza que é preciso recoñecer-lles. Onde hai varias espe-cies de quenllas que ás ve-ces levan a aleta do lombo por fora da auga, onde hai outros peixes que choutan fora da auga para xogar, ou coller osíxeno ou defen-derse. E onde outros, como as enormes baleas, tiran da auga, con distintos fins biolóxicos, partes dos seus

corpos enormes; tanto que semellan montañas.

O crítico nunca soubo, tampouco, que cos ríos pasa algo semellante. Que si son masas de auga que se moven, pero cun-has profundidades moi ricas e un fabuloso po-der devastador das pa-redes do leito. Nin que as caixas non son cubos ou prismas macizos nin ocos, senón que poden conter cousas no seu in-terior, cousas máis ou menos ricas ou enrique-cedoras, pero existentes. O crítico tomara toda a vida baños de superficie sen abrir súa mente a todo o mundo de mara-billas e contrastes que se abría baixo seus pés.

Ao crítico nunca lle gustou o mar.

Jorge Emilio Bóvedajorgeemilioboveda.es

“O crítico tomara toda a vida baños de superficie sen mirar o que había baixo os seus pés”

Page 37: Marzo 2012 - OUxB

�7Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

IMAXES DO MES

4O MES EN IMAXES

Entrega do premio Clara CampoamorCoincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora, levouse a cabo a entrega do

premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, que recibiu Purificación Álva-rez, xefa da Unidade de Violencia de Xénero, “polo meritorio traballo desenvolvido , des-de �007, na atención ás mulleres que sofren violencia de xénero, destacando a súa contri-bución a crear unha sólida colaboración entre os profesionais implicados na materia”.

Concentración contra o maltrato animalUn cento de persoas, moitas delas acompañadas polas súas mascotas, reuníronse o �5

de marzo na praza Maior, nunha concentración convocada a nivel estatal contra o mal-trato animal. A presidenta de Progape, Rosa Jarrín, foi a encargada de ler un manifesto no que se solicitaba o endurecemento das penas por maltrato animal, e a adhesión de España á Convención Europea de Protección de Animais de Compañía. Conmemoración do Día da Auga no Padre Feijoo

O alumando de educación Infantil (5 anos) do Colexio Padre Feijoo-Zorelle expuxo os traballos que realizaron para conmemorar o Día da Auga e concienciar da importancia de este ben tan escaso ultimamente. Os pequenos escolares cren que é necesario con-cienciar á poboación de que “gota a gota a agua se esgota”.

O Concello uníuse á celebración do Día Mundial da PoesíaCun reparto dos exemplares correspondentes ao Premio Cidade de Ourense de Poesía

en ata 80 puntos distintos da capital (prazas, centro cívicos, centros de ensino e zonas verdes) o Concello conemorou esta data. Libros que estiveron todos eses lugares para quen quixera lelos e despois deixalos para que outra persoa puidese facer o mesmo.

Alcer celebrou o Día Mundial do RilA asociación ALCER Ourense instalou unha carpa na rúa do Paseo con motivo da ce-

lebración do Día Mundial do Ril o 8 de marzo, na que se realizaron a todos os que o des-exaron probas médicas como a medición de peso e talla, tensión arterial ou glucosa.

Bóveda presenta “A habitación secreta”O escritor e articulista deste periódico, Jorge Emilio Bóveda, presentou no Liceo de

Ourense a súa última obra, “A habitación secreta”, unha tradución ao galego dunha no-vela súa anterior en castelán, “Baules”. Nela, Antón Castro, un viúvo de 50 anos, sofre por non poderse desprender dunha chea de palabras que habitan o seu foro interno. E mentres o intenta, namórase dunha muller trinta anos máis nova ca el.

Page 38: Marzo 2012 - OUxB

�8 Ourense por BARRIOSMarzo de �01� DEPORTES

O Ourense, líder sólido4Vence por 4-0 ás Pontes e aumenta a vantaxe cos seus perseguidores.R. Torres

O CD Ourense sumou unha importante vito-ria fronte o As Pontes na xornada �1 da Terceira División. 4-0 foi o resul-tado dun partido que os de Luisito dominaron de principio a fin. E iso que as dúas primeiras xogadas de perigo foron na porte-ría defendida por Pato ben desbaraxustadas polo can-cerbeiro uruguaio. Despois

diso chegarían os mellores minutos do Ourense. Desde o minuto 15 ata o final da primeira metade, o conxun-to do Couto despregou un xogo vivo e moi directo; froito do cal conseguiríanse os catro goles do partido. Mouriño, Noguerol e Eder, por partida dobre, firmaron a goleada ourensá.

Na segunda metade, pui-do chegar a darse unha go-leada de escándalo se non fora pola falla de acerto

nos metros finais dos xo-gadores locais e por dous clamorosos penaltis que o colexiado non quixo pitar.

Os rivais pinchanA xornada foi propicia

para os intereses do equipo da vella Auria. O Alondras foi o único dos tres perse-guidores que gañou, e foi a costas do Cerceda, quen lle cede a segunda posición. O Pontevedra non puido pasar do empate fronte ao Bergantiños. Con estes re-sultados, o Ourense é lider con 64 puntos; o Alondras segundo con 61 e Cerceda terceiro con 59; pecha a zona de promoción o Pon-tevedra con 57. A quinta posición, que ocupa o Vi-lalbés (54 puntos) queda xa a 10 puntos dos de Luisito, polo que a promoción está practicamente asegurada a falta de sete xornadas.

Vindeira citaO próximo encontro

para o Ourense será o vin-deiro domingo contra o Ordes. Os ‘rojillos’ actua-rán de visitantes.Quintairos controla o balón ante de dous rivais. /RAMSÉS

Adeus á liga?4 O Ponte Ourense perde ante o Na-valcarnero e di practicamente adeus a revalidar o título.R. Torres

O Ponte Ourense caeu derrotado, nun pavillón dos Remedios abarrotado, fronte ao Atlético de Ma-drid Navalcarnero por un contundente 1-5.

O cadro ourensán levou a manixa do encontro, pero eran as madrileñas as que golpeaban de forma maxistral nos contragolpes que se lle presentaban.

Restan oito xornadas (24 puntos), pero os oito puntos son unha lousa moi grande para pensar nunha remontada do cadro ponti-no, e aínda máis se temos

en conta o gran equipo que é o Futsi Navalcarnero, a pesar de que o seu adestra-dor se mostra cauto, “aín-da queda moita liga e non nos podemos fiar do Ponte Ourense nin do Móstoles”, afirmaba ao finalizar o en-contro contra o Ponte.

Cidade As BurgasO Cidade As Burgas su-

mou unha importante vito-ria ante un rival directo, o Soto do Real. As ourensás impuxéronse ás madrileñas por �-6 e teñen case que asegurada a permanencia. As de Codeso teñen a 10 puntos o descenso.

Bea buscou con insistencia a porta contraria. /RAMSÉS

O COB suma unha nova vitoria4 O Pabellón feminino e o Carmelitas perden nesta xornada.R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto sumou na xornada �� unha nova vitoria con-tra o Oviedo. Na primeira metade o equipo ourensán non estivo fino, pero á volta do descanso foi quen

de levarse o partido grazas á súa mellor calidade. Con esta vitoria o COB sitúase na segunda praza e con op-ción de ter o factor cancha a favor nos play offs.

Liga Feminina 2Mala xornada para os

dous representantes ouren-sáns de Liga Feminina �.

O Pabellón caeu estrepi-tosamente en casa ante o lí-der, Cáceres por 46-9�. En ningún momento as de Li-sardo Rodríguez estiveron con opcións no encontro.

O Codigalco Carmelitas regresa de Lugo despois da súa derrota contra o Ensi-no 7�-64. As de Juan Ro-dríguez caeron logo dunha prórroga. Con esta derrota alónxase a cuarta posición coa que soñaban as colexia-las para disputar o play off. O Pabellón nada puido facer ante o Cáceres. /RAMSÉS

4Vig-BayO atleta do Ouren-

se Atletismo Academia Postal, Hassan Lekhili, proclamouse por terceiro ano consecutivo campión do medio maratón Vig-Bay. O marroquí afincado en Ourense empregou un tempo dunha hora cinco minutos e �9 segundos.

4HoqueiNa xornada 1� da Divi-

sión de Honra B do hoquei herba o Caldaria Barrocás non pasou do empate a catro goles no seu feudo contra o Jolaseta. Pola súa banda, o Apóstol perdeu por 6-1 contra o Caja-cantabria Sardinero. Con estes resultados o Barro-cás é sexto con 1� puntos, mentres que o Apóstol é noveno con cinco. A vindeira xornada empare-lla aos equipos no derbi ourensán.

O equipo feminino do Ourense (1ª División) ven-ceu 0-� ao Xaloc e ocupa a quinta posición con 1� puntos. O Ourense visita ao Universidade de Sevi-lla na próxima xornada.

4MotorO piloto Luis Aragonés

co seu Renault Twingo R� rematou na terceira posición da na “Challen-ge Renault Twingo R� de Rallyes de España” no Rali das Illas Canarias. A grande regularidade do piloto galego fíxolle pisar podio na primeira cita do campionato de España de ralis de asfalto.

4VoleibolComezou a primeira

fase da Copa Deputación de voleibol, que se pro-longará ata o vindeiro �6 de maio.

O 1� de maio será o “día grande” da competición. No Paco Paz terán lugar as finais sénior masculina, xuvenil feminina, cadete feminina e infantil femi-nina. Tamén haberá finais no Barco de Valdeorras (benxamín, alevín e infan-til masculina) e Amoeiro (sénior feminina).

EN BREVE

Page 39: Marzo 2012 - OUxB

�9Ourense por BARRIOSMarzo de �01�PUBLICIDADE

Page 40: Marzo 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

Page 41: Marzo 2012 - OUxB

Número: 105 - Ano: XI - Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

BARRIOS Páx. 10 BARRIOS Páx.5 SAÚDE Páx.24TEMA DO MES Páx.2-3 DEPORTES Páx. 38

O Ponte Ourense perde e alónxase do liderato

12 veciños das Caldas serán desaloxados durante un ano

Incrementáronse as zonas verdes nun 40%, colocouse novo mobiliario urbano+ e renováronse as luminarias e a sinaléctica ./P.L.

Humanización darúa Río Mao [páx. 5]

Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade

[páx.19]

Entrevista á edil de Democracia

Ourensana Susana Gómez

Denuncian novos verquidos ao Miño e ao Barbaña

Cinco ambulatorios aumentan a oferta asistencial polas tardes

Page 42: Marzo 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

Page 43: Marzo 2012 - OUxB

Número: 91 - Ano: XI - Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

BARRIOS Páx. 6 BARRIOS Páx.10 SAÚDE Páx.24TEMA DO MES Páx.3

A remodelación da Praza depende de Concello e Fomento

COB suma unha nova vitoria, Carmelitas e Pabellón perden

DEPORTES Páx.38

O bispo de Ourense explicou ao conselleiro Xesús Vázquez as necesidades do templo. /RAMSÉS

170.000 euros para rehabilitacións na Catedral [páx. 34]

Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade

Denuncian novos verquidos ao Miño e ao Barbaña

Cinco ambulatorios aumentan a oferta asistencial polas tardes

[páx.19]

Entrevista á edil de Democracia

Ourensana Susana Gómez

Page 44: Marzo 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSMarzo de �01�

Page 45: Marzo 2012 - OUxB

Número: 54- Ano: XI - Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2-3 SAÚDE Páx.24 DEPORTES Páx. 38

Recuperan máis dun quilómetro do Loña [páx. 12]

A superficie de intervención abrangue a marxe esquerda seguindo o curso do río, dende Ponte Loña ata Mende. /R.T.

BARRIOS Páx. 6 BARRIOS Páx.10

Enfrontamento polas infraestruturas pendentes na cidade

Denuncian novos verquidos ao Miño e ao Barbaña

Cinco ambulatorios aumentan a oferta asistencial polas tardes

COB suma unha nova vitoria, Carmelitas e Pabellón perden

[páx.19]

Entrevista á edil de Democracia

Ourensana Susana Gómez

A remodelación da Praza depende de Concello e Fomento

Page 46: Marzo 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSMarzo de �01�