10
A MIÑA CARTA Á FLORESTA A FLORESTA ATLÁNTICA

Floresta2

Embed Size (px)

Citation preview

A MIÑA CARTA Á FLORESTA

A FLORESTA ATLÁNTICA

PRESENTACIÓN

O proxecto “ A floresta atlántico: A miña carta á floresta” promoverá actividades que se insiram nos obxectivos xerais definidos pola UNESCO para a “Década da Educación para o Desenvolvemento Sostible” e “2011-Ano internacional das Florestas.

Centrándose non só nos perigos que ameazan as florestas de países atlánticos senon tamén nos aspectos culturais e económicos que se estableceran ao redor das florestas.

OBXECTIVO XERAL

O proxecto pretende sensibilizar ás novas xeracións na protección das florestas e comprometalas cun futuro sostible, apelando á comunidade educativa para o consumo responsable e para a adquisición de comportamentos sostibles.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Coñecer o estado actual das masas forestais e identificar a ameaza ás florestas.

Resaltar o valor ecolóxico, económico e patrimonial das florestas.

Comparar as lexislacións en materia de protección e xestión das florestas a nivel local, nacional e internacional.

Sensibilizar á comunidade educativa para os problemas ambientais e desenvolver atitudes respetuosas co ambiente.

Mellorar as competencias en linguas estranxeiras e no uso das TICs.

Incrementar a mobilidade do alumnado e do profesorado.

Promover a defensa dos patrimonio natural, cultural e inmaterial.

ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE

Elaboración de enquisas sobre coñecementos previos acerca das florestas.

Creación de equipos interdisciplinares. Apertura da escola a equipos internacionais. Visitas de estudo. Invitación a expertos forestais para a

dinamización de accións. Intercambio dos avances nas investigacións a

través das TIC. Establecimento de parcerías con escolas do

ámbito atlántico. Propñer actividades conxuntas con Escolas de

Ensino superior e cos profesores das Facultades de Forestais.

Visitas a centros de investigación forestal.

PARTICIPANTES – ÁREAS CURRICULARES

Todos os niveis de ensino non superior: Educación Infantil Educación Primaria Educación Secundaria Bacharelato

Áreas curriculares: Bioloxía e Ciencias Naturais Linguas Linguas estranxeiras Ciencias Sociais, Xeografía Artes Plásticas Educación para a Cidadanía e os

Dereitos Humanos. TIC Educación Física Economía

VALORES A PROMOVER

Desenvolvemento sostible. Diálogo intercultural. Solidariedade entre pobos e culturas. Respecto á diferenza. Defensa dos patrimonios.

LINGUAS DO PROXECTO

Galego Portugués Castelán Inglés Francés

PROPOSTAS DE TRABALLO Elaborar cartas de

presentación da escola. Fotografiar a floresta nas

diferentes estacións (alumnado+profesorado).

Recoller ditos populares e proverbios relacionados coa floresta.

Análise de contos e lendas . Identicar as persoaxes

míticas . Recoller e gravar cancións. Preparar un diccionario das

florestas nas diferentes linguas.

Estudar as lexislacións locais, nacionais e internacionais e comparalas

Investigar sobre a súa xestión e explotación.

Inventariar as súas ameazas Informar as outras escolas

sobre a realidade da floresta en cada localidade.

Preparar murais sobre as súas cores.

Elaborar un catálogo da biodiversidade.

Difundir os resultados dos proxectos investigativos.

Propor alternativas ás autoridades competentes.

PRODUTOS A ELABORAR Recoller nun libro os contos, as

lendas, os proverbios.

Gravar un DVD coas cancións.

Montar unha exposición fotográfica itinerante.

Crear libros dixitais sobre as florestas segundo o nivel educativo.

Elaborar o libro “Cartas á floresta”.

Elaborar un catálogo dixital da biodiversidade nas diferentes lingoas.

AVALIACIÓN

PRESENTA VARIOS NIVEIS Das atitudes e os

comportamentos. Do proceso de traballo. Da cooperación dos

participantes. Dos materiais. Autoavaliación do traballo

de coordenación do profesorado e avaliación do mesmo por parte do alumnado.